SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 5
Descargar para leer sin conexión
Tema 2
A Revolución Científica dos séculos XVII e XVIII
O século XVIII estudámolo para entender a Idade Contemporánea, coma quen estuda a infancia para entender o que é a
idade adulta. No caso das ciencias debemos empezar polo século XVII, porque é neste século cando a forma de estudar o mundo
dos grandes pensadores e pensadoras comeza a ser científica de verdade. Non é que antes do século XVII non se fixeran
estudos e descubrimentos importantes, pero a partir do século XVII, a ciencia irá conformándose tal e como a coñecemos hoxe en
día.
A revolución científica do século XVII abarcou todos os campos, especialmente as matemáticas, que se desenvolveron como
nunca antes o fixeran. Eses avances nas matemáticas permitiron avanzar tamén a outras ciencias que se valen das matemáticas,
como a astronomía ou a óptica.
Ademais perfeccionáronse
obxectos que servían para
investigar, como o microscopio ou
o telescopio. Pero máis
importante que entender os
progresos concretos que houbo
en cada materia, é entender o
cambio que houbo no modo de
investigar dos científicos e
científicas. O feito de maior
importancia para o porvir é que se
produciu unha evolución no
espírito e nos métodos da ciencia.
Naceu o método científico.
Para ser chamado científico un método de investigación, debe estar baseado na experiencia e na observación dos feitos
(empirismo). O método científico que nace no século XVII, consiste na observación sistemática, a medición, a experimentación, a
formulación, a análise e a modificación das hipóteses. Ademais o experimento debe darse a coñecer, para que poida ser
reproducido por outra persoa noutro sitio distinto e, se non se dan os resultados esperados, poida ser rexeitado. Así é como a
comunidade científica verifica os resultados obtidos. As conclusións científicas non se consideran nunca absolutamente
verdadeiras, senón unicamente non refutadas1.
Nesta época tamén se foi impoñendo o uso das linguas nacionais en lugar do latín, por parte dos filósofos e científicos en
Europa. O uso do latín, como lingua universal2 dos sabios e sabias3 de toda Europa, significou un precioso instrumento de
comunicación entre todos eles que saltaba por enriba das fronteiras culturais e das diferenzas idiomáticas, pero o uso da lingua
común, facilitou o coñecemento da ciencia por un maior número de persoas.
1 Refutar: rexeitar a súa validez mediante razóns e argumentos.
2 O latín foi a lingua común de toda Europa. Introducírona os romanos durante o seu imperio na antigüidade, e a xente culta seguíaa
empregando. Durante a Idade Media o latín foi derivando en moitas linguas distintas que falaban a meirande parte da poboación, pero o latín
mantívose en moitos ámbitos: as misas seguían sendo en latín, a meirande parte dos libros, etc.
3 Durante os séculos XVII e XVII, as mulleres da aristocracia tiñan certo poder e prestixio social, pero os historiadores da ciencia parece que o
esquecen. Aínda que a sabedoría era un campo principalmente masculino, as mulleres da nobreza ou da alta burguesía, recibían educación en
casa. As mulleres nos séculos XVII e XVIII están presentes en todos os campos do saber: química, botánica, ciencias naturais, bioloxía,
xeoloxía, astronomía e matemáticas. Eran minoría, pero non inexistentes.
No século XVII fundaranse moitas academias por Europa. As Academias eran lugares aos que asistía unha minoría de xente
culta que quería formarse en diversas ciencias. Nelas debatían ou ensinaban, sabios e sabias de diferentes países. As
universidades oficiais resistíanse a saír do pensamento tradicional, e estaban quedando ancoradas no pasado. En lugar de
investigar co novo espírito da ciencia, seguía ensinándose coma sempre, ás costas dos novos descubrimentos científicos. Así que
se foi difundindo a idea das academias, como institucións culturais onde, á marxe da universidade, que quedara anquilosada na
