SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 6
Descargar para leer sin conexión
1


CICLO CELULAR: INTERFASE E MITOSE

Segundo a teoría celular toda célula procede doutra célula, e
isto implica un proceso de reprodución celular que coñecemos
como MITOSE. Pero a mitose representa un breve período na
vida da célula de tal maneira que un ciclo celular completo
está composto por períodos nos que a célula se está dividindo
mitose e períodos nos que non se está dividindo interfase

       CICLO CELULAR = INTERFASE + MITOSE



INTERFASE:

• É a fase máis longa do ciclo celular
• Comprende as seguintes fases:

       • Fase ou período G1 (G = gap ou intervalo)

               • é a fase postmitótica
               • neste período a célula aumenta de tamaño
               • o ADN está en forma de cromatina polo tanto
                 hai transcrición de ARN
               • hai una forte actividade metabólica e de síntese
                 de proteínas
               • ten unha duración variable
               • pode alongarse de forma indefinida e neste caso
                 dise que a célula atópase en estado de
                 quiescencia ou fase G0, nesta situación atópanse
                 a maior parte das células do organismo en
                 condicións normais

       • Fase ou período S:

               • é unha fase de síntese
               • ten unha duración de 6 a 8 horas
               • neste período prodúcese a replicación do ADN e polo tanto a aparición
                 das dúas cromátidas aínda que o ADN segue descondensado
               • as dúas copias (cromátidas) seguen unidas por un punto (centrómero)
               • continúa a síntese de ARNm e a produción de histonas para o ADN novo
               • nas células animais, xunto a cada centriolo do diplosoma fórmase un
                 procentriolo. Tamén se replican as mitocondrias, Ap. de Golgi, etc.
2


       • Fase ou período G2:

              • ten unha duración de 3 a 5 horas
              • é o período pre-mitótico
              • comeza cando remata a replicación do ADN
              • durante este período continua a síntese de
                ARNm e polo tanto de proteínas
              • esta fase remata cando os cromosomas comezan
                a condensarse dando paso á mitose



PROCESO DE DIVISIÓN CELULAR

• É o período de reprodución celular propiamente dito e comprende dous procesos:
       • a mitose ou cariocinese: división do núcleo co reparto do material xenético entre
          os dous núcleos fillos
       • a citocinese: división do citoplasma para dar dúas células fillas
• Como resultado deste proceso obtéñense dúas células fillas (2n) idénticas á nai (2n)
• A súa misión biolóxica é a multiplicación celular mantendo a mesma información xenética
• É propia das células somáticas

MITOSE:

• É un proceso dinámico e continuo, pero para facilitar o seu estudio divídese en catro
  fases: profase, metafase, anafase e telofase

• PROFASE:

       • Os diplosomas que xa están duplicados empezan a moverse cara ós
         polos da célula.
       • Segundo se van separando os centriolos (nas células animais) forman
         os microtúbulos ou fibras do fuso acromático ou mitótico. As fibras
         son de dous tipos:
              • fibras polares que atravesan a célula de polo a polo
              • fibras cinetocóricas que se unen ós cinetocoros dos
                 cromosomas
       • Nas células vexetais estas fibras fórmanse a partir dunhas rexións
         densas do citoplasma chamadas centros organizadores de microtúbulos
         ou casquetes polares
       • O núcleo aumenta de volume, a membrana nuclear fragmentase e
         desaparece
       • Desfanse e desaparecen os nucléolos. O ADN que os formaba gárdase
         nos organizadores nucleolares dos cromosomas con satélites (13, 14, 15,
         21 e 22 en células humanas)
       • A cromatina condensase aparecendo os cromosomas. Como está
         replicado o ADN (S) cada cromosoma ten dúas cromátidas unidas polo
         centrómero e a célula será 4n
3


• METAFASE

     • O fuso mitótico xa está totalmente formado
     • Os cromosomas acadan o seu máximo empaquetamento e poden
       apreciarse ben as dúas cromátidas
     • Os microtúbulos cinetocóricos diríxense cara ó polos
     • Os cromosomas sitúanse no plano ecuatorial, formando a placa
       ecuatorial, e preparados para a súa emigración ós polos



• ANAFASE

     • Sepáranse as cromátidas irmáns por rotura do centrómero e cada unha emigra
       cara a un polo
     • o movemento das cromátidas cara ós polos parece estar causado polos
       microtúbulos das fibras cinetocóricas que se fan
       cada vez máis curtas
     • as fibras polares alónganse provocando un
       estiramento do fuso
     • Despois de separadas as cromátidas irmáns xa se
       denominan cromosomas anafásicos e cada un deles
       só ten unha cadea de ADN
     • A anafase remata cando os cromosomas chegan ós
       polos
     • Esta é a fase da mitose que se realiza en menos
       tempo

