SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 40
Descargar para leer sin conexión
INVESTIGADORAS
EN DEFENSA DA
IGUALDADE
Día da muller traballadora
8 de marzo de 2017
Equipo de Dinamización da Biblioteca do IES Castro Alobre
Mary Somerville (1780-1872)
 Matemática, astrónoma e científica
escocesa autodidacta.
 Recibiu unha educación feminina
(costura, pintura, música) coa que
ela non se conforma, amosando
desde moi nova interese pola
ciencia.
 Coñeceu a Ada Lovelace, á que
animou a estudar matemáticas.
 Publicou varios libros: As conexións
das ciencias físicas, Xeografía física e
Ciencia molecular ou microscópica.
Mary Somerville
 Comprometida coa educación e os
dereitos das mulleres.
 Unha das primeiras escolas para
mulleres leva o seu nome,
Somerville College de Oxford.
 Encabezou a lista de asinantes do
manifesto polo sufraxio feminino
de Stuart Mill.
Maria Mitchell (1818-1889)
 Descobre un cometa, utilizando
un telescopio; o cometa Mitchell
1847 VI (1847).
 Primeira muller en formar parte
da American Academy of Arts and
Sciences (1848) .
 Primeira científica en ingresar na
American Association for the
Advancement of Science (1850).
 Foi profesora de astronomía e
directora do observatorio da
universidade feminina de Vassar
en Nova York.
Maria Mitchell
 Nacida nunha familia cuáquera en
Nantucket (Massachusetts) foi
educada dunha maneira similar
aos seus irmáns.
 Desde o seu posto en Vassar
reivindicou que o seu salario fose
igual ao dos profesores, que
cobraban máis.
 Loitou contra as inxustizas sociais
como a escravitude.
 Estivo vinculada a movementos
feministas, participando
activamente na fundación da
American Association for the
Advancement of Women. Presidiu
esta Asociación en 1875.
Interior do ObservatorioAstronómico do Vassar College, 1889
Biblioteca Dixital do Vassar College
Lydia Becker (1827- 1890)
 Educada na casa, aprendeu de
forma autodidacta botánica e
astronomía.
 En 1862 gaña unha medalla de
ouro por un artigo académico
sobre horticultura.
 En 1867 funda a Sociedade
literaria das Damas en
Mánchester.
 Mantivo correspondencia con
Darwin sobre cuestións de índole
botánica, proporcionándolle
material que contribuiría ao seu
traballo científico.
Lydia Becker
 Organizou xiras de conferencias de mulleres.
 Defendía que non había diferenza natural entre o intelecto dos homes
e das mulleres e reivindicaba un sistema educativo que non segregase
por sexos en Gran Bretaña.
Jacob Bright (1821-1899), defensor do sufraxio feminino e Lydia Becker.
Imaxe do Manchester Archives
 En 1867 convocou a
primeira reunión do
Comité Sufraxista
das Mulleres de
Mánchester, primeira
organización deste
tipo en Inglaterra.
 En 1870 fundou, coa
súa amiga Jessie
Boucherett, Women’s
Suffrage Journal.
Aletta Jacobs (1854-1929)
 Primeira muller que ingresou na
universidade e obtivo o título de
doutora en medicina en
Holanda.
 Pioneira en promover a
planificación familiar mediante
o uso de anticonceptivos como o
diafragma.
Aletta Jacobs
 Fundou a Asociación Holandesa para o Sufraxio da Muller (1884).
 Fixo xiras internacionais en prol da igualdade.
 Cofundou a Liga Internacional de Mulleres pola Paz e Liberdade (1919).
LOGROS
Contribuíu á aprobación nos Países Baixos do
dereito das mulleres a votar (1919)
Annie Jump Cannon (1863-1941)
 Descubriu 300 estrelas variables
como membro do Observatorio
de Harvard.
 Aportou os seus coñecementos
para a elaboración do catálogo
estelar Henry Draper.
 Foi a responsable da colección de
fotografías astronómicas do
Observatorio.
 Foi nombrada doutora honoris
causa pola Universidade de
Oxford, en 1925.
Annie Jump Cannon
 Participou en conferencias e
encontros de mulleres científicas
para defender o seu papel nun
mundo tradicionalmente
masculino.
 Estableceu un sistema
mnemotécnico para catalogar e
recordar a clasificación das
estrelas, o OBAFGM (Oh Be a
Fine Girl, Kiss Me).
LOGROS
En 1922 a Unión Astronómica
Internacional adoptou este sistema
que, con algunha variación, aínda
se segue a utilizar.
Nelly Bly (1864-1922)
 Elisabeth Jane Cochran,
predecesora do xornalismo de
investigación, utilizou o
pseudónimo Nelly Bly, porque
era inapropiado que unha muller
escribise en xornais.
 Pioneira do xornalismo
encuberto, adquiriu diferentes
personalidades para escribir os
seus artigos: traballadora nunha
fábrica de caixas, criada dunha
familia rica ou enferma mental,
chegando a estar dez días
internada nun centro
psiquiátrico.
Nelly Bly
 Criticou o editorial do The
Pittsburgh Dispatch, no que se
dicía que as mulleres debían
ocuparse da casa e non era
necesario que tivesen educación.
 Escribiu artigos denunciando as
condicións das mulleres que
traballaban nas fábricas ou das
internadas no sanatorio de
enfermidades mentais.
LOGROS
Demostrou que unha muller está igualmente
capacitada para escribir artigos xornalísticos.
As súas denuncias serviron para mellorar as
condicións de vida de colectivos marxinados
e maltratados.
Imaxe doada por Corbis - Bettmann
Maria Montessori (1870-1952)
 Pioneira na educación informal: «Primeiro a educación dos sentidos,
logo a do intelecto».
 O lema «Educar pola paz» foi fundamental no seu traballo.
 Educadora,
pedagoga, científica,
médica, psiquiatra,
filósofa, antropóloga,
bióloga, psicóloga,
feminista e
humanista italiana.
 Primeira muller
italiana que se
graduou como
doutora en medicina.
Maria Montessori
 Interesouse polas
condicións sociais,
especialmente das
mulleres.
 Afiliouse ao
movemento feminista,
sendo a representante
de Italia en varios
congresos a nivel
nacional e
internacional.
 En 1896 representou a Italia nun Congreso Internacional de Mulleres
en Berlín.
 Propuxo unha petición de igualdade salarial para os homes e as
mulleres.
Margaret Sanger (1879-1966)
 Exerceu de enfermeira no hospital
de White Plains en Nova York.
 En 1916 abriu a primeira clínica de
control de natalidade nos Estados
Unidos.
 En 1922 fundou a Liga Americana
para o Control da Natalidade.
 En 1951 impulsou a investigación e
o desenvolvemento da píldora