escolástica4, posibilitábase o contacto e intercambio de ideas entre a multiplicidade de disciplinas intelectuais. En Roma, por
exemplo, fundouse a Academia dei Licei (1603) á que pertenceu Galileo. Había academias privadas que funcionaban coas cotas
que pagaban os seus membros, e habíaas públicas pagadas polos gobernantes.
Pronto comezaron a publicarse tamén as primeiras revistas científicas. Ao principio os científicos e científicas
comunicábanse por carta, pero ao facerse máis común o método experimental, a correspondencia comezou a facerse insuficiente.
Así que aproveitando as posibilidades que abría a prensa perfeccionada por Guttenberg séculos antes, comezaron a facerse
comúns as revistas científicas, promovidas polas mesmas academias. Xurdiron tamén os gabinetes de historia natural, ou as
coleccións mineralóxicas, xardíns botánicos e observatorios astronómicos particulares. A fins do século XVII abríronse os
primeiros observatorios estatais modernos.
Galileo Galilei é considerado xeralmente o pai da ciencia moderna porque
sitúan nel a orixe do método científico. Tamén Isaac Newton (1642 – 1727) sostivo
que o método correcto para investigar
as propiedades das cousas era
deducilas a partir de Experimentos.
A óptica realizou avances
importantísimos no século XVII,
permitindo así o avance científico en
dous importantes áreas: a observación
do máis pequeno, o microscópico que escapa á nosa simple vista, e a observación
do máis grande, o Universo. Pronto se xeneralizou o uso do telescopio e o microscopio nunha multitude de ciencias distintas.
Outra ciencia que se desenvolveu de forma destacada durante o século XVII foi a medicina, ao abandonar algúns antigos
prexuízos e ideas de orixe medieval. No século XVII, por exemplo, aínda se cría na xeración espontánea. Crían que as plantas ou
algúns animais podían xurdir da unión de partículas sen vida. Un médico italiano sostivo que a vida só podía proceder da vida.
Redi demostrou que os vermes non nacen espontaneamente ao podrecer os cadáveres e que se a carne se protexe do contacto
das moscas non cría vermes, xa que estes proceden dos ovos depositados polos insectos.
A difusión dos avances científicos, moitas veces coa oposición de amplos sectores sociais, en especial da Igrexa, permitiu
unha mellora da investigación e , ao mesmo tempo, do nivel xeral de vida en Europa.
O progreso científico acabou producindo un gran progreso tecnolóxico. O progreso tecnolóxico, cos seus inventos, foi
transformando a economía e a vida das persoas. Isto é o que veremos coa Revolución Industrial.
4 Escolástica: a escolástica viña sendo a forma de pensamento medieval, que intentaba mesturar razón e fe. É dicir, a escolástica pensaba que
Deus tamén era unha fonte de coñecemento científico. Calquera descubrimento que parecese levar a contraria ás escrituras (tomadas ao pe
da letra coma se foran saberes científicos) estaba por forza mal e era unha herexía que debía ser castigada por ir contra Deus. Razoar
intentaban razoar, pero antepoñendo a fe. Usaban a dedución e o razoamento para explicar a natureza pero sempre antepoñendo o punto de
vista relixioso e dándolle moi pouco valor á experiencia e á observación, e demasiado valor ao que dixeran pensadores de renome
anteriormente.
Ilustración 2 Lección de anatomía. Rembrandt. Esta obra
deixa patente a importancia crecente da investigación
directa
Ilustración 1 Galileo Galilei
Bibliografía:
- Lo de las mujeres principalmente de https://lanaveva.wordpress.com/2010/06/23/mujeres-cientificas-del-siglo-xvii-y-xviii/ y
luego buscando nombres concretos fui tirando del hilo: https://es.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Andrea_Casamayor
- El texto de libros de la biblioteca de la diputación de Coruña.
- Gran historia de la humanidad 9/211 (varios tomos).
- Enciclopedia Planeta 9/185 (varios tomos).
- Historia Universal. Siglo XVII Instituto Gallach 9/178 (tomo 6, hay varios tomos).