• TELOFASE

     • Ó redor dos cromosomas de cada polo, a lámina fibrosa reorganiza a envoltura
       nuclear
     • Desaparecen os cromosomas por descondensación do ADN dando paso á
       cromatina
     • O ADN empeza a funcionar e fanse visibles os nucléolos
     • O fuso acromático desaparece
     • Ó remate desta fase a célula ten dous núcleos nun citoplasma único que se
       repartirá entre as dúas células fillas mediante un proceso chamado citocinese
4


CITOCINESE ou CITODIÉRESE:

• Consiste no reparto equitativo do material citoplasmático para rematar a división celular,
  coa obtención de dúas células fillas independentes.
• Este proceso non é igual para as células animais que para as vexetais:
       • Células animais:
              • prodúcese por estrangulamento
              • ó nivel do plano ecuatorial aparece un surco que se vai estreitando ata
                 que a célula se rompe en dúas células que se separan




       • Células vexetais:
              • prodúcese pola fusión de vesículas procedentes do Aparato de Golgi que
                 se van colocando no plano medio da célula nai.
              • fórmase unha estrutura plana chamada fragmoplasto que medra de
                 dentro a fóra e que acabará formando a lámina media




Crecemento celular:

Cada célula está programada para dividirse un número limitado de veces e despois disto
faise vella e morre. Ademais existe un control de crecemento dos tecidos de tal maneira
que as células paran de dividirse cando detectan unha densidade de células determinada na
súa proximidade. Este mecanismo chamado inhibición por contacto está regulado, ó parecer,
polos glicolípidos e as glicoproteínas da membrana plasmática. As células cancerosas
presentan unhas anomalías xénicas que lles permite dividirse ilimitadamente debido a que
non responden ós mecanismos de inhibición por contacto.
5
6

Más contenido relacionado

La actualidad más candente (18)

Meiose: sentido biolóxico e fases
Meiose: sentido biolóxico e fasesMeiose: sentido biolóxico e fases
Meiose: sentido biolóxico e fases
 
Unidade 2 o ciclo celular
Unidade 2   o ciclo celularUnidade 2   o ciclo celular
Unidade 2 o ciclo celular
 
Funcións de relación e reproducción da célula
Funcións de relación e reproducción da célulaFuncións de relación e reproducción da célula
Funcións de relación e reproducción da célula
 
Ciclo celular e división celular
Ciclo celular e división celularCiclo celular e división celular
Ciclo celular e división celular
 
A información xenética
A información xenéticaA información xenética
A información xenética
 
A división celular
A división celularA división celular
A división celular
 
A nosa especie
A nosa especieA nosa especie
A nosa especie
 
O descubrimento da célula
O descubrimento da célulaO descubrimento da célula
O descubrimento da célula
 
División celular
División celularDivisión celular
División celular
 
Núcleo en división
Núcleo en divisiónNúcleo en división
Núcleo en división
 
5 division celular_4_eso
5 division celular_4_eso5 division celular_4_eso
5 division celular_4_eso
 
A célula
A célulaA célula
A célula
 
Xenetica molecular 2008-09
Xenetica molecular 2008-09Xenetica molecular 2008-09
Xenetica molecular 2008-09
 
CICLO CELULAR
CICLO CELULARCICLO CELULAR
CICLO CELULAR
 
Teoría endosimbiótica.doc
Teoría endosimbiótica.docTeoría endosimbiótica.doc
Teoría endosimbiótica.doc
 
Reproducion e relacion celular
Reproducion e relacion celularReproducion e relacion celular
Reproducion e relacion celular
 
A célula
A célula A célula
A célula
 
Celulas nai andrea
Celulas nai andreaCelulas nai andrea
Celulas nai andrea
 

Destacado

Destacado (20)

Bioquímica 10 aminoácidos
Bioquímica 10   aminoácidosBioquímica 10   aminoácidos
Bioquímica 10 aminoácidos
 
Apuntes de la célula animal
Apuntes de la célula animalApuntes de la célula animal
Apuntes de la célula animal
 
Lisosomas Y Peroxiomas Mcm
Lisosomas Y Peroxiomas McmLisosomas Y Peroxiomas Mcm
Lisosomas Y Peroxiomas Mcm
 
Cap 12. amino acid and protein
Cap 12.  amino acid and proteinCap 12.  amino acid and protein
Cap 12. amino acid and protein
 
