SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 153
UNIDADE 10. ESPAÑA EN DEMOCRACIA
1975-ACTUALIDADE
1976 manifestación contra a carestía da vida que se transformou
nunha manifestación a favor da liberdade de e a amnistía.
Introdución
• Trala morte de Franco iníciase a transición democrática que culmina
coa Constitución de 1978.
• As principais forzas políticas practicaron unha política moderada e
de consenso que converteu a transición española nun modelo a
imitar.
• Xoán Carlos I asumiu o papel de monarca constitucional, facilitando
e potenciando a democratización de España.
• O 23-F de 1981 foi un intento involucionista de golpe de Estado que
pretendía retornar ó pasado dictatorial.
• Importantes cambios políticos, sociais, económicos e culturais
permiten que España se consolide como un países democrático e se
integre na UE.
• UCD, PSOE e PP foron gobernos que se alternaron no poder durante
a democracia.
• Nace o Estado das Autonomías como consecuencia do
desenvolvemento do título VIII da Constitución.
1. A transición democrática
1975-1977
1. Proclamación e coroación do rei
Xoán Carlos I.
2. O primeiro goberno da monarquía.
3. Inicio das reformas. Suárez e a Lei de
reforma política.
4. As primeiras eleccións democráticas.
1. A transición democrática
1975-1977
1. Introdución
• Entre 1975 (morte de Franco) e 1977 (Lei para a Reforma
Política) transcorre a transición democrática.
• Algúns historiadores a rematan en 1978 (Constitución), 1982
(triunfo do PSOE), ou 1986 (ingreso na CEE e referendo da
OTAN).
• O consenso logrado por Adolfo Suárez con outras forzas
políticas foi decisivo para lograr a transición da ditadura á
democracia de forma ordenada, só alterada polo extremismo
terrorista dos dous lados (extrema dereita: Hijos de Cristo Rey
apoiado politicamente por Fuerza Nueva de Blas Piñar e outros
grupos de extrema dereita afíns á falanxe. Extrema esquerda:
GRAPO, FRAP e ETA.
• O ano 1977 foi un dos máis dramáticos na actuación destes
grupos (ver a película Sete días de xaneiro de Bardem)).
1. A transición democrática
1975-1977
1. Introdución
• En 1977 celebráronse as primeiras eleccións libres e democráticas tras
41 anos. O período caracterízase por:
• Proceso graduado no tempo. Desvinculación do sistema ditatorial,
constitución formal da democracia, control civil do exército, reforma
económica, normalización do funcionamento das institucións e
mecanismos democráticos.
• Equilibrio reforma-ruptura que permitiu a desaparición, desde a
legalidade, das institucións franquistas sen ter que recorrer á ruptura
revolucionaria. (ver documento seguinte). Aclaración de termos
búnker, reforma e ruptura democrática. Reforma parcial e ruptura
pactada. Comparar co modelo portugués.
• Consenso. Protagonismo de todos.
• Lexitimados mediante consulta popular. Lei de reforma política,
eleccións de 1977, referendo da Constitución de 1978.
• Estado social, democrático e de dereito. Monarquía parlamentaria,
soberanía nacional, pluralismo ideolóxico e convivencia democrática.
1. A transición democrática
1975-1977
1. Introdución: inmobilismo, reforma ou ruptura democrática
• Tras a morte de Franco abríase un período de inseguridade, de
medos e esperanzas, de axitación de forzas que se aprestaban
a un posible enfrontamento. Cara onde camiñaba España?
• No cumio do Estado un rei que é unha incógnita; formalmente é
o rei do Movemento e dos principios do 18 de xullo, aínda que
chegará a ser o rei da democracia (...). Houbo nun principio
dúas posturas antagónicas: inmobilismo a ultranza e ruptura
democracia. A realidade fará que xurdan dúas propostas
intermedias: reforma parcial e ruptura pactada. Imponse o
compromiso ou pacto; chegarase a el por medio da
negociación a varias bandas: goberno (de Suárez, unha vez
cesado Arias polo rei), persoal do antigo réxime e
organizacións da oposición. Resultado: nin “bunkerazo”, nin
ruptura, senón transición á democracia.
• Tuñón de Lara. Transición e democracia 1979
1. A transición democrática
1975-1977
1.1. Proclamación e coración do rei Xoán Carlos I
• 20-11-75 Morte de Franco. Ponse en marcha os mecanismos
legais para garantir a continuidade do réxime na figura de Xoán
Carlos:
• 21-11: nomeado capitán xeneral dos tres exércitos
• 22-11: logo de xurar as leis Fundamentais do Reino,
proclamado rei ante o pleno das Cortes e do Consello do Reino.
Primeiro discurso oficial: lembranza (ver doc. 1 páx. 387) á
figura de Franco, á tradición. Tímidas referencias á renovación;
tranquilidade no búnker, desdén na oposición democrática que
considera a Xoán Carlos un continuador da obra de Franco
(Xoán Carlos I O Breve corrían os chistes durante eses días).
• 27-11 coroación nos xerónimos de Madrid). Durante a
cerimonia Vicente Enrique Tarancón (cardeal e presidente da
Conferencia Episcopal Española) pronunciou unha homilía na
que expuxo a postura da Igrexa ante as novas circunstancias
(ver doc. 2) depois disto o búnker adicoulle bonitas pintadas
que dicían así: Tarancón ó Paredón.
22-11-1975. Proclamación
de Xoán Carlos I como rei
diante das Cortes.
1. A transición democrática
1975-1977
1.1. Proclamación e coración do rei Xoán Carlos I
• Xoán Carlos accedeu ao trono a través da legalidade
franquista (mecanismos da lei de sucesión de 1947.
Principio de instauración da monarquía segundo o
modelo franquista) pero non se resolvía o problema de
lexitimidade dinástica pois os dereitos correspondían ao
seu pai: Xoán de Borbón. A solución demorouse ata o 14-
V-1977 cando, de modo oficial, foron cedidos estes
dereitos de pai a fillo.
• Xoán Carlos toma as súas primeiras decisións: mantén
como presidente do goberno a Arias Navarro, e nomea
como presidente do Consello do Reino e das Cortes a
Torcuato Fernández-Miranda, persoa da súa máxima
confianza e a quen se lle atribúe este consello:
• Vostede xure os principios do Movemento que xa
derogaremos lei sobre lei.
14-5-1977. Renuncia de don
Xoán dos dereitos ao trono
1. A transición democrática
1975-1977
1.2. O primeiro goberno da monarquía (1975-1/7/1976)
• Os cambios para uns ían demasiado rápidos e para outros moi
lentos. Equilibrio imprescindible pero difícil de conseguir.
• Definición do modelo político. Presidido por Arias Navarro,
goberno heteroxéneo representadas tódalas familias do réxime,
así como personalidades consideradas reformistas (Fraga,
Areilza, Suárez, Martín Villa). Tres proxectos diferentes dentro
dun goberno:
• Continuísmo (Arias), defendía a permanencia do modelo
franquista coa concesión dalgúns dereitos.
• Reforma-continuista (Fraga), aceptaba unha tímida reforma na
que se conxugaba a elección por sufraxio universal do
Congreso e a designación dos membros do Senado, seguindo
o sistema franquista.
• Reformista (Areilza, Suárez), pretendía conseguir unha
auténtica democracia.
1. A transición democrática
1975-1977
1.2. O primeiro goberno da monarquía (1975-1/7/1976)
• Os carlistas presentaron a súa proposta, pero tralos tráxicos sucesos de
Montejurra (V-76) lugar tradicional das súas celebracións. Enfrontamento de
dúas ramas lideradas polos irmáns Carlos Hugo (de orientación socialista) e
Sixto Enrique (integrista) significa a morte política do carlismo.
• A oposición democrática: restablecemento da democracias e ruptura coas
institucións do sistema franquista (cuestión que salpica á mesma monarquía).
Coordinación democrática (PlataJunta): programa fundacional en marzo de
1976 asinado pola maioría dos grupos políticos e sindicais. (ver doc. 3. Páx.
388): ruptura democrática.
• Urxencia de cambios sociais. Arias e o búnker paralizan todo intento de
reforma. A conflitividade laboral foi en aumento (económicas: convenios
colectivos, carestía da vida; políticas: Amnistía, liberdade, estatutos de
autonomías). Represión: moi duro en Vitoria-Gasteiz.
• Papel do Rei. Con discreción. Dúas viaxes: España (Catalunya, Andalucía,
Asturias), EE_UU discurso no que se anuncian reformas ante o Congreso deste
Estado.
• Fin do goberno de Arias. 1-7-1976. Inmobilismo. Dimisión forzada polo rei Xoán
Carlos I.
Sucesos de Montejurra
Maio de 1976
Enfrontamento dos dous
bandos no carlismo
Represión policial nunha
manifestación pro-
amnistía. Barcelona 1976
Protestas no 1º
aniversario das Matanzas
de Vitoria
Arias Navarro como
presidente do goberno
dificultou o acceso cara a
democracia. O rei o
cesará o 1/VII/1976
1/VII/1976: o Rei nomea
como presidente do
goberno a Adolfo Suárez
que iniciará o proceso
da reforma política cara a
democracia
1. A transición democrática
1975-1977
1.3. Inicios das reformas. Suárez e a Lei de reforma politica
• Aceptación da dimisión de Arias e nomeamento de Adolfo Suárez.
Sorpresa de todos e decepción da oposición, pois parecía representar
a liña continuista do franquismo (fóra gobernador civil de Segovia,
director xeral de Radiodifusión e Televisión, ministro secretario
nacional do Movemento).
• Primeiras reformas. Ante as críticas, Suárez terá que explicar as
reformas (ver doc. 5. páx. 390. Insiste nos proxectos democratizadores
e convocatorias de eleccións). Medidas principais:
• a. Renuncia da Coroa ó dereito de presentación dos bispos.
• b. Aprobación dunha lei de Amnistía para presos políticos (agás
delictos de terrorismo).
• c. Ampliación de tolerancia pública (que permite unha ampla liberdade
de expresión: nacen El País, Diario 16, Interviu, Papus, consolídase
Cambio 16 e Triunfo).
• d. Negociacións para legalizar os partidos políticos e sindicatos.
• e. Múltiples conversas coa oposición, das forzas franquistas e dos
sindicatos maioritarios (CC.OO e UXT). A táctica de entrevistas
selectivas e individuais consegue ampliar os apoios ás súas medidas
de reforma.
1. A transición democrática
1975-1977
1.3. Inicios das reformas. Suárez e a Lei de reforma politica
• Oposición na rúa. Manifestacións de protestas. Atentados de ETA,
GRAPO; contestación dos grupos ultras (extremadereita).
• Reorganización das forzas políticas. a. Fraga aglutina ao seu redor ás
forzas do franquismo formando Alianza Popular (AP) coa que espera
conseguir o apoio maioritario da poboación. No centro, democristiáns
e liberais intentan reagruparse: Partido Popular (non confundir co
actual) que servirá de aglutinante posterior en Unión de Centro
Democrático (UCD).
• b. A oposición crea Plataforma de Organismo Democráticos
(Superplatajunta: Coordinación Democrática máis... incluída a Táboa
Democrática de Galicia). Que en outubro de 1976 insistía na ruptura
democrática.
• c. Partido Comunista (xullo en Roma) compromiso de buscar
concordia entre tódolos españois e abrir vías de diálogo co goberno.
• Aproximación dos militares. Tivo que contar coa neutralidade destes.
Setembro de 1976 reuniu á cúpula militar e logrou que aceptara o seu
proxecto: legalización de tódalas forzas políticas e sindicais sempre e
cando non se legalizase o Partido Comunista.
1. A transición democrática
1975-1977
1.3. Inicios das reformas. Suárez e a Lei de reforma politica
• Lei para a Reforma Política. Culminación da primeira fase da transición (ver doc. 6.
Páx. 391). O punto esencial é a convocatoria de eleccións xerais democráticas para
formar novas Cortes pero para levalo a cabo tiña que ser aprobado polo Consello
Nacional do Movemento e polas Cortes institucións controladas polos franquistas.
• Adolfo Suárez e Torcuato Fernández de Miranda empregaron tódolos recursos e
influencias e os resortes que lle permitían as leis. Idea chegar á democracia
parlamentaria dende a legalidade vixente (da lei á lei) mantendo a paz social e o
control do proceso pola Coroa e o Goberno.
• A pesar das críticas o Consello informou positivamente (80 votos a favor, 13 en
contra e 6 abstencións).
• O segundo obstáculo: Cortes, tramitarse por procedemento de urxencia (para evitar
a comisión das Cortes controladas polos sectores máis duros do franquismo).
Debates do 16 ao 18 de novembro. Considerados polos historiadores como os máis
decisivos da historia da transición. As derradeiras Cortes franquistas aprobaron a lei
(425 votos a favor, 59 en contra, 13 abstencións e 34 ausencias). Fixéronse o
haraquiri. Inicíabase a voadura controlada do franquismo.
• O 15 de Decembro someteuse a referendo dos españois: a oposición (que tiña un
plantexamento rupturista) pediu a abstención, o búnker o non mentres o Goberno
(utilizando tódolos medios de comunicación) pediu o voto afirmativo. Paticipou o
77,4% do censo co 94,2% dos votos afirmativos. Derrota das teses rupturistas e o
triunfo das propostas de Suárez. Complementarias desta lei foron outras medidas:
regulamentación do dereito de folga, concesión dun novo indulto para presos
políticos, legalización das centrais sindicais e disolución do Movemento Nacional.
Campaña instucional a
favor da Lei da Reforma
Política
Referendum 15/XII/1976
Vinto Tinto: Habla pueblo habla
1. A transición democrática
1975-1977
1.3. Inicios das reformas. Suárez. As primeiras eleccións democráticas
• Primeiras dificultades despois da aprobación da LRP:
• Reacción da ultradereita e ultraesquerda. Xaneiro de 1977
(semana negra da transición). Asasinatos dos avogados
laboralistas (vinculados a CC.OO e PCE) matanza de Atocha.
GRAPO secuestra ó xeneral Villaescusa (presidente do
Consello Supremo de Xustiza Militar) e a Antonio de Oriol
(presidente do Consello de Estado), ademais de varios
atentados e asasinatos de policías e gardas civís.
• Legalización do PCE. Suárez anuncia a legalización en abril de
1977, logo de manter entrevistas secretas con Santiago Carrillo.
O PCE aceptaba as peticións de Suárez: monarquía como
forma de goberno, bandeira bicolor, unidade de España e a
democracia. Tivo que ceder en moitos principios que
constituían ata ese momento a súa identidade política. Todos
desexaban que a reconciliación e a paz fose unha realidade en
España. A legalización do PCE probou malestar entre membros
destacados do exército e a dimisión do ministro de Mariña pero
contaba co beneplácito do Monarca..
Matanza de Atocha
A transición (decembro 1976-febreiro 1977) capítulo 12
Matanza de Atocha
Enterro dos avogados
Matanza de Atocha
Enterro dos avogados
Matanza de Atocha
Enterro dos avogados
Película de Juan
Antonio
Bardem sobre os
acontecementos
desa semana
Monumento
conmemorativo do
atentado na rúa Atocha
(Madrid)
Genovés: El abrazo
Símbolo da transición
1. A transición democrática
1975-1977
1.3. Inicios das reformas. Suárez. As primeiras eleccións democráticas
• As formacións que concorren ás eleccións. Sopa de
siglas; presentaron documentación 111 partidos:
legalizados 78, 26 rexeitados e 7 disoltos. Retorno de
exiliados: Alberti, Pasionaria, Federica Montseny...
Coalición (democristiáns, liberais e
socialdemócratas): UCD liderada por Adolfo Suárez.
Os socialistas presentáronse divididos: PSOE:
Felipe González, PSP: Tierno Galván, en Catalunya o
PSC (que posteriormente se integrarán o PSOE),
PSG de Beiras. O PCE presentouse en solitario, AP
de Fraga e outros.
• Normativa electoral: listas e lei de D’Hont. 15-xuño:
• Resultados: UCD: 165, PSOE: 118, PCE: 20, AP: 16,
PNV: 8, PDC: 11, PSP: 6, Outros 6.
Propaganda electoral
Eleccións 1977
A transición (febreiro-xuño 1977) 13 capítulo
Propaganda electoral
Eleccións 1977
Propaganda electoral
Eleccións 1977
Propaganda electoral
Eleccións 1977
Propaganda electoral
Eleccións 1977
Propaganda electoral
Eleccións 1977
CAMPAÑA 1977
ELECCIÓNS 1977: RESULTADO AO CONGRESO
PARTIDO Escanos Votos %Votos
UCD 165 6.310.391 34,40%
PSOE 118 5.371.866 29,29%
PCE 20 1.709.890 9,32%
AP 16 1.504.771 8,20%
PDC 11 514.647 2,81%
PNV 8 296.193 1,61%
PSP 6 816.582 4,45%
Outros (5 candidaturas) 6 445.179 2,43%
Candidaturas sen
representación 0 1.372.807 7,48%
Total 350 18.342.326 100%
Gaña UCD 39
Gaña PSOE 9
Gaña PDC 2
Gaña PNV 2
Fte. Wikipedia
2.1. Características e principios
22-VIII-77: Comisión
parlamentaria (Pérez-Llorca,
Herrero de Miñón e Gabriel
Cisneros: UCD; Peces
Barba: PSOE; Jori Solé
Tura: PCE, Fraga: AP; Roca:
PDC) para redactar o
borrador do proxecto
constitucional. Trala súa
presentación presentárose
1133 enmendas que foron
debatidas en comisión e
pleno o 31 de outubro de
1978 aprobouse a
Constitución polo de
Congreso e Senado cos
seguintes resultados:
CONGRESO DOS DEPUTADOS
SÍ: 325 (94,2%) NON: 6 (1,8%) Abstencións: 13
(4,1%)
UCD
PSOE
PCE
Minoría catalana
8 de AP (Fraga
entre eles)
4 grupo mixto
5 de AP
1 de Euskadiko
Eskerra
8 PNV
1 (UCD)
3 (AP)
1 (ERC)
SENADO
SÍ: 226 (94,5%) NON: 5 (2,3%) Abstencións: 8
(3,3%)
Resultados referendum
Constitución 1978
Votantes 17.873.271 67,11%
Sí 15.706.078 88,54%
No 1.400.505 7,89%
Branco 632.902 3,57%
2. Constitución 1978
2.1. Características e principios
• Destaca da constitución:
• Consenso.
• Extensión. A máis extensa despois da de Cádiz.
• Ambigüidade e eclecticismo.
• Ríxida na reforma. 3/5 partes da Cámara e referendo.
• Progresista e democrática.
• Pouco orixinal.
• Estrutura tradicional. A Constitución está dividida en
dúas partes fundamentais:
