SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 34
Como buscar apps educativas (#PLE)
Juan Marcos Filgueira Gomis, 2014/2015
Mobile LearningMobile Learning
1.1. IntroduciónIntrodución
2. ¿2. ¿Como buscar apps educativas?Como buscar apps educativas?
3.3. Caso AndroidCaso Android
4.4. Caso iOSCaso iOS
5.5. Buscadores educativosBuscadores educativos
6. Buscadores de apps para NEE6. Buscadores de apps para NEE
7. Outros buscadores7. Outros buscadores
8.8. ConclusiónsConclusións
9.9. Ampliando a bibliotecaAmpliando a biblioteca
Folla de rutaFolla de ruta
1.1. IntroduciónIntrodución
A maneira máis directa de atopar e instalar apps é a través das tendas de
aplicacións ou Stores dispoñibles, segundo cada sistema operativo móbil. Ademais
destas tendas específicas existen tendas abertas para diferentes sistemas e sitios
especializados na recopilación e busca de apps exclusivamente educativas.
Tanto Android como iOS compiten en todos os campos, incluído o da Educación,
en establecer un mercado de apps e impoñer o seu modelo, a través de solucións
adaptadas para escolas que inclúen os dispositivos e paquetes de aplicacións.
1.1. IntroduciónIntrodución
Para permitir un modelo BYOD e que se poidan empregar outros dispositivos como
notebooks, cómpre fuxir destes modelos tan comerciais. Habería que buscar apps
educativas que a ser posible dispoñan dunha alternativa web. Se ben, certas apps
específicas para móbiles non dispoñen de web pero a súa funcionalidade educativa pode
ser moi valiosa, polo que poderíamos adoptalas para a realización de actividades
específicas para unha determinada materia. Aínda así, neses casos cómpre tentar
sempre que cubran como mínimo os dous sistemas operativos principais (Android e iOS)
para non limitar as solucións adoptadas. Este sería o xeito de evitar a segregación
tecnolóxica na aula.
Web, na nube
Android
iOS
App multiplataforma
2.2. ¿¿Como buscar apps educativas?Como buscar apps educativas?
¿Como podo atopar de xeito doado apps adecuadas para a miña clase?
Non hai unha resposta sinxela, nin unha solución clara. Habería que investigar
moito, comparando e probando. Podemos comezar buscando do xeito máis
categorizado posible, por exemplo a través das seguintes opcións:
✔ Categorías de Educación específicas nas tendas oficiais de cada sistema
operativo móbil (Android, iOS, Windows Phone, etc).
✔ Buscadores especializados en apps educativas.
✔ Buscadores especializados en apps para persoas con necesidades educativas
especiais.
✔ Buscadores xerais con categoría de Educación.
Por outra banda, sempre podemos facer buscas a través de buscadores xenéricos
do tipo "App Android iOS para Materia", cruzar os dedos e ver que nos sae,
analizando os diferentes resultados poderemos ir atopando cousas.
Existen infinidade de blogs, e páxinas web que analizan aplicacións móbiles, e nos
proverán de información sobre as mesmas, con capturas de pantalla ou vídeos.
3.3. Caso AndroidCaso Android
Na “Google Play” de Android podemos facer unha busca xeral na categoría de
“Educación” ou buscar por palabras clave aplicacións ao chou. Isto pode resultar
bastante tedioso ao non poder establecer máis parámetros de busca.
Por outra banda, a través de Google, se ofrece "Google Play for Education" como
tenda exclusiva para Educación onde as apps pasan por un proceso de selección
máis estrito que en "Google Play", e deste xeito permitir o seu uso na escola.
Actualmente só se atopa dispoñible para escolas nos Estados Unidos, aínda que é
de agardar que se extenda o seu uso nun futuro próximo. O paquete completo
ofrece apps, vídeos e eBooks, sendo preciso darse de alta oficialmente como centro
educativo. Seguindo un modelo moi ao estilo de iOS-Apple, moitos dos recursos
incluídos serán de pago.
Miles
de apps
educativas
Na páxina oficial de “Google Play for Education” temos un pequeno buscador de
apps que nos pode dar unha idea do que vai ofrecer a Store (permite seleccionar
por idade/materia/dispositivo):
3.3. Caso AndroidCaso Android
A continuación podemos buscar esas mesmas apps por se están dispoñibles na
“Play Store”, directamente ou coa categoría de “Educación”:
3.3. Caso AndroidCaso Android
4.4. Caso iOSCaso iOS
iOS ofrece moitas apps educativas, o problema é que a maioría son exclusivas para
as tablets Ipad e non estarán dispoñibles noutros dispositivos. Ademais, nun alto
porcentaxe serán apps de pago.
Ofrece, por exemplo, un editor de libros gratuíto, iBooks Author que permite crear
libros dixitais de xeito doado, ademais doutras ferramentas de creación para vídeos,
imaxes e fotografías. Se ben, outro inconveniente destas ferramentas, por exemplo
no caso do iBook Author é que os libros só se poden visualizar en iOS e tendo
instalada a app, no caso de querer exportar o libro sería en formato PDF e
perdendo a interactividade, non é unha solución aberta.
4.4. Caso iOSCaso iOS
Un apartado que merece especial atención é o tema da accesibilidade, con funcións pensadas para
estudantes con necesidades especiais como TEA, ou discapacidades auditivas, visuais ou motoras.
Ademais dispón dunha serie de coleccións de apps que se poden instalar de forma conxunta para
traballar determinadas áreas, ou destinadas a colectivos como familias ou docentes.
5.5. Buscadores educativos: EduappsBuscadores educativos: Eduapps
Eduapps é un buscador froito dunha iniciativa española coa colaboración de Apple.
Clasifica as apps por nivel educativo: infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ou para o
profesorado. Seleccionada a ensinanza, tamén se pode especificar o ciclo, a materia, bloque
e currículo obtendo unha relación de apps que cumpran esas especificacións.
5.5. Buscadores educativos: EduappsBuscadores educativos: Eduapps
De entre os resultados podemos ver o detalle dunha app, obtendo máis información como: se é gratis
ou o prezo, dispositivos recomendados (só os de iOS/Apple), idiomas, capturas de pantalla e unha
descrición. Ademais dunha ligazón directamente coa App Store para facilitar a súa descarga.
O principal inconveniente é que non amosa se as apps dispoñen de versións noutros sistemas
operativos como Android. Viría a ser un buscador educativo especializado sobre a App Store de iOS.
O que si supón é un valor engadido sobre esta ao permitir buscas clasificadas por nivel educativo,
ciclo e materia.
5.5. Buscadores educativos: Proxecto GuappisBuscadores educativos: Proxecto Guappis
Na web do Proxecto Guappis organizada a xeito de blog, un equipo de docentes vai recopilando apps
educativas, incorporando en ocasións exemplos de actividades didácticas na aula.
As apps clasifícanse por nome, prezo,
sistema operativo (Android/ iOS/ Ipad/
Iphone), contido (matemáticas,
educación especial, etc), tipo (xogos,
contos, axenda, etc), capacidades
(TEA, lectura, lóxica, etc) ou etapa
educativa (infantil, primaria,
secundaria, bacharelato e
universidade).
A busca por etiquetas equivalería a un
buscador tradicional, aínda que non é
moi visual, xa que teríamos que
navegar a través dos bloques laterais
da web.
5.5. Buscadores educativos: Proxecto GuappisBuscadores educativos: Proxecto Guappis
A análise de cada app varía pero aporta en moitos casos algún exemplo de aplicación na
aula.
5.5. Buscadores educativos: EdshelfBuscadores educativos: Edshelf
Edshelf é un completo buscador de apps educativas que nos permite ademais crear
coleccións que poderemos compartir de xeito doado con compañeiros ou cos estudantes.
As buscas poden ser bastante completas especificando: Prezo, Idade, Materia (Arte,
Astronomía, Medicina, etc), Plataforma (Android, iOS, Web e máis), e Categoría
(flashcards, tradutores, edición de vídeo, etc). A web só está en inglés.
5.5. Buscadores educativos: AppcrawlrBuscadores educativos: Appcrawlr
Appcrawlr é un buscador xenérico pero que se adapta moi ben á busca de apps
educativas. Estas buscas poden ser bastante completas especificando: Prezo, Plataforma
(Android, iOS, e Windows Phone), Tema (flashcards, ferramenta de estudo, aprendizaxe
de idiomas, etc), a que axuda (mellorar vocabulario, aprender novas palabras, etc),
Audiencia e outras características. A web só está en inglés.
5.5. Buscadores educativos: EducationalBuscadores educativos: Educational
App StoreApp Store
Repositorio de apps educativas que nos permite facer buscas por dispositivo (Android,
iPhone/iPad, Windows Phone), prezo, categorías (Historia, Literatura, Xeografía, etc) e
idade (0-4 anos, 4-11, 11-18 e máis de 18). Ao acceder a unha app teremos máis
información cunha pequena descrición e o detalle. A única pega a este buscador sería que
se atopa en inglés, mesmo o prezo en libras, e as buscas tamén as fai para apps neste
idioma sen deixar filtrar.
5.5. Buscadores educativos: ApplicaditosBuscadores educativos: Applicaditos
Un buscador interesante e moi visual, permite consultar recomendacións de apps infantís.
Permite seleccionar dispositivo (móbil ou tablet Android o iOS), idade en dous rangos de 3
a 5 e de 6 a 8 anos, e a área en cuestión (matemáticas, grafo, lingua, lectura, xogos e
artes).
5.5. Buscadores educativos: ApplicaditosBuscadores educativos: Applicaditos
A análise de cada app é moi detallada e incorpora ligazóns para descarga nos sistemas dispoñibles,
dispositivos e idades válidas, unha valoración da app, e unha descrición ou reseña personalizada por
un autor/a da web que nos comenta as súas impresións e pode incluír capturas de pantalla ou vídeos.
A mágoa neste metabuscador de apps, é que se limite a un rango tan restrinxido de idades.
5.5. Buscadores educativos: AppolearningBuscadores educativos: Appolearning
Appolearning é un buscador educativo, que ten poucas apps en comparación con outros pero que se
atopan moi ben analizadas. Un equipo de expertos avalía perante unha rúbrica complexa e analiza a
app para amosar un informe completo cunha valoración de moitos campos que amosan as
características pedagóxicas da mesma. En primeiro lugar pódese buscar por ensinanzas e áreas de
aprendizaxe, para logo ver a lista de apps e o seu detalle.
5.5. Buscadores educativos: AppolearningBuscadores educativos: Appolearning
A valoración de cada app detállase en
cada un dos criterios de avaliación da
Rúbrica, con aspectos como por
exemplo:
- Instrucións claras e simples.
- Relación calidade-prezo.
- Adecuada para o seu grupo de idade.
A descrición tamén resulta moi
interesante dende un punto de vista
educativo, pois busca dar resposta a 3
apartados principais:
- Por que nos encanta esta app
- Que ensina e como funciona
- Por que os nenos e nenas non
pasarán dela.
Por desgraza a web só está dispoñible
en idioma inglés.
5.5. Buscadores educativos: Moms whith appsBuscadores educativos: Moms whith apps
Traducido como “Nais con apps”, este buscador ten un curioso nome que resulta orientativo das súas
funcionalidades. Está orientado a clasificar apps para nenos e nenas prestando especial atención a
aspectos que preocupan ás familias como: que a app poida funcionar sen conexión a Internet, que non
se permita facer compras dende a app, sen anuncios nin ligazóns a redes sociais, etc. Ademais destes
aspectos permite filtrar por Plataforma (Android, iOS, Windows Phone e Kindle), Idade e Materia
(Animais, Arte, Cores, etc). A web só está en inglés.
