SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 78
TERRA DE CALDELAS
A NATUREZA
Canón do Sil desde o miradoiro de Cabezoás, en Parada do Sil
A comarca de Terra de Caldelas está situada no centro-norte da provincia de
Ourense, separada de Lugo polo profundo canón do río Sil.
É un territorio de grandes contrastes no relevo e no clima marcado polas grandes
diferenzas de altitude entre o fondo do Val do Sil (300 m) e os cumes das serras (a
máxima altura está no San Mamede, con 1.619 m), e pola diferente orientación á
solaina ou avesía, o que da lugar a numerosos ambientes.
Nas áreas máis asolladas domina o cultivo da vide acollido, desde 1995 á D.O.
Ribeira Sacra, dentro da subzona Ribas de Sil.
SUPERFICIE:
313,2 km2
POBOACIÓN:
3.141 habitantes
(2015)
CONCELLOS:
Castro Caldelas,
Montederramo,
Parada do Sil e A
Teixeira
ESPAZOS PROTEXIDOS:
-LICs Canón do Sil,
Bidueiral de
Montederramo e
Macizo central.
CLIMA
Oceánico con matices de montaña, nos cumes do Macizo Central e características
mediterráneas nos vales mellor orientados.
ACTIVIDADES
As principais actividades son a agrogandaría, as explotacións forestais, os servizos (en especial
o turismo) e, en menor medida, a industria.
Viticultura
Un dos recursos económicos máis importantes da comarca de Caldelas é o cultivo da vide para a
elaboración de viños acollidos á Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Esta actividade ten unha longa
tradición, desde o tempo dos romanos, e foi desenvolvida posteriormente arredor dos numerosos
mosteiros da ribeira. Despois duns anos de abandono o sector está a recuperarse e a maior parte das
explotacións están en activo.
A cultura do viño resulta tamén un atractivo para os visitantes que poden gozar da paisaxe humanizada,
visitar as adegas ou probar os viños. Na Teixeira existe un museo etnográfico “A casa do viño” que recolle
as tradicións da comarca.
O cultivo da vide na Ribeira Sacra é moi
traballoso e en grande parte artesanal. Os
grandes desniveis do terreo e a escaseza de
terras ben orientadas fai que as xentes
desta terra aproveiten ao máximo as abas
dos vales orientadas ao sol construíndo
muros para conter a terra en socalcos ou
pataos.
OS VIÑEDOS DA RIBEIRA SACRA
PATRIMONIO
É unha comarca con importantes valores histórico-artísticos, asociados á Ribeira Sacra que
acolle importantes representacións de tipo etnográfico (núcleos de poboación, pontes,
muíños, hórreos...) e histórico artísticos (igrexas, mosteiros, castelos, pazos...)
Necrópole de
San Vitorio en
Parada de Sil
CONCELLOS
SUPERFICIE: 87,61 km2
POBOACIÓN: 1.351 habitantes
(2015)
PARROQUIAS: Abeleda (san Paio e
Santa Tegra), Alais, O Burgo,
Camba, Castro Caldelas, Folgoso,
Mazaira, Paradela, Pedrouzos,
Poboeiros, Sas de Penelas,
Trabazos, Tronceda, Vilamaior de
Caldelas e Vimieiro.
Vista de Castro
Caldelas desde as
beiras do Sil.
CASTRO CALDELAS
Situado no nordeste da comarca, separado polo río Sil da provincia de Lugo e da Terra de
Trives pola serra do Burgo, a maior altitude da comarca. O territorio está estruturado en tres
zonas moi diferenciadas: ao norte o profundo canón dos Sil, que se abre lixeiramente na zona
de Abeleda, por onde discorren as vías de comunicación con Monforte; no centro unha
penichaira cunha altitide de 700 a 1.000 m, na que están asentados a maioría dos núcleos de
poboación; e no sur a serra do Burgo, onde se acadan as máximas altitudes (Monte Cruz,
1.289 m). Está atravesada de sur a norte polo río Edo, un afluente do Sil.
Castelo dos condes de
Lemos, levantado nos
séculos XIV - XV en Cima
de Vila, parte alta do
casco antigo de
Castrocaldelas.
O 19 de xaneiro celébrase
a festa dos Fachós, de
orixe moi antiga.
Mantendo a tradición, os
homes levan grandes
feixes de palla acesos e
diríxense cara ao castelo
onde os amorean
bailando e cantando.
As principais actividades son a agricultura
(viñedos, castiñeiros, pastos, patacas...), a
gandaría, os servizos e pequenas
industrias.
É un concello onde a natureza cobra unha
grande importancia pola espectacularidade
das paisaxes no val do sil e dos seus
afluentes. Conserva interesantes restos
históricos-artísticos (castelos, igrexas,
mosteiros) e etnográficos.
Mosteiro de Abeleda, actualmente en estado ruinoso.
Foi un dos centros monásticos más influíntes da
comarca.
SUPERFICIE: 135,51 km2
POBOACIÓN: 807
habitantes (201).
PARROQUIAS: Os Abeledos,
As Chás, Covas, Gabín,
Marrubio, A Medorra,
Montederramo (Santa
María e San Cosme),
Nogueira, Paredes, Sas do
Monte, Seoane Vello e
Vilariño Frío.
Área recreativa de Ponte
Mazaira en Montederramo,
ás beiras do Mao.
MONTEDERRAMO
Situado ao sur da comarca, nun terreo ocupado en gran parte polas serras do Macizo Central:
San Mamede, ao sur, O Burgo, ao leste e Cabeza de Meda ao oeste. O territorio está dividido
en dúas áreas, unha penichaira, cunha altitude media de 800 a 1000 m cunha leve inclinación
cara ao norte, e as serras, que acadan a máxima altitude en San Memede, no linde coas
comarcas de Allariz-Maceda e A Limia. Está percorrido polo río Mao, que vai ao Sil, e polos
cursos altos do Vaos, Figueiro e Queixa, que son afluentes do Navea (tributario tamén do Sil).
O clima é oceánico de montaña.
Mosteiro de Santa María Montederramo.
Iniciado no século XII e reformado e varias
ocasións. Destaca a igrexa de estilo
Herreriano. Actualmente unha parte está
ocupado por vivendas.
As principais actividades son a
agricultura, a gandeiría (destaca a
porcina), as explotacións forestais e
os servizos.
Montederramo acolle paraxes de
excepcional valor ecolóxico como o
LIC “Bidueiral de Montederramo”, na
serra de San Mamede, ou as fragas do
Monte Meda.
Ponte romana de Vilariño Frío sobre o
Alavenche (afluente do Mao). Por esta ponte
pasaba a Vía Romana XVIII.
SUPERFICIE: 62,41 km2
POBOACIÓN: 605 habitantes
(2015)
PARROQUIAS: Caxide,
Chandrexa, Forcas, A
Hedrada, Parada do Sil, As
Paradellas, Pradomao,
Sacardebois e Barxacova.
Miradoiro sobre os Canóns do Sil.
Neste concello están situados dous dos
miradores máis espectaculares do Canón:
o de Cabezoás, no linde con Nogueira de
Ramuín, e o de As Torgás, coñecido tamén
como “Balcóns de Madrid”
PARADA DE SIL
Está situado ao nordeste da comarca, co Canón do Sil ao norte, no linde coa provincia de Lugo
(Terras de Lemos) e a serra de Cabeza de Meda ao Leste. O territorio é moi accidentado. Ao
norte está ocupado polo Canón do Sil, nunha das partes máis abruptas e espectaculares, con
pendentes que van desde a altitude de algo menos de 300 m ata os 700 m das bocarribeiras.
Desde o o val do Sil o terreo vaise elevando ata acadar a súa altitude máxima na serra de
Cabeza de Meda (1.320 m) no linde coa comarca de Maceda.
É un concello eminentemente rural, cunha poboación que foi descendendo moito nos últimos
tempos.
Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, nunha escarpada ladeira do
canón do Sil. A igrexa é románica, do século XII e XIII e ten elementos
góticos posteriores. Foi ocupado por monxes benedictinos ata 1835.
O concello de parada do Sil forma parte da zona coñecida como Ribeira
Sacra, unha área de gran interese histórico, artístico e etnográfico. O
nome de “Rivoyra Sacrata” está documentado para referirse ao refuxio
de monxes e eremitas desde tempos dos suevos nas gorxas do Sil. O
nome de Ribeira Sacra fai referencia tamén á Denominación de Orixe
dos viñedos que se cultivan na zona.
As principais actividades son a agricultura (viñedos, cultivos forraxeiros), a gandaría,
especialmente as granxas de porcino, e os servizos.
Conserva importantes valores naturais, ligados ao río Sil e os seus afluentes, históricos-
artísticos e etnográficos.
Unha parte do territorio de Parada do Sil está protexida dentro do LIC “Canón do Sil”.