anticonceptiva.
 En 1955 probouse en cincuenta
mulleres a primeira píldora,
Enovid.
Margaret Sanger
 Loitou toda a súa vida
polo control da
natalidade.
 En 1914 iniciou unha
campaña activa de
concienciación social
sobre a necesidade de
desenvolver métodos
anticonceptivos.
 Fundou unha revista
feminina A muller rebelde
na que defendeu a
anticoncepción.
LOGROS
Liderou o desenvolvemento da píldora anticonceptiva.
Permitiu que os pobres, as minorías e as mulleres
inmigrantes tivesen acceso aos anticonceptivos.
Contribuíu a que fose legal publicar e distribuír
información sobre sexo, sexualidade e control da
natalidade.
Biblioteca do Congreso, Prints & Photographs Division, Colección Margaret Sanger
[reprodución nº, e.g. LC-USZ62-12345])
Irène Joliot-Curie (1897-1956)
 Traballou no Instituto do Radio
de París como asistente da súa
nai, Marie Curie.
 Conseguiu producir
artificialmente elementos
radioactivos, investigando xunto
ao seu home, Frédéric Joliot.
 Por este descubrimento foron
galardoados co Premio Nobel de
Química en 1935.
 Foi nomeada directora de
investigación da Fundación
Nacional de Ciencias en 1935 e
directora do Instituto do Radio,
en 1946.
Irène Joliot-Curie
 Afiliouse ao Partido Socialista
en 1934.
 Implicouse na loita polos
dereitos da muller, formando
parte do Comité Nacional da
Unión de Mulleres Francesas
e do Consello para a Paz
Mundial.
 Na Guerra Civil Española
tomou partido polo goberno
da República (1936) e foi unha
das tres mulleres que
participaron no goberno do
Frente Popular Francés.Irène na Universidade de Pensilvania, James Stokley
Margaret Mead (1901-1978)
 Antropóloga estadounidense.
 Estudou a educación e crianza
dos nenos e das nenas nas
distintas culturas.
 Os seus estudos espertaron o
interese pola infancia e pola
muller dentro da antropoloxía.
 O seu primeiro traballo de
campo centrouse no estudo das
mozas adolescentes de Samoa
(1925).
Foto: "Margaret Mead” de Edward Lynch
 En 1929 as súas investigacións en Guinea demostraron que os roles de
xénero son diferentes dunhas sociedades a outras.
 Foi presidenta de honor de The American Anthropological Association e de
The American Association for the Advancement of Science.
Margaret Mead
 Precursora da Antropoloxía de Xénero.
 No seu libro Sex and Temperament in Three
Primitive Societies estudou as diferenzas
entre os homes e mulleres en tres
sociedades de Guinea distintas
culturalmente: os arapesh, os
mundugumor e os tchambuli.
 Os homes e as mulleres tchambuli
parecían ter personalidades opostas ás das
occidentais: elas eran dominantes e eles
sensibles.
 Expuxo a hipótese de que os seres
humanos constrúen diferentes nocións do
que é “feminino” e “masculino”,
atribuíndo un conxunto de calidades,
valores e roles distintos en cada sociedade.Foto: "Margaret Mead entre dúas mozas de Samoa,"
ca. 1926, Biblioteca do Congreso
Rita Levi-Montalcini (1909-2012)
 Graduouse en medicina en 1936
con Summa cum laude.
 Foi galardoada co premio Nobel
de Fisioloxía e Medicina en
1986, premio compartido con
Stanley Cohen.
 Descubriron que as células só
comezan a reproducirse cando
reciben a orde de facelo, orde
que é transmitida por unhas
sustancias chamadas factores de
crecemento.
Rita Levi-Montalcini
 Defendeu a dignidade da muller
como ser responsable, independente
e coa capacidade innata de ser dona
dos seus propios actos e do seu
destino vital.
 Reivindicou un papel máis activo da
muller no mundo da investigación
científica.
 Comprendeu que para o progreso
dunha sociedade era necesaria a
contribución esencial das mulleres.
 A Fundación Rita Levi-Montalcini Onlus, creada pola súa irmá,
axuda a mulleres africanas a recibir educación para liberarse da
opresión relixiosa e social.
Ruby Payne-Scott (1912-1981)
 Astrónoma australiana, pioneira
en radioastronomía e radiofísica.
Foi a primeira muller
radioastrónoma.
 Ela e o seu equipo descubriron
que as manchas solares emiten
fortes ondas de radio. Tamén
traballaron no ámbito das
erupcións solares e determinaron
a temperatura da superficie do
sol.
 Descubriu as erupcións solares de
tipo I e III.
Ruby Payne-Scott
 Comunista, atea e,
especialmente, feminista.
 Defendeu a igualdade e os
dereitos das mulleres ante a
dirección do CSIRO
(Organización de
Investigación e Industria da
Commonwealth).
 Estivo vixiada pola Axencia
Australiana de Seguridade.
LOGROS
A súa loita pola igualdade levou á desaparición, en 1966, da lei pola que as
mulleres casadas non podían ter un posto permanente nas entidades públicas.
O CSIRO concede cada ano os Premios Payne-Scott que apoian a mulleres
investigadoras a reanudar a súa carreira despois de ser nais.
Radioastrónomos na Universidade de Sydney en 1952
Mary Jackson (1921-2005)
 Matemática e
enxeñeira
estadounidense.
 Primeira muller
afroamericana en
traballar como
enxeñeira aeroespacial
na NASA.
Mary Jackson
 Foi directora de dous
programas: Federal
Women´s Program, na
Oficina de Igualdade
de Oportunidades, e
Affirmative Action
Program.
 Influíu na contratación
e na promoción de
mulleres na NASA, no
ámbito das ciencias, a
enxeñería e as
matemáticas.
 Axudou a mulleres a ascender nas súas carreiras,
asesorándoas sobre como estudar para poder
cambiar os seus títulos de matemáticas a
enxeñeiras.
 Colaborou con institucións e proxectos de axuda
ás mulleres de cor e outras minorías.
Rosalyn Yallow (1921-2011)
 Médica estadounidense.
 Primeira muller á que se lle otorgou
o Premio Albert Lasker pola súa
contribución á ciencia médica en
1976.
 En 1977 foi galardoada co Premio
Nobel de Medicina (compartido con
R. Guillemin e A.V. Schally) polas
investigacións relacionadas coas
hormonas peptídicas e polos avances
no diagnóstico e tratamento das
enfermidades da tiroide, diabetes,
anomalías do crecemento, tensión
alta e esterilidade.
Rosalyn Yallow
 Considerábase a si mesma
feminista.
 O seu discurso na entrega do
Premio Nobel reivindica o papel
da muller científica. A escasa
representación das mulleres no
círculo científico, a discriminación
social e profesional que sofren, o
