SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 100
UNIDADE 5. A INDUSTRIA
ZONA FRANCA DE BARCELONA
0. O SECTOR SECUNDARIO: DEFINICIÓN
TIPO DE ACTIVIDADES QUE O COMPOÑEN
► As actividades económicas que transforman as
materias primas en produtos elaborados ou en
semielaborados forman parte do sector secundario.
A actividade máis importante deste sector é a
industria e é o tipo de actividade que máis encaixa
coa definición anterior.
► A minería, aínda que é unha actividade extractiva e
non transformadora, forma tamén parte deste
sector aos que se suman a produción enerxética e a
construción.
► En resume as actividades económicas que
comprende o sector secundario son a industria,
minería, fontes de enerxía e construción.
SECTORES EN ESPAÑA S.1º S. 2º S. 3º
1900 68,0% 15,0% 17,0%
1910 64,0% 16,0% 20,0%
1920 59,0% 22,0% 19,0%
1930 48,0% 31,0% 21,0%
1940 51,0% 24,0% 25,0%
1950 50,0% 25,0% 25,0%
1960 41,7% 31,8% 26,5%
1965 33,2% 35,5% 31,3%
1970 29,0% 37,3% 33,6%
1975 21,0% 38,1% 40,9%
1980 19,5% 37,1% 43,4%
1989 12,3% 30,4% 57,3%
1996 8,1% 30,0% 61,9%
2000 6,6% 31,3% 62,2%
2005 5,2% 29,6% 65,2%
2011 4,54% 21,36% 74,1%
Fte. Instituto Nacional de Estadística
1. As materias primas.
As materias primas de orixe mineral
► Chamamos materias primas a aqueles recursos
extraídos da natureza que nos serven para
transformar en produtos elaborados ou
semielaborados. Éstas clasifícanse segundo a súa
orixe como orgánicas (de orixe vexetal ou animal)
ou mineral.
► Xa se falou na unidade dedicada ao sector primario
sobre as materias de orixe orgánica. Neste
apartado falarase daquelas materias primas de
orixe mineral (ver cadro).
CLASIFICACIÓN DAS MATERIAS PRIMAS
MATERIAS PRIMAS MINERAIS
METÁLICOS
FÉRRICOS
- Ferro.
- Cromo.
- Manganeso.
- Niquel.
- Pirita.
- Volframio...
NON FERRICOS - Cobre.
- Chumbo.
- Aluminio (Bauxita).
- Mercurio...
NON METÁLICOS
ROCHAS INDUSTRIAIS
- Fosfatos.
- Potasas.
- Cuarzo.
- Lousas.
- Granito.
- Mármore.
- Arxilas.
- Caolín...
PRECIOSOS - Ouro.
- Prata.
- Platino.
ORGÁNICAS
ORIXE VEXETAL - Algodón.
- Liño...
ORIXE ANIMAL - Pel.
- Lá...
MINA A CEO ABERTO
MINAS DE RIO TINTO
Instituto Xeolóxico Mineiro
MTI.Blog
MINA ESCAVADA
1.1. Minerais: metálicos e non metálicos
► A primeira división que se fai sobre os minerais é se
estes son metálicos ou non.
► Os primeiros son necesarios para elaborar metais,
atópanse en pequenas cantidades na natureza polo que é
necesario facer minas subterráneas ou a ceo aberto
para chegar a eles. Dentro destes os dividiremos en
férricos (se existe unha porcentaxe importante deste
metal) e non férricos (se non hai presenza deste).
► O segundos teñen unha finalidade distinta á obtención
de metais. Denomínanse tamén como minerais
industriais posto que se utilizan na química,
construción... Dentro destes destacan as rochas
industriais (áridos, aglomerados, rochas de construción,
vidro e produtos cerámicos) que se extraen, xeralmente,
en canteiras ou minas a ceo aberto.
Os minerais metálicos
 Son os máis utilizados na transformación industrial
sobre todo na industria de base como a siderurxia[1]
ou metalurxia. Ata hai moi poucos anos existían
bastantes minas de ferro, pirita, chumbo, cinc, cobre,
mercurio, volframio e estaño que foron rematando a súa
actividade recentemente.
 O ferro é un mineral básico na industria siderúrxica. Foi
a materia prima clave da primeira revolución industrial.
Na actualidade sigue sendo o mineral estrela na
industria. España pasou do autoabastecemento e
exportación a importación do 100% deste mineral
(peche das minas das Encartaciones en Vizcaya ou de
pirita en Riotinto).

[1] Chámase siderurxia a metalurxia relacionada coa fundición do
ferro.
Os minerais metálicos
► O chumbo emprégase fundamentalmente nos acumuladores de
enerxía. Os xacementos máis importantes estaban situados en
Linares-La Carolina (Jaén). O cinc utilízase nas aliaxes,
anticorrosivo e na industria eléctrica. O xacemento máis
importante pechou no 2003 (Reocín, Cantabria). O cobre úsase para
material eléctrico. As reservas máis importantes atópase en
Riotinto (Huelva). O mercurio utilizouse para instrumentos de
precisión, pilas ou pinturas. As minas de Almadén (Ciudad Real)
(pechadas no 2001) eran as máis importantes do Mundo. O
volframio utilizouse para os carburos, química, mecánica
ferroaliaxes e compoñentes eléctricos. Actualmente todas as minas
están pechadas. Na provincia da Coruña era onde se situaban as
minas máis importantes.
► Se observas a táboa anterior observarás que actividade mineira de
produtos metálicos practicamente está paralizada na actualidade
importándose o 100% destas materias primas.
► Outros minerais dos que España non ten reservas pero que son moi
importantes para a produción de bens industriais e ten que
importar na súa totalidade son a bauxita, para elaborar aluminio;
titanio, na industria química; manganeso, como ferroaliaxe e na
industria química; o níquel, para producir aceiros inoxidables e o
cromo, na industria metalúrxica.
ANTIGA MINA DE VOLFRAMIO
MONTE NEME (CARBALLO)
PRODUCIÓN MINERAIS METÁLICOS 2011
1º   2º 3º   4º 5º   6º
RES
TO 
MUN
DO
TOTAL   
 (millóns 
tm) 
(ouro 
millóns 
kg)
MINERAL   % %   % %   % % %
BAUXITA AUSTRALIA 28% INDONESIA 17% CHINA 15% BRASIL 14% GUINEA 7% XAMAICA 4% 16% 248
CHUMBO INDIA 34% AUSTRALIA 12% USA 10% PERÚ 6% MÉXICO 5% RUSIA 5% 29% 12,8
CINC CHINA 32% AUSTRALIA 8% PERÚ 8% USA 7% MÉXICO 6% CANADÁ 5% 35% 16,2
COBRE CHILE 41% CHINA 19% PERÚ 14% USA 9% AUSTRALIA 3% ZIMBABWE 2% 12% 26,3
CROMO SUDÁFRICA 50% KAZAKASTÁN 13% INDIA 7% TURQUÍA 5% FINLANDIA 5% ZIMBABWE 2% 17% 4,7
ESTAÑO MYANMAR 42% INDONESIA 26% PERÚ 9% BOLIVIA 7% BRASIL 3% VIETNAM 2% 11% 0,3
FERRO CHINA 44% AUSTRALIA 16% BRASIL 15% INDIA 6% RUSIA 3% UCRAÍNA 3% 13% 3012
NÍQUEL FILIPINAS 18% RUSIA 15% INDONESIA 12% CANADÁ 12% AUSTRALIA 12% N. CALEDONIA 7% 24% 1,826
OURO CHINA 14% AUSTRALIA 11% USA 9% RUSIA 7% SUDÁFRICA 7% PERÚ 6% 46% 2,6
Informe WMP 2011
1.2. Os minerais non metálicos
► Estes minerais utilízanse basicamente na construción e na industria
química. Os xacementos están moi dispersos por todo o territorio.
► Como exemplo, as potasas (os seus xacementos atópanse en concas
terciarias de orixe lacustre e estes van dende Navarra á provincia
de Barcelona) empréganse na agricultura como abono e na industria
química como colorante para xabóns, medicamentos ou vidros. A súa
produción diminuíu por ser pouco rendibles. A produción de sal
(tanto sal xema como mariño) é moi alta. Cantabria sitúase á cabeza
da extracción de sal xema utilizada para a fabricación de sosa e
noutras industrias químicas. O sal mariño extraese de salinas
situadas na rexión suratlántica e mediterránea. O seu uso é
fundamentalmente alimentario. As salinas máis antigas sitúanse en
San Fernando (Cádiz) e Torrevieja (Alicante). O espato fluor, úsase
na industria química e metalúrxica o xacemento máis importante
está en Asturias. A magnesita utilízase para a produción de
cementos, pasta de papel e pensos compostos. O caolín serve para a
produción de cerámica e sanitarios, as arxilas especiais como a
sepiolita ou a bentonita destínase fundamentalmente a construción.
Co cuarzo elabóranse cristais para óptica e industria de precisión
(reloxos...). O feldespato utilízase na industria química e como
fertilizante agrícola.
MINA DE CAOLÍN
CASTRELO (VIMIANZO)
MAGNESITA
RUBIÁN (BÓVEDA)
Canteira de granito. Porriño
Canteira de lousa. Valdeorras
Canteira de mármore. Macael (Almería)
 As fontes de enerxía son recursos naturais a partir dos cales é
posible obter formas de enerxía necesarias para o funcionamento
de industrias, transportes e para usos domésticos.
 As fontes de enerxía pódense clasificar en catro grupos:
 Primarias ou finais.
 Segundo a posibilidade de que se esgoten, as fontes de enerxía
poden ser renovables e non renovables.
 En función da súa importancia económica, as fontes de enerxía
clasifícanse en tradicionais e alternativas.
 Desde un punto de vista ambiental: contaminantes e non
contaminantes.
2. Fontes de enerxía: definición
e clasificación
2.1.Fontes de enerxía tradicional
 O carbón. Na actualidade, emprégase principalmente
como combustible para a produción de enerxía
térmica.
 O petróleo. É a fonte de enerxía máis utilizada, xa
que posúe un gran poder calorífico, e é doado de
extraer e de transportar.
 Gas natural. Emprégase como combustible ou como
materia prima na industria química. O seu consumo é
cada vez maior.
 Enerxía hidráulica. É a enerxía da auga acumulada
nos encoros, que se utiliza para obter electricidade.
 Enerxía nuclear. Os combustibles nucleares son unha
fonte de enerxía. Nas centrais nucleares, un
reactor xera a calor necesaria para obter
electricidade.
2.1.1. O carbón

Rocha sedimentaria fósil e combustible.

Existen tres tipos de carbón: antracita, hulla formado na era
primaria durante o período Carbonífero e lignito entre finais da
era secundaria e principios da terciaria.

Estes carbóns diferéncianse, ademais do momento da súa
formación, polo seu poder calorífico, contido en carbono e grao
de pureza.

A hulla destilada denomínase coque e utilízase para fundición
siderúrxica. Ademais do anterior, os principais usos do carbón é
para a fundición en metalurxias e e a produción (térmica) de
enerxía eléctrica. O lignito só se usa para a produción de
enerxía eléctrica. O 80% do carbón utilízase para a produción
termoeléctrica e o 20% restante para industria siderúrxica e
cemento.

