SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 6
Descargar para leer sin conexión
Monferosolidario: educando en valores a unha nova xeración disposta ao cambio.
Revista Eduga nº 68, xullo-decembro 2014.
1
“Monferosolidario": educando en valores a unha nova
xeración disposta ao cambio
Unha iniciativa solidaria posta en marcha no CPI Virxe da Cela de Monfero da Coruña
(Programa Rede CES)
Introdución
Monferosolidario tivo os seus tímidos e silenciosos inicios nas aulas do CPI Virxe da Cela
(Monfero) fai exactamente unha década. A día de hoxe, aquela pequena pero potente
semente converteuse nunha robusta árbore, alimentada por salvia fresca que se renova
ano tras ano e que ao seu paso vai abrindo novas ramificacións e deixando numerosos
froitos. Foron moitas as etapas atravesadas, a última delas embarcándonos no ano 2012-
2013 no Plan Proxecta, dentro do programa “Rede de Centros Escolares Solidarios”, xa
que a propia natureza de Monferosolidario encaixaba como anel ao dedo coa filosofía
desta proposta da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, fundamentada na
concienciación, compromiso e participación da mocidade a través de accións solidarias.
Monferosolidario: educando en valores a unha nova xeración disposta ao cambio.
Revista Eduga nº 68, xullo-decembro 2014.
2
Nacemento e consolidación de Monferosolidario
As pegadas máis antigas foron rexistradas nas aulas de Ética e Relixión, onde como
docentes estabamos a traballar de maneira illada contidos relacionados coa Cultura da
Paz, os Dereitos Humanos, os Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio, etc. Unha vez
coñecedoras das nosas respectivas accións, descubríndonos partícipes dun mesmo
enfoque, e reforzadas polo marco legal da LOE (que no curso 2008-2009 implantaba unha
nova materia, Educación para a Cidadanía, baseada na educación en valores), iniciamos
unha serie de colaboracións que derivaron nunha abordaxe cooperativa e interdisciplinaria.
Ese mesmo ano tivemos o primeiro contacto coa ONG Entreculturas, e decidimos
inmediatamente formar parte da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas, compromiso
que levamos a cabo ata a data presente. A creación do blog Monferosolidario en marzo de
2009 permitiunos difundir as nosas actividades, así como aumentar o grao de unidade e de
identidade do noso traballo. O I Premio de Educación para o Desenvolvemento “Vicente
Ferrer” supuxo un recoñecemento e valoración do proxecto por parte de toda a
comunidade educativa e a súa transferencia ao resto das etapas educativas (recollido no
PEC), baixo a proposta da dirección e o respaldo unánime do claustro. No curso 2010-
2011 o EDLG asignou unha valiosa plataforma para as nosas actividades a través do seu
Proxecto de Fomento do Uso do Galego, colaborando a partir de entón na súa planificación
e divulgación.
Grazas ao Plan Proxecta no curso 2012-2013 logrouse un compromiso formal por parte de
todo o profesorado da ESO, que comezará a desenvolver cun elevado grao de autonomía
variadas propostas innovadoras a nivel departamental.
Obxectivos
Monferosolidario está encamiñado a transmitir valores, fomentar condutas e desenvolver
habilidades que fortalezan as capacidades do noso alumnado para a vida e a convivencia.
Sabemos que mediante esta tripla transferencia estamos a potenciar unha conciencia
crítica indispensable para que os nosos mozos e mozas poidan construír nesta etapa da
súa aprendizaxe sólidos cimentos que os acompañen e fortalezan no seu futuro como
membros dunha cidadanía activa, informada e responsable. Paralelamente estamos a
incidir na adquisición das competencias básicas. A competencia social e cidadá ocupa o
lugar central, xa que cremos que é fundamental que o noso alumnado comprenda a
realidade social na que lle toca vivir, para poder convivir en paz e harmonía. A
competencia lingüística foméntase decote nas nosas actividades, dando vital importancia á
transmisión de coñecementos, á comunicación de ideas, á expresión de emocións, etc,
tanto na súa vertente oral como escrita. Concedemos un papel predominante ao
tratamento e ao uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación, xa que o
consideramos algo indispensable para a aprendizaxe na escola do século XXI.
Monferosolidario: educando en valores a unha nova xeración disposta ao cambio.
Revista Eduga nº 68, xullo-decembro 2014.
3
Actividades
A inicios de curso asistimos á Xornada de Formación Inicial do Plan Proxecta, que nos
ofreceu unha visión global dos obxectivos e das liñas estratéxicas. Inmediatamente
reunímonos co profesorado da ESO para establecer un plan de traballo e marcar liñas de
actuación conxuntas. As actividades foron diversas e variadas dependendo da natureza e
do currículo das materias, pero todas elas enfocadas a promover a solidariedade, a
participación e o compromiso do noso alumnado.
Nas materias de Relixión, AE, Ética e EPC centrámonos na sensibilización, reflexión e a
posterior manifestación e expresión de ideas. Utilizáronse diferentes formatos e canles,
destacando o programa radiofónico “O Xestal nas Ondas” e o blog Pensa coa Prensa.
O departamento de Ciencias Naturais levou a cabo a fabricación de xabóns e o
departamento de Plástica colaborou no deseño das etiquetas e envoltorios, para lograr un
fantástico produto final: “xabóns solidarios” que se puxeron á venda no V Rastro Solidario.
O alumnado de música interpretou as pezas instrumentais que acompañan ao vídeo que
documenta todo o proceso.
Por outra banda o departamento de Plástica decorou o muro da nosa escola, pintando nel
un inmenso mural que ilustra varias das actividades de Monferosolidario e que á súa vez
forma parte do proxecto “A nosa vida, a nosa paisaxe”. Tamén realizou o panel-fotocol “A
cadeira Vermella”, que promovía a SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación). O
departamento de Matemáticas apostou por usar os números para reflexionar sobre as
grandes desigualdades que se dan no noso planeta elaborando materiais didácticos (“Un
mundo desigual” e “A lotaría da vida”, etc.) para utilizar a través da aula virtual.
Monferosolidario: educando en valores a unha nova xeración disposta ao cambio.
Revista Eduga nº 68, xullo-decembro 2014.
4
O departamento de Orientación centrouse na resolución de conflitos a través de dinámicas
para reforzar a empatía, a autoestima, e as habilidades sociais. Prestou atención ao tema
da discapacidade programando unha charla impartida pola Asociación Down Coruña. O
departamento de Educación Física reforzou este enfoque axudándolle ao alumnado a
aceptar e valorar as diferenzas e limitacións propias e dos demais, a asumir as regras e
normas establecidas polo grupo e a aprender a resolver posibles conflitos na competición
por medio da negociación e do diálogo.
En canto aos departamentos de linguas, o de Inglés ofreceu a súa axuda na tradución dos
documentos que enviamos á Konampalli School (A India), no proxecto “School to School”