• DOGMÁTICA: Dereitos e deberes dos cidadáns.
Título preliminar e I
• ORGÁNICA: División de poderes e estructura
organizativa do Estado español. (Oito títulos)
2. Constitución 1978
2.1. Características e principios
• En total a Constitución consta de 169 artigos (é unha constitución moi longa)
máis catro disposicións adicionais, nove transitorias, unha derogatoria e outra
final. A organización é a seguinte:
• Título Preliminar:. Aspectos xenéricos e básicos da configuración de
España. 9 artigos
• Título I: Dereitos e deberes fundamentais. (10-55) O máis longo dividido en
cinco cap. Dividido en dereitos civís (vida, integridade física, igualdade
xurídica... Políticos (expresión, reunión, asociación...) e Sociais Do 39-52 non
son normas xurídicas directamente aplicables, senón principios inspiradores e
rectores que os distintos gobernos deberían ter a obrigatoriedade de
desenvolver (educación, vivenda, sanidade, traballo...) é dicir os dereitos
sociais.
• Título II: Coroa. (56-65)
• Título III: Cortes Xerais (poder lexislativo) (66-96) Tres capítulos.
• Título IV: Goberno e admon. (poder executivo) (97-107)
• Título V: Relacións entre o Goberno e Cortes xerais (108-116)
• Título VI: Poder xudicial. (117-127)
• Título VII: Economía e facenda (128-136)
• Título VIII: Organización territorial do Estado (137-158)
• Título IX: Tribunal Constitucional (159-165)
• Título X: Reforma Constitucional (166-169)
2. Constitución 1978
2.1. Título preliminar
• Estado social, democrático e de Dereito.
• Forma política: Monarquía parlamentaria.
• Estado unitario que recoñece o dereito á
autonomía das nacionalidades e rexións:
Estatutos de Autonomía (que se
desenvolverá no título VIII).
• Castelán e demais linguas españolas
oficiais.
• Pluralidade política e sindical...
2. Constitución 1978
2.2. Título I: dereitos e deberes
• Dereitos civís: á vida, á integridade física, á igualdade ante a lei, á
liberdade (persoal, de empresa, de relixión...), acceso ós tribunais con
garantías procesuais, á propiedade privada, á obxección de conciencia, ó
honor e intimidade, residencia, prohibición de tortura e pena de morte.
• Dereitos políticos: expresión, reunión, manifestación, asociación,
participación: votar e ser elexido, exercer iniciativa lexislativa popular,
petición, folga...
• Dereitos sociais: libre elección de profesión, promoción social a través do
traballo, salario suficiente para cubrir as necesidades persoais e
familiares, educación...
• Garantías: Tribunal Constitucional (o recurso de amparo), Defensor do
Pobo.
• Suspensión: estado de alarma, de excepción e de sitio. Nestes últimos
estados non se pode aplicar a maioría dos dereitos civís e políticos.
• Deberes: defensa da patria, contribución ó gasto público segundo a
capacidade económica de cada quen (progresividade impositiva).
• Principios rectores da política económica e social.
2. Constitución 1978
2.3. Os poderes do Estado. Coroa
• Coroa: Xefe do Estado, sanciona e promulga leis; convoca e
disolve as Cortes; convoca eleccións e referendo; propoñer ás
Cortes candidato á Presidente do Goberno; nomear e cesar
ministros, a proposta do Presidente; conceder honores de
acordo coas leis; debe ser informado dos asuntos de Estado;
pode presidir, cando o estime oportuno, sesións do Consello
de Ministros, exerce o mando supremo das FF.AA. e o dereito
de gracia pero non indultos; acredita embaixadores; manifesta
consentimento para sinatura de tratados internacionais;
declara a guerra e acorda a paz, previa autorización das Cortes.
Recibe orzamento dos presupostos do Estado. O listado é
longo pero as funcións son moi limitadas: Monarquía
parlamentaria. O rei reina pero non goberna.
2. Constitución 1978
2.3. Os poderes do Estado. Cortes Xerais
• Competencias clásicas: elixe presidente do goberno,
aproba leis, orzamentos do Estado, controla o labor do
executivo.
• Parlamento bicameral (Congreso e Senado). Eleccións
cada catro anos. Voto persoal, non delegable, non hai
mandato imperativo dos deputados. Proceso habitual
dunha lei: proxecto de lei e proposicións de lei.
Aprobación. Sanción e promulgación. Decretos-leis: non
poden afectar ás institucións básicas nin ós dereitos,
deberes e liberdades constitucionais. Convalidación ou
derrogación no prazo dos trinta días seguintes.
2. Constitución 1978
2.3. Os poderes do Estado. Goberno
• Como se elixe presidente do goberno?: eleccións
xerais lexislativas e proclamación de resultados,
consultas aos partidos por parte do Rei que designa
candidato ao ser investido, o candidato debe
presentar o programa político e someterse á
confianza do Congreso, ten que recibir a maioría
absoluta na primeira votación, senón sométese a
confianza 48 horas despois: maioría simple basta.
Senón: proposta dun novo candidato e se
transcurren dous meses dende a primeira votación.
Disolución das cámaras e convocatoria de novas
eleccións.
2. Constitución 1978
2.3. Os poderes do Estado. Xudicial
• Xuíces independentes, inamovibles,
responsables e sometidos unicamente ó
imperio da lei.
• A xustiza é gratuíta para quen careza de
recursos económicos. O Consello Xeral do
Poder Xudicial é o máximo órgano de
goberno. Tribunal supremo. Xurado. Tribunal
Constitucional: recursos de amparo,
conflictos de competencia e recursos de
inconstitucionalidade.
2. Constitución 1978
2.3. As Comunidade Autónomas
• Título VIII desenvolvemento dos
futuros Estatutos de Autonomía (19
Autonomías hai na actualidade se
contamos os Estatutos de Ceuta e
Melilla).
3. Os gobernos da UCD (1977-1982)
• Adolfo Suárez (eleccións de xuño
de 1977 e marzo de 1979. Dimisión
en 1981.
• Calvo Sotelo ata 1982. Na
investidura deste presidente foi
cando houbo o golpe de Estado de
Tejero o 23-F.
Elección xerais de 1 de marzo de 1979
*Alianza Popular adoptou o nome de Coalición
Democrática
Elección xerais de 1 de marzo de 1979
Adolfo Suárez
1977-1981
Leopoldo Calvo Sotelo
1981-1982
3. Os gobernos da UCD (1977-1982)
3.1. Os gobernos de Adolfo Suárez (1977-1981)
• Adolfo Suárez, como líder da
coalición de partidos que formaban
a UCD, desenvolveu un programa
de goberno centrado na
democratización da vida española,
iniciándose a posta en marcha dos
principios constitucionais.
3. Os gobernos da UCD (1977-1982)
3.1. Os gobernos de Adolfo Suárez (1977-1981)
Medidas do programa de centro
• Reforma do exército. Gutiérrez Mellado (vicepresidente e o ministerio
de Defensa). Código de Xustiza Militar e Reais Ordenanzas foron
modificadas. A Lei de criterios básicos da organización militar facilitou
que os mandos militares foran ocupados por persoas máis novas e
mellor preparadas.
• Pactos da Moncloa. Outubro de 1977. Acordos entre os axentes
sociais e o Goberno para reducir a conflitividade social e adopción de
medidas para abordar a crise económica que víñase arrastrando dende
os últimos anos do franquismo. Os resultados. O Congreso aceptou
os acordos. Resultados positivos: inflación baixou do 40% ao 16% e
balanza de pagos, normalización da vida sindical (primeiras eleccións
sindicais en 1978 e Estatuto dos Traballadores.
• Inicio da reforma fiscal. IRPF con criterios de progresividade.
• Proxección exterior: negociacións de entrada na CEE, Conferencia de
Seguridade e Cooperación Europea (1980)...
Asinantes dos
Pactos da Moncloa
Outubro 1977
3. Os gobernos da UCD (1977-1982)
3.1. Os gobernos de Adolfo Suárez (1977-1981)
Proceso autonómico
• Comunidades históricas (Catalunya, Euskadi, Galicia
desenvolveron o seu estatuto polo artigo 151 da Constitución:
vía máis rápida e con máis nivel de competencias). O resto polo
artigo 143 (salvo Andalucía que quixo ir pola vía do 151 e lle foi
bastante difícil). Estatuto catalán refrendado o 25-10-79: 88,1%
a favor. CiU (Coverxencia Democrática de Catalunya e Unión
Democrática de Catalunya) presidida por Pujol gobernou a
Generalitat dende 1980 ata o 2003. CiU foi necesario na
gobernabilidade do Estado: 1993 (apoiou ó PSOE), 1996
(apoiou ó PP). Estatuto Vasco refrendado en 1979 igual que o
catalán (singularidade do caso vasco): participación do 60% e
90% afirmativos. Referendo andaluz (queren a vía 151 e non
143). Galicia comentado máis adiante.
Novo mapa
autonómico
18-2-1979 Cataluña,
País Vasco
6-4-1981 Galicia
30-12-81 Andalucía,
Asturias, Cantabria
9-6-82 La Rioja Murcia
1-7-82 Valencia
10-8-82 Aragón,
Castilla La Mancha,
Canarias, Navarra
(mellora do réxime
foral)
25-2-83 Extremadura,
Baleares, Madrid
Castilla León
3. Os gobernos da UCD (1977-1982)
3.2. As dificultades da UCD e a dimisión de Suárez
• Desgaste da UCD (tensión entre as tendencias internas dentro
do partido).
• O principal partido da oposición (PSOE) realiza un cambio
drástico. Felipe González tras asegurarse a disciplina interna
presenta unha moción de censura (maio de 1980) que aínda que
non prosperou supuxo o fin da etapa política do consenso,
erosionou a figura do presidente do goberno e potenciou á do
xefe da oposición.
• Dificultades económicas.
• Dimisión de Suárez (29-1-1981).
• Transcorrido o tempo valórase como moi positivo o proceso de
democratización iniciado por Suárez da vida española.
Vítimas mortais do terrorismo 1973-2008
8
18
27
2022
63
113
109
41
4547
37
66
40
58
2325
30
46
26
151315
5
13
6
0
23
15
5 3 0 0 2 2 3
73 76 77 78 79 83 85 200091
Soidade de Adolfo
Suárez no banco do
Goberno no
Congreso
Presentación do
discurso de
dimisión ante as
cámaras de TVE.
29-i-1981
Discurso de dimisión de Suárez
3. Os gobernos da UCD (1977-1982)
3.3. O goberno de Leopoldo Calvo Sotelo (1981-1982)
O intento de golpe de Estado
• Responsable de organización da UCD e non
identificado con ningunha familia política
dentro do partido (partido que desaparecerá
en 1983).
• O intento de golpe de Estado.
• O mandato de Calvo Sotelo empeza mal na:
2ª. volta da votación de investidura (por non
contar coa maioría absoluta na 1ª) ten lugar a
intentona de golpe de Estado no Congreso.
3. Os gobernos da UCD (1977-1982)
3.3. O goberno de Leopoldo Calvo Sotelo (1981-1982)
O intento de golpe de Estado
• Dirixida polo tenente coronel da Garda Civil
Antonio Tejero (que xa participara na
abortada operación Galaxia de novembro de
1978) xunto cuns catrocentos gardas civís,
asaltou o Congreso pistola en man, entrou no
hemiciclo das Cortes e mantivo como reféns
ó goberno e ós parlamentarios, mentres
anunciaba a chegada dunha autoridade
superior e invocaba o nome do rei como
máximo responsable.
Intento de Golpe de Estado
23-II-1981
Intento de Golpe de Estado
23-II-1981
O ministro de Defensa Gutiérrez
Mellado intenta parar o golpe Imaxes do intento do Golpe de Estado
23-F. O capitán xeneral de
Valencia Milan del Bosch
saca os tanques á rúa
Tanques en Valencia
Intervención televisada na
madrugada do 24-2-1981
Informativos 24 de febreiro 1981
Manifestación a favor da
democracia 27-2-1981
Manifestación a favor da
democracia 27-2-1981
Manifestación a favor da
democracia 27-2-1981
Manifestación a favor da
democracia 27-2-1981
Claves do 23-F
3. Os gobernos da UCD (1977-1982)
3.3. O goberno de Leopoldo Calvo Sotelo (1981-1982)
O intento de golpe de Estado
• Os españois poidemos ver o golpe de Estado en directo pois as cámaras
estiveron funcionando durante moito tempo.
• Os xefes militares das diferentes rexións militares mantivéronse á espectativa,
pero só Milans del Bosch en Valencia sacou os tanques ás rúas esixindo a
rendición da poboación.
• A actuación do rei foi clave na resolución do conflito; desde a súa residencia no
palacio da Zarzuela, tomou as rendas da situación; púxose en contacto cos
xefes militares explicando a súa posición e esixindo a súa lealdade; convocou a
Xunta de Xefes de Estado Maior e, vestido co uniforme de capitán xeral, grava
unha mensaxe que se emite por televisión na madrugada do día 24 (ver doc. 21.
páx. 407). Trala mensaxe do rei, o pais respiraba alviado; a situación quedaba
controlada. Os tanques en Valencia regresan ós cuarteis e Tejero réndese.
Tamén compre valorar, ademais do papel do rei, a actitude dos mandos
militares, o que viña a desmostrar a eficacia das reformas levadas a cabo no
exército. Nos días seguintes tiveron lugar en toda España multitudinarias
manifestacións de apoio á democracia..
3. Os gobernos da UCD (1977-1982)
3.3. O goberno de Leopoldo Calvo Sotelo (1981-1982)
A continuidade do proxecto da UCD
 25 de febreiro: elexido Calvo Sotelo.
 Actividade lexislativa: Lei de divorcio (que contou coa oposición do sector
democristián da UCD saída da UCD do grupo socialdemócrata liderado por
Fernández Ordóñez que máis tarde integrarase no PSOE e o apoio da oposición
de esquerdas), LOAPA (consensuada polo PSOE e UCD. Posteriormente vai ser
declarada insconstitucional no articulado fundamental. Obrigaba ás autonomías
futuras (salvo as históricas á acceder pola vía do 143). A lei non podía ser
orgánica nin harmonizadora. Quedou en LPA.
 Verán crítico de 1981: venda de aceite adulterado de colza. Moitas mortes.
Salpica ó Goberno especialmente ó ministro de Sanidade (o galego Sancho Rof:
el gérmen del aceite es un bichito que si cae de esta mesa se mata
(declaracións feitas en conferencia de prensa.
 Entrada de España na OTAN (xuño de 1982). A oposición utilizou este feito,
especialmente o PSOE: OTAN de entrada non. Como eixo da súa campaña de
acoso ó Goberno.
 Convocatoria de eleccións: outubro de 1982. Gañou o PSOE.
4. Os gobernos do PSOE de Felipe González (1982-1996)
Introdución
• A duración existencia dun goberno monocolor (entre 1993
e 1996 tivo que contar co apoio parlamentario de CiU)
durante 14 anos é un feito insólito na historia das
democracias occidentais.
• A persoalidade carismática de Felipe González xustifica
en parte esta circunstancia (en 1996 aínda se produciu
unha amarga vitoria para o PP: só sacou 156 deputados,
mentres o PSOE tivo unha dulce derrota: 141.
• Os gobernos socialistas caracterizáronse pola
moderación política na liña socialdemócrata europea.
• A existencia dunha oposición alternativa non se dará ata
os anos noventa despois da refundación da antiga AP no
Partido Popular tratando de copar o espazo de centro
perdido pola UCD e mantido polo CDS de Suárez ata
finais dos oitenta.
Cartel electoral do PSOE
Eleccións 1982
CADRO DOS RESULTADOS ELECTORAIS AO CONGRESO
DURANTE OS GOBERNOS DO PSOE (1982-1996)
ANO PSOE CP/PP UCD/C
DS
PCE
/IU
CIU PNV OUTROS
1982 202 106
CP
12
UCD
4
PCE
12 8 6
1986 184 105
CP
19
CDS
7 IU 18 6 6
1989 175 107
PP
14
CDS
17
IU
18 5 10
1993 159 141
PP
- 18
IU
17 5 6
O nacionalismo galego non contará con representación ata a chegada do BNG
nas eleccións de 1996 a excepción do partido nacionalista centrista Coalición
Galega en 1986: un deputado.
A maioría absoluta está en 176 deputados.
Eleccións xerais de 28 de outubro de 1982
1982
Celebración do triunfo
electoral do PSOE
4. Os gobernos do PSOE de Felipe González (1982-1996)
4.1. Axuste e reactivación económica
Política de reaxuste (1982-1985)
• Reconversión industrial: sector naval e siderúrxico,
reducir o déficit das empresas máis endebedadas
comezando polos axustes nos cadros de persoal.
Localidades como Ferrol, Sagunto, Reinosa viviron
difíciles situacións pola perda de postos de traballo
e as folgas. Noutros sectores non foi tan traumático:
Acordo Económico e Social asinado en 1984 entre o
Goberno, patronal e UXT. Para paliar o desemprego
no campo do sur de España potenciouse o PER (Plan
de Emprego Rural) e ZUR (Zona de Urxente
Reindustrialización). Expropiación de RUMASA
debido ás irregularidades da empresa sendo
ministro de economía Miguel Boyer.
1983
Expropiación de RUMASA
Vigo
Manifestación contra a
Reconversión Industrial
4. Os gobernos do PSOE de Felipe González (1982-1996)
4.1. Axuste e reactivación económica
Crecemento económico (1985-1990)
• 5% anual. Ingresos por turismo aumentaron. Crece a
producción industrial e os beneficios empresariais. O
investimento estranxeiro é maior aínda que estivo máis
orientado á especulación que a auténtica creación de emprego.
Maior control fiscal. As actividades da bolsa e da banca
aumentan de forma espectacular. A bonanza económica tivo
aspectos negativos: aumento de prezos, maior inflación,
liberalización do mercado de traballo e moderación salarial. Foi
na UXT onde apareceron as críticas máis duras ó Goberno.
Duro enfrontamento entre Nicolás Redondo (UXT) e Felipe
González (PSOE) que rematou co abandono do primeiro como
deputado en 1985 a raíz da reforma do sistema de cotización
das pensións. A intransixencia do Goberno fixo que as centrais
sindicais actuasen conxuntamente a partir de 1986. Folga xeral
de 1988 que foi seguida de modo maioritario. O distanciamento
da UXT culmina en 1989 coa retirada do apoio da UXT ó PSOE
nas eleccións europeas dese ano.
4. Os gobernos do PSOE de Felipe González (1982-1996)
4.1. Axuste e reactivación económica
Recesión (1991-1993)
• Tratado de Maastricht (1992) (moeda única) obrigaba
a cumplir uns obxectivos macroeconómicos
rigurosos. Nesta etapa se fixo:
– Eliminación dos monopolios (CAMPSA, Telefónica
