2. Bipolarización e Guerra Fría
Introdución
• A vitoria da Segunda Guerra Mundial puxo fin á alianza dos
vencedores do nazismo.
• A repartición de influencias nos tratados de paz aumentou a
desconfianza entre dúas potencias vencedoras (EEUU e a
URSS) que se acusaban de aproveitar os desastres da
guerra para aumentar a súa esfera de influencia.
• Dende 1945 ata 1991 o mundo estivo dividido en dous
bloques antagónicos, que representaban dúas formas de
organización política, económica e social: o socialista,
dirixido pola URSS, e a capitalista, liderado por EEUU.
• Un infranqueable pano de aceiro, en palabras de Winston
Churchill, dividiu Europa e o mundo enteiro.
3. Bipolarización e Guerra Fría
Eixe cronolóxico
• Desenvólvese entre 1945 e 1991.
• Divídese en tres períodos:
• Guerra Fría (1945-1963)
• Coexistencia pacífica (1963-1979)
• Retorno á Guerra Fría (1980-1991)
• A caída do Muro de Berlín (1989), a apertura da Europa oriental ao mundo
occidental e a descomposición da URSS (1991) supón o remate da Bipolarización e
a Guerra Fría.
4. Fin da II Guerra
Mundial
Restablece: Enfrontamento
entre aliados
Bipolarizació
n das
relacións
internacionais
Pano de aceiro
Doutrina Truman
Plan Marshall
OTAN
OCCIDENTAL
Capitalista
EE_UU
BLOQUES ORIENTAL
Comunista
URSS
Doutrina Jdánov
Plan Molotov
Pacto Varsovia
.
CONFLITOS
Bloqueo de Berlín 1948-9
Guerra de Corea 1950-3
Canal de Suez 1956
Muro de Berlín 1961
Misiles Cuba 1962
CONFLITOS
Oriente Medio 1948-94
Vietnam 1945-75
Afganistán 1979-89
GUERRA FRÍA
CARACTERÍSTICAS
Enfrontamento
bipolar
Non bélico
Ideolóxico
Tensión permanente
FASE ÁLXIDA
(1946-1962)
COEXISTENCIA
PACÍFICA
DISTENSIÓN
(1962-1985)
FACILITADA
Kruschev-
Kennedy
Ostpolitik
Non aliñados
Ruptura China-
URSS
Novas estratexias
de defensa
ACORDOS
Conferencia de
Helsinky.
SALT
FIN DA GUERRA
FRÍA
(1985-1991)
NOVO ORDE
INTERNACIONAL
(ordo americanorum)
CRISE DO SOCIALISMO REAL
5. II Guerra Mundial (1939-1945)
Guerra fría (1947-1991)
1945 Fin da II Guerra Mundial
1946 Formación das Democracias Populares.
Telón de Aceiro.
1947 Inicio da Guerra Fría: d. Truman P.
Marshall/ D.J. P.M.
1948 Bloqueo de Berlín
Fundación do estado de Israel.
McCarthy: caza de meigas.
1949: R.D.A., R.F.A. e R.P. China.
Fundación da O.T.A.N. e do CAME
1970: Inicio da Ostpolitik alemana.
1972: Acordo SALT I.
1975: Conferencia de Helsinky.
Fin da guerra de Vietnam.
1978: Acordo Camp David.
1979: Invasión soviética de Afganistán.
1983: Reagan: guerra das Galaxias.
1985: Gorbachov: secretario xeral do
P.C.U.S.
1989: Caída do muro de Berlín.
Inicios dos cambios na Europa do Leste.
1950 Inicio da guerra de Corea
1955 Conferencia de Bandung.
Fundación do pacto de Varsovia.
1956: Kruschev: desestalinización.
Coexistencia pacífica.
Nacionalización da canle de Suez.
1961: Kennedy a nova fronteira.
Construcción do muro de Berlín.
Belgrado: conferencia de países non
aliñados.
1962: Crise dos misís en Cuba.
1963: Instalación do teléfono Vermello.
1969: Chegada do home á lúa.
1990: Unificación alemana.
1991: Desaparición da URSS.
1994: Clinton: Asociación para a paz.
Acordos Israel-OLP.