que levamos a cabo a través da Fundación Vicente Ferrer. O departamento de Francés
tratou de favorecer a toma de conciencia sobre a situación económica e social dos
sectores de poboación máis desfavorecidos a través da figura de Coluche (humorista
francés e activista polos dereitos sociais) e as creacións do grupo Les Enfoirés. Pola súa
banda, o departamento de Lingua castelá, tras o visionado dos vídeos “El circo de la
mariposa” e “Aprendemos todos” propuxo varias actividades de reflexión sobre o
respecto, a discapacidade, empregando o diálogo para manifestar opinións mediante a
participación activa de todo o grupo.
Paralelamente a este traballo realizado polos diferentes departamentos da ESO,
Monferosolidario continuou propoñendo actividades conxuntas para desenvolverse en todo
o centro (El, EP e ESO), tanto para conmemorar os Días D ou outras datas especiais,
como en colaboración con diferentes ONG. Entreculturas ocupa un lugar moi destacado, e
somos conscientes de que a súa axuda e o seu respaldo nestes cinco anos nos que
camiñamos collidos da man é unha das claves do noso éxito. En novembro de 2012
participamos no habitual encontro que esta ONG organiza a principios de curso,
brindándonos a oportunidade de intercambiar experiencias co alumnado e profesorado
doutros centros galegos pertencentes á Rede. Durante todo o curso estivemos apoiando a
súa campaña “A Cadeira Vermella”, con resultados tan espectaculares como a elaboración
do conto “Mahán e a cadeira vermella”, que deu lugar posteriormente a un ciclo de
contacontos. Tamén formamos parte do “Proxecto Compartido Norte-Sur”, proposta de
Entreculturas incluída dentro da Campaña SAME 2013.
Por cuarto ano consecutivo participamos no proxecto “School to School” da Fundación
Vicente Ferrer, que consiste nun intercambio cultural coa Konampalli School (A India).
Ademais de elaborar un dossier das actividades desenvolvidas durante o curso e que
posteriormente enviamos á India, colaboramos nesta ocasión na tradución de textos ao
galego para a páxina web da FVF. Reforzando este proxecto visitamos á exposición
“Mulleres, a forza do cambio na India” e contamos coa presenza de Sasi Cutty, un dos
primeiros nenos apadriñados pola FVF, que impartiu unha interesante charla. Participamos
no programa “Apadriña un neno” , e sabemos que grazas á nosa axuda Pavani, unha nena
india de 10 anos, ten a oportunidade de acceder á escola e soñar cun futuro mellor para
ela e a súa familia.
Por quinto ano consecutivo organizamos no mes de abril o V Rastro Solidario, unha
actividade que xa é todo un referente no noso centro, e que nesta ocasión estivo centrada
en torno á pobreza e á exclusión social. A Cruz Vermella de Betanzos visitou o noso
Monferosolidario: educando en valores a unha nova xeración disposta ao cambio.
Revista Eduga nº 68, xullo-decembro 2014.
5
centro para impartir unha charla de sensibilización, e destinamos os 742 euros recadados
no Rastro para axudar os proxectos que esta organización está levando a cabo na nosa
contorna. Realizamos diferentes campañas para apoiar as iniciativas doutras
organizacións: a xa tradicional “Operación Quilo” coa Cociña Económica de Ferrol,
“Tapóns para unha nova vida” en colaboración coa Fundación Seur, “Campaña de
recollida de cartuchos de tinta e tóner” organizada por Recoatlántico e “Campaña de
recollida de roupa” a través de Glorr e Global Humanitaria, entre outras.
Finalizamos este apartado coa actividade programada na “Rede de Centros Escolares
Solidarios” do Plan Proxecta: a elaboración de “Micromovies a prol do voluntariado", que se
desenvolveu no noso centro en catro fases estruturadas. O produto final foi proxectado no I
Encontro de alumnado da Rede de Centros Escolares Solidarios, xornada na que os
diferentes centros da Rede presentaron os seus proxectos e compartiron experiencias.
Metodoloxía
As nosas accións están encamiñadas a promover aprendizaxes experienciais e
significativas para a formación do alumnado, polo tanto baseámonos nunha metodoloxía
activa, participativa e cooperativa, na que o propio alumnado é o protagonista.
Consideramos como algo prioritario a negociación co alumnado e a cesión de
responsabilidades, xa que isto proporciona autonomía e empoderamento. De feito, nesta
última etapa de Monferosolidario foron varias as iniciativas que partiron dos propios
rapaces e rapazas, encargándose eles/as mesmos/as de toda a organización e xestión.
Outro dos nosos grandes acertos é a utilización dunha metodoloxía dinámica e motivadora,
que permite que os axentes implicados encontren satisfacción na realización das
actividades. Para isto utilizamos as novas tecnoloxías, que teñen gran gancho entre os/as
adolescentes e valoramos e recoñecemos a súa participación mediante diplomas.
Destacamos finalmente que a voluntariedade é outra das claves que conquista ao noso
alumnado, permitíndolles decidir o seu grao de implicación e dando máis sentido e
significación á súa participación.
Avaliación e difusión
Ás veces de maneira natural e espontánea, e outras de maneira organizada e
sistematizada, realizamos un proceso de avaliación paralelo ao desenvolvemento do
proxecto que nos permite reconducilo. Descartamos unha programación pechada e fóra do
noso alcance e apostamos pola flexibilidade e adaptación segundo os intereses do
momento ou do grao de cumprimento dos nosos obxectivos e acorde ás nosas
posibilidades e recursos. Entre as técnicas de avaliación utilizadas destacamos a
observación directa das accións, comentarios persoais e directos ou escritos realizados por
alumnado, profesorado e familias.
En conxunto acadamos unha avaliación positiva, sinalando unha constante apertura de
canles para a difusión do proxecto: participamos nas I Xornadas Galegas de Educación
Para o Desenvolvemento e tamén nas Xornadas de Formación Inicial do Plan Proxecta
2013-2014 dentro da formación específica para o programa “Rede de Centros Escolares
Solidarios”. O noso proxecto tivo ademais presenza e proxección a través da prensa
escrita (Diario de Ferrol, La Voz de Galicia) e a radio.
Monferosolidario: educando en valores a unha nova xeración disposta ao cambio.
Revista Eduga nº 68, xullo-decembro 2014.
6
Conclusión
Se nós como docentes somos o motor que move e dirixe toda a engrenaxe,
Monferosolidario non se podería levar a cabo sen a materia prima: o alumnado do CPI
Virxe da Cela, os auténticos protagonistas da nosa historia. Agradecémoslle á Dirección do
noso centro que apostase polo noso traballo desde os seus inicios, demostrando en todo
este tempo o seu apoio incondicional, algo imprescindible para que todo isto se puidese
levar a cabo. A pesar da nosa longa andaina, queda aínda moito camiño que percorrer, xa
que somos conscientes de que educar en valores é unha aposta para o futuro.
Verónica Dopico Cancela
Profesora de Música, EPC, Ética e AE
Yolanda Castro López
Profesora de Relixión
CPI Virxe da Cela de Monfero (A Coruña)