e Tabacalera)
– Redución do papel do INI (desaparece en 1995).
– Privatización capital público en empresas mixtas
(SEAT, Telefónica, Iberia, Endesa...)
– Fusión bancaria (Bilbao-Vizcaya, 1988;
Hispanoamericano e Central, 1991; Banca pública
en Argentaria).
4. Os gobernos do PSOE de Felipe González (1982-1996)
4.1. Axuste e reactivación económica
Nova recuperación (1993-1996)
• Logrouse a xeneralización do imposto
sobre a renda (IRPF), control dos
orzamentos (graves deficiencias e
desaxustes) e das actividades
empresariais e individuais, reforma do
sistema impositivo (IVE).
4. Os gobernos do PSOE de Felipe González (1982-1996)
4.2. Hábitos democráticos e Estado do benestar
• Extensión das prestacións sociais: subsidio de
desemprego, lei de sanidade 1986 cobertura universal,
pensións non-contributivas 1990, revalorización das
pensións segundo o IPC.
• Incremento de investimentos na educación: LRU, 1983)
planos de estudio e maior autonomía da universidade,
(LODE, 1985) liñas básicas do novo sistema educativo
(LOXSE, 1990) ampliación da obrigatoriedade de 14 a 16 e
adecuación do sistema español ó sistema educativo
europeo.
• Xudicial. Habeas corpus, despenalización do aborto (tres
supostos, aprobación do código penal (novos delitos), o
xurado.
4. Os gobernos do PSOE de Felipe González (1982-1996)
4.3. Cambio sociocultural
• Producíronse importantes transformacións que reduciron
as diferenzas cos países europeos occidentais.
• A sociedade española de mediados dos anos noventa era
máis igualitaria, máis plural, máis laica, mellor preparada
profesionalmente, e avanzaba na incorporación da muller
ao mundo laboral.
• O descenso de número de matrimonios e natalidade foi
considerable.
• Mantíñanse certos hábitos: importancia da familia.
• 1992: importantes acontecementos. 500 aniversario do
descubrimento de América: Expo de Sevilla e Xogos
Olímpicos de Barcelona.
Expo Sevilla
1992
Inauguración AVE
Madrid-Sevilla
Estación Sta. Justa (Sevilla)
Xogos Olímpicos
Barcelona 1992
Barcelona hechicera
Xogos Olímpicos
Barcelona 1992
Príncipe Felipe abanderando
o equipo español
4. Os gobernos do PSOE de Felipe González (1982-1996)
4.4. Integración na política internacional
• UE: 1986. (Fondos estruturais:
FEDER, FEOGA). Problemas.
• OTAN: 1986. Referendo de
entrada non a entrada na OTAN
(52,6% sí).
• Novo exército e misións
internacionais.
• Presenza española no mundo.
Firma acta de adhesión á
Comunidade Europea
(futura UE)
Campaña do PSOE
1981
Campaña do PSOE
1986
Propaganda do comité
Anti OTAN. Referendum 1986
Resultados
Participación: 59,4%
Sí: 52,5%
Non: 39,8%
Branco: 6,5%
Fragata Numancia (F 83)
Participando na guerra do Golfo
(1990-1991)
Marta Sánchez actuando na fragata no golfo Pérsico
4. Os gobernos do PSOE de Felipe González (1982-1996)
4.5. Escándalos e desprestixio socialista
• As maiorías absolutas, a escasa
oposición política permitían unha
alta estabilidade dos gobernos,
pero tamén unha considerable
redución da vida parlamentaria,
cando non un certo desprezo.
• No inicio dos noventa comezaron
os problemas e os escándalos
políticos que responden a
diferentes tipos relacionados con:
4. Os gobernos do PSOE de Felipe González (1982-1996)
4.5. Escándalos e desprestixio socialista
• Cargos públicos nomeados polo PSOE, persoas que se
aproveitaron do seu posto, beneficiáronse de información
privilexiada ou incluso malversaron e se apropiaron de
fondos públicos.
• O caso máis grave foi Luís Roldán (director xeral da Garda
Civil) (malversación de fondos públicos.
• Financiamento dos partidos políticos caso FILESA no
PSOE.
• Terrorismo de Estado protagonizado polos GAL que
actuaron entre 1983-1987 con atentados contra ETA e
simpatizantes.
• Corrupción financeira: Mario Conde (Banesto) e Mario
Rubio (Banco de España).
• Ante esta situación, a oposición intensificou as críticas e o
PSOE veuse desgastado.
Juan Guerra, irmán do vicepresidente do goberno
Acusado de corrupción e tráfico de influencias
Luis Roldán detido en 1993
Financiación ilegal do PSOE
Gal: terrorismo de Estado
Escándalos
financeiros
Anos noventa:
Mario Conde (caso
Banesto)
Mariano Rubio
(banco de España)
Javier de la Rosa
(grupo KIO)
5. Os gobernos do PP de Xosé Mª Aznar (1996-2004)
5.0. Introdución
• O Partido Popular, fundado en 1989 a partir
de Alianza Popular e outros partidos de
centrodereita, gañou as eleccións en 1996
por maioría simple.
• O seu líder, Xosé Mª Aznar, conseguiu o
apoio parlamentario de CiU, PNV e
Coalición Canaria para formar Goberno.
• Nas eleccións do 2000 alcanzou a maioría
absoluta.
• O seu triunfo significaba a consolidación da
alternancia democrática en España.
ANO PP PSOE IU CIU PNV BNG OUTROS
1996 156 141 21 16 5 2 9
2000 183 125 8 15 7 3 9
REPARTO DE ESCANOS NO CONGRESO
ELECCIÓNS 1996 e 2000
A maioría absoluta está nos 176 escanos.
ELECCIÓNS XERAIS 1996
ELECCIÓNS XERAIS 2000
1996: o PP celebra a vitoria
electoral por maioría simple
2000: cartel electoral do PP
que gañou por maioría absoluta
5. Os gobernos do PP de Xosé Mª Aznar (1996-2004)
5.1. Privatizacións e moeda única
• Nos gobernos do PP destacan dous aspectos:
• a. Recuperación económica, coincidente coa tónica xeral
europea e incentivada en España na primeira lexislatura do PP
como:
• Acordo cos sindicatos para garantir o poder adquisitivo das
pensións. Vixiar a contratación laboral: potenciando contratos
fixos e mellorar os contratos a tempo parcial.
• Reducción dos conflitos e das folgas. Actitude dialogante coas
forzas sindicais (primeira lexislatura).
• Redución do desemprego (medidas incentivadoras) aínda que a
taxa está por riba da media comunitaria. Impulsado polo boom
da construción.
• Moderación salarial e conxelación do salario dos funcionarios.
• Este clima de paz deteriorarase durante a segunda lexislatura,
especialmente trala reforma do 2002 e as dificultades
económicas da economía mundial.
5. Os gobernos do PP de Xosé Mª Aznar (1996-2004)
5.1. Privatizacións e moeda única
 Criterios de converxencia e inicio da moeda única da Europa
comunitaria (euro). Os criterios de converxencia da UEM de 1993
para entrar na unión económica e monetaria no 2002 establecían a
partir do 1-1-1999: un control da inflación inferior ó 3%, déficit
público moi baixo, débeda pública inferior ó 60% do PIB e tipos de
interese baixo. Para acadar estes obxectivos o goberno estableceu:
• Privatización do sector público para aumentar os ingresos do
Estado e reducir o déficit.
• Reducir as prestacións sociais para rebaixar o gasto público.
• Forzar a produtividade e abaratar o traballo. Xornadas máis
longas e salarios á baixa en termos reais, que aumentan os
beneficios empresariais.
• Reducir o tipo de interese e a carga fiscal sobre o capital.
Reducir o IRPF.
• Aplicar medidas de liberalización que eliminasen os monopolios
de acordo coas directrices da UE.
• A entrada no euro supuxo unha subida do IPC.
5. Os gobernos do PP de Xosé Mª Aznar (1996-2004)
5.2. Reformas do programa conservador
 Sobre todo na 2ª. Lexislatura (na primeira foron paralizadas pola
dependencia parlamentaria dos grupos nacionalistas de centro-dereita).
 Códigos legais: (tipificación de novos delictos: informática, violencia de
xénero, delictos menores). Endurecemento das penas e limitación na
reinserción social.
 Exército: supresión do servicio militar obrigatorio (2002),
reestruturación das rexións militares (6 a 4), ingreso na estrutura militar
da OTAN.
 Educación: LOU, 2001: Universidade e LOCE: infantil, primaria e
secundaria, 2002.
 Organización da administración: supresión dos gobernadores civís.
 Mercado de traballo e prestacións de desemprego: recorte destas
últimas e endurecemento para acceder a elas. A presión social e
sindical fixo retroceder ó Goberno, que anulou case a totalidade da
reforma.
 Competencias das CC.AA. 30% da cesión do IRPF, cesión de
practicamente tódalas competencias.
 Problema vasco: Tregua de ETA en 1998 negociación co gobernopero
reinicia posteriormente a súa actividade terrorista. Ilegalización de Herri
Batasuna no 2002.
5. Os gobernos do PP de Xosé Mª Aznar (1996-2004)
5.3. A crise do Prestige e a guerra de Irak, o
terrorismo islamista
 Un accidente dun petroleiro nas costas galegas da Costa da Morte en
novembro de 2002 provocou unha crise política no goberno español
pola escasa reacción ante esta catástrofe.
 Tras os atentados do 11 de setembro de 2001 (Torres xemelgas de Nova
York e o Pentágono de Washington) provocados por terroristas
vinculados con Al Qaeda, os EEUU reaccionaron poñendo en marcha
unha agresiva ofensiva militar contra os países considerados como
promotores de terrorismo.
 O goberno de Aznar apoiou esta política propiciada por Bush (cumio
das Azores 2003) enviando tropas a Irak (país que foi acusado de posuír
armas de destrución masiva e de acoller terroristas) a pesar das
masivas manifestacións populares a esta guerra.
 Esta actitude do Goberno acentuou o perigo de atentados terroristas en
España. O 11 de marzo de 2004, en plena campaña electoral das
eleccións xerais, catro trnes de proximidade con destino á estación
madrileña de Atocha, sufriron uns ataques terroristas que provocaron o
maior atnetado producido en territorio europeo ata ese momento (191
vítimas mortais e máis de 1.800 persoas feridas de diversa gravidade).
As explicacións do Goberno, acusando a ETA do atentado, e a xestión
da crise provocaron un forte resentimento da sociedade.
 Tres días despois celebráronse as eleccións que perdeu o PP.
2002: afundimento do Prestige
2002: manifestación en Santiago
Fronte a parálise do Goberno
2002: consecuencias do Prestige
2003: manifestación contra a
intervención na guerra de Irak
2003: manifestación contra a
intervención na guerra de Irak
11-3-2004: Atentado islamista
en Madrid
Monumento ás vítimas do
terrorismo 11-M
Estación de Atocha (Madrid)
6. Os gobernos do PSOE de Rodríguez Zapatero
(2004-2011)
 O triunfo electoral do PSOE dirixido por Rodríguez
Zapatero, en 2004 e 2008 permitiu aos socialistas volver
gobernar en España.
ANO PSOE PP CIU ERC PNV IU BNG OUTROS
2004 164 148 10 8 7 5 2 6
2008 169 154 10 3 6 2 2 4
ELECCIÓNS XERAIS 2004
ELECCIÓNS XERAIS 2008
José Luis Rodríguez Zapatero
(PSOE)
Presidente do Goberno (2004-2011)
 Marcada polo distanciamento coa política do
presidente norteamericano Bush e a busca dun mellor
entendemento con Europa e o mundo latinoamericano
e árabe.
 O aspecto máis relevante foi a retirada das tropas
españolas de Irak (2004).
 Tamén se aprobou que claquera envío de tropas ao
exterior debía ser previamente autorizada polo
Congreso.
 Neste sentido mantívose a presenza militar nas
misións encomendadas pola ONU.
 No ano 2004 Zapatero propuxo crear unha Alianza de
Civilizacións co obxectivo de superar a incomprensión
mutua entre occidente e o islam, proposta que foi
asumida pola ONU en 2007.
6. Os gobernos do PSOE de Rodríguez Zapatero
(2004-2011)
Reformas do programa socialista: Nova política exterior
 Os gobernos de Zapatero apostaron
pola plena igualdade entre homes e
mulleres, comezando pola paridade no
propio Goberno e nomeando por
primeira vez na historia mulleres para
os cargos de Vicepresidenta e de
Ministra de Defensa.
6. Os gobernos do PSOE de Rodríguez Zapatero
(2004-2011)
Incremento da presenza das mulleres na política
Mª Teresa Fdez. de la Vega (vicepresidenta do Goberno)
Carme Chacón (Ministra de Defensa)
 Lei contra a violencia de xénero para a protección das
mulleres maltratadas.
 Lei do carné por puntos, buscando e conseguindo
reducir o número de mortes nas estradas.
 Lei anti-tabaco, limitando os lugares públicos onde
fumar.
 Lei do matrimonio homosexual, legalizando a unión de
persoas do mesmo sexo.
 Lei da reprodución asistida permitindo a investigación
con células nai.
 Lei de igualdade, ampliando dereitos para as mulleres
(paridade nas listas electorais).
 Lei de dependencia, garantindo o dereito a prestacións
sociais a persoas dependentes.
 Simplificación da lei do divorcio.
 Lei de memoria histórica, establecendo medidas a favor
dos que sufriron persecución pola ditadura franquista.
6. Os gobernos do PSOE de Rodríguez Zapatero
(2004-2011)
Novas leis sociais
A falta de consenso coa
oposición dificultou estas
modificacións
especialmente a conversión
do Senado en cámara de
representación territorial
das Comunidades
Áutónomas.
Reformas estatutarias.
6. Os gobernos do PSOE de Rodríguez Zapatero
(2004-2011)
Reformas das institucións
 En marzo de 2006 ETA anunciou un alto
o fogo permanente que deu esperanza
de iniciar un proceso de negociación
para resolver o problema vasco.
 Un atentado no aeroporto de Barajas
paralizou a negociación.
 Desde entón ETA seguiu cometendo
atentados e asasinatos, mentres que as
forzas de seguridade seguiron
realizando continuas detencións dos
seus dirixentes.
6. Os gobernos do PSOE de Rodríguez Zapatero
(2004-2011)
Da tregua de ETA á reactivación dos atentados
 Desde 2004 a 2008 a economía española
seguíu crecendo apoiada no auxe
internacional, na estabilidade
orzamentaria e na demanda interna.
 As diferenzas coa media europea foron
reducíndose e o mercado de traballo
seguïu absorbendo man de obra
inmigrante.
 Pero a finais de 2008 a economía
española entrou en recesión afectada
pola crise financeira e económica
internacional e polos problemas internos
derivados da fin do boom inmobiliario.
6. Os gobernos do PSOE de Rodríguez Zapatero
(2004-2011)
Da bonanza económica á crise
Crise económica en España (2008-2014)
Agravada pola burbulla inmobiliaria
EPA: Parados
2016 4.791.000
2015 4.780.000
2014 5.458.000
2013 5.936.000
2012 6.021.000
2011 5.287.300
2010 4.702.000
2009 4.335.000
2008 3.206.800
2007 1.773.200
6. O movemento 15-M
Tamén chamado movemento dos indignados, foi unha
expresión cidadán formada a raíz da manifestación do 15
de amio de 2011, convocado por diversos colectivos, onde
despois de que cuarenta persoas decidiran acampar na
Porta do Sol esa noite de forma espontánea, produciuse
unha serie de protestas pacíficas en España, coa
intención de promover unha democracia máis participativa
alonxada do bipartidismo PSOE-PP e do dominio de
bancos e corporacións, así como unha auténtica división
de poderes e outras medidas coa intención de mellorar o
sistemá democrático.
Movemento 15-M
Ocupando a Porta do Sol
en Madrid
Ocupando a Porta do Sol
en Madrid
Movemento 15-M
Movemento 15-M
PP PSOE CIU IU AMAIUR PNV UPD BNG OUTROS
186 110 16 11 7 5 5 2 8
ELECCIÓNS 2011: DEPUTADOS
7. O goberno do PP de Mariano Rajoy (2011-2015)
Mariano Rajoy
será o presidente
do Goberno da
X Lexislatura da
democracia española
ELECCIÓNS XERAIS 2011
7. O goberno do PP de Mariano Rajoy (2011-2015)
Crise económica e contestación social (2012-2013)
 Acordou unha forte redución do gasto público
para controlar o déficit orzamentario.
 Aprobou a reforma laboral (2012) rexeitada
polos sindicatos.
 Recortou os beneficiados na Lei de
dependencia.
 Rescatou as entidades financeiras en quebra.
Aínda que se negou a utilizar este termo.
 As politicas de axuste provocaron unha
segunda recesión da crise económica iniciada
no 2009 cun aumento de 1.000.000 de persoas
a unha taxa de paro elevadísima que crecera
moito nos últimos anos do goberno socialista.
 Recortou os orzamentos en educación e
sanidade no 2012 en 10.000 millóns de euros.
11 de marzo de 2012
Manifestación contra
a reforma laboral
Manifestación de
aforradores afectados
polas participacións preferentes
7. O goberno do PP de Mariano Rajoy (2011-2015)
Desafío soberanista de Cataluña e crise política (2013-2014)
A primeira ligado ao
movemento
independentista.
A segundo relacionada
cos episodios de
corrupción no partido do
goberno.
2013
Cadea humana polo referéndum
de independencia de Cataluña
Caso Bárcenas. Financiación ilegal
do PP
7. O goberno do PP de Mariano Rajoy (2011-2015)
Recuperación económica, desafío soberanista de e cambio no
sistema de partidos (2014-2015)
 Mantense o reto pola independencia de
Cataluña.
 Ao longo de 2014 a economía española
saíu da recesión e o crecemento subíu
por enriba do 2% anual durante este ano
e no 2015.
 A taxa de paro descende lentamente.
 Increméntanse as exportacións e o
turismo medra.
 Dende as eleccións europeas (maio de
2014) o sistema clásico de partidos
resquebráxase co auxe de novos
partidos (PODEMOS e Cidadáns)
Novos partidos políticos irrumpen
con forza no sistema de partidos español
RESULTADOS ELECCIÓNS XERAIS (2015) DEPUTADOS
PARTIDO VOTOS % ESCANOS
PP 7.215.752 28,72% 123
PSOE 5.530.779 22,01% 90
PODEMOS 3.182.082 12,67% 42
EN COMÚ 927.940 3,69% 12
PODEMOS-COMPROMÍS 671.071 2,67% 9
PODEMOS-En Marea-ANOVA-EU 408.370 1,63% 6
PODEMOS + PLATAFORMAS (TOTAL) 5.189.463 20,66% 69
C's 3.500.541 13,93% 40
ERC-CATSI 599.289 2,39% 9
DEMOCRACIA E LIBERTADE 565.501 2,25% 8
EAJ-PNV 301.585 1,20% 6
IU-UPeC 923.133 3,67% 2
EH Bildu 218.467 0,47% 2
CCa-PNC 81.750 0,33% 1
PACMA 219.191 0,87% 0
UPYD 153.505 0,51% 0
NÓS 70.464 0,28% 0
RESTO 365.945 1,43% 0