6. Bipolarización e Guerra Fría
1. Causas do deterioro das relacións entre aliados
• Tras a 2ªGM os aliados encontraron problemas
para conciliar os diferentes tipos de réximes
políticos, posto que na Europa occidental e oriental
se implantaron modelos políticos, sociais e
económicos antagónicos. A ruptura produciuse
pola toma do poder polos comunistas nos países
de Europa oriental.
• Fórmanse dous bloques ideolóxicos e militares.
Un, liderado por EEUU, formado pola maior parte
dos países de Europa occidental. Outro, liderado
pola URSS, agrupaba os países de Europa
oriental.
7. Bipolarización e Guerra Fría
O Pano de Aceiro
• De Stettin, no Báltico, a Trieste, no Adriático, ergueuse un pano
de aceiro a través do continente. Detrás desta liña están todas
as capitais dos antigos Estados da Europa central e oriental:
Varsovia, Berlín, Praga, Viena, Budapest, Belgrado, Bucarest e
Sofía. Todas estas cidades famosas e as súas poboacións
permanecen no que eu debo chamar área de influencia
soviética e todas están suxeitas, dunha ou doutra forma, non só
á influencia soviética, senón a unhas elevadas e, en moitos
casos, crecentes medias de control dende Moscova.
Unicamente Atenas –Grecia coas súas glorias inmortais- é libre
de decidir o seu futuro nunhas eleccións baixo a supervisión
británica, americana e francesa (...). Os partidos comunistas
que eran moi pequenos nestes países de Europa oriental, foron
elevados ao poder e están pretendendo obter o control
absoluto. En case todos os casos están dominando os
gobernos-policía (...) e non existe verdadeira democracia.
• Churchill. Discurso na Universidade de Fulton, Missouri (5-III-1946)
10. Bipolarización e Guerra Fría
Consolidación de dous bloques antagónicos
• A ruptura entre os aliados desencadeouse en 1947, cando
o presidente dos EEUU Truman marcou tres obxectivos
prioritarios:
a. Contención do comunismo no mundo.
b. Defensa de democracia liberal
c. Axuda a todos os países que loitan contra este.
• Coñécese como a doutrina Truman.
• O seu secretario de Estado, George Marshall, creu que
unha axuda económica para a reconstrución posbélica
constituíría o mellor arma para frear a expansión
comunista e, para iso, presentou o Plan Marshall.
12. Bipolarización e Guerra Fría
Consolidación de dous bloques antagónicos
• A contestación non se fixo esperar a doutrina
Jdanov:
a. Apoiar aos partidos comunistas e ao
movemento obreiro.
b. Liberación colonial en todo o mundo.
c. Como alternativa ao Plan Marshall xurde o Plan
Molotov que pretende esblecer a cooperación
económica entre os países socialistas a través
do CAME ou COMECOM.
14. Bipolarización e Guerra Fría
Diferentes sistemas de alianza
• Dúas alianzas militares e económicas:
• Mundo occidental: 1949 Pacto Atlántico, que
integraba a EEUU, Canadá e dez países da
Europa occidental. Foi a orixe da OTAN. 1948
OECE (transformada actualmente en OCDE
(1961), para fomentar o desenvolvemento
económico dos países de libre mercado.
• Leste europeo: COMECOM (relacións
comerciais no mundo socialista fundada en
1949) e Pacto de Varsovia (1955) alianza militar
dos países socialistas.
18. Bipolarización e Guerra Fría
2. Diferenzas ideolóxicas
• Son claras:
• Bloque americano rexíase pola orde social do
capitalismo, baseada na liberdade económica e na
propiedade privada, e por un réxime político
asentado na democracia liberal, caracterizada por
ser representativa e defender os dereitos e as
liberdades.
• Bloque soviético seguía a ideoloxía do
socialismo, caracterizada pola colectividade da
vida social e económica e un réxime marcado polo
control totalitario do Partido Comunista.
20. Bipolarización e Guerra Fría
3. EEUU líder dos países capitalistas
• A hexemonía americana baseábase na súa potencia
económica-militar e no prestixio político.
• Ata 1953 predominaron o intervencionismo estatal e as leis
sociais; despois produciuse un xiro conservador.
• A partir de 1960 entrou en crise a superioridade americana;
realzándose a economía e a tecnoloxía e tomáronse
medidas para paliar as desigualdades sociais e raciais.
• A economía norteamericana aumentou máis do dobre entre
os anos 1950 e 1973. Neste período tamén aumentaron os
salarios e o consumo de enerxía.
