Publicidad

Un obxectivo medioambiental

27 de Jun de 2022
Un obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambiental
Próximo SlideShare
Hoxe e onteHoxe e onte
Cargando en ... 3
1 de 4
Publicidad

Más contenido relacionado

Publicidad

Un obxectivo medioambiental

  1. UN OBXECTIVO MEDIOAMBIENTAL Ía comezar esta histora como comezan a maioría de historias que nos contan, érase unha vez… . Pero como dende moi pequeniña estou farta de ver como todas as historias comezan igual, eu non quixen comezar a miña así. Bueno, voume presentar, eu son Lisa e tan só son unha adolescente de quince anos que vai ao instituto como todos os adolescentes da miña idade. Miña nai dime que son unha inconsciente e que aínda non sei o que é a vida nin o que me espera cando sea maior, eu só penso que teño esperanzas no meu futuro, aínda que si que hai veces que son algo optimista demais. Todo o que fai que miña nai pense que son unha inconsciente, foi por culpa dese día no que nos viñeron visitar ao instituto eses homes serios e formais que son súperimportantes no goberno. Segundo a directora só viñan para falar con nós e explicarnos un pouco como ía todo o tema do medio ambiente, pero na miña cabeza meteron ideas totalmente distintas. Dende ese día comecei a pensar en todas as cousas que os seres humanos facemos mal no noso día a día, provocando así a morte de moitos animaliños e de moitas plantas que nos dan a vida e que non teñen culpa dos nosos desastrosos actos. Cando cheguei do instituto ese día, díxenlle a miña nai que tiñamos que separar o lixo e reciclar o máximo que puidesemos. Pero como aquí a inconsciente é ela pois non me fixo nadiña de caso. Como intentar que miña nai fixese algo ben non me saíu moi ben, intenteino cos meus amigos, pero sendo sincera, aínda me foi peor. Unha tarde quedamos todos na praia porque ía moita calor e gústanos moitísimo ir á praia. Pois como de costume fomos ao típico chiringuito que hai en todas as praias, e tamén como de costume enchemos e compramos todo o que pasou polos nosos ollos, auga , xeados ,chucherías… . O problema chegou cando rematamos de comer todas aquelas delicias. Porque cando foi a hora de marchar, os moi iluminados deixaron todos os plásticos e envoltorios pola area adiante. Bueno, que me entrou un mal corpo ao ver aquilo que comecei a berrar como unha tola. - Sodes coma miña nai!, despois a inconsciente son eu! Vós sodes todos iguais, hai que ter algo de coidadiño co que se fai, despois queixámonos de que está todo sucio e de que os do concello non limpan, habíanvos de levar todo para as vosas casas !!!!!!. Si, supoñedes ben, o único que conseguín foi que os meus amigos me tomaran como unha tola que necesita axuda urxente, porque a que tivo que recoller todos os lixos fun eu .
  2. Marchei toda endemoniada para a casa, nin a cear con eles quedei e tampouco pensedes que lle fun toda contenta a miña nai, nada diso, cheguei a casa e encerreime na habitación. Ao día seguinte, só me fixo falta saír da habitación e ver o estado no que se atopaba a miña cociña para decidirme a facer unha ideíña un pouco tola que me levaba comendo a cabeza xa facía uns días. - Vou machar, estou farta de todo isto. - Pois alí me ves a min facendo unha mochila improvisada e marchando da casa toda feliz, pero non de camiño ao instituto non, fun coller un autobús para marchar dalí. Hai que dicir que lle deixei a miña nai unha nota dicíndolle que ía ir por aí tomar o aire, que estaba cansada deles. Á muller pódíalle dar un ataque, pero tampouco era plan de que nos morrese. A todo isto creo que en ningún momento vos mencionei onde vivo. Vivo en Lalín, nunha casa que, para ser honestos, os meus amigos envexan, e con razón, só fai falta dicir que todas as súas casas xuntas collen dentro da miña, e, que por suposto ben contentos que están cando facemos no verán esas churrascadas na piscina e botamos bailando ata as tantas. O caso é que a min pouco me importaba o que me desen, como se me compraban un avión privado, eu o que quería era poder vivir nun sitio limpiño, despois do resto xa falariamos, que un avión privado tampouco viña mal de todo. O primeiro que pensei foi en ir á casa dos meus avós, pero claro, se o que quería era que miña nai se dese conta de que así eu non quería vivir con ela, era mellor que non soubese onde estaba. Asi que decidinme por ir á casa dun amigo que tiña en Catoira. Cando cheguei conteille o que me pasaba, porque tampouco era plan de meterme na súa casa sen explicarlle ningún motivo. Non me fixeron falta nin dous días para darme conta de que o que fixera fora unha tolería, tiña unhas trescentas chamadas perdidas de miña nai e outras tantas mensaxes. Ademais se che digo que non botaba de menos a miña casiña, estaríache contando unha trola que a ver quen ma ía crer. Non quería que miña nai o pasase mal, que seguro que si que o estaba pasando, pero era iso ou seguir vivindo no que semellaba un basureiro. Nos seguintes días que foron pasando non me dignei a contestar nin unha soa mensaxe das que me mandara, iso que agora contaba tamén con numerosas chamadas da miña avoa. Pois non, o meu orgullo era moito máis grande que todas aquelas chamadas e mensaxes. Chegou un día no que decidín pasar por diante da miña casa, só para ver como se atopaba todo, pois debo ser a persona con peor sorte deste planeta, porque só entrei na miña rúa e encontreime cuns vinte coches da policía. O único que se me ocurreu foi agocharme detrás duns arbustos que me cubrían todo o corpo, aínda que non vía con moita claridade o que estaba a