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

LA SEGUNDA REPUBLICA ESPAÑOLA
LA SEGUNDA REPUBLICA ESPAÑOLALA SEGUNDA REPUBLICA ESPAÑOLA
LA SEGUNDA REPUBLICA ESPAÑOLA
JUAN DIEGO
 
Presentació Cortes De Cádiz
Presentació Cortes De CádizPresentació Cortes De Cádiz
Presentació Cortes De Cádiz
chinoduro
 
El Parlamentarismo a la Chilena
El Parlamentarismo a la ChilenaEl Parlamentarismo a la Chilena
El Parlamentarismo a la Chilena
Ximena Prado
 
A ditadura militar no brasil
A ditadura militar no brasilA ditadura militar no brasil
A ditadura militar no brasil
historiando
 
El reinado de Alfonso XIII (I)
El reinado de Alfonso XIII (I)El reinado de Alfonso XIII (I)
El reinado de Alfonso XIII (I)
artesonado
 
La Dictadura De Primo De Rivera 1923 1930
La Dictadura De Primo De Rivera 1923 1930La Dictadura De Primo De Rivera 1923 1930
La Dictadura De Primo De Rivera 1923 1930
angel_elgranado
 
LA ESPAÑA DE ALFONSO XIII
LA ESPAÑA DE ALFONSO XIIILA ESPAÑA DE ALFONSO XIII
LA ESPAÑA DE ALFONSO XIII
JUAN DIEGO
 
The Spanish Civil War (1936-1939)
The Spanish Civil War (1936-1939)The Spanish Civil War (1936-1939)
The Spanish Civil War (1936-1939)
papefons Fons
 

La actualidad más candente (20)

LA SEGUNDA REPUBLICA ESPAÑOLA
LA SEGUNDA REPUBLICA ESPAÑOLALA SEGUNDA REPUBLICA ESPAÑOLA
LA SEGUNDA REPUBLICA ESPAÑOLA
 
La Guerra Civil Española
La Guerra Civil Española La Guerra Civil Española
La Guerra Civil Española
 
Presentació Cortes De Cádiz
Presentació Cortes De CádizPresentació Cortes De Cádiz
Presentació Cortes De Cádiz
 
Tema 3. La construcción del Estado Liberal
Tema 3. La construcción del Estado LiberalTema 3. La construcción del Estado Liberal
Tema 3. La construcción del Estado Liberal
 
Tema 14. La Segunda República Española
Tema 14. La Segunda República EspañolaTema 14. La Segunda República Española
Tema 14. La Segunda República Española
 
LA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA
LA GUERRA CIVIL ESPAÑOLALA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA
LA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA
 
El Parlamentarismo a la Chilena
El Parlamentarismo a la ChilenaEl Parlamentarismo a la Chilena
El Parlamentarismo a la Chilena
 
Gobierno de federico errázuriz zañartu
Gobierno de federico errázuriz zañartu Gobierno de federico errázuriz zañartu
Gobierno de federico errázuriz zañartu
 
Tema 11 la dictadura franquista (1939 1975)
Tema 11 la dictadura franquista (1939 1975)Tema 11 la dictadura franquista (1939 1975)
Tema 11 la dictadura franquista (1939 1975)
 
A ditadura militar no brasil
A ditadura militar no brasilA ditadura militar no brasil
A ditadura militar no brasil
 