• As causas foron: superioridade económica, militar e
tecnolóxica.
21. Bipolarización e Guerra Fría
4. Características do modelo soviético
• O modelo económico e social soviético da posguerra
caracterizábase por desembocar nun modelo profundamente
desequilibrado: dábaselle prioridade á industria pesada para
desenvolver a industria armamentística en detrimento da de
consumo.
• As melloras no nivel de vida efectuadas eran a garantía para
todos os cidadáns da seguridade social, as pensións, as
vacacións pagas, a vivenda ou a educación, así como o
dereito ao traballo.
• Porén, un sistema político autoritario, a falta de liberdades, o
exceso de burocracia e a ineficacia económica supuxeron un
crecemento económico e un nivel de vida moi limitado que o
dos países occidentais o que provocou o crecente
descontento da poboación e o progresivo colapso do
sistema.
22. Bipolarización e Guerra Fría
7. Síntese: diferenzas. Luces e sombras
• As diferenzas ideolóxicas e económicas: EEUU
democracia liberal e capitalismo. URSS socialismo,
colectivización da vida, totalitarismo político.
• EEUU: pros: liberdade económica, política, avance
tecnolóxico... Contras: fortes desigualdades sociais,
racismo e marxinalidade social, modelo social
consumista, o intervencionismo militar (Vietnam)
propiciou a contestación xuvenil.
• URSS: pros: progresos económicos e sociais
(traballo, pensións, vacacións, vivenda, educación,
sanidade…). Contras: falta dunha economía
competitiva, burocratización do sistema, nivel de
renda baixa, crecente descontento da poboación que
provoca o colapso do sistema.
23. Bipolarización e Guerra Fría
6. Plan Marshall
• Programa de asistencia económica dos
EEUU aos países de Europa a cambio dun
certo control na economía e a contribución
á loita contra o comunismo.
• Ofrecía axudas e créditos que debían
repartirse entre os países que aceptasen.
• Foi o motor da reconstrución da Europa
occidental tras a 2ª GM.
24. Bipolarización e Guerra Fría
7. URSS e aliados ante o Plan Marshall
• Negáronse a aceptar a axuda
americana por entendela como unha
forma de imperialismo utilizada polos
nortamericanos para manter baixo o
seu dominio os países europeos.
(doutrina Jdanov)
• Impulsou o Plan Molotov creación do
COMECOM.
25. Bipolarización e Guerra Fría
8. Alianzas económicas e militares
• As dúas potencias organizaron os seus respectivos
bloques económicos e militares:
• Occidente: Pacto do Atlántico (1949) (EEUU,
Canadá e dez países de Europa Occidental):
OTAN (organismo de cooperación militar) baixo a
dirección de Washington. OCDE (1960) para
fomentar o desenvolvemento dos países de libre
mercado.
• URSS e países do Leste europeo: 1949
COMECOM asociación de axuda económica no
bloque socialista. 1955 Pacto de Varsovia para
garantir militarmente a seguridade e integridade no
territorio comunista.
27. Bipolarización e Guerra Fría
9. Mapa de bloqueo de Berlín
• Tras a guerra, Alemaña foi ocupada polas catro potencias
vencedoras, os EEUU, URSS, Reino Unido e Francia.
• O país dividiuse en zonas de ocupación. De forma análoga, a
cidade de Berlín tamén foi dividida en catro zonas de ocupación.
• En 1948, e como resposta á implantación do sistema comunista na
zona de ocupación soviética de Alemaña, os aliados occidentais
decidiron unificar os seus territorios e crear un Estado federal
alemán. Os soviéticos responderon illando Berlín occidental
(formado polas zonas de ocupación francesa, británica e
norteamericana). Os EEUU estableceron unha ponte aérea para
abastecer a cidade que se mantivo ininterrompidamente ata que en
1949, tras 11 meses de bloqueo, Stalin decidiu pórlle fin ao cerco.
• A crise xerada polo bloqueo de Berlín acelerou a división de
Alemaña en dous estados. A República Federal Alemaña (RFA)
naceu o V-1949 e República Democrática Alemaña (RDA) X-1949.
28.