Aminoácidos. bioquímica. 05'04
Aminoácidos. bioquímica. 05'04Aminoácidos. bioquímica. 05'04
Aminoácidos. bioquímica. 05'04
 
Las proteinas y su metabolismo
Las proteinas y su metabolismoLas proteinas y su metabolismo
Las proteinas y su metabolismo
 
Bioquimica de-proteinas
Bioquimica de-proteinasBioquimica de-proteinas
Bioquimica de-proteinas
 
Presentación de aminoácidos
Presentación de aminoácidosPresentación de aminoácidos
Presentación de aminoácidos
 
オウンドメディア時代だからこそ! MTクラウド版への期待と不満
オウンドメディア時代だからこそ! MTクラウド版への期待と不満オウンドメディア時代だからこそ! MTクラウド版への期待と不満
オウンドメディア時代だからこそ! MTクラウド版への期待と不満
 
Dti2143 lab sheet 7
Dti2143 lab sheet 7Dti2143 lab sheet 7
Dti2143 lab sheet 7
 
Tarea 2 macs
Tarea 2 macsTarea 2 macs
Tarea 2 macs
 
Books to Read
Books to ReadBooks to Read
Books to Read
 
الرسم المظوري
الرسم المظوريالرسم المظوري
الرسم المظوري
 
Ways of looking 2
Ways of looking 2Ways of looking 2
Ways of looking 2
 
Puc IU
Puc IUPuc IU
Puc IU
 
Pbl lesson plan a
Pbl lesson plan aPbl lesson plan a
Pbl lesson plan a
 
الأسبوع التاسع
الأسبوع التاسعالأسبوع التاسع
الأسبوع التاسع
 
MTSRetail_Cmf2012
MTSRetail_Cmf2012MTSRetail_Cmf2012
MTSRetail_Cmf2012
 
Cuestions xenetica molecular_e_acidos_nucleicos
Cuestions xenetica molecular_e_acidos_nucleicosCuestions xenetica molecular_e_acidos_nucleicos
Cuestions xenetica molecular_e_acidos_nucleicos
 
ΠΑΡΟΥΣΙΑΣΗ ECOMOBILITY 2014
ΠΑΡΟΥΣΙΑΣΗ  ECOMOBILITY  2014ΠΑΡΟΥΣΙΑΣΗ  ECOMOBILITY  2014
ΠΑΡΟΥΣΙΑΣΗ ECOMOBILITY 2014
 

Similar a Ciclo celular. mitose (18)

Tema 2 4eso as funcions da celula bioloxía
Tema 2 4eso as funcions da celula bioloxíaTema 2 4eso as funcions da celula bioloxía
Tema 2 4eso as funcions da celula bioloxía
 
Reprodución celular
Reprodución celularReprodución celular
Reprodución celular
 
Resume da Mitose
Resume da MitoseResume da Mitose
Resume da Mitose
 
Ud 8 pdf
Ud 8 pdfUd 8 pdf
Ud 8 pdf
 
Célula agueda
Célula aguedaCélula agueda
Célula agueda
 
Mitose (galego)
Mitose (galego)Mitose (galego)
Mitose (galego)
 
30 reproduccion celular
30 reproduccion celular30 reproduccion celular
30 reproduccion celular
 
30 reproduccion celular
30 reproduccion celular30 reproduccion celular
30 reproduccion celular
 
Tema 1 a celula
Tema 1 a celulaTema 1 a celula
Tema 1 a celula
 
Ciclo celular
Ciclo celularCiclo celular
Ciclo celular
 
Noa bioloxia
Noa bioloxiaNoa bioloxia
Noa bioloxia
 
Tema 2 As bases da herdanza
Tema 2  As bases da herdanzaTema 2  As bases da herdanza
Tema 2 As bases da herdanza
 
Meiose 2010 2011 new
Meiose 2010 2011 newMeiose 2010 2011 new
Meiose 2010 2011 new
 
1 a celula 4º eso
1 a celula 4º eso1 a celula 4º eso
1 a celula 4º eso
 
As mutacións
As mutaciónsAs mutacións
As mutacións
 
Célula maría casares
Célula maría casaresCélula maría casares
Célula maría casares
 
Célula
CélulaCélula
Célula
 
Célula iii
Célula iiiCélula iii
Célula iii
 

Más de juanapardo

Actividade dossier de prensa 2014
Actividade dossier de prensa 2014Actividade dossier de prensa 2014
Actividade dossier de prensa 2014juanapardo
 
Publicidade non sexista
Publicidade non sexistaPublicidade non sexista
Publicidade non sexistajuanapardo
 