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Crónica celebración da same 2016
Crónica celebración da same 2016Crónica celebración da same 2016
Crónica celebración da same 2016satelite1
 
Encontro rede entreculturas
Encontro rede entreculturasEncontro rede entreculturas
Encontro rede entreculturassatelite1
 
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugoUnha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugosatelite1
 
Crónica elaborando pulseiras solidarias
Crónica elaborando pulseiras solidariasCrónica elaborando pulseiras solidarias
Crónica elaborando pulseiras solidariassatelite1
 
Triptico foro ed
Triptico foro edTriptico foro ed
Triptico foro edsatelite1
 
Circular rastro solidario marzo 2015
Circular rastro solidario marzo 2015Circular rastro solidario marzo 2015
Circular rastro solidario marzo 2015satelite1
 
Crónica día internacional do voluntariado virxedacela
Crónica día internacional do voluntariado virxedacelaCrónica día internacional do voluntariado virxedacela
Crónica día internacional do voluntariado virxedacelasatelite1
 
Circular glorr campaña recollida de roupa familias setembro 2016
Circular glorr campaña recollida de roupa familias setembro 2016Circular glorr campaña recollida de roupa familias setembro 2016
Circular glorr campaña recollida de roupa familias setembro 2016satelite1
 
Plataforma dixital de educación para o desenvolvemento
Plataforma dixital de educación para o desenvolvementoPlataforma dixital de educación para o desenvolvemento
Plataforma dixital de educación para o desenvolvementosatelite1
 
Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015
Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015
Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015satelite1
 
Programa iv encontro rces congreso voluntariado
Programa iv encontro rces congreso voluntariadoPrograma iv encontro rces congreso voluntariado
Programa iv encontro rces congreso voluntariadosatelite1
 
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía GlobalXornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Globalsatelite1
 
Crónica visita fundación repsol
Crónica visita fundación repsolCrónica visita fundación repsol
Crónica visita fundación repsolsatelite1
 
Planificación vii rastro solidario e operación quilo 2015
Planificación vii rastro solidario e operación quilo 2015Planificación vii rastro solidario e operación quilo 2015
Planificación vii rastro solidario e operación quilo 2015satelite1
 
Circular familias Rastro Solidario 2017
Circular familias Rastro Solidario 2017Circular familias Rastro Solidario 2017
Circular familias Rastro Solidario 2017Yolanda Castro
 
Crónica proxecto móvete
Crónica proxecto móveteCrónica proxecto móvete
Crónica proxecto móvetesatelite1
 
Crónica xv encontro da rede solidaria da mocidade entreculturas
Crónica xv encontro da rede solidaria da mocidade entreculturasCrónica xv encontro da rede solidaria da mocidade entreculturas
Crónica xv encontro da rede solidaria da mocidade entreculturassatelite1
 
Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)REME BUDIÑO
 
Colexio de cervo o cine
Colexio de cervo o cineColexio de cervo o cine
Colexio de cervo o cinemaria
 

La actualidad más candente (20)

Crónica celebración da same 2016
Crónica celebración da same 2016Crónica celebración da same 2016
Crónica celebración da same 2016
 
Encontro rede entreculturas
Encontro rede entreculturasEncontro rede entreculturas
Encontro rede entreculturas
 
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugoUnha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
Unha clase moi especial na facultade de formación do profesorado de lugo
 
Crónica elaborando pulseiras solidarias
Crónica elaborando pulseiras solidariasCrónica elaborando pulseiras solidarias
Crónica elaborando pulseiras solidarias
 
Triptico foro ed
Triptico foro edTriptico foro ed
Triptico foro ed
 
Circular rastro solidario marzo 2015
Circular rastro solidario marzo 2015Circular rastro solidario marzo 2015
Circular rastro solidario marzo 2015
 
Crónica día internacional do voluntariado virxedacela
Crónica día internacional do voluntariado virxedacelaCrónica día internacional do voluntariado virxedacela
Crónica día internacional do voluntariado virxedacela
 
Circular glorr campaña recollida de roupa familias setembro 2016
Circular glorr campaña recollida de roupa familias setembro 2016Circular glorr campaña recollida de roupa familias setembro 2016
Circular glorr campaña recollida de roupa familias setembro 2016
 
Plataforma dixital de educación para o desenvolvemento
Plataforma dixital de educación para o desenvolvementoPlataforma dixital de educación para o desenvolvemento
Plataforma dixital de educación para o desenvolvemento
 
Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015
Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015
Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015
 
Programa iv encontro rces congreso voluntariado
Programa iv encontro rces congreso voluntariadoPrograma iv encontro rces congreso voluntariado
Programa iv encontro rces congreso voluntariado
 
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía GlobalXornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
 
Crónica visita fundación repsol
Crónica visita fundación repsolCrónica visita fundación repsol
Crónica visita fundación repsol
 
Planificación vii rastro solidario e operación quilo 2015
Planificación vii rastro solidario e operación quilo 2015Planificación vii rastro solidario e operación quilo 2015
Planificación vii rastro solidario e operación quilo 2015
 
Circular familias Rastro Solidario 2017
Circular familias Rastro Solidario 2017Circular familias Rastro Solidario 2017
Circular familias Rastro Solidario 2017
 
Crónica proxecto móvete
Crónica proxecto móveteCrónica proxecto móvete
Crónica proxecto móvete
 
Crónica xv encontro da rede solidaria da mocidade entreculturas
Crónica xv encontro da rede solidaria da mocidade entreculturasCrónica xv encontro da rede solidaria da mocidade entreculturas
Crónica xv encontro da rede solidaria da mocidade entreculturas
 
Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)
 
Albares 2016
Albares 2016Albares 2016
Albares 2016
 
Colexio de cervo o cine
Colexio de cervo o cineColexio de cervo o cine
Colexio de cervo o cine
 

Destacado

Proyecto Exclusión Social
Proyecto Exclusión SocialProyecto Exclusión Social
Proyecto Exclusión SocialMarinaC1
 
Curriculum project power point
Curriculum project power pointCurriculum project power point
Curriculum project power pointkatymcg
 
Don juan ppt fabiola sallo
Don juan ppt fabiola salloDon juan ppt fabiola sallo
Don juan ppt fabiola salloFabiola la Torre
 
The Characteristics of DNA Splicing Languages via Yusof-Goode Approach
The Characteristics of DNA Splicing Languages via Yusof-Goode ApproachThe Characteristics of DNA Splicing Languages via Yusof-Goode Approach
The Characteristics of DNA Splicing Languages via Yusof-Goode ApproachAzrin Sunbae
 
Syllabus on operations and production mgt
Syllabus on operations and production mgtSyllabus on operations and production mgt
Syllabus on operations and production mgtNaoki Reiji
 
Ute karina ruiz_dr.gonzaloremache_estrategiasenelemprendimientosocial_lacultu...
Ute karina ruiz_dr.gonzaloremache_estrategiasenelemprendimientosocial_lacultu...Ute karina ruiz_dr.gonzaloremache_estrategiasenelemprendimientosocial_lacultu...
Ute karina ruiz_dr.gonzaloremache_estrategiasenelemprendimientosocial_lacultu...Karina Ruiz
 
Iz tp1 - novi obrazac klanjec za gradonacelnika
Iz tp1 - novi obrazac klanjec za gradonacelnikaIz tp1 - novi obrazac klanjec za gradonacelnika
Iz tp1 - novi obrazac klanjec za gradonacelnikalezzel
 
IWT2 Dojo US. Presentación, próximas actividades y agenda. 9 noviembre 2012
IWT2 Dojo US. Presentación, próximas actividades y agenda. 9 noviembre 2012IWT2 Dojo US. Presentación, próximas actividades y agenda. 9 noviembre 2012
IWT2 Dojo US. Presentación, próximas actividades y agenda. 9 noviembre 2012Javier_J
 
Monograaaaaaaaaaaaaaffffffffffffffiiiiiiiiiiiiiaaaaaaaaaaaa grrrrrrrrrupal[1]
Monograaaaaaaaaaaaaaffffffffffffffiiiiiiiiiiiiiaaaaaaaaaaaa grrrrrrrrrupal[1]Monograaaaaaaaaaaaaaffffffffffffffiiiiiiiiiiiiiaaaaaaaaaaaa grrrrrrrrrupal[1]
Monograaaaaaaaaaaaaaffffffffffffffiiiiiiiiiiiiiaaaaaaaaaaaa grrrrrrrrrupal[1]Walter Rojas Castrejón
 
Guía canción medio ambiente.ok
Guía canción medio ambiente.okGuía canción medio ambiente.ok
Guía canción medio ambiente.okHogar
 
As a registered voter in Texas, you have the following rights:
As a registered voter in Texas, you have the following rights:As a registered voter in Texas, you have the following rights:
As a registered voter in Texas, you have the following rights:voterrights
 
Domingo fiesta de la sagrada familia 2012(fil eminimizer)
Domingo fiesta de la sagrada familia 2012(fil eminimizer)Domingo fiesta de la sagrada familia 2012(fil eminimizer)
Domingo fiesta de la sagrada familia 2012(fil eminimizer)Sor Marcela Rivas
 
Бизнес план Бизнес центра_Короткий
Бизнес план Бизнес центра_КороткийБизнес план Бизнес центра_Короткий
Бизнес план Бизнес центра_Короткийolegudobno
 
June 2011 Workshop Schedule Offered on 2 Campuses
June 2011 Workshop Schedule Offered on 2 CampusesJune 2011 Workshop Schedule Offered on 2 Campuses
June 2011 Workshop Schedule Offered on 2 CampusesJessica Ayub, LPC, GCDF
 
Azure Discover Event Silicon Valley
Azure Discover Event Silicon ValleyAzure Discover Event Silicon Valley
Azure Discover Event Silicon ValleyWes Yanaga
 
Proyecto Individual Omar Morel
Proyecto Individual Omar MorelProyecto Individual Omar Morel
Proyecto Individual Omar Morelneique
 

Destacado (20)

Proyecto Exclusión Social
Proyecto Exclusión SocialProyecto Exclusión Social
Proyecto Exclusión Social
 
Curriculum project power point
Curriculum project power pointCurriculum project power point
Curriculum project power point
 
Don juan ppt fabiola sallo
Don juan ppt fabiola salloDon juan ppt fabiola sallo
Don juan ppt fabiola sallo
 
The Characteristics of DNA Splicing Languages via Yusof-Goode Approach
The Characteristics of DNA Splicing Languages via Yusof-Goode ApproachThe Characteristics of DNA Splicing Languages via Yusof-Goode Approach
The Characteristics of DNA Splicing Languages via Yusof-Goode Approach
 
Syllabus on operations and production mgt
Syllabus on operations and production mgtSyllabus on operations and production mgt
Syllabus on operations and production mgt
 
Ute karina ruiz_dr.gonzaloremache_estrategiasenelemprendimientosocial_lacultu...
Ute karina ruiz_dr.gonzaloremache_estrategiasenelemprendimientosocial_lacultu...Ute karina ruiz_dr.gonzaloremache_estrategiasenelemprendimientosocial_lacultu...
Ute karina ruiz_dr.gonzaloremache_estrategiasenelemprendimientosocial_lacultu...
 
Iz tp1 - novi obrazac klanjec za gradonacelnika
Iz tp1 - novi obrazac klanjec za gradonacelnikaIz tp1 - novi obrazac klanjec za gradonacelnika
Iz tp1 - novi obrazac klanjec za gradonacelnika
 
IWT2 Dojo US. Presentación, próximas actividades y agenda. 9 noviembre 2012
IWT2 Dojo US. Presentación, próximas actividades y agenda. 9 noviembre 2012IWT2 Dojo US. Presentación, próximas actividades y agenda. 9 noviembre 2012
IWT2 Dojo US. Presentación, próximas actividades y agenda. 9 noviembre 2012
 
Monograaaaaaaaaaaaaaffffffffffffffiiiiiiiiiiiiiaaaaaaaaaaaa grrrrrrrrrupal[1]
Monograaaaaaaaaaaaaaffffffffffffffiiiiiiiiiiiiiaaaaaaaaaaaa grrrrrrrrrupal[1]Monograaaaaaaaaaaaaaffffffffffffffiiiiiiiiiiiiiaaaaaaaaaaaa grrrrrrrrrupal[1]
Monograaaaaaaaaaaaaaffffffffffffffiiiiiiiiiiiiiaaaaaaaaaaaa grrrrrrrrrupal[1]
 
Volantino calcioa5
Volantino calcioa5Volantino calcioa5
Volantino calcioa5
 
wining bussiness plains
wining bussiness plainswining bussiness plains
wining bussiness plains
 
Guía canción medio ambiente.ok
Guía canción medio ambiente.okGuía canción medio ambiente.ok
Guía canción medio ambiente.ok
 
As a registered voter in Texas, you have the following rights:
As a registered voter in Texas, you have the following rights:As a registered voter in Texas, you have the following rights:
As a registered voter in Texas, you have the following rights:
 
Domingo fiesta de la sagrada familia 2012(fil eminimizer)
Domingo fiesta de la sagrada familia 2012(fil eminimizer)Domingo fiesta de la sagrada familia 2012(fil eminimizer)
Domingo fiesta de la sagrada familia 2012(fil eminimizer)
 
Kt condicionales en php
Kt condicionales en phpKt condicionales en php
Kt condicionales en php
 
Бизнес план Бизнес центра_Короткий
Бизнес план Бизнес центра_КороткийБизнес план Бизнес центра_Короткий
Бизнес план Бизнес центра_Короткий
 
June 2011 Workshop Schedule Offered on 2 Campuses
June 2011 Workshop Schedule Offered on 2 CampusesJune 2011 Workshop Schedule Offered on 2 Campuses
June 2011 Workshop Schedule Offered on 2 Campuses
 