Más contenido relacionado

Destacado

As desigualdades económicas e o mercado de traballo
As desigualdades económicas e o mercado de traballoAs desigualdades económicas e o mercado de traballo
As desigualdades económicas e o mercado de traballoFernanda Suárez Méndez
 
Jacob Foran Exhibition Catalogue by Abmeyer + Wood Fine Art
Jacob Foran Exhibition Catalogue by Abmeyer + Wood Fine ArtJacob Foran Exhibition Catalogue by Abmeyer + Wood Fine Art
Jacob Foran Exhibition Catalogue by Abmeyer + Wood Fine ArtJacob Foran
 
Livro dos espíritos Q.465 e ESE cap3 item 8
Livro dos espíritos Q.465 e ESE cap3 item 8 Livro dos espíritos Q.465 e ESE cap3 item 8
Livro dos espíritos Q.465 e ESE cap3 item 8 Patricia Farias
 
Marketing plan for business
Marketing plan for business  Marketing plan for business
Marketing plan for business Athif Azeez
 
Planning your research career (for trainers) 7.goals
Planning your research career (for trainers) 7.goalsPlanning your research career (for trainers) 7.goals
Planning your research career (for trainers) 7.goalspipersfp7project
 
Planning your research career (for trainers) 2.car dev intro & context
Planning your research career (for trainers) 2.car dev intro & contextPlanning your research career (for trainers) 2.car dev intro & context
Planning your research career (for trainers) 2.car dev intro & contextpipersfp7project
 
Planning your research career (for trainers) 3.skills
Planning your research career (for trainers) 3.skillsPlanning your research career (for trainers) 3.skills
Planning your research career (for trainers) 3.skillspipersfp7project
 
Mapa conceptual sistemas educativos
Mapa conceptual sistemas educativosMapa conceptual sistemas educativos
Mapa conceptual sistemas educativosExavier Blasini
 
Livro dos Espiritos Q.467 a 472 e ESE cap3 item13
Livro dos Espiritos Q.467 a 472 e ESE cap3 item13Livro dos Espiritos Q.467 a 472 e ESE cap3 item13
Livro dos Espiritos Q.467 a 472 e ESE cap3 item13Patricia Farias
 
Catalysts/Enzymes/biological catalysts/what are catalysts/what are enzymes
Catalysts/Enzymes/biological catalysts/what are catalysts/what are enzymesCatalysts/Enzymes/biological catalysts/what are catalysts/what are enzymes
Catalysts/Enzymes/biological catalysts/what are catalysts/what are enzymesMohammad Ibrahim
 
Planning your research career (for trainers) 6.values
Planning your research career (for trainers) 6.valuesPlanning your research career (for trainers) 6.values
Planning your research career (for trainers) 6.valuespipersfp7project
 
Planning your research career (for trainers) 10.car devttt
Planning your research career (for trainers) 10.car devtttPlanning your research career (for trainers) 10.car devttt
Planning your research career (for trainers) 10.car devtttpipersfp7project
 
Marketing Business Plan PowerPoint Sample
Marketing Business Plan PowerPoint SampleMarketing Business Plan PowerPoint Sample
Marketing Business Plan PowerPoint Sampletwolfs
 
Everything about tansformers/Transformers/working process of transformers
Everything about tansformers/Transformers/working process of transformersEverything about tansformers/Transformers/working process of transformers
Everything about tansformers/Transformers/working process of transformersMohammad Ibrahim
 

Destacado (20)

As desigualdades económicas e o mercado de traballo
As desigualdades económicas e o mercado de traballoAs desigualdades económicas e o mercado de traballo
As desigualdades económicas e o mercado de traballo
 
Getting Funding or Financing6 (7 12-16)
Getting Funding or Financing6 (7 12-16)Getting Funding or Financing6 (7 12-16)
Getting Funding or Financing6 (7 12-16)
 