Mulleres científicas
Mulleres científicasMulleres científicas
Mulleres científicasjuanapardo
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistasjuanapardo
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistasjuanapardo
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistasjuanapardo
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistasjuanapardo
 
Ficha 2 o universo
Ficha 2 o universoFicha 2 o universo
Ficha 2 o universojuanapardo
 
Ficha 3 fillos de áfrica
Ficha 3 fillos de áfricaFicha 3 fillos de áfrica
Ficha 3 fillos de áfricajuanapardo
 
Ficha 1 a ciencia e a sociedade
Ficha 1 a ciencia e a sociedadeFicha 1 a ciencia e a sociedade
Ficha 1 a ciencia e a sociedadejuanapardo
 
Actividade dossier de prensa
Actividade dossier de prensaActividade dossier de prensa
Actividade dossier de prensajuanapardo
 
Nuevos materiales.
Nuevos materiales.Nuevos materiales.
Nuevos materiales.juanapardo
 
Materiales.1274367220
Materiales.1274367220Materiales.1274367220
Materiales.1274367220juanapardo
 
Al gore.1240262326
Al gore.1240262326Al gore.1240262326
Al gore.1240262326juanapardo
 
Tema 5 para o exame
Tema 5 para o exameTema 5 para o exame
Tema 5 para o examejuanapardo
 
Tema 4 cmc para o exame
Tema 4 cmc para o exameTema 4 cmc para o exame
Tema 4 cmc para o examejuanapardo
 

Más de juanapardo (20)

Actividade dossier de prensa 2014
Actividade dossier de prensa 2014Actividade dossier de prensa 2014
Actividade dossier de prensa 2014
 
Publicidade non sexista
Publicidade non sexistaPublicidade non sexista
Publicidade non sexista
 
Mulleres científicas
Mulleres científicasMulleres científicas
Mulleres científicas
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
 
Ficha 2 o universo
Ficha 2 o universoFicha 2 o universo
Ficha 2 o universo
 
Ficha 3 fillos de áfrica
Ficha 3 fillos de áfricaFicha 3 fillos de áfrica
Ficha 3 fillos de áfrica
 
Ficha 1 a ciencia e a sociedade
Ficha 1 a ciencia e a sociedadeFicha 1 a ciencia e a sociedade
Ficha 1 a ciencia e a sociedade
 
Actividade dossier de prensa
Actividade dossier de prensaActividade dossier de prensa
Actividade dossier de prensa
 
Nuevos materiales.
Nuevos materiales.Nuevos materiales.
Nuevos materiales.
 
Materiales
MaterialesMateriales
Materiales
 
Materiales.1274367220
Materiales.1274367220Materiales.1274367220
Materiales.1274367220
 
El agua.
El agua.El agua.
El agua.
 
La energia.
La energia.La energia.
La energia.
 
Al gore.1240262326
Al gore.1240262326Al gore.1240262326
Al gore.1240262326
 
Tema 5 para o exame
Tema 5 para o exameTema 5 para o exame
Tema 5 para o exame
 
Tema 5 cmc
Tema 5 cmcTema 5 cmc
Tema 5 cmc
 
Tema 4 cmc para o exame
Tema 4 cmc para o exameTema 4 cmc para o exame
Tema 4 cmc para o exame
 