Azure Discover Event Silicon Valley
Azure Discover Event Silicon ValleyAzure Discover Event Silicon Valley
Azure Discover Event Silicon Valley
 
Proyecto Individual Omar Morel
Proyecto Individual Omar MorelProyecto Individual Omar Morel
Proyecto Individual Omar Morel
 
Syllabus ma124 2012-1
Syllabus ma124 2012-1Syllabus ma124 2012-1
Syllabus ma124 2012-1
 

Similar a Monferosolidario artículo revista eduga nº 68

Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Monferosolidario Ponencia
Monferosolidario PonenciaMonferosolidario Ponencia
Monferosolidario Ponenciasatelite1
 
Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falarsatelite1
 
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14cacharila
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15cacharila
 
Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidariosatelite1
 
Primaria galego final
Primaria galego finalPrimaria galego final
Primaria galego finalsatelite1
 
Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...
Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...
Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...galiciaacolle
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarYolanda Castro
 
As familias tamén programan
As familias tamén programanAs familias tamén programan
As familias tamén programansatelite1
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16cacharila
 
As familias tamén programan
As familias tamén programanAs familias tamén programan
As familias tamén programansatelite1
 
Monferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapurMonferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapursatelite1
 
A rces formacion plan proxecta 30 nov
A rces formacion plan proxecta 30 novA rces formacion plan proxecta 30 nov
A rces formacion plan proxecta 30 novsatelite1
 
Secundaria galego final
Secundaria galego finalSecundaria galego final
Secundaria galego finalsatelite1
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Memoria Somos quen. 2021-22..pdf
Memoria Somos quen. 2021-22..pdfMemoria Somos quen. 2021-22..pdf
Memoria Somos quen. 2021-22..pdfvilabarreiro
 

Similar a Monferosolidario artículo revista eduga nº 68 (20)

Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Monferosolidario Ponencia
Monferosolidario PonenciaMonferosolidario Ponencia
Monferosolidario Ponencia
 
Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falar
 
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
 
Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidario
 
Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidario
 
Primaria galego final
Primaria galego finalPrimaria galego final
Primaria galego final
 
Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...
Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...
Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
As familias tamén programan
As familias tamén programanAs familias tamén programan
As familias tamén programan
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
 
As familias tamén programan
As familias tamén programanAs familias tamén programan
As familias tamén programan
 
Monferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapurMonferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapur
 
A rces formacion plan proxecta 30 nov
A rces formacion plan proxecta 30 novA rces formacion plan proxecta 30 nov
A rces formacion plan proxecta 30 nov
 
Secundaria galego final
Secundaria galego finalSecundaria galego final
Secundaria galego final
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Memoria Somos quen. 2021-22..pdf
Memoria Somos quen. 2021-22..pdfMemoria Somos quen. 2021-22..pdf
Memoria Somos quen. 2021-22..pdf
 
Obxectivo igualdadepazo
Obxectivo igualdadepazoObxectivo igualdadepazo
Obxectivo igualdadepazo
 

Más de satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 

Más de satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Monferosolidario artículo revista eduga nº 68

