SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 7
Liberalismo e Nacionalismo
A Revolución Francesa
A Revolución Francesa foi un proceso social e político que se desenvolveu en Francia entre 1789
e 1799 cuxas principais consecuencias foron a abolición da Monarquía Absoluta e o nacemento da
República, eliminando as bases económicas e sociais do Antigo Réxime.
Foi unha das revolucións máis importantes da Historia pois cambiou en gran parte o curso desta:
ábrese unha etapa de transformacións políticas e sociais, e con ela dáse inicio ao ciclo
revolucionario burgués (1820, 1830, 1848), sendo a orixe das democracias actuais.
As causas da Revolución
Difusión das ideas da Ilustración (Voltaire, Rousseau, Montesquieu):
- Soberanía nacional
- Separación de poderes
- A igualdade ante a lei, rexeitando a sociedade estamental
- Grandes desigualdades da sociedade estamental:
- A emerxente burguesía reclamaba a súa participación no poder político
- Enorme abismo en canto á situación económica: A pobreza extrema das clases populares fronte
ao luxo excesivo da Corte rexia.
- Anos de malas colleitas, que encareceron o prezo dos alimentos, provocando un fondo malestar
social.
- Crise financeira do Estado, que levou a propoñer unha reforma fiscal na que tamén os
estamentos privilexiados pagasen impostos
O estalido da Revolución Francesa
O Rei Luís XVI convocou os Estados Xerais (a reunión dos representantes dos tres estamentos),
pois só nos Estados Xerais se poderían aprobar novos impostos.
Nos Estados Xerais cada estamento tiña un voto, polo que os privilexiados estaban seguros de
que a reforma fiscal non sairía adiante. O Terceiro Estado reclama o voto por persoa, para evitar o
veto dos privilexiados, en base ao poder da maioría.
Cando llo negan, os representantes do Terceiro Estado reúnense na Sala do Xogo da Pelota,
constituíndose como Asemblea Nacional e xurando non disolverse ata aprobar unha Constitución
para toda a nación.
A Asemblea Nacional recibe o apoio do pobo de París, que toma ao asalto a Bastilla, símbolo do
Absolutismo (14 xullo 1789) e polo resto de Francia propágase unha revolta antiseñorial (Le grand
peur, O gran medo), incendiando castelos e os arquivos señoriais, reclamando o reparto da terra.
A Asemblea Nacional Constituínte abolición o sistema do Antigo Réxime mediante:
- A aprobación da Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán.
- Todos os homes son cidadáns libres e iguais ante a lei.
- Establece o principio da soberanía nacional.
- A Constitución Civil do Clero.
- Implicou a separación da Igrexa e do Estado.
- Aprobación da Constitución (1791).
A Asemblea Lexislativa (1791-1792)
Constitución de 1791 tiña un carácter bastante moderado:
- Define Francia como unha monarquía constitucional, rexida polo principio de soberanía nacional.
- Baseada na división de poderes:
- O executivo seguía en mans do rei.
- O lexislativo, en mans da Asemblea Nacional.
- O xudicial, nos tribunais de xustiza.
- Establece o sufraxio censatario.
Logo de aprobarse a Constitución, elixiuse unha Asemblea Nacional Lexislativa, composta por
diversos grupos ideolóxicos:
- Moderados monárquicos constitucionalistas.
- Xirondinos (burgueses moderados), aínda que republicanos, foron moderando a súa postura e
aceptan unha monarquía constitucional. Reclaman o sufraxio censatario.
- Xacobinos (burguesía radical republicana), partidarios da República, reclaman o sufraxio
universal masculino.
Contrarrevolucionarios, que querían a restauración da Monarquía Absoluta.
Problemas internos: Malestar entre os sectores máis humildes da poboación polo alto prezo dos
alimentos, e oposición dos contrarrevolucionarios, que alentaban unha intervención estranxeira,
para restaurar a Monarquía Absoluta.
Problemas externos: A Asemblea declara a guerra a Austria por considerala o foco da
contrarrevolución.
A Fuxida: a familia real tentou fuxir de Francia para buscar axuda nos exércitos austríacos e
restaurar a situación, aínda que foron capturados. Isto supuxo a caída en desprestixio da Coroa e
a radicalización da Revolución, xa que se proclamou a República.
A I República Francesa (1792-1799)
A Convención (1792-1794)
Aboliuse a monarquía, proclamouse a I República Francesa e elíxese unha nova Asemblea: a
Convención.
Convención Xirondina (1792 – 1793)
- Posturas moderadas.
- Xuízo e execución de Luís XVI, acusado de traizón.
- A execución da familia real provocou unha Coalición europea contra a Francia revolucionaria. Os
primeiros compases da guerra foron desastrosos.
- Ademais, a fame e a falta de abastecementos e o perigo de invasión estranxeira propiciou
insurreccións dos campesiños.
- Debido á debilidade da Convención e ás numerosas ameazas que axexaban a Francia, creouse
o Comité de Salvación Pública como principal órgano de goberno, pronto controlado polos
xacobinos, que radicalizaron a Revolución.
Convención Xacobina (1793 – 1794)
Os radicais xacobinos co apoio dos sans-culottes (membros das clases sociais máis baixas), e
liderados por Robespeirre, arrestan, xulgan e executan a líderes xirondinos, acusados de
contrarrevolucionarios: iníciase o Terror, para acabar cos inimigos da Revolución.
Promulgación dunha nova Constitución de 1793, que establece:
