1. Audición número 7:
Atlántico
OS RESENTIDOS
Antonio Xavier Euloxio Rodríguez Reixa
coñecido como Antón Reixa, nado en Vigo
o 17 de abril de 1957, é un dos maiores
representantes da cultura galega, debido
a que tocou moitas variantes artísticas.
Estudou Filoloxía Galega e dedicouse ao
ensino, á música, á literatura e á
televisión.
Os Resentidos foi unha banda de rock galega procedente de Vigo e que formou parte
da movida desa cidade. Formouse no ano 1982 e estaba liderada polo polifacético
Antón Reixa. Durante toda a súa traxectoria usou o galego nas súas composicións, e foi
a primeira banda que popularizou un tema de rock en galego en España con "Galicia
Caníbal".
A súa primeira formación estivo composta por Antón Reixa, Alberto Torrado (baixo),
Javier Soto (guitarra) e Rubén Losada (saxo), mais en 1985 Javier Soto abandonaría a
banda para unirse a Siniestro Total, sendo substituído por Xavier Debesa.
Separáronse a finais do verán de 1994.
En 2012, conmemorando o 30 aniversario da formación, reuníronse para tocar de
novo.
Antón Reixa,
cantante de Os Resentidos