O Segundo Reich
• Tras a súa unificación, Alemaña converteuse nunha gran potencia
dentro do continente europeo; o seu poder militar e industrial a situaban
como gran potencia hexemónica.
• Prusia sería o seu territorio de maior importancia; como figuras clave
dentro deste imperio serían Guillerme I, o seu emperador e Otto von
Bismarck, artífice da unificación e árbitro das relacións internacionais co
resto de Europa durante vinte anos (1870-90).
• Características do Segundo Reich:
– Sistema parlamentario bicameral:
• Cámara Baixa (Reichstag).
• Cámara Alta (Bundesrat).
– Industrialización moi intensa.
– Lexislación social acorde coas demandas obreiras (seguros
médicos, xubilacións, etc.)
– Importancia do Partido Socialdemócrata Alemán, o máis
poderoso de Europa.
2.1. Segundo Reich alemán
• Alemaña convírtese na
grande potencia europea,
grazas á política
bismarckiana, que
pretende illar a Francia, e
aos sistemas de alianzas
(Liga dos Tres
Emperadores en 1872,
Tripla Alianza en 1882).
• En 1890 Bismarck dimitiu
sendo emperador
Guillermo II.
Reino Unido durante a época vitoriana
• Durante o longo reinado da
raiña Victoria I (1837-1901) GB
convírtese nunha potencia de
amplo imperio colonial.
• Conseguiu un sistema político
estable, baseado no
bipartidismo (partidos
conservador: tories,
represantados por Benjamin
Disraeli e liberal: whigs,
representados por William
Gladstone).
Os Imperios Orientais
• Imperio Austrohúngaro: tras ser
derrotado fronte a Prusia,
recoñécese a monarquía dual de
Austria e Hungría, baixo o reinado
do emperador Francisco Xosé I.
O principal problema co que se
atopou, a pesares da aparente
estabilidade entre ambas
potencias foi a enorme
diversidade étnica e lingüística da
poboación, que dereivou nunha
amenaza crecente de
nacionalismo separatista.
Os trazos do Imperialismo
• ¿Qué é o Imperialismo? É o dominio exercido por
algunhas potencias (metrópole) sobre outros
territorios chamados colonias.
• ¿Cándo teñen lugar? Dende finais do século XV
algunhas potencias europeas constituíronse como
imperios.
• ¿Qué variantes acadou no século XIX?
Consolidouse un novo tipo de imperialismo no que
os territorios dominados quedaban ao servizo do
país colonizador, que se aproveitaba dos seus
recursos humanos e narturais.
Tipos de administración colonial
• Colonia/Dominio: territorio dominado completamente
pola potencia ocupante. Tipos:
– Colonia de explotación.
– Colonia de poboamento.
• Protectorado: teóricamente era o territorio no que a
metrópole respectaba ao goberno indíxena, encargado
da política interior e a potencia ocupante explotaba os
seus recursos e dirixía a política exterior.
• Concesión: trátase do asentamento de poboación
estranxeira para realizar negocios.
• Mandato: cesión temporal dun territorio a unha
metrópole. O exemplo máis coñecido é o das colonias
pertencentes ás potencias que perderon a Gran Guerra.
Causas do Imperialismo
• CAUSAS ECONÓMICAS
– A Revolución Industrial proporcionou
aos países medios (tecnoloxía) para
afianzar o seu poder. Revolucións dos
transportes (Canal Suez).
– As colonias suministran á metrópole
materias primas e man de obra,
ademais de novos mercados para os
produtos industriais. Proteccionismo. Os
territorios permitían novos
investimentos para obter maior
beneficio.
• CAUSAS DEMOGRÁFICAS
– Na segunda metade do XIX ata 1914 a
poboación de Europa aumentou un 75%
(40 millóns).
– Forte emigración cara a ultramar.
• CAUSAS POLÍTICAS
– Situación estratéxica permite o control
de rutas marítimas e áreas de
influencia.
– As colonias daban prestixio
internacional.
• CAUSAS IDEOLÓXICAS
– A concepción racista e nacionalista: a
idea da superioridade da raza branca
xustificaba o dominio de territorios.
– Desexo de aventura.
A expansión europea
• Antes de levar a cabo a colonización propiamente
dita, fixéronse exploracións xeográficas e científicas
previas cara África, Asia e Oceanía.
• África:
– Destacaron as exploracións de Livingstone e
Stanley e o interese dos europeos polos
recuros africanos, que levaron aos europeos a
dominar o interior do continente.
– Para evitar enfrontamentos entre potencias en
1885 celebrouse a Conferencia de Berlín, na
que delimitouse a repartición de África entre
as diferentes nacións imperialistas.
En 1885 tivo lugar a Conferencia de Berlín:
Foi convocada por Portugal e organizada polo Chanceller de Alemaña, Otto von Bismarck, coa fin de
resolver os problemas que plantexaban a expansión colonial en África e resolver a súa repartición.
Catorce Estados foron representados: O Imperio Alemán, o Imperio Austrohúngaro, Bélxica,
Dinamarca, o Imperio Otomano, España, Estados Unidos, Francia, Reino Unido, Italia, Países Baixos,
Portugal, Rusia e Suecia.
Nela proclamouse a libre navegación marítima e fluvial, a liberdade de comercio.
• Asia:
– Destacou o Reino Unido como principal
metrópole en Asia, fundamentalmente
asentouse en Indostán (India, Pakistán,
Bangladesh, Sri Lanka, Maldivas, Bután e
Nepal), Birmania e Malaisia. En China
conseguirían concesións comerciais tras as
guerras do opio.
– Rusia expandiuse por Asia Central e
Siberia.
– Francia ocupou Indochina.
– Países Baixos controlarían as illas de
Indonesia.
• Oceanía: comezou a presencia
occidental na Illa co establecemento dos
británicos, que pasaron a controlar a
actual Nova Zelandia. Máis adiante os
franceses dominarían algunhas
pequenas illa e os alemáns as Illas
Marianas (compradas a España) e as
Palau.
A expansión das potencias
extraeuropeas
• Estados Unidos:
– Expandíronse cara o oeste de América do Norte,
en detrimento dos indios.
– Coa Doutrina Monroe proclamaron o seu
dereito a intervir en América do Sur e no Caribe.
– En 1898, ocuparía o arquipélago de Hawaii e
derrotaría a España polo dominio de Porto Rico
e Filipinas.
– A comezos do século XX, o preseidente
Theodore Roosevelt declarou o continente
americano como área de expansión lexítima
estadounidense.