3. Folla de ruta
1. Notación complexa (TeX, Matemática, ...)
2. Engadir códigos HTML (Youtube, Slideshare, ...)
3. Blogs
4. Obxectos SCORM
5. Actividades HotPotatoes e Jclic
6. Enquisas e consultas
7. Talleres (Obradoiros)
8. Leccións
9. Ampliando a biblioteca
4. Anteriormente no Moodle ...
1. Recursos e contidos para os alumn@s
2. Tarefas e actividades individuais ou en grupo
3. Avaliación e resolución de dúbidas
- Enviar arquivos Cualificacións
- Texto en liña
- Avaliar fóra
- Foro do Moodle
- Glosario
- Páxina web - Wiki - Foro
- Ficheiro - BD - Chat
- Cuestionarios - Vídeoconferencia
1. Recursos 2. Tarefas 3. Comunicación
6. Notación complexa
Recursos
Dispoñemos dun filtro para engadir notacións
en TeX e outros formatos
Este filtro permítenos escribir calquera etiqueta Tex estándar cos signos do
dólar en calquera editor do Moodle (incluídos os foros, etc.), por exemplo:
» Fórmula1: $$a^2+bx+c=0$$
» Fórmula2: $$LARGE x=frac{-bpmsqrt{b^2-4ac}}{2a}$$
7. Notación complexa
Recursos
Na páxina aparecerá a expresión complexa
como unha imaxe GIF
» Existe abundante documentación sobre o subconxunto de Tex
implementado no Moodle, que pode consultarse na páxina Web de mimeTex
» Para que non sexa preciso o conecemento da notación TeX tamén hai un
editor coñecido como LyX.
9. Engadir códigos HTML
Recursos
Podemos engadir código HTML en calquera
páxina a través do editor
» Así mesmo vese algo feiño, pero resulta moi útil para:
→ Pegar o documento dun editor externo (Kompozer, Nvu, ...)
→ Elaborar ou modificar elementos HTML que non deixe o editor
→ Inserir vídeos de Servizos 2.0 (Youtube, Vimeo, Dailymotion, ...)
→ Inserir presentacións (Slideshare) ou outros documentos (Scribd)
10. Engadir códigos HTML
Recursos
Inserindo un vídeo de Youtube
Pasos:
(1) Todo pasa por atopar no servizo un botón tipo “Inserir”, “Embeb”,
“Incrustar”, “Share”, ou similar que nos amosará o código HTML para incrustar
o vídeo nun documento web.
(2) Ao premer ese botón aparecerá un cadro de texto que nos deixará
seleccionar e copiar directamente o código HTML. Ese código levará un visor
para ver o documento dese servizo (Youtube) na nosa propia páxina.
(3) Dentro do noso Moodle, creamos un recurso páxina web, ou editamos
outro recurso xa existente.
(4) Activamos o botón “Modificar a fonte HTML”.
(5) Pegamos o código que copiamos do sitio (Youtube).
11. Engadir códigos HTML
Recursos
Inserindo un vídeo de Youtube
(1) O botón compartir nos abre
abaixo unha serie de opcións:
- Ligazón
- Inserir
- Enviar por correo
- Redes sociais
(2) Inserir nos abre un cadro de
texto co código HTML
(3) Seleccionámolo e copiámolo
para levar ao noso moodle
(4) Instrucións
Nota: Máis abaixo poden aparecer
outros parámetros como o tamaño
co que se amosará.
12. Engadir códigos HTML
Recursos
Inserindo un vídeo de Youtube
(1) Dende o editor onde queremos poñer o vídeo prememos en
“Modificar a fonte HTML”.
(2) Pegamos o código HTML no editor..
(3) Gardamos e...
14. Engadir códigos HTML
Recursos
Inserindo unha presentación de Slideshare
(1) En Slideshare obtemos o código
de xeito similar, pero diferente. Imos
ao botón “Embed” da barra superior
(2) Abrimos as opcións avanzadas
(3) Seleccionamos o tamaño que
terá o reprodutor incrustado
(4) Copiamos o código
Nota: Como antes o código o
pegaríamos na vista HTML a través
do editor do Moodle e xa estaría
15. Engadir códigos HTML
Recursos Inserindo un vídeo de Vimeo
(1) Prememos en “Share”
(2) Copiaríamos o código
(3) Configurar o reprodutor
(4) Máis opcións
(5) Código noutra versión
de HTML
Nota: Como antes o código
o pegaríamos na vista
HTML a través do editor do
Moodle e xa estaría.