Salientan pola súa produción China, Estados Unidos, India e
Australia (ver táboa)
CARBÓN 2011 (Tm)
PAÍS PRODUCIÓN %
CHINA 3.520.000.000 45%
USA 992.750.000 13%
INDIA 627.570.000 8%
AUSTRALIA 425.751.000 5%
INDONESIA 350.000.000 5%
RUSIA 334.000.000 4%
SUDÁFRICA 252.756.844 3%
ALEMAÑA 189.462.000 2%
POLONIA 139.295.700 2%
KAZAKHASTÁN 101.044.958 1%
RESTO DO MUNDO 818.503.429 11%
EL BUSTIELLO
POBOADO MINEIRO
CONCA DO ALLER. ASTURIAS
EL BUSTIELLO
POBOADO MINEIRO
CONCA DO ALLER. ASTURIAS
MUMI
Concas mineiras es España
►
Rexión astur-leonesa: É a rexión máis importante. Explótanse as minas de
hulla e antracita. Os xacementos asturianos son os que máis sobresaen xa
dende 1/3 do s. XIX ata os nosos días. A conca central comprende as
minas hulleras do val do Nalón con centro en Langreo e do Caudal con
centro en Mieres. No conxunto de León e Palencia ten unha producción
predominante a antracita. En León os principais distritos produtores son os
do val do Bierzo, Fabero, Villablino, e La Robla.
► Rexión de Serra Morena e proximidades: Comprende as provincias de
Badajoz, Ciudad Real, Córdoba e Sevilla. Os xacementos de Puertollano
(Ciudad Real) que abastecen a central térmica e complexo industrial desta
localidade. En Córdoba existen núcleos carboníferos en Bélmez e
Peñarroya-Pueblonuevo.
► Zona de Cataluña e Aragón: produción de lignito en Cataluña as concas
de Figols e Alto Llobregat. Aragón: Utrillas e Teruel.
► Outras áreas: Galicia esgotouse a explotación de lignito nos xacementos
de As Pontes e Meirama (A Coruña). Baleares: en Mallorca hai xacementos
que se explotaban (Alaró, Benisalem e Alcudia) cunha central térmica nesta
última localidade que sirve para subministrar combustible á illa.
► Lago das Pontes. Xaneiro 2011
Central térmica
de As Pontes
Mina de lignito das Pontes
Antes e despois
2.1.2. O petróleo

O petróleo é un aceite mineral composto por unha mestura de
hidrocarburos formado pola descomposición de restos animais e
plantas que quedaron almacenados en capas xeolóxicas.

O petróleo utilízase como fonte de enerxía. E doado de
extraer e transportar. Tamén pode ser utilizado como materia
prima (plásticos, pinturas, deterxentes...).

Ten un problema de reserva (ao ritmo de produción e consumo
actual esgotarase entre 30 e 40 anos).

Os máximos produtores son: Arabia Saudí, Rusia, USA,
Irán e China.

A produción española é escasa. As sondaxes que se levaron a
cabo dende 1958, tanto en terra como en zonas mariñas, deron
resultados mediocres, e actualmente tan só están en
explotación as plataformas da costa de Tarragona Amposta e
Ayoluengo (Burgos) (a punto de pechar ou semipechada), cunha
producción de 0,13 millóns de toneladas ao ano.

Esta produción non cubre máis que o 0,19% do consumo
interno español.
PRODUCIÓN DE PETRÓLEO NO MUNDO 2011 (Tm)
PAÍS PRODUCIÓN %
ARABIA SAUDÍ 525.800.000 13%
RUSIA 509.000.000 13%
USA 360.155.048 9%
IRÁN 205.800.000 5%
CHINA 203.646.000 5%
MÉXICO 151.687.000 4%
EAU 150.100.000 4%
CANADÁ 145.000.000 4%
KUWAIT 140.000.000 4%
VENEZUELA 139.600.000 4%
IRAK 136.900.000 3%
NIXERIA 117.400.000 3%
BRASIL 113.400.000 3%
NORUEGA 100.289.000 3%
ANGOLA 85.200.000 2%
KAZAKHASTÁN 80.060.900 2%
ALXERIA 74.300.000 2%
QATAR 71.100.000 2%
REÍNO UNIDO 63.498.000 2%
COLOMBIA 45.433.683 1%
INDONESIA 45.150.000 1%
OMAN 44.100.000 1%
AZERBAIAN 43.195.200 1%
RESTO DO MUNDO 429.000.044 11%
Petróleo en Ayoluengo (Burgos)

En xuño de 1964 brotou por
primeira vez o petróleo da
Lora, na provincia de
Burgos.

Ayoluengo, Valdeajos e
Sargentes, tres pequenos
pobos do páramo, adicados
por aquel entón á pataca de
semente, atopáronse de
repente rodeados de
xornalistas, políticos,
enxeñeiros e especuladores.

Todos buscaban a súa parte
do pastel negro, todos
querían ser protagonistas da
nova Texas española. Bienvenido Mr. Marshall
James Dean. Xigante
A historia repítese
PREZO DO BARRIL DE PETRÓLEO (BRENT)
1970 1,8 $
1974 10 $
1980 30 $
1990 40 $
2001 30 $
2008 (xaneiro) 100 $
2008 (agosto) 147,5 $
2009 (xuño) 60 $
2012 (10 de abril)
2014 (1 de abril)
122,73 $
101,11 $
Pozo petrolífero en Ayoluengo (Burgos)
Plataforma petrolífera na costa de Tarragona
Oleoduto
Procedencia do petróleo

O petróleo representa en España (48% da
demanda enerxética no 2007)

A principal fonte de enerxía, o que obriga a
importar o 99,80% do cru procedente no 2005
de México (15,2%), Rusia (12,3%), Nixeria
(11,8%), Libia (10,3%), Arabia Saudí (9,4%), Irán
(8,4%), Irak (6%), Alxeria (5%), Noruega (4,6%),
Guinea Ecuatorial (3,2%), Angola (2,8%),
Camerún (2,5%), Kazastán (2,1%), Venezuela
(1,8%), Resto (4,6%).
Refinerías de petróleo
► Se a produción é escasa, non o é no seu
refinado. A variedade de produtos
petrolíferos e as súas aplicacións son
numerosas, especialmente para o
transporte e a industria (gasóleo, gasolinas
para o transporte; naftas e queroseno para
a petroquímica que produce xofre,
amoníaco, acetona, plásticos, fertilizantes;
asfaltos, aceites lubricantes, produción de
electricidade...). En España hai un total de
nove refinarías (oito situadas na costa e
unha no interior.
EMPRESA LOCALIDADE CAPACIDADE DE
REFINADO (millóns
de t de cru/ano)
CEPSA San Roque (Cádiz) 12
La Rábida (Huelva) 5
Sta. Cruz Tenerife 4,5
Meicende (A Coruña) 6
Puertollano (C. Real) 7,5
Cartagena 5,5
Tarragona 9,4
Castellón 6
Somorrostro (Vizcaya) 11
TOTAL 66,9
Ler artigo
2.1.3. O gas natural
► Fonte de enerxía cunha orixe similar á do petróleo, xa que é un
hidrocarburo gasoso composto por etano e metano e que se atopa na codia
terrestre, ás veces ao lado do petróleo. O consumo pasou dun 2,4% en 1980
da demanda final enerxética a un 21,3% no ano 2007 en España. Utilízase
como combustible (calefacción e electricidade) ou materia prima (industria
química). Úsase cada vez máis que o petróleo e o carbón posto que
contamina menos.
► Rusia, USA e Países Árabes son os principais produtores.
► España só produce o 0,5% da súa demanda os xacementos localízanse nas
marismas do Guadalquivir, Golfo de Vizcaya (La Gaviota) e o Serrablo no
Pireneo aragonés. O 99,5% hai que importalo. Ata 1979 o principal país
importador era Libia. Actualmente (datos do ano 2005) é Alxeria (43,3%
do total de importacións). Outros países son Nixeria (15,2%), Qatar
(14,8%), Exipto (9%), Noruega (5,3%).
► Transporte por gasoductos: gasoducto Mogreb-Europa (entrada por
Xibraltar) e barcos metaneiros (plantas de regasificación): Mugardos-
Ferrol, Musel Gijón, Bilbao, Barcelona, Sagunto-Valencia, Cartagena,
Huelva, Tenerife e Gran Canarias cada unha. A rede de gasoductos, dada a
forte demanda destes últimos anos, e moito máis ampla e complexa que a
de oleoductos.
PRODUCIÓN DE GAS NATURAL 2011 (m3)
PAÍS PRODUCIÓN %
RUSIA 669.000 20%
USA 651.292 19%
IRÁN 151.800 4%
QATAR 146.800 4%
CANADÁ 145.285 4%
CHINA 102.500 3%
NORUEGA 101.376 3%
ARABIA SAUDÍ 99.200 3%
ALXERIA 78.000 2%
PAÍSES BAIXOS 76.431 2%
INDONESIA 75.555 2%
EXIPTO 61.300 2%
MALAISIA 61.260 2%
TURKMENISTÁN 59.500 2%
UZBEKISTÁN 57.000 2%
MÉXICO 52.500 2%
EAU 51.700 2%
AUSTRALIA 51.268 2%
REÍNO UNIDO 47.790 1%
RESTO DO MUNDO 663.408 19%
Novo gasoducto
Alxeria-Almería
Planta regasificadora (Mugardos)
2.1.4. A enerxía nuclear
 Obtense actualmente por fisión (separación de
átomos pesados de uranio), aínda que está en
experimentación a súa produción por fusión
(unión de isótopos lixeiros de hidróxeno
(deuterio ou tritio), que produce helio e grandes
cantidades de enerxía). A fusión nuclear é moi
complicada de producir posto que reacción
prodúcese a temperaturas de cen millóns de
graos centígrados e non se conseguiu probar o
inicio nin o control da reacción nuclear. España
colabora no proxecto internacional ITER con
sede en Cadarache (Francia) para construír un
reactor capaz de producir este tipo de enerxía
e que sexa rendible economicamente.
PRODUCIÓN ENERXÍA NUCLEAR MUNDO
País Reactores Potencia (Mw)
Potencia media
por reactor
EEUU 104 100.747 969
Francia 58 63.610 1097
Xapón 54 46.821 867
Rusia 32 22.693 709
Corea do Sur 21 18.698 890
India 20 4.391 220
Reino Unido 19 10.137 534
Canadá 18 12.565 698
Alemaña 17 20.490 1205
Ucraína 15 13.107 874
China 13 10.058 774
Suecia 10 9.298 930
España 8 7.514 939
URANIO 2011
PAÍS PRODUCIÓN %
KAZAKHASTÁN 19.451 35,79%
CANADÁ 8.923 16,42%
AUSTRALIA 5.886 10,83%
NÍXER 4.159 7,65%
NAMIBIA 3.262 6,00%
UZBEKISTÁN 3.000 5,52%
RUSIA 2.993 5,51%
USA 1.537 2,83%
CHINA 1.500 2,76%
MALAWI 998 1,84%
UCRAÍNA 890 1,64%
SUDÁFRICA 656 1,21%
INDIA 400 0,74%
BRASIL 265 0,49%
R. CHECA 252 0,46%
ROMANÍA 77 0,14%
ALEMAÑA 51 0,09%
PAQUISTÁN 45 0,08%
TOTAL 54.345 Toneladas m.
Central nuclear
de Trillo (Guadalajara)
A enerxía nuclear
 Na actualidade, os grupos de presión económica favorables a
esta enerxía están intentando defender este modelo
mediante os seguintes argumentos: as centrais nucleares
melloraron moito en tecnoloxía, son moi seguras e non emiten
de CO2 .
 O principal problema que presenta a enerxía de fisión é: a
dependencia externa no enriquecemento de uranio e na
tecnoloxía; os riscos, a pesar dos sistemas de seguridade
existente; e, sobre todo, o almacenamento de residuos
radioactivos. Actualmente se realiza na mina de El Cabril
(Córdoba).
 A produción de uranio obtíñase dos xacementos de Saelices
el Chico (Salamanca) e Don Benito (Badajoz) paralizados no
ano 2002. Actualmente impórtase o 100% de uranio. A
maioría provén de Níxer.
 Por último sinalar que mentres na actualidade España ten
oito reactores nucleares activos, Francia ten 58. A cantidade
de enerxía que aporta ao sistema eléctrico español é do 20%
fronte ao 80% francés.
NUCLEARES FUNC. CESE MW
ZORITA-GUADALAJARA 1968 2006 160
GAROÑA-BURGOS 1971 2009[1] 466
ASCÓ I-TARRAGONA 1982 1.033
ASCÓ II-TARRAGONA 1985 1.027
VANDELLÓS-I TARRAGONA 1972 1989 480
VANDELLÓS-II TARRAGONA 1988 1.087
COFRENTES-VALENCIA 1984 1.092
ALMARAZ I-CÁCERES 1980 980
ALMARAZ II-CÁCERES 1983 984
TRILLO I-GUADALAJARA 1987 1.043
TRILLO II-GUADALAJARA MORATORIA
VALDECABALLEROS I-BADAJOZ MORATORIA
VALDECABALLEROS II-BADAJOZ MORATORIA
LEMÓNIZ I-VIZCAYA MORATORIA
LEMÓNIZ II-VICAYA MORATORIA
Central nuclear
en activo
Central nuclear
parada ou desmantelada
Almaraz I e II
Valdecaballeros I e II
Lemóniz I e II
Garoña
Zorita
Trillo I e II
Cofrentes
Ascó I e II
Vandellós I e II
Cementerio nuclear
El Cabril
ENERXÍA NUCLEAR
Petróleo
Carbón
Refinerías petróleo
Gas natural
Reservas de uranio
Oleoducto
Gasoducto
LOCALIZACIÓN DE XACEMENTOS, TRANSPORTE E TRANSFORMACIÓN DE COMBUSTIBLES FÓSILES
Regasificadora
2.1.5. A enerxía hidroeléctrica
• Salientan pola súa produción de hidroelectricidade Canadá,
China, Estados Unidos, Noruega e Xapón.
• España contaba ao redor de 1300 centrais hidroeléctricas
(2006) con 18.466 MW (23,4% da potencia eléctrica)
8,4% da produción enerxética do Estado.
• A distribución por bacías sería a seguinte:
• 1º Vertente cantábrica e galaica: subministra moita
enerxía grazas ao réxime regular dos ríos e á forza das
augas que salvan niveis considerables. É de destacar o
sistema hidraúlico da cunca do Miño-Sil. As empresas
eléctricas están estudiando na actualidade a creación de
proxectos de microcentrais[1]. No 2011 esta vertente
xerou o 33% da enerxía hidroeléctrica española da que o
22% correspondeu a Galicia.
•
[1] Microcentral: central hidráulica con menos de 10 Mwh de potencia. A produción enerxética compútase pola Rede
Eléctrica de España como réxime especial, non como réxime ordinario.
Encoro de Aldeávila (Salamanca)
o de maior potencia en España
A enerxía hidráulica
• 2º Bacía do Duero: Sobre todo na área
fronteiriza con Portugal. Destaca o encoro
de Aldeávila (Salamanca), inaugurado en
1962, que é a central de maior potencia da
de toda Europa Occidental e o encoro da
Almendra (río Tormes) que é o de maior
vaso de toda a Península. Tamén destaca o
sistema hidraúlico de Ricobayo (Zamora).
No 2011 xerou o 26,1% da produción
hidroeléctica do estado. Aínda que é
habitual na maioría dos anos que sexa a
principal conca produtora.
A enerxía hidráulica
• 3º Bacía do Ebro As características físicas o
permiten (afluentes da marxe esquerda que
teñen o nacemento nos Pireneos: precipitacións
regulares, fortes pendentes que fomentan a
creación de saltos) e pola demanda de enerxía da
zona industrial de Barcelona á que hai que
sumarlle, a partir dos anos sesenta, Zaragoza. Os
pantanos dos ríos Noguera-Pallaresa (Tremp e
Camarasa), Noguera-Ribagorzana, Segre, Aragón
xunto coa presa de Flix no mesmo Ebro, son as
realizacións máis importantes deste conxunto.
Xerou no 2011 o 18,7% de España.
Encoro de Belesar
no río Miño
A enerxía hidráulica
• 4ºCuncas suratlánticas: bacías do Tajo, Guadiana
e Guadalquivir: Empezouse a explotar
tardiamente. Os pantanos de Buendía e
Entrepeñas, no Tajo, embalsan grande cantidade
de auga e o pantano de Cíjara é o máis importante
do Guadiana. Os pantanos do Guadalquivir
alimentan centrais de pouca potencia. 22% da
produción.
• 5º Os ríos levantinos e sudorientais precisan
encoros para regular as súas augas escasas e
torrenciais. O encoro de Alarcón no Júcar e o
máis importante. A produción hidroeléctrica é moi
pequena (0,3%)
• O aproveitamento dos saltos de auga en España
está acercándose ao seu límite.
2.2. Enerxías alternativas
• O esgotamento das enerxías tradicionais non
renovables como o carbón ou o petróleo e a
contaminación que xeran fan desexable a súa
substitución por outras fontes de enerxía.
• Na actualidade hai un grande interese por
desenvolver fontes de enerxía alternativas que
son, polo xeral, renovables e pouco contaminantes.
• As fontes de enerxía alternativas máis desenvoltas
son a enerxía solar e a enerxía eólica.
• Son: eólica, biomasa, solar, xeotérmica e
maremotriz
2.2.1. Eólica
• Actualmente é a fonte de enerxía máis importante
dentro das renovables o seu crecemento foi moi
importante na última década debido a dúas causas:
redución dos custos e incremento da potencia
instalada nos parques eólicos. A produción
eléctrica xeraba o 75,25% da enerxía eléctrica de
todas as renovabeis no 2007 se exceptuamos a
enerxía hidráulica) e produciu ese mesmo ano o
9,2% de toda a demanda de enerxía eléctrica do
país. As principais áreas xeradoras son as dúas
Castelas, Galicia, Andalucía e Aragón.
Parque eólico do cabo
Vilaño (Camariñas)
Enerxía eólica: potencia instalada (MW) a 01/01/2009
Castilla-La Mancha 3.415,61 20,40%
Castilla-León 3.334,04 19,92%
Galicia 3.145,24 18,79%
Andalucía 1.794,99 10,72%
Aragón 1.749,31 10,45%
Navarra 958,77 5,73%
C. Valenciana 710,34 4,24%
La Rioja 446,62 2,67%
Cataluña 420,44 2,51%
Asturias 304,30 1,82%
País Vasco 152,77 0,91%
Murcia 152,31 0,91%
Canarias 134,09 0,80%
Cantabria 17,85 0,11%
Baleares 3,65 0,02%
Extremadura 0,00 0,00%
Madrid 0,00 0,00%
TOTAL 16.740,33 100%
Fte. Observatorio da Asociación Empresarial Eólica.
ENERXÍA EÓLICA: POTENCIA ELÉCTRICA INSTALADA
(MW)
1980 1998 2000 2004 2008 2011
6 835 2.292 8.317 16.740 21.091
Fte. IDAE. REE. Elaboración propia. *Superouso a previsión do PER 2005-2010 en máis de 1000 MW..
2.2.2. Biomasa e biogás
• Obtense da combustión e fermentación de
materia orgánica de orixe agrícola,
gandeira, forestal. Xera enerxía por
combustión directa ou por transformación
en biogás ao fermentar. Destacan en
produción Andalucía e as dúas Castelas.
Está en fase embrionaria a denominada
biomasa verde, cultivo de plantas ricas en
azucres (cereais e remolacha) ou en graxas
(xirasol e colza) destinadas a produción de
hidrocarburos líquidos destinados ao
transporte (biocombustible).
Biodiesel
Planta de biodiesel
Sarrión (Teruel)
2.2.3. Solar
• Obtense a partir da radiación solar. España ten o potencial
enerxético máis alto de Europa dado que o 70% do seu territorio
conta con máis de 2.500 horas anuais de sol. A enerxía solar
clasifícase como térmica (pasiva e activa), fotovoltaica e
termoeléctrica. Chamamos térmico pasivo ao aforro enerxético dos
edificios en función ao illamento e orientación. A enerxía solar
térmica activa precisa de paneis solares para quentar a auga e as
calefaccións das vivendas. As Comunidades Autónomas que máis
equipos teñen instalados son Andalucía, Cataluña, Canarias e
Baleares.
• As centrais fotovoltaicas utilizan paneis de silicio para transformar
a enerxía solar en electricidade. Existen grandes centrais en
provincias como Toledo, Madrid e Alicante. Tamén estase
difundindo cada vez máis na paisaxe as denominadas hortas solares
(agrupacións en parcelas de pequenas instalacións fotovoltaicas).
• A enerxía solar termoeléctrica, tanto de media como alta
temperatura, utiliza grandes paneis de espellos para producir vapor
que se transformará en enerxía eléctrica. A central máis
importante está en Sanlúcar la Mayor (Sevilla). A enerxía solar só
cubre na actualidade o 3% da demanda de electricidade en España
(2011). Aínda que se incrementou notablmente no último cuatrienio
(representaba o 0,2% no 2007)
Térmica pasiva
a construción como eficiencia enerxética
Térmica activa
paneis solares para quentar auga
Grupo Carme
Antes
da rehabilitación
Centrais fotovoltaicas
Central fotovoltaica
hortas solares
Enerxía solar termoeléctrica
Enerxía solar termoeléctrica
Planta de Sanlúcar la Mayor (Sevilla)
2.2.4. Outras enerxías renovables
• Xeotérmica: utiliza a auga quente ou vapor
subterráneo. Úsase a calefacción de
invernadoiros (Murcia, Granada, Tarragona)
ou uso doméstico e balnearios (Ourense e
Lleida), ou para a obtención eléctrica.
• Maremotriz: utilización da forza das ondas
do mar para a produción de enerxía.
Actualmente está en fase experimental en
Santoña (Cantabria) e Mutriku (Guipúzcoa).
3. A INDUSTRIA
3.1. Un pouco de historia
 O traballo artesanal. Con anterioridade á industria,
os artesáns elaboraban os seus produtos
manualmente, aínda que se axudaban das
ferramentas propias do seu oficio.
 Os inicios da industrialización. No século XVIII
substitúense o traballo manual e as ferramentas
pola máquina-ferramenta. As máquinas aumentaron
a produtividade.
 As máquinas instaláronse en fábricas ou factorías
situadas nas cidades ao utilizar o carbón como
fonte de enerxía.
 A industria actual. Caracterízase pola
automatización e sofisticación dos seus procesos, a
redución de man de obra e a fabricación de
produtos cada vez máis diversos.
ELABORA O ESQUEMA DAS FASES DE
INDUSTRIALIZACIÓN NO MUNDO
FASES 1ª 2ª 3ª
Cronoloxía
Principais países que se
incorporan
Fontes de enerxía
Materias primas
Inventos clave
Sectores industriais
Medios de transporte
Organización do
traballo
Capital
Organización obreira
ESQUEMA DAS FASES DE
INDUSTRIALIZACIÓN NO MUNDO
FASES 1ª 2ª 3ª
Cronoloxía
Principais países que
se incorporan
Fontes de enerxía
Materias primas
Inventos clave
Sectores industriais
Medios de transporte
Organización do
traballo
Capital
Organización obreira
Finais do XVIII-
mediados do XIX.
Gran Bretaña, Bélxica.
Carbón.
Ferro, algodón.
Máquina de vapor.
Téxtil, siderurxia.
Ferrocarril, barco de
vapor
Aparición da fábrica.
Pequeno e mediano
capital
Ludismo e aparición
dos sindicatos.
1870-1945
Alemaña, EE_UU,
Xapón.
Petróleo,
electricidade.
Cobre, bauxita,
fostatos.
Motor de explosión.
Metalurxia, químico,
automoción,
electrodomésticos
Automóbil, avión.
Taylorismo e
Fordismo.
Gran capital.
Concentración
horizontal e vertical:
trust, holding, cartel.
1960 á actualidade.
Novos Países
Industriais asiáticos,
latinoamérica.
Nuclear, enerxías
alternativas.
Novos materiais.
Electrónica, robótica,
informática.
Microelectrónica,
robótica, informática.
Non hai novidades.
Robotización dos
procesos.
Gran capital.
Crise do modelo
socialista. Crise do
modelo sindical.
MODELO FORDISTA
2ª FASE DA
R. INDUSTRIAL
ROBOTIZACIÓN
3ª FASE DA
R. INDUSTRIAL
Tempos Modernos
3. A INDUSTRIA
3.2. Tipos de industria
 As industrias presentan características diversas e
admiten numerosas clasificacións. Un criterio de
división é segundo o destino dos produtos
fabricados. Pódense distinguir:
 Industrias de bens de produción. Elaboran
produtos que non se consomen directamente senón
que son produtos semielaborados, que serven como
materia prima doutras industrias. Adoita chamarse
tamén industria pesada.
 Industrias de bens de uso e consumo. Producen
artigos que van destinados directamente ao
mercado e aos consumidores. Adoitan denominarse
tamén industrias lixeiras.
T
I
P
O
DE BENS DE PRODUCIÓN
OU PESADAS
(Concentrada
xeograficamente)
BÁSICAS
OU
PRIMEIRA
ELABORACIÓN
EXTRACTIVAS OU
MINEIRAS[1]
Minas e canteiras.
METALURXIA Siderurxia e
metalurxia.
QUÍMICA PESADA Refinerías, celulosas,
explosivo, ácido
sulfúrico..., colorantes,
adubos, corrosivos.
PRODUCIÓN DE ENERXÍA Hidráulica, térmica,
nuclear.
DE EQUIPO CONSTRUCIÓN OU
ASIMILADAS
Productos cerámicos e
vidros.
Material mecánico
construcción, industria
da madeira.
METALURXIA DE
TRANSFORMACIÓN OU
MECÁNICAS
Utillaxe industrial e
agrícola.
Material para
transporte.
Material eléctrico ou
mecánico.
Farmacia, cosmética, perfumería, tinturas,
plásticos...
Confección e moda, coiro (calzado,
marroquinería, guantes...), pel.
Conserveiras, azucreiras, lácteos, etc.
Turismos.
[1] A minería, a pesar de ser un sector extractivo e non transformador, estatisticamente está considerado como unha actividade do sector secundario.
3. A INDUSTRIA
3.3. Industria punta
• As industrias pódense clasificar segundo o
seu nivel técnico. Denomínanse industrias
punta aquelas que utilizan as tecnoloxías
máis avanzadas e recentes como a
microelectrónica, as telecomunicacións, a
informática, etc.
• Caracterízanse porque requiren un persoal
moi preparado e especializado, e por
manter equipos de investigación numerosos
que implican investir moito capital.
PARQUE TECNOLÓXICO DE ZAMUDIO (VIZCAYA)
EUSKATEL
• A unidade básica da actividade industrial é
a empresa. As empresas pódense clasificar
das seguintes formas:
• Clasificación segundo o tamaño. Poden ser
pequenas empresas, medianas ou grandes
empresas.
• Clasificación segundo a organización.
Poden ser sociedades limitadas ou
sociedades anónimas.
• Clasificación segundo a procedencia do
capital. Poden ser públicas ou privadas.
3. A INDUSTRIA
3.4. Clasificación da empresa industrial
• A concentración da empresa industrial pode ser
horizontal ou vertical.
• Concentración horizontal. Únense varias empresas
dun mesmo sector, como por exemplo a agrupación
de empresas que explotan o carbón ou o petróleo.
• Concentración vertical. Agrúpanse empresas que
fabrican distintos produtos dun mesmo sector. Por
exemplo, no sector téxtil agrúpanse empresas de
fiados, confección, etc.
• Exemplos: holding, cartel ou pool (oligopolio), trust
(monopolio).
3. A INDUSTRIA
3.5. Concentración empresarial
3.6. FACTORES DE LOCALIZACIÓN
Localización do tecido industrial
FACTORES DE LOCALIZACIÓN EN FUNCIÓN DE ACTIVIDADE REALIZADA
1. Proximidade ás materias primas ou fontes de enerxía.
2. Custo da enerxía.
3. Prezo do terreo.
4. Dispoñibilidade de auga abundante.
5. Dispoñibilidade de moito espacio.
6. Actividade industrial illada de núcleos de poboación.
7. Bos medios de comunicación terrestres ou porto.
8. Proximidade ao centro de consumo do produto.
9. Disposición de man de obra.
10. Custo da man de obra.
CEMENTEIRA (Básica) CONFECCIÓN (Consumo)
1,2,4,6,7: Moi importante.
5,8: Importante.
3,9,10: Pouco importante.
3,9,10 Moi importante.
1,2,4,5,6,7,8 Sen importancia.
3.7. Rexións industriais
• As rexións industriais máis
importantes sitúanse en Europa, nos
Estados Unidos e no Xapón. Tamén hai
centros industriais na China, Corea do
Sur, México ou no Brasil.
A rexión máis importante de Europa é a do Rhur en Alemaña, que no século XIX desenvolveu
unha industria siderúrxica moi potente, grazas ás súas minas de carbón. Hoxe es´ta integrada nunha gran
rexión industrial que se estende desde Reino Unido ata o Norte de Italia, pero que desde finais do século
XIX entrou en proceso de decadencia e fonda desconcentración, deslocalización e desestruturación cara os NPI
En EEUU a rexión máis extensa sitúase no Nordés
e o sur dos Grandes Lagos. Zonas ricas en ferro e
carbón.. Desenvolveuse a industria siderúrxica e
mecánica e entraron en crise en 1980. A alta
tecnoloxía atópase no Pacífico en California como
no sur do país
Xapón é unha gran
potencia. Mecánica e
electrónica. Illas do sur:
Tokio, Yokohama, Osaka
e Nagoya.
China: Shangai e
lexte de China.
Investimento
estranxeiro. Man
de obra barata
Taiwan, Corea do
Sur, Filipinas e
Indonesia, Hong
Kong, Singapur,
Bangkok
desenvolveron
maquinaria,
electrónica,
confección e
calzado
India con núcleos
tradicionais
situados no curso
do Ganxes con
centro en Calcuta
e na zona de
Bombai.
Actualmente
centros en
Bangalobre:
tecnoloxía
avanzada.
México
desenvolve
Industria
inducida de
EEUU
América do Sur: Sao
Paulo (automóbiles e
industria química)
No Sueste: relacionado con
EEUU e SE asiático
Menos
industrial.
Sudáfrica
3.8.Principais sectores industriais en España
SECTORES CARACTERÍSTICAS ÁREAS
Siderurxia Freou pola competencia exterior País Vasco e Asturias
Metalurxia
transformación
Maquinaria, ferramentas,
electrodomésticos, aparellos de
precisión...
Barcelona, Madrid e País
Vasco
Naval Afectado pola competencia exterior.
Predomina o arranxo de barcos
Vigo, Ferrol, Bilbao,
Cataxena, Cádiz
Automóbil En alza e boa tecnoloxía. Exportación Vigo, Valladolid, Barcelona,
Valencia, Zaragoza, Vitoria,
Pamplona, Madrid
Química Moi variado: petroquímica, plásticos,
pinturas, medicina...
Madrid, País Vasco, Cataluña
e Andalucía
Alimentación Moi espallada por toda España Cataluña, Valencia, Andalucía,
Murcia, La Rioja e Navarra
Alta tecnoloxía Parques tecnolóxicos Tres Cantos (Madrid), El
Vallés (Barcelona) Zamudio
(Biscaia)
Outros sectores Téxtil (Cataluña, Valencia), coiro e calzado (Valencia, Baleares), papel
e artes gráficas (Cataluña, Madrid, Valencia, País Vasco)...
INDUSTRIA EN ESPAÑA 2009
SECTOR Ocupados Facturación
Industria extractiva e do petróleo 40.305 1,8% 32.063 € 6,5%
Alimentación, bebida e tabaco 368.190 16,7% 92.443 € 18,6%
Téxtil, confección, coiro, calzado 141.747 6,4% 14.791 € 3,0%
Madeira e cortiza 68.981 3,1% 6.961 € 1,4%
Papel, edición, artes gráficas 123.408 5,6% 18.868 € 3,8%
Industria química 124.273 5,6% 44.694 € 9,0%
Caucho e materias plásticas 99.132 4,5% 16.457 € 3,3%
Produtos minerais non metálicos diversos 145.388 6,6% 23.734 € 4,8%
Metalurxia e fabricación metálica 351.714 16,0% 54.593 € 11,0%
Maquinaria e equipo mecánico 114.056 5,2% 17.514 € 3,5%
Material electrónico e óptico 106.073 4,8% 22.560 € 4,5%
Material de transporte 190.202 8,6% 58.953 € 11,9%
Manufacturas diversas 189.598 8,6% 17.151 € 3,5%
Enerxía, auga e residuos 136.467 6,2% 75.514 € 15,2%
TOTAL 2.199.534 496.296 €
3.9. A industria en Galicia
• O proceso de industrialización será moi tardío. A partir
dos anos cincuenta e sesenta iniciarase este proceso ligado a
política dos Polos de Desenvolvemento centrados na área
de A Coruña e Vigo-Porriño ou a creación da Grande Área
de Expansión Industrial de Galicia (1975) que levou esta
expansión a concellos como Vilagarcía de Arousa.
• A estrutura industrial galega a comezos do 2008 tiña as
seguintes características: un 30% de poboación ocupada
no sector secundario dos que un 18,5% correspondía á
industria e un 11,5% á construción. Os niveis do sector son
moi parecidos coa media española. Predominio da pequena
empresa e con pouca innovación tecnolóxica. Moitas das
actividades industriais teñen forte impacto ambiental como
a celulosa de Pontevedra, a refinería e fábrica de aluminio de
A Coruña, a fábrica de aluminio de San Cibrao-Cervo ou
Carburos Metálicos en Cee.
3.9.A industria en Galicia
3.9.1. Sectores
• A actividade industrial concéntrase no eixe atlántico que rematan en dous nodos: a área
metropolitana de Vigo e o Golfo Ártabro (vertebrado pola A Coruña e Ferrol). Destacan os
seguintes sectores:
• Industria naval: centrada en Ferrol e Vigo e empregando a 10.000 traballadores. A antiga
Empresa Nacional Bazán que fabrica barcos para a mariña de guerra actualmente denominada
Navantia-Ferrol. A empresa ASTANO pertencente ao grupo Pastor e posteriormente integrada
no INI que sufriu un importante proceso de reconversión industrial nos anos oitenta: Navantia-
Fene e Barreras-Vigo.
• Industria agroalimentaria: conserveiras e conxelado de peixe preferentemente nas Rías
Baixas destaca Pescanova. vinícolas, lácteas, avícolas e carne: COREN.
• Industria automóbil: Citröen en Vigo con máis de 6.000 empregos e moitas industrias
auxiliares. Destaca en Santiago a fabricación de carrozarías (Castrosúa) ou vehículos especiais
(URO) asociada ao (I+D+i).
• Industria de madeira e pasta de papel. FINSA en Santiago, pequenos e mediados serradoiros
e fábricas de mobles. Fábrica de celulosa ENCE en Pontevedra.
• Industria téxtil: INDiTEX, Adolfo Domínguez.... Arteixo-A Coruña, Vigo-Redondela e Ourense.
Pequenos obradoiros dispersos por case tódalas comarcas galegas, moitos deles afectados
pola deslocalización.
• Industria metalúrxica de alumnio: A Coruña e San Cibrao (Xove-Cervo).
• Industria química: petroquímica de A Coruña.
• Industria farmaceútica: Zeltia en Vigo.
• Sectores punta: telecomunicacións: Televés en Santiago. É importante a presenza do parque
tecnolóxico de San Cibrao das Viñas (Ourense) onde están situadas 83 empresas de sectores
emerxentes en I+D+i.
Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Más contenido relacionado

Destacado

La primera república española (1873 1874)
La primera república española (1873 1874)La primera república española (1873 1874)
La primera república española (1873 1874)
dudashistoria
 

Destacado (15)

Río Monelos
Río MonelosRío Monelos
Río Monelos
 
A pesca en España e Galicia
A pesca en España e GaliciaA pesca en España e Galicia
A pesca en España e Galicia
 
Tempo e clima en España
Tempo e clima en EspañaTempo e clima en España
Tempo e clima en España
 
A economía española cifras macroeconómicas 2015
A economía española cifras macroeconómicas 2015A economía española cifras macroeconómicas 2015
A economía española cifras macroeconómicas 2015
 
O medio rural e as actividades agropecuarias en España
O medio rural e as actividades agropecuarias en EspañaO medio rural e as actividades agropecuarias en España
O medio rural e as actividades agropecuarias en España
 
A auga. Hidrografía en España
A auga. Hidrografía en EspañaA auga. Hidrografía en España
A auga. Hidrografía en España
 
Poboación estranxeira en España 2016
Poboación estranxeira en España 2016Poboación estranxeira en España 2016
Poboación estranxeira en España 2016
 
O espazo urbano en España
O espazo urbano en EspañaO espazo urbano en España
O espazo urbano en España
 
Poboación España 2016
Poboación España 2016Poboación España 2016
Poboación España 2016
 
Parques nacionais de España
Parques nacionais de EspañaParques nacionais de España
Parques nacionais de España
 
IES ELVIÑA E OS BARRIOS
IES ELVIÑA E OS BARRIOSIES ELVIÑA E OS BARRIOS
IES ELVIÑA E OS BARRIOS
 
Poboación estranxeira en Galicia
Poboación estranxeira en GaliciaPoboación estranxeira en Galicia
Poboación estranxeira en Galicia
 
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en EspañaAs paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España
 
La primera república española (1873 1874)
La primera república española (1873 1874)La primera república española (1873 1874)
La primera república española (1873 1874)
 
Minería e fontes de enerxía en España e Galicia
Minería e fontes de enerxía en España e GaliciaMinería e fontes de enerxía en España e Galicia
Minería e fontes de enerxía en España e Galicia
 

Similar a Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía (20)

Tema 6 Actividade Industrial
Tema 6 Actividade IndustrialTema 6 Actividade Industrial
Tema 6 Actividade Industrial
 
Recursos minerais - Laura N e Alba R
Recursos minerais - Laura N e Alba RRecursos minerais - Laura N e Alba R
Recursos minerais - Laura N e Alba R
 
Recursos Minerales
Recursos MineralesRecursos Minerales
Recursos Minerales
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
O sector secundario
O sector secundarioO sector secundario
O sector secundario
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
Tema 9.
Tema 9.Tema 9.
Tema 9.
 