- A Soberanía popular
- O Sufraxio universal masculino.
Outras medidas:
- Reorganización do exército e novas levas(recrutamento obrigatorio da poboación para servir no
exército), logrando cambiar as tornas da guerra contra as potencias europeas
- Redistribución da propiedade agraria
- Obrigatoriedade e gratuidade da educación primaria
- Xullo (Termidor) de 1794.- A Reacción Termidoriana. A burguesía moderada, ante a radicalización
dos xacobinos, da un golpe de Estado, executa a Roberspierre e aos seus partidarios e toma de
novo o control da Revolución.
O Directorio (1795-1799)
Termidor (Xullo) de 1794.- A Reacción Termidoriana. A burguesía moderada, ante a radicalización
dos xacobinos, executa a Roberspierre e aos seus partidarios e toma de novo o control da
Revolución.
Aprobación dunha nova Constitución de 1795, de carácter moderado, que establece:
- O Sufraxio censatario.
- O poder executivo, no Directorio, órgano colexiado composto por cinco “directores”.
- O poder lexislativo, dividido en dúas cámaras: o Consello dos Anciáns e o Consello dos
Cincocentos.
Problemas: revoltas radicais (lideradas polos xacobinos, como a “Conspiración dos iguais”) e dos
contrarrevolucionarios, que foron reprimidas: é o Terror Branco.
Éxitos militares fronte a Coalición europea co consecuente aumento do prestixio do Exército.
Ante as tensións sociais e os problemas económicos, e aínda en guerra contra a Coalición
europea, a burguesía conservadora ve con bos ollos un goberno dos militares, que aporte
estabilidade:
- 18 de Brumario (9 de novembro) de 1799.- Golpe de Estado de Napoleón, derrocando o
Directorio e establecendo o Consulado, sendo el mesmo cónsul xunto con Sièyes e Ducos.
Napoleón Bonaparte
- 1799 Golpe de Estado do 18 de Brumario (9 de novembro)
Derrocou ao Directorio
Xunto con Sièyes e Ducos formou o Consulado
- 1802 Primeiro Cónsul e Cónsul Vitalicio
- 1804 Emperador
O Goberno de Napoleón
O Consulado (1799-1804)
Napoleón buscou restaurar a orde e crear un novo réxime político. Reformas:
- Políticas, co fin de reconciliar aos franceses despois de anos de loita interna:
- Autorizou aos exiliados a regresar a súa patria.
- Fixo as paces coa Igrexa católica (Concordato coa Igrexa – 1801), recoñecendo ao
Catolicismo como relixión oficial.
- Promulgou o CÓDIGO CIVIL (1804), sancionando a igualdade dos cidadáns ante a lei.
- Centralización administrativa de Francia, divida en departamentos provinciais gobernados
por un prefecto.
- Reorganizou e unificou o sistema educativo (rede de liceos)
O Imperio: 1804-1814-1815
Desenrolou unha política expansionista: Quería converterse en Emperador de toda Europa,
invadindo países e colocando como gobernantes aos seus familiares.
O resto de nacións formaron sucesivas Alianzas para enfrontarse a Francia.
En 1804 Napoleón Bonaparte fíxose coroar Emperador de Francia polo papa Pío VII nunha
cerimonia na catedral de Notre-Dame en París.
As Guerras Napoleónicas
1805 Vitoria en Austerlitz (vs. rusos e austríacos). Disolución do Imperio Alemán.
1806 Bloqueo continental a Gran Bretaña, tentando cerrarlle os portos comerciais europeos
mediante o illamento económico.
1808 Inicio da Guerra da Independencia española.
1812 Inicio da catastrófica campaña contra Rusia. Fracaso vs. a política de “terra queimada”
dos rusos e ante o “Xeneral Inverno”.
1813 Derrota en Leipzig fronte á coalición europea.
1814 Abdicación de Napoleón e desterro á illa de Elba.
1815 Regreso de Napoleón: o Imperio dos Cen Días.
Derrota definitiva en Waterloo vs. ingleses e prusianos
Desterro en Santa Helena
Consecuencias das Guerras Napoleónicas:
- Modificación do mapa europeo, creándose novos estados e substituído noutros os monarcas
tradicionais por familiares de Napoleón.
- Difusión dos ideais da Revolución Francesa.
- Desenvolvemento de sentimentos nacionais contra o dominio francés nos territorios
conquistados.
A Restauración (1815-1830)
O Congreso de Viena (1815) foi un encontro internacional das potencias vencedoras de Napoleón
(Austria, Rusia, Prusia e Reino Unido) impulsado polo chanceler austríaco Metternich, co
obxectivo de restablecer as fronteiras de Europa tras a derrota de Napoleón e voltar á situación
política anterior á Revolución Francesa.
A reunión tivo como base 5 grandes principios:
- Restauración do Absolutismo monárquico.
- Lexitimismo monárquico, é dicir, devolveuse o trono ás monarquías tradicionais. Así, en Francia
restaurouse a dinastía dos Borbóns, con Luís XVIII.
- Equilibrio internacional: pretendíase que non houbese unha potencia hexemónica (dominante)
- Intervencionismo. As potencias constitúen a Santa Alianza, co dereito de intervir militarmente nos
territorios en que houbese revoltas contrarias á Restauración.
- Sistema de Congresos. As potencias celebrarán congresos para tratar e resolver as cuestións
problemática en Política Internacional.
Exemplo da aplicación destes principios foron os congresos que decidiron a intervención militar
das potencias da Alianza para derrotar os levantamentos liberais de 1820 en Nápoles e España.
Malia as medidas que se concertaron para manter a raia os inimigos do Antigo Réxime, non se
