2. Sofonisba Anguissola naceu en Cremona cara ao ano
1535. Morreu en Palermo en 1625.
Foi unha pintora italiana do Renacemento
3. O seu pai era membro da baixa nobreza xenovesa. A
súa nai Bianca Ponzone, era de familia influínte.
4. Era a maior de sete irmás e irmáns. O seu pai animou
ás súas fillas a cultivarse e perfeccionar os seus
talentos. Catro das súas irmás tamén foron pintoras,
pero Sofonisba foi a mellor.
5. Dende pequena comezou a amosar as súas capacidades
artísticas, destacando en debuxo e en pintura.
6. Destacou como pintora de retratos individuais e de
grupo. Sofonisba pintou a membros da súa familia e o
seu autorretrato.
7. Os seus cadros destacan polo tratamento da luz e o
colorido vivo dalgunhas pinceladas, que fan resaltar os
rostros, as mans e os detalles sobre a escuridade dos
fondos.
8. Formouse e traballou en varias cidades italianas e
mesmo en España.
A súa obra pictórica foi moi apreciada na época.