5.5. Buscadores de apps para NEE: AppyautismBuscadores de apps para NEE: Appyautism
Un dos buscadores máis completos en canto a funcionalidades e opcións de busca é Appyautism. Se
ben, é un proxecto dirixido a persoas con TEA e familias e profesionais relacionados con estas persoas.
Trátase dunha moi boa iniciativa que hai que valorar enormemente, pois todas as achegas deste tipo
axudan moito ás persoas que teñen que enfrontarse ao reto destes trastornos. Actualmente inclúense
arredor de 400 apps.
5.5. Buscadores de apps para NEE: AppyautismBuscadores de apps para NEE: Appyautism
As opcións de busca permiten seleccionar criterios como palabras clave, plataformas/dispositivos
(Android, iOS, Windows Phone, Web ou Consolas), categorías (comunicación, aprendizaxe, ocio,
ferramentas de apoio, etc), idiomas, prezo, idades e mesmo evidencias científicas que apoien o seu
uso.
5.5. Buscadores de apps para NEE: AppyautismBuscadores de apps para NEE: Appyautism
A análise de cada app ofrece unha descrición da mesma, ilustrada con capturas de pantalla, e ligazóns
de descarga da app en diferentes plataformas. Ademais amosa a categorización, na liña dos criterios
de busca vistos anteriormente.
Buscadores de apps para NEE: Special Needs AppsBuscadores de apps para NEE: Special Needs Apps
Outro metabuscador de apps, en liña co anterior, pero que amplía o campo de busca a todas as
necesidades educativas especiais é "Special Needs Apps". Neste caso as apps que incorpora poden
ser de utilidade con outros trastornos ou discapacidades para persoas de calquera idade. Os criterios
de busca poden ser pola plataforma (Android ou iOS) ou por categorías: planificación, habilidades
sociais, comportamento, educación, fala e linguaxe, habilidades para a vida, sociais, xogos e
comunicación.
7.7. Outros buscadores: AtrappoOutros buscadores: Atrappo
Atrappo é un buscador para todo tipo de Apps para Android, iOS e Windows Phone con
varias seccións de apps educativas:
✔ Xogos educativos, con 1300 apps.
✔ Categoría de apps educativas con arredor de 37.000.
7.7. Outros buscadores: Amazon AppsOutros buscadores: Amazon Apps
Amazon, tamén dispón de preto de 19.000 apps na categoría de educación. Como en toda
a súa tenda nos permite filtrar por máis opcións como: idioma, temática (Ciencias,
Matemáticas, Lectura, Historia, Idiomas, etc), prezo ou valoración dos usuarios.
7.7. Outros buscadores: F-DroidOutros buscadores: F-Droid
F-Droid, é un buscador que ofrece un catálogo de aplicacións de software libre para
Android, ofrecendo tan só apps libres. Permite buscar pola categoría de “Educación &
Ciencia”, pero ademais permite instalar apps para completar todas as funcionalidades
básicas dun dispositivo móbil con software libre.
8.8. ConclusiónsConclusións
✔ Ante os centos de miles de apps dispoñibles para os diferentes dispositivos e
plataformas resulta complicado atopar ferramentas de busca doadas e que nos sirvan
para cubrir todas as necesidades da aula, atopando aquelo que precisamos en cada
momento.
✔ Android e iOS, ou o que é o mesmo Google e Apple, compiten polo monopolio do
mercado, polo que cómpre fuxir de solucións que se aten a unha tecnoloxía en
particular. O ideal é seleccionar apps que ofrezan unha alternativa web, ou que
dispoñan de apps para como mínimo eses dous sistemas. Deste xeito evitamos a
segregación tecnolóxica na aula.
✔ Tanto Google Play como App Store dispoñen de categorías de “Educación” pero
atópanse algo limitadas á hora de permitir seleccionar as apps por criterios educativos
como ensinanzas, idades, necesidades educativas especiais, etc.
✔ Existen buscadores educativos que en base a diferentes criterios nos permiten
seleccionar apps. Todos seguen unha liña similar e moitos están en inglés, pero son
boas ferramentas que nos poden servir para facer seleccións iniciais para logo probar
e seleccionar as apps máis axeitadas para os nosos estudantes.
9.9. Ampliando a bibliotecaAmpliando a biblioteca
➔
Mobile-Learning. Estrategias para el uso de aplicaciones, smartphones y tablets
en educación. Ligazón: http://www.gabit.org/gabit/?q=gl/mobile-learning
➔
Revista online Mobile-Learning de Gabit. Accesible en:
http://www.gabit.org/gabit/?q=gl/revista-mobile-learning
➔
Google Play, categoría de Educación:
https://play.google.com/store/apps/category/EDUCATION?hl=es
➔ Google Play for Education: https://play.google.com/edu/landing
➔ IOS, Apps para a aula: http://www.apple.com/es/education/ipad/resources
➔ Buscador educativo Eduapps: http://www.eduapps.es
➔ Blog do Proxecto Guappis: http://proyectoguappis.blogspot.com.es
9.9. Ampliando a bibliotecaAmpliando a biblioteca
➔ Buscador Educational App Store: http://www.educationalappstore.com
➔
Appyautism, buscador de apps para persoas con TEA, docentes e familias:
http://www.appyautism.com
➔
Buscador xenérico Atrappo na categoría de Educación:
http://www.atrappo.com/apps/educacion/3/
➔ Buscador educativo Edshelf: https://edshelf.com
➔ Buscador educativo Appcrawlr: http://appcrawlr.com
➔ Buscador educativo AppoLearning: https://android-tablet.appolearning.com
➔
Recopilación de webs con apps educativas en “Crea y aprende con Laura”:
http://creaconlaura.blogspot.com.es/p/aplicaciones-educativas-moviles.html
Máis presentacións, artigos e publicacións:Máis presentacións, artigos e publicacións:
Na web:
http://www.gabit.org
@ Facebook:
https://www.facebook.com/pages/Gabit/420853864605648
@ Twitter:
https://twitter.com/InfoGabit
@ Slideshare:
http://www.slideshare.net/marcosfilgueira
Fin
Juan Marcos Filgueira Gomis, 2014/2015
Mobile LearningMobile Learning