Xeografia
XeografiaXeografia
Xeografia
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
Xeo2 sector secundario.Contidos
Xeo2 sector secundario.ContidosXeo2 sector secundario.Contidos
Xeo2 sector secundario.Contidos
 
Tema 9 - Xeografía.
Tema 9 - Xeografía.Tema 9 - Xeografía.
Tema 9 - Xeografía.
 
Tema 9 traballo xeografía
Tema 9 traballo xeografíaTema 9 traballo xeografía
Tema 9 traballo xeografía
 
Os espazos industriais en españa
Os espazos industriais en españaOs espazos industriais en españa
Os espazos industriais en españa
 
Unidade 6 Industria Mac
Unidade 6 Industria MacUnidade 6 Industria Mac
Unidade 6 Industria Mac
 
O coltán pdf
O coltán pdfO coltán pdf
O coltán pdf
 
Recursos
RecursosRecursos
Recursos
 
Tema 6 Os Espazos Industriais
Tema 6 Os Espazos IndustriaisTema 6 Os Espazos Industriais
Tema 6 Os Espazos Industriais
 

Más de Agrela Elvixeo

O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
Agrela Elvixeo
 

Más de Agrela Elvixeo (20)

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 

Último

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 

Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

  • 1. UNIDADE 5. A INDUSTRIA ZONA FRANCA DE BARCELONA
  • 2. 0. O SECTOR SECUNDARIO: DEFINICIÓN TIPO DE ACTIVIDADES QUE O COMPOÑEN ► As actividades económicas que transforman as materias primas en produtos elaborados ou en semielaborados forman parte do sector secundario. A actividade máis importante deste sector é a industria e é o tipo de actividade que máis encaixa coa definición anterior. ► A minería, aínda que é unha actividade extractiva e non transformadora, forma tamén parte deste sector aos que se suman a produción enerxética e a construción. ► En resume as actividades económicas que comprende o sector secundario son a industria, minería, fontes de enerxía e construción.
  • 3. SECTORES EN ESPAÑA S.1º S. 2º S. 3º 1900 68,0% 15,0% 17,0% 1910 64,0% 16,0% 20,0% 1920 59,0% 22,0% 19,0% 1930 48,0% 31,0% 21,0% 1940 51,0% 24,0% 25,0% 1950 50,0% 25,0% 25,0% 1960 41,7% 31,8% 26,5% 1965 33,2% 35,5% 31,3% 1970 29,0% 37,3% 33,6% 1975 21,0% 38,1% 40,9% 1980 19,5% 37,1% 43,4% 1989 12,3% 30,4% 57,3% 1996 8,1% 30,0% 61,9% 2000 6,6% 31,3% 62,2% 2005 5,2% 29,6% 65,2% 2011 4,54% 21,36% 74,1% Fte. Instituto Nacional de Estadística
  • 4. 1. As materias primas. As materias primas de orixe mineral ► Chamamos materias primas a aqueles recursos extraídos da natureza que nos serven para transformar en produtos elaborados ou semielaborados. Éstas clasifícanse segundo a súa orixe como orgánicas (de orixe vexetal ou animal) ou mineral. ► Xa se falou na unidade dedicada ao sector primario sobre as materias de orixe orgánica. Neste apartado falarase daquelas materias primas de orixe mineral (ver cadro).
  • 5. CLASIFICACIÓN DAS MATERIAS PRIMAS MATERIAS PRIMAS MINERAIS METÁLICOS FÉRRICOS - Ferro. - Cromo. - Manganeso. - Niquel. - Pirita. - Volframio... NON FERRICOS - Cobre. - Chumbo. - Aluminio (Bauxita). - Mercurio... NON METÁLICOS ROCHAS INDUSTRIAIS - Fosfatos. - Potasas. - Cuarzo. - Lousas. - Granito. - Mármore. - Arxilas. - Caolín... PRECIOSOS - Ouro. - Prata. - Platino. ORGÁNICAS ORIXE VEXETAL - Algodón. - Liño... ORIXE ANIMAL - Pel. - Lá...
  • 6. MINA A CEO ABERTO MINAS DE RIO TINTO Instituto Xeolóxico Mineiro MTI.Blog
  • 8. 1.1. Minerais: metálicos e non metálicos ► A primeira división que se fai sobre os minerais é se estes son metálicos ou non. ► Os primeiros son necesarios para elaborar metais, atópanse en pequenas cantidades na natureza polo que é necesario facer minas subterráneas ou a ceo aberto para chegar a eles. Dentro destes os dividiremos en férricos (se existe unha porcentaxe importante deste metal) e non férricos (se non hai presenza deste). ► O segundos teñen unha finalidade distinta á obtención de metais. Denomínanse tamén como minerais industriais posto que se utilizan na química, construción... Dentro destes destacan as rochas industriais (áridos, aglomerados, rochas de construción, vidro e produtos cerámicos) que se extraen, xeralmente, en canteiras ou minas a ceo aberto.
  • 9. Os minerais metálicos  Son os máis utilizados na transformación industrial sobre todo na industria de base como a siderurxia[1] ou metalurxia. Ata hai moi poucos anos existían bastantes minas de ferro, pirita, chumbo, cinc, cobre, mercurio, volframio e estaño que foron rematando a súa actividade recentemente.  O ferro é un mineral básico na industria siderúrxica. Foi a materia prima clave da primeira revolución industrial. Na actualidade sigue sendo o mineral estrela na industria. España pasou do autoabastecemento e exportación a importación do 100% deste mineral (peche das minas das Encartaciones en Vizcaya ou de pirita en Riotinto).  [1] Chámase siderurxia a metalurxia relacionada coa fundición do ferro.
  • 10. Os minerais metálicos ► O chumbo emprégase fundamentalmente nos acumuladores de enerxía. Os xacementos máis importantes estaban situados en Linares-La Carolina (Jaén). O cinc utilízase nas aliaxes, anticorrosivo e na industria eléctrica. O xacemento máis importante pechou no 2003 (Reocín, Cantabria). O cobre úsase para material eléctrico. As reservas máis importantes atópase en Riotinto (Huelva). O mercurio utilizouse para instrumentos de precisión, pilas ou pinturas. As minas de Almadén (Ciudad Real) (pechadas no 2001) eran as máis importantes do Mundo. O volframio utilizouse para os carburos, química, mecánica ferroaliaxes e compoñentes eléctricos. Actualmente todas as minas están pechadas. Na provincia da Coruña era onde se situaban as minas máis importantes. ► Se observas a táboa anterior observarás que actividade mineira de produtos metálicos practicamente está paralizada na actualidade importándose o 100% destas materias primas. ► Outros minerais dos que España non ten reservas pero que son moi importantes para a produción de bens industriais e ten que importar na súa totalidade son a bauxita, para elaborar aluminio; titanio, na industria química; manganeso, como ferroaliaxe e na industria química; o níquel, para producir aceiros inoxidables e o cromo, na industria metalúrxica.
  • 11. ANTIGA MINA DE VOLFRAMIO MONTE NEME (CARBALLO)
  • 12.
  • 13. PRODUCIÓN MINERAIS METÁLICOS 2011 1º   2º 3º   4º 5º   6º RES TO  MUN DO TOTAL     (millóns  tm)  (ouro  millóns  kg) MINERAL   % %   % %   % % % BAUXITA AUSTRALIA 28% INDONESIA 17% CHINA 15% BRASIL 14% GUINEA 7% XAMAICA 4% 16% 248 CHUMBO INDIA 34% AUSTRALIA 12% USA 10% PERÚ 6% MÉXICO 5% RUSIA 5% 29% 12,8 CINC CHINA 32% AUSTRALIA 8% PERÚ 8% USA 7% MÉXICO 6% CANADÁ 5% 35% 16,2 COBRE CHILE 41% CHINA 19% PERÚ 14% USA 9% AUSTRALIA 3% ZIMBABWE 2% 12% 26,3 CROMO SUDÁFRICA 50% KAZAKASTÁN 13% INDIA 7% TURQUÍA 5% FINLANDIA 5% ZIMBABWE 2% 17% 4,7 ESTAÑO MYANMAR 42% INDONESIA 26% PERÚ 9% BOLIVIA 7% BRASIL 3% VIETNAM 2% 11% 0,3 FERRO CHINA 44% AUSTRALIA 16% BRASIL 15% INDIA 6% RUSIA 3% UCRAÍNA 3% 13% 3012 NÍQUEL FILIPINAS 18% RUSIA 15% INDONESIA 12% CANADÁ 12% AUSTRALIA 12% N. CALEDONIA 7% 24% 1,826 OURO CHINA 14% AUSTRALIA 11% USA 9% RUSIA 7% SUDÁFRICA 7% PERÚ 6% 46% 2,6 Informe WMP 2011
  • 14. 1.2. Os minerais non metálicos ► Estes minerais utilízanse basicamente na construción e na industria química. Os xacementos están moi dispersos por todo o territorio. ► Como exemplo, as potasas (os seus xacementos atópanse en concas terciarias de orixe lacustre e estes van dende Navarra á provincia de Barcelona) empréganse na agricultura como abono e na industria química como colorante para xabóns, medicamentos ou vidros. A súa produción diminuíu por ser pouco rendibles. A produción de sal (tanto sal xema como mariño) é moi alta. Cantabria sitúase á cabeza da extracción de sal xema utilizada para a fabricación de sosa e noutras industrias químicas. O sal mariño extraese de salinas situadas na rexión suratlántica e mediterránea. O seu uso é fundamentalmente alimentario. As salinas máis antigas sitúanse en San Fernando (Cádiz) e Torrevieja (Alicante). O espato fluor, úsase na industria química e metalúrxica o xacemento máis importante está en Asturias. A magnesita utilízase para a produción de cementos, pasta de papel e pensos compostos. O caolín serve para a produción de cerámica e sanitarios, as arxilas especiais como a sepiolita ou a bentonita destínase fundamentalmente a construción. Co cuarzo elabóranse cristais para óptica e industria de precisión (reloxos...). O feldespato utilízase na industria química e como fertilizante agrícola.
  • 18. Canteira de lousa. Valdeorras
  • 19. Canteira de mármore. Macael (Almería)
  • 20.  As fontes de enerxía son recursos naturais a partir dos cales é posible obter formas de enerxía necesarias para o funcionamento de industrias, transportes e para usos domésticos.  As fontes de enerxía pódense clasificar en catro grupos:  Primarias ou finais.  Segundo a posibilidade de que se esgoten, as fontes de enerxía poden ser renovables e non renovables.  En función da súa importancia económica, as fontes de enerxía clasifícanse en tradicionais e alternativas.  Desde un punto de vista ambiental: contaminantes e non contaminantes. 2. Fontes de enerxía: definición e clasificación
  • 21. 2.1.Fontes de enerxía tradicional  O carbón. Na actualidade, emprégase principalmente como combustible para a produción de enerxía térmica.  O petróleo. É a fonte de enerxía máis utilizada, xa que posúe un gran poder calorífico, e é doado de extraer e de transportar.  Gas natural. Emprégase como combustible ou como materia prima na industria química. O seu consumo é cada vez maior.  Enerxía hidráulica. É a enerxía da auga acumulada nos encoros, que se utiliza para obter electricidade.  Enerxía nuclear. Os combustibles nucleares son unha fonte de enerxía. Nas centrais nucleares, un reactor xera a calor necesaria para obter electricidade.
  • 22. 2.1.1. O carbón  Rocha sedimentaria fósil e combustible.  Existen tres tipos de carbón: antracita, hulla formado na era primaria durante o período Carbonífero e lignito entre finais da era secundaria e principios da terciaria.  Estes carbóns diferéncianse, ademais do momento da súa formación, polo seu poder calorífico, contido en carbono e grao de pureza.  A hulla destilada denomínase coque e utilízase para fundición siderúrxica. Ademais do anterior, os principais usos do carbón é para a fundición en metalurxias e e a produción (térmica) de enerxía eléctrica. O lignito só se usa para a produción de enerxía eléctrica. O 80% do carbón utilízase para a produción termoeléctrica e o 20% restante para industria siderúrxica e cemento.  Salientan pola súa produción China, Estados Unidos, India e Australia (ver táboa)
  • 23. CARBÓN 2011 (Tm) PAÍS PRODUCIÓN % CHINA 3.520.000.000 45% USA 992.750.000 13% INDIA 627.570.000 8% AUSTRALIA 425.751.000 5% INDONESIA 350.000.000 5% RUSIA 334.000.000 4% SUDÁFRICA 252.756.844 3% ALEMAÑA 189.462.000 2% POLONIA 139.295.700 2% KAZAKHASTÁN 101.044.958 1% RESTO DO MUNDO 818.503.429 11%
  • 26. MUMI
  • 27. Concas mineiras es España ► Rexión astur-leonesa: É a rexión máis importante. Explótanse as minas de hulla e antracita. Os xacementos asturianos son os que máis sobresaen xa dende 1/3 do s. XIX ata os nosos días. A conca central comprende as minas hulleras do val do Nalón con centro en Langreo e do Caudal con centro en Mieres. No conxunto de León e Palencia ten unha producción predominante a antracita. En León os principais distritos produtores son os do val do Bierzo, Fabero, Villablino, e La Robla. ► Rexión de Serra Morena e proximidades: Comprende as provincias de Badajoz, Ciudad Real, Córdoba e Sevilla. Os xacementos de Puertollano (Ciudad Real) que abastecen a central térmica e complexo industrial desta localidade. En Córdoba existen núcleos carboníferos en Bélmez e Peñarroya-Pueblonuevo. ► Zona de Cataluña e Aragón: produción de lignito en Cataluña as concas de Figols e Alto Llobregat. Aragón: Utrillas e Teruel. ► Outras áreas: Galicia esgotouse a explotación de lignito nos xacementos de As Pontes e Meirama (A Coruña). Baleares: en Mallorca hai xacementos que se explotaban (Alaró, Benisalem e Alcudia) cunha central térmica nesta última localidade que sirve para subministrar combustible á illa. ► Lago das Pontes. Xaneiro 2011
  • 29. Mina de lignito das Pontes Antes e despois
  • 30. 2.1.2. O petróleo  O petróleo é un aceite mineral composto por unha mestura de hidrocarburos formado pola descomposición de restos animais e plantas que quedaron almacenados en capas xeolóxicas.  O petróleo utilízase como fonte de enerxía. E doado de extraer e transportar. Tamén pode ser utilizado como materia prima (plásticos, pinturas, deterxentes...).  Ten un problema de reserva (ao ritmo de produción e consumo actual esgotarase entre 30 e 40 anos).  Os máximos produtores son: Arabia Saudí, Rusia, USA, Irán e China.  A produción española é escasa. As sondaxes que se levaron a cabo dende 1958, tanto en terra como en zonas mariñas, deron resultados mediocres, e actualmente tan só están en explotación as plataformas da costa de Tarragona Amposta e Ayoluengo (Burgos) (a punto de pechar ou semipechada), cunha producción de 0,13 millóns de toneladas ao ano.  Esta produción non cubre máis que o 0,19% do consumo interno español.