29. A división de Alemaña.
A crise de Berlín
Acelerou a división de
Alemaña en dous
estados. República
Federal Alemaña (RFA)
naceu oficialmente o
23-V-1949 e República
Democrática Alemaña
(RDA) X-1949
30. Bipolarización e Guerra Fría
10. O muro de Berlín
• Construiuse en agosto de 1961 en substitución do
aramado que dividía Berlín e co obxectivo de parar
as migracións de Oriente e Occidente.
• O Pacto de Varsovia xustifica a construción do
muro para defenderse da propaganda, da
chantaxe e da corrupción da RFA, que incitaba á
fuxida cara o territorio occidental.
• Xustifican a toma de todas as medidas necesarias
para garantir a seguridade da RDA ante o que
consideran unha política agresiva e amezanse da
RFA e os aliados da OTAN.
31. Bipolarización e Guerra Fría
A defensa da construción do muro
• As autoridades gobernamentais e militares da RFA,
usando a propaganda, a chantaxe e a corrupción,
incitan a certos elementos instalados na RDA a
escaparse á Alemaña do Oeste. Esas persoas que
se deixan comprar, son obrigadas a enrolarse no
exército ou son recrutadas (...) como espías ou
sabotadores á RDA (...).
• Fronte a estas agresivas ameazas das forzas
reaccionarias da RFA e dos seus aliados da OTAN,
os Estados do Pacto de Varsovia non poden deixar
de tomar as medidas necesarias para garantir a
seguridade da RDA e o interese do propio pobo
alemán.
• Declaración do Pacto de Varsovia, agosto de 1961.
35. Bipolarización e Guerra Fría
Eu son un berlinés
• Hai dous mil anos, o maior acto de
orgullo era dicir: “Civis romanus sum”.
Hoxe en día, no mundo da liberdade
non poderiamos pensar en maior
orgullo que dicir “Ich bin ein Berliner”.
Hai xente no mundo que non
comprende verdadeiramente, ou que
pretende non comprender, que é o que
está en xogo entre o comunismo e o
mundo libre. Que veñan a Berlín. Hai
outros que afirman que o porvir está no
comunismo. Non teñen máis que vir a
Berlín.
• A liberdade coñece, sen dúbida, moitas
dificultades e a nosa democracía non é
perfecta. Porén, nós nunca
necesitamos erguer un muro para
impedirlle ao noso pobo que fuxa.
• Discurso de J. F. Kennedy en Berlín do Oeste, xuño
de 1963.
36. Bipolarización e Guerra Fría
11. Intención do discurso de Kennedy sobre o muro
• Contrapoñer o sistema político e
económico occidental co soviético.
• O muro de Berlín é o símbolo da
división do enfrontamento entre os
bloques e, para Kennedy, a existencia
do muro indica o fracaso do modelo
comunista, que necesitou da súa
construción para evitar a fuxida dos
seus cidadáns.
38. Bipolarización e Guerra Fría
12. Definición de Guerra Fría, carreira de armamentos,
equilibrio do terror
• Termo creado polo periodista norteamericano Walter Lippman, que se
refire ao sistema de relacións internacionais desenvolvido tras o final
da II Guerra Mundial entre EEUU e a URSS.
• Durante a Guerra Fría desenvolvéronse moitos coflitos, de tipo
ideolóxico, económico, técnico, diplomático e militar, aínda que nunca
nos territorios das dúas potencias.
• Entre eles hai que mencionar a toma do poder por parte comunista de
China (1949), a Guerra de Corea (1953), o conflito pola canle de Suez
(1956), a crise dos misiles en Cuba (1962) e a guerra de Vietnam
(finalizada en 1975).
• Carreira de armamentos: competencia entre as dúas superpotencias
por desenvolver armas, sobre todo nucleares, cada vez máis potentes
e mortíficeras e de maior alcance.
• Equilibrio do terror: capacidade das dúas superpotencias de
destruírse mutuamente, o cal evitaba que calquera delas iniciara un
ataque sobre outra.
40. Bipolarización e Guerra Fría
13. A Guerra de Corea
• Tras a derrota xaponesa na 2ª Guerra Mundial, o norte de
Corea foi ocupado polas tropas rusas, e o sur, a partir do
paralelo 38º, polas tropas estadounidenses.
• Cando en 1949 se produciu a retirada dos soviéticos e
norteamericanos, a división consolidouse, entre unha Corea do
Norte, dirixida polo comunista Kim Il Sung, e unha Corea do Sur
gobernada por unha ditadura militar prooccidental dirixida por
Siman Rhee.