Ciclo celular. mitose

  • 1. 1 CICLO CELULAR: INTERFASE E MITOSE Segundo a teoría celular toda célula procede doutra célula, e isto implica un proceso de reprodución celular que coñecemos como MITOSE. Pero a mitose representa un breve período na vida da célula de tal maneira que un ciclo celular completo está composto por períodos nos que a célula se está dividindo mitose e períodos nos que non se está dividindo interfase CICLO CELULAR = INTERFASE + MITOSE INTERFASE: • É a fase máis longa do ciclo celular • Comprende as seguintes fases: • Fase ou período G1 (G = gap ou intervalo) • é a fase postmitótica • neste período a célula aumenta de tamaño • o ADN está en forma de cromatina polo tanto hai transcrición de ARN • hai una forte actividade metabólica e de síntese de proteínas • ten unha duración variable • pode alongarse de forma indefinida e neste caso dise que a célula atópase en estado de quiescencia ou fase G0, nesta situación atópanse a maior parte das células do organismo en condicións normais • Fase ou período S: • é unha fase de síntese • ten unha duración de 6 a 8 horas • neste período prodúcese a replicación do ADN e polo tanto a aparición das dúas cromátidas aínda que o ADN segue descondensado • as dúas copias (cromátidas) seguen unidas por un punto (centrómero) • continúa a síntese de ARNm e a produción de histonas para o ADN novo • nas células animais, xunto a cada centriolo do diplosoma fórmase un procentriolo. Tamén se replican as mitocondrias, Ap. de Golgi, etc.
  • 2. 2 • Fase ou período G2: • ten unha duración de 3 a 5 horas • é o período pre-mitótico • comeza cando remata a replicación do ADN • durante este período continua a síntese de ARNm e polo tanto de proteínas • esta fase remata cando os cromosomas comezan a condensarse dando paso á mitose PROCESO DE DIVISIÓN CELULAR • É o período de reprodución celular propiamente dito e comprende dous procesos: • a mitose ou cariocinese: división do núcleo co reparto do material xenético entre os dous núcleos fillos • a citocinese: división do citoplasma para dar dúas células fillas • Como resultado deste proceso obtéñense dúas células fillas (2n) idénticas á nai (2n) • A súa misión biolóxica é a multiplicación celular mantendo a mesma información xenética • É propia das células somáticas MITOSE: • É un proceso dinámico e continuo, pero para facilitar o seu estudio divídese en catro fases: profase, metafase, anafase e telofase • PROFASE: • Os diplosomas que xa están duplicados empezan a moverse cara ós polos da célula. • Segundo se van separando os centriolos (nas células animais) forman os microtúbulos ou fibras do fuso acromático ou mitótico. As fibras son de dous tipos: • fibras polares que atravesan a célula de polo a polo • fibras cinetocóricas que se unen ós cinetocoros dos cromosomas • Nas células vexetais estas fibras fórmanse a partir dunhas rexións densas do citoplasma chamadas centros organizadores de microtúbulos ou casquetes polares • O núcleo aumenta de volume, a membrana nuclear fragmentase e desaparece • Desfanse e desaparecen os nucléolos. O ADN que os formaba gárdase nos organizadores nucleolares dos cromosomas con satélites (13, 14, 15, 21 e 22 en células humanas) • A cromatina condensase aparecendo os cromosomas. Como está replicado o ADN (S) cada cromosoma ten dúas cromátidas unidas polo centrómero e a célula será 4n
  • 3. 3 • METAFASE • O fuso mitótico xa está totalmente formado • Os cromosomas acadan o seu máximo empaquetamento e poden apreciarse ben as dúas cromátidas • Os microtúbulos cinetocóricos diríxense cara ó polos • Os cromosomas sitúanse no plano ecuatorial, formando a placa ecuatorial, e preparados para a súa emigración ós polos • ANAFASE • Sepáranse as cromátidas irmáns por rotura do centrómero e cada unha emigra cara a un polo • o movemento das cromátidas cara ós polos parece estar causado polos microtúbulos das fibras cinetocóricas que se fan cada vez máis curtas • as fibras polares alónganse provocando un estiramento do fuso • Despois de separadas as cromátidas irmáns xa se denominan cromosomas anafásicos e cada un deles só ten unha cadea de ADN • A anafase remata cando os cromosomas chegan ós polos • Esta é a fase da mitose que se realiza en menos tempo • TELOFASE • Ó redor dos cromosomas de cada polo, a lámina fibrosa reorganiza a envoltura nuclear • Desaparecen os cromosomas por descondensación do ADN dando paso á cromatina • O ADN empeza a funcionar e fanse visibles os nucléolos • O fuso acromático desaparece • Ó remate desta fase a célula ten dous núcleos nun citoplasma único que se repartirá entre as dúas células fillas mediante un proceso chamado citocinese
  • 4. 4 CITOCINESE ou CITODIÉRESE: • Consiste no reparto equitativo do material citoplasmático para rematar a división celular, coa obtención de dúas células fillas independentes. • Este proceso non é igual para as células animais que para as vexetais: • Células animais: • prodúcese por estrangulamento • ó nivel do plano ecuatorial aparece un surco que se vai estreitando ata que a célula se rompe en dúas células que se separan • Células vexetais: • prodúcese pola fusión de vesículas procedentes do Aparato de Golgi que se van colocando no plano medio da célula nai. • fórmase unha estrutura plana chamada fragmoplasto que medra de dentro a fóra e que acabará formando a lámina media Crecemento celular: Cada célula está programada para dividirse un número limitado de veces e despois disto faise vella e morre. Ademais existe un control de crecemento dos tecidos de tal maneira que as células paran de dividirse cando detectan unha densidade de células determinada na súa proximidade. Este mecanismo chamado inhibición por contacto está regulado, ó parecer, polos glicolípidos e as glicoproteínas da membrana plasmática. As células cancerosas presentan unhas anomalías xénicas que lles permite dividirse ilimitadamente debido a que non responden ós mecanismos de inhibición por contacto.
  • 5. 5
  • 6. 6