puido evitar a difusión das ideas liberais que provocaron as revolucións de 1830 e 1848.
A Europa da Restauración
As vagas revolucionarias
Malia as medidas que se concertaron no Congreso de Viena para manter a raia os inimigos do
Antigo Réxime e as intervencións militares contra as revoltas liberais de 1820, non se puido evitar
a difusión das ideas liberais que provocaron as revolucións de 1830 e 1848.
Revolucións de 1820:
- Revolución liberal en Nápoles (sufocada polas potencias do Congreso de Viena)
- Trienio liberal en España (1820-1823) (sufocado polos “Cen mil fillos de San Luís” enviados pola
Santa Alianza)
- Inicio da insurrección de carácter nacionalista dos gregos contra o dominio turco otomán
(conseguen a independencia en 1830 axudados polas potencias europeas)
Revolucións de 1830:
- Revolución de Xullo en Francia. Deposición do rei absoluto Carlos X e proclamación da
monarquía parlamentaria de Luís Filipe de Orleáns.
- Levantamento de Bélxica contra o dominio holandés.
Revolucións de 1848 (A Primavera dos Pobos):
- Revolución en Francia. Deposición de Luís Filipe de Orleáns e proclamación da Segunda
República. As medidas democráticas que se tomaron impulsaron unha reacción conservadora e o
presidente da República, sobriño de Napoleón, proclamará o Segundo Imperio Francés,
nomeándose Napoleón III en 1852.
- Na Confederación Xermánica os revolucionarios constitúen un Parlamento en Frankfurt, elixido
por sufraxio universal.
- No Imperio Austríaco houbo revoltas liberais cun carácter nacionalista, con alzamentos en
Hungría, Bohemia, Lombardía (Milán) e o Véneto (Venecia).
A Europa das Nacións
A Unificación de Italia
Situación previa: Península Itálica dividida en diversos Estados (Reino de Piemonte e Sardeña, os
Estados Pontificios, o Reino das Dúas Sicilias...) e algúns territorios (Lombardía, Véneto)
incorporados polo Imperio Austríaco.
Factor favorable: axuda militar de Francia e Prusia.
Protagonismo: Piemonte-Sardeña – o rei Vítor Manuel II, o seu primeiro ministro Cavour e
o líder militar Garibaldi
Etapas:
1859 Alianza do Piemonte co II Imperio francés, que derrotan a Austria. Anexión de Lombardía.
1860 Anexións de Parma, Módena e Toscana e parte dos Estados Pontificios.
Paralelamente, unha forza de voluntarios dirixida por Garibaldi permitiu conquistar o sur, o
Reino das Dúas Sicilias.
1861 Proclamación de Vítor Manuel II como rei de Italia
1866 Ocupación do Véneto, tras a derrota do Imperio Austríaco contra Prusia.
1870 Ocupación dos Estados Pontificios e Roma, capital do reino (1871).
A Europa das Nacións
A Unificación de Alemaña
Situación previa: Alemaña fraccionada en 39 Estados, con rivalidade entre os dos máis potentes:
Austria e Prusia.
Factor favorable: 1834 Zollverein (unión aduaneira) e o influxo liberal e nacionalista da revolta de
1848, coa creación do Parlamento en Frankfurt.
Protagonismo: Prusia - Guillermo I de Prusia e o seu chanceler Otto von Bismarck, que levará a
cabo unha política militarista.
Etapas:
1864 Guerra dos Ducados (Schleswig y Holstein) contra Dinamarca.
1866 Guerra austro-prusiana. Tras unha curta pero vitoriosa campaña sobre Austria os prusianos
lideran o proceso unificador e forman a Confederación de Alemaña do Norte.
1870-71 Guerra franco-prusiana. Remata coa derrota da Francia de Napoleón III na batalla de
Sedán e a proclamación en Versalles do Segundo Reich ou Imperio alemán. Anexión de
Alsacia e Lorena.
A Europa das Nacións
A Unificación de Italia
Situación previa: Península Itálica dividida en diversos Estados (Reino de Piemonte e Sardeña, os
Estados Pontificios, o Reino das Dúas Sicilias...) e algúns territorios (Lombardía, Véneto)
incorporados polo Imperio Austríaco.
Factor favorable: axuda militar de Francia e Prusia.
Protagonismo: Piemonte-Sardeña – o rei Vítor Manuel II, o seu primeiro ministro Cavour e
o líder militar Garibaldi
Etapas:
1859 Alianza do Piemonte co II Imperio francés, que derrotan a Austria. Anexión de Lombardía.
1860 Anexións de Parma, Módena e Toscana e parte dos Estados Pontificios.
Paralelamente, unha forza de voluntarios dirixida por Garibaldi permitiu conquistar o sur, o
Reino das Dúas Sicilias.
1861 Proclamación de Vítor Manuel II como rei de Italia
1866 Ocupación do Véneto, tras a derrota do Imperio Austríaco contra Prusia.
1870 Ocupación dos Estados Pontificios e Roma, capital do reino (1871).
A Europa das Nacións
A Unificación de Alemaña
Situación previa: Alemaña fraccionada en 39 Estados, con rivalidade entre os dos máis potentes:
Austria e Prusia.
Factor favorable: 1834 Zollverein (unión aduaneira) e o influxo liberal e nacionalista da revolta de
1848, coa creación do Parlamento en Frankfurt.
Protagonismo: Prusia - Guillermo I de Prusia e o seu chanceler Otto von Bismarck, que levará a
cabo unha política militarista.
Etapas:
1864 Guerra dos Ducados (Schleswig y Holstein) contra Dinamarca.
1866 Guerra austro-prusiana. Tras unha curta pero vitoriosa campaña sobre Austria os prusianos
lideran o proceso unificador e forman a Confederación de Alemaña do Norte.
1870-71 Guerra franco-prusiana. Remata coa derrota da Francia de Napoleón III na batalla de
Sedán e a proclamación en Versalles do Segundo Reich ou Imperio alemán. Anexión de
Alsacia e Lorena.