pobre acceso á educación e a falta
de apoio das familias, que as
disuaden de facer investigación
científica, son consecuencias dos
roles impostos pola sociedade ás
mulleres, defendidos durante
séculos e moi difíciles de cambiar.
http://www.nobelprize.org/nobel_prizes/medicine/laureates/1977/yalow-speech.html
Wangari Maathai (1940-2011)
 Primeira muller de África Oriental
e Central que obtivo un doutorado
universitario (en Ciencias
Biolóxicas, 1964).
 Primeira profesora en Anatomía
Veterinaria (1971) e primeira decana
da Facultade de Medicina
Veterinaria na Universidade de
Nairobi.
 Primeira muller africana en recibir
o Premio Nobel da Paz (2004), pola
súa defensa do desenvolvemento
sostible, da democracia, dos dereitos
humanos e dos dereitos das
mulleres en particular.
Wangari Maathai
 En 1977, fundou o Movemento do
Cinturón Verde, o principal e máis
exitoso proxecto de reforestación de
árbores en África.
 O Movemento do Cinturón Verde
está integrado especialmente por
mulleres, que reciben clases sobre o
mundo natural e como preservalo.
As mulleres asumen papeis de
liderazgo, dirixen viveiros,
traballan con silvicultores, poñendo
en práctica proxectos para a
recolección de auga e a seguridade
dos alimentos.
 Foi presidenta do Consello
Nacional para a muller en
Kenia de 1981 a 1987.
 Recibiu premios como o de
Mulleres do Mundo de
Women Aid (1989).
Vandana Shiva (1952)
 Científica, filósofa e
pacifista.
 Participou no movemento
pacífico Chipko,
encabezado principalmente
por mulleres, que abrazaba
as árbores para evitar que
as talasen.
 En 1982 creou a Fundación para a Investigación Científica, Tecnolóxica e
Ecolóxica, que impulsa a agricultura ecolóxica e estuda a biodiversidade.
 En 1993, recibiu o Premio Nobel Alternativo, o Global 500 do Programa das
Nacións Unidas para o Medio Ambiente e o premio internacional do Día da
Terra.
Vandana Shiva
 Activista e representante
principal do ecofeminismo.
 A súa Fundación fomenta
o compromiso das mulleres
co movemento ecoloxista.
 Impulsa ás mulleres agricultoras a recuperar o seu tradicional papel
ao gardar as sementes para preservar a especie e volver a plantalas.
Flora de Pablo Dávila (1952)
 Doutora en Medicina pola
Universidade de Salamanca.
 Como investigadora do
Centro de Investigacións
Biolóxicas (CIB) do CSIC,
creou o grupo de
investigación Laboratorio 3D:
desarrollo, diferenciación,
degeneración.
 Actualmente, é profesora de investigación do CSIC no Departamento
de Medicina Celular e Molecular do CIB.
 Campo de investigación: Bioloxía molecular do desenvolvemento e a
fisiopatoloxía do sistema nervioso.
Flora de Pablo Dávila
 Socia fundadora da
Asociación de Mujeres
Investigadoras & Tecnólogas
(AMIT).
 Como primeira presidenta
de AMIT (2001-2007),
asesorou a Secretarios e
Secretarias de Estado de
Educación, Ciencia e
Innovación.
 Denunciou a falta de recoñecemento do traballo das mulleres na ciencia e
tecnoloxía e a escasa presenza das mesmas en postos relevantes e na toma de
decisións.
 Recibiu o VIII Premio de Divulgación Feminista Carmen de Burgos polo artigo
publicado en El País, Mujer y Ciencia desde la Europa del Sur (2000).
Nieves Rodríguez (1958)
 Psicóloga galega, licenciada en
Informática e catedrática de
Linguaxes e Sistemas
Informáticos na Universidade
de A Coruña.
 En 1996 creou o Laboratorio de
Bases de Datos (LBD) do que é
directora. Foi declarado grupo de
investigación de excelencia pola
Xunta de Galicia.
 Investigou sobre Estructuras de
datos compactas y algoritmos,
Recuperación de textos,
Procesamiento de secuencias y
Diseño de Sistemas de Información.
 É coautora de The Galicien Virtual
Library (2007), onde presenta unha
biblioteca virtual de Literatura
galega, pioneira no seu xénero e
que segue sendo a única en lingua
galega.
Nieves Rodríguez
 Declárase feminista e
militante desde a
época na que se pedía
o divorcio e o aborto
na transición.
 Amosa a súa
preocupación pola
escasa presenza de
mulleres no campo da
informática.
 Participa activamente na iniciativa ICT-Girls (Rapazas nas Tics)
da Universidade de A Coruña.
https://www.youtube.com/watch?v=PyfcIJQUMHI
 Pertence á Asociación de Mujeres Investigadoras & Tecnólogas.
Suw Charman-Anderson (1971)
 Consultora tecnolóxica.
 Pioneira en redes sociais no
Reino Unido.
 En 2005 cofundou Open Rights
Group para concienciar sobre
dereitos dixitais e facer
campaña contra a lexislación
desenvolvida por Gran
Bretaña e a UE.
 En 2009 The Telegraph
seleccionouna entre as 50
persoas máis influíntes no
eido da tecnoloxía.
Suw Charman-Anderson
 Na actualidade, o Día de Ada Lovelace é unha homenaxe internacional
ao papel das mulleres na ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas.
O seu obxectivo é promover modelos de conduta que animen ás mozas
a elixir carreiras científicas e tecnolóxicas.
 O 29 de marzo de 2009
inaugurou o Día de Ada
Lovelace na súa web,
animando a quen
tivese un blog a
publicar unha entrada
sobre mulleres
destacadas en áreas
tecnolóxicas.
Fontes de consulta
 http://www.agenciasinc.es/Entrevistas/Silicon-Valley-ha-creado-un-ambiente-
hostil-y-denigrante-para-las-mujeres
 https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza/
 http://mujeresconciencia.com/
 http://www.mujeresenlahistoria.com/
 http://mujericolas.blogspot.com.es/
 http://mujeresquehacenlahistoria.blogspot.com.es/
 https://zaguan.unizar.es/record/12713/files/TAZ-TFG-2013-977.pdf
 https://www.uv.mx/cienciahombre/revistae/vol26num2/articulos/distintas.html
 http://www.amit-es.org/cientificas?page=1
 https://www.plannedparenthood.org/files/9113/9978/2501/Margaret_Sanger_heroina_
del_Siglo_XX_2010-02.pdf
 http://www.ehu.eus/astronomasbilbao/AAstronomasES.pdf
 http://www.mujeresporafrica.es/noticias/71-a%C3%B1os-71-%C3%A1rboles-
homenaje-wangari-maathai
 https://www.darwinproject.ac.uk/lydia-becker
 http://www.ibe.unesco.org/sites/default/files/meads.pdf
 http://www.liceus.com/cgi-bin/aco/ant/mead.asp
 http://www.uaa.mx/investigacion/revista/archivo/revista46/Articulo%205.pdf

Más contenido relacionado

Destacado

El Suelo La Vegetacion Y La Fauna
El Suelo La Vegetacion Y La FaunaEl Suelo La Vegetacion Y La Fauna
El Suelo La Vegetacion Y La FaunaSchool in Huelva
 
A situación das mulleres galegas
A situación das mulleres galegasA situación das mulleres galegas
A situación das mulleres galegasLuisa
 
8 de marzo muller e ciencia
8 de marzo muller e ciencia8 de marzo muller e ciencia
8 de marzo muller e cienciaadigo72
 
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
DÍA INTERNACIONAL DA MULLERDÍA INTERNACIONAL DA MULLER
DÍA INTERNACIONAL DA MULLERTeacherMarta
 
Conflitos do século xx e cine
Conflitos do século xx e cineConflitos do século xx e cine
Conflitos do século xx e cine30an236
 
Muller, territorio da escultura
Muller, territorio da esculturaMuller, territorio da escultura
Muller, territorio da esculturatudense
 
Maruxa Mallo (por Pilar Villanustre)
Maruxa Mallo (por Pilar Villanustre)Maruxa Mallo (por Pilar Villanustre)
Maruxa Mallo (por Pilar Villanustre)Marlou
 
8 Marzo DíA Da Muller
8 Marzo DíA Da Muller8 Marzo DíA Da Muller
8 Marzo DíA Da Mullerbegonals
 
Mujeres en la revolución francesa
Mujeres en la revolución francesaMujeres en la revolución francesa
Mujeres en la revolución francesaIsabel Marin
 
El imperio de Carlos V
El imperio de Carlos VEl imperio de Carlos V
El imperio de Carlos VCarmen Pagán
 
La crisis del siglo xvii
La crisis del siglo xviiLa crisis del siglo xvii
La crisis del siglo xviiCarmen Pagán
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papeltudense
 

Destacado (20)

El Suelo La Vegetacion Y La Fauna
El Suelo La Vegetacion Y La FaunaEl Suelo La Vegetacion Y La Fauna
El Suelo La Vegetacion Y La Fauna
 
Formación de usuarios e usuarias
Formación de usuarios e usuariasFormación de usuarios e usuarias
Formación de usuarios e usuarias
 
A situación das mulleres galegas
A situación das mulleres galegasA situación das mulleres galegas
A situación das mulleres galegas
 
Dança de raiz
Dança de raizDança de raiz
Dança de raiz
 
8 de marzo montessori
8 de marzo montessori8 de marzo montessori
8 de marzo montessori
 
8 de marzo muller e ciencia
8 de marzo muller e ciencia8 de marzo muller e ciencia
8 de marzo muller e ciencia
 
Visita ao Centro Ocupacional O Saiar
Visita ao Centro Ocupacional O SaiarVisita ao Centro Ocupacional O Saiar
Visita ao Centro Ocupacional O Saiar
 
Unidad 4 Sistema Circulatorio
Unidad 4  Sistema  CirculatorioUnidad 4  Sistema  Circulatorio
Unidad 4 Sistema Circulatorio
 
Human rights
Human rightsHuman rights
Human rights
 
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
DÍA INTERNACIONAL DA MULLERDÍA INTERNACIONAL DA MULLER
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
 
Conflitos do século xx e cine
Conflitos do século xx e cineConflitos do século xx e cine
Conflitos do século xx e cine
 
Muller, territorio da escultura
Muller, territorio da esculturaMuller, territorio da escultura
Muller, territorio da escultura
 
Maruxa Mallo (por Pilar Villanustre)
Maruxa Mallo (por Pilar Villanustre)Maruxa Mallo (por Pilar Villanustre)
Maruxa Mallo (por Pilar Villanustre)
 
8 Marzo DíA Da Muller
8 Marzo DíA Da Muller8 Marzo DíA Da Muller
8 Marzo DíA Da Muller
 
Mujeres en la revolución francesa
Mujeres en la revolución francesaMujeres en la revolución francesa
Mujeres en la revolución francesa
 
Reyes Católicos
Reyes CatólicosReyes Católicos
Reyes Católicos
 
El imperio de Carlos V
El imperio de Carlos VEl imperio de Carlos V
El imperio de Carlos V
 
Felipe ii
Felipe iiFelipe ii
Felipe ii
 
La crisis del siglo xvii
La crisis del siglo xviiLa crisis del siglo xvii
La crisis del siglo xvii
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papel
 

Similar a Investigadoras en defensa da igualdade

8 De Marzo F
8 De Marzo F8 De Marzo F
8 De Marzo Fchgp
 
Mulleres traballadoras1
Mulleres traballadoras1Mulleres traballadoras1
Mulleres traballadoras1conchiciencias
 
Mulleres na Ciencia
Mulleres na CienciaMulleres na Ciencia
Mulleres na Cienciaanabarxa
 
DíA Escolar Da Paz E Da Non
DíA Escolar Da Paz E Da NonDíA Escolar Da Paz E Da Non
DíA Escolar Da Paz E Da Nonchgp
 
Mulleres do mundo
Mulleres do mundoMulleres do mundo
Mulleres do mundopritrazo
 
POR QUÉ UN DÍA DA MULLER? MULLERES IMPORTANTES DA HISTORIA
POR QUÉ UN DÍA DA MULLER? MULLERES IMPORTANTES DA HISTORIAPOR QUÉ UN DÍA DA MULLER? MULLERES IMPORTANTES DA HISTORIA
POR QUÉ UN DÍA DA MULLER? MULLERES IMPORTANTES DA HISTORIAConchi Casas
 
Pensadoras - Día da muller traballadora 2018
Pensadoras - Día da muller traballadora 2018Pensadoras - Día da muller traballadora 2018
Pensadoras - Día da muller traballadora 2018Dives Gallaecia
 
NON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdf
NON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdfNON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdf
NON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdfBerta Campos
 
Muller mat presentacion
Muller mat presentacionMuller mat presentacion
Muller mat presentacionmarivaz5
 
Unidade 5 a evolución biolóxica
Unidade 5   a evolución biolóxicaUnidade 5   a evolución biolóxica
Unidade 5 a evolución biolóxicamartamosquera
 