• Estimulado pola vitoria da revolución chinesa en 1950, Stalin
animou os aliados de Corea do Norte a invadir Corea do Sur (1ª
etapa). A ONU condenou a agresión e aceptou o envío dun
contixente de tropas dos EEUU dirixidas polo xeneral McArthur.
• Estas rexeitaron a invasión e iniciaron a súa expansión cara o
norte (2ª etapa).
41. Bipolarización e Guerra Fría
13. A Guerra de Corea (continuación)
• Pero a intervención chinesa obrigounos a retroceder (3ª etapa).
• Para evitar a expansión do conflito, o presidente
norteamericano Truman destituíu o radical e anticomunista
MacArthur que pretendía bombardear a China con armamento
nuclear.
• O enfrontamento durou tres anos e custou máis dun millón de
mortos. Finalizou en 1953 coa firma da Paz de Panmunjom,
que consagrou a división das dúas Coreas.
• A Guerra de Corea é un exemplo de conflito da Guerra Fría. O
conflito ideolóxico, tecnolóxico e militar entre dúas
superpotencias producíase en territorio periférico, a escala
menor e de forma indirecta.
44. Bipolarización e Guerra Fría
14. Guerra de Vietnam (1945-1975)
• No territorio da colonia francesa de Indochina, ao finalizar
a 2ª Guerra Mundial iniciouse unha longa guerra, primeiro
contra Francia e logo contra os EEUU.
• En 1945, as forzas comunistas do Vietminh, lideradas por
Ho Chi Min, proclamaron a independencia.
• Francia non a aceptou e iniciouse unha guerra entre a
guerrilla, que contaba co apoio soviético e controlaba o
norte do país, e o exército francés, que tiña o soporte
estadounidense.
• A guerra finalizou en 1954, coa derrota francesa, e
consolidou a división entre o norte, dirixido por un
goberno comunista, e o sur, cun réxime proccidental.
45. Bipolarización e Guerra Fría
14. Guerra de Vietnam (1945-1975) (continuación)
• Tras a retirada francesa, os EEUU enviaron un
continxente militar en apoio a Vietnam do Sur para evitar
a reunificación do país baixo un réxime comunista.
Iniciouse entón unha nova guerra, na que EEUU
empregou armas mortíferas e con elas masacraron a
poboación vietnamita.
• A denuncia dos métodos utilizados polo exército
norteamericano e a oposición dos mozos
estadounidenses a enrolarse no exército provocaron un
movemento de protesta contra a guerra nos EEUU.
• A pesar da súa superioridade militar, EEUU foi incapaz de
gañar a guerra e iniciou a súa retirada.
• En 1975, as forzas norvietnamitas ocuparon o sur e
implantaron un réxime comunista.
46. Dereita: Guerra de Vietnam (1954-1975)
Arriba: guerrileira norvietnamita toma
como prisioneiro un soldado
norteamericano (Guilles Aillaud, 1968)
47. O xeneral survietnamita Nguyen
Ngoco Loan executa en plena rúa a
un guerrileiro do Vietcong, en
Saigón, o 1 de febreiro de 1968
48. Bipolarización e Guerra Fría
Visión vietnamita na Guerra de Vietnam
• Os vietnamitas nunca fixeron ningún dano aos EEUU, pero
os EEUU (...) intensificaron a agresión militar contra Vietnam
do Norte para prolongar a división do noso país e converter a
Vietnam do Sur nunha colonia e nunha base militar.
• (…) Medio millón de soldados dos EEUU e dos seus aliados
utilizan o armamento máis inhumano e as estratexias
militares máis bárbaras posibles. Usan napalm, armas
químicas tóxicas e gas para masacrar os nosos
compatriotas, destruír as colleitas e arrasar vilas enteiras.
(…)
• Os vietnamitas non se renderán nunca perante a agresión, e
non aceptarán conversacións baixo a ameaza das bombas.
• Carta de Ho Chi Minh ao presidente dos EEUU, 1967.
