1. REGULAMENTO DE PRÁCTICAS
EN EMPRESAS DO
GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL
Aprobado pola Xunta de Facultade na xuntanza de 6 de julio de 2012
Preámbulo
O Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a
ordenación das ensinanzas universitarias oficiais establece no seu
artigo 12 a posibilidade de introducir prácticas externas para
enriquecer a formación dos estudiantes das ensinanzas de grao na
medida en que lles proporcionará un coñecemento máis profundo
sobre as competencias que necesitarán no futuro. Con este obxectivo,
o referido artigo dispón máis concretamente que “se se programan
prácticas externas, estas terán unha extensión máxima de 60
créditos e deberán ofrecerse preferentemente na segunda metade do
plano de estudos”.
As Directrices Propias da Universidade de Vigo sobre a estrutura
e organización académica dos plans de estudos de grao (aprobadas
en Consello de Goberno de 5 de marzo de 2008) recolle entre os
principios xerais de elaboración de grao o “impulso nas relacións co
ámbito socio-laboral que promova a realización de prácticas
preprofesionais que faciliten a inserción laboral dos egresados”. Con
maior precisión o punto 3 (“Estrutura Xeral dos Plans de Estudo de
Grao”) recomenda o establecemento de prácticas externas e, de selo
caso, a previsión de mecanismos de asignación de prácticas.
O Plano de Estudos do Grao en Comunicación Audiovisual
contempla, con carácter optativo, a realización de prácticas en
empresas audiovisuais, e de comunicación en xeral, no segundo
semestre de cuarto curso e atribúe un máximo de 12 ECTS. Este
1
2. novo programa de prácticas será xestionado conforme o establecido
no Sistema de Garantía Interno de Calidade – máis concretamente
segundo o recollido no procedemento de Xestión e Revisión de
Prácticas Externas Integradas no Plano de Estudios (PC 10) do
Manual de Garantía Interna de Calidade.
A correcta xestión das prácticas require, por tanto, dunha
normativa interna que se adapte ó estipulado nas directrices da
Universidade de Vigo. Non se debe perder de vista que o obxectivo
destas prácticas é buscar fórmulas que garantan unha correcta
adaptación dos egresados ó mercado laboral, permitindo que os
estudantes desenvolvan adecuadamente as competencias
profesionais que faciliten a empregabilidade.
Para dar cumprimento ao anterior, apróbase este Regulamento
co seguinte contido.
C AP Í T U L O I: N OR M A S XE R A I S
Art. 1 Obxecto
1. Este Regulamento ten por obxecto cumprir coa esixencia fixada
no plano de estudos do Grao en Comunicación Audiovisual que
establece a realización de prácticas en empresas, con carácter
optativo ata un máximo de 12 ECTS.
2. O ámbito de aplicación deste Regulamento limítase
exclusivamente ás practicas dos alumnos/as do Grao en
Comunicación Audiovisual.
Art. 2: Definición
1. Aos efectos desta regulamentación, considéranse prácticas as
actividades realizadas polos alumnos/as do Grao en
Comunicación Audiovisual en empresas ou entidades que teñen
2
3. como obxectivo complementar a súa formación universitaria,
desenvolver as competencias profesionais e favorecer a
experimentación na contorna profesional.
2. A súa realización conforme o fixado neste Regulamento
outorgará ao alumno o dereito ao recoñecemento dun máximo
de 12 ECTS de carácter optativo.
3. Serán susceptibles de recoñecemento como prácticas:
a. As realizadas ao abeiro da normativa da Universidade de
Vigo e, especificamente, do presente Regulamento.
b. As realizadas no estranxeiro baixo a cobertura de
convenios vixentes ou programas internacionais concretos
da Universidade de Vigo.
c. As realizadas na propia Universidade de conformidade coa
Normativa que regula a realización de prácticas na
Universidade de Vigo, recoñecidas nos planos de estudos,
por parte dos alumnos/as da propia Universidade.
4. A realización de prácticas non implica ningunha relación
contractual coa entidade ou empresa, nin supón por parte desta
ningún compromiso de incorporación do alumno/a en prácticas
á plantilla.
5. En ningún caso, poderán levarse a cabo prácticas en
institucións, empresas ou entidades coas que o alumno/a
manteña algunha relación laboral.
Art. 3: Suxeitos das prácticas
1. Poderán solicitar a realización de prácticas os alumnos/as que
superaran, alomenos, o 50% dos créditos necesarios para obter
o Título de Grao en Comunicación Audiovisual e que no intre da
asignación non estean en disposición de obtelo.
