Presentación de diapositivas que aborda sinteticamente as características da linguaxe literaria e a tipoloxía básica dos xéneros literarios para 1º da ESO. Fontes:
- VV. AA., Lingua Galega e Literatura 1º ESO, Edit. Obradoiro-Santillana, 2007.
- Carricoba Armesto, Juan Mª, Os xéneros literarios (1º ESO), Departamento de Lingua Galega do CPI Doutor López Suárez de Friol
Enderezo: http://www.slideshare.net/saamasas/os-xneros-literarios-9965953
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1º ESO)
1. A literatura. A linguaxe literaria Que é a Literatura? A linguaxe literaria Características da Literatura 1º ESO
2. Fontes VV. AA., Lingua Galega e Literatura 1º ESO, Edit. Obradoiro-Santillana, 2007. Carricoba Armesto, Juan Mª, Os xéneros literarios (1º ESO), Departamento de Lingua Galega do CPI Doutor López Suárez de Friol Enderezo: http://www.slideshare.net/saamasas/os-xneros-literarios-9965953
3.
4.
5.
6.
7.
8. A linguaxe literaria - adxectivos abundantes para adobiar o texto, mesmo epítetos, que dan cualidades propias do que se describe: FIANDEIRA namorada que fías detralo lume cos ollos postos nas chamas roxiñas brancas i azules. Fiandieriña que fías nas noites do longo inverno as liñas máis delgadiñas que o fío do pensamento. Cai a neve branca fora riba dos teitos calada mentras ti fías e soñas nunha cousiña lonxana.. . Uxío Novoneyra
9.
10. O lobo O nome científico do lobo é Canis lupus signatus. É da mes- ma subespecie que o can; ademais, pertence ao reino animal, é un cordado (columna dorsal permanente), mamífero, carnívoro. Trátase dun cánido e a especie é lupus. Todos son animais terrestres que se moven rapidamente e que se esconden en cavidades naturais ou escavadas. Son animais sociais á hora de cazar. Comunícanse por xestos faciais, posturas do corpo e da cola. Son cánidos que posúen 4 dedos nas patas anteriores e 4 nas traseiras. As poutas son retráctiles e teñen nada menos que 42 dentes. O normal é que teña unha lonxitude entre 1 m. e 1.20 m (aínda que pode chegar a 1.25 m). A cola mide máis de 40 cms. e a altura anda entre 75 cms a 80 cm. Pesa sobre 40 quilogramos de media. A súa cor oscila entre o pardo gris ( máis común en Galicia ) e o pardo vermello. Algunhas marcas características mouras e claras.
11. Cousos do lobo! Caborcos do xabarín! Eidos solos onde ninguén foi nin ha d’ir! O lobo! Os ollos o lombo do lobo! Baixa o lobo polo ollo do bosco movendo nas flairas dos teixos ruxindo na folla dos carreiros en busca de vagoada máis sola e máis medosa… Rastrexa parase e venta finca a pouta ergue a testa e oula ca noite na boca… Uxío Novoneyra Cousos do lobo
12. Os xéneros literarios XÉNERO ÉPICO OU NARRATIVO XÉNERO LÍRICO OU POÉTICO XÉNERO DRAMÁTICO OU TEATRAL 1º ESO
13.
14. Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras. Rosalía de Castro
15. Aquí moitas veces me preguntan se na nosa casa había auga corrente e se tiñamos coche e cousas así. Claro, auga corrente si que tiñamos. Aquí diso non hai. Nós temos sorte porque temos un baño e un pequeno tanque coa auga quente, aínda que ma me prohibe poñelo en marcha porque é eléctrico e está nun cuarto cheo de auga, o cal pode levar á morte segura. Lakshmi contoume que unha curmá súa, unha desas cuartas ou quintas, morreu precisamente no baño, electrocutada. Hai días nos que nin sequera poñemos a auga quente, vai moita calor. E outros nos que non podemos porque non hai luz e non funciona o tanque eléctrico. Isto pasa a miúdo no verán porque non hai auga suficiente para producir electricidade. E que terá que ver a auga coa electricidade? Explícovolo nun segundo: a electricidade que chega á nosa casa provén dun encoro enorme no río Kaveri. A auga pasa co moita forza por unhas portas e dalgunha maneira produce electricidade, que logo viaxa ás casas polos postes eses da luz. Cando non chove e non hai auga suficiente no encoro, non entra con forza nas comportas, así que non hai luz. Así se resume que algo que pasa a quilómetros da nosa casa acabe por determinar que ma e mais eu (en todo Devastnaa, para o caso), se acabe duchando en auga fría. María Reimóndez: Usha
16. CARMIÑAE: (Entrando.) ¡Manolitus! ¡Meu amado! (Corren un cabo do outro para abrazárense.) MANOLITUS: ¡Carmiñae!, ¡Carmiñae!, ¡Carmiñae! ¡Por fin xuntos e sós! Estamos por fin xuntos e sós nesta natureza salvaxe, sen vixilancia, sós, co bosque como única testemuña. CARMIÑAE: Si, sós, por fin sós. MANOLITUS: Sós por fin, gracias ós deuses estámo-los dous sós e íllados do mundo. CARMIÑAE: (Nun suspiro.) Sós, sós, sós. MANOLITUS: (Suspirando asemade.) Sós. CARMIÑAE: (Logo dunha pausa de ollares tenros.) E haberá que facer algo para non aburrirse, digo eu, ¿non?; como estamos tan sós... MANOLITUS: Oes, pois tes razón. (Sentan collidos da man no toro da árbore e pensan un anaco en silencio.) ¡Xa sei o que podemos facer! CARMIÑAE: ¿Que? MANOLITUS: Eh... ben, nada. CARMIÑAE: Non me sexas vergoñoso, dime o que era. MANOLITUS: Non muller... era unha parvada... ademais non vas querer... CARMIÑAE: (Mimosa.) Dime o que era, anda. MANOLITUS: Ti o parchís non o trouxeches, ¿ verdade? CARMIÑAE: (Decepcionada.) Non... ¿e se xogaramos ás prendas? O achado do Castro , de Manuel Nuñez Singala