SUPERFICIE:
27,62 km2
POBOACIÓN:
378 habitantes (2015)
PARROQUIAS:
Abeleda, Boazo,
Cristosende, Fontao,
Lumeares, Montoedo,
Pedrafita e Sistín.
A Teixeira
A TEIXEIRA
Situada no centro-norte da comarca orientada cara ao profundo val do Sil, que a separa, polo
norte, da provincia de Lugo (comarca de Terra de Lemos). O territorio da Teixeira é de releve
moi irregular. Ao norte está ocupado polas escarpadas ladeiras do Sil, con desniveis que van
desde os 300 aos 800 m e vaise elevando paulatinamente cara ao sur ata acadar as máximas
alturas no Outeiro da Toca, con 874 m. Está percorrido polos afluentes do Sil: o Mao, que fai
de linde con Parada do Sil e o Edo, co seu afluente o Vaos.
Vista da parroquia de Lumeares cos viñedos
aproveitando as abas na solaina.
É un concello rural, con pequenos núcleos de poboación onde as principais actividades son a
agricultura (viñedos da D.O. Ribeira Sacra, castiñeiros, forraxe) e os servizos.
Acolle importantes valores naturais: paisaxes espectaculares arredor do Sil, gorxas e
fervenzas nos seus afluentes e soutos de castiñeiros centenarios.
Cruceiro no lugar de A Cruz (Lumeares)
RELEVO
Vista do Canón do Sil desde os cumes do Monte Meda
Esta comarca presenta tres unidades de releve diferenciadas. Ao norte sitúase o val do Sil,
escavado nun profundo canón que acada en zonas os 500 m de desnivel. No centro unha área
achairada situada arredor de 1.000 de altitude, unha superficie de erosión levantada no
Terciario con respecto á Depresión de Lemos, que ten en Montederramo a súa zona máis
baixa. No sur as serras máis altas: o Burgo, San Mamede e Cabeza de Meda, pertencentes ao
Macizo Central e no leste os últimos contrafortes da serra das Cabanas.
Vista desde os cumes da Serra do Burgo sobre a
depresión de Montederramo co monte Meda ao fondo.
Penedos graníticos no cume da serra do Burgo. A erosión traballou durante séculos as partes máis
duras das cristas das serras do Burgo e San Mamede dando lugar a curiosas formas.
As rochas dominantes son os granitos (sobre todo no sector oriental), as cuarcitas e as lousas.
A vexetación dos cumes está dominada polo mato de uces e carqueixas, xestas, piornos,
queirugas... nas abas dos montes hai bosques de bidueiros, capudres, acivros...
Nas zonas avesías máis altas dominan os bidueiros e máis abaixo as reboleiras con rebolos ou
capudres, carballos, acivros, avelairas e algún teixo... Nas abas da solaina atópanse tamén
especies mediterráneas como as sobreiras e os érvedos. Unha parte está repoboada con
piñeiros silvestres.
Cumes do Monte Meda
Sobreiras en Paradela, nas abas da serra das Cabanas
Os érvedos (Arbutos unedo) son comúns nas abas orientadas ao sur
Os capudres conservan os froitos (dos que se
alimentan moitas aves) despois de perder as follas
As follas dos bidueiros tínguense no outono dunha
fermosa cor dourada.
Os bosques ben conservados acollen gran
variedade de brións, fungos e liques
Lique “Barba de frade” (Usnea filipendula)
Fungo (Fistulina hepatica)
sobre o toro dunha vella árbore
Lagarto arnao (Lacerta lepida)
A fauna é tamén moi abundante e variada: lobo, raposo, corzo, xeneta, xabarín, lebre, perdiz,
aves de rapina e do mato, réptiles, anfibios, insectos, arañas... bosques lobo, xabarín, raposo,
xeneta, gato bravo, corzo, morcego da fraga, morcego de orellas partidas.
Cumes graníticos de San Mamede con Cabeza de Manzaneda ao fondo
SERRA DE SAN MAMEDE
Esténdese con dirección NO-SE desde o Alto do Rodicio ata as cabeceiras do Támega. Formada
por xistos e areíscas, que orixinan un relevo de formas redondeadas e suaves con granitos de
dúas micas e algunha cuarcita nos cumes que lle dan á paisaxe un aspecto ruiniforme e de
grandes penedos. O cume máis alto, San Mamede, acada os 1.619 m. Na vertente sur nace o
río Arnoia e varios dos seus afluentes e no norte o Mao e varias cabeceiras do Navea. Nas
nacentes dos ríos Mao e Broil consérvanse mostras de actividade glaciar (pódense observar
depósitos de orixe periglaciar).
Domina as depresións ourensáns de Maceda e A Limia e ten unhas boas vistas sobre as serras
da Queixa, Fial das Corzas e Altos do Samión.
Accedese desde Montederramo por pistas de terra.
Serra de San Mamede desde Montederramo
Bidueiros na aba norte de San Mamede
Aba leste de Cabeza de Meda, co cume de Cabeza de Meda ou Picoña no centro
CABEZA DE MEDA
Pequena serra de cumes redondeados que se pode considerar como uha prolongación cara ao
noroeste da de San Mamede. O punto máis alto é cabeza de Meda, con 1.323 m, lugar de
confluencia entre os concellos de Xunqueira de Espadañedo, Montederramo e Parada do Sil.
É un mirador sobre o Canón do Sil e as depresións de Maceda, ao sur, e Monforte, ao norte.
Accedese por unha estrada asfaltada desde o Alto do Rodicio, ou desde Xunqueira de
Espadañedo pola pista do parque eólico.
Vista do Canón do Sil (Parada do Sil) desde o alto de Cabeza de Meda, no primeiro plano uces en flor.
Vista da aba NO da serra do Burgo
SERRA DA BURGO
É unha serra de formas suaves con dirección NE-SO, paralela á serra de Queixa, da que a
separa o río Navea polo leste. Os seus cumes son a divisoria das comarcas de Castro Caldelas
e Terra de Trives. Os picos máis altos son A Pena da Cruz, con 1.289 m e O Serro, con 1.211 m
e O Valisco, con 1.203 m. A rocha dominante é o granito de dúas micas. Na vertente oeste
nace o río Edo e varios regatos afluentes do Mao, todos eles tributarios do Sil.
Está ocupada por un parque eólico.
Accedese desde Montederramo ou Castro Caldelas, e polas pistas do parque eólico.
Penedos nos cumes da Pena da Cruz
Cumes da serra do Burgo con San Mamede ao fondo
Vista da serra das Cabanas desde o Cume da serra do Burgo
SERRA DAS CABANAS
Situada entre os concellos de Ribas de Sil, Castro Caldelas e San Xoán de Río, con orientación
SE-O, rodeada polo leste e norte polo Sil. Ten un perfil suave cara a Castro Caldelas e San
Xoán de Río e cae bruscamente cara ao canón do Sil, onde forma as paredes do canón no
concello de Castro Caldelas. As rochas dominantes son os xistos e gneis con algúns filóns e
cristas de cuarcita.
Na vertente sur nacen varios afluentes do Edo, tributario do Sil.
O cume máis alto nesta comarca é o Arma, con 1.030 m.
Miradoiro As Penas de Matacás, cara ao canón do Sil
Desde os montes que caen cara ao canón do Sil hai unhas vistas espectaculares sobre o
mesmo: miradoiro da Pena do Xastre, en Vilarello; Pena das Matacás, en Paradela.
Accedese desde Castro Caldelas pola estrada de Vilarellos, Tronceda e Torbeo. Hai varias
rutas indicadas desde Castro Caldelas ou Abeleda (A Teixeira) que percorren os miradoiros e
chegan ata a Pena do Xastre.
RÍOS
Canón do Sil desde o miradoiro de Cabezoás (Parada de Sil)
Agás a nacente do río Castelo, que pertence á cunca do Arnoia, a rede fluvial das Terras de
Caldelas depende do Sil, que percorre o norte da comarca nos concellos de Castro Caldelas, A
Teixeira e Parada do Sil. Os afluentes circulan con dirección sur-norte e salvan, en pouca
distancia, un grande desnivel, desde as alturas de San Mamede, Cabeza de Meda e a Serra do
Burgo (ata máis de 1.500 m) ao fondo do val do Sil, a 300 m de altitude. Todos eles aproveitan
fallas do terreo e encáixanse en canóns nunha boa parte do seu percorrido, escavando gorxas
nas rochas e formando rápidos e fervenzas.
Bosques en outono nas abas orientadas ao norte, na Teixeira
Á beira dos ríos consérvase vexetación típica de ribeira: salgueiros, amieiras freixos, fentos, pé de boi...
Nos vales máis abertos e expostos ao sol (en especial no canón do Sil) cultívanse viñedos en socalcos
(pataos, como se chaman na zona) e medran as sobreiras e os érvedos. Nas abas orientadas ao norte