17. BLOG
Blogs
Blog de usuario:
→ Característica dos blogues: Publicación en orde cronolóxica inversa
→ Ferramenta de publicación e comunicación
→ Cada usuario rexistrado pode ter o seu blogue compartido con toda a plataforma
→ Ao publicar podemos seleccionar quen pode ver a entrada (autor/público)
→ Podemos consultar o noso blogue, os dun curso ou os de todo o sitio
→ Permite etiquetar e subir arquivos
Blog do curso:
→ Tamén podemos facer un blogue do curso
→ As entradas do curso son cualificables e permiten comentarios
En xeral:
→ Son blogs moi limitados, cuxas funcionalidades se solapan con foros e wikis. Quizais
a principal utilidade sexa o blogue de usuario, tanto para ter anotacións privadas a
xeito de e-portfolio como para compartir información con usuarios/as doutros cursos.
→ Recoméndase empregar ferramentas externas como Wordpress ou Blogger...
18. BLOG
Blogs
Blog de usuario
(1) Prememos no usuario/a
(2) Pestana “Blog”
(3) Entradas xa publicadas
(4) Engadir novas
(5) Ver as entradas de todo
a sitio ou o curso
(6) Busca por etiquetas
Nota: Ao engadir novas
entradas é cando nos da a
escoller quen queremos
que poida vela.
19. BLOG
Blogs
Blog de curso
(1) Cada alumno/a pode ir engadindo entradas no blog
(2) O profesor pode cualificar cada entrada dun alumno/a
(3) Ademais pode engadir comentarios
(4) Ou ter a súa propia entrada
Actividades
colaborativas
20. Actividade: O meu blog de usuario
1. Publica unha entrada no teu blog de usuario saudando ao resto de
usuarios do sitio
2. Engade 3 novas entradas que incorporen os seguintes elementos:
– Un vídeo de Youtube
– Unha presentación de Slideshare
– Unha fórmula matemática escrita con TeX
3. Bótalle un ollo ás entradas dos demais compañeiros/as
22. Que ven sendo SCORM?
→ Conxunto de estándares e especificacións para crear obxectos pedagóxicos
estruturados
→ Cada obxecto creado en formato SCORM poderá importarse en plataformas de
aprendizaxe que o implemente, como Moodle, e verse nun navegador
→ Con SCORM o obxecto se comunica coa plataforma, o que permite por exemplo
que no Moodle se garde o resultado das actividades que leve o SCORM ou
indicar que páxinas do obxecto foron visitadas polos alumnos/as
Comunicación
SCORM
23. Un único obxecto
Ods Odp
Web
Flash Imaxes
Javascript
ZIP
Odt
Navegador
Pdf
Vídeos
24. Metadatos
Metadatos Metadatos
SCORM
Creación Empaquetado Publicación
Metadatos = Datos que describen o obxecto e os seus compoñentes:
Descrición dos contidos, nivel de dificultade, ensinanza á que se destina, prezo...
LOM (Learning Object Metadata)
25. Recursos Un SCORM na corte do
Moodle
» Dispoñemos de diferentes editores para crear un SCORM:
● Reload Editor (libre)
● eXeLearning (libre)
● Hotpotatoes (libre)
● Constructor (libre)
● Xerte (libre)
● Adobe Captivate e Camtasia (de pago)
● Etc...
» Tamén existen repositorios como Agrega, Merlot, Jorum ou Wisc que publican
recursos SCORM para a súa descarga
» Os SCORM dentro do Moodle presentan unha dobre función:
● Presentación de contidos = Recurso
● Cualificable (Visualización ou resultados) = Actividade
26. Descarga dun SCORM dende Agrega
Recursos Proxecto Agrega: http://www.proyectoagrega.es/
(1) Para buscar un SCORM seleccionamos “Contenidos educativos”
(2) Obrigatoriamente inserimos unha cadea de busca
(3) Podemos escoller algún dos metadatos do SCORM: Nivel, competencias ou tipo
(4) Prememos “Ir” para buscalo
27. Recursos Descarga dun SCORM dende Agrega
(1) Podemos ver a valoración
do recurso para orientarnos na
descarga, así como outros
datos básicos
(2) Para descargalo deberemos
entrar no detalle
28. Descarga dun SCORM dende Agrega
Recursos Na ficha do recurso obtemos máis información e por fin o botón
para descargar...
ZIP co SCORM
29. Engadindo un SCORM en Moodle
Recursos
SCO = Obxecto/unidade de aprendizaxe avaliable (Interactúa)
Assets = Contidos estáticos, recursos (Non interactúa)
Engadir unha actividade...
➔ Previamente teremos subido o ZIP que creamos
ou nos descargamos ao cartafol “Ficheiros” do
curso
➔ Engádese como actividade (polos SCO) aínda que
tamén funciona como recurso (polos Assets)
➔ Avaliación ou Autoavaliación a través dos SCO
➔ Infinidade de parámetros
30. Recursos Engadindo un SCORM en Moodle
(1) Nome que irá na ligazón do
SCORM
(2) Descrición ou resumo
(3) Seleccionamos o arquivo
ZIP que empaqueta o SCORM
(4) Método de Cualificación:
» Nº de SCO superados
» Máis alta de todos os SCO
» Media dos SCO
» Suma total dos SCO
(5) Deixar varias tentativas e
escoller a cualificación da máis
alta/media/última/...
(6) Tamaño do Scorm na
páxina (coma nos vídeos)
Nota: 1 só SCO => visto/non
visto
31. Engadindo un SCORM en Moodle
Recursos
Vendo como queda...
(1) Podemos navegar a través das páxinas do SCORM con botóns de navegación
(2) Tamén temos unha táboa de contidos (TOC) lateral, para navegar polas seccións
(3) O corpo do SCORM pode ser basicamente unha páxina web con todo tipo de elementos
Nota: Un SCORM sinxelo pode ter a estrutura dun libro de Moodle cunha avaliación 0/1
34. Actividades
Todo tipo de actividades
→ Ferramenta de autor » Software para edición e publicación de contidos
→ Contidos dinámicos (actividades)
→ Publicación na web ou plataformas de ensinanza-aprendizaxe (Moodle)
» Java Clic: Creador de actividades Java con multitude de formatos
predefinidos como quebracabezas, encrucillados, sopas de letras, ...
» Hot Potatoes: Creador de actividades Javascript de tipo encrucillados,
arrastrar, encher ocos, etc... agora exportables tamén a SCORM
→ Pódense descargar libremente actividades que comparte a xente
e incluílas no noso moodle ou traballar a partires delas
35. Publicación en Moodle
Podemos engadir os conxuntos de actividades JClic empaquetados en ZIP
ou outros formatos no Moodle, a través de “Engadir actividade » JClic”
¿E de onde as sacamos? As creamos nós cos editores JClic e Hotpotatoes
Ou ben as descargamos dalgún repositorio que atopemos na web.
37. Publicación en Moodle
Ver ou probar a actividade
Se accedemos como profesor veremos os resultados acadados polos estudantes.
Para ver as actividades primeiro hai que mudar o papel a Estudante
38. Publicación en Moodle
Ver ou probar a actividade
Os quebracabezas, sopas de letras, encrucillados ou exercicios matemáticos
quedan incluídos como actividades do Moodle que se poden avaliar
39. Publicación en Moodle
Se entramos como profesor veremos as cualificacións...
Estas actividades ofrécennos unha información moi completa sobre os
accesos, intentos, tempo de realización e puntuación acadada por cada
alumno/a.
¿Diferencia con SCORM e outras actividades do Moodle?
A capacidade gráfica para elaborar certas actividades, e en calquera
caso, outra alternativa!
41. Actividades
Sondaxes entre os alumnos/as
→ En Moodle temos varias formas de realizar consultas aos estudantes:
» Enquisas: Proporcionan un cuestionario pechado sobre cuestións
xerais dos cursos: preferencias dos alumnos, aprendizaxe construtivista,
os xeitos de empregar a plataforma, etc... non se trata de correcto ou
incorrecto, senón de obter a opinión dos alumnos.
» Consultas: A través de módulos engadidos como o de Consultas que
deixan configurar as opcións que se lles van presentar aos estudantes.
42. Actividades Sondaxes entre os alumnos/as
Engadir unha actividade...
➔ Engadimos a actividade Consulta ou Consulta
aberta
➔ Será a que nos deixe definir os campos da enquisa/
consulta pois a actividade Enquisa ven pechada
➔ Poderá ser unha consulta pública ou anónima
➔ Poden publicarse os resultados ou non
43. Actividades
Sondaxes entre os alumnos/as
Engadir unha actividade Consulta
(1) Coma sempre nome da
actividade
(2) A descrición da consulta
será tamén a pregunta ou tema
que se presenta aos alumnos
(3) Se queremos facer grupos
cos alumnos/as podemos
limitar o número de alumnos/as
que poden seleccionar cada
unha
(4) (5) Imos engadindo opcións
Nota: Podemos engadir
calquera número de opcións
44. Actividades
Sondaxes entre os alumnos/as
Engadir unha actividade Consulta
(6) Engadir novos campos
(7) Disposición da consulta, horizontal/vertical
(8) Pública, anónima, amosar só ao responder, ...
(9) Anónima ou non
(10) Deixar cambiar a resposta do alumno/a e incluír as non respondidas
45. Actividades
Sondaxes entre os alumnos/as
Como o ven os alumnos/as...
(1) Formulario de votación
(2) Táboa de resultados para cada opción (en modo anónimo)
47. Actividades
Currando no Taller
→ O módulo taller busca favorecer a interacción cos e entre os estudantes
→ Viría sendo a actividade de envío de tarefas amosando o historial de envíos
para que tanto o alumno/a como os seus compañeiros poidan ir seguindo
a evolución e aprender do proceso
→ Permite que ademais do profesor os alumnos/as poidan cualificar os envíos
→ A idea tras o recurso Taller e compartir un proxecto ou traballo dende a súa
creación para que os demais membros do curso poidan participar de todo o
proceso de desenvolvemento
Realizar tarefa Enviar e avaliar Enviar e avaliar Correcta e cualificada
48. Actividades
Currando no Taller
Engadir unha actividade...
➔ Engadimos a actividade Taller
➔ Moi complexo: Demasiadas opcións!!
➔ Permite avaliar cada envío ou o traballo final
➔ Permite avaliar por consenso (profesor e todos os alumnos/as)
➔ Permite anonimato e traballo en grupo
➔ O profesor/a pode enviar exemplos da tarefa
49. Currando no Taller
Actividades
(1) Cualificación para os estudantes e
os seus compañeiros/as (p.ex.: 2)
(2) Cualificación do profesor/a (p.ex.: 8)
Nota: A cualificación final, será a suma
da do profesor e a dos alumnos/as.
(nos ex.: 2+8=10)
(3) Para avaliar defínense uns
criterios de avaliación e segundo eles
pódese escoller o máis importante,
sumalos ou decidir en función daqueles
que non se cumpran e contan como
erros
(4) O estudante porase tamén unha
nota
(5) O estudante pode requirir poñerse
de acordo con quen o cualifica
Nota: E moitas máis opcións...
51. Currando no Taller
Actividades Agora o avalían o profesor, o propio alumno/a
(opcional), e os seus compañeiros/as (opcional)
(1) Avaliase cada elemento ou
criterio
(2) Cualificación segundo fora
configurada
(3) Permite comentarios e no
caso do profesor/a enviar un
arquivo de exemplo
(4) Máis elementos ou criterios
avaliables
(5) Visualización do envío para
consulta, incluíndo o arquivo que
se enviou
52. Currando no Taller
Actividades O profesor ademais ten acceso a unha táboa de
cualificación xeral con todas as avaliacións...
(1) Pode avaliar como os alumnos (con comentarios xerais e arquivos de resposta)
(2) Pode ver as auto-avaliacións dos alumnos e avaliacións dos traballos doutros
(3) Cualificación ponderada (segundo os pesos, neste caso gaña a do profesor)
(4) Suma das cualificacións de profesor e alumnos/as
53. Currando no Taller
Actividades Estudantes avaliando aos compañeiros/as
(1) Podemos permitir que os
estudantes avalíen os exemplos
que sobe o profesor/a
(2) Se configuramos un número
maior que cero para en “Número
de avaliación de envíos de
estudante” ese número de envíos
aparecerá dispoñible para
avaliación na vista do alumno/a
55. Actividades
Estudando a lección
→ A lección é unha actividade que mestura a presentación de contidos ao
alumno con exercicios de avaliación a partir dos mesmos para continuar
→ Ao final de cada páxina presenta un exercicio que haberá que superar para
continuar
→ Pódese definir calquera tipo de navegación ou saltos entre páxinas
56. Actividades
Estudando a lección
Páxina 4
Páxina 2
Páxina Fin
Páxina 1 (Inicio)
Páxina 3
Estrutura e orde lóxico dunha lección de exemplo
57. Estudando a lección
Actividades
Ten moitas opcións, pero por defecto
xa case vale...
(1) Nome que aparecerá na ligazón
(2) Control de tempo para superala e
número de tentativas
(3) Lección de práctica fará que non
apareza nas cualificacións do curso. O
resto de opcións permiten definir o
cálculo da cualificación
(4) Na revisión se permite aos
estudantes volver atrás para modificar
as respostas
(5) O resto de opcións permiten
configurar o fluxo da lección, sobre
todo para aquelas con varios camiños
paralelos...