Jacob Foran Exhibition Catalogue by Abmeyer + Wood Fine Art
Jacob Foran Exhibition Catalogue by Abmeyer + Wood Fine ArtJacob Foran Exhibition Catalogue by Abmeyer + Wood Fine Art
Jacob Foran Exhibition Catalogue by Abmeyer + Wood Fine Art
 
Livro dos espíritos Q.465 e ESE cap3 item 8
Livro dos espíritos Q.465 e ESE cap3 item 8 Livro dos espíritos Q.465 e ESE cap3 item 8
Livro dos espíritos Q.465 e ESE cap3 item 8
 
Marketing plan for business
Marketing plan for business  Marketing plan for business
Marketing plan for business
 
Industry and competitor analysis lec 5
Industry and competitor analysis lec 5Industry and competitor analysis lec 5
Industry and competitor analysis lec 5
 
Planning your research career (for trainers) 7.goals
Planning your research career (for trainers) 7.goalsPlanning your research career (for trainers) 7.goals
Planning your research career (for trainers) 7.goals
 
Planning your research career (for trainers) 2.car dev intro & context
Planning your research career (for trainers) 2.car dev intro & contextPlanning your research career (for trainers) 2.car dev intro & context
Planning your research career (for trainers) 2.car dev intro & context
 
Planning your research career (for trainers) 3.skills
Planning your research career (for trainers) 3.skillsPlanning your research career (for trainers) 3.skills
Planning your research career (for trainers) 3.skills
 
Mapa conceptual sistemas educativos
Mapa conceptual sistemas educativosMapa conceptual sistemas educativos
Mapa conceptual sistemas educativos
 
Livro dos Espiritos Q.467 a 472 e ESE cap3 item13
Livro dos Espiritos Q.467 a 472 e ESE cap3 item13Livro dos Espiritos Q.467 a 472 e ESE cap3 item13
Livro dos Espiritos Q.467 a 472 e ESE cap3 item13
 
Marketing plan lec-12
Marketing plan lec-12Marketing plan lec-12
Marketing plan lec-12
 
Catalysts/Enzymes/biological catalysts/what are catalysts/what are enzymes
Catalysts/Enzymes/biological catalysts/what are catalysts/what are enzymesCatalysts/Enzymes/biological catalysts/what are catalysts/what are enzymes
Catalysts/Enzymes/biological catalysts/what are catalysts/what are enzymes
 
Planning your research career (for trainers) 6.values
Planning your research career (for trainers) 6.valuesPlanning your research career (for trainers) 6.values
Planning your research career (for trainers) 6.values
 
Planning your research career (for trainers) 10.car devttt
Planning your research career (for trainers) 10.car devtttPlanning your research career (for trainers) 10.car devttt
Planning your research career (for trainers) 10.car devttt
 
Marketing Business Plan PowerPoint Sample
Marketing Business Plan PowerPoint SampleMarketing Business Plan PowerPoint Sample
Marketing Business Plan PowerPoint Sample
 
Develop effective bus model lec 11
Develop effective bus model lec 11Develop effective bus model lec 11
Develop effective bus model lec 11
 
Financial plan lec 10
Financial plan lec 10Financial plan lec 10
Financial plan lec 10
 
Everything about tansformers/Transformers/working process of transformers
Everything about tansformers/Transformers/working process of transformersEverything about tansformers/Transformers/working process of transformers
Everything about tansformers/Transformers/working process of transformers
 
Finance in a digital world
Finance in a digital worldFinance in a digital world
Finance in a digital world
 

Similar a A revolución científica do século XVII

Similar a A revolución científica do século XVII (20)

Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
 
Grandes ideas da astronomía. 2ª edición.
Grandes ideas da astronomía. 2ª edición.Grandes ideas da astronomía. 2ª edición.
Grandes ideas da astronomía. 2ª edición.
 