consérvanse carballeiras.
Cancaro (Primula vulgaris ). Atópase á
sombra nas ribeiras.
Lentellas de auga (Lemna minor).
Vive nas zonas remansadas.
Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo). Inverna en abundancia nos encoros.
A fauna dos ríos deste espazo é moi é moi variada. Os cantís acollen aves de rapina como o falcón
peregrino, lagarteiro peneireiro, aguia real, aguia perdiceira, azor, bufo real...; no río podemos ver corvos
mariños, garzas, parrulos (chupón e cristado), alavancos, merlos rieiros, lavandeiras... Haí tamén gran
variedade de réptis, anfibios e insectos. Nos encoros abondan as aves acuáticas.
Muíño na casa da Fervenza,
no curso alto do río Mao, en
Montederramo.
Na contorna dos ríos
consérvase un rico
patrimonio etnográfico e
histórico: muíños,
pontes...
RÍO SIL
Nace na Cordilleira Cantábrica e, despois de cruzar a comarca do Bierzo, entra en Galiza pola
depresión de Valdeorras. Entra na comarca no concello de Pontecaldelas, no linde con Ribas
de Sil (comarca de Quiroga) nun percorrido encaixado e totalmente retido no encoro de Santo
Estevo, ata o linde do concello de Parada de Sil con Nogueira de Ramuín (comarca de
Ourense). Xúntase co Miño nos Peares.
En todo o seu percorrido fai de linde entre Ourense e Lugo.
Os principais afluentes na comarca (todos pola marxe esquerda) son o Edo e o Mao.
O Sil entre Castro Caldelas e a comarca Terra de Lemos. Á esquerda da imaxe, en terra de Castrocaldelas, as paredes do
Canón do Sil están formadas polas abas da serra da Cabanas.
O río e a súa contorna teñen un grande
interese xeolóxico (pregues, canóns),
paisaxístico, ecolóxico (bosques de
ribeiras e zonas remansadas creadas
polos encoros onde se pode ver unha
interesante avifauna) histórico e
etnográfico.
Unha parte do seu percorrido está
protexido no espazo “Canóns do Sil”.
O Sil desde as Penas de Matacás
en Paradela (Castro Caldelas).
Ponte sobre o Sil, na estrada de Ponte Caldelas a Monforte. Detrás as Penas de Matacás.
O Sil desde Sacardebois (Parada de Sil).
Vista desde Sacardebois (Parada de Sil).
Vista do val do Sil desde o miradoiro das Torgás (Parada de Sil) cara á Teixeira.
Vista das paredes do canón en Sober desde o
miradoiro das Torgás coñecido tamén como
“Balcóns de Madrid”, en Parada do Sil. No alto
atópase o santuario das Cadeiras.
Catamarán no Sil. O canón do Sil pode
percorrerse por terra para gozar das
impresionantes vistas desde os distintos
miradoiros, ou facer rutas en barco o
embarcadoiros de Castro Caldelas.
Vista desde o barco
Canóns do Sil desde o miradoiro de Cabezoás (Parada de Sil).
Canón do Sil co monte Meda ao fondo desde o miradoiro do Cotarro en Sober.
RÍO EDO
Chamado tamén río de Caldelas. Fórmase a partir de varios regos que baixan da Serra do Burgo por
terreos do concello de Castro Caldelas. Os principais afluentes son o Vaos e Ponte Batán, pola esquerda e
o Castoi e Ferreiros, pola dereita (que baixan da serra das Cabanas). Xúntase ao Sil no linde coa Teixeira.
Os cursos altos e medio son de pendentes suaves e no curso baixo encáixase para salvar o desnivel de
case 700 m que hai desde a penichaira de Castro Caldelas ata o Sil.
Na súa contorna consérvanse bosques dun grande valor ecolóxico.
Val do Edo en terreo de
Castro Caldelas. Desde
as terras altas de
Pontecaldelas o Edo
forma un estreito val
encaixado e descende
bruscamente cara ao Sil.
Río de Caldelas ou Edo en
Castro Caldelas
Ponte medieval sobre o río Vaos
en Lumeares (A Teixeira).
O Cachón (Río dos Vaos-Edo)
A Teixeira
Área recreativa no Edo en Abeleda (A Teixeira)
Rego do Porto (Río Edo)
Poboeiros (Castro Caldelas)
Desembocadura do Edo no Sil
O Edo, na desembocadura no Sil,
no encoro de Santo Estevo.
Encoro no Mao
RÍO MAO
O Mao ou Mau recolle as augas da vertente norte de San Mamede e da oeste da Serra do
Burgo, percorre a penichaira de Montederramo e desde alí cae ao Sil formando un cavorco
con rápidos e fervenzas. Os principais afluentes son o Alavenche, o Broil e o Covas.
Cavorco do Mao.
No río Mao forma un profundo canón entre
paredes graníticas entre os concellos de Parada
de Sil e A Teixeira, antes de desembocar no Sil,
no que abondan os rápidos e pequenas
fervenzas e pozas.
Gorxa do Mao
A Teixeira-Parada de Sil
Rego de Forcas (Río Mao)
Parada de Sil
Rego da Senra (Río Mao)
Parada de Sil
Ponte medieval sobre o Río Mao en
Conceliños entre A Teixeira e Parada de Sil
Rego de Fiós (Río do Batán).
Un afluente do Sil en Parada do Sil
AS ÁRBORES
Bosque no canón do Edo
As árbores máis abundantes son os bidueiros, os rebolos, e algunhas sobreiras e érvedos. Nos
arredores das poboacións abondan os soutos onde se atopan exemplares de castiñeiros
monumentais.
O outono acentúa o contraste entre as plantas de folla caediza, típicas das fraga atlántica e as de folla perenne da
vexetación mediterránea.
Bidueiros en Montederramo.
O bidueiro ou bido (Betula celtiberica) é unha árbore de crecemento rápido que gosta das zonas húmidas de media e
grande altitude. Pode acadar os 20 m de altura e ata 100 anos. Os bidueiros forman bosques mestos (bidueirais ou
biduídos). Medran formando rodais arredor das árbores vellas ou mortas.
A madeira é branda e lixeira. Úsase para facer cestos, zocas, culleres...
Carballo “Caracocha” de
Montederramo.
-4,60 m de perímetro.
Atópase na praza pública.
Pradairo de San Paio de Abeleda (Castro Caldelas).
Mide 3 m de contorno e está situado na entrada do mosteiro, acompañado dun carballo.
Os soutos mansos son plantacións de castiñeiros enxertados. Noutros tempos ocuparon grandes superficies en Galiza
polo aproveitamento da madeira e a castaña. Os castiñeiros bravos atópanse mesturados con outras especies en moitos
bosques naturais por todo o territorio.
Castiñeiros en Pumariños, Parada do Sil.
Atópanse na saída de Parada do Sil a Vilariño Frío.
Castiñeiro en Trambolosríos (Parada do Sil). No souto do lugar, preto dunha construción abandonada.
Está incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
Canón do Mao (Parada de Sil)
Vese seguindo a ruta do canón do Mao que vai
desde Forcas a San Lourenzo de Barxacova.
Castiñeiro de Pedra do Sol (Montoedo, A Teixeira)
-11,56 m de perímetro.
Souto de Xirás (Montoedo, A Teixeira)
Souto de Xirás (Montoedo, A Teixeira)
-8,5 m de perímetro.
Castiñeiros de Vilanova (Castro Caldelas)
-o máis grande mide 6,4 m de perímetro
Piñeiro manso en Lumeares
(A Teixeira).
Atópase a pé da estrada que
vai ao canón do Sil desde
Lumeares. Mide 3,90 m de
perímetro.
ESPAZOS PROTEXIDOS
LIC CANÓN DO SIL
Espazo de 5.914 ha compartido coa provincia de Lugo. Nesta comarca inclúe un tramo da
ribeira do Canón do Sil no concello de Parada do Sil.
O curso do río está retido polo encoro de San Estebo, construído en 1955.
A zona presenta características mediterráneas con precipitacións escasas e concentradas no
inverno e unha grande amplitude térmica, o que da lugar a unha grande diversidade
biolóxica.
O maior interese deste espazo reside na espectaculidade das paisaxes do canón do Sil, de
grande valor xeolóxico, e ecolóxico. Ten ademais un grande interese cultural e etnográfico
ligado á Ribeira Sacra.
O Bidueiral no outono
BIDUEIRAL DE MONTEDERRAMO
Espazo que inclúe terreos de monte baixo e bosques (1.984 ha) situados nas abas orientadas
cara ao norte da Serra de San Mamede, nos concellos de Montederramo e Vilar de Barrio.
Distínguese pola altitude á que está, entre os 1.000 e os 1.619 m, e por ser un dos bidueirais
situados máis ao sur de Galiza. Acolle unha grande cantidade de exemplares centenarios entre
os que se atopa unha importande biodiversidade.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
decembro 2016