  • 1. Monferosolidario: educando en valores a unha nova xeración disposta ao cambio. Revista Eduga nº 68, xullo-decembro 2014. 1 “Monferosolidario": educando en valores a unha nova xeración disposta ao cambio Unha iniciativa solidaria posta en marcha no CPI Virxe da Cela de Monfero da Coruña (Programa Rede CES) Introdución Monferosolidario tivo os seus tímidos e silenciosos inicios nas aulas do CPI Virxe da Cela (Monfero) fai exactamente unha década. A día de hoxe, aquela pequena pero potente semente converteuse nunha robusta árbore, alimentada por salvia fresca que se renova ano tras ano e que ao seu paso vai abrindo novas ramificacións e deixando numerosos froitos. Foron moitas as etapas atravesadas, a última delas embarcándonos no ano 2012- 2013 no Plan Proxecta, dentro do programa “Rede de Centros Escolares Solidarios”, xa que a propia natureza de Monferosolidario encaixaba como anel ao dedo coa filosofía desta proposta da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, fundamentada na concienciación, compromiso e participación da mocidade a través de accións solidarias.
  • 2. Monferosolidario: educando en valores a unha nova xeración disposta ao cambio. Revista Eduga nº 68, xullo-decembro 2014. 2 Nacemento e consolidación de Monferosolidario As pegadas máis antigas foron rexistradas nas aulas de Ética e Relixión, onde como docentes estabamos a traballar de maneira illada contidos relacionados coa Cultura da Paz, os Dereitos Humanos, os Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio, etc. Unha vez coñecedoras das nosas respectivas accións, descubríndonos partícipes dun mesmo enfoque, e reforzadas polo marco legal da LOE (que no curso 2008-2009 implantaba unha nova materia, Educación para a Cidadanía, baseada na educación en valores), iniciamos unha serie de colaboracións que derivaron nunha abordaxe cooperativa e interdisciplinaria. Ese mesmo ano tivemos o primeiro contacto coa ONG Entreculturas, e decidimos inmediatamente formar parte da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas, compromiso que levamos a cabo ata a data presente. A creación do blog Monferosolidario en marzo de 2009 permitiunos difundir as nosas actividades, así como aumentar o grao de unidade e de identidade do noso traballo. O I Premio de Educación para o Desenvolvemento “Vicente Ferrer” supuxo un recoñecemento e valoración do proxecto por parte de toda a comunidade educativa e a súa transferencia ao resto das etapas educativas (recollido no PEC), baixo a proposta da dirección e o respaldo unánime do claustro. No curso 2010- 2011 o EDLG asignou unha valiosa plataforma para as nosas actividades a través do seu Proxecto de Fomento do Uso do Galego, colaborando a partir de entón na súa planificación e divulgación. Grazas ao Plan Proxecta no curso 2012-2013 logrouse un compromiso formal por parte de todo o profesorado da ESO, que comezará a desenvolver cun elevado grao de autonomía variadas propostas innovadoras a nivel departamental. Obxectivos Monferosolidario está encamiñado a transmitir valores, fomentar condutas e desenvolver habilidades que fortalezan as capacidades do noso alumnado para a vida e a convivencia. Sabemos que mediante esta tripla transferencia estamos a potenciar unha conciencia crítica indispensable para que os nosos mozos e mozas poidan construír nesta etapa da súa aprendizaxe sólidos cimentos que os acompañen e fortalezan no seu futuro como membros dunha cidadanía activa, informada e responsable. Paralelamente estamos a incidir na adquisición das competencias básicas. A competencia social e cidadá ocupa o lugar central, xa que cremos que é fundamental que o noso alumnado comprenda a realidade social na que lle toca vivir, para poder convivir en paz e harmonía. A competencia lingüística foméntase decote nas nosas actividades, dando vital importancia á transmisión de coñecementos, á comunicación de ideas, á expresión de emocións, etc, tanto na súa vertente oral como escrita. Concedemos un papel predominante ao tratamento e ao uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación, xa que o consideramos algo indispensable para a aprendizaxe na escola do século XXI.
  • 3. Monferosolidario: educando en valores a unha nova xeración disposta ao cambio. Revista Eduga nº 68, xullo-decembro 2014. 3 Actividades A inicios de curso asistimos á Xornada de Formación Inicial do Plan Proxecta, que nos ofreceu unha visión global dos obxectivos e das liñas estratéxicas. Inmediatamente reunímonos co profesorado da ESO para establecer un plan de traballo e marcar liñas de actuación conxuntas. As actividades foron diversas e variadas dependendo da natureza e do currículo das materias, pero todas elas enfocadas a promover a solidariedade, a participación e o compromiso do noso alumnado. Nas materias de Relixión, AE, Ética e EPC centrámonos na sensibilización, reflexión e a posterior manifestación e expresión de ideas. Utilizáronse diferentes formatos e canles, destacando o programa radiofónico “O Xestal nas Ondas” e o blog Pensa coa Prensa. O departamento de Ciencias Naturais levou a cabo a fabricación de xabóns e o departamento de Plástica colaborou no deseño das etiquetas e envoltorios, para lograr un fantástico produto final: “xabóns solidarios” que se puxeron á venda no V Rastro Solidario. O alumnado de música interpretou as pezas instrumentais que acompañan ao vídeo que documenta todo o proceso. Por outra banda o departamento de Plástica decorou o muro da nosa escola, pintando nel un inmenso mural que ilustra varias das actividades de Monferosolidario e que á súa vez forma parte do proxecto “A nosa vida, a nosa paisaxe”. Tamén realizou o panel-fotocol “A cadeira Vermella”, que promovía a SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación). O departamento de Matemáticas apostou por usar os números para reflexionar sobre as grandes desigualdades que se dan no noso planeta elaborando materiais didácticos (“Un mundo desigual” e “A lotaría da vida”, etc.) para utilizar a través da aula virtual.