Más contenido relacionado

Similar a mLearning: Como buscar apps educativas (#PLE) (Galego)

Aprender a buscar na rede con eficiencia
Aprender a buscar na rede con eficienciaAprender a buscar na rede con eficiencia
Aprender a buscar na rede con eficienciaolga rodriguez diaz
 
Titorial: Busca avanzada con Google
Titorial: Busca avanzada con GoogleTitorial: Busca avanzada con Google
Titorial: Busca avanzada con Googlesociaisabalar
 
Software Libre En Educacion
Software Libre En EducacionSoftware Libre En Educacion
Software Libre En Educacioncarlosmpego
 
Directrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería EducaciónDirectrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería Educaciónorientacionjuanadevega
 
Manual servidor centro
Manual servidor centroManual servidor centro
Manual servidor centrovigotic
 
Mat didactico dixit
Mat didactico dixitMat didactico dixit
Mat didactico dixitxcarg
 
Mat didact dixit
Mat didact dixitMat didact dixit
Mat didact dixitxcarg
 
Mat didacti dixit
Mat didacti dixitMat didacti dixit
Mat didacti dixitxcarg
 

Similar a mLearning: Como buscar apps educativas (#PLE) (Galego) (11)

Aprender a buscar na rede con eficiencia
Aprender a buscar na rede con eficienciaAprender a buscar na rede con eficiencia
Aprender a buscar na rede con eficiencia
 
Titorial: Busca avanzada con Google
Titorial: Busca avanzada con GoogleTitorial: Busca avanzada con Google
Titorial: Busca avanzada con Google
 
Software Libre En Educacion
Software Libre En EducacionSoftware Libre En Educacion
Software Libre En Educacion
 
Directrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería EducaciónDirectrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería Educación
 
Manual servidor centro
Manual servidor centroManual servidor centro
Manual servidor centro
 
O blog de al e recursos on line
O blog de al e recursos on lineO blog de al e recursos on line
O blog de al e recursos on line
 
O blog de al e recursos on line
O blog de al e recursos on lineO blog de al e recursos on line
O blog de al e recursos on line
 
Guion didactico PDI
Guion didactico PDIGuion didactico PDI
Guion didactico PDI
 
Mat didactico dixit
Mat didactico dixitMat didactico dixit
Mat didactico dixit
 
Mat didact dixit
Mat didact dixitMat didact dixit
Mat didact dixit
 
Mat didacti dixit
Mat didacti dixitMat didacti dixit
Mat didacti dixit
 

Más de Juan Marcos Filgueira

5 Claves del mLearning (Infografía) (Español)
5 Claves del mLearning (Infografía) (Español)5 Claves del mLearning (Infografía) (Español)
5 Claves del mLearning (Infografía) (Español)Juan Marcos Filgueira
 
mLearning: Trabajo colaborativo, PLN y Redes sociales (#PLE) (Español)
mLearning: Trabajo colaborativo, PLN y Redes sociales (#PLE) (Español)mLearning: Trabajo colaborativo, PLN y Redes sociales (#PLE) (Español)
mLearning: Trabajo colaborativo, PLN y Redes sociales (#PLE) (Español)Juan Marcos Filgueira
 
mLearning: Herramientas de evaluación y e-Portfolios (#PLE) (Español)
mLearning: Herramientas de evaluación y e-Portfolios (#PLE) (Español)mLearning: Herramientas de evaluación y e-Portfolios (#PLE) (Español)
mLearning: Herramientas de evaluación y e-Portfolios (#PLE) (Español)Juan Marcos Filgueira
 
Writer: Creación y edición de documentos de texto (Español)
Writer: Creación y edición de documentos de texto (Español)Writer: Creación y edición de documentos de texto (Español)
Writer: Creación y edición de documentos de texto (Español)Juan Marcos Filgueira
 
Writer: Creación e edición de documentos de texto (Galego)
Writer: Creación e edición de documentos de texto (Galego)Writer: Creación e edición de documentos de texto (Galego)
Writer: Creación e edición de documentos de texto (Galego)Juan Marcos Filgueira
 
mLearning: Construyendo nuestro PLE (Español)
mLearning: Construyendo nuestro PLE (Español)mLearning: Construyendo nuestro PLE (Español)
mLearning: Construyendo nuestro PLE (Español)Juan Marcos Filgueira
 
Introducción al Mobile-Learning (Español)
Introducción al Mobile-Learning (Español)Introducción al Mobile-Learning (Español)
Introducción al Mobile-Learning (Español)Juan Marcos Filgueira
 
¿Por qué debería buscarme a mi mismo en Google? (Infografía)
¿Por qué debería buscarme a mi mismo en Google? (Infografía)¿Por qué debería buscarme a mi mismo en Google? (Infografía)
¿Por qué debería buscarme a mi mismo en Google? (Infografía)Juan Marcos Filgueira
 
¿Por que debería buscarme a min mesmo en Google? (Infografía)
¿Por que debería buscarme a min mesmo en Google? (Infografía)¿Por que debería buscarme a min mesmo en Google? (Infografía)
¿Por que debería buscarme a min mesmo en Google? (Infografía)Juan Marcos Filgueira
 
Gabit: Datos de desarrollo de Moodle 2.6
Gabit: Datos de desarrollo de Moodle 2.6Gabit: Datos de desarrollo de Moodle 2.6
Gabit: Datos de desarrollo de Moodle 2.6Juan Marcos Filgueira
 
Gabit: Datos de desenvolvemento do Moodle 2.6
Gabit: Datos de desenvolvemento do Moodle 2.6Gabit: Datos de desenvolvemento do Moodle 2.6
Gabit: Datos de desenvolvemento do Moodle 2.6Juan Marcos Filgueira
 
Posibilidades de Google Maps, G. Earth e G. Cultural Institute (Infografía)
Posibilidades de Google Maps, G. Earth e G. Cultural Institute (Infografía)Posibilidades de Google Maps, G. Earth e G. Cultural Institute (Infografía)
Posibilidades de Google Maps, G. Earth e G. Cultural Institute (Infografía)Juan Marcos Filgueira
 
Gabit: 16 formas na que os profesores poden empregar Pinterest (galego)
Gabit: 16 formas na que os profesores poden empregar Pinterest (galego)Gabit: 16 formas na que os profesores poden empregar Pinterest (galego)
Gabit: 16 formas na que os profesores poden empregar Pinterest (galego)Juan Marcos Filgueira
 
Gabit: 16 formas en las que los profesores pueden utilizar Pinterest (español)
Gabit: 16 formas en las que los profesores pueden utilizar Pinterest (español)Gabit: 16 formas en las que los profesores pueden utilizar Pinterest (español)
Gabit: 16 formas en las que los profesores pueden utilizar Pinterest (español)Juan Marcos Filgueira
 
Edición de Vídeo y Audio con software libre (I) [Español]
Edición de Vídeo y Audio con software libre (I) [Español]Edición de Vídeo y Audio con software libre (I) [Español]
Edición de Vídeo y Audio con software libre (I) [Español]Juan Marcos Filgueira
 
Edición de Vídeo e Son con software libre (I)
Edición de Vídeo e Son con software libre (I)Edición de Vídeo e Son con software libre (I)
Edición de Vídeo e Son con software libre (I)Juan Marcos Filgueira
 

Más de Juan Marcos Filgueira (20)

5 Claves del mLearning (Infografía) (Español)
5 Claves del mLearning (Infografía) (Español)5 Claves del mLearning (Infografía) (Español)
5 Claves del mLearning (Infografía) (Español)
 
mLearning: Trabajo colaborativo, PLN y Redes sociales (#PLE) (Español)
mLearning: Trabajo colaborativo, PLN y Redes sociales (#PLE) (Español)mLearning: Trabajo colaborativo, PLN y Redes sociales (#PLE) (Español)
mLearning: Trabajo colaborativo, PLN y Redes sociales (#PLE) (Español)
 
mLearning: Herramientas de evaluación y e-Portfolios (#PLE) (Español)
mLearning: Herramientas de evaluación y e-Portfolios (#PLE) (Español)mLearning: Herramientas de evaluación y e-Portfolios (#PLE) (Español)
mLearning: Herramientas de evaluación y e-Portfolios (#PLE) (Español)
 
Writer: Creación y edición de documentos de texto (Español)
Writer: Creación y edición de documentos de texto (Español)Writer: Creación y edición de documentos de texto (Español)
Writer: Creación y edición de documentos de texto (Español)
 
Writer: Creación e edición de documentos de texto (Galego)
Writer: Creación e edición de documentos de texto (Galego)Writer: Creación e edición de documentos de texto (Galego)
Writer: Creación e edición de documentos de texto (Galego)
 
mLearning: Construyendo nuestro PLE (Español)
mLearning: Construyendo nuestro PLE (Español)mLearning: Construyendo nuestro PLE (Español)
mLearning: Construyendo nuestro PLE (Español)
 
Introducción al Mobile-Learning (Español)
Introducción al Mobile-Learning (Español)Introducción al Mobile-Learning (Español)
Introducción al Mobile-Learning (Español)
 
¿Por qué debería buscarme a mi mismo en Google? (Infografía)
¿Por qué debería buscarme a mi mismo en Google? (Infografía)¿Por qué debería buscarme a mi mismo en Google? (Infografía)
¿Por qué debería buscarme a mi mismo en Google? (Infografía)
 
¿Por que debería buscarme a min mesmo en Google? (Infografía)
¿Por que debería buscarme a min mesmo en Google? (Infografía)¿Por que debería buscarme a min mesmo en Google? (Infografía)
¿Por que debería buscarme a min mesmo en Google? (Infografía)
 
Gabit: Datos de desarrollo de Moodle 2.6
Gabit: Datos de desarrollo de Moodle 2.6Gabit: Datos de desarrollo de Moodle 2.6
Gabit: Datos de desarrollo de Moodle 2.6
 
Gabit: Datos de desenvolvemento do Moodle 2.6
Gabit: Datos de desenvolvemento do Moodle 2.6Gabit: Datos de desenvolvemento do Moodle 2.6
Gabit: Datos de desenvolvemento do Moodle 2.6
 
Posibilidades de Google Maps, G. Earth e G. Cultural Institute (Infografía)
Posibilidades de Google Maps, G. Earth e G. Cultural Institute (Infografía)Posibilidades de Google Maps, G. Earth e G. Cultural Institute (Infografía)
Posibilidades de Google Maps, G. Earth e G. Cultural Institute (Infografía)
 
Gabit: 16 formas na que os profesores poden empregar Pinterest (galego)
Gabit: 16 formas na que os profesores poden empregar Pinterest (galego)Gabit: 16 formas na que os profesores poden empregar Pinterest (galego)
Gabit: 16 formas na que os profesores poden empregar Pinterest (galego)
 
Gabit: 16 formas en las que los profesores pueden utilizar Pinterest (español)
Gabit: 16 formas en las que los profesores pueden utilizar Pinterest (español)Gabit: 16 formas en las que los profesores pueden utilizar Pinterest (español)
Gabit: 16 formas en las que los profesores pueden utilizar Pinterest (español)
 
Moodle (Nivel IV)
Moodle (Nivel IV)Moodle (Nivel IV)
Moodle (Nivel IV)
 
Moodle (Nivel IV) [Español]
Moodle (Nivel IV) [Español]Moodle (Nivel IV) [Español]
Moodle (Nivel IV) [Español]
 
Moodle (Nivel III) [Español]
Moodle (Nivel III) [Español]Moodle (Nivel III) [Español]
Moodle (Nivel III) [Español]
 
Edición de Vídeo y Audio con software libre (I) [Español]
Edición de Vídeo y Audio con software libre (I) [Español]Edición de Vídeo y Audio con software libre (I) [Español]
Edición de Vídeo y Audio con software libre (I) [Español]
 
Edición de Vídeo e Son con software libre (I)
Edición de Vídeo e Son con software libre (I)Edición de Vídeo e Son con software libre (I)
Edición de Vídeo e Son con software libre (I)
 
Moodle (Nivel III)
Moodle (Nivel III) Moodle (Nivel III)
Moodle (Nivel III)
 

Último

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (7)

Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 

mLearning: Como buscar apps educativas (#PLE) (Galego)

  • 1. Como buscar apps educativas (#PLE) Juan Marcos Filgueira Gomis, 2014/2015 Mobile LearningMobile Learning
  • 2. 1.1. IntroduciónIntrodución 2. ¿2. ¿Como buscar apps educativas?Como buscar apps educativas? 3.3. Caso AndroidCaso Android 4.4. Caso iOSCaso iOS 5.5. Buscadores educativosBuscadores educativos 6. Buscadores de apps para NEE6. Buscadores de apps para NEE 7. Outros buscadores7. Outros buscadores 8.8. ConclusiónsConclusións 9.9. Ampliando a bibliotecaAmpliando a biblioteca Folla de rutaFolla de ruta
  • 3. 1.1. IntroduciónIntrodución A maneira máis directa de atopar e instalar apps é a través das tendas de aplicacións ou Stores dispoñibles, segundo cada sistema operativo móbil. Ademais destas tendas específicas existen tendas abertas para diferentes sistemas e sitios especializados na recopilación e busca de apps exclusivamente educativas. Tanto Android como iOS compiten en todos os campos, incluído o da Educación, en establecer un mercado de apps e impoñer o seu modelo, a través de solucións adaptadas para escolas que inclúen os dispositivos e paquetes de aplicacións.
  • 4. 1.1. IntroduciónIntrodución Para permitir un modelo BYOD e que se poidan empregar outros dispositivos como notebooks, cómpre fuxir destes modelos tan comerciais. Habería que buscar apps educativas que a ser posible dispoñan dunha alternativa web. Se ben, certas apps específicas para móbiles non dispoñen de web pero a súa funcionalidade educativa pode ser moi valiosa, polo que poderíamos adoptalas para a realización de actividades específicas para unha determinada materia. Aínda así, neses casos cómpre tentar sempre que cubran como mínimo os dous sistemas operativos principais (Android e iOS) para non limitar as solucións adoptadas. Este sería o xeito de evitar a segregación tecnolóxica na aula. Web, na nube Android iOS App multiplataforma
  • 5. 2.2. ¿¿Como buscar apps educativas?Como buscar apps educativas? ¿Como podo atopar de xeito doado apps adecuadas para a miña clase? Non hai unha resposta sinxela, nin unha solución clara. Habería que investigar moito, comparando e probando. Podemos comezar buscando do xeito máis categorizado posible, por exemplo a través das seguintes opcións: ✔ Categorías de Educación específicas nas tendas oficiais de cada sistema operativo móbil (Android, iOS, Windows Phone, etc). ✔ Buscadores especializados en apps educativas. ✔ Buscadores especializados en apps para persoas con necesidades educativas especiais. ✔ Buscadores xerais con categoría de Educación. Por outra banda, sempre podemos facer buscas a través de buscadores xenéricos do tipo "App Android iOS para Materia", cruzar os dedos e ver que nos sae, analizando os diferentes resultados poderemos ir atopando cousas. Existen infinidade de blogs, e páxinas web que analizan aplicacións móbiles, e nos proverán de información sobre as mesmas, con capturas de pantalla ou vídeos.
  • 6. 3.3. Caso AndroidCaso Android Na “Google Play” de Android podemos facer unha busca xeral na categoría de “Educación” ou buscar por palabras clave aplicacións ao chou. Isto pode resultar bastante tedioso ao non poder establecer máis parámetros de busca. Por outra banda, a través de Google, se ofrece "Google Play for Education" como tenda exclusiva para Educación onde as apps pasan por un proceso de selección máis estrito que en "Google Play", e deste xeito permitir o seu uso na escola. Actualmente só se atopa dispoñible para escolas nos Estados Unidos, aínda que é de agardar que se extenda o seu uso nun futuro próximo. O paquete completo ofrece apps, vídeos e eBooks, sendo preciso darse de alta oficialmente como centro educativo. Seguindo un modelo moi ao estilo de iOS-Apple, moitos dos recursos incluídos serán de pago. Miles de apps educativas
  • 7. Na páxina oficial de “Google Play for Education” temos un pequeno buscador de apps que nos pode dar unha idea do que vai ofrecer a Store (permite seleccionar por idade/materia/dispositivo): 3.3. Caso AndroidCaso Android
  • 8. A continuación podemos buscar esas mesmas apps por se están dispoñibles na “Play Store”, directamente ou coa categoría de “Educación”: 3.3. Caso AndroidCaso Android
  • 9. 4.4. Caso iOSCaso iOS iOS ofrece moitas apps educativas, o problema é que a maioría son exclusivas para as tablets Ipad e non estarán dispoñibles noutros dispositivos. Ademais, nun alto porcentaxe serán apps de pago. Ofrece, por exemplo, un editor de libros gratuíto, iBooks Author que permite crear libros dixitais de xeito doado, ademais doutras ferramentas de creación para vídeos, imaxes e fotografías. Se ben, outro inconveniente destas ferramentas, por exemplo no caso do iBook Author é que os libros só se poden visualizar en iOS e tendo instalada a app, no caso de querer exportar o libro sería en formato PDF e perdendo a interactividade, non é unha solución aberta.
  • 10. 4.4. Caso iOSCaso iOS Un apartado que merece especial atención é o tema da accesibilidade, con funcións pensadas para estudantes con necesidades especiais como TEA, ou discapacidades auditivas, visuais ou motoras. Ademais dispón dunha serie de coleccións de apps que se poden instalar de forma conxunta para traballar determinadas áreas, ou destinadas a colectivos como familias ou docentes.
  • 11. 5.5. Buscadores educativos: EduappsBuscadores educativos: Eduapps Eduapps é un buscador froito dunha iniciativa española coa colaboración de Apple. Clasifica as apps por nivel educativo: infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ou para o profesorado. Seleccionada a ensinanza, tamén se pode especificar o ciclo, a materia, bloque e currículo obtendo unha relación de apps que cumpran esas especificacións.