El reinado de Alfonso XIII (I)
El reinado de Alfonso XIII (I)El reinado de Alfonso XIII (I)
El reinado de Alfonso XIII (I)
 
Ditadura militar
Ditadura militarDitadura militar
Ditadura militar
 
La Dictadura De Primo De Rivera 1923 1930
La Dictadura De Primo De Rivera 1923 1930La Dictadura De Primo De Rivera 1923 1930
La Dictadura De Primo De Rivera 1923 1930
 
LA ESPAÑA DE ALFONSO XIII
LA ESPAÑA DE ALFONSO XIIILA ESPAÑA DE ALFONSO XIII
LA ESPAÑA DE ALFONSO XIII
 
2 BAC - La II República
2 BAC - La II República2 BAC - La II República
2 BAC - La II República
 
A Guerra Civil De Espanha 1208723170983995 8
A Guerra Civil De Espanha 1208723170983995 8A Guerra Civil De Espanha 1208723170983995 8
A Guerra Civil De Espanha 1208723170983995 8
 
Brasil império segundo reinado
Brasil império segundo reinadoBrasil império segundo reinado
Brasil império segundo reinado
 
O período de entreguerras
O período de entreguerrasO período de entreguerras
O período de entreguerras
 
The Spanish Civil War (1936-1939)
The Spanish Civil War (1936-1939)The Spanish Civil War (1936-1939)
The Spanish Civil War (1936-1939)
 
Republica liberal
Republica liberalRepublica liberal
Republica liberal
 

Destacado

Destacado (15)

Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalUnidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
 
Os retratos das familias reais españolas: de Felipe IV a Felipe VI
Os retratos das familias reais españolas: de Felipe IV a Felipe VIOs retratos das familias reais españolas: de Felipe IV a Felipe VI
Os retratos das familias reais españolas: de Felipe IV a Felipe VI
 
Unidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil españolaUnidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil española
 
Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018
 
Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo Réxime
Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo RéximeSéculo XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo Réxime
Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo Réxime
 
Unidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismoUnidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismo
 
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaUnidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
 
Unidade 8. II República
Unidade 8. II RepúblicaUnidade 8. II República
Unidade 8. II República
 
Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña
Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de ElviñaXosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña
Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña
 
Unidade 7.transformacións socioeconómicas na España liberal
Unidade 7.transformacións socioeconómicas na España liberalUnidade 7.transformacións socioeconómicas na España liberal
Unidade 7.transformacións socioeconómicas na España liberal
 
IES ELVIÑA E OS BARRIOS
IES ELVIÑA E OS BARRIOSIES ELVIÑA E OS BARRIOS
IES ELVIÑA E OS BARRIOS
 
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES Elviña
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES ElviñaCamiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES Elviña
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES Elviña
 
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Santa María de Oza
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Santa María de Oza1912-2012 Centenario da anexión do concello de Santa María de Oza
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Santa María de Oza
 
Viños de Galiza. A vendima.
Viños de Galiza. A vendima.Viños de Galiza. A vendima.
Viños de Galiza. A vendima.
 
O magosto. a castaña en Galiza
O magosto. a castaña en GalizaO magosto. a castaña en Galiza
O magosto. a castaña en Galiza
 

Similar a Unidade 10.España en democracia

TRANSICIÓN E CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIA
TRANSICIÓN E CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIATRANSICIÓN E CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIA
TRANSICIÓN E CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIA
camposseijo
 
L iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisL iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberais
MANEIRO
 
Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3
David
 
Comentario sex. democrático
Comentario sex. democráticoComentario sex. democrático
Comentario sex. democrático
lorenaamarelle
 
Historia de España Composición Sexenio Democrático (1869-1874)
Historia de España Composición Sexenio Democrático (1869-1874)Historia de España Composición Sexenio Democrático (1869-1874)
Historia de España Composición Sexenio Democrático (1869-1874)
David Barrán Ferreiro
 

Similar a Unidade 10.España en democracia (20)

TRANSICIÓN E CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIA
TRANSICIÓN E CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIATRANSICIÓN E CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIA
TRANSICIÓN E CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIA
 
Transición e democracia en España
Transición e democracia en EspañaTransición e democracia en España
Transición e democracia en España
 
Transición e democracia
Transición e democraciaTransición e democracia
Transición e democracia
 
Segundo franquismo (1959-1975)
Segundo franquismo (1959-1975)Segundo franquismo (1959-1975)
Segundo franquismo (1959-1975)
 
Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo
 
L iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisL iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberais
 
Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
 
Comentario sex. democrático
Comentario sex. democráticoComentario sex. democrático
Comentario sex. democrático
 
Tema10
Tema10Tema10
Tema10
 
Tema10
Tema10Tema10
Tema10
 
TEMA 10
TEMA 10TEMA 10
TEMA 10
 
Tema 9. O Franquismo
Tema 9. O FranquismoTema 9. O Franquismo
Tema 9. O Franquismo
 
Historia de España Composición Sexenio Democrático (1869-1874)
Historia de España Composición Sexenio Democrático (1869-1874)Historia de España Composición Sexenio Democrático (1869-1874)
Historia de España Composición Sexenio Democrático (1869-1874)
 
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoUnidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
 
Tema 10
Tema 10 Tema 10
Tema 10
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10
 
UNIDADE 7
UNIDADE 7UNIDADE 7
UNIDADE 7
 

Más de Agrela Elvixeo

O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
Agrela Elvixeo
 

Más de Agrela Elvixeo (20)