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era  UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era EvaPaula
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasrubempaul
 
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réximeTema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réximeAntía Sanmarco
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismoTema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismorubempaul
 
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX Dudas-Historia
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7aialo1
 
República e ditadura en España
República e ditadura en EspañaRepública e ditadura en España
República e ditadura en Españarubempaul
 
Absolutismo e Ilustración
Absolutismo e IlustraciónAbsolutismo e Ilustración
Absolutismo e IlustraciónEvaPaula
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoUnidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoAgrela Elvixeo
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. rubempaul
 
Tema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalTema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalcamposseijo
 
Transición e democracia en España
Transición e democracia en EspañaTransición e democracia en España
Transición e democracia en EspañaAgrela Elvixeo
 
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismoTema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismorubempaul
 
Unidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaUnidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaAgrela Elvixeo
 

La actualidad más candente (19)

UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era  UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesas
 
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réximeTema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
 
Definiciones
DefinicionesDefiniciones
Definiciones
 
Directrices ABAU 2019
Directrices ABAU 2019Directrices ABAU 2019
Directrices ABAU 2019
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismoTema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
 
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
 
A Revolución Rusa
A Revolución RusaA Revolución Rusa
A Revolución Rusa
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
República e ditadura en España
República e ditadura en EspañaRepública e ditadura en España
República e ditadura en España
 
Absolutismo e Ilustración
Absolutismo e IlustraciónAbsolutismo e Ilustración
Absolutismo e Ilustración
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoUnidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Tema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalTema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberal
 
Transición e democracia en España
Transición e democracia en EspañaTransición e democracia en España
Transición e democracia en España
 
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismoTema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
 
Unidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaUnidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democracia
 

Destacado

Descolonización e Guerra Fría
Descolonización e Guerra FríaDescolonización e Guerra Fría
Descolonización e Guerra FríaDudas-Historia
 
O Ascenso dos Totalitarismos
O Ascenso dos TotalitarismosO Ascenso dos Totalitarismos
O Ascenso dos TotalitarismosDudas-Historia
 
Independencia Americana
Independencia AmericanaIndependencia Americana
Independencia AmericanaDudas-Historia
 
Transición hacia la Democracia
Transición hacia la DemocraciaTransición hacia la Democracia
Transición hacia la DemocraciaDudas-Historia
 
A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialDudas-Historia
 
Transición hacia la Democracia
Transición hacia la DemocraciaTransición hacia la Democracia
Transición hacia la DemocraciaDudas-Historia
 
A brief history of entrepreneurship
A brief history of entrepreneurshipA brief history of entrepreneurship
A brief history of entrepreneurshipDudas-Historia
 
La construcción del Estado Liberal. 1833 1868 (actualizado)
La construcción del Estado Liberal. 1833 1868 (actualizado)La construcción del Estado Liberal. 1833 1868 (actualizado)
La construcción del Estado Liberal. 1833 1868 (actualizado)Dudas-Historia
 
Evolución económica durante el franquismo
Evolución económica durante el franquismoEvolución económica durante el franquismo
Evolución económica durante el franquismoDudas-Historia
 

Destacado (13)

Units 9 & 10
Units 9 & 10Units 9 & 10
Units 9 & 10
 
Descolonización e Guerra Fría
Descolonización e Guerra FríaDescolonización e Guerra Fría
Descolonización e Guerra Fría
 
O Ascenso dos Totalitarismos
O Ascenso dos TotalitarismosO Ascenso dos Totalitarismos
O Ascenso dos Totalitarismos
 
Independencia Americana
Independencia AmericanaIndependencia Americana
Independencia Americana
 
Transición hacia la Democracia
Transición hacia la DemocraciaTransición hacia la Democracia
Transición hacia la Democracia
 
A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
 
Vocabulary Lesson 1
Vocabulary Lesson 1Vocabulary Lesson 1
Vocabulary Lesson 1
 
Transición hacia la Democracia
Transición hacia la DemocraciaTransición hacia la Democracia
Transición hacia la Democracia
 
Castro de Viladonga
Castro de ViladongaCastro de Viladonga
Castro de Viladonga
 
A brief history of entrepreneurship
A brief history of entrepreneurshipA brief history of entrepreneurship
A brief history of entrepreneurship
 
Entrepreneurship
EntrepreneurshipEntrepreneurship
Entrepreneurship
 
La construcción del Estado Liberal. 1833 1868 (actualizado)
La construcción del Estado Liberal. 1833 1868 (actualizado)La construcción del Estado Liberal. 1833 1868 (actualizado)
La construcción del Estado Liberal. 1833 1868 (actualizado)
 
Evolución económica durante el franquismo
Evolución económica durante el franquismoEvolución económica durante el franquismo
Evolución económica durante el franquismo
 

Similar a Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesaaialo1
 
T E M A 3 RevolucióN Liberal
T E M A 3  RevolucióN LiberalT E M A 3  RevolucióN Liberal
T E M A 3 RevolucióN Liberalcamposseijo
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema 2. Liberalismo e nacionalismo. A revolución francesa
Tema 2. Liberalismo e nacionalismo. A revolución francesaTema 2. Liberalismo e nacionalismo. A revolución francesa
Tema 2. Liberalismo e nacionalismo. A revolución francesafacemoshistoria
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointsilvanarisitas
 
3 A Revolucion Francesa
3 A Revolucion Francesa3 A Revolucion Francesa
3 A Revolucion FrancesaFhistoria
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)rubempaul
 
A revolución
A revoluciónA revolución
A revoluciónmariamr29
 
Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3David
 
Open office revolución francesa_touro
Open office revolución francesa_touroOpen office revolución francesa_touro
Open office revolución francesa_touroSheilaPanda99
 
Tema 2 Historia Alberto Rivas
Tema 2 Historia Alberto RivasTema 2 Historia Alberto Rivas
Tema 2 Historia Alberto RivasAlberto Rivas
 

Similar a Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo (20)

Liberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismoLiberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismo
 
U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesa
 
U2 av
U2 avU2 av
U2 av
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
T E M A 3 RevolucióN Liberal
T E M A 3  RevolucióN LiberalT E M A 3  RevolucióN Liberal
T E M A 3 RevolucióN Liberal
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Tema 2. Liberalismo e nacionalismo. A revolución francesa
Tema 2. Liberalismo e nacionalismo. A revolución francesaTema 2. Liberalismo e nacionalismo. A revolución francesa
Tema 2. Liberalismo e nacionalismo. A revolución francesa
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
3 A Revolucion Francesa
3 A Revolucion Francesa3 A Revolucion Francesa
3 A Revolucion Francesa
 
Tema3
Tema3Tema3
Tema3
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
 
A revolución
A revoluciónA revolución
A revolución
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Tema 2 Xeografia e Historia
Tema 2 Xeografia e HistoriaTema 2 Xeografia e Historia
Tema 2 Xeografia e Historia
 
Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3
 
Open office revolución francesa_touro
Open office revolución francesa_touroOpen office revolución francesa_touro
Open office revolución francesa_touro
 
Tema 2 Historia Alberto Rivas
Tema 2 Historia Alberto RivasTema 2 Historia Alberto Rivas
Tema 2 Historia Alberto Rivas
 

Más de Dudas-Historia

Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021Dudas-Historia
 
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020Dudas-Historia
 
Tema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade ModernaTema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade ModernaDudas-Historia
 
Obras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidenciaObras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidenciaDudas-Historia
 
Impresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-PosimpresionismoImpresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-PosimpresionismoDudas-Historia
 
Legislation and Human Resources
Legislation and Human ResourcesLegislation and Human Resources
Legislation and Human ResourcesDudas-Historia
 
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade ModernaTema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade ModernaDudas-Historia
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoDudas-Historia
 
Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises Dudas-Historia
 
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975Dudas-Historia
 
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959Dudas-Historia
 
Rafael, Tiziano y otros
Rafael, Tiziano y otrosRafael, Tiziano y otros
Rafael, Tiziano y otrosDudas-Historia
 
Activities in the Company
Activities in the CompanyActivities in the Company
Activities in the CompanyDudas-Historia
 

Más de Dudas-Historia (20)

Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021
 
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
 
Tema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade ModernaTema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade Moderna
 
Obras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidenciaObras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidencia
 
Impresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-PosimpresionismoImpresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-Posimpresionismo
 
Pintura Barroca
Pintura BarrocaPintura Barroca
Pintura Barroca
 
Escultura Barroca
Escultura BarrocaEscultura Barroca
Escultura Barroca
 
Legislation and Human Resources
Legislation and Human ResourcesLegislation and Human Resources
Legislation and Human Resources
 
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade ModernaTema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
 
Franquismo. 1959-1975
Franquismo. 1959-1975Franquismo. 1959-1975
Franquismo. 1959-1975
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
 
Pintura barroca
Pintura barrocaPintura barroca
Pintura barroca
 
Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises
 
Finance
Finance Finance
Finance
 
Finance
FinanceFinance
Finance
 
Bernini como modelo
Bernini como modeloBernini como modelo
Bernini como modelo
 
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
 
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
 
Rafael, Tiziano y otros
Rafael, Tiziano y otrosRafael, Tiziano y otros
Rafael, Tiziano y otros
 
Activities in the Company
Activities in the CompanyActivities in the Company
Activities in the Company
 

Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

  • 1. Liberalismo e Nacionalismo A Revolución Francesa A Revolución Francesa foi un proceso social e político que se desenvolveu en Francia entre 1789 e 1799 cuxas principais consecuencias foron a abolición da Monarquía Absoluta e o nacemento da República, eliminando as bases económicas e sociais do Antigo Réxime. Foi unha das revolucións máis importantes da Historia pois cambiou en gran parte o curso desta: ábrese unha etapa de transformacións políticas e sociais, e con ela dáse inicio ao ciclo revolucionario burgués (1820, 1830, 1848), sendo a orixe das democracias actuais. As causas da Revolución Difusión das ideas da Ilustración (Voltaire, Rousseau, Montesquieu): - Soberanía nacional - Separación de poderes - A igualdade ante a lei, rexeitando a sociedade estamental - Grandes desigualdades da sociedade estamental: - A emerxente burguesía reclamaba a súa participación no poder político - Enorme abismo en canto á situación económica: A pobreza extrema das clases populares fronte ao luxo excesivo da Corte rexia. - Anos de malas colleitas, que encareceron o prezo dos alimentos, provocando un fondo malestar social. - Crise financeira do Estado, que levou a propoñer unha reforma fiscal na que tamén os estamentos privilexiados pagasen impostos O estalido da Revolución Francesa O Rei Luís XVI convocou os Estados Xerais (a reunión dos representantes dos tres estamentos), pois só nos Estados Xerais se poderían aprobar novos impostos. Nos Estados Xerais cada estamento tiña un voto, polo que os privilexiados estaban seguros de que a reforma fiscal non sairía adiante. O Terceiro Estado reclama o voto por persoa, para evitar o veto dos privilexiados, en base ao poder da maioría. Cando llo negan, os representantes do Terceiro Estado reúnense na Sala do Xogo da Pelota, constituíndose como Asemblea Nacional e xurando non disolverse ata aprobar unha Constitución para toda a nación. A Asemblea Nacional recibe o apoio do pobo de París, que toma ao asalto a Bastilla, símbolo do Absolutismo (14 xullo 1789) e polo resto de Francia propágase unha revolta antiseñorial (Le grand peur, O gran medo), incendiando castelos e os arquivos señoriais, reclamando o reparto da terra. A Asemblea Nacional Constituínte abolición o sistema do Antigo Réxime mediante: - A aprobación da Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán. - Todos os homes son cidadáns libres e iguais ante a lei. - Establece o principio da soberanía nacional. - A Constitución Civil do Clero. - Implicou a separación da Igrexa e do Estado.
  • 2. - Aprobación da Constitución (1791). A Asemblea Lexislativa (1791-1792) Constitución de 1791 tiña un carácter bastante moderado: - Define Francia como unha monarquía constitucional, rexida polo principio de soberanía nacional. - Baseada na división de poderes: - O executivo seguía en mans do rei. - O lexislativo, en mans da Asemblea Nacional. - O xudicial, nos tribunais de xustiza. - Establece o sufraxio censatario. Logo de aprobarse a Constitución, elixiuse unha Asemblea Nacional Lexislativa, composta por diversos grupos ideolóxicos: - Moderados monárquicos constitucionalistas. - Xirondinos (burgueses moderados), aínda que republicanos, foron moderando a súa postura e aceptan unha monarquía constitucional. Reclaman o sufraxio censatario. - Xacobinos (burguesía radical republicana), partidarios da República, reclaman o sufraxio universal masculino. Contrarrevolucionarios, que querían a restauración da Monarquía Absoluta. Problemas internos: Malestar entre os sectores máis humildes da poboación polo alto prezo dos alimentos, e oposición dos contrarrevolucionarios, que alentaban unha intervención estranxeira, para restaurar a Monarquía Absoluta. Problemas externos: A Asemblea declara a guerra a Austria por considerala o foco da contrarrevolución. A Fuxida: a familia real tentou fuxir de Francia para buscar axuda nos exércitos austríacos e restaurar a situación, aínda que foron capturados. Isto supuxo a caída en desprestixio da Coroa e a radicalización da Revolución, xa que se proclamou a República. A I República Francesa (1792-1799) A Convención (1792-1794) Aboliuse a monarquía, proclamouse a I República Francesa e elíxese unha nova Asemblea: a Convención. Convención Xirondina (1792 – 1793) - Posturas moderadas. - Xuízo e execución de Luís XVI, acusado de traizón. - A execución da familia real provocou unha Coalición europea contra a Francia revolucionaria. Os primeiros compases da guerra foron desastrosos. - Ademais, a fame e a falta de abastecementos e o perigo de invasión estranxeira propiciou insurreccións dos campesiños. - Debido á debilidade da Convención e ás numerosas ameazas que axexaban a Francia, creouse o Comité de Salvación Pública como principal órgano de goberno, pronto controlado polos xacobinos, que radicalizaron a Revolución. Convención Xacobina (1793 – 1794)