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiñosmonadela
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Dezamonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourensemonadela
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Macedamonadela
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Chamonadela
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiromonadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantadamonadela
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzosmonadela
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limiamonadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Comarca Pontevedra
Comarca PontevedraComarca Pontevedra
Comarca Pontevedramonadela
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsmonadela
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiagomonadela
 
LIC Macizo Central
LIC Macizo CentralLIC Macizo Central
LIC Macizo Centralmonadela
 

La actualidad más candente (20)

Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiños
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Deza
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Cha
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantada
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca Pontevedra
Comarca PontevedraComarca Pontevedra
Comarca Pontevedra
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
LIC Macizo Central
LIC Macizo CentralLIC Macizo Central
LIC Macizo Central
 

Destacado

Nabou Photography
Nabou PhotographyNabou Photography
Nabou Photographynboustead33
 
Codex seraphinianus
Codex seraphinianusCodex seraphinianus
Codex seraphinianusMatías Red
 
Género Narrativo
Género NarrativoGénero Narrativo
Género Narrativochileno23
 
Fiskeldi á íslandi 2014 fif gr
Fiskeldi á íslandi 2014 fif grFiskeldi á íslandi 2014 fif gr
Fiskeldi á íslandi 2014 fif grFIFIsland
 
Matemáticas Financieras. Rentas anuales constantes. problema1
Matemáticas Financieras. Rentas anuales constantes. problema1Matemáticas Financieras. Rentas anuales constantes. problema1
Matemáticas Financieras. Rentas anuales constantes. problema1Juan González Díaz
 
El bioelectromagnetisme
El bioelectromagnetismeEl bioelectromagnetisme
El bioelectromagnetismerogergutiramon
 
FlowVision CFD - Verification Calculations as per CFD FlowVision Code for Sod...
FlowVision CFD - Verification Calculations as per CFD FlowVision Code for Sod...FlowVision CFD - Verification Calculations as per CFD FlowVision Code for Sod...
FlowVision CFD - Verification Calculations as per CFD FlowVision Code for Sod...capvidia
 
Matematicas Financieras. Teoria de rentas anuales variables en progresion geo...
Matematicas Financieras. Teoria de rentas anuales variables en progresion geo...Matematicas Financieras. Teoria de rentas anuales variables en progresion geo...
Matematicas Financieras. Teoria de rentas anuales variables en progresion geo...Juan González Díaz
 
Ejercicios repaso matematicas financieras i
Ejercicios repaso matematicas financieras iEjercicios repaso matematicas financieras i
Ejercicios repaso matematicas financieras iJuan González Díaz
 
Revisando o romantismo, 05
Revisando o romantismo, 05Revisando o romantismo, 05
Revisando o romantismo, 05ma.no.el.ne.ves
 
Conferência na ESTSP - Trabalhar num País Estrangeiro
Conferência na ESTSP - Trabalhar num País EstrangeiroConferência na ESTSP - Trabalhar num País Estrangeiro
Conferência na ESTSP - Trabalhar num País EstrangeiroJosé Elisiário Coelho
 
Présentation d'IDEFIA et Nantes Habitat - Bâtiment Mutant
Présentation d'IDEFIA et Nantes Habitat - Bâtiment MutantPrésentation d'IDEFIA et Nantes Habitat - Bâtiment Mutant
Présentation d'IDEFIA et Nantes Habitat - Bâtiment MutantNovabuild
 