Actividade sobre evolucin ud3 alumnos
Actividade sobre evolucin ud3 alumnosActividade sobre evolucin ud3 alumnos
Actividade sobre evolucin ud3 alumnos
 
Amalur
AmalurAmalur
Amalur
 
Orixe da vida
Orixe da vidaOrixe da vida
Orixe da vida
 
A Ilustración
A IlustraciónA Ilustración
A Ilustración
 
2013 14 orixe da vida
2013 14 orixe da vida2013 14 orixe da vida
2013 14 orixe da vida
 
2013 14 orixe da vida
2013 14 orixe da vida2013 14 orixe da vida
2013 14 orixe da vida
 
Premio fonseca
Premio fonsecaPremio fonseca
Premio fonseca
 
Premio Fonseca
Premio FonsecaPremio Fonseca
Premio Fonseca
 
Que saben de_ciencias_os_nosos_estudantes
Que saben de_ciencias_os_nosos_estudantesQue saben de_ciencias_os_nosos_estudantes
Que saben de_ciencias_os_nosos_estudantes
 
Ud 0 final juani
Ud 0 final juaniUd 0 final juani
Ud 0 final juani
 
4. Aristóteles marco histórico
4. Aristóteles marco histórico4. Aristóteles marco histórico
4. Aristóteles marco histórico
 
Unidade 5 a evolución biolóxica
Unidade 5   a evolución biolóxicaUnidade 5   a evolución biolóxica
Unidade 5 a evolución biolóxica
 
O renacimiento literario
O renacimiento literarioO renacimiento literario
O renacimiento literario
 
Que é a ciencia
Que é a ciencia Que é a ciencia
Que é a ciencia
 
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOUROHISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
HISTORIA DOS CIENTIFICOS_TOURO
 
Orixe da vida
Orixe da vidaOrixe da vida
Orixe da vida
 
Mulleres na Historia da Ciencia
Mulleres na Historia da CienciaMulleres na Historia da Ciencia
Mulleres na Historia da Ciencia
 
A que altura esta o ceo ? 2
A que altura esta o ceo ? 2A que altura esta o ceo ? 2
A que altura esta o ceo ? 2
 

Más de Fernanda Suárez Méndez

Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Fernanda Suárez Méndez
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoFernanda Suárez Méndez
 
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaOs poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaFernanda Suárez Méndez
 
Guión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticasGuión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticasFernanda Suárez Méndez
 
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroSéculo xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroFernanda Suárez Méndez
 
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónResumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónFernanda Suárez Méndez
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXFernanda Suárez Méndez
 

Más de Fernanda Suárez Méndez (20)

Tema a auga
Tema a augaTema a auga
Tema a auga
 
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Proxecto profesional
Proxecto profesionalProxecto profesional
Proxecto profesional
 
Apuntes
ApuntesApuntes
Apuntes
 
Exercicios método científico
Exercicios método científicoExercicios método científico
Exercicios método científico
 
2. o liberalismo político
2. o liberalismo político2. o liberalismo político
2. o liberalismo político
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
 
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaOs poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
 
Guión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticasGuión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticas
 
Referendo catalán
Referendo catalánReferendo catalán
Referendo catalán
 
Traballo machismo 4º eso
Traballo machismo 4º esoTraballo machismo 4º eso
Traballo machismo 4º eso
 
Machismo na mecánica
Machismo na mecánicaMachismo na mecánica
Machismo na mecánica
 
A mirada feminista na cociña definitivo
A mirada feminista na cociña definitivoA mirada feminista na cociña definitivo
A mirada feminista na cociña definitivo
 
Power point sara morán edrosa
Power point sara morán edrosaPower point sara morán edrosa
Power point sara morán edrosa
 
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroSéculo xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
 
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónResumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
 
Tema 1 xeografía 3º
Tema 1 xeografía 3ºTema 1 xeografía 3º
Tema 1 xeografía 3º
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
 
Temas 2 e 3 segundo trimestre
Temas 2 e 3 segundo trimestreTemas 2 e 3 segundo trimestre
Temas 2 e 3 segundo trimestre
 