Domingo Ruiz Pineda
Domingo Ruiz PinedaDomingo Ruiz Pineda
Domingo Ruiz Pinedaecursocig
 
Biologos
BiologosBiologos
BiologosMella95
 
In memoriam rita levi montalcini
In memoriam   rita levi montalciniIn memoriam   rita levi montalcini
In memoriam rita levi montalcinibibliotecaelvina08
 

Similar a Investigadoras en defensa da igualdade (20)

8 De Marzo F
8 De Marzo F8 De Marzo F
8 De Marzo F
 
Mulleres traballadoras1
Mulleres traballadoras1Mulleres traballadoras1
Mulleres traballadoras1
 
Trabajo biólogos
Trabajo biólogosTrabajo biólogos
Trabajo biólogos
 
8 de marzo día da muller
8 de marzo día da muller8 de marzo día da muller
8 de marzo día da muller
 
Mulleres 4 5
Mulleres 4 5Mulleres 4 5
Mulleres 4 5
 
Mulleres na Ciencia
Mulleres na CienciaMulleres na Ciencia
Mulleres na Ciencia
 
DíA Escolar Da Paz E Da Non
DíA Escolar Da Paz E Da NonDíA Escolar Da Paz E Da Non
DíA Escolar Da Paz E Da Non
 
Mulleres do mundo
Mulleres do mundoMulleres do mundo
Mulleres do mundo
 
Mulleres do mundo
Mulleres do mundoMulleres do mundo
Mulleres do mundo
 
POR QUÉ UN DÍA DA MULLER? MULLERES IMPORTANTES DA HISTORIA
POR QUÉ UN DÍA DA MULLER? MULLERES IMPORTANTES DA HISTORIAPOR QUÉ UN DÍA DA MULLER? MULLERES IMPORTANTES DA HISTORIA
POR QUÉ UN DÍA DA MULLER? MULLERES IMPORTANTES DA HISTORIA
 
Pensadoras - Día da muller traballadora 2018
Pensadoras - Día da muller traballadora 2018Pensadoras - Día da muller traballadora 2018
Pensadoras - Día da muller traballadora 2018
 
NON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdf
NON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdfNON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdf
NON MÁIS MATILDES. POE MÁIS MULLERES NA CIENCIA 1.pdf
 
Mulleres 1 5
Mulleres 1 5Mulleres 1 5
Mulleres 1 5
 
Premios da Paz
Premios da PazPremios da Paz
Premios da Paz
 
Muller mat presentacion
Muller mat presentacionMuller mat presentacion
Muller mat presentacion
 
Unidade 5 a evolución biolóxica
Unidade 5   a evolución biolóxicaUnidade 5   a evolución biolóxica
Unidade 5 a evolución biolóxica
 
Domingo Ruiz Pineda
Domingo Ruiz PinedaDomingo Ruiz Pineda
Domingo Ruiz Pineda
 
A muller na relixión
A muller na relixiónA muller na relixión
A muller na relixión
 
Biologos
BiologosBiologos
Biologos
 
In memoriam rita levi montalcini
In memoriam   rita levi montalciniIn memoriam   rita levi montalcini
In memoriam rita levi montalcini
 

Más de Biblioteca Castro Alobre

Mito de Prometeo. Comparación entre el mito griego y el mito zapoteca.
Mito de Prometeo. Comparación entre el mito griego y el mito zapoteca.Mito de Prometeo. Comparación entre el mito griego y el mito zapoteca.
Mito de Prometeo. Comparación entre el mito griego y el mito zapoteca.Biblioteca Castro Alobre
 
Día Internacional contra a Mutilación Feminina
Día Internacional contra a Mutilación Feminina Día Internacional contra a Mutilación Feminina
Día Internacional contra a Mutilación Feminina Biblioteca Castro Alobre
 
Coñece o sufrimento, visibiliza a violencia, defende ás mulleres
Coñece o sufrimento, visibiliza a violencia, defende ás mulleresCoñece o sufrimento, visibiliza a violencia, defende ás mulleres
Coñece o sufrimento, visibiliza a violencia, defende ás mulleresBiblioteca Castro Alobre
 

Más de Biblioteca Castro Alobre (20)

Hora de ler
Hora de lerHora de ler
Hora de ler
 
5 mitos sobre os menores soldado
5 mitos sobre os menores soldado5 mitos sobre os menores soldado
5 mitos sobre os menores soldado
 
O visible e o invisible
O visible e o invisibleO visible e o invisible
O visible e o invisible
 
Mito de Prometeo. Comparación entre el mito griego y el mito zapoteca.
Mito de Prometeo. Comparación entre el mito griego y el mito zapoteca.Mito de Prometeo. Comparación entre el mito griego y el mito zapoteca.
Mito de Prometeo. Comparación entre el mito griego y el mito zapoteca.
 
Día Internacional contra a Mutilación Feminina
Día Internacional contra a Mutilación Feminina Día Internacional contra a Mutilación Feminina
Día Internacional contra a Mutilación Feminina
 
Papiroflexia con Laia
Papiroflexia con LaiaPapiroflexia con Laia
Papiroflexia con Laia
 
Dúo Sacapuntas
Dúo SacapuntasDúo Sacapuntas
Dúo Sacapuntas
 
Coñece o sufrimento, visibiliza a violencia, defende ás mulleres
Coñece o sufrimento, visibiliza a violencia, defende ás mulleresCoñece o sufrimento, visibiliza a violencia, defende ás mulleres
Coñece o sufrimento, visibiliza a violencia, defende ás mulleres
 
Outras mortes
Outras mortesOutras mortes
Outras mortes
 
Aprendendo cos libros
Aprendendo cos librosAprendendo cos libros
Aprendendo cos libros
 
A morte en México
A morte en MéxicoA morte en México
A morte en México
 
Formación de usuarios e usuarias
Formación de usuarios e usuariasFormación de usuarios e usuarias
Formación de usuarios e usuarias
 
Kiko da Silva. Obradoiro de ilustración
Kiko da Silva. Obradoiro de ilustraciónKiko da Silva. Obradoiro de ilustración
Kiko da Silva. Obradoiro de ilustración
 
Burbulla Cultural
Burbulla Cultural Burbulla Cultural
Burbulla Cultural
 
A biblioteca nas Letras no Alobre
A biblioteca nas Letras no AlobreA biblioteca nas Letras no Alobre
A biblioteca nas Letras no Alobre
 
Descubre as mulleres nas artes
Descubre as mulleres nas artesDescubre as mulleres nas artes
Descubre as mulleres nas artes
 
Descubre a literatura
Descubre a literaturaDescubre a literatura
Descubre a literatura
 