Analytical study designs case control study
Analytical study designs case control studyAnalytical study designs case control study
Analytical study designs case control studyjarati
 

Destacado (15)

Nabou Photography
Nabou PhotographyNabou Photography
Nabou Photography
 
Codex seraphinianus
Codex seraphinianusCodex seraphinianus
Codex seraphinianus
 
Tarea seminario 3
Tarea seminario 3Tarea seminario 3
Tarea seminario 3
 
Género Narrativo
Género NarrativoGénero Narrativo
Género Narrativo
 
Fiskeldi á íslandi 2014 fif gr
Fiskeldi á íslandi 2014 fif grFiskeldi á íslandi 2014 fif gr
Fiskeldi á íslandi 2014 fif gr
 
Matemáticas Financieras. Rentas anuales constantes. problema1
Matemáticas Financieras. Rentas anuales constantes. problema1Matemáticas Financieras. Rentas anuales constantes. problema1
Matemáticas Financieras. Rentas anuales constantes. problema1
 
El bioelectromagnetisme
El bioelectromagnetismeEl bioelectromagnetisme
El bioelectromagnetisme
 
FlowVision CFD - Verification Calculations as per CFD FlowVision Code for Sod...
FlowVision CFD - Verification Calculations as per CFD FlowVision Code for Sod...FlowVision CFD - Verification Calculations as per CFD FlowVision Code for Sod...
FlowVision CFD - Verification Calculations as per CFD FlowVision Code for Sod...
 
Matematicas Financieras. Teoria de rentas anuales variables en progresion geo...
Matematicas Financieras. Teoria de rentas anuales variables en progresion geo...Matematicas Financieras. Teoria de rentas anuales variables en progresion geo...
Matematicas Financieras. Teoria de rentas anuales variables en progresion geo...
 
Ejercicios repaso matematicas financieras i
Ejercicios repaso matematicas financieras iEjercicios repaso matematicas financieras i
Ejercicios repaso matematicas financieras i
 
Revisando o romantismo, 05
Revisando o romantismo, 05Revisando o romantismo, 05
Revisando o romantismo, 05
 
Health economics
Health economicsHealth economics
Health economics
 
Conferência na ESTSP - Trabalhar num País Estrangeiro
Conferência na ESTSP - Trabalhar num País EstrangeiroConferência na ESTSP - Trabalhar num País Estrangeiro
Conferência na ESTSP - Trabalhar num País Estrangeiro
 
Présentation d'IDEFIA et Nantes Habitat - Bâtiment Mutant
Présentation d'IDEFIA et Nantes Habitat - Bâtiment MutantPrésentation d'IDEFIA et Nantes Habitat - Bâtiment Mutant
Présentation d'IDEFIA et Nantes Habitat - Bâtiment Mutant
 
Analytical study designs case control study
Analytical study designs case control studyAnalytical study designs case control study
Analytical study designs case control study
 

Similar a Comarca Terra de Caldelas

Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldasmonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordesmonadela
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miñomonadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemosmonadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrolmonadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 
silleda
silledasilleda
silledaalbela
 

Similar a Comarca Terra de Caldelas (14)

Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldas
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordes
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Río Sil
Río SilRío Sil
Río Sil
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrol
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
silleda
silledasilleda
silleda
 

Más de monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

Más de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Último

Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 

Comarca Terra de Caldelas

  • 2. Canón do Sil desde o miradoiro de Cabezoás, en Parada do Sil A comarca de Terra de Caldelas está situada no centro-norte da provincia de Ourense, separada de Lugo polo profundo canón do río Sil. É un territorio de grandes contrastes no relevo e no clima marcado polas grandes diferenzas de altitude entre o fondo do Val do Sil (300 m) e os cumes das serras (a máxima altura está no San Mamede, con 1.619 m), e pola diferente orientación á solaina ou avesía, o que da lugar a numerosos ambientes. Nas áreas máis asolladas domina o cultivo da vide acollido, desde 1995 á D.O. Ribeira Sacra, dentro da subzona Ribas de Sil.
  • 3. SUPERFICIE: 313,2 km2 POBOACIÓN: 3.141 habitantes (2015) CONCELLOS: Castro Caldelas, Montederramo, Parada do Sil e A Teixeira ESPAZOS PROTEXIDOS: -LICs Canón do Sil, Bidueiral de Montederramo e Macizo central.
  • 4. CLIMA Oceánico con matices de montaña, nos cumes do Macizo Central e características mediterráneas nos vales mellor orientados.
  • 5. ACTIVIDADES As principais actividades son a agrogandaría, as explotacións forestais, os servizos (en especial o turismo) e, en menor medida, a industria. Viticultura
  • 6. Un dos recursos económicos máis importantes da comarca de Caldelas é o cultivo da vide para a elaboración de viños acollidos á Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Esta actividade ten unha longa tradición, desde o tempo dos romanos, e foi desenvolvida posteriormente arredor dos numerosos mosteiros da ribeira. Despois duns anos de abandono o sector está a recuperarse e a maior parte das explotacións están en activo. A cultura do viño resulta tamén un atractivo para os visitantes que poden gozar da paisaxe humanizada, visitar as adegas ou probar os viños. Na Teixeira existe un museo etnográfico “A casa do viño” que recolle as tradicións da comarca. O cultivo da vide na Ribeira Sacra é moi traballoso e en grande parte artesanal. Os grandes desniveis do terreo e a escaseza de terras ben orientadas fai que as xentes desta terra aproveiten ao máximo as abas dos vales orientadas ao sol construíndo muros para conter a terra en socalcos ou pataos. OS VIÑEDOS DA RIBEIRA SACRA
  • 7. PATRIMONIO É unha comarca con importantes valores histórico-artísticos, asociados á Ribeira Sacra que acolle importantes representacións de tipo etnográfico (núcleos de poboación, pontes, muíños, hórreos...) e histórico artísticos (igrexas, mosteiros, castelos, pazos...) Necrópole de San Vitorio en Parada de Sil
  • 8. CONCELLOS SUPERFICIE: 87,61 km2 POBOACIÓN: 1.351 habitantes (2015) PARROQUIAS: Abeleda (san Paio e Santa Tegra), Alais, O Burgo, Camba, Castro Caldelas, Folgoso, Mazaira, Paradela, Pedrouzos, Poboeiros, Sas de Penelas, Trabazos, Tronceda, Vilamaior de Caldelas e Vimieiro. Vista de Castro Caldelas desde as beiras do Sil. CASTRO CALDELAS Situado no nordeste da comarca, separado polo río Sil da provincia de Lugo e da Terra de Trives pola serra do Burgo, a maior altitude da comarca. O territorio está estruturado en tres zonas moi diferenciadas: ao norte o profundo canón dos Sil, que se abre lixeiramente na zona de Abeleda, por onde discorren as vías de comunicación con Monforte; no centro unha penichaira cunha altitide de 700 a 1.000 m, na que están asentados a maioría dos núcleos de poboación; e no sur a serra do Burgo, onde se acadan as máximas altitudes (Monte Cruz, 1.289 m). Está atravesada de sur a norte polo río Edo, un afluente do Sil.
  • 9. Castelo dos condes de Lemos, levantado nos séculos XIV - XV en Cima de Vila, parte alta do casco antigo de Castrocaldelas. O 19 de xaneiro celébrase a festa dos Fachós, de orixe moi antiga. Mantendo a tradición, os homes levan grandes feixes de palla acesos e diríxense cara ao castelo onde os amorean bailando e cantando. As principais actividades son a agricultura (viñedos, castiñeiros, pastos, patacas...), a gandaría, os servizos e pequenas industrias. É un concello onde a natureza cobra unha grande importancia pola espectacularidade das paisaxes no val do sil e dos seus afluentes. Conserva interesantes restos históricos-artísticos (castelos, igrexas, mosteiros) e etnográficos. Mosteiro de Abeleda, actualmente en estado ruinoso. Foi un dos centros monásticos más influíntes da comarca.
  • 10. SUPERFICIE: 135,51 km2 POBOACIÓN: 807 habitantes (201). PARROQUIAS: Os Abeledos, As Chás, Covas, Gabín, Marrubio, A Medorra, Montederramo (Santa María e San Cosme), Nogueira, Paredes, Sas do Monte, Seoane Vello e Vilariño Frío. Área recreativa de Ponte Mazaira en Montederramo, ás beiras do Mao. MONTEDERRAMO Situado ao sur da comarca, nun terreo ocupado en gran parte polas serras do Macizo Central: San Mamede, ao sur, O Burgo, ao leste e Cabeza de Meda ao oeste. O territorio está dividido en dúas áreas, unha penichaira, cunha altitude media de 800 a 1000 m cunha leve inclinación cara ao norte, e as serras, que acadan a máxima altitude en San Memede, no linde coas comarcas de Allariz-Maceda e A Limia. Está percorrido polo río Mao, que vai ao Sil, e polos cursos altos do Vaos, Figueiro e Queixa, que son afluentes do Navea (tributario tamén do Sil). O clima é oceánico de montaña.
  • 11. Mosteiro de Santa María Montederramo. Iniciado no século XII e reformado e varias ocasións. Destaca a igrexa de estilo Herreriano. Actualmente unha parte está ocupado por vivendas. As principais actividades son a agricultura, a gandeiría (destaca a porcina), as explotacións forestais e os servizos. Montederramo acolle paraxes de excepcional valor ecolóxico como o LIC “Bidueiral de Montederramo”, na serra de San Mamede, ou as fragas do Monte Meda. Ponte romana de Vilariño Frío sobre o Alavenche (afluente do Mao). Por esta ponte pasaba a Vía Romana XVIII.
  • 12. SUPERFICIE: 62,41 km2 POBOACIÓN: 605 habitantes (2015) PARROQUIAS: Caxide, Chandrexa, Forcas, A Hedrada, Parada do Sil, As Paradellas, Pradomao, Sacardebois e Barxacova. Miradoiro sobre os Canóns do Sil. Neste concello están situados dous dos miradores máis espectaculares do Canón: o de Cabezoás, no linde con Nogueira de Ramuín, e o de As Torgás, coñecido tamén como “Balcóns de Madrid” PARADA DE SIL Está situado ao nordeste da comarca, co Canón do Sil ao norte, no linde coa provincia de Lugo (Terras de Lemos) e a serra de Cabeza de Meda ao Leste. O territorio é moi accidentado. Ao norte está ocupado polo Canón do Sil, nunha das partes máis abruptas e espectaculares, con pendentes que van desde a altitude de algo menos de 300 m ata os 700 m das bocarribeiras. Desde o o val do Sil o terreo vaise elevando ata acadar a súa altitude máxima na serra de Cabeza de Meda (1.320 m) no linde coa comarca de Maceda. É un concello eminentemente rural, cunha poboación que foi descendendo moito nos últimos tempos.
  • 13. Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, nunha escarpada ladeira do canón do Sil. A igrexa é románica, do século XII e XIII e ten elementos góticos posteriores. Foi ocupado por monxes benedictinos ata 1835. O concello de parada do Sil forma parte da zona coñecida como Ribeira Sacra, unha área de gran interese histórico, artístico e etnográfico. O nome de “Rivoyra Sacrata” está documentado para referirse ao refuxio de monxes e eremitas desde tempos dos suevos nas gorxas do Sil. O nome de Ribeira Sacra fai referencia tamén á Denominación de Orixe dos viñedos que se cultivan na zona. As principais actividades son a agricultura (viñedos, cultivos forraxeiros), a gandaría, especialmente as granxas de porcino, e os servizos. Conserva importantes valores naturais, ligados ao río Sil e os seus afluentes, históricos- artísticos e etnográficos. Unha parte do territorio de Parada do Sil está protexida dentro do LIC “Canón do Sil”.