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 

Último

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 

Unidade 10.España en democracia

  • 1. UNIDADE 10. ESPAÑA EN DEMOCRACIA 1975-ACTUALIDADE 1976 manifestación contra a carestía da vida que se transformou nunha manifestación a favor da liberdade de e a amnistía.
  • 2. Introdución • Trala morte de Franco iníciase a transición democrática que culmina coa Constitución de 1978. • As principais forzas políticas practicaron unha política moderada e de consenso que converteu a transición española nun modelo a imitar. • Xoán Carlos I asumiu o papel de monarca constitucional, facilitando e potenciando a democratización de España. • O 23-F de 1981 foi un intento involucionista de golpe de Estado que pretendía retornar ó pasado dictatorial. • Importantes cambios políticos, sociais, económicos e culturais permiten que España se consolide como un países democrático e se integre na UE. • UCD, PSOE e PP foron gobernos que se alternaron no poder durante a democracia. • Nace o Estado das Autonomías como consecuencia do desenvolvemento do título VIII da Constitución.
  • 3. 1. A transición democrática 1975-1977 1. Proclamación e coroación do rei Xoán Carlos I. 2. O primeiro goberno da monarquía. 3. Inicio das reformas. Suárez e a Lei de reforma política. 4. As primeiras eleccións democráticas.
  • 4. 1. A transición democrática 1975-1977 1. Introdución • Entre 1975 (morte de Franco) e 1977 (Lei para a Reforma Política) transcorre a transición democrática. • Algúns historiadores a rematan en 1978 (Constitución), 1982 (triunfo do PSOE), ou 1986 (ingreso na CEE e referendo da OTAN). • O consenso logrado por Adolfo Suárez con outras forzas políticas foi decisivo para lograr a transición da ditadura á democracia de forma ordenada, só alterada polo extremismo terrorista dos dous lados (extrema dereita: Hijos de Cristo Rey apoiado politicamente por Fuerza Nueva de Blas Piñar e outros grupos de extrema dereita afíns á falanxe. Extrema esquerda: GRAPO, FRAP e ETA. • O ano 1977 foi un dos máis dramáticos na actuación destes grupos (ver a película Sete días de xaneiro de Bardem)).
  • 5. 1. A transición democrática 1975-1977 1. Introdución • En 1977 celebráronse as primeiras eleccións libres e democráticas tras 41 anos. O período caracterízase por: • Proceso graduado no tempo. Desvinculación do sistema ditatorial, constitución formal da democracia, control civil do exército, reforma económica, normalización do funcionamento das institucións e mecanismos democráticos. • Equilibrio reforma-ruptura que permitiu a desaparición, desde a legalidade, das institucións franquistas sen ter que recorrer á ruptura revolucionaria. (ver documento seguinte). Aclaración de termos búnker, reforma e ruptura democrática. Reforma parcial e ruptura pactada. Comparar co modelo portugués. • Consenso. Protagonismo de todos. • Lexitimados mediante consulta popular. Lei de reforma política, eleccións de 1977, referendo da Constitución de 1978. • Estado social, democrático e de dereito. Monarquía parlamentaria, soberanía nacional, pluralismo ideolóxico e convivencia democrática.
  • 6. 1. A transición democrática 1975-1977 1. Introdución: inmobilismo, reforma ou ruptura democrática • Tras a morte de Franco abríase un período de inseguridade, de medos e esperanzas, de axitación de forzas que se aprestaban a un posible enfrontamento. Cara onde camiñaba España? • No cumio do Estado un rei que é unha incógnita; formalmente é o rei do Movemento e dos principios do 18 de xullo, aínda que chegará a ser o rei da democracia (...). Houbo nun principio dúas posturas antagónicas: inmobilismo a ultranza e ruptura democracia. A realidade fará que xurdan dúas propostas intermedias: reforma parcial e ruptura pactada. Imponse o compromiso ou pacto; chegarase a el por medio da negociación a varias bandas: goberno (de Suárez, unha vez cesado Arias polo rei), persoal do antigo réxime e organizacións da oposición. Resultado: nin “bunkerazo”, nin ruptura, senón transición á democracia. • Tuñón de Lara. Transición e democracia 1979
  • 7. 1. A transición democrática 1975-1977 1.1. Proclamación e coración do rei Xoán Carlos I • 20-11-75 Morte de Franco. Ponse en marcha os mecanismos legais para garantir a continuidade do réxime na figura de Xoán Carlos: • 21-11: nomeado capitán xeneral dos tres exércitos • 22-11: logo de xurar as leis Fundamentais do Reino, proclamado rei ante o pleno das Cortes e do Consello do Reino. Primeiro discurso oficial: lembranza (ver doc. 1 páx. 387) á figura de Franco, á tradición. Tímidas referencias á renovación; tranquilidade no búnker, desdén na oposición democrática que considera a Xoán Carlos un continuador da obra de Franco (Xoán Carlos I O Breve corrían os chistes durante eses días). • 27-11 coroación nos xerónimos de Madrid). Durante a cerimonia Vicente Enrique Tarancón (cardeal e presidente da Conferencia Episcopal Española) pronunciou unha homilía na que expuxo a postura da Igrexa ante as novas circunstancias (ver doc. 2) depois disto o búnker adicoulle bonitas pintadas que dicían así: Tarancón ó Paredón.
  • 8. 22-11-1975. Proclamación de Xoán Carlos I como rei diante das Cortes.
  • 9. 1. A transición democrática 1975-1977 1.1. Proclamación e coración do rei Xoán Carlos I • Xoán Carlos accedeu ao trono a través da legalidade franquista (mecanismos da lei de sucesión de 1947. Principio de instauración da monarquía segundo o modelo franquista) pero non se resolvía o problema de lexitimidade dinástica pois os dereitos correspondían ao seu pai: Xoán de Borbón. A solución demorouse ata o 14- V-1977 cando, de modo oficial, foron cedidos estes dereitos de pai a fillo. • Xoán Carlos toma as súas primeiras decisións: mantén como presidente do goberno a Arias Navarro, e nomea como presidente do Consello do Reino e das Cortes a Torcuato Fernández-Miranda, persoa da súa máxima confianza e a quen se lle atribúe este consello: • Vostede xure os principios do Movemento que xa derogaremos lei sobre lei.
  • 10. 14-5-1977. Renuncia de don Xoán dos dereitos ao trono
  • 11. 1. A transición democrática 1975-1977 1.2. O primeiro goberno da monarquía (1975-1/7/1976) • Os cambios para uns ían demasiado rápidos e para outros moi lentos. Equilibrio imprescindible pero difícil de conseguir. • Definición do modelo político. Presidido por Arias Navarro, goberno heteroxéneo representadas tódalas familias do réxime, así como personalidades consideradas reformistas (Fraga, Areilza, Suárez, Martín Villa). Tres proxectos diferentes dentro dun goberno: • Continuísmo (Arias), defendía a permanencia do modelo franquista coa concesión dalgúns dereitos. • Reforma-continuista (Fraga), aceptaba unha tímida reforma na que se conxugaba a elección por sufraxio universal do Congreso e a designación dos membros do Senado, seguindo o sistema franquista. • Reformista (Areilza, Suárez), pretendía conseguir unha auténtica democracia.
  • 12. 1. A transición democrática 1975-1977 1.2. O primeiro goberno da monarquía (1975-1/7/1976) • Os carlistas presentaron a súa proposta, pero tralos tráxicos sucesos de Montejurra (V-76) lugar tradicional das súas celebracións. Enfrontamento de dúas ramas lideradas polos irmáns Carlos Hugo (de orientación socialista) e Sixto Enrique (integrista) significa a morte política do carlismo. • A oposición democrática: restablecemento da democracias e ruptura coas institucións do sistema franquista (cuestión que salpica á mesma monarquía). Coordinación democrática (PlataJunta): programa fundacional en marzo de 1976 asinado pola maioría dos grupos políticos e sindicais. (ver doc. 3. Páx. 388): ruptura democrática. • Urxencia de cambios sociais. Arias e o búnker paralizan todo intento de reforma. A conflitividade laboral foi en aumento (económicas: convenios colectivos, carestía da vida; políticas: Amnistía, liberdade, estatutos de autonomías). Represión: moi duro en Vitoria-Gasteiz. • Papel do Rei. Con discreción. Dúas viaxes: España (Catalunya, Andalucía, Asturias), EE_UU discurso no que se anuncian reformas ante o Congreso deste Estado. • Fin do goberno de Arias. 1-7-1976. Inmobilismo. Dimisión forzada polo rei Xoán Carlos I.
  • 13. Sucesos de Montejurra Maio de 1976 Enfrontamento dos dous bandos no carlismo
  • 14. Represión policial nunha manifestación pro- amnistía. Barcelona 1976
  • 15. Protestas no 1º aniversario das Matanzas de Vitoria
  • 16. Arias Navarro como presidente do goberno dificultou o acceso cara a democracia. O rei o cesará o 1/VII/1976
  • 17. 1/VII/1976: o Rei nomea como presidente do goberno a Adolfo Suárez que iniciará o proceso da reforma política cara a democracia
  • 18. 1. A transición democrática 1975-1977 1.3. Inicios das reformas. Suárez e a Lei de reforma politica • Aceptación da dimisión de Arias e nomeamento de Adolfo Suárez. Sorpresa de todos e decepción da oposición, pois parecía representar a liña continuista do franquismo (fóra gobernador civil de Segovia, director xeral de Radiodifusión e Televisión, ministro secretario nacional do Movemento). • Primeiras reformas. Ante as críticas, Suárez terá que explicar as reformas (ver doc. 5. páx. 390. Insiste nos proxectos democratizadores e convocatorias de eleccións). Medidas principais: • a. Renuncia da Coroa ó dereito de presentación dos bispos. • b. Aprobación dunha lei de Amnistía para presos políticos (agás delictos de terrorismo). • c. Ampliación de tolerancia pública (que permite unha ampla liberdade de expresión: nacen El País, Diario 16, Interviu, Papus, consolídase Cambio 16 e Triunfo). • d. Negociacións para legalizar os partidos políticos e sindicatos. • e. Múltiples conversas coa oposición, das forzas franquistas e dos sindicatos maioritarios (CC.OO e UXT). A táctica de entrevistas selectivas e individuais consegue ampliar os apoios ás súas medidas de reforma.
  • 19. 1. A transición democrática 1975-1977 1.3. Inicios das reformas. Suárez e a Lei de reforma politica • Oposición na rúa. Manifestacións de protestas. Atentados de ETA, GRAPO; contestación dos grupos ultras (extremadereita). • Reorganización das forzas políticas. a. Fraga aglutina ao seu redor ás forzas do franquismo formando Alianza Popular (AP) coa que espera conseguir o apoio maioritario da poboación. No centro, democristiáns e liberais intentan reagruparse: Partido Popular (non confundir co actual) que servirá de aglutinante posterior en Unión de Centro Democrático (UCD). • b. A oposición crea Plataforma de Organismo Democráticos (Superplatajunta: Coordinación Democrática máis... incluída a Táboa Democrática de Galicia). Que en outubro de 1976 insistía na ruptura democrática. • c. Partido Comunista (xullo en Roma) compromiso de buscar concordia entre tódolos españois e abrir vías de diálogo co goberno. • Aproximación dos militares. Tivo que contar coa neutralidade destes. Setembro de 1976 reuniu á cúpula militar e logrou que aceptara o seu proxecto: legalización de tódalas forzas políticas e sindicais sempre e cando non se legalizase o Partido Comunista.
  • 20. 1. A transición democrática 1975-1977 1.3. Inicios das reformas. Suárez e a Lei de reforma politica • Lei para a Reforma Política. Culminación da primeira fase da transición (ver doc. 6. Páx. 391). O punto esencial é a convocatoria de eleccións xerais democráticas para formar novas Cortes pero para levalo a cabo tiña que ser aprobado polo Consello Nacional do Movemento e polas Cortes institucións controladas polos franquistas. • Adolfo Suárez e Torcuato Fernández de Miranda empregaron tódolos recursos e influencias e os resortes que lle permitían as leis. Idea chegar á democracia parlamentaria dende a legalidade vixente (da lei á lei) mantendo a paz social e o control do proceso pola Coroa e o Goberno. • A pesar das críticas o Consello informou positivamente (80 votos a favor, 13 en contra e 6 abstencións). • O segundo obstáculo: Cortes, tramitarse por procedemento de urxencia (para evitar a comisión das Cortes controladas polos sectores máis duros do franquismo). Debates do 16 ao 18 de novembro. Considerados polos historiadores como os máis decisivos da historia da transición. As derradeiras Cortes franquistas aprobaron a lei (425 votos a favor, 59 en contra, 13 abstencións e 34 ausencias). Fixéronse o haraquiri. Inicíabase a voadura controlada do franquismo. • O 15 de Decembro someteuse a referendo dos españois: a oposición (que tiña un plantexamento rupturista) pediu a abstención, o búnker o non mentres o Goberno (utilizando tódolos medios de comunicación) pediu o voto afirmativo. Paticipou o 77,4% do censo co 94,2% dos votos afirmativos. Derrota das teses rupturistas e o triunfo das propostas de Suárez. Complementarias desta lei foron outras medidas: regulamentación do dereito de folga, concesión dun novo indulto para presos políticos, legalización das centrais sindicais e disolución do Movemento Nacional.
  • 21. Campaña instucional a favor da Lei da Reforma Política Referendum 15/XII/1976 Vinto Tinto: Habla pueblo habla
  • 22. 1. A transición democrática 1975-1977 1.3. Inicios das reformas. Suárez. As primeiras eleccións democráticas • Primeiras dificultades despois da aprobación da LRP: • Reacción da ultradereita e ultraesquerda. Xaneiro de 1977 (semana negra da transición). Asasinatos dos avogados laboralistas (vinculados a CC.OO e PCE) matanza de Atocha. GRAPO secuestra ó xeneral Villaescusa (presidente do Consello Supremo de Xustiza Militar) e a Antonio de Oriol (presidente do Consello de Estado), ademais de varios atentados e asasinatos de policías e gardas civís. • Legalización do PCE. Suárez anuncia a legalización en abril de 1977, logo de manter entrevistas secretas con Santiago Carrillo. O PCE aceptaba as peticións de Suárez: monarquía como forma de goberno, bandeira bicolor, unidade de España e a democracia. Tivo que ceder en moitos principios que constituían ata ese momento a súa identidade política. Todos desexaban que a reconciliación e a paz fose unha realidade en España. A legalización do PCE probou malestar entre membros destacados do exército e a dimisión do ministro de Mariña pero contaba co beneplácito do Monarca..
  • 23. Matanza de Atocha A transición (decembro 1976-febreiro 1977) capítulo 12
  • 27. Película de Juan Antonio Bardem sobre os acontecementos desa semana
  • 30. 1. A transición democrática 1975-1977 1.3. Inicios das reformas. Suárez. As primeiras eleccións democráticas • As formacións que concorren ás eleccións. Sopa de siglas; presentaron documentación 111 partidos: legalizados 78, 26 rexeitados e 7 disoltos. Retorno de exiliados: Alberti, Pasionaria, Federica Montseny... Coalición (democristiáns, liberais e socialdemócratas): UCD liderada por Adolfo Suárez. Os socialistas presentáronse divididos: PSOE: Felipe González, PSP: Tierno Galván, en Catalunya o PSC (que posteriormente se integrarán o PSOE), PSG de Beiras. O PCE presentouse en solitario, AP de Fraga e outros. • Normativa electoral: listas e lei de D’Hont. 15-xuño: • Resultados: UCD: 165, PSOE: 118, PCE: 20, AP: 16, PNV: 8, PDC: 11, PSP: 6, Outros 6.
  • 31. Propaganda electoral Eleccións 1977 A transición (febreiro-xuño 1977) 13 capítulo
  • 37. ELECCIÓNS 1977: RESULTADO AO CONGRESO PARTIDO Escanos Votos %Votos UCD 165 6.310.391 34,40% PSOE 118 5.371.866 29,29% PCE 20 1.709.890 9,32% AP 16 1.504.771 8,20% PDC 11 514.647 2,81% PNV 8 296.193 1,61% PSP 6 816.582 4,45% Outros (5 candidaturas) 6 445.179 2,43% Candidaturas sen representación 0 1.372.807 7,48% Total 350 18.342.326 100%
  • 38. Gaña UCD 39 Gaña PSOE 9 Gaña PDC 2 Gaña PNV 2 Fte. Wikipedia
  • 39. 2.1. Características e principios 22-VIII-77: Comisión parlamentaria (Pérez-Llorca, Herrero de Miñón e Gabriel Cisneros: UCD; Peces Barba: PSOE; Jori Solé Tura: PCE, Fraga: AP; Roca: PDC) para redactar o borrador do proxecto constitucional. Trala súa presentación presentárose 1133 enmendas que foron debatidas en comisión e pleno o 31 de outubro de 1978 aprobouse a Constitución polo de Congreso e Senado cos seguintes resultados:
  • 40. CONGRESO DOS DEPUTADOS SÍ: 325 (94,2%) NON: 6 (1,8%) Abstencións: 13 (4,1%) UCD PSOE PCE Minoría catalana 8 de AP (Fraga entre eles) 4 grupo mixto 5 de AP 1 de Euskadiko Eskerra 8 PNV 1 (UCD) 3 (AP) 1 (ERC) SENADO SÍ: 226 (94,5%) NON: 5 (2,3%) Abstencións: 8 (3,3%)
  • 41. Resultados referendum Constitución 1978 Votantes 17.873.271 67,11% Sí 15.706.078 88,54% No 1.400.505 7,89% Branco 632.902 3,57%
  • 42. 2. Constitución 1978 2.1. Características e principios • Destaca da constitución: • Consenso. • Extensión. A máis extensa despois da de Cádiz. • Ambigüidade e eclecticismo. • Ríxida na reforma. 3/5 partes da Cámara e referendo. • Progresista e democrática. • Pouco orixinal. • Estrutura tradicional. A Constitución está dividida en dúas partes fundamentais: • DOGMÁTICA: Dereitos e deberes dos cidadáns. Título preliminar e I • ORGÁNICA: División de poderes e estructura organizativa do Estado español. (Oito títulos)