  • 12. 5.5. Buscadores educativos: EduappsBuscadores educativos: Eduapps De entre os resultados podemos ver o detalle dunha app, obtendo máis información como: se é gratis ou o prezo, dispositivos recomendados (só os de iOS/Apple), idiomas, capturas de pantalla e unha descrición. Ademais dunha ligazón directamente coa App Store para facilitar a súa descarga. O principal inconveniente é que non amosa se as apps dispoñen de versións noutros sistemas operativos como Android. Viría a ser un buscador educativo especializado sobre a App Store de iOS. O que si supón é un valor engadido sobre esta ao permitir buscas clasificadas por nivel educativo, ciclo e materia.
  • 13. 5.5. Buscadores educativos: Proxecto GuappisBuscadores educativos: Proxecto Guappis Na web do Proxecto Guappis organizada a xeito de blog, un equipo de docentes vai recopilando apps educativas, incorporando en ocasións exemplos de actividades didácticas na aula. As apps clasifícanse por nome, prezo, sistema operativo (Android/ iOS/ Ipad/ Iphone), contido (matemáticas, educación especial, etc), tipo (xogos, contos, axenda, etc), capacidades (TEA, lectura, lóxica, etc) ou etapa educativa (infantil, primaria, secundaria, bacharelato e universidade). A busca por etiquetas equivalería a un buscador tradicional, aínda que non é moi visual, xa que teríamos que navegar a través dos bloques laterais da web.
  • 14. 5.5. Buscadores educativos: Proxecto GuappisBuscadores educativos: Proxecto Guappis A análise de cada app varía pero aporta en moitos casos algún exemplo de aplicación na aula.
  • 15. 5.5. Buscadores educativos: EdshelfBuscadores educativos: Edshelf Edshelf é un completo buscador de apps educativas que nos permite ademais crear coleccións que poderemos compartir de xeito doado con compañeiros ou cos estudantes. As buscas poden ser bastante completas especificando: Prezo, Idade, Materia (Arte, Astronomía, Medicina, etc), Plataforma (Android, iOS, Web e máis), e Categoría (flashcards, tradutores, edición de vídeo, etc). A web só está en inglés.
  • 16. 5.5. Buscadores educativos: AppcrawlrBuscadores educativos: Appcrawlr Appcrawlr é un buscador xenérico pero que se adapta moi ben á busca de apps educativas. Estas buscas poden ser bastante completas especificando: Prezo, Plataforma (Android, iOS, e Windows Phone), Tema (flashcards, ferramenta de estudo, aprendizaxe de idiomas, etc), a que axuda (mellorar vocabulario, aprender novas palabras, etc), Audiencia e outras características. A web só está en inglés.
  • 17. 5.5. Buscadores educativos: EducationalBuscadores educativos: Educational App StoreApp Store Repositorio de apps educativas que nos permite facer buscas por dispositivo (Android, iPhone/iPad, Windows Phone), prezo, categorías (Historia, Literatura, Xeografía, etc) e idade (0-4 anos, 4-11, 11-18 e máis de 18). Ao acceder a unha app teremos máis información cunha pequena descrición e o detalle. A única pega a este buscador sería que se atopa en inglés, mesmo o prezo en libras, e as buscas tamén as fai para apps neste idioma sen deixar filtrar.
  • 18. 5.5. Buscadores educativos: ApplicaditosBuscadores educativos: Applicaditos Un buscador interesante e moi visual, permite consultar recomendacións de apps infantís. Permite seleccionar dispositivo (móbil ou tablet Android o iOS), idade en dous rangos de 3 a 5 e de 6 a 8 anos, e a área en cuestión (matemáticas, grafo, lingua, lectura, xogos e artes).
  • 19. 5.5. Buscadores educativos: ApplicaditosBuscadores educativos: Applicaditos A análise de cada app é moi detallada e incorpora ligazóns para descarga nos sistemas dispoñibles, dispositivos e idades válidas, unha valoración da app, e unha descrición ou reseña personalizada por un autor/a da web que nos comenta as súas impresións e pode incluír capturas de pantalla ou vídeos. A mágoa neste metabuscador de apps, é que se limite a un rango tan restrinxido de idades.
  • 20. 5.5. Buscadores educativos: AppolearningBuscadores educativos: Appolearning Appolearning é un buscador educativo, que ten poucas apps en comparación con outros pero que se atopan moi ben analizadas. Un equipo de expertos avalía perante unha rúbrica complexa e analiza a app para amosar un informe completo cunha valoración de moitos campos que amosan as características pedagóxicas da mesma. En primeiro lugar pódese buscar por ensinanzas e áreas de aprendizaxe, para logo ver a lista de apps e o seu detalle.
  • 21. 5.5. Buscadores educativos: AppolearningBuscadores educativos: Appolearning A valoración de cada app detállase en cada un dos criterios de avaliación da Rúbrica, con aspectos como por exemplo: - Instrucións claras e simples. - Relación calidade-prezo. - Adecuada para o seu grupo de idade. A descrición tamén resulta moi interesante dende un punto de vista educativo, pois busca dar resposta a 3 apartados principais: - Por que nos encanta esta app - Que ensina e como funciona - Por que os nenos e nenas non pasarán dela. Por desgraza a web só está dispoñible en idioma inglés.
  • 22. 5.5. Buscadores educativos: Moms whith appsBuscadores educativos: Moms whith apps Traducido como “Nais con apps”, este buscador ten un curioso nome que resulta orientativo das súas funcionalidades. Está orientado a clasificar apps para nenos e nenas prestando especial atención a aspectos que preocupan ás familias como: que a app poida funcionar sen conexión a Internet, que non se permita facer compras dende a app, sen anuncios nin ligazóns a redes sociais, etc. Ademais destes aspectos permite filtrar por Plataforma (Android, iOS, Windows Phone e Kindle), Idade e Materia (Animais, Arte, Cores, etc). A web só está en inglés.