49. Bipolarización e Guerra Fría
15. Coexistencia pacífica e distensión
• Coexistencia pacífica: período que seguiu á crise
dos misiles, dominado pola distensión e o diálogo. A
isto contribuíron o temor a unha guerra nuclear, o
elevado custe da carreira de armamentos, a
imposibilidade de destruír o rival sen pór en perigo
toda a humanidade, e o cambio de actitude dos
novos dirixentes tanto na URSS como dos EEUU,
que mantiveron relacións directas a través do
teléfono vermello e indirectas a través de
negociacións diplomáticas; o obxectivo deste
contacto permanente entre os líderes políticos era
evitar que calquera incidente puidese desencadear
un conflito armado que tería significado a destrución
do planeta.
50. Bipolarización e Guerra Fría
16. Artífices da coexistencia pacífica
• EEUU: en 1956 foi reelixido o presidente Eisenhower, quen apartou do
poder os sectores máis anticomunistas, como o senador McCarthy.
Tamén lle puxo fin á persecución de sospeitosos de simpatizar co
comunismo (caza de meigas). A elección no ano 1960 dun presidente
demócrata, John F. Kennedy, marcou o envorcamento importante na
política exterior norteamericana. Esta nova orientación baseábase na
non agresión e a non inxerencia nos asuntos internos do outro bloque,
e na creación dunha nova dipolomacia baseada nas conversacións e
nos acordos.
• URSS: tras a morte de Stalin (1953), no XX Congreso do PCUS
celebrado en 1956, o novo secretario xeral, Nikita Jruschov,
denunciou publicamente os erros e os crimes do estalinismo e iniciou
un proceso de desetalinización.
• Tamén se aprobaron as directrices en política exterior que propuñan a
coexistencia pacífica entre os bloques, a non exportación da
revolución e a posibilidade de acceder ao socialismo por diversas vías,
incluída a democrática. Ademais acordouse a disolución do Kominform,
considerado polos occidentais como unha organización ameazadora.
51. Bipolarización e Guerra Fría
Jonh F. Kennedy nos EEUU
• Non pode ser satisfactorio para dous grandes e
poderosos grupos de nacións o seu rumbo actual:
ambas as partes se atopan atafegadas polo custo
das armas modernas, alarmadas pola continua
extensión do átomo mortífero e, no entanto, ambas
as dúas están empeñadas nun incerto equilibrio do
terror (...).
• Debemos analizar os problemas que nos unen en
lugar de insistir nos que nos separan. Que as dúas
partes, por primeira vez, formulen propostas serias e
precisas para a inspección e o control dos
armamentos e que poñan o poder de destruír outras
nacións baixo o control absoluto de todas.
• Discurso do presidente Kennedy, 1960.
52. Bipolarización e Guerra Fría
Nikita Jruschov na URSS
• Vivir en paz e como bos veciños ou ir cara a unha
próxima guerra: esta é a opción ante a que nos
atopamos na URSS, os EEUU e o mundo enteiro.
Unha terceira non existe, se non é que un de nós opte
a mudarse a outro planeta. Os soviéticos non nos
atopamos mal de todo sobre a Terra e creo que vós
non tedes intención de reservar billetes para a Lúa. (...)
• Non fago un chamamento a compartir a nosa
concepción do mundo e non creo que vós pretendades
converternos ao capitalismo. Estou seguro de que vós
credes na vitoria do voso sistema tanto como eu creo
que o socialismo finalmente triunfará. (…)
• Discurso do presidente Jruschov, 1960.
55. Bipolarización e Guerra Fría
17. A crise dos misiles. Como se resolveu?
• En 1959, a guerrilla revolucionaria de Fidel Castro fíxose co poder
en Cuba. A súa política de nacionalización dos recursos
económicos provocou a hostilidade do goberno de EEUU, que
declarou o boicot económico á illa.
• A URSS ofreceulle a súa axuda ao réxime castrista e, en 1960,
ambos países firmaron un tratado de cooperación económica e
militar, consolidando así a aproximación cubana ao bloque
comunista.
• O momento de máxima tensión viviuse en 1962 cando, ante a
ameaza de que a URSS instalaría misiles nucleares na illa,
Kennedy ordenou o bloqueo naval de Cuba para impedir a
chegada das pezas nucleares que transportaban os barcos
soviéticos.
• Finalmente, despois de días de angustia, Jruschov ordenou o
regreso dos barcos que se dirixían cara a Cuba e comprometeuse
a retirar as armas nucleares. Como contrapartida, Kennedy
levantou o bloqueo naval á illa.