  3. suceder. O pouco que logrei ver foi a miña nai de xeonllos rogándolle aos policías que me encontrasen e eles intentando tranquilizala. Marchei dalí un pouco preocupada porque non me gustaba ver así a miña nai, pero a tolería alongouse, pois eu son moi tozuda e xa que comezara con isto pois non ía parar agora. Xusto o día que ía a cumprir tres meses fóra da casa, pasou algo que si que non me esperaba para nada. Estaba vendo a televisión tan tranquila, cando de súpeto vin a miña nai nas noticias do día lanzando un comunicado que dicía así: - “ Ocupo un intre das noticias de hoxe por se hai xente que está disposta a axudarme nun problema moi grande no que ando metida. Fai uns meses a miña filla Lisa que tan só ten quince anos, marchou da casa. Vale, si, entendo que nestes momentos estedes pensando que é problema meu e que me busque a vida, pero vouvos contar toda a historia e Lisa pídoche por favor que se me estás vendo dende algún sitio, volvas á casa. A miña filla marchou da casa porque son unha inconsciente, si Lisiña si, admitino, a inconsciente son eu. Tes toda razón, eu son a que teño que dar o exemplo, e considero que en todo o que ten que ver co medio ambiente me descoidei un pouco demais. Nunca fun unha persoaa que reciclou e se preocupou da contaminación nin nada polo estilo, de feito sempre fun todo o contrario, na miña casa cando era pequena só había un cubo do lixo e ía todo para aí dentro, incluso había veces que non collía porque consumiamos moito e ía parar todo ao medio do monte. Pois ti fixéchesme ver que a cousa non e así, que se non reciclamos e non contribuímos para intentar frear a contaminación, os perxudicados somos nós. Porque se un peixiño que vive tranquilo no mar come un plástico, despois eu cando coma un bo bacalao deses que me encantan a min, tamén estarei comendo eses plásticos que sin pensar botei ao mar. E se seguimos contaminando ao final a especie humana, e o mundo como o coñecemos hoxe en día, vai desaparecer por completo. Pois todo isto que agora digo e penso é grazas a ti Lisa, ti fixéchesmo ver. Espero de verdade que entres en razón e volvas meu corazón. A casa sen ti está moi baleira. Moitísimas grazas a todos pola vosa atención.” - E estas son as palabras dunha nai en apuros, pero, estas palabras non van só para ti Lisa non, estas palabras espero que lle chegasen a todos os espectadores que nos ven e que lles faga reflexionar moi profundamente neste asunto.- Dixo o reporteiro.- Pois ahora seguimos con outros asuntos, o rei Felipe VI… Se che digo todas as cousas que me pasaron pola cabeza no momento en que miña nai desapareceu da televisión, a historia faise infinita, PERO QUE
  4. TOLERíA FIXERA!!!!, marchar da casa e deixar a miña nai alí sen máis… Pero tamén che digo, aprendeu o que tiña que aprender e o obxectivo estaba conseguido. Collín un autobús e fun directa para a casa. Tan pronto cheguei, sentínme un pouco intimidada pois estaba toda rodeada duns policías todos alarmados chamando pola miña nai que tan pronto saíu, comezou a correr cara a min, abrazoume e encheume de bicos, puaaaggg!!! a cousa máis cursi que vivín na miña vida. Empezoume a dicir tantas cousas que non dei collido información, que se non sei que duns cubos, que se non sei que dun coche eléctrico. Igual se emparanoiara un pouco de máis co asunto do que debía. Ao entrar na casa xa entedía todo, mamá comprara cubos para o lixo, había un amarelo para os plásticos, un verde para o vidro, un azul para o papel e o cartón, un marrón para os restos orgánicos, e incluso trouxera un “rosita” para as pilas. Pero é que a sorpresa en realidade leveima cando vin uns homes instalando unhas placas solares no tellado, e outros instalando un par de eólicos no xardín. O seguinte que fixo foi comezar a ensinarme unha morea de coches eléctricos para que lle dixera cal me gustaba máis. Acabei por decidirme por un Tesla branco super chulo. Estaba moi orgullosa de min mesma, pois conseguira cambiar a maneira de pensar non só de miña nai, senón de toda a xente que me rodeaba, xa que os meus amigos tamén colleron algo de sentidiño e comezaron a reciclar e a ser responsables. A conclusión que debemos sacar de toda esta historia, é que se todos contribuímos e aportamos o noso gran de area podemos facer do noso planeta un mundo mellor, e podemos conseguir vivir máis tranquilos e relaxados. Eu seguirei aportando o meu gran de area como debedes de facer todos vós, espero que todos pensedes coma min e o consigades. IRIA BUJÁN GARCÍA 2ºA.
Publicidad