3
4. 2. Os alumnos/as deberán estar matriculados na materia de
“Prácticas profesionais” durante o curso académico no que
pretendan realizar o período de prácticas, as cales deberán ser
completadas ao longo do segundo semestre do curso
académico.
3. Excepcionalmente, o Coordinador de Prácticas poderá autorizar a
súa realización sen o anterior requisito. Dita excepcionalidade
deberá ser aplicada dun xeito moi limitado e case en exclusiva
para estudantes que durante ese ano estean participando en
programas de mobilidade.
CAPÍTULO II: ORGANIZACIÓN
Art. 4: Coordinador/a de Prácticas do Grao de Dirección e
Xestión Pública
1. Será un profesor/a con docencia maioritaria na titulación
nomeado pola Xunta de Facultade, a proposta do Coordinador/a
da Titulación.
2. Correspóndenlle ao Coordinador/a de prácticas as seguintes
funcións:
- Xestionar activamente as prácticas externas en estreita
coordinación cos servizos centrais da Universidade de Vigo;
- Actuar como enlace coas entidades asinantes de convenios de
prácticas e cos Coordinadores;
- Difundir ofertas de prácticas entre os alumnado do Grao;
- Asesorar e orientar aos alumnos/as nesta materia;
- Elaborar a proposta de selección do alumnado.
Art. 5: Titor externo
4
5. 1. A empresa ou entidade non lucrativa onde se realicen as
prácticas deberá nomear a un titor ou responsable da acollida e
seguimento do alumno/a durante a duración das prácticas.
2. Ao remate do período de prácticas deberá emitir un informe
final no que valorará a actividade do alumno/a en prácticas.
CAPÍTULO III: PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE ALUMNADO EN
PRÁCTICAS.
Art. 6: Convocatoria de prazas
1. A xestión das prácticas comezará coa difusión da convocatoria
prazas entre o alumnado do Grao. Para esta difusión
empregarase tanto a web da Facultade como o taboleiro
específico de prácticas.
2. O listado de prazas ofertadas incluirá necesariamente unha
breve descrición das actividades a realizar, lugar de realización,
calendario e horario, horas totais, titor e bolsa, se fose o caso.
3. Os alumnados poderán propor o establecemento de convenios
de prácticas con institucións públicas ou privadas. Para isto,
remitirán unha solicitude na que figurarán os datos persoais, os
datos da identificativos da entidade e do seu representante
legal. O Coordinador de Prácticas decidirá sobre a idoneidade da
sinatura do convenio.
4. Dentro do prazo habilitado ao efecto, os alumnos/as
presentarán a correspondente solicitude na que manifestarán os
seus destinos preferidos.
5. Todo o anterior queda condicionado á sinatura dun convenio de
cooperación que regula as relacións entre as partes como
documento imprescindible para a incorporación dos/as
estudantes á empresa/institución.
5
6. Art. 7: Criterios de selección
1. A selección realizarase en función da nota media do expediente
académico dos alumnos matriculados en máis do 50% dos
créditos de cuarto curso do Grao en Comunicación Audiovisual
2. Cada alumno/a realizará unha solicitude das prazas ofertadas
indicando a lo menos tres empresas da súa preferencia. O
Coordinador de Prácticas realizará a adxudicación en función da
nota media do expediente.
3. No proceso de selección e en casos excepcionais poderá tomar
parte a entidade conveniada. No caso de que esta entidade
solicite unha preselección o selección de alumnado, nomearase
unha comisión paritaria Facultade de Ciencias Sociais e da
Comunicación-empresa. Se fose necesario a Facultade de
Ciencias Sociais e da Comunicación facilitará as instalacións
para a realización de entrevistas.
4. Realizada a selección, comunicaranse os datos do alumnos/as
seleccionados (nome, apelidos, DNI, forma de contacto, función
que desempeñará, período e xornada de estancia, axuda de
desprazamento e locomoción) á entidade na que se realizarán o
período de prácticas ó tempo que se fará público un listado de
adxudicación na web e no taboleiro do centro.
5. As prácticas deberán rematar no intre no que o alumno/a perda
a condición administrativa de alumno da Universidade de Vigo.
Art. 8: Dereitos e obrigas do alumno/a seleccionado
O alumno/a seleccionado/a contará cos dereitos recoñecidos de
xeito xeral na normativa da Universidade de Vigo para todos os
estudantes.
Unha vez seleccionado o alumno/a asume as seguintes obrigas:
6
7. 1. Incorporación á institución pública, empresa ou entidade non
lucrativa na data sinalada.