58. Bipolarización e Guerra Fría
18. Esquema sobre os principais conflitos
Guerra de Corea Guerra de Vietnam Crise dos misiles
Cronoloxía 1950-1953 1945-1975 1962
Localización
xeográfica
Corea Norte e Corea Sur Indochina., sudeste de
Asia
Cuba
Países implicados EEUU, URSS e China Vietnam do Norte,
Vietnam do Sur, Francia e
EEUU
EEUU, URSS e Cuba
Militares e políticos
destacados
MacArthur, Truman,
Stalin, Kim Il Sung e
Sygman Rhee
Ho Chi Minh, Kennedy,
Johnson, Nixon
Kennedy, Kruschov e
Fidel Castro
Causas Invasión de Corea do
Sur por parte de Corea
do Norte
Proclamación da
independencia por Ho Chi
Minh
Ameaza de misiles
soviéticos en Cuba
Desenvolvemento Stalin estimulou a invadir
Corea do Sur...
Ao finalizar a 2ª GM, a
proclamación da
independencia...
En 1959 a guerrilla
revolucionaria tomou o
poder en Cuba...
Consecuencias División das dúas
Coreas e carreira de
armamentos.
Ocupación de Vietnam do
Sur. Réxime comunista e
retirada dos EEUU
Retirada da URSS e
levantamento do
bloqueo naval dos EEUU
61. Sociedade de
consumo:
american way of
life.
A neveira símbolo
do confort e da
modernidade da
sociedade
capitalista de
consumo.
Anuncio
norteamericano de
1956.
62. Desigualdades sociais en EEUU.
Marcha pola igualdade social encabezada por Martin Luther
King en Alabama (1965)
63. Loita contra a segregación racial.
A muller negra Rosa Parks sentada no asento de autobús
reservados aos brancos. Consecuencias:
65. Bipolarización e Guerra Fría
19. Influencia soviética. Pacto de Varsovia e COMECOM
• Tras a 2ª GM a influencia soviética estendeuse
por Europa Oriental, Polonia, Checoslovaquia,
Hungría, Bulgaria, Romanía, Iugoslavia, Albania
e RDA: democracias populares.
• Pacto de Varsovia: acordo de cooperación
militar das repúblicas populares do Leste de
Europa. Contrarrestar a ameaza da OTAN.
Creado en 1955.
• COMECON: Europa do Leste menos Iugoslavia.
Mercado Común dos países socialistas.
66. Bipolarización e Guerra Fría
20. Países da Europa do Leste
• Creáronse sistemas políticos similares ao da URSS.
O partido comunista instalouse no poder como
partido único, toda oposición ou disidencia foi
prohibida e perseguida, e unha burocracia de
afiliados ao partido fíxose coa administración do país.
• A nivel económico a propiedade agraria e industrial
pasou maioritariamente a mans do Estado e a
imitación do modelo soviético, intentouse levar a
cabo unha rápida industrialización baseada na
industria pesada. A produción pasou a estar dirixida
polo Estado a través de plans quinquenais, que
impuñan os ritmos de produción e os prezos.
68. Bipolarización e Guerra Fría
21. Jruschov a desestalinización
• Á morte de Stalin (1953) Jurschov promoveu
a desestalinización, intentando pórlle fin á
represión indiscriminada e ao culto a Stalin,
para mellorar o nivel de vida da poboación,
estableceu novas medidas económicas co fin
de aumentar a produción, sobre todo a
agrícola.
• A política exterior baseouse na aplicación
dunha coexistencia pacífica entre os
bloques.
69. A URSS tiña un
sistema político
autoritario no que o
poder estaba en
mans dun único
partido o PCUS, a
oposición era
perseguida e non se
respectaban as
liberdades.
Tras a morte de
Stalin (1953),
Jruschov incia a
desestalinización,
intentando parar a
represión
indiscriminada e
esblecendo novas
medidas económicas
para mellorar a
produción sobre
todo agrícola.
73. Bipolarización e Guerra Fría
22. Áreas de expansión do comunismo durante a Guerra Fría
• Ademais de Europa do Leste. Tamén:
• Na revolución China (1949). No en tanto, en 1956 rompeu coa
URSS e implantou un modelo propio baseado nas comunas
populares.
• Revolución Cubana (1959).