Paisaxes sonoras Na/Da biblioteca
Paisaxes sonoras Na/Da bibliotecaPaisaxes sonoras Na/Da biblioteca
Paisaxes sonoras Na/Da biblioteca
 
Ti colaboras, ti investigas
Ti colaboras, ti investigasTi colaboras, ti investigas
Ti colaboras, ti investigas
 
Inventos
InventosInventos
Inventos
 

Último

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 

Último (7)

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 

Investigadoras en defensa da igualdade

  • 1. INVESTIGADORAS EN DEFENSA DA IGUALDADE Día da muller traballadora 8 de marzo de 2017 Equipo de Dinamización da Biblioteca do IES Castro Alobre
  • 2. Mary Somerville (1780-1872)  Matemática, astrónoma e científica escocesa autodidacta.  Recibiu unha educación feminina (costura, pintura, música) coa que ela non se conforma, amosando desde moi nova interese pola ciencia.  Coñeceu a Ada Lovelace, á que animou a estudar matemáticas.  Publicou varios libros: As conexións das ciencias físicas, Xeografía física e Ciencia molecular ou microscópica.
  • 3. Mary Somerville  Comprometida coa educación e os dereitos das mulleres.  Unha das primeiras escolas para mulleres leva o seu nome, Somerville College de Oxford.  Encabezou a lista de asinantes do manifesto polo sufraxio feminino de Stuart Mill.
  • 4. Maria Mitchell (1818-1889)  Descobre un cometa, utilizando un telescopio; o cometa Mitchell 1847 VI (1847).  Primeira muller en formar parte da American Academy of Arts and Sciences (1848) .  Primeira científica en ingresar na American Association for the Advancement of Science (1850).  Foi profesora de astronomía e directora do observatorio da universidade feminina de Vassar en Nova York.
  • 5. Maria Mitchell  Nacida nunha familia cuáquera en Nantucket (Massachusetts) foi educada dunha maneira similar aos seus irmáns.  Desde o seu posto en Vassar reivindicou que o seu salario fose igual ao dos profesores, que cobraban máis.  Loitou contra as inxustizas sociais como a escravitude.  Estivo vinculada a movementos feministas, participando activamente na fundación da American Association for the Advancement of Women. Presidiu esta Asociación en 1875. Interior do ObservatorioAstronómico do Vassar College, 1889 Biblioteca Dixital do Vassar College
  • 6. Lydia Becker (1827- 1890)  Educada na casa, aprendeu de forma autodidacta botánica e astronomía.  En 1862 gaña unha medalla de ouro por un artigo académico sobre horticultura.  En 1867 funda a Sociedade literaria das Damas en Mánchester.  Mantivo correspondencia con Darwin sobre cuestións de índole botánica, proporcionándolle material que contribuiría ao seu traballo científico.
  • 7. Lydia Becker  Organizou xiras de conferencias de mulleres.  Defendía que non había diferenza natural entre o intelecto dos homes e das mulleres e reivindicaba un sistema educativo que non segregase por sexos en Gran Bretaña. Jacob Bright (1821-1899), defensor do sufraxio feminino e Lydia Becker. Imaxe do Manchester Archives  En 1867 convocou a primeira reunión do Comité Sufraxista das Mulleres de Mánchester, primeira organización deste tipo en Inglaterra.  En 1870 fundou, coa súa amiga Jessie Boucherett, Women’s Suffrage Journal.
  • 8. Aletta Jacobs (1854-1929)  Primeira muller que ingresou na universidade e obtivo o título de doutora en medicina en Holanda.  Pioneira en promover a planificación familiar mediante o uso de anticonceptivos como o diafragma.
  • 9. Aletta Jacobs  Fundou a Asociación Holandesa para o Sufraxio da Muller (1884).  Fixo xiras internacionais en prol da igualdade.  Cofundou a Liga Internacional de Mulleres pola Paz e Liberdade (1919). LOGROS Contribuíu á aprobación nos Países Baixos do dereito das mulleres a votar (1919)
  • 10. Annie Jump Cannon (1863-1941)  Descubriu 300 estrelas variables como membro do Observatorio de Harvard.  Aportou os seus coñecementos para a elaboración do catálogo estelar Henry Draper.  Foi a responsable da colección de fotografías astronómicas do Observatorio.  Foi nombrada doutora honoris causa pola Universidade de Oxford, en 1925.
  • 11. Annie Jump Cannon  Participou en conferencias e encontros de mulleres científicas para defender o seu papel nun mundo tradicionalmente masculino.  Estableceu un sistema mnemotécnico para catalogar e recordar a clasificación das estrelas, o OBAFGM (Oh Be a Fine Girl, Kiss Me). LOGROS En 1922 a Unión Astronómica Internacional adoptou este sistema que, con algunha variación, aínda se segue a utilizar.
  • 12. Nelly Bly (1864-1922)  Elisabeth Jane Cochran, predecesora do xornalismo de investigación, utilizou o pseudónimo Nelly Bly, porque era inapropiado que unha muller escribise en xornais.  Pioneira do xornalismo encuberto, adquiriu diferentes personalidades para escribir os seus artigos: traballadora nunha fábrica de caixas, criada dunha familia rica ou enferma mental, chegando a estar dez días internada nun centro psiquiátrico.
  • 13. Nelly Bly  Criticou o editorial do The Pittsburgh Dispatch, no que se dicía que as mulleres debían ocuparse da casa e non era necesario que tivesen educación.  Escribiu artigos denunciando as condicións das mulleres que traballaban nas fábricas ou das internadas no sanatorio de enfermidades mentais. LOGROS Demostrou que unha muller está igualmente capacitada para escribir artigos xornalísticos. As súas denuncias serviron para mellorar as condicións de vida de colectivos marxinados e maltratados. Imaxe doada por Corbis - Bettmann
  • 14. Maria Montessori (1870-1952)  Pioneira na educación informal: «Primeiro a educación dos sentidos, logo a do intelecto».  O lema «Educar pola paz» foi fundamental no seu traballo.  Educadora, pedagoga, científica, médica, psiquiatra, filósofa, antropóloga, bióloga, psicóloga, feminista e humanista italiana.  Primeira muller italiana que se graduou como doutora en medicina.
  • 15. Maria Montessori  Interesouse polas condicións sociais, especialmente das mulleres.  Afiliouse ao movemento feminista, sendo a representante de Italia en varios congresos a nivel nacional e internacional.  En 1896 representou a Italia nun Congreso Internacional de Mulleres en Berlín.  Propuxo unha petición de igualdade salarial para os homes e as mulleres.
  • 16. Margaret Sanger (1879-1966)  Exerceu de enfermeira no hospital de White Plains en Nova York.  En 1916 abriu a primeira clínica de control de natalidade nos Estados Unidos.  En 1922 fundou a Liga Americana para o Control da Natalidade.  En 1951 impulsou a investigación e o desenvolvemento da píldora anticonceptiva.  En 1955 probouse en cincuenta mulleres a primeira píldora, Enovid.
  • 17. Margaret Sanger  Loitou toda a súa vida polo control da natalidade.  En 1914 iniciou unha campaña activa de concienciación social sobre a necesidade de desenvolver métodos anticonceptivos.  Fundou unha revista feminina A muller rebelde na que defendeu a anticoncepción. LOGROS Liderou o desenvolvemento da píldora anticonceptiva. Permitiu que os pobres, as minorías e as mulleres inmigrantes tivesen acceso aos anticonceptivos. Contribuíu a que fose legal publicar e distribuír información sobre sexo, sexualidade e control da natalidade. Biblioteca do Congreso, Prints & Photographs Division, Colección Margaret Sanger [reprodución nº, e.g. LC-USZ62-12345])
  • 18. Irène Joliot-Curie (1897-1956)  Traballou no Instituto do Radio de París como asistente da súa nai, Marie Curie.  Conseguiu producir artificialmente elementos radioactivos, investigando xunto ao seu home, Frédéric Joliot.  Por este descubrimento foron galardoados co Premio Nobel de Química en 1935.  Foi nomeada directora de investigación da Fundación Nacional de Ciencias en 1935 e directora do Instituto do Radio, en 1946.
  • 19. Irène Joliot-Curie  Afiliouse ao Partido Socialista en 1934.  Implicouse na loita polos dereitos da muller, formando parte do Comité Nacional da Unión de Mulleres Francesas e do Consello para a Paz Mundial.  Na Guerra Civil Española tomou partido polo goberno da República (1936) e foi unha das tres mulleres que participaron no goberno do Frente Popular Francés.Irène na Universidade de Pensilvania, James Stokley
  • 20. Margaret Mead (1901-1978)  Antropóloga estadounidense.  Estudou a educación e crianza dos nenos e das nenas nas distintas culturas.  Os seus estudos espertaron o interese pola infancia e pola muller dentro da antropoloxía.  O seu primeiro traballo de campo centrouse no estudo das mozas adolescentes de Samoa (1925). Foto: "Margaret Mead” de Edward Lynch  En 1929 as súas investigacións en Guinea demostraron que os roles de xénero son diferentes dunhas sociedades a outras.  Foi presidenta de honor de The American Anthropological Association e de The American Association for the Advancement of Science.
  • 21. Margaret Mead  Precursora da Antropoloxía de Xénero.  No seu libro Sex and Temperament in Three Primitive Societies estudou as diferenzas entre os homes e mulleres en tres sociedades de Guinea distintas culturalmente: os arapesh, os mundugumor e os tchambuli.  Os homes e as mulleres tchambuli parecían ter personalidades opostas ás das occidentais: elas eran dominantes e eles sensibles.  Expuxo a hipótese de que os seres humanos constrúen diferentes nocións do que é “feminino” e “masculino”, atribuíndo un conxunto de calidades, valores e roles distintos en cada sociedade.Foto: "Margaret Mead entre dúas mozas de Samoa," ca. 1926, Biblioteca do Congreso
  • 22. Rita Levi-Montalcini (1909-2012)  Graduouse en medicina en 1936 con Summa cum laude.  Foi galardoada co premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1986, premio compartido con Stanley Cohen.  Descubriron que as células só comezan a reproducirse cando reciben a orde de facelo, orde que é transmitida por unhas sustancias chamadas factores de crecemento.
  • 23. Rita Levi-Montalcini  Defendeu a dignidade da muller como ser responsable, independente e coa capacidade innata de ser dona dos seus propios actos e do seu destino vital.  Reivindicou un papel máis activo da muller no mundo da investigación científica.  Comprendeu que para o progreso dunha sociedade era necesaria a contribución esencial das mulleres.  A Fundación Rita Levi-Montalcini Onlus, creada pola súa irmá, axuda a mulleres africanas a recibir educación para liberarse da opresión relixiosa e social.
  • 24. Ruby Payne-Scott (1912-1981)  Astrónoma australiana, pioneira en radioastronomía e radiofísica. Foi a primeira muller radioastrónoma.  Ela e o seu equipo descubriron que as manchas solares emiten fortes ondas de radio. Tamén traballaron no ámbito das erupcións solares e determinaron a temperatura da superficie do sol.  Descubriu as erupcións solares de tipo I e III.
  • 25. Ruby Payne-Scott  Comunista, atea e, especialmente, feminista.  Defendeu a igualdade e os dereitos das mulleres ante a dirección do CSIRO (Organización de Investigación e Industria da Commonwealth).  Estivo vixiada pola Axencia Australiana de Seguridade. LOGROS A súa loita pola igualdade levou á desaparición, en 1966, da lei pola que as mulleres casadas non podían ter un posto permanente nas entidades públicas. O CSIRO concede cada ano os Premios Payne-Scott que apoian a mulleres investigadoras a reanudar a súa carreira despois de ser nais. Radioastrónomos na Universidade de Sydney en 1952
  • 26. Mary Jackson (1921-2005)  Matemática e enxeñeira estadounidense.  Primeira muller afroamericana en traballar como enxeñeira aeroespacial na NASA.
  • 27. Mary Jackson  Foi directora de dous programas: Federal Women´s Program, na Oficina de Igualdade de Oportunidades, e Affirmative Action Program.  Influíu na contratación e na promoción de mulleres na NASA, no ámbito das ciencias, a enxeñería e as matemáticas.  Axudou a mulleres a ascender nas súas carreiras, asesorándoas sobre como estudar para poder cambiar os seus títulos de matemáticas a enxeñeiras.  Colaborou con institucións e proxectos de axuda ás mulleres de cor e outras minorías.
  • 28. Rosalyn Yallow (1921-2011)  Médica estadounidense.  Primeira muller á que se lle otorgou o Premio Albert Lasker pola súa contribución á ciencia médica en 1976.  En 1977 foi galardoada co Premio Nobel de Medicina (compartido con R. Guillemin e A.V. Schally) polas investigacións relacionadas coas hormonas peptídicas e polos avances no diagnóstico e tratamento das enfermidades da tiroide, diabetes, anomalías do crecemento, tensión alta e esterilidade.