A revolución científica do século XVII

  • 1. Tema 2 A Revolución Científica dos séculos XVII e XVIII O século XVIII estudámolo para entender a Idade Contemporánea, coma quen estuda a infancia para entender o que é a idade adulta. No caso das ciencias debemos empezar polo século XVII, porque é neste século cando a forma de estudar o mundo dos grandes pensadores e pensadoras comeza a ser científica de verdade. Non é que antes do século XVII non se fixeran estudos e descubrimentos importantes, pero a partir do século XVII, a ciencia irá conformándose tal e como a coñecemos hoxe en día. A revolución científica do século XVII abarcou todos os campos, especialmente as matemáticas, que se desenvolveron como nunca antes o fixeran. Eses avances nas matemáticas permitiron avanzar tamén a outras ciencias que se valen das matemáticas, como a astronomía ou a óptica. Ademais perfeccionáronse obxectos que servían para investigar, como o microscopio ou o telescopio. Pero máis importante que entender os progresos concretos que houbo en cada materia, é entender o cambio que houbo no modo de investigar dos científicos e científicas. O feito de maior importancia para o porvir é que se produciu unha evolución no espírito e nos métodos da ciencia. Naceu o método científico. Para ser chamado científico un método de investigación, debe estar baseado na experiencia e na observación dos feitos (empirismo). O método científico que nace no século XVII, consiste na observación sistemática, a medición, a experimentación, a formulación, a análise e a modificación das hipóteses. Ademais o experimento debe darse a coñecer, para que poida ser reproducido por outra persoa noutro sitio distinto e, se non se dan os resultados esperados, poida ser rexeitado. Así é como a comunidade científica verifica os resultados obtidos. As conclusións científicas non se consideran nunca absolutamente verdadeiras, senón unicamente non refutadas1. Nesta época tamén se foi impoñendo o uso das linguas nacionais en lugar do latín, por parte dos filósofos e científicos en Europa. O uso do latín, como lingua universal2 dos sabios e sabias3 de toda Europa, significou un precioso instrumento de comunicación entre todos eles que saltaba por enriba das fronteiras culturais e das diferenzas idiomáticas, pero o uso da lingua común, facilitou o coñecemento da ciencia por un maior número de persoas. 1 Refutar: rexeitar a súa validez mediante razóns e argumentos. 2 O latín foi a lingua común de toda Europa. Introducírona os romanos durante o seu imperio na antigüidade, e a xente culta seguíaa empregando. Durante a Idade Media o latín foi derivando en moitas linguas distintas que falaban a meirande parte da poboación, pero o latín mantívose en moitos ámbitos: as misas seguían sendo en latín, a meirande parte dos libros, etc. 3 Durante os séculos XVII e XVII, as mulleres da aristocracia tiñan certo poder e prestixio social, pero os historiadores da ciencia parece que o esquecen. Aínda que a sabedoría era un campo principalmente masculino, as mulleres da nobreza ou da alta burguesía, recibían educación en casa. As mulleres nos séculos XVII e XVIII están presentes en todos os campos do saber: química, botánica, ciencias naturais, bioloxía, xeoloxía, astronomía e matemáticas. Eran minoría, pero non inexistentes.
  • 2. No século XVII fundaranse moitas academias por Europa. As Academias eran lugares aos que asistía unha minoría de xente culta que quería formarse en diversas ciencias. Nelas debatían ou ensinaban, sabios e sabias de diferentes países. As universidades oficiais resistíanse a saír do pensamento tradicional, e estaban quedando ancoradas no pasado. En lugar de investigar co novo espírito da ciencia, seguía ensinándose coma sempre, ás costas dos novos descubrimentos científicos. Así que se foi difundindo a idea das academias, como institucións culturais onde, á marxe da universidade, que quedara anquilosada na escolástica4, posibilitábase