  • 14. SUPERFICIE: 27,62 km2 POBOACIÓN: 378 habitantes (2015) PARROQUIAS: Abeleda, Boazo, Cristosende, Fontao, Lumeares, Montoedo, Pedrafita e Sistín. A Teixeira A TEIXEIRA Situada no centro-norte da comarca orientada cara ao profundo val do Sil, que a separa, polo norte, da provincia de Lugo (comarca de Terra de Lemos). O territorio da Teixeira é de releve moi irregular. Ao norte está ocupado polas escarpadas ladeiras do Sil, con desniveis que van desde os 300 aos 800 m e vaise elevando paulatinamente cara ao sur ata acadar as máximas alturas no Outeiro da Toca, con 874 m. Está percorrido polos afluentes do Sil: o Mao, que fai de linde con Parada do Sil e o Edo, co seu afluente o Vaos.
  • 15. Vista da parroquia de Lumeares cos viñedos aproveitando as abas na solaina. É un concello rural, con pequenos núcleos de poboación onde as principais actividades son a agricultura (viñedos da D.O. Ribeira Sacra, castiñeiros, forraxe) e os servizos. Acolle importantes valores naturais: paisaxes espectaculares arredor do Sil, gorxas e fervenzas nos seus afluentes e soutos de castiñeiros centenarios. Cruceiro no lugar de A Cruz (Lumeares)
  • 16. RELEVO Vista do Canón do Sil desde os cumes do Monte Meda Esta comarca presenta tres unidades de releve diferenciadas. Ao norte sitúase o val do Sil, escavado nun profundo canón que acada en zonas os 500 m de desnivel. No centro unha área achairada situada arredor de 1.000 de altitude, unha superficie de erosión levantada no Terciario con respecto á Depresión de Lemos, que ten en Montederramo a súa zona máis baixa. No sur as serras máis altas: o Burgo, San Mamede e Cabeza de Meda, pertencentes ao Macizo Central e no leste os últimos contrafortes da serra das Cabanas.
  • 17. Vista desde os cumes da Serra do Burgo sobre a depresión de Montederramo co monte Meda ao fondo.
  • 18. Penedos graníticos no cume da serra do Burgo. A erosión traballou durante séculos as partes máis duras das cristas das serras do Burgo e San Mamede dando lugar a curiosas formas. As rochas dominantes son os granitos (sobre todo no sector oriental), as cuarcitas e as lousas.
  • 19. A vexetación dos cumes está dominada polo mato de uces e carqueixas, xestas, piornos, queirugas... nas abas dos montes hai bosques de bidueiros, capudres, acivros... Nas zonas avesías máis altas dominan os bidueiros e máis abaixo as reboleiras con rebolos ou capudres, carballos, acivros, avelairas e algún teixo... Nas abas da solaina atópanse tamén especies mediterráneas como as sobreiras e os érvedos. Unha parte está repoboada con piñeiros silvestres. Cumes do Monte Meda
  • 20. Sobreiras en Paradela, nas abas da serra das Cabanas
  • 21. Os érvedos (Arbutos unedo) son comúns nas abas orientadas ao sur
  • 22. Os capudres conservan os froitos (dos que se alimentan moitas aves) despois de perder as follas As follas dos bidueiros tínguense no outono dunha fermosa cor dourada.
  • 23. Os bosques ben conservados acollen gran variedade de brións, fungos e liques Lique “Barba de frade” (Usnea filipendula) Fungo (Fistulina hepatica) sobre o toro dunha vella árbore
  • 24. Lagarto arnao (Lacerta lepida) A fauna é tamén moi abundante e variada: lobo, raposo, corzo, xeneta, xabarín, lebre, perdiz, aves de rapina e do mato, réptiles, anfibios, insectos, arañas... bosques lobo, xabarín, raposo, xeneta, gato bravo, corzo, morcego da fraga, morcego de orellas partidas.
  • 25. Cumes graníticos de San Mamede con Cabeza de Manzaneda ao fondo SERRA DE SAN MAMEDE Esténdese con dirección NO-SE desde o Alto do Rodicio ata as cabeceiras do Támega. Formada por xistos e areíscas, que orixinan un relevo de formas redondeadas e suaves con granitos de dúas micas e algunha cuarcita nos cumes que lle dan á paisaxe un aspecto ruiniforme e de grandes penedos. O cume máis alto, San Mamede, acada os 1.619 m. Na vertente sur nace o río Arnoia e varios dos seus afluentes e no norte o Mao e varias cabeceiras do Navea. Nas nacentes dos ríos Mao e Broil consérvanse mostras de actividade glaciar (pódense observar depósitos de orixe periglaciar). Domina as depresións ourensáns de Maceda e A Limia e ten unhas boas vistas sobre as serras da Queixa, Fial das Corzas e Altos do Samión. Accedese desde Montederramo por pistas de terra.
  • 26. Serra de San Mamede desde Montederramo
  • 27. Bidueiros na aba norte de San Mamede
  • 28. Aba leste de Cabeza de Meda, co cume de Cabeza de Meda ou Picoña no centro CABEZA DE MEDA Pequena serra de cumes redondeados que se pode considerar como uha prolongación cara ao noroeste da de San Mamede. O punto máis alto é cabeza de Meda, con 1.323 m, lugar de confluencia entre os concellos de Xunqueira de Espadañedo, Montederramo e Parada do Sil. É un mirador sobre o Canón do Sil e as depresións de Maceda, ao sur, e Monforte, ao norte. Accedese por unha estrada asfaltada desde o Alto do Rodicio, ou desde Xunqueira de Espadañedo pola pista do parque eólico.
  • 29. Vista do Canón do Sil (Parada do Sil) desde o alto de Cabeza de Meda, no primeiro plano uces en flor.
  • 30. Vista da aba NO da serra do Burgo SERRA DA BURGO É unha serra de formas suaves con dirección NE-SO, paralela á serra de Queixa, da que a separa o río Navea polo leste. Os seus cumes son a divisoria das comarcas de Castro Caldelas e Terra de Trives. Os picos máis altos son A Pena da Cruz, con 1.289 m e O Serro, con 1.211 m e O Valisco, con 1.203 m. A rocha dominante é o granito de dúas micas. Na vertente oeste nace o río Edo e varios regatos afluentes do Mao, todos eles tributarios do Sil. Está ocupada por un parque eólico. Accedese desde Montederramo ou Castro Caldelas, e polas pistas do parque eólico.
  • 31. Penedos nos cumes da Pena da Cruz
  • 32. Cumes da serra do Burgo con San Mamede ao fondo
  • 33. Vista da serra das Cabanas desde o Cume da serra do Burgo SERRA DAS CABANAS Situada entre os concellos de Ribas de Sil, Castro Caldelas e San Xoán de Río, con orientación SE-O, rodeada polo leste e norte polo Sil. Ten un perfil suave cara a Castro Caldelas e San Xoán de Río e cae bruscamente cara ao canón do Sil, onde forma as paredes do canón no concello de Castro Caldelas. As rochas dominantes son os xistos e gneis con algúns filóns e cristas de cuarcita. Na vertente sur nacen varios afluentes do Edo, tributario do Sil. O cume máis alto nesta comarca é o Arma, con 1.030 m.
  • 34. Miradoiro As Penas de Matacás, cara ao canón do Sil Desde os montes que caen cara ao canón do Sil hai unhas vistas espectaculares sobre o mesmo: miradoiro da Pena do Xastre, en Vilarello; Pena das Matacás, en Paradela. Accedese desde Castro Caldelas pola estrada de Vilarellos, Tronceda e Torbeo. Hai varias rutas indicadas desde Castro Caldelas ou Abeleda (A Teixeira) que percorren os miradoiros e chegan ata a Pena do Xastre.
  • 35. RÍOS Canón do Sil desde o miradoiro de Cabezoás (Parada de Sil) Agás a nacente do río Castelo, que pertence á cunca do Arnoia, a rede fluvial das Terras de Caldelas depende do Sil, que percorre o norte da comarca nos concellos de Castro Caldelas, A Teixeira e Parada do Sil. Os afluentes circulan con dirección sur-norte e salvan, en pouca distancia, un grande desnivel, desde as alturas de San Mamede, Cabeza de Meda e a Serra do Burgo (ata máis de 1.500 m) ao fondo do val do Sil, a 300 m de altitude. Todos eles aproveitan fallas do terreo e encáixanse en canóns nunha boa parte do seu percorrido, escavando gorxas nas rochas e formando rápidos e fervenzas.
  • 36. Bosques en outono nas abas orientadas ao norte, na Teixeira Á beira dos ríos consérvase vexetación típica de ribeira: salgueiros, amieiras freixos, fentos, pé de boi... Nos vales máis abertos e expostos ao sol (en especial no canón do Sil) cultívanse viñedos en socalcos (pataos, como se chaman na zona) e medran as sobreiras e os érvedos. Nas abas orientadas ao norte consérvanse carballeiras.
  • 37. Cancaro (Primula vulgaris ). Atópase á sombra nas ribeiras. Lentellas de auga (Lemna minor). Vive nas zonas remansadas.
  • 38. Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo). Inverna en abundancia nos encoros. A fauna dos ríos deste espazo é moi é moi variada. Os cantís acollen aves de rapina como o falcón peregrino, lagarteiro peneireiro, aguia real, aguia perdiceira, azor, bufo real...; no río podemos ver corvos mariños, garzas, parrulos (chupón e cristado), alavancos, merlos rieiros, lavandeiras... Haí tamén gran variedade de réptis, anfibios e insectos. Nos encoros abondan as aves acuáticas.
  • 39. Muíño na casa da Fervenza, no curso alto do río Mao, en Montederramo. Na contorna dos ríos consérvase un rico patrimonio etnográfico e histórico: muíños, pontes...
  • 40. RÍO SIL Nace na Cordilleira Cantábrica e, despois de cruzar a comarca do Bierzo, entra en Galiza pola depresión de Valdeorras. Entra na comarca no concello de Pontecaldelas, no linde con Ribas de Sil (comarca de Quiroga) nun percorrido encaixado e totalmente retido no encoro de Santo Estevo, ata o linde do concello de Parada de Sil con Nogueira de Ramuín (comarca de Ourense). Xúntase co Miño nos Peares. En todo o seu percorrido fai de linde entre Ourense e Lugo. Os principais afluentes na comarca (todos pola marxe esquerda) son o Edo e o Mao. O Sil entre Castro Caldelas e a comarca Terra de Lemos. Á esquerda da imaxe, en terra de Castrocaldelas, as paredes do Canón do Sil están formadas polas abas da serra da Cabanas.
  • 41. O río e a súa contorna teñen un grande interese xeolóxico (pregues, canóns), paisaxístico, ecolóxico (bosques de ribeiras e zonas remansadas creadas polos encoros onde se pode ver unha interesante avifauna) histórico e etnográfico. Unha parte do seu percorrido está protexido no espazo “Canóns do Sil”. O Sil desde as Penas de Matacás en Paradela (Castro Caldelas).
  • 42. Ponte sobre o Sil, na estrada de Ponte Caldelas a Monforte. Detrás as Penas de Matacás.
  • 43. O Sil desde Sacardebois (Parada de Sil).
  • 44. Vista desde Sacardebois (Parada de Sil).
  • 45. Vista do val do Sil desde o miradoiro das Torgás (Parada de Sil) cara á Teixeira.
  • 46. Vista das paredes do canón en Sober desde o miradoiro das Torgás coñecido tamén como “Balcóns de Madrid”, en Parada do Sil. No alto atópase o santuario das Cadeiras.
  • 47. Catamarán no Sil. O canón do Sil pode percorrerse por terra para gozar das impresionantes vistas desde os distintos miradoiros, ou facer rutas en barco o embarcadoiros de Castro Caldelas. Vista desde o barco
  • 48. Canóns do Sil desde o miradoiro de Cabezoás (Parada de Sil).
  • 49. Canón do Sil co monte Meda ao fondo desde o miradoiro do Cotarro en Sober.
  • 50. RÍO EDO Chamado tamén río de Caldelas. Fórmase a partir de varios regos que baixan da Serra do Burgo por terreos do concello de Castro Caldelas. Os principais afluentes son o Vaos e Ponte Batán, pola esquerda e o Castoi e Ferreiros, pola dereita (que baixan da serra das Cabanas). Xúntase ao Sil no linde coa Teixeira. Os cursos altos e medio son de pendentes suaves e no curso baixo encáixase para salvar o desnivel de case 700 m que hai desde a penichaira de Castro Caldelas ata o Sil. Na súa contorna consérvanse bosques dun grande valor ecolóxico. Val do Edo en terreo de Castro Caldelas. Desde as terras altas de Pontecaldelas o Edo forma un estreito val encaixado e descende bruscamente cara ao Sil.
  • 51. Río de Caldelas ou Edo en Castro Caldelas Ponte medieval sobre o río Vaos en Lumeares (A Teixeira).
  • 52. O Cachón (Río dos Vaos-Edo) A Teixeira
  • 53. Área recreativa no Edo en Abeleda (A Teixeira)
  • 54. Rego do Porto (Río Edo) Poboeiros (Castro Caldelas) Desembocadura do Edo no Sil
  • 55. O Edo, na desembocadura no Sil, no encoro de Santo Estevo.
  • 56. Encoro no Mao RÍO MAO O Mao ou Mau recolle as augas da vertente norte de San Mamede e da oeste da Serra do Burgo, percorre a penichaira de Montederramo e desde alí cae ao Sil formando un cavorco con rápidos e fervenzas. Os principais afluentes son o Alavenche, o Broil e o Covas.
  • 57. Cavorco do Mao. No río Mao forma un profundo canón entre paredes graníticas entre os concellos de Parada de Sil e A Teixeira, antes de desembocar no Sil, no que abondan os rápidos e pequenas fervenzas e pozas.
  • 58. Gorxa do Mao A Teixeira-Parada de Sil
  • 59. Rego de Forcas (Río Mao) Parada de Sil
  • 60. Rego da Senra (Río Mao) Parada de Sil
  • 61. Ponte medieval sobre o Río Mao en Conceliños entre A Teixeira e Parada de Sil
  • 62. Rego de Fiós (Río do Batán). Un afluente do Sil en Parada do Sil
  • 63. AS ÁRBORES Bosque no canón do Edo As árbores máis abundantes son os bidueiros, os rebolos, e algunhas sobreiras e érvedos. Nos arredores das poboacións abondan os soutos onde se atopan exemplares de castiñeiros monumentais.
  • 64. O outono acentúa o contraste entre as plantas de folla caediza, típicas das fraga atlántica e as de folla perenne da vexetación mediterránea.
  • 65. Bidueiros en Montederramo. O bidueiro ou bido (Betula celtiberica) é unha árbore de crecemento rápido que gosta das zonas húmidas de media e grande altitude. Pode acadar os 20 m de altura e ata 100 anos. Os bidueiros forman bosques mestos (bidueirais ou biduídos). Medran formando rodais arredor das árbores vellas ou mortas. A madeira é branda e lixeira. Úsase para facer cestos, zocas, culleres...
  • 66. Carballo “Caracocha” de Montederramo. -4,60 m de perímetro. Atópase na praza pública.
  • 67. Pradairo de San Paio de Abeleda (Castro Caldelas). Mide 3 m de contorno e está situado na entrada do mosteiro, acompañado dun carballo.
  • 68. Os soutos mansos son plantacións de castiñeiros enxertados. Noutros tempos ocuparon grandes superficies en Galiza polo aproveitamento da madeira e a castaña. Os castiñeiros bravos atópanse mesturados con outras especies en moitos bosques naturais por todo o territorio.
  • 69. Castiñeiros en Pumariños, Parada do Sil. Atópanse na saída de Parada do Sil a Vilariño Frío.
  • 70. Castiñeiro en Trambolosríos (Parada do Sil). No souto do lugar, preto dunha construción abandonada. Está incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
  • 71. Canón do Mao (Parada de Sil) Vese seguindo a ruta do canón do Mao que vai desde Forcas a San Lourenzo de Barxacova. Castiñeiro de Pedra do Sol (Montoedo, A Teixeira) -11,56 m de perímetro.
  • 72. Souto de Xirás (Montoedo, A Teixeira)
  • 73. Souto de Xirás (Montoedo, A Teixeira) -8,5 m de perímetro.
  • 74. Castiñeiros de Vilanova (Castro Caldelas) -o máis grande mide 6,4 m de perímetro
  • 75. Piñeiro manso en Lumeares (A Teixeira). Atópase a pé da estrada que vai ao canón do Sil desde Lumeares. Mide 3,90 m de perímetro.
  • 76. ESPAZOS PROTEXIDOS LIC CANÓN DO SIL Espazo de 5.914 ha compartido coa provincia de Lugo. Nesta comarca inclúe un tramo da ribeira do Canón do Sil no concello de Parada do Sil. O curso do río está retido polo encoro de San Estebo, construído en 1955. A zona presenta características mediterráneas con precipitacións escasas e concentradas no inverno e unha grande amplitude térmica, o que da lugar a unha grande diversidade biolóxica. O maior interese deste espazo reside na espectaculidade das paisaxes do canón do Sil, de grande valor xeolóxico, e ecolóxico. Ten ademais un grande interese cultural e etnográfico ligado á Ribeira Sacra.
  • 77. O Bidueiral no outono BIDUEIRAL DE MONTEDERRAMO Espazo que inclúe terreos de monte baixo e bosques (1.984 ha) situados nas abas orientadas cara ao norte da Serra de San Mamede, nos concellos de Montederramo e Vilar de Barrio. Distínguese pola altitude á que está, entre os 1.000 e os 1.619 m, e por ser un dos bidueirais situados máis ao sur de Galiza. Acolle unha grande cantidade de exemplares centenarios entre os que se atopa unha importande biodiversidade.
  • 78. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta decembro 2016