  • 3. Os radicais xacobinos co apoio dos sans-culottes (membros das clases sociais máis baixas), e liderados por Robespeirre, arrestan, xulgan e executan a líderes xirondinos, acusados de contrarrevolucionarios: iníciase o Terror, para acabar cos inimigos da Revolución. Promulgación dunha nova Constitución de 1793, que establece: - A Soberanía popular - O Sufraxio universal masculino. Outras medidas: - Reorganización do exército e novas levas(recrutamento obrigatorio da poboación para servir no exército), logrando cambiar as tornas da guerra contra as potencias europeas - Redistribución da propiedade agraria - Obrigatoriedade e gratuidade da educación primaria - Xullo (Termidor) de 1794.- A Reacción Termidoriana. A burguesía moderada, ante a radicalización dos xacobinos, da un golpe de Estado, executa a Roberspierre e aos seus partidarios e toma de novo o control da Revolución. O Directorio (1795-1799) Termidor (Xullo) de 1794.- A Reacción Termidoriana. A burguesía moderada, ante a radicalización dos xacobinos, executa a Roberspierre e aos seus partidarios e toma de novo o control da Revolución. Aprobación dunha nova Constitución de 1795, de carácter moderado, que establece: - O Sufraxio censatario. - O poder executivo, no Directorio, órgano colexiado composto por cinco “directores”. - O poder lexislativo, dividido en dúas cámaras: o Consello dos Anciáns e o Consello dos Cincocentos. Problemas: revoltas radicais (lideradas polos xacobinos, como a “Conspiración dos iguais”) e dos contrarrevolucionarios, que foron reprimidas: é o Terror Branco. Éxitos militares fronte a Coalición europea co consecuente aumento do prestixio do Exército. Ante as tensións sociais e os problemas económicos, e aínda en guerra contra a Coalición europea, a burguesía conservadora ve con bos ollos un goberno dos militares, que aporte estabilidade: - 18 de Brumario (9 de novembro) de 1799.- Golpe de Estado de Napoleón, derrocando o Directorio e establecendo o Consulado, sendo el mesmo cónsul xunto con Sièyes e Ducos. Napoleón Bonaparte - 1799 Golpe de Estado do 18 de Brumario (9 de novembro) Derrocou ao Directorio Xunto con Sièyes e Ducos formou o Consulado - 1802 Primeiro Cónsul e Cónsul Vitalicio - 1804 Emperador
  • 4. O Goberno de Napoleón O Consulado (1799-1804) Napoleón buscou restaurar a orde e crear un novo réxime político. Reformas: - Políticas, co fin de reconciliar aos franceses despois de anos de loita interna: - Autorizou aos exiliados a regresar a súa patria. - Fixo as paces coa Igrexa católica (Concordato coa Igrexa – 1801), recoñecendo ao Catolicismo como relixión oficial. - Promulgou o CÓDIGO CIVIL (1804), sancionando a igualdade dos cidadáns ante a lei. - Centralización administrativa de Francia, divida en departamentos provinciais gobernados por un prefecto. - Reorganizou e unificou o sistema educativo (rede de liceos) O Imperio: 1804-1814-1815 Desenrolou unha política expansionista: Quería converterse en Emperador de toda Europa, invadindo países e colocando como gobernantes aos seus familiares. O resto de nacións formaron sucesivas Alianzas para enfrontarse a Francia. En 1804 Napoleón Bonaparte fíxose coroar Emperador de Francia polo papa Pío VII nunha cerimonia na catedral de Notre-Dame en París. As Guerras Napoleónicas 1805 Vitoria en Austerlitz (vs. rusos e austríacos). Disolución do Imperio Alemán. 1806 Bloqueo continental a Gran Bretaña, tentando cerrarlle os portos comerciais europeos mediante o illamento económico. 1808 Inicio da Guerra da Independencia española. 1812 Inicio da catastrófica campaña contra Rusia. Fracaso vs. a política de “terra queimada” dos rusos e ante o “Xeneral Inverno”. 1813 Derrota en Leipzig fronte á coalición europea. 1814 Abdicación de Napoleón e desterro á illa de Elba. 1815 Regreso de Napoleón: o Imperio dos Cen Días. Derrota definitiva en Waterloo vs. ingleses e prusianos Desterro en Santa Helena Consecuencias das Guerras Napoleónicas: - Modificación do mapa europeo, creándose novos estados e substituído noutros os monarcas tradicionais por familiares de Napoleón. - Difusión dos ideais da Revolución Francesa. - Desenvolvemento de sentimentos nacionais contra o dominio francés nos territorios conquistados. A Restauración (1815-1830) O Congreso de Viena (1815) foi un encontro internacional das potencias vencedoras de Napoleón (Austria, Rusia, Prusia e Reino Unido) impulsado polo chanceler austríaco Metternich, co
  • 5. obxectivo de restablecer as fronteiras de Europa tras a derrota de Napoleón e voltar á situación política anterior á Revolución Francesa. A reunión tivo como base 5 grandes principios: - Restauración do Absolutismo monárquico. - Lexitimismo monárquico, é dicir, devolveuse o trono ás monarquías tradicionais. Así, en Francia restaurouse a dinastía dos Borbóns, con Luís XVIII. - Equilibrio internacional: pretendíase que non houbese unha potencia hexemónica (dominante) - Intervencionismo. As potencias constitúen a Santa Alianza, co dereito de intervir militarmente nos territorios en que houbese revoltas contrarias á Restauración. - Sistema de Congresos. As potencias celebrarán congresos para tratar e resolver as cuestións problemática en Política Internacional. Exemplo da aplicación destes principios foron os congresos que decidiron a intervención militar das potencias da Alianza para derrotar os levantamentos liberais de 1820 en Nápoles e España. Malia as medidas que se concertaron para manter a raia os inimigos do Antigo Réxime, non se puido evitar a difusión das ideas liberais que provocaron as revolucións de 1830 e 1848. A Europa da Restauración As vagas revolucionarias Malia as medidas que se concertaron no Congreso de Viena para manter a raia os inimigos do Antigo Réxime e as intervencións militares contra as revoltas liberais de 1820, non se puido evitar a difusión das ideas liberais que provocaron as revolucións de 1830 e 1848. Revolucións de 1820: - Revolución liberal en Nápoles (sufocada polas potencias do Congreso de Viena) - Trienio liberal en España (1820-1823) (sufocado polos “Cen mil fillos de San Luís” enviados pola Santa Alianza) - Inicio da insurrección de carácter nacionalista dos gregos contra o dominio turco otomán (conseguen a independencia en 1830 axudados polas potencias europeas) Revolucións de 1830: - Revolución de Xullo en Francia. Deposición do rei absoluto Carlos X e proclamación da monarquía parlamentaria de Luís Filipe de Orleáns. - Levantamento de Bélxica contra o dominio holandés. Revolucións de 1848 (A Primavera dos Pobos): - Revolución en Francia. Deposición de Luís Filipe de Orleáns e proclamación da Segunda República. As medidas democráticas que se tomaron impulsaron unha reacción conservadora e o presidente da República, sobriño de Napoleón, proclamará o Segundo Imperio Francés, nomeándose Napoleón III en 1852. - Na Confederación Xermánica os revolucionarios constitúen un Parlamento en Frankfurt, elixido por sufraxio universal. - No Imperio Austríaco houbo revoltas liberais cun carácter nacionalista, con alzamentos en Hungría, Bohemia, Lombardía (Milán) e o Véneto (Venecia).
  • 6. A Europa das Nacións A Unificación de Italia Situación previa: Península Itálica dividida en diversos Estados (Reino de Piemonte e Sardeña, os Estados Pontificios, o Reino das Dúas Sicilias...) e algúns territorios (Lombardía, Véneto) incorporados polo Imperio Austríaco. Factor favorable: axuda militar de Francia e Prusia. Protagonismo: Piemonte-Sardeña – o rei Vítor Manuel II, o seu primeiro ministro Cavour e o líder militar Garibaldi Etapas: 1859 Alianza do Piemonte co II Imperio francés, que derrotan a Austria. Anexión de Lombardía. 1860 Anexións de Parma, Módena e Toscana e parte dos Estados Pontificios. Paralelamente, unha forza de voluntarios dirixida por Garibaldi permitiu conquistar o sur, o Reino das Dúas Sicilias. 1861 Proclamación de Vítor Manuel II como rei de Italia 1866 Ocupación do Véneto, tras a derrota do Imperio Austríaco contra Prusia. 1870 Ocupación dos Estados Pontificios e Roma, capital do reino (1871). A Europa das Nacións A Unificación de Alemaña Situación previa: Alemaña fraccionada en 39 Estados, con rivalidade entre os dos máis potentes: Austria e Prusia. Factor favorable: 1834 Zollverein (unión aduaneira) e o influxo liberal e nacionalista da revolta de 1848, coa creación do Parlamento en Frankfurt. Protagonismo: Prusia - Guillermo I de Prusia e o seu chanceler Otto von Bismarck, que levará a cabo unha política militarista. Etapas: 1864 Guerra dos Ducados (Schleswig y Holstein) contra Dinamarca. 1866 Guerra austro-prusiana. Tras unha curta pero vitoriosa campaña sobre Austria os prusianos lideran o proceso unificador e forman a Confederación de Alemaña do Norte. 1870-71 Guerra franco-prusiana. Remata coa derrota da Francia de Napoleón III na batalla de Sedán e a proclamación en Versalles do Segundo Reich ou Imperio alemán. Anexión de Alsacia e Lorena.
  • 7. A Europa das Nacións A Unificación de Italia Situación previa: Península Itálica dividida en diversos Estados (Reino de Piemonte e Sardeña, os Estados Pontificios, o Reino das Dúas Sicilias...) e algúns territorios (Lombardía, Véneto) incorporados polo Imperio Austríaco. Factor favorable: axuda militar de Francia e Prusia. Protagonismo: Piemonte-Sardeña – o rei Vítor Manuel II, o seu primeiro ministro Cavour e o líder militar Garibaldi Etapas: 1859 Alianza do Piemonte co II Imperio francés, que derrotan a Austria. Anexión de Lombardía. 1860 Anexións de Parma, Módena e Toscana e parte dos Estados Pontificios. Paralelamente, unha forza de voluntarios dirixida por Garibaldi permitiu conquistar o sur, o Reino das Dúas Sicilias. 1861 Proclamación de Vítor Manuel II como rei de Italia 1866 Ocupación do Véneto, tras a derrota do Imperio Austríaco contra Prusia. 1870 Ocupación dos Estados Pontificios e Roma, capital do reino (1871). A Europa das Nacións A Unificación de Alemaña Situación previa: Alemaña fraccionada en 39 Estados, con rivalidade entre os dos máis potentes: Austria e Prusia. Factor favorable: 1834 Zollverein (unión aduaneira) e o influxo liberal e nacionalista da revolta de 1848, coa creación do Parlamento en Frankfurt. Protagonismo: Prusia - Guillermo I de Prusia e o seu chanceler Otto von Bismarck, que levará a cabo unha política militarista. Etapas: 1864 Guerra dos Ducados (Schleswig y Holstein) contra Dinamarca. 1866 Guerra austro-prusiana. Tras unha curta pero vitoriosa campaña sobre Austria os prusianos lideran o proceso unificador e forman a Confederación de Alemaña do Norte. 1870-71 Guerra franco-prusiana. Remata coa derrota da Francia de Napoleón III na batalla de Sedán e a proclamación en Versalles do Segundo Reich ou Imperio alemán. Anexión de Alsacia e Lorena.