1. 25 de Abril. REVOLUÇAO DOS CRAVOS
Un 25 de abril de hai hoxe exactamente 40 anos,
desenvolvíase en Portugal a Revolución dos Caraveis,
data na que os militares portugueses se rebelaron contra a
ditadura de Oliveira Salazar.
Aquel levantamento, supuxo para Portugal a liberdade
democrática, que nunca antes vivira.
Durante a ditadura, o presidente da República estaba ás
ordes de Salazar, que formou unha organización fascista
chamada PIDE.
Durante o réxime producíanse eleccións, que sempre eran
saboteadas e sempre obtiñan o mandato os mesmos…
Durante o goberno de Marcelo Caetano, o réxime sufriu
moitos e graves problemas: A xente buscaba a
independencia e os fascistas responderon con ataques moi
violentos.
Os mozos víanse obrigados a ingresar no exército, aínda
que moitos exiliábanse para non teren que facelo e os
militares estaban cansos de pelexar en batallas sen sentido.
Foi desta forma como se formaron os Capitáns de Abril,
militares que loitaban pola democracia e a liberdade sen
chegar á violencia.
Foi o 25 de abril de 1974, cando Lisboa espertou chea de
tanques. O sinal de que a revolución comezara dérase na
radio ao son da canción de Zeca Afonso, Grândola, vila
morena. O golpe de Estado estaba sendo protagonizado
polo xeneral Antonio de Spínola e os capitáns. Antes de que
o medo se estendera pola cidade, emitiuse na radio un
comunicado de que o único que se pretendía era a volta á
democracia e unha data para as seguintes eleccións libres.
Todos os cidadáns se botaron á rúa en apoio ao golpe de
Estado pacífico que pola democracia estaban a dar os
Capitáns de Abril. Os portugueses non querían máis
2. ditadura, querían volver a ser libres. O pobo, seguindo o
exemplo dunha muller que vendía caraveis, comezou a
colocar estas flores nas armas dos soldados que estaban na
rúa, simbolizando a revolución pacífica pola liberdade e a
volta á democracia.
FONTES DE INFORMACIÓN:
40 ANOS DO 25 DE ABRIL
ASOCIAÇAO 25 DE ABRIL
REVOLUÇAO DOS CRAVOS
TAREFAS:
Elaboración dun ARTIGO XORNALÍSTICO
O artigo seguirá a estrutura e o formato dado en anteriores
ocasións:
Un titular arredor da data que se celebra (tamaño letra
18, tipo letra Verdana)
Un subtítulo (tamaño letra 16)
O corpo do artigo (tamaño letra 12. Arredor de 200
palabras)
Imaxes incrustadas . Só poderán utilizarse as imaxes que
se inclúen neste documento ou obtidas do enlace que se
incorpora aquí ao autor das mesmas, Leandro Lamas.
Fontes de información utilizadas (sinaladas ao final do
artigo)
O artigo presentarase editado, nun documento de Word,
con marxes, título centrado e texto aliñado á esquerda.
INFORMACIÓN ARREDOR DOS XÉNEROS
XORNALÍSTICOS:
o Géneros periodísticos en la prensa escrita
o A crónica (por Xano Cebreiro)
o La prensa, un recurso para el aula
o Os xéneros xornalísticos (por Sofia Rama)
Elaboración dunha PRESENTACIÓN
3. A presentación seguirá a estrutura e o formato dado
en anteriores ocasións, sen esquecer que nela, en
cada diapositiva, sempre o texto debe ser ilustrado
cunha imaxe:
Unha portada
Un guión que recolla os apartados que
posteriormente serán tratados
Unha introdución que resuma brevemente as
razóns da celebración desta data.
Unha primeira parte adicada á Historia:
o Contexto histórico (40 anos atrás)
o Feitos acaecidos
Unha segunda parte adicada aos símbolos:
o Os Capitáns de Abril
o A canción de Zeca Afonso
o Os caraveis
Unha terceira parte adicada ás consecuencias:
o Naquela altura: a democracia
o Hoxe: 40 anos de independencia das
colonias
Unha conlusión: cal é a situación hoxe en
Portugal. Respéctase o espírito do 25 de abril?
As fontes das que se obtivo a información
CUESTIONARIO.
Vídeo realizado numa escola pelo alunado de
5ºEB
https://www.youtube.com/watch?v=pqk7ApwY
NWE
Despois de ollar os vídeos anteriores, deberedes responder
ás seguintes cuestións:
1- Quem era Salazar?
2- Em que pilares estava assentado o Estado Novo?
4. 3- Qual era a característica fundamental que definia a
povoação nesse tempo? Por quê?
4- Revolução de estudantes e greve: ano, motivo, outros
dados...
5- Completa e lê a canção de Adriano Correia de Oliveira
Letra (Manuel Alegre):
Pergunto ao _____________
______________ do meu país
e o vento cala a _____________-
o vento nada _______________.
o vento nada _______________.
Mas há sempre uma candeia
dentro da própria desgraça
há sempre alguém que semeia
canções no vento que passa.
Mesmo na noite mais triste
em tempo de servidão
há sempre alguém que resiste
há sempre alguém que diz não.
6-José (Zeca) Afonso. Quem foi?
7- Que é MFA?
8- Que significado teve “E depois do adeus” de Paulo
9-Letra de Grândola e significado dentro da
revolução
10- Quais foram as liberdades restituidas o 26 de
abril pela Junta de Salvação Nacional de António
Spínola?
11- Que mudou nas colônias depois da revolução?
PRODUTO ARTÍSTICO: Elaboración dun caravel,
seguindo as indicacións dadas no seguinte vídeo:
como facer un caravel