  • 43. 2. Constitución 1978 2.1. Características e principios • En total a Constitución consta de 169 artigos (é unha constitución moi longa) máis catro disposicións adicionais, nove transitorias, unha derogatoria e outra final. A organización é a seguinte: • Título Preliminar:. Aspectos xenéricos e básicos da configuración de España. 9 artigos • Título I: Dereitos e deberes fundamentais. (10-55) O máis longo dividido en cinco cap. Dividido en dereitos civís (vida, integridade física, igualdade xurídica... Políticos (expresión, reunión, asociación...) e Sociais Do 39-52 non son normas xurídicas directamente aplicables, senón principios inspiradores e rectores que os distintos gobernos deberían ter a obrigatoriedade de desenvolver (educación, vivenda, sanidade, traballo...) é dicir os dereitos sociais. • Título II: Coroa. (56-65) • Título III: Cortes Xerais (poder lexislativo) (66-96) Tres capítulos. • Título IV: Goberno e admon. (poder executivo) (97-107) • Título V: Relacións entre o Goberno e Cortes xerais (108-116) • Título VI: Poder xudicial. (117-127) • Título VII: Economía e facenda (128-136) • Título VIII: Organización territorial do Estado (137-158) • Título IX: Tribunal Constitucional (159-165) • Título X: Reforma Constitucional (166-169)
  • 44. 2. Constitución 1978 2.1. Título preliminar • Estado social, democrático e de Dereito. • Forma política: Monarquía parlamentaria. • Estado unitario que recoñece o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións: Estatutos de Autonomía (que se desenvolverá no título VIII). • Castelán e demais linguas españolas oficiais. • Pluralidade política e sindical...
  • 45. 2. Constitución 1978 2.2. Título I: dereitos e deberes • Dereitos civís: á vida, á integridade física, á igualdade ante a lei, á liberdade (persoal, de empresa, de relixión...), acceso ós tribunais con garantías procesuais, á propiedade privada, á obxección de conciencia, ó honor e intimidade, residencia, prohibición de tortura e pena de morte. • Dereitos políticos: expresión, reunión, manifestación, asociación, participación: votar e ser elexido, exercer iniciativa lexislativa popular, petición, folga... • Dereitos sociais: libre elección de profesión, promoción social a través do traballo, salario suficiente para cubrir as necesidades persoais e familiares, educación... • Garantías: Tribunal Constitucional (o recurso de amparo), Defensor do Pobo. • Suspensión: estado de alarma, de excepción e de sitio. Nestes últimos estados non se pode aplicar a maioría dos dereitos civís e políticos. • Deberes: defensa da patria, contribución ó gasto público segundo a capacidade económica de cada quen (progresividade impositiva). • Principios rectores da política económica e social.
  • 46. 2. Constitución 1978 2.3. Os poderes do Estado. Coroa • Coroa: Xefe do Estado, sanciona e promulga leis; convoca e disolve as Cortes; convoca eleccións e referendo; propoñer ás Cortes candidato á Presidente do Goberno; nomear e cesar ministros, a proposta do Presidente; conceder honores de acordo coas leis; debe ser informado dos asuntos de Estado; pode presidir, cando o estime oportuno, sesións do Consello de Ministros, exerce o mando supremo das FF.AA. e o dereito de gracia pero non indultos; acredita embaixadores; manifesta consentimento para sinatura de tratados internacionais; declara a guerra e acorda a paz, previa autorización das Cortes. Recibe orzamento dos presupostos do Estado. O listado é longo pero as funcións son moi limitadas: Monarquía parlamentaria. O rei reina pero non goberna.
  • 47. 2. Constitución 1978 2.3. Os poderes do Estado. Cortes Xerais • Competencias clásicas: elixe presidente do goberno, aproba leis, orzamentos do Estado, controla o labor do executivo. • Parlamento bicameral (Congreso e Senado). Eleccións cada catro anos. Voto persoal, non delegable, non hai mandato imperativo dos deputados. Proceso habitual dunha lei: proxecto de lei e proposicións de lei. Aprobación. Sanción e promulgación. Decretos-leis: non poden afectar ás institucións básicas nin ós dereitos, deberes e liberdades constitucionais. Convalidación ou derrogación no prazo dos trinta días seguintes.
  • 48. 2. Constitución 1978 2.3. Os poderes do Estado. Goberno • Como se elixe presidente do goberno?: eleccións xerais lexislativas e proclamación de resultados, consultas aos partidos por parte do Rei que designa candidato ao ser investido, o candidato debe presentar o programa político e someterse á confianza do Congreso, ten que recibir a maioría absoluta na primeira votación, senón sométese a confianza 48 horas despois: maioría simple basta. Senón: proposta dun novo candidato e se transcurren dous meses dende a primeira votación. Disolución das cámaras e convocatoria de novas eleccións.
  • 49. 2. Constitución 1978 2.3. Os poderes do Estado. Xudicial • Xuíces independentes, inamovibles, responsables e sometidos unicamente ó imperio da lei. • A xustiza é gratuíta para quen careza de recursos económicos. O Consello Xeral do Poder Xudicial é o máximo órgano de goberno. Tribunal supremo. Xurado. Tribunal Constitucional: recursos de amparo, conflictos de competencia e recursos de inconstitucionalidade.
  • 50. 2. Constitución 1978 2.3. As Comunidade Autónomas • Título VIII desenvolvemento dos futuros Estatutos de Autonomía (19 Autonomías hai na actualidade se contamos os Estatutos de Ceuta e Melilla).
  • 51. 3. Os gobernos da UCD (1977-1982) • Adolfo Suárez (eleccións de xuño de 1977 e marzo de 1979. Dimisión en 1981. • Calvo Sotelo ata 1982. Na investidura deste presidente foi cando houbo o golpe de Estado de Tejero o 23-F.
  • 52. Elección xerais de 1 de marzo de 1979 *Alianza Popular adoptou o nome de Coalición Democrática
  • 53. Elección xerais de 1 de marzo de 1979
  • 55. 3. Os gobernos da UCD (1977-1982) 3.1. Os gobernos de Adolfo Suárez (1977-1981) • Adolfo Suárez, como líder da coalición de partidos que formaban a UCD, desenvolveu un programa de goberno centrado na democratización da vida española, iniciándose a posta en marcha dos principios constitucionais.
  • 56. 3. Os gobernos da UCD (1977-1982) 3.1. Os gobernos de Adolfo Suárez (1977-1981) Medidas do programa de centro • Reforma do exército. Gutiérrez Mellado (vicepresidente e o ministerio de Defensa). Código de Xustiza Militar e Reais Ordenanzas foron modificadas. A Lei de criterios básicos da organización militar facilitou que os mandos militares foran ocupados por persoas máis novas e mellor preparadas. • Pactos da Moncloa. Outubro de 1977. Acordos entre os axentes sociais e o Goberno para reducir a conflitividade social e adopción de medidas para abordar a crise económica que víñase arrastrando dende os últimos anos do franquismo. Os resultados. O Congreso aceptou os acordos. Resultados positivos: inflación baixou do 40% ao 16% e balanza de pagos, normalización da vida sindical (primeiras eleccións sindicais en 1978 e Estatuto dos Traballadores. • Inicio da reforma fiscal. IRPF con criterios de progresividade. • Proxección exterior: negociacións de entrada na CEE, Conferencia de Seguridade e Cooperación Europea (1980)...
  • 57. Asinantes dos Pactos da Moncloa Outubro 1977
  • 58. 3. Os gobernos da UCD (1977-1982) 3.1. Os gobernos de Adolfo Suárez (1977-1981) Proceso autonómico • Comunidades históricas (Catalunya, Euskadi, Galicia desenvolveron o seu estatuto polo artigo 151 da Constitución: vía máis rápida e con máis nivel de competencias). O resto polo artigo 143 (salvo Andalucía que quixo ir pola vía do 151 e lle foi bastante difícil). Estatuto catalán refrendado o 25-10-79: 88,1% a favor. CiU (Coverxencia Democrática de Catalunya e Unión Democrática de Catalunya) presidida por Pujol gobernou a Generalitat dende 1980 ata o 2003. CiU foi necesario na gobernabilidade do Estado: 1993 (apoiou ó PSOE), 1996 (apoiou ó PP). Estatuto Vasco refrendado en 1979 igual que o catalán (singularidade do caso vasco): participación do 60% e 90% afirmativos. Referendo andaluz (queren a vía 151 e non 143). Galicia comentado máis adiante.
  • 59. Novo mapa autonómico 18-2-1979 Cataluña, País Vasco 6-4-1981 Galicia 30-12-81 Andalucía, Asturias, Cantabria 9-6-82 La Rioja Murcia 1-7-82 Valencia 10-8-82 Aragón, Castilla La Mancha, Canarias, Navarra (mellora do réxime foral) 25-2-83 Extremadura, Baleares, Madrid Castilla León
  • 60. 3. Os gobernos da UCD (1977-1982) 3.2. As dificultades da UCD e a dimisión de Suárez • Desgaste da UCD (tensión entre as tendencias internas dentro do partido). • O principal partido da oposición (PSOE) realiza un cambio drástico. Felipe González tras asegurarse a disciplina interna presenta unha moción de censura (maio de 1980) que aínda que non prosperou supuxo o fin da etapa política do consenso, erosionou a figura do presidente do goberno e potenciou á do xefe da oposición. • Dificultades económicas. • Dimisión de Suárez (29-1-1981). • Transcorrido o tempo valórase como moi positivo o proceso de democratización iniciado por Suárez da vida española.
  • 61. Vítimas mortais do terrorismo 1973-2008 8 18 27 2022 63 113 109 41 4547 37 66 40 58 2325 30 46 26 151315 5 13 6 0 23 15 5 3 0 0 2 2 3 73 76 77 78 79 83 85 200091
  • 62. Soidade de Adolfo Suárez no banco do Goberno no Congreso
  • 63. Presentación do discurso de dimisión ante as cámaras de TVE. 29-i-1981 Discurso de dimisión de Suárez
  • 64. 3. Os gobernos da UCD (1977-1982) 3.3. O goberno de Leopoldo Calvo Sotelo (1981-1982) O intento de golpe de Estado • Responsable de organización da UCD e non identificado con ningunha familia política dentro do partido (partido que desaparecerá en 1983). • O intento de golpe de Estado. • O mandato de Calvo Sotelo empeza mal na: 2ª. volta da votación de investidura (por non contar coa maioría absoluta na 1ª) ten lugar a intentona de golpe de Estado no Congreso.
  • 65. 3. Os gobernos da UCD (1977-1982) 3.3. O goberno de Leopoldo Calvo Sotelo (1981-1982) O intento de golpe de Estado • Dirixida polo tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero (que xa participara na abortada operación Galaxia de novembro de 1978) xunto cuns catrocentos gardas civís, asaltou o Congreso pistola en man, entrou no hemiciclo das Cortes e mantivo como reféns ó goberno e ós parlamentarios, mentres anunciaba a chegada dunha autoridade superior e invocaba o nome do rei como máximo responsable.
  • 66. Intento de Golpe de Estado 23-II-1981
  • 67. Intento de Golpe de Estado 23-II-1981 O ministro de Defensa Gutiérrez Mellado intenta parar o golpe Imaxes do intento do Golpe de Estado
  • 68. 23-F. O capitán xeneral de Valencia Milan del Bosch saca os tanques á rúa Tanques en Valencia
  • 69. Intervención televisada na madrugada do 24-2-1981 Informativos 24 de febreiro 1981
  • 70.
  • 71. Manifestación a favor da democracia 27-2-1981
  • 72. Manifestación a favor da democracia 27-2-1981
  • 73. Manifestación a favor da democracia 27-2-1981
  • 74. Manifestación a favor da democracia 27-2-1981 Claves do 23-F
  • 75. 3. Os gobernos da UCD (1977-1982) 3.3. O goberno de Leopoldo Calvo Sotelo (1981-1982) O intento de golpe de Estado • Os españois poidemos ver o golpe de Estado en directo pois as cámaras estiveron funcionando durante moito tempo. • Os xefes militares das diferentes rexións militares mantivéronse á espectativa, pero só Milans del Bosch en Valencia sacou os tanques ás rúas esixindo a rendición da poboación. • A actuación do rei foi clave na resolución do conflito; desde a súa residencia no palacio da Zarzuela, tomou as rendas da situación; púxose en contacto cos xefes militares explicando a súa posición e esixindo a súa lealdade; convocou a Xunta de Xefes de Estado Maior e, vestido co uniforme de capitán xeral, grava unha mensaxe que se emite por televisión na madrugada do día 24 (ver doc. 21. páx. 407). Trala mensaxe do rei, o pais respiraba alviado; a situación quedaba controlada. Os tanques en Valencia regresan ós cuarteis e Tejero réndese. Tamén compre valorar, ademais do papel do rei, a actitude dos mandos militares, o que viña a desmostrar a eficacia das reformas levadas a cabo no exército. Nos días seguintes tiveron lugar en toda España multitudinarias manifestacións de apoio á democracia..
  • 76. 3. Os gobernos da UCD (1977-1982) 3.3. O goberno de Leopoldo Calvo Sotelo (1981-1982) A continuidade do proxecto da UCD  25 de febreiro: elexido Calvo Sotelo.  Actividade lexislativa: Lei de divorcio (que contou coa oposición do sector democristián da UCD saída da UCD do grupo socialdemócrata liderado por Fernández Ordóñez que máis tarde integrarase no PSOE e o apoio da oposición de esquerdas), LOAPA (consensuada polo PSOE e UCD. Posteriormente vai ser declarada insconstitucional no articulado fundamental. Obrigaba ás autonomías futuras (salvo as históricas á acceder pola vía do 143). A lei non podía ser orgánica nin harmonizadora. Quedou en LPA.  Verán crítico de 1981: venda de aceite adulterado de colza. Moitas mortes. Salpica ó Goberno especialmente ó ministro de Sanidade (o galego Sancho Rof: el gérmen del aceite es un bichito que si cae de esta mesa se mata (declaracións feitas en conferencia de prensa.  Entrada de España na OTAN (xuño de 1982). A oposición utilizou este feito, especialmente o PSOE: OTAN de entrada non. Como eixo da súa campaña de acoso ó Goberno.  Convocatoria de eleccións: outubro de 1982. Gañou o PSOE.
  • 77. 4. Os gobernos do PSOE de Felipe González (1982-1996) Introdución • A duración existencia dun goberno monocolor (entre 1993 e 1996 tivo que contar co apoio parlamentario de CiU) durante 14 anos é un feito insólito na historia das democracias occidentais. • A persoalidade carismática de Felipe González xustifica en parte esta circunstancia (en 1996 aínda se produciu unha amarga vitoria para o PP: só sacou 156 deputados, mentres o PSOE tivo unha dulce derrota: 141. • Os gobernos socialistas caracterizáronse pola moderación política na liña socialdemócrata europea. • A existencia dunha oposición alternativa non se dará ata os anos noventa despois da refundación da antiga AP no Partido Popular tratando de copar o espazo de centro perdido pola UCD e mantido polo CDS de Suárez ata finais dos oitenta.
  • 78. Cartel electoral do PSOE Eleccións 1982
  • 79. CADRO DOS RESULTADOS ELECTORAIS AO CONGRESO DURANTE OS GOBERNOS DO PSOE (1982-1996) ANO PSOE CP/PP UCD/C DS PCE /IU CIU PNV OUTROS 1982 202 106 CP 12 UCD 4 PCE 12 8 6 1986 184 105 CP 19 CDS 7 IU 18 6 6 1989 175 107 PP 14 CDS 17 IU 18 5 10 1993 159 141 PP - 18 IU 17 5 6 O nacionalismo galego non contará con representación ata a chegada do BNG nas eleccións de 1996 a excepción do partido nacionalista centrista Coalición Galega en 1986: un deputado. A maioría absoluta está en 176 deputados.
  • 80. Eleccións xerais de 28 de outubro de 1982
  • 82. 4. Os gobernos do PSOE de Felipe González (1982-1996) 4.1. Axuste e reactivación económica Política de reaxuste (1982-1985) • Reconversión industrial: sector naval e siderúrxico, reducir o déficit das empresas máis endebedadas comezando polos axustes nos cadros de persoal. Localidades como Ferrol, Sagunto, Reinosa viviron difíciles situacións pola perda de postos de traballo e as folgas. Noutros sectores non foi tan traumático: Acordo Económico e Social asinado en 1984 entre o Goberno, patronal e UXT. Para paliar o desemprego no campo do sur de España potenciouse o PER (Plan de Emprego Rural) e ZUR (Zona de Urxente Reindustrialización). Expropiación de RUMASA debido ás irregularidades da empresa sendo ministro de economía Miguel Boyer.
  • 85. 4. Os gobernos do PSOE de Felipe González (1982-1996) 4.1. Axuste e reactivación económica Crecemento económico (1985-1990) • 5% anual. Ingresos por turismo aumentaron. Crece a producción industrial e os beneficios empresariais. O investimento estranxeiro é maior aínda que estivo máis orientado á especulación que a auténtica creación de emprego. Maior control fiscal. As actividades da bolsa e da banca aumentan de forma espectacular. A bonanza económica tivo aspectos negativos: aumento de prezos, maior inflación, liberalización do mercado de traballo e moderación salarial. Foi na UXT onde apareceron as críticas máis duras ó Goberno. Duro enfrontamento entre Nicolás Redondo (UXT) e Felipe González (PSOE) que rematou co abandono do primeiro como deputado en 1985 a raíz da reforma do sistema de cotización das pensións. A intransixencia do Goberno fixo que as centrais sindicais actuasen conxuntamente a partir de 1986. Folga xeral de 1988 que foi seguida de modo maioritario. O distanciamento da UXT culmina en 1989 coa retirada do apoio da UXT ó PSOE nas eleccións europeas dese ano.