  • 23. 5.5. Buscadores de apps para NEE: AppyautismBuscadores de apps para NEE: Appyautism Un dos buscadores máis completos en canto a funcionalidades e opcións de busca é Appyautism. Se ben, é un proxecto dirixido a persoas con TEA e familias e profesionais relacionados con estas persoas. Trátase dunha moi boa iniciativa que hai que valorar enormemente, pois todas as achegas deste tipo axudan moito ás persoas que teñen que enfrontarse ao reto destes trastornos. Actualmente inclúense arredor de 400 apps.
  • 24. 5.5. Buscadores de apps para NEE: AppyautismBuscadores de apps para NEE: Appyautism As opcións de busca permiten seleccionar criterios como palabras clave, plataformas/dispositivos (Android, iOS, Windows Phone, Web ou Consolas), categorías (comunicación, aprendizaxe, ocio, ferramentas de apoio, etc), idiomas, prezo, idades e mesmo evidencias científicas que apoien o seu uso.
  • 25. 5.5. Buscadores de apps para NEE: AppyautismBuscadores de apps para NEE: Appyautism A análise de cada app ofrece unha descrición da mesma, ilustrada con capturas de pantalla, e ligazóns de descarga da app en diferentes plataformas. Ademais amosa a categorización, na liña dos criterios de busca vistos anteriormente.
  • 26. Buscadores de apps para NEE: Special Needs AppsBuscadores de apps para NEE: Special Needs Apps Outro metabuscador de apps, en liña co anterior, pero que amplía o campo de busca a todas as necesidades educativas especiais é "Special Needs Apps". Neste caso as apps que incorpora poden ser de utilidade con outros trastornos ou discapacidades para persoas de calquera idade. Os criterios de busca poden ser pola plataforma (Android ou iOS) ou por categorías: planificación, habilidades sociais, comportamento, educación, fala e linguaxe, habilidades para a vida, sociais, xogos e comunicación.
  • 27. 7.7. Outros buscadores: AtrappoOutros buscadores: Atrappo Atrappo é un buscador para todo tipo de Apps para Android, iOS e Windows Phone con varias seccións de apps educativas: ✔ Xogos educativos, con 1300 apps. ✔ Categoría de apps educativas con arredor de 37.000.
  • 28. 7.7. Outros buscadores: Amazon AppsOutros buscadores: Amazon Apps Amazon, tamén dispón de preto de 19.000 apps na categoría de educación. Como en toda a súa tenda nos permite filtrar por máis opcións como: idioma, temática (Ciencias, Matemáticas, Lectura, Historia, Idiomas, etc), prezo ou valoración dos usuarios.
  • 29. 7.7. Outros buscadores: F-DroidOutros buscadores: F-Droid F-Droid, é un buscador que ofrece un catálogo de aplicacións de software libre para Android, ofrecendo tan só apps libres. Permite buscar pola categoría de “Educación & Ciencia”, pero ademais permite instalar apps para completar todas as funcionalidades básicas dun dispositivo móbil con software libre.
  • 30. 8.8. ConclusiónsConclusións ✔ Ante os centos de miles de apps dispoñibles para os diferentes dispositivos e plataformas resulta complicado atopar ferramentas de busca doadas e que nos sirvan para cubrir todas as necesidades da aula, atopando aquelo que precisamos en cada momento. ✔ Android e iOS, ou o que é o mesmo Google e Apple, compiten polo monopolio do mercado, polo que cómpre fuxir de solucións que se aten a unha tecnoloxía en particular. O ideal é seleccionar apps que ofrezan unha alternativa web, ou que dispoñan de apps para como mínimo eses dous sistemas. Deste xeito evitamos a segregación tecnolóxica na aula. ✔ Tanto Google Play como App Store dispoñen de categorías de “Educación” pero atópanse algo limitadas á hora de permitir seleccionar as apps por criterios educativos como ensinanzas, idades, necesidades educativas especiais, etc. ✔ Existen buscadores educativos que en base a diferentes criterios nos permiten seleccionar apps. Todos seguen unha liña similar e moitos están en inglés, pero son boas ferramentas que nos poden servir para facer seleccións iniciais para logo probar e seleccionar as apps máis axeitadas para os nosos estudantes.
  • 31. 9.9. Ampliando a bibliotecaAmpliando a biblioteca ➔ Mobile-Learning. Estrategias para el uso de aplicaciones, smartphones y tablets en educación. Ligazón: http://www.gabit.org/gabit/?q=gl/mobile-learning ➔ Revista online Mobile-Learning de Gabit. Accesible en: http://www.gabit.org/gabit/?q=gl/revista-mobile-learning ➔ Google Play, categoría de Educación: https://play.google.com/store/apps/category/EDUCATION?hl=es ➔ Google Play for Education: https://play.google.com/edu/landing ➔ IOS, Apps para a aula: http://www.apple.com/es/education/ipad/resources ➔ Buscador educativo Eduapps: http://www.eduapps.es ➔ Blog do Proxecto Guappis: http://proyectoguappis.blogspot.com.es
  • 32. 9.9. Ampliando a bibliotecaAmpliando a biblioteca ➔ Buscador Educational App Store: http://www.educationalappstore.com ➔ Appyautism, buscador de apps para persoas con TEA, docentes e familias: http://www.appyautism.com ➔ Buscador xenérico Atrappo na categoría de Educación: http://www.atrappo.com/apps/educacion/3/ ➔ Buscador educativo Edshelf: https://edshelf.com ➔ Buscador educativo Appcrawlr: http://appcrawlr.com ➔ Buscador educativo AppoLearning: https://android-tablet.appolearning.com ➔ Recopilación de webs con apps educativas en “Crea y aprende con Laura”: http://creaconlaura.blogspot.com.es/p/aplicaciones-educativas-moviles.html
  • 33. Máis presentacións, artigos e publicacións:Máis presentacións, artigos e publicacións: Na web: http://www.gabit.org @ Facebook: https://www.facebook.com/pages/Gabit/420853864605648 @ Twitter: https://twitter.com/InfoGabit @ Slideshare: http://www.slideshare.net/marcosfilgueira
  • 34. Fin Juan Marcos Filgueira Gomis, 2014/2015 Mobile LearningMobile Learning