• Latinoamérica: impulsou guerrillas comunistas e
antiimperialistas. 1979 triunfou en Nicaragua e alentou o
movemento guerrileiro en El Salvador e Guatemala.
• Proceso descolonizador: África: Alxeria, Libia e África
subsahariana (Angola, Mozambique…). Asia: apoio a Corea do
Norte e sudeste asiático: Laos, Camboia e Vietnam.
• Actualmente países socialistas: Cuba.
76. Bipolarización e Guerra Fría
23. Causas do colapso do modelo soviético
• Tres razóns:
a. Estancamento económico.
b. Baixo nivel de vida.
c. Falta de liberdades.
• Todo isto condicionou o descontento social que puxo en cuestión o
sistema.
• A nivel económico, o mantemento do gasto de defensa, que
consumía a maior parte do orzamento soviético, reduciu
enormemente a oferta de alimentos e bens de consumo básicos,
obrigando a poboación a realizar grandes esforzos para conseguilos.
Atraso considerable na innovación tecnolóxica.
• A disidencia fronte o modelo de partido único foi crecendo.
78. Bipolarización e Guerra Fría
24. Gorbachov: as súas propostas de reforma
• En 1985 accede ao poder un novo dirixente político: Gorvachov.
• Denuncia os problemas económicos da URSS: ineficacia,
corrupción, incapacidade para atender as necesidades da
poboación, baixa produtividade...
• Denuncia a incapacidade do sistema político e administrativo, que
baixo unha aparente unidade ideolóxica, se baseaba na mentira
oficial, a hipocresía e o cinismo.
• As reformas resúmense na persestroika, un plan para revitalizar a
economía e aumentar a produción de bens de consumo a partir da
intrudición do espírito de empresa pero sen suprimir a propiedade
coletiva. No ámbito político, a glanost suprimiu a censura, inicio a
reforma das institucións introduciu certa democratización ao
recoñercerse os partidos políticos. Tamén estimulou aos países do
bloque soviético que iniciasen a senda reformista.
• Propiciouse o diálogo con EEUU para negociar os conflitos e
avanzar no desarmamento.
85. V. Moukhina: O obreiro e a
koljosiana (1937).
Deneika: Donbass (1947)
86. Bipolarización e Guerra Fría
26. Caída do muro de Berlín
• En novembro de 1989 en Alemaña
Oriental, unha forte mobilización popular
forzou o goberno comunista á apertura
do muro de Berlín.
• O símbolo da Guerra Fría e da división
do mundo en bloques caía de forma
pacífica.
• Os países da Europa do Leste foron
abandonando o modelo socialista.
88. Bipolarización e Guerra Fría
27. Evolución da URSS a partir de 1991
• A partir de 1991, Rusia herdou moitos dos
problemas da URSS. Por un lado, os
enfrontamentos entre etnias e nacionalidades
diversas, tales como as rivalidades entre as
diferentes repúblicas do Caúcaso como Armenia,
Xeorxia e Azebaixán.
• O conflito máis grave estivo en Chechenia, onde o
exército ruso intervén duramente para impedir a
secesión do territorio e a actividade terrorista das
guerrillas chechenas. Por outro lado, tamén herdou
a crise económica resultado da rápida privatización
que conduciu ao afundimento caótico da
propiedade estatal, unha enorme suba dos prezos,
o aumento do paro e o empobrecemento da
poboación.
89. O conflito de Chechenia foi un
dos múltiples problemas que
apareceron tras a disolución da
URSS
90. Bipolarización e Guerra Fría
28. A desaparición de Iugoslavia
• Viuse afectada polo florecemento dos nacionalismos, contidos ou
reprimidos na época socialista, que desembocaron nunha terrible
guerra entre as distintas nacionalidades que a conformaban.
• Bosnia-Herzegovina localizábanse tres minorías étnicas ou
relixiosas: serbios, croatas e musulmáns-bosnios.
• Neste territorio produciuse o conflito máis cruento, como
consecuencia dos enfrontamentos de carácter étnico e relixiosos
entre serbios e bosnios musulmáns.
• Co apoio do exército, os serbios de Bosnia desencadearon unha
verdadeira “limpeza étnica” contra os musulmáns.
• Finalmente en 1995 acadouse un acordo segundo o cal Bosnia
lograba a independencia e se establecía un sector croata musulmán
e outro serbio, con grande autonomía para ambos, pero dentro dun
estado único.