  • 86. 4. Os gobernos do PSOE de Felipe González (1982-1996) 4.1. Axuste e reactivación económica Recesión (1991-1993) • Tratado de Maastricht (1992) (moeda única) obrigaba a cumplir uns obxectivos macroeconómicos rigurosos. Nesta etapa se fixo: – Eliminación dos monopolios (CAMPSA, Telefónica e Tabacalera) – Redución do papel do INI (desaparece en 1995). – Privatización capital público en empresas mixtas (SEAT, Telefónica, Iberia, Endesa...) – Fusión bancaria (Bilbao-Vizcaya, 1988; Hispanoamericano e Central, 1991; Banca pública en Argentaria).
  • 87. 4. Os gobernos do PSOE de Felipe González (1982-1996) 4.1. Axuste e reactivación económica Nova recuperación (1993-1996) • Logrouse a xeneralización do imposto sobre a renda (IRPF), control dos orzamentos (graves deficiencias e desaxustes) e das actividades empresariais e individuais, reforma do sistema impositivo (IVE).
  • 88. 4. Os gobernos do PSOE de Felipe González (1982-1996) 4.2. Hábitos democráticos e Estado do benestar • Extensión das prestacións sociais: subsidio de desemprego, lei de sanidade 1986 cobertura universal, pensións non-contributivas 1990, revalorización das pensións segundo o IPC. • Incremento de investimentos na educación: LRU, 1983) planos de estudio e maior autonomía da universidade, (LODE, 1985) liñas básicas do novo sistema educativo (LOXSE, 1990) ampliación da obrigatoriedade de 14 a 16 e adecuación do sistema español ó sistema educativo europeo. • Xudicial. Habeas corpus, despenalización do aborto (tres supostos, aprobación do código penal (novos delitos), o xurado.
  • 89. 4. Os gobernos do PSOE de Felipe González (1982-1996) 4.3. Cambio sociocultural • Producíronse importantes transformacións que reduciron as diferenzas cos países europeos occidentais. • A sociedade española de mediados dos anos noventa era máis igualitaria, máis plural, máis laica, mellor preparada profesionalmente, e avanzaba na incorporación da muller ao mundo laboral. • O descenso de número de matrimonios e natalidade foi considerable. • Mantíñanse certos hábitos: importancia da familia. • 1992: importantes acontecementos. 500 aniversario do descubrimento de América: Expo de Sevilla e Xogos Olímpicos de Barcelona.
  • 93. Xogos Olímpicos Barcelona 1992 Príncipe Felipe abanderando o equipo español
  • 94. 4. Os gobernos do PSOE de Felipe González (1982-1996) 4.4. Integración na política internacional • UE: 1986. (Fondos estruturais: FEDER, FEOGA). Problemas. • OTAN: 1986. Referendo de entrada non a entrada na OTAN (52,6% sí). • Novo exército e misións internacionais. • Presenza española no mundo.
  • 95. Firma acta de adhesión á Comunidade Europea (futura UE)
  • 98. Propaganda do comité Anti OTAN. Referendum 1986 Resultados Participación: 59,4% Sí: 52,5% Non: 39,8% Branco: 6,5%
  • 99. Fragata Numancia (F 83) Participando na guerra do Golfo (1990-1991) Marta Sánchez actuando na fragata no golfo Pérsico
  • 100. 4. Os gobernos do PSOE de Felipe González (1982-1996) 4.5. Escándalos e desprestixio socialista • As maiorías absolutas, a escasa oposición política permitían unha alta estabilidade dos gobernos, pero tamén unha considerable redución da vida parlamentaria, cando non un certo desprezo. • No inicio dos noventa comezaron os problemas e os escándalos políticos que responden a diferentes tipos relacionados con:
  • 101. 4. Os gobernos do PSOE de Felipe González (1982-1996) 4.5. Escándalos e desprestixio socialista • Cargos públicos nomeados polo PSOE, persoas que se aproveitaron do seu posto, beneficiáronse de información privilexiada ou incluso malversaron e se apropiaron de fondos públicos. • O caso máis grave foi Luís Roldán (director xeral da Garda Civil) (malversación de fondos públicos. • Financiamento dos partidos políticos caso FILESA no PSOE. • Terrorismo de Estado protagonizado polos GAL que actuaron entre 1983-1987 con atentados contra ETA e simpatizantes. • Corrupción financeira: Mario Conde (Banesto) e Mario Rubio (Banco de España). • Ante esta situación, a oposición intensificou as críticas e o PSOE veuse desgastado.
  • 102. Juan Guerra, irmán do vicepresidente do goberno Acusado de corrupción e tráfico de influencias
  • 106. Escándalos financeiros Anos noventa: Mario Conde (caso Banesto) Mariano Rubio (banco de España) Javier de la Rosa (grupo KIO)
  • 107. 5. Os gobernos do PP de Xosé Mª Aznar (1996-2004) 5.0. Introdución • O Partido Popular, fundado en 1989 a partir de Alianza Popular e outros partidos de centrodereita, gañou as eleccións en 1996 por maioría simple. • O seu líder, Xosé Mª Aznar, conseguiu o apoio parlamentario de CiU, PNV e Coalición Canaria para formar Goberno. • Nas eleccións do 2000 alcanzou a maioría absoluta. • O seu triunfo significaba a consolidación da alternancia democrática en España.
  • 108. ANO PP PSOE IU CIU PNV BNG OUTROS 1996 156 141 21 16 5 2 9 2000 183 125 8 15 7 3 9 REPARTO DE ESCANOS NO CONGRESO ELECCIÓNS 1996 e 2000 A maioría absoluta está nos 176 escanos.
  • 111. 1996: o PP celebra a vitoria electoral por maioría simple
  • 112. 2000: cartel electoral do PP que gañou por maioría absoluta
  • 113. 5. Os gobernos do PP de Xosé Mª Aznar (1996-2004) 5.1. Privatizacións e moeda única • Nos gobernos do PP destacan dous aspectos: • a. Recuperación económica, coincidente coa tónica xeral europea e incentivada en España na primeira lexislatura do PP como: • Acordo cos sindicatos para garantir o poder adquisitivo das pensións. Vixiar a contratación laboral: potenciando contratos fixos e mellorar os contratos a tempo parcial. • Reducción dos conflitos e das folgas. Actitude dialogante coas forzas sindicais (primeira lexislatura). • Redución do desemprego (medidas incentivadoras) aínda que a taxa está por riba da media comunitaria. Impulsado polo boom da construción. • Moderación salarial e conxelación do salario dos funcionarios. • Este clima de paz deteriorarase durante a segunda lexislatura, especialmente trala reforma do 2002 e as dificultades económicas da economía mundial.
  • 114. 5. Os gobernos do PP de Xosé Mª Aznar (1996-2004) 5.1. Privatizacións e moeda única  Criterios de converxencia e inicio da moeda única da Europa comunitaria (euro). Os criterios de converxencia da UEM de 1993 para entrar na unión económica e monetaria no 2002 establecían a partir do 1-1-1999: un control da inflación inferior ó 3%, déficit público moi baixo, débeda pública inferior ó 60% do PIB e tipos de interese baixo. Para acadar estes obxectivos o goberno estableceu: • Privatización do sector público para aumentar os ingresos do Estado e reducir o déficit. • Reducir as prestacións sociais para rebaixar o gasto público. • Forzar a produtividade e abaratar o traballo. Xornadas máis longas e salarios á baixa en termos reais, que aumentan os beneficios empresariais. • Reducir o tipo de interese e a carga fiscal sobre o capital. Reducir o IRPF. • Aplicar medidas de liberalización que eliminasen os monopolios de acordo coas directrices da UE. • A entrada no euro supuxo unha subida do IPC.
  • 115.
  • 116. 5. Os gobernos do PP de Xosé Mª Aznar (1996-2004) 5.2. Reformas do programa conservador  Sobre todo na 2ª. Lexislatura (na primeira foron paralizadas pola dependencia parlamentaria dos grupos nacionalistas de centro-dereita).  Códigos legais: (tipificación de novos delictos: informática, violencia de xénero, delictos menores). Endurecemento das penas e limitación na reinserción social.  Exército: supresión do servicio militar obrigatorio (2002), reestruturación das rexións militares (6 a 4), ingreso na estrutura militar da OTAN.  Educación: LOU, 2001: Universidade e LOCE: infantil, primaria e secundaria, 2002.  Organización da administración: supresión dos gobernadores civís.  Mercado de traballo e prestacións de desemprego: recorte destas últimas e endurecemento para acceder a elas. A presión social e sindical fixo retroceder ó Goberno, que anulou case a totalidade da reforma.  Competencias das CC.AA. 30% da cesión do IRPF, cesión de practicamente tódalas competencias.  Problema vasco: Tregua de ETA en 1998 negociación co gobernopero reinicia posteriormente a súa actividade terrorista. Ilegalización de Herri Batasuna no 2002.
  • 117. 5. Os gobernos do PP de Xosé Mª Aznar (1996-2004) 5.3. A crise do Prestige e a guerra de Irak, o terrorismo islamista  Un accidente dun petroleiro nas costas galegas da Costa da Morte en novembro de 2002 provocou unha crise política no goberno español pola escasa reacción ante esta catástrofe.  Tras os atentados do 11 de setembro de 2001 (Torres xemelgas de Nova York e o Pentágono de Washington) provocados por terroristas vinculados con Al Qaeda, os EEUU reaccionaron poñendo en marcha unha agresiva ofensiva militar contra os países considerados como promotores de terrorismo.  O goberno de Aznar apoiou esta política propiciada por Bush (cumio das Azores 2003) enviando tropas a Irak (país que foi acusado de posuír armas de destrución masiva e de acoller terroristas) a pesar das masivas manifestacións populares a esta guerra.  Esta actitude do Goberno acentuou o perigo de atentados terroristas en España. O 11 de marzo de 2004, en plena campaña electoral das eleccións xerais, catro trnes de proximidade con destino á estación madrileña de Atocha, sufriron uns ataques terroristas que provocaron o maior atnetado producido en territorio europeo ata ese momento (191 vítimas mortais e máis de 1.800 persoas feridas de diversa gravidade). As explicacións do Goberno, acusando a ETA do atentado, e a xestión da crise provocaron un forte resentimento da sociedade.  Tres días despois celebráronse as eleccións que perdeu o PP.
  • 118. 2002: afundimento do Prestige
  • 119. 2002: manifestación en Santiago Fronte a parálise do Goberno
  • 120.
  • 122. 2003: manifestación contra a intervención na guerra de Irak
  • 123. 2003: manifestación contra a intervención na guerra de Irak
  • 125. Monumento ás vítimas do terrorismo 11-M Estación de Atocha (Madrid)
  • 126. 6. Os gobernos do PSOE de Rodríguez Zapatero (2004-2011)  O triunfo electoral do PSOE dirixido por Rodríguez Zapatero, en 2004 e 2008 permitiu aos socialistas volver gobernar en España. ANO PSOE PP CIU ERC PNV IU BNG OUTROS 2004 164 148 10 8 7 5 2 6 2008 169 154 10 3 6 2 2 4
  • 129. José Luis Rodríguez Zapatero (PSOE) Presidente do Goberno (2004-2011)
  • 130.  Marcada polo distanciamento coa política do presidente norteamericano Bush e a busca dun mellor entendemento con Europa e o mundo latinoamericano e árabe.  O aspecto máis relevante foi a retirada das tropas españolas de Irak (2004).  Tamén se aprobou que claquera envío de tropas ao exterior debía ser previamente autorizada polo Congreso.  Neste sentido mantívose a presenza militar nas misións encomendadas pola ONU.  No ano 2004 Zapatero propuxo crear unha Alianza de Civilizacións co obxectivo de superar a incomprensión mutua entre occidente e o islam, proposta que foi asumida pola ONU en 2007. 6. Os gobernos do PSOE de Rodríguez Zapatero (2004-2011) Reformas do programa socialista: Nova política exterior
  • 131.  Os gobernos de Zapatero apostaron pola plena igualdade entre homes e mulleres, comezando pola paridade no propio Goberno e nomeando por primeira vez na historia mulleres para os cargos de Vicepresidenta e de Ministra de Defensa. 6. Os gobernos do PSOE de Rodríguez Zapatero (2004-2011) Incremento da presenza das mulleres na política
  • 132. Mª Teresa Fdez. de la Vega (vicepresidenta do Goberno) Carme Chacón (Ministra de Defensa)
  • 133.  Lei contra a violencia de xénero para a protección das mulleres maltratadas.  Lei do carné por puntos, buscando e conseguindo reducir o número de mortes nas estradas.  Lei anti-tabaco, limitando os lugares públicos onde fumar.  Lei do matrimonio homosexual, legalizando a unión de persoas do mesmo sexo.  Lei da reprodución asistida permitindo a investigación con células nai.  Lei de igualdade, ampliando dereitos para as mulleres (paridade nas listas electorais).  Lei de dependencia, garantindo o dereito a prestacións sociais a persoas dependentes.  Simplificación da lei do divorcio.  Lei de memoria histórica, establecendo medidas a favor dos que sufriron persecución pola ditadura franquista. 6. Os gobernos do PSOE de Rodríguez Zapatero (2004-2011) Novas leis sociais
  • 134. A falta de consenso coa oposición dificultou estas modificacións especialmente a conversión do Senado en cámara de representación territorial das Comunidades Áutónomas. Reformas estatutarias. 6. Os gobernos do PSOE de Rodríguez Zapatero (2004-2011) Reformas das institucións
  • 135.  En marzo de 2006 ETA anunciou un alto o fogo permanente que deu esperanza de iniciar un proceso de negociación para resolver o problema vasco.  Un atentado no aeroporto de Barajas paralizou a negociación.  Desde entón ETA seguiu cometendo atentados e asasinatos, mentres que as forzas de seguridade seguiron realizando continuas detencións dos seus dirixentes. 6. Os gobernos do PSOE de Rodríguez Zapatero (2004-2011) Da tregua de ETA á reactivación dos atentados
  • 136.  Desde 2004 a 2008 a economía española seguíu crecendo apoiada no auxe internacional, na estabilidade orzamentaria e na demanda interna.  As diferenzas coa media europea foron reducíndose e o mercado de traballo seguïu absorbendo man de obra inmigrante.  Pero a finais de 2008 a economía española entrou en recesión afectada pola crise financeira e económica internacional e polos problemas internos derivados da fin do boom inmobiliario. 6. Os gobernos do PSOE de Rodríguez Zapatero (2004-2011) Da bonanza económica á crise
  • 137. Crise económica en España (2008-2014) Agravada pola burbulla inmobiliaria EPA: Parados 2016 4.791.000 2015 4.780.000 2014 5.458.000 2013 5.936.000 2012 6.021.000 2011 5.287.300 2010 4.702.000 2009 4.335.000 2008 3.206.800 2007 1.773.200
  • 138. 6. O movemento 15-M Tamén chamado movemento dos indignados, foi unha expresión cidadán formada a raíz da manifestación do 15 de amio de 2011, convocado por diversos colectivos, onde despois de que cuarenta persoas decidiran acampar na Porta do Sol esa noite de forma espontánea, produciuse unha serie de protestas pacíficas en España, coa intención de promover unha democracia máis participativa alonxada do bipartidismo PSOE-PP e do dominio de bancos e corporacións, así como unha auténtica división de poderes e outras medidas coa intención de mellorar o sistemá democrático.
  • 139. Movemento 15-M Ocupando a Porta do Sol en Madrid
  • 140. Ocupando a Porta do Sol en Madrid Movemento 15-M
  • 142. PP PSOE CIU IU AMAIUR PNV UPD BNG OUTROS 186 110 16 11 7 5 5 2 8 ELECCIÓNS 2011: DEPUTADOS 7. O goberno do PP de Mariano Rajoy (2011-2015) Mariano Rajoy será o presidente do Goberno da X Lexislatura da democracia española
  • 144. 7. O goberno do PP de Mariano Rajoy (2011-2015) Crise económica e contestación social (2012-2013)  Acordou unha forte redución do gasto público para controlar o déficit orzamentario.  Aprobou a reforma laboral (2012) rexeitada polos sindicatos.  Recortou os beneficiados na Lei de dependencia.  Rescatou as entidades financeiras en quebra. Aínda que se negou a utilizar este termo.  As politicas de axuste provocaron unha segunda recesión da crise económica iniciada no 2009 cun aumento de 1.000.000 de persoas a unha taxa de paro elevadísima que crecera moito nos últimos anos do goberno socialista.  Recortou os orzamentos en educación e sanidade no 2012 en 10.000 millóns de euros.
  • 145. 11 de marzo de 2012 Manifestación contra a reforma laboral
  • 146.
  • 147. Manifestación de aforradores afectados polas participacións preferentes
  • 148. 7. O goberno do PP de Mariano Rajoy (2011-2015) Desafío soberanista de Cataluña e crise política (2013-2014) A primeira ligado ao movemento independentista. A segundo relacionada cos episodios de corrupción no partido do goberno.
  • 149. 2013 Cadea humana polo referéndum de independencia de Cataluña
  • 151. 7. O goberno do PP de Mariano Rajoy (2011-2015) Recuperación económica, desafío soberanista de e cambio no sistema de partidos (2014-2015)  Mantense o reto pola independencia de Cataluña.  Ao longo de 2014 a economía española saíu da recesión e o crecemento subíu por enriba do 2% anual durante este ano e no 2015.  A taxa de paro descende lentamente.  Increméntanse as exportacións e o turismo medra.  Dende as eleccións europeas (maio de 2014) o sistema clásico de partidos resquebráxase co auxe de novos partidos (PODEMOS e Cidadáns)
  • 152. Novos partidos políticos irrumpen con forza no sistema de partidos español
  • 153. RESULTADOS ELECCIÓNS XERAIS (2015) DEPUTADOS PARTIDO VOTOS % ESCANOS PP 7.215.752 28,72% 123 PSOE 5.530.779 22,01% 90 PODEMOS 3.182.082 12,67% 42 EN COMÚ 927.940 3,69% 12 PODEMOS-COMPROMÍS 671.071 2,67% 9 PODEMOS-En Marea-ANOVA-EU 408.370 1,63% 6 PODEMOS + PLATAFORMAS (TOTAL) 5.189.463 20,66% 69 C's 3.500.541 13,93% 40 ERC-CATSI 599.289 2,39% 9 DEMOCRACIA E LIBERTADE 565.501 2,25% 8 EAJ-PNV 301.585 1,20% 6 IU-UPeC 923.133 3,67% 2 EH Bildu 218.467 0,47% 2 CCa-PNC 81.750 0,33% 1 PACMA 219.191 0,87% 0 UPYD 153.505 0,51% 0 NÓS 70.464 0,28% 0 RESTO 365.945 1,43% 0