58. Estudando a lección
Actividades
Centrándonos só nas opcións de configuración
máis destacadas:
(6) Fai depender a lección doutra, de tal xeito
que só estará dispoñible se aquela da que
depende se superou con determinada
cualificación, tempo ou simplemente se
completou
(7) Permite seleccionar un arquivo en calquera
formato vídeo, son, web, ... que servirá de
introdución á lección
(8) Pode ligarse a superación da lección a
calquera das actividades do curso de xeito que
unha vez superada amosara ligazón á
actividade a realizar a continuación
59. Estudando a lección
Actividades
Unha vez configurada
podemos comezar a crear as
páxinas da lección, no
exemplo 3:
(1) A páxina de inicio da
lección, explicación e demais
(2) Unha páxina con pregunta
ao final que debe superarse
para continuar
(3) A páxina do final da
lección
(4) Podemos seguir
engadindo páxinas,
ordenándoas e pouco a
pouco definindo o fluxo
60. Estudando a lección
Actividades As páxinas de preguntas son moi similares ás
actividades cuestionario
Ao engadir unha páxina de
preguntas podemos...
(1) Escoller entre os tipos que
xa vimos nos cuestionarios
(2) Editar uns contidos
elaborados aproveitando o
editor HTML
(3) Segundo o tipo de pregunta
configuraremos a resposta
(opción que aparecerá)
(4) E outros campos, como a
resposta “feedback”, a
puntuación e a onde “saltará”
ao dar esa resposta
61. Estudando a lección
Actividades En previsualización vemos a lección tal e como
o farían os estudantes
(1) Corpo da páxina, cos contidos
(2) Pregunta para continuar
(3) Botón Enviar a resposta ou Continuar naquelas páxinas sen pregunta
(4) Na lección engádese un botón para actualizar rapidamente o contido
62. Anteriormente no Moodle ...
1. Recursos e contidos para os alumn@s
2. Tarefas e actividades individuais ou en grupo
3. Avaliación e resolución de dúbidas
- Enviar arquivos
- Texto en liña BLOG
- Fóra do Moodle
- Foro - Taller/Lección
- Glosario
- Páxina web - Wiki Cualificacións
- Web 2.0 - BD - Cuestionarios
- Ficheiros - HotPotatoes
- SCORM - Jclic - Foro
- Consultas - Chat
- Vídeoconferencia
1. Recursos 2. Tarefas 3. Comunicación
63. Actividade: E máis pezas!!
Ampliaremos o curso engadindo as tarefas e recursos vistos nesta
Parte:
» Un paquete Scorm descargado de Internet
» Unha actividade JClic descargada de Internet
» Unha consulta aberta con dúas preguntas
» Un taller, cunha pequena tarefa avaliada por varios compañeiros/as
» Unha lección cun mínimo de 4 páxinas
64. 9. Ampliando a biblioteca
➔
Sitio oficial de Moodle: http://www.moodle.org
➔
Documentación sobre TeX: http://www.forkosh.com/mimetexmanual.html
➔
Lyx, editor de notación TeX: http://www.lyx.org/
➔
Youtube: http://www.youtube.es
➔
Slideshare: http://www.slideshare.net
➔
Vimeo: http://vimeo.com
➔
Wordpress: http://es.wordpress.com/
➔
Agrega: http://www.proyectoagrega.es/
➔
Guía Agrega:
http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/172/cd/indice.html
➔
Jorum: http://www.jorum.ac.uk/
➔
Wisconsin Online Resource Center: http://www.wisc-online.com/
➔
Merlot: http://www.merlot.org/merlot/index.htm
➔
eXe-Learning: http://exelearning.org/wiki
➔
Reload Editor: http://www.reload.ac.uk/editor.html
➔
Sitio oficial de Hot Potatoes: http://hotpot.uvic.ca/index.php
➔
Sitio oficial do Java Clic: http://clic.xtec.cat/es/jclic/
66. Agradecementos
@ Grazas a Tomaz Lasic pola súa idea dos Lego
@ Grazas a Archigraphs polas bases dos tente
@ Grazas a Kaifan pola imaxe da diapositiva 2
@ Grazas a Ozgur Gudersoy pola imaxe da diapositiva 5
@ Grazas a Ozgur Thought pola imaxe da diapositiva 16
@ Grazas a Eich Sama pola imaxe da diapositiva 33
@ Grazas a Fred Gri pola imaxe da diapositiva 40
@ Grazas a Skye Mc Cloud pola imaxe da diapositiva 46
@ Grazas a Bea Votron pola imaxe da diapositiva 54
67. Máis presentacións, artigos, análises e publicacións:
@ Na web:
http://www.gabit.org
@ Facebook:
https://www.facebook.com/pages/Gabit/420853864605648
@ Twitter:
https://twitter.com/InfoGabit
@ Slideshare:
http://www.slideshare.net/marcosfilgueira