  • 4. Monferosolidario: educando en valores a unha nova xeración disposta ao cambio. Revista Eduga nº 68, xullo-decembro 2014. 4 O departamento de Orientación centrouse na resolución de conflitos a través de dinámicas para reforzar a empatía, a autoestima, e as habilidades sociais. Prestou atención ao tema da discapacidade programando unha charla impartida pola Asociación Down Coruña. O departamento de Educación Física reforzou este enfoque axudándolle ao alumnado a aceptar e valorar as diferenzas e limitacións propias e dos demais, a asumir as regras e normas establecidas polo grupo e a aprender a resolver posibles conflitos na competición por medio da negociación e do diálogo. En canto aos departamentos de linguas, o de Inglés ofreceu a súa axuda na tradución dos documentos que enviamos á Konampalli School (A India), no proxecto “School to School” que levamos a cabo a través da Fundación Vicente Ferrer. O departamento de Francés tratou de favorecer a toma de conciencia sobre a situación económica e social dos sectores de poboación máis desfavorecidos a través da figura de Coluche (humorista francés e activista polos dereitos sociais) e as creacións do grupo Les Enfoirés. Pola súa banda, o departamento de Lingua castelá, tras o visionado dos vídeos “El circo de la mariposa” e “Aprendemos todos” propuxo varias actividades de reflexión sobre o respecto, a discapacidade, empregando o diálogo para manifestar opinións mediante a participación activa de todo o grupo. Paralelamente a este traballo realizado polos diferentes departamentos da ESO, Monferosolidario continuou propoñendo actividades conxuntas para desenvolverse en todo o centro (El, EP e ESO), tanto para conmemorar os Días D ou outras datas especiais, como en colaboración con diferentes ONG. Entreculturas ocupa un lugar moi destacado, e somos conscientes de que a súa axuda e o seu respaldo nestes cinco anos nos que camiñamos collidos da man é unha das claves do noso éxito. En novembro de 2012 participamos no habitual encontro que esta ONG organiza a principios de curso, brindándonos a oportunidade de intercambiar experiencias co alumnado e profesorado doutros centros galegos pertencentes á Rede. Durante todo o curso estivemos apoiando a súa campaña “A Cadeira Vermella”, con resultados tan espectaculares como a elaboración do conto “Mahán e a cadeira vermella”, que deu lugar posteriormente a un ciclo de contacontos. Tamén formamos parte do “Proxecto Compartido Norte-Sur”, proposta de Entreculturas incluída dentro da Campaña SAME 2013. Por cuarto ano consecutivo participamos no proxecto “School to School” da Fundación Vicente Ferrer, que consiste nun intercambio cultural coa Konampalli School (A India). Ademais de elaborar un dossier das actividades desenvolvidas durante o curso e que posteriormente enviamos á India, colaboramos nesta ocasión na tradución de textos ao galego para a páxina web da FVF. Reforzando este proxecto visitamos á exposición “Mulleres, a forza do cambio na India” e contamos coa presenza de Sasi Cutty, un dos primeiros nenos apadriñados pola FVF, que impartiu unha interesante charla. Participamos no programa “Apadriña un neno” , e sabemos que grazas á nosa axuda Pavani, unha nena india de 10 anos, ten a oportunidade de acceder á escola e soñar cun futuro mellor para ela e a súa familia. Por quinto ano consecutivo organizamos no mes de abril o V Rastro Solidario, unha actividade que xa é todo un referente no noso centro, e que nesta ocasión estivo centrada en torno á pobreza e á exclusión social. A Cruz Vermella de Betanzos visitou o noso
  • 5. Monferosolidario: educando en valores a unha nova xeración disposta ao cambio. Revista Eduga nº 68, xullo-decembro 2014. 5 centro para impartir unha charla de sensibilización, e destinamos os 742 euros recadados no Rastro para axudar os proxectos que esta organización está levando a cabo na nosa contorna. Realizamos diferentes campañas para apoiar as iniciativas doutras organizacións: a xa tradicional “Operación Quilo” coa Cociña Económica de Ferrol, “Tapóns para unha nova vida” en colaboración coa Fundación Seur, “Campaña de recollida de cartuchos de tinta e tóner” organizada por Recoatlántico e “Campaña de recollida de roupa” a través de Glorr e Global Humanitaria, entre outras. Finalizamos este apartado coa actividade programada na “Rede de Centros Escolares Solidarios” do Plan Proxecta: a elaboración de “Micromovies a prol do voluntariado", que se desenvolveu no noso centro en catro fases estruturadas. O produto final foi proxectado no I Encontro de alumnado da Rede de Centros Escolares Solidarios, xornada na que os diferentes centros da Rede presentaron os seus proxectos e compartiron experiencias. Metodoloxía As nosas accións están encamiñadas a promover aprendizaxes experienciais e significativas para a formación do alumnado, polo tanto baseámonos nunha metodoloxía activa, participativa e cooperativa, na que o propio alumnado é o protagonista. Consideramos como algo prioritario a negociación co alumnado e a cesión de responsabilidades, xa que isto proporciona autonomía e empoderamento. De feito, nesta última etapa de Monferosolidario foron varias as iniciativas que partiron dos propios rapaces e rapazas, encargándose eles/as mesmos/as de toda a organización e xestión. Outro dos nosos grandes acertos é a utilización dunha metodoloxía dinámica e motivadora, que permite que os axentes implicados encontren satisfacción na realización das actividades. Para isto utilizamos as novas tecnoloxías, que teñen gran gancho entre os/as adolescentes e valoramos e recoñecemos a súa participación mediante diplomas. Destacamos finalmente que a voluntariedade é outra das claves que conquista ao noso alumnado, permitíndolles decidir o seu grao de implicación e dando máis sentido e significación á súa participación. Avaliación e difusión Ás veces de maneira natural e espontánea, e outras de maneira organizada e sistematizada, realizamos un proceso de avaliación paralelo ao desenvolvemento do proxecto que nos permite reconducilo. Descartamos unha programación pechada e fóra do noso alcance e apostamos pola flexibilidade e adaptación segundo os intereses do momento ou do grao de cumprimento dos nosos obxectivos e acorde ás nosas posibilidades e recursos. Entre as técnicas de avaliación utilizadas destacamos a observación directa das accións, comentarios persoais e directos ou escritos realizados por alumnado, profesorado e familias. En conxunto acadamos unha avaliación positiva, sinalando unha constante apertura de canles para a difusión do proxecto: participamos nas I Xornadas Galegas de Educación Para o Desenvolvemento e tamén nas Xornadas de Formación Inicial do Plan Proxecta 2013-2014 dentro da formación específica para o programa “Rede de Centros Escolares Solidarios”. O noso proxecto tivo ademais presenza e proxección a través da prensa escrita (Diario de Ferrol, La Voz de Galicia) e a radio.
  • 6. Monferosolidario: educando en valores a unha nova xeración disposta ao cambio. Revista Eduga nº 68, xullo-decembro 2014. 6 Conclusión Se nós como docentes somos o motor que move e dirixe toda a engrenaxe, Monferosolidario non se podería levar a cabo sen a materia prima: o alumnado do CPI Virxe da Cela, os auténticos protagonistas da nosa historia. Agradecémoslle á Dirección do noso centro que apostase polo noso traballo desde os seus inicios, demostrando en todo este tempo o seu apoio incondicional, algo imprescindible para que todo isto se puidese levar a cabo. A pesar da nosa longa andaina, queda aínda moito camiño que percorrer, xa que somos conscientes de que educar en valores é unha aposta para o futuro. Verónica Dopico Cancela Profesora de Música, EPC, Ética e AE Yolanda Castro López Profesora de Relixión CPI Virxe da Cela de Monfero (A Coruña)