o contacto e intercambio de ideas entre a multiplicidade de disciplinas intelectuais. En Roma, por exemplo, fundouse a Academia dei Licei (1603) á que pertenceu Galileo. Había academias privadas que funcionaban coas cotas que pagaban os seus membros, e habíaas públicas pagadas polos gobernantes. Pronto comezaron a publicarse tamén as primeiras revistas científicas. Ao principio os científicos e científicas comunicábanse por carta, pero ao facerse máis común o método experimental, a correspondencia comezou a facerse insuficiente. Así que aproveitando as posibilidades que abría a prensa perfeccionada por Guttenberg séculos antes, comezaron a facerse comúns as revistas científicas, promovidas polas mesmas academias. Xurdiron tamén os gabinetes de historia natural, ou as coleccións mineralóxicas, xardíns botánicos e observatorios astronómicos particulares. A fins do século XVII abríronse os primeiros observatorios estatais modernos. Galileo Galilei é considerado xeralmente o pai da ciencia moderna porque sitúan nel a orixe do método científico. Tamén Isaac Newton (1642 – 1727) sostivo que o método correcto para investigar as propiedades das cousas era deducilas a partir de Experimentos. A óptica realizou avances importantísimos no século XVII, permitindo así o avance científico en dous importantes áreas: a observación do máis pequeno, o microscópico que escapa á nosa simple vista, e a observación do máis grande, o Universo. Pronto se xeneralizou o uso do telescopio e o microscopio nunha multitude de ciencias distintas. Outra ciencia que se desenvolveu de forma destacada durante o século XVII foi a medicina, ao abandonar algúns antigos prexuízos e ideas de orixe medieval. No século XVII, por exemplo, aínda se cría na xeración espontánea. Crían que as plantas ou algúns animais podían xurdir da unión de partículas sen vida. Un médico italiano sostivo que a vida só podía proceder da vida. Redi demostrou que os vermes non nacen espontaneamente ao podrecer os cadáveres e que se a carne se protexe do contacto das moscas non cría vermes, xa que estes proceden dos ovos depositados polos insectos. A difusión dos avances científicos, moitas veces coa oposición de amplos sectores sociais, en especial da Igrexa, permitiu unha mellora da investigación e , ao mesmo tempo, do nivel xeral de vida en Europa. O progreso científico acabou producindo un gran progreso tecnolóxico. O progreso tecnolóxico, cos seus inventos, foi transformando a economía e a vida das persoas. Isto é o que veremos coa Revolución Industrial. 4 Escolástica: a escolástica viña sendo a forma de pensamento medieval, que intentaba mesturar razón e fe. É dicir, a escolástica pensaba que Deus tamén era unha fonte de coñecemento científico. Calquera descubrimento que parecese levar a contraria ás escrituras (tomadas ao pe da letra coma se foran saberes científicos) estaba por forza mal e era unha herexía que debía ser castigada por ir contra Deus. Razoar intentaban razoar, pero antepoñendo a fe. Usaban a dedución e o razoamento para explicar a natureza pero sempre antepoñendo o punto de vista relixioso e dándolle moi pouco valor á experiencia e á observación, e demasiado valor ao que dixeran pensadores de renome anteriormente. Ilustración 2 Lección de anatomía. Rembrandt. Esta obra deixa patente a importancia crecente da investigación directa Ilustración 1 Galileo Galilei
  • 3.
  • 4.
  • 5. Bibliografía: - Lo de las mujeres principalmente de https://lanaveva.wordpress.com/2010/06/23/mujeres-cientificas-del-siglo-xvii-y-xviii/ y luego buscando nombres concretos fui tirando del hilo: https://es.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Andrea_Casamayor - El texto de libros de la biblioteca de la diputación de Coruña. - Gran historia de la humanidad 9/211 (varios tomos). - Enciclopedia Planeta 9/185 (varios tomos). - Historia Universal. Siglo XVII Instituto Gallach 9/178 (tomo 6, hay varios tomos).