  • 31. PRODUCIÓN DE PETRÓLEO NO MUNDO 2011 (Tm) PAÍS PRODUCIÓN % ARABIA SAUDÍ 525.800.000 13% RUSIA 509.000.000 13% USA 360.155.048 9% IRÁN 205.800.000 5% CHINA 203.646.000 5% MÉXICO 151.687.000 4% EAU 150.100.000 4% CANADÁ 145.000.000 4% KUWAIT 140.000.000 4% VENEZUELA 139.600.000 4% IRAK 136.900.000 3% NIXERIA 117.400.000 3% BRASIL 113.400.000 3% NORUEGA 100.289.000 3% ANGOLA 85.200.000 2% KAZAKHASTÁN 80.060.900 2% ALXERIA 74.300.000 2% QATAR 71.100.000 2% REÍNO UNIDO 63.498.000 2% COLOMBIA 45.433.683 1% INDONESIA 45.150.000 1% OMAN 44.100.000 1% AZERBAIAN 43.195.200 1% RESTO DO MUNDO 429.000.044 11%
  • 32.
  • 33. Petróleo en Ayoluengo (Burgos)  En xuño de 1964 brotou por primeira vez o petróleo da Lora, na provincia de Burgos.  Ayoluengo, Valdeajos e Sargentes, tres pequenos pobos do páramo, adicados por aquel entón á pataca de semente, atopáronse de repente rodeados de xornalistas, políticos, enxeñeiros e especuladores.  Todos buscaban a súa parte do pastel negro, todos querían ser protagonistas da nova Texas española. Bienvenido Mr. Marshall James Dean. Xigante A historia repítese
  • 34. PREZO DO BARRIL DE PETRÓLEO (BRENT) 1970 1,8 $ 1974 10 $ 1980 30 $ 1990 40 $ 2001 30 $ 2008 (xaneiro) 100 $ 2008 (agosto) 147,5 $ 2009 (xuño) 60 $ 2012 (10 de abril) 2014 (1 de abril) 122,73 $ 101,11 $
  • 35. Pozo petrolífero en Ayoluengo (Burgos)
  • 36. Plataforma petrolífera na costa de Tarragona
  • 38. Procedencia do petróleo  O petróleo representa en España (48% da demanda enerxética no 2007)  A principal fonte de enerxía, o que obriga a importar o 99,80% do cru procedente no 2005 de México (15,2%), Rusia (12,3%), Nixeria (11,8%), Libia (10,3%), Arabia Saudí (9,4%), Irán (8,4%), Irak (6%), Alxeria (5%), Noruega (4,6%), Guinea Ecuatorial (3,2%), Angola (2,8%), Camerún (2,5%), Kazastán (2,1%), Venezuela (1,8%), Resto (4,6%).
  • 39. Refinerías de petróleo ► Se a produción é escasa, non o é no seu refinado. A variedade de produtos petrolíferos e as súas aplicacións son numerosas, especialmente para o transporte e a industria (gasóleo, gasolinas para o transporte; naftas e queroseno para a petroquímica que produce xofre, amoníaco, acetona, plásticos, fertilizantes; asfaltos, aceites lubricantes, produción de electricidade...). En España hai un total de nove refinarías (oito situadas na costa e unha no interior.
  • 40. EMPRESA LOCALIDADE CAPACIDADE DE REFINADO (millóns de t de cru/ano) CEPSA San Roque (Cádiz) 12 La Rábida (Huelva) 5 Sta. Cruz Tenerife 4,5 Meicende (A Coruña) 6 Puertollano (C. Real) 7,5 Cartagena 5,5 Tarragona 9,4 Castellón 6 Somorrostro (Vizcaya) 11 TOTAL 66,9
  • 42. 2.1.3. O gas natural ► Fonte de enerxía cunha orixe similar á do petróleo, xa que é un hidrocarburo gasoso composto por etano e metano e que se atopa na codia terrestre, ás veces ao lado do petróleo. O consumo pasou dun 2,4% en 1980 da demanda final enerxética a un 21,3% no ano 2007 en España. Utilízase como combustible (calefacción e electricidade) ou materia prima (industria química). Úsase cada vez máis que o petróleo e o carbón posto que contamina menos. ► Rusia, USA e Países Árabes son os principais produtores. ► España só produce o 0,5% da súa demanda os xacementos localízanse nas marismas do Guadalquivir, Golfo de Vizcaya (La Gaviota) e o Serrablo no Pireneo aragonés. O 99,5% hai que importalo. Ata 1979 o principal país importador era Libia. Actualmente (datos do ano 2005) é Alxeria (43,3% do total de importacións). Outros países son Nixeria (15,2%), Qatar (14,8%), Exipto (9%), Noruega (5,3%). ► Transporte por gasoductos: gasoducto Mogreb-Europa (entrada por Xibraltar) e barcos metaneiros (plantas de regasificación): Mugardos- Ferrol, Musel Gijón, Bilbao, Barcelona, Sagunto-Valencia, Cartagena, Huelva, Tenerife e Gran Canarias cada unha. A rede de gasoductos, dada a forte demanda destes últimos anos, e moito máis ampla e complexa que a de oleoductos.
  • 43. PRODUCIÓN DE GAS NATURAL 2011 (m3) PAÍS PRODUCIÓN % RUSIA 669.000 20% USA 651.292 19% IRÁN 151.800 4% QATAR 146.800 4% CANADÁ 145.285 4% CHINA 102.500 3% NORUEGA 101.376 3% ARABIA SAUDÍ 99.200 3% ALXERIA 78.000 2% PAÍSES BAIXOS 76.431 2% INDONESIA 75.555 2% EXIPTO 61.300 2% MALAISIA 61.260 2% TURKMENISTÁN 59.500 2% UZBEKISTÁN 57.000 2% MÉXICO 52.500 2% EAU 51.700 2% AUSTRALIA 51.268 2% REÍNO UNIDO 47.790 1% RESTO DO MUNDO 663.408 19%
  • 44.
  • 47. 2.1.4. A enerxía nuclear  Obtense actualmente por fisión (separación de átomos pesados de uranio), aínda que está en experimentación a súa produción por fusión (unión de isótopos lixeiros de hidróxeno (deuterio ou tritio), que produce helio e grandes cantidades de enerxía). A fusión nuclear é moi complicada de producir posto que reacción prodúcese a temperaturas de cen millóns de graos centígrados e non se conseguiu probar o inicio nin o control da reacción nuclear. España colabora no proxecto internacional ITER con sede en Cadarache (Francia) para construír un reactor capaz de producir este tipo de enerxía e que sexa rendible economicamente.
  • 48. PRODUCIÓN ENERXÍA NUCLEAR MUNDO País Reactores Potencia (Mw) Potencia media por reactor EEUU 104 100.747 969 Francia 58 63.610 1097 Xapón 54 46.821 867 Rusia 32 22.693 709 Corea do Sur 21 18.698 890 India 20 4.391 220 Reino Unido 19 10.137 534 Canadá 18 12.565 698 Alemaña 17 20.490 1205 Ucraína 15 13.107 874 China 13 10.058 774 Suecia 10 9.298 930 España 8 7.514 939
  • 49. URANIO 2011 PAÍS PRODUCIÓN % KAZAKHASTÁN 19.451 35,79% CANADÁ 8.923 16,42% AUSTRALIA 5.886 10,83% NÍXER 4.159 7,65% NAMIBIA 3.262 6,00% UZBEKISTÁN 3.000 5,52% RUSIA 2.993 5,51% USA 1.537 2,83% CHINA 1.500 2,76% MALAWI 998 1,84% UCRAÍNA 890 1,64% SUDÁFRICA 656 1,21% INDIA 400 0,74% BRASIL 265 0,49% R. CHECA 252 0,46% ROMANÍA 77 0,14% ALEMAÑA 51 0,09% PAQUISTÁN 45 0,08% TOTAL 54.345 Toneladas m.
  • 50. Central nuclear de Trillo (Guadalajara)
  • 51.
  • 52. A enerxía nuclear  Na actualidade, os grupos de presión económica favorables a esta enerxía están intentando defender este modelo mediante os seguintes argumentos: as centrais nucleares melloraron moito en tecnoloxía, son moi seguras e non emiten de CO2 .  O principal problema que presenta a enerxía de fisión é: a dependencia externa no enriquecemento de uranio e na tecnoloxía; os riscos, a pesar dos sistemas de seguridade existente; e, sobre todo, o almacenamento de residuos radioactivos. Actualmente se realiza na mina de El Cabril (Córdoba).  A produción de uranio obtíñase dos xacementos de Saelices el Chico (Salamanca) e Don Benito (Badajoz) paralizados no ano 2002. Actualmente impórtase o 100% de uranio. A maioría provén de Níxer.  Por último sinalar que mentres na actualidade España ten oito reactores nucleares activos, Francia ten 58. A cantidade de enerxía que aporta ao sistema eléctrico español é do 20% fronte ao 80% francés.
  • 53. NUCLEARES FUNC. CESE MW ZORITA-GUADALAJARA 1968 2006 160 GAROÑA-BURGOS 1971 2009[1] 466 ASCÓ I-TARRAGONA 1982 1.033 ASCÓ II-TARRAGONA 1985 1.027 VANDELLÓS-I TARRAGONA 1972 1989 480 VANDELLÓS-II TARRAGONA 1988 1.087 COFRENTES-VALENCIA 1984 1.092 ALMARAZ I-CÁCERES 1980 980 ALMARAZ II-CÁCERES 1983 984 TRILLO I-GUADALAJARA 1987 1.043 TRILLO II-GUADALAJARA MORATORIA VALDECABALLEROS I-BADAJOZ MORATORIA VALDECABALLEROS II-BADAJOZ MORATORIA LEMÓNIZ I-VIZCAYA MORATORIA LEMÓNIZ II-VICAYA MORATORIA
  • 54. Central nuclear en activo Central nuclear parada ou desmantelada Almaraz I e II Valdecaballeros I e II Lemóniz I e II Garoña Zorita Trillo I e II Cofrentes Ascó I e II Vandellós I e II Cementerio nuclear El Cabril ENERXÍA NUCLEAR
  • 55.
  • 56. Petróleo Carbón Refinerías petróleo Gas natural Reservas de uranio Oleoducto Gasoducto LOCALIZACIÓN DE XACEMENTOS, TRANSPORTE E TRANSFORMACIÓN DE COMBUSTIBLES FÓSILES Regasificadora
  • 57. 2.1.5. A enerxía hidroeléctrica • Salientan pola súa produción de hidroelectricidade Canadá, China, Estados Unidos, Noruega e Xapón. • España contaba ao redor de 1300 centrais hidroeléctricas (2006) con 18.466 MW (23,4% da potencia eléctrica) 8,4% da produción enerxética do Estado. • A distribución por bacías sería a seguinte: • 1º Vertente cantábrica e galaica: subministra moita enerxía grazas ao réxime regular dos ríos e á forza das augas que salvan niveis considerables. É de destacar o sistema hidraúlico da cunca do Miño-Sil. As empresas eléctricas están estudiando na actualidade a creación de proxectos de microcentrais[1]. No 2011 esta vertente xerou o 33% da enerxía hidroeléctrica española da que o 22% correspondeu a Galicia. • [1] Microcentral: central hidráulica con menos de 10 Mwh de potencia. A produción enerxética compútase pola Rede Eléctrica de España como réxime especial, non como réxime ordinario.
  • 58. Encoro de Aldeávila (Salamanca) o de maior potencia en España
  • 59. A enerxía hidráulica • 2º Bacía do Duero: Sobre todo na área fronteiriza con Portugal. Destaca o encoro de Aldeávila (Salamanca), inaugurado en 1962, que é a central de maior potencia da de toda Europa Occidental e o encoro da Almendra (río Tormes) que é o de maior vaso de toda a Península. Tamén destaca o sistema hidraúlico de Ricobayo (Zamora). No 2011 xerou o 26,1% da produción hidroeléctica do estado. Aínda que é habitual na maioría dos anos que sexa a principal conca produtora.
  • 60.
  • 61. A enerxía hidráulica • 3º Bacía do Ebro As características físicas o permiten (afluentes da marxe esquerda que teñen o nacemento nos Pireneos: precipitacións regulares, fortes pendentes que fomentan a creación de saltos) e pola demanda de enerxía da zona industrial de Barcelona á que hai que sumarlle, a partir dos anos sesenta, Zaragoza. Os pantanos dos ríos Noguera-Pallaresa (Tremp e Camarasa), Noguera-Ribagorzana, Segre, Aragón xunto coa presa de Flix no mesmo Ebro, son as realizacións máis importantes deste conxunto. Xerou no 2011 o 18,7% de España.
  • 62. Encoro de Belesar no río Miño
  • 63. A enerxía hidráulica • 4ºCuncas suratlánticas: bacías do Tajo, Guadiana e Guadalquivir: Empezouse a explotar tardiamente. Os pantanos de Buendía e Entrepeñas, no Tajo, embalsan grande cantidade de auga e o pantano de Cíjara é o máis importante do Guadiana. Os pantanos do Guadalquivir alimentan centrais de pouca potencia. 22% da produción. • 5º Os ríos levantinos e sudorientais precisan encoros para regular as súas augas escasas e torrenciais. O encoro de Alarcón no Júcar e o máis importante. A produción hidroeléctrica é moi pequena (0,3%) • O aproveitamento dos saltos de auga en España está acercándose ao seu límite.
  • 64. 2.2. Enerxías alternativas • O esgotamento das enerxías tradicionais non renovables como o carbón ou o petróleo e a contaminación que xeran fan desexable a súa substitución por outras fontes de enerxía. • Na actualidade hai un grande interese por desenvolver fontes de enerxía alternativas que son, polo xeral, renovables e pouco contaminantes. • As fontes de enerxía alternativas máis desenvoltas son a enerxía solar e a enerxía eólica. • Son: eólica, biomasa, solar, xeotérmica e maremotriz
  • 65. 2.2.1. Eólica • Actualmente é a fonte de enerxía máis importante dentro das renovables o seu crecemento foi moi importante na última década debido a dúas causas: redución dos custos e incremento da potencia instalada nos parques eólicos. A produción eléctrica xeraba o 75,25% da enerxía eléctrica de todas as renovabeis no 2007 se exceptuamos a enerxía hidráulica) e produciu ese mesmo ano o 9,2% de toda a demanda de enerxía eléctrica do país. As principais áreas xeradoras son as dúas Castelas, Galicia, Andalucía e Aragón.
  • 66. Parque eólico do cabo Vilaño (Camariñas)
  • 67.
  • 68. Enerxía eólica: potencia instalada (MW) a 01/01/2009 Castilla-La Mancha 3.415,61 20,40% Castilla-León 3.334,04 19,92% Galicia 3.145,24 18,79% Andalucía 1.794,99 10,72% Aragón 1.749,31 10,45% Navarra 958,77 5,73% C. Valenciana 710,34 4,24% La Rioja 446,62 2,67% Cataluña 420,44 2,51% Asturias 304,30 1,82% País Vasco 152,77 0,91% Murcia 152,31 0,91% Canarias 134,09 0,80% Cantabria 17,85 0,11% Baleares 3,65 0,02% Extremadura 0,00 0,00% Madrid 0,00 0,00% TOTAL 16.740,33 100% Fte. Observatorio da Asociación Empresarial Eólica.
  • 69. ENERXÍA EÓLICA: POTENCIA ELÉCTRICA INSTALADA (MW) 1980 1998 2000 2004 2008 2011 6 835 2.292 8.317 16.740 21.091 Fte. IDAE. REE. Elaboración propia. *Superouso a previsión do PER 2005-2010 en máis de 1000 MW..
  • 70. 2.2.2. Biomasa e biogás • Obtense da combustión e fermentación de materia orgánica de orixe agrícola, gandeira, forestal. Xera enerxía por combustión directa ou por transformación en biogás ao fermentar. Destacan en produción Andalucía e as dúas Castelas. Está en fase embrionaria a denominada biomasa verde, cultivo de plantas ricas en azucres (cereais e remolacha) ou en graxas (xirasol e colza) destinadas a produción de hidrocarburos líquidos destinados ao transporte (biocombustible).
  • 71.
  • 73. 2.2.3. Solar • Obtense a partir da radiación solar. España ten o potencial enerxético máis alto de Europa dado que o 70% do seu territorio conta con máis de 2.500 horas anuais de sol. A enerxía solar clasifícase como térmica (pasiva e activa), fotovoltaica e termoeléctrica. Chamamos térmico pasivo ao aforro enerxético dos edificios en función ao illamento e orientación. A enerxía solar térmica activa precisa de paneis solares para quentar a auga e as calefaccións das vivendas. As Comunidades Autónomas que máis equipos teñen instalados son Andalucía, Cataluña, Canarias e Baleares. • As centrais fotovoltaicas utilizan paneis de silicio para transformar a enerxía solar en electricidade. Existen grandes centrais en provincias como Toledo, Madrid e Alicante. Tamén estase difundindo cada vez máis na paisaxe as denominadas hortas solares (agrupacións en parcelas de pequenas instalacións fotovoltaicas). • A enerxía solar termoeléctrica, tanto de media como alta temperatura, utiliza grandes paneis de espellos para producir vapor que se transformará en enerxía eléctrica. A central máis importante está en Sanlúcar la Mayor (Sevilla). A enerxía solar só cubre na actualidade o 3% da demanda de electricidade en España (2011). Aínda que se incrementou notablmente no último cuatrienio (representaba o 0,2% no 2007)
  • 74.
  • 75. Térmica pasiva a construción como eficiencia enerxética
  • 76. Térmica activa paneis solares para quentar auga Grupo Carme Antes da rehabilitación
  • 80. Enerxía solar termoeléctrica Planta de Sanlúcar la Mayor (Sevilla)
  • 81. 2.2.4. Outras enerxías renovables • Xeotérmica: utiliza a auga quente ou vapor subterráneo. Úsase a calefacción de invernadoiros (Murcia, Granada, Tarragona) ou uso doméstico e balnearios (Ourense e Lleida), ou para a obtención eléctrica. • Maremotriz: utilización da forza das ondas do mar para a produción de enerxía. Actualmente está en fase experimental en Santoña (Cantabria) e Mutriku (Guipúzcoa).
  • 82. 3. A INDUSTRIA 3.1. Un pouco de historia  O traballo artesanal. Con anterioridade á industria, os artesáns elaboraban os seus produtos manualmente, aínda que se axudaban das ferramentas propias do seu oficio.  Os inicios da industrialización. No século XVIII substitúense o traballo manual e as ferramentas pola máquina-ferramenta. As máquinas aumentaron a produtividade.  As máquinas instaláronse en fábricas ou factorías situadas nas cidades ao utilizar o carbón como fonte de enerxía.  A industria actual. Caracterízase pola automatización e sofisticación dos seus procesos, a redución de man de obra e a fabricación de produtos cada vez máis diversos.
  • 83. ELABORA O ESQUEMA DAS FASES DE INDUSTRIALIZACIÓN NO MUNDO FASES 1ª 2ª 3ª Cronoloxía Principais países que se incorporan Fontes de enerxía Materias primas Inventos clave Sectores industriais Medios de transporte Organización do traballo Capital Organización obreira
  • 84. ESQUEMA DAS FASES DE INDUSTRIALIZACIÓN NO MUNDO FASES 1ª 2ª 3ª Cronoloxía Principais países que se incorporan Fontes de enerxía Materias primas Inventos clave Sectores industriais Medios de transporte Organización do traballo Capital Organización obreira Finais do XVIII- mediados do XIX. Gran Bretaña, Bélxica. Carbón. Ferro, algodón. Máquina de vapor. Téxtil, siderurxia. Ferrocarril, barco de vapor Aparición da fábrica. Pequeno e mediano capital Ludismo e aparición dos sindicatos. 1870-1945 Alemaña, EE_UU, Xapón. Petróleo, electricidade. Cobre, bauxita, fostatos. Motor de explosión. Metalurxia, químico, automoción, electrodomésticos Automóbil, avión. Taylorismo e Fordismo. Gran capital. Concentración horizontal e vertical: trust, holding, cartel. 1960 á actualidade. Novos Países Industriais asiáticos, latinoamérica. Nuclear, enerxías alternativas. Novos materiais. Electrónica, robótica, informática. Microelectrónica, robótica, informática. Non hai novidades. Robotización dos procesos. Gran capital. Crise do modelo socialista. Crise do modelo sindical.
  • 85. MODELO FORDISTA 2ª FASE DA R. INDUSTRIAL ROBOTIZACIÓN 3ª FASE DA R. INDUSTRIAL Tempos Modernos
  • 86. 3. A INDUSTRIA 3.2. Tipos de industria  As industrias presentan características diversas e admiten numerosas clasificacións. Un criterio de división é segundo o destino dos produtos fabricados. Pódense distinguir:  Industrias de bens de produción. Elaboran produtos que non se consomen directamente senón que son produtos semielaborados, que serven como materia prima doutras industrias. Adoita chamarse tamén industria pesada.  Industrias de bens de uso e consumo. Producen artigos que van destinados directamente ao mercado e aos consumidores. Adoitan denominarse tamén industrias lixeiras.
  • 87. T I P O DE BENS DE PRODUCIÓN OU PESADAS (Concentrada xeograficamente) BÁSICAS OU PRIMEIRA ELABORACIÓN EXTRACTIVAS OU MINEIRAS[1] Minas e canteiras. METALURXIA Siderurxia e metalurxia. QUÍMICA PESADA Refinerías, celulosas, explosivo, ácido sulfúrico..., colorantes, adubos, corrosivos. PRODUCIÓN DE ENERXÍA Hidráulica, térmica, nuclear. DE EQUIPO CONSTRUCIÓN OU ASIMILADAS Productos cerámicos e vidros. Material mecánico construcción, industria da madeira. METALURXIA DE TRANSFORMACIÓN OU MECÁNICAS Utillaxe industrial e agrícola. Material para transporte. Material eléctrico ou mecánico. Farmacia, cosmética, perfumería, tinturas, plásticos... Confección e moda, coiro (calzado, marroquinería, guantes...), pel. Conserveiras, azucreiras, lácteos, etc. Turismos. [1] A minería, a pesar de ser un sector extractivo e non transformador, estatisticamente está considerado como unha actividade do sector secundario.
  • 88. 3. A INDUSTRIA 3.3. Industria punta • As industrias pódense clasificar segundo o seu nivel técnico. Denomínanse industrias punta aquelas que utilizan as tecnoloxías máis avanzadas e recentes como a microelectrónica, as telecomunicacións, a informática, etc. • Caracterízanse porque requiren un persoal moi preparado e especializado, e por manter equipos de investigación numerosos que implican investir moito capital.
  • 89. PARQUE TECNOLÓXICO DE ZAMUDIO (VIZCAYA) EUSKATEL
  • 90. • A unidade básica da actividade industrial é a empresa. As empresas pódense clasificar das seguintes formas: • Clasificación segundo o tamaño. Poden ser pequenas empresas, medianas ou grandes empresas. • Clasificación segundo a organización. Poden ser sociedades limitadas ou sociedades anónimas. • Clasificación segundo a procedencia do capital. Poden ser públicas ou privadas. 3. A INDUSTRIA 3.4. Clasificación da empresa industrial
  • 91. • A concentración da empresa industrial pode ser horizontal ou vertical. • Concentración horizontal. Únense varias empresas dun mesmo sector, como por exemplo a agrupación de empresas que explotan o carbón ou o petróleo. • Concentración vertical. Agrúpanse empresas que fabrican distintos produtos dun mesmo sector. Por exemplo, no sector téxtil agrúpanse empresas de fiados, confección, etc. • Exemplos: holding, cartel ou pool (oligopolio), trust (monopolio). 3. A INDUSTRIA 3.5. Concentración empresarial
  • 92. 3.6. FACTORES DE LOCALIZACIÓN Localización do tecido industrial FACTORES DE LOCALIZACIÓN EN FUNCIÓN DE ACTIVIDADE REALIZADA 1. Proximidade ás materias primas ou fontes de enerxía. 2. Custo da enerxía. 3. Prezo do terreo. 4. Dispoñibilidade de auga abundante. 5. Dispoñibilidade de moito espacio. 6. Actividade industrial illada de núcleos de poboación. 7. Bos medios de comunicación terrestres ou porto. 8. Proximidade ao centro de consumo do produto. 9. Disposición de man de obra. 10. Custo da man de obra. CEMENTEIRA (Básica) CONFECCIÓN (Consumo) 1,2,4,6,7: Moi importante. 5,8: Importante. 3,9,10: Pouco importante. 3,9,10 Moi importante. 1,2,4,5,6,7,8 Sen importancia.
  • 93. 3.7. Rexións industriais • As rexións industriais máis importantes sitúanse en Europa, nos Estados Unidos e no Xapón. Tamén hai centros industriais na China, Corea do Sur, México ou no Brasil.
  • 94. A rexión máis importante de Europa é a do Rhur en Alemaña, que no século XIX desenvolveu unha industria siderúrxica moi potente, grazas ás súas minas de carbón. Hoxe es´ta integrada nunha gran rexión industrial que se estende desde Reino Unido ata o Norte de Italia, pero que desde finais do século XIX entrou en proceso de decadencia e fonda desconcentración, deslocalización e desestruturación cara os NPI En EEUU a rexión máis extensa sitúase no Nordés e o sur dos Grandes Lagos. Zonas ricas en ferro e carbón.. Desenvolveuse a industria siderúrxica e mecánica e entraron en crise en 1980. A alta tecnoloxía atópase no Pacífico en California como no sur do país Xapón é unha gran potencia. Mecánica e electrónica. Illas do sur: Tokio, Yokohama, Osaka e Nagoya. China: Shangai e lexte de China. Investimento estranxeiro. Man de obra barata Taiwan, Corea do Sur, Filipinas e Indonesia, Hong Kong, Singapur, Bangkok desenvolveron maquinaria, electrónica, confección e calzado India con núcleos tradicionais situados no curso do Ganxes con centro en Calcuta e na zona de Bombai. Actualmente centros en Bangalobre: tecnoloxía avanzada. México desenvolve Industria inducida de EEUU América do Sur: Sao Paulo (automóbiles e industria química) No Sueste: relacionado con EEUU e SE asiático Menos industrial. Sudáfrica
  • 95. 3.8.Principais sectores industriais en España SECTORES CARACTERÍSTICAS ÁREAS Siderurxia Freou pola competencia exterior País Vasco e Asturias Metalurxia transformación Maquinaria, ferramentas, electrodomésticos, aparellos de precisión... Barcelona, Madrid e País Vasco Naval Afectado pola competencia exterior. Predomina o arranxo de barcos Vigo, Ferrol, Bilbao, Cataxena, Cádiz Automóbil En alza e boa tecnoloxía. Exportación Vigo, Valladolid, Barcelona, Valencia, Zaragoza, Vitoria, Pamplona, Madrid Química Moi variado: petroquímica, plásticos, pinturas, medicina... Madrid, País Vasco, Cataluña e Andalucía Alimentación Moi espallada por toda España Cataluña, Valencia, Andalucía, Murcia, La Rioja e Navarra Alta tecnoloxía Parques tecnolóxicos Tres Cantos (Madrid), El Vallés (Barcelona) Zamudio (Biscaia) Outros sectores Téxtil (Cataluña, Valencia), coiro e calzado (Valencia, Baleares), papel e artes gráficas (Cataluña, Madrid, Valencia, País Vasco)...
  • 96. INDUSTRIA EN ESPAÑA 2009 SECTOR Ocupados Facturación Industria extractiva e do petróleo 40.305 1,8% 32.063 € 6,5% Alimentación, bebida e tabaco 368.190 16,7% 92.443 € 18,6% Téxtil, confección, coiro, calzado 141.747 6,4% 14.791 € 3,0% Madeira e cortiza 68.981 3,1% 6.961 € 1,4% Papel, edición, artes gráficas 123.408 5,6% 18.868 € 3,8% Industria química 124.273 5,6% 44.694 € 9,0% Caucho e materias plásticas 99.132 4,5% 16.457 € 3,3% Produtos minerais non metálicos diversos 145.388 6,6% 23.734 € 4,8% Metalurxia e fabricación metálica 351.714 16,0% 54.593 € 11,0% Maquinaria e equipo mecánico 114.056 5,2% 17.514 € 3,5% Material electrónico e óptico 106.073 4,8% 22.560 € 4,5% Material de transporte 190.202 8,6% 58.953 € 11,9% Manufacturas diversas 189.598 8,6% 17.151 € 3,5% Enerxía, auga e residuos 136.467 6,2% 75.514 € 15,2% TOTAL 2.199.534 496.296 €
  • 97.
  • 98. 3.9. A industria en Galicia • O proceso de industrialización será moi tardío. A partir dos anos cincuenta e sesenta iniciarase este proceso ligado a política dos Polos de Desenvolvemento centrados na área de A Coruña e Vigo-Porriño ou a creación da Grande Área de Expansión Industrial de Galicia (1975) que levou esta expansión a concellos como Vilagarcía de Arousa. • A estrutura industrial galega a comezos do 2008 tiña as seguintes características: un 30% de poboación ocupada no sector secundario dos que un 18,5% correspondía á industria e un 11,5% á construción. Os niveis do sector son moi parecidos coa media española. Predominio da pequena empresa e con pouca innovación tecnolóxica. Moitas das actividades industriais teñen forte impacto ambiental como a celulosa de Pontevedra, a refinería e fábrica de aluminio de A Coruña, a fábrica de aluminio de San Cibrao-Cervo ou Carburos Metálicos en Cee.
  • 99. 3.9.A industria en Galicia 3.9.1. Sectores • A actividade industrial concéntrase no eixe atlántico que rematan en dous nodos: a área metropolitana de Vigo e o Golfo Ártabro (vertebrado pola A Coruña e Ferrol). Destacan os seguintes sectores: • Industria naval: centrada en Ferrol e Vigo e empregando a 10.000 traballadores. A antiga Empresa Nacional Bazán que fabrica barcos para a mariña de guerra actualmente denominada Navantia-Ferrol. A empresa ASTANO pertencente ao grupo Pastor e posteriormente integrada no INI que sufriu un importante proceso de reconversión industrial nos anos oitenta: Navantia- Fene e Barreras-Vigo. • Industria agroalimentaria: conserveiras e conxelado de peixe preferentemente nas Rías Baixas destaca Pescanova. vinícolas, lácteas, avícolas e carne: COREN. • Industria automóbil: Citröen en Vigo con máis de 6.000 empregos e moitas industrias auxiliares. Destaca en Santiago a fabricación de carrozarías (Castrosúa) ou vehículos especiais (URO) asociada ao (I+D+i). • Industria de madeira e pasta de papel. FINSA en Santiago, pequenos e mediados serradoiros e fábricas de mobles. Fábrica de celulosa ENCE en Pontevedra. • Industria téxtil: INDiTEX, Adolfo Domínguez.... Arteixo-A Coruña, Vigo-Redondela e Ourense. Pequenos obradoiros dispersos por case tódalas comarcas galegas, moitos deles afectados pola deslocalización. • Industria metalúrxica de alumnio: A Coruña e San Cibrao (Xove-Cervo). • Industria química: petroquímica de A Coruña. • Industria farmaceútica: Zeltia en Vigo. • Sectores punta: telecomunicacións: Televés en Santiago. É importante a presenza do parque tecnolóxico de San Cibrao das Viñas (Ourense) onde están situadas 83 empresas de sectores emerxentes en I+D+i.