2. En materia de seguro escolar, os beneficiarios maiores de 28
anos que non entren dentro da cobertura do seguro escolar
subscribirán un seguro de cobertura análoga.
3. Realizar con dilixencia e aproveitamento as actividades
propias das prácticas de conformidade coas condicións
especificadas.
4. Comunicar ao Coordinador de Prácticas calquera incidencia
relativa ao desenvolvemento das actividades de prácticas ou
ao cumprimento das súas obrigas.
5. Gardar sixilo respecto de informacións internas de calquera
natureza referentes á institución pública, empresa ou
entidade non lucrativa na que realice as prácticas.
6. Presentar a memoria final ao remate do período de
prácticas.
CAPÍTULO IV: AVALIACIÓN DO PERÍODO DE PRÁCTICAS
Art. 9: Memoria final
1. Rematado o período de prácticas, o alumno/a queda obrigado a
remitir ao Coordinador de prácticas do Grao unha memoria final
que responda, alomenos, ao seguinte esquema básico:
a. Descrición das tarefas e traballos desenvolvidos;
b. Análise das características e o perfil profesional do posto;
c. Contribución ao aprendizaxe;
d. Grao de satisfacción;
e. Certificación da entidade na que conste o horario de
prácticas e nivel de aproveitamento do alumno.
7
8. 2. O Coordinador de Prácticas poderá convocar aos alumnos/as
para realizar unha exposición pública da memoria presentada.
Art. 10: Criterios de avaliación e cualificación
1. A avaliación do período de prácticas realizado polo alumno/a
resultará dos seguintes elementos:
a. Informe do Coordinador de prácticas
b. Informe titor externo.
c. Memoria final presentada polo alumno/a referida no art. 11.
2. A cualificación final da materia responderá ao fixado no R. D.
1125/2003.
Art. 11: Convalidacións
1 - Os alumnos do Grao en Comunicación Audiovisual que cumpran
os requisitos pra matricularse da materia de prácticas externas
poderán solicitar a convalidción da mesma nos seguintes casos:
1a – Cando teñan un Título de Ciclo Superior de FP con prácticas
recoñecidas nas Táboas de Validación entre Ciclos de FP e
Formación Universitaria que nise momento esten vixentes e
publicadas pola Xunta de Galicia
1b - Cando aporten experiencia profesional acreditada, dacordo o
Protocolo de recoñecemento de créditos por a experiencia
profesional aprobado pola Xunta de Facultade
1c – Despois de ter realizadas outras prácticas externas o abeiro
do Regulamento de Prácticas Académicas Externas do
Alumnado da Universidade de Vigo, particularmente as
Prácticas Externas Extracurriculares
8
9. 1d – Despois de ter realizadas prácticas o abeiro dos diferentes
Convenios de Intercambio de Estudantes que, en cada caso,
teña asinado a Universidade de Vigo
2 – A decisión sobre o Recoñecemento de Créditos por Prácticas
Externas a que se refire iste Artigo, corresponderalle a
Comisión de Docencia da Facultade, co Informe obrigatorio,
pero non vinculante, do Coordinador de Prácticas
Art. 12: Protección de datos
En todo o previsto neste Regulamento, será de aplicación o disposto
na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos
de Carácter Persoal (BOE de 14 de decembro de 1999).
Disposición final
Este Regulamento entrará en vigor ao día seguinte da súa
aprobación pola Xunta de Facultade.
***
9
10. ANEXO I. CALENDARIO DE PROCEDEMENTOS DA MATERIA
“PRÁCTICAS PROFESIONAIS”
Período do curso
Procedemento
académico*
Prazo de matrícula oficial
Xullo - setembro
Nomeamento do coordinador de prácticas profesionais
Publicación de listado de prazas ofertadas
Decembro Solicitude de prazas por parte do alumnado
Asignación de prazas
Publicación de listado de prazas
Xaneiro Período de reclamación das prazas (cinco días hábiles)
Comunicación da asignación definitiva ás empresas e institucións
Nomeamento dos titores profesionais.
Período de prácticas en empresas
Febreiro- xuño
Contacto co coordinador de prácticas para resolución de incidencias
Presentación de memorias finais.
avaliación das prácticas.
Xuño Período de reclamación de cualificacións (cinco días hábiles)
revisión das cualificacións
Publicación das cualificacións definitivas.
*Datas aproximadas que deben adaptarse ó calendario oficial da Universidade de Vigo
10