  • 29. Rosalyn Yallow  Considerábase a si mesma feminista.  O seu discurso na entrega do Premio Nobel reivindica o papel da muller científica. A escasa representación das mulleres no círculo científico, a discriminación social e profesional que sofren, o pobre acceso á educación e a falta de apoio das familias, que as disuaden de facer investigación científica, son consecuencias dos roles impostos pola sociedade ás mulleres, defendidos durante séculos e moi difíciles de cambiar. http://www.nobelprize.org/nobel_prizes/medicine/laureates/1977/yalow-speech.html
  • 30. Wangari Maathai (1940-2011)  Primeira muller de África Oriental e Central que obtivo un doutorado universitario (en Ciencias Biolóxicas, 1964).  Primeira profesora en Anatomía Veterinaria (1971) e primeira decana da Facultade de Medicina Veterinaria na Universidade de Nairobi.  Primeira muller africana en recibir o Premio Nobel da Paz (2004), pola súa defensa do desenvolvemento sostible, da democracia, dos dereitos humanos e dos dereitos das mulleres en particular.
  • 31. Wangari Maathai  En 1977, fundou o Movemento do Cinturón Verde, o principal e máis exitoso proxecto de reforestación de árbores en África.  O Movemento do Cinturón Verde está integrado especialmente por mulleres, que reciben clases sobre o mundo natural e como preservalo. As mulleres asumen papeis de liderazgo, dirixen viveiros, traballan con silvicultores, poñendo en práctica proxectos para a recolección de auga e a seguridade dos alimentos.  Foi presidenta do Consello Nacional para a muller en Kenia de 1981 a 1987.  Recibiu premios como o de Mulleres do Mundo de Women Aid (1989).
  • 32. Vandana Shiva (1952)  Científica, filósofa e pacifista.  Participou no movemento pacífico Chipko, encabezado principalmente por mulleres, que abrazaba as árbores para evitar que as talasen.  En 1982 creou a Fundación para a Investigación Científica, Tecnolóxica e Ecolóxica, que impulsa a agricultura ecolóxica e estuda a biodiversidade.  En 1993, recibiu o Premio Nobel Alternativo, o Global 500 do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente e o premio internacional do Día da Terra.
  • 33. Vandana Shiva  Activista e representante principal do ecofeminismo.  A súa Fundación fomenta o compromiso das mulleres co movemento ecoloxista.  Impulsa ás mulleres agricultoras a recuperar o seu tradicional papel ao gardar as sementes para preservar a especie e volver a plantalas.
  • 34. Flora de Pablo Dávila (1952)  Doutora en Medicina pola Universidade de Salamanca.  Como investigadora do Centro de Investigacións Biolóxicas (CIB) do CSIC, creou o grupo de investigación Laboratorio 3D: desarrollo, diferenciación, degeneración.  Actualmente, é profesora de investigación do CSIC no Departamento de Medicina Celular e Molecular do CIB.  Campo de investigación: Bioloxía molecular do desenvolvemento e a fisiopatoloxía do sistema nervioso.
  • 35. Flora de Pablo Dávila  Socia fundadora da Asociación de Mujeres Investigadoras & Tecnólogas (AMIT).  Como primeira presidenta de AMIT (2001-2007), asesorou a Secretarios e Secretarias de Estado de Educación, Ciencia e Innovación.  Denunciou a falta de recoñecemento do traballo das mulleres na ciencia e tecnoloxía e a escasa presenza das mesmas en postos relevantes e na toma de decisións.  Recibiu o VIII Premio de Divulgación Feminista Carmen de Burgos polo artigo publicado en El País, Mujer y Ciencia desde la Europa del Sur (2000).
  • 36. Nieves Rodríguez (1958)  Psicóloga galega, licenciada en Informática e catedrática de Linguaxes e Sistemas Informáticos na Universidade de A Coruña.  En 1996 creou o Laboratorio de Bases de Datos (LBD) do que é directora. Foi declarado grupo de investigación de excelencia pola Xunta de Galicia.  Investigou sobre Estructuras de datos compactas y algoritmos, Recuperación de textos, Procesamiento de secuencias y Diseño de Sistemas de Información.  É coautora de The Galicien Virtual Library (2007), onde presenta unha biblioteca virtual de Literatura galega, pioneira no seu xénero e que segue sendo a única en lingua galega.
  • 37. Nieves Rodríguez  Declárase feminista e militante desde a época na que se pedía o divorcio e o aborto na transición.  Amosa a súa preocupación pola escasa presenza de mulleres no campo da informática.  Participa activamente na iniciativa ICT-Girls (Rapazas nas Tics) da Universidade de A Coruña. https://www.youtube.com/watch?v=PyfcIJQUMHI  Pertence á Asociación de Mujeres Investigadoras & Tecnólogas.
  • 38. Suw Charman-Anderson (1971)  Consultora tecnolóxica.  Pioneira en redes sociais no Reino Unido.  En 2005 cofundou Open Rights Group para concienciar sobre dereitos dixitais e facer campaña contra a lexislación desenvolvida por Gran Bretaña e a UE.  En 2009 The Telegraph seleccionouna entre as 50 persoas máis influíntes no eido da tecnoloxía.
  • 39. Suw Charman-Anderson  Na actualidade, o Día de Ada Lovelace é unha homenaxe internacional ao papel das mulleres na ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas. O seu obxectivo é promover modelos de conduta que animen ás mozas a elixir carreiras científicas e tecnolóxicas.  O 29 de marzo de 2009 inaugurou o Día de Ada Lovelace na súa web, animando a quen tivese un blog a publicar unha entrada sobre mulleres destacadas en áreas tecnolóxicas.
  • 40. Fontes de consulta  http://www.agenciasinc.es/Entrevistas/Silicon-Valley-ha-creado-un-ambiente- hostil-y-denigrante-para-las-mujeres  https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza/  http://mujeresconciencia.com/  http://www.mujeresenlahistoria.com/  http://mujericolas.blogspot.com.es/  http://mujeresquehacenlahistoria.blogspot.com.es/  https://zaguan.unizar.es/record/12713/files/TAZ-TFG-2013-977.pdf  https://www.uv.mx/cienciahombre/revistae/vol26num2/articulos/distintas.html  http://www.amit-es.org/cientificas?page=1  https://www.plannedparenthood.org/files/9113/9978/2501/Margaret_Sanger_heroina_ del_Siglo_XX_2010-02.pdf  http://www.ehu.eus/astronomasbilbao/AAstronomasES.pdf  http://www.mujeresporafrica.es/noticias/71-a%C3%B1os-71-%C3%A1rboles- homenaje-wangari-maathai  https://www.darwinproject.ac.uk/lydia-becker  http://www.ibe.unesco.org/sites/default/files/meads.pdf  http://www.liceus.com/cgi-bin/aco/ant/mead.asp  http://www.uaa.mx/investigacion/revista/archivo/revista46/Articulo%205.pdf