SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 5
Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego
1
EU SON
...
Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da
aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesar do que lle aconteceu por causa
miña.
No verán ando descalzo. O po quente dos camiños faime alancar. Magóanme as areas
e nunca falta algunha brocha para espetárseme nos pés. Érgome con noite pecha, ás
dúas ou tres da mañá, para ir co gando, restrebar ou xuntar monllos. Cando amañece
xa me doe o lombo e as pernas. Pero o día comeza. Sede, sol, moxardos.
No inverno, frío. Ganas de estar arreo ó pé do lume. Muíños apeados. Faladurías de
neves e lobos. Os brazos son coma espeteiras para encolgar farrapos. Murnas, fridas,
dedos sen
tentos.
¡Que saben disto os nenos da vila!
Eles ignoran o que eu penso mentres boto ó corpo un gurrucho de caldo con broa. Ou
o que sinto cando estou no monte pingando,
aterecido, vendo por entre a chuvia un fantasma bretemoso en cada árbore.
A aldea é unha mestura de lama e fume, onde os cans ouvean e a xente morre «cando
está de Deus», como di a madriña. Os rapaces
somos tristes. Enredamos, corremos tras dos foguetes e ata rimos, pero somos tristes.
Temos a pobreza e os trafegos da terra aniñados nos ollos.
Eu quixera andar mundo. Ir por mares e terras que non coñezo. Nacín e crieime na
aldea pero agora síntoa pequena, estreita.
Coma se vivise nun cortizo. Teño pensamentos que non lle podo contar a ninguén.
Algúns non me entenderían e outros chamaríanme tolo. Por iso escribo. E despois
durmo coma unha pedra. Quedo desatafegado, libre, coma se me quitasen de enriba un
bocoi. ¡Cousas miñas! E tamén de Smith, o capitán que estivo na guerra e cando
voltou para a casa púxose a escribir todo o que
lle acontecera. Así está nun libro que me trouxo o Landeiro.
¡Se eu fixese un libro! Nin falar. Ogallá que non me atopen o caderno. Daríame
vergoña. E non é para menos. Porque nel baleiro todo o que sinto. Moi pouca xente o
fai. Todos abren o peteiro para dúas cousas: para dicir a verdade ou para arredarse
dela.
Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego
2
Na miña casa non me comprendían. E outro tanto acontéceme na do Landeiro. Iso é o
peor que lle pode suceder a un, pero a moita xente non se lle dá.
Eu non sei se esvarío. Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo. Vexo
sombras e luces, nubeiros que viaxan, lume, árbores. ¿Que é todo isto? Ninguén me di,
poño por caso, para que serven as estrelas, nin onde morren os paxaros. Sei de certo
que moitísimos anos antes de nacer eu xa había sol e penedos e fuxía a auga polo río.
E estou seguro de que todo seguirá igual despois de que eu morra. Virá máis xente, e
máis, tripando uns nos outros, esquecéndose adrede dos que morreron, coma se non
houbesen vivido.
Escribir no caderno —¡quen o diría!— é coma baldeirar o corazón. Parece un milagre.
Pois á fin de contas non pasa de ser una conversa comigo mesmo. Pero para min é
milagre todo. Dende as pingueiras da chuvia
ata o canto do grilo.
Aínda que se me ocorrese facer un libro, como fixo Smith, de pouco valería o que
contase. Smith estivo na guerra, e eu son a penas «o neno», como me chaman na casa.
Son Balbino. Un rapaz da aldea. Un ninguén.
Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego
3
PERDIDO
— ¡Nenoooo...!
— ¡Balbino!
Son as primeiras chamadas que recordo. Miña nai e mais a tía Carme baixaban a
valmontes polo agro. Os seus berros batían na
canteira que hai na outra banda do río. Sen facer caso de camiños nin carreiros corrían
a treu, crebando millo. Era despois de xantar.
O sol queimaba. Zoaban alporizados os tabaos.
— ¡Que será do neno!
— ¿Cairía no río?
— ¡Ai Sanantoniño nos valla!
Na véspera dérame meu pai unha somanta por enfarruscar a cara con feluxe ó neno do
señor. Un rapaz moi limpiño que come pantrigo, bebe leite con café e non se ten que
erguer cedo para levar o gando a pacer. Meu pai non quixo saber o que Manolito me
fixera denantes a min. «É o neno do señor e abonda».
Pero por máis que o sexa paréceme que non ten dereito a darme cos seus zapatiños
novos nas canelas, nin cuspirme, nin dicir que, se eles queren, nós teremos que deixar
a casa e as leiras.
Coa rabecha deiteime sen cea e botei a noite esperto, chorando. Tiven mágoa de min
por ser un neno pobre. Os pobres de todo que andan polas portas esfarrapados, e ás
veces ata rouban patacas ou millo para comer, están mellor. Aturan ós de fóra, pero
non ós da casa que queren andar ben co amo. Porque eles comerán ou non, terán ou
non Terán zocos, pero están libres do señor e de Manolito.
Pola mañá erguinme canda todos. Fun con meu pai ó monte. Notoume que andaba
aqueloutrado pero non me dixo nada . E eu
amostrei cara de ferreiro. Voltamos, sen dar fala, cando os bois comezaron a encrechar
o rabo coa mosca.
Despois de xantar marchei para a eira.
Seguiume a tía Carme, pero cando me veu rebalbado á sombra , no pallal, volveuse.
Entón botei o cancelo fóra, atravesei o camiño
Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego
4
e metinme no agro. Seguín por entre os renques de millo. Camiñaba devagar. O millo
cubríame. Xa non podían verme. A terra estaba dura. Algúns cadullos esfarelábanse
debaixo dos meus zocos. Andei e andei. Debía estar preto do río pois chegou ata min o
balbordo da auga na presa do muíño. Senteime. Quitei os zocos e desabotoei a camisa.
Estaba canso e o sono venceume.
Durmín un bo anaco, non sei canto, e acordei mentres soñaba que Manolito corría tras
de min cunha escopeta.
— «Poida que anden na miña busca», pensei. Pero non me importou.
Meu pai zoscábame sen ter por que, e eu queríalle demostrar que non teño medo. Por
eso fuxira.
E xa daquela teimaba irme para lonxe. Non quería aturar a Manolito.
Púxenme a facer moreas de terra. Sempre me gustou xogar coa terra. Estaba morna a
da tona; a de máis abaixo gardaba algunha
lentura. Primeiro fixen un valo; despois una ponte. Unha ponte con follas de millo e
barba de mazaroca por derriba, a xeito de chan e orelas. Foi cando oín que me
chamaban.
Erguinme de súpeto, pero volvinme a anagar.
— ¡Nenoooo!
Os primeiros berros viñan da banda do camiño; despois pareceume que saían do resío.
Seguín no meu trafego de amorear terra coas mans. Tamén construín un forno, de
croios, e arrinquei millán para poñerlle
darredor. Non me movería de alí. Fixen a promesa de fuxir para sempre da casa, se
meu pai me volvía zoscar.
— ¡Balbinoooo!
Sentino por miña nai, e pola tía Carme, pero que se amolen. Elas tamén me tiñan
bourado, e ademais facíanme rezar. Todos son contra min. Dende o padriño ata meu
irmán Miguel, que inda na véspera de irse para América turroume dos pelos porque lle
andei na Caixa das ferramentas.
Pola tardiña andaban buscándome todos os da casa e tamén algúns veciños. Berraban
preto, lonxe, no agro e nas corredoiras. O meu nome foi e veu polo aire en toda a
Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego
5
aldea. Xa se fora o sol e inda non me atoparan. Moita xente que non lle importaba de
min, andaba na miña busca. Era coma se procurasen o raposo ou lle
quixeran dar caza ó porco bravo. Eu, mentres, seguía facendo pontes e fornos,
xuntando croios, esfarelando cadullos.
Anoitecía cando sentín bafexar detrás do meu lombo, despois dun maino ruxido de
follas de millo. Revireime. Era Pachín, o can.
Pachín tamén me buscaba. E deu comigo. Traguía a lingua fóra e viña fatigado.
Achegóuseme con agarimo e comezamos a trizar os dous. Queríame falar.
Queríame dicir dalgún xeito que me buscaban, e deille a entender que xa o sabía e que
tanto me tiña. Pachín deu en choutar ó meu redor. Esbargalloume as pontes. Rifeille e
quedouse engruñado, coma pedindo perdón.
A noite caeu de súpeto sobor do agro. Barullaban os grilos e as ras. Espreguiceime.
Puxen os zocos, e, vagoroso, fun indo leiras
arriba. Pachín ceibou un ladriño de amigo e seguiu á miña beira. Cando ía atravesando
a horta, escoitei un berro lonxano que me
chamaba. Entrei na casa. Non había ninguén. Semellaba un cemiterio. Unha campa
baldeira.
Deiteime na cama. Soñei co Manolito e co meu pai. Os dous andaban a enredar un co
outro e o señor divertíase. Mentres, eu choraba. Choraba e ninguén facía caso de min.
Ninguén ollaba as bágoas que me relucían nas fazulas, caían no chan e fuxían cara ó
río, por entre os renques do millo. Pachín seguía á miña beira, coma se quixese
falarme ou chorar comigo.
Cando abrín os ollos vin máis de dez caras darredor de min. Enxoguei as bágoas coa
camisa. Pachín fitoume dende a beira da cama.
Paseille unha man polo pescozo e volvín durmir.

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

MRS DALLOWAY by Virginia Woolf
MRS DALLOWAY by Virginia WoolfMRS DALLOWAY by Virginia Woolf
MRS DALLOWAY by Virginia Woolfecrosbie
 
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...Román Landín
 
Oscar wilde the importance of being earnest
Oscar wilde the importance of being earnestOscar wilde the importance of being earnest
Oscar wilde the importance of being earnestMichaela Novajovska
 
Lewis Carroll Presentation
Lewis  Carroll PresentationLewis  Carroll Presentation
Lewis Carroll Presentationjslott
 
Prideand prejudicebyjaneaustennovelpresentationpowerpoint
Prideand prejudicebyjaneaustennovelpresentationpowerpointPrideand prejudicebyjaneaustennovelpresentationpowerpoint
Prideand prejudicebyjaneaustennovelpresentationpowerpointSazina Khan
 
A brief introduction to literature
A brief introduction to literatureA brief introduction to literature
A brief introduction to literatureMubariz Zirman
 
Answers to discussion questions of king lear
Answers to discussion questions of king learAnswers to discussion questions of king lear
Answers to discussion questions of king learBibi Halima
 
My heart leaps up
My heart leaps upMy heart leaps up
My heart leaps upSarah Alasi
 
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxiLourenço Alvarez Ruiz
 
Pamela as an Epistolary novel
Pamela as an Epistolary novelPamela as an Epistolary novel
Pamela as an Epistolary novelNidhiDave30
 
A Noiseless Patient Spider by Walt Whitman
A Noiseless Patient Spider by Walt WhitmanA Noiseless Patient Spider by Walt Whitman
A Noiseless Patient Spider by Walt WhitmanRick Neale
 
The life of virginia woolf
The life of virginia woolfThe life of virginia woolf
The life of virginia woolfminjichiaracho
 
Introduction to Literature - Lecture (2)
Introduction to Literature - Lecture (2)Introduction to Literature - Lecture (2)
Introduction to Literature - Lecture (2)Ms Maha
 

La actualidad más candente (20)

Ppt Saint Nicolas
Ppt Saint NicolasPpt Saint Nicolas
Ppt Saint Nicolas
 
MRS DALLOWAY by Virginia Woolf
MRS DALLOWAY by Virginia WoolfMRS DALLOWAY by Virginia Woolf
MRS DALLOWAY by Virginia Woolf
 
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
 
Oscar wilde the importance of being earnest
Oscar wilde the importance of being earnestOscar wilde the importance of being earnest
Oscar wilde the importance of being earnest
 
Lewis Carroll Presentation
Lewis  Carroll PresentationLewis  Carroll Presentation
Lewis Carroll Presentation
 
Prideand prejudicebyjaneaustennovelpresentationpowerpoint
Prideand prejudicebyjaneaustennovelpresentationpowerpointPrideand prejudicebyjaneaustennovelpresentationpowerpoint
Prideand prejudicebyjaneaustennovelpresentationpowerpoint
 
A brief introduction to literature
A brief introduction to literatureA brief introduction to literature
A brief introduction to literature
 
Answers to discussion questions of king lear
Answers to discussion questions of king learAnswers to discussion questions of king lear
Answers to discussion questions of king lear
 
curros
curroscurros
curros
 
My heart leaps up
My heart leaps upMy heart leaps up
My heart leaps up
 
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
Pamela as an Epistolary novel
Pamela as an Epistolary novelPamela as an Epistolary novel
Pamela as an Epistolary novel
 
A Noiseless Patient Spider by Walt Whitman
A Noiseless Patient Spider by Walt WhitmanA Noiseless Patient Spider by Walt Whitman
A Noiseless Patient Spider by Walt Whitman
 
Contemporary poetry
Contemporary poetryContemporary poetry
Contemporary poetry
 
Irmandades da fala
Irmandades da falaIrmandades da fala
Irmandades da fala
 
Quevedoygóngora
Quevedoygóngora Quevedoygóngora
Quevedoygóngora
 
TEATRO DE POSGUERRA
TEATRO DE POSGUERRATEATRO DE POSGUERRA
TEATRO DE POSGUERRA
 
The life of virginia woolf
The life of virginia woolfThe life of virginia woolf
The life of virginia woolf
 
Jane eyre
Jane eyreJane eyre
Jane eyre
 
Introduction to Literature - Lecture (2)
Introduction to Literature - Lecture (2)Introduction to Literature - Lecture (2)
Introduction to Literature - Lecture (2)
 

Destacado

Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. ArraianosXosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianosnoagaliza
 
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...noagaliza
 
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco AmorNarrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amornoagaliza
 
Grupo Rompente
Grupo RompenteGrupo Rompente
Grupo Rompentenoagaliza
 
Década dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autoresDécada dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autoresnoagaliza
 
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro CunqueiroNarrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueironoagaliza
 
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira VilasMemorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilasnoagaliza
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabananoagaliza
 
Luisa Villalta
Luisa VillaltaLuisa Villalta
Luisa Villaltanoagaliza
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismonoagaliza
 
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu poboMéndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobonoagaliza
 
Cociña galega tradicional
Cociña galega tradicionalCociña galega tradicional
Cociña galega tradicionalnoagaliza
 
Entroido Galiza
Entroido GalizaEntroido Galiza
Entroido Galizanoagaliza
 
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuaisPoesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuaisnoagaliza
 
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel FoleNarrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel Folenoagaliza
 
A Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa GalegaA Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa Galeganoagaliza
 
Cousas da vida - Castelao
Cousas da vida - CastelaoCousas da vida - Castelao
Cousas da vida - Castelaonoagaliza
 
áLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - CastelaoáLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - Castelaonoagaliza
 

Destacado (20)

Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. ArraianosXosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
 
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
 
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco AmorNarrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
 
Grupo Rompente
Grupo RompenteGrupo Rompente
Grupo Rompente
 
Década dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autoresDécada dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autores
 
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro CunqueiroNarrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
 
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira VilasMemorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego   Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Luisa Villalta
Luisa VillaltaLuisa Villalta
Luisa Villalta
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismo
 
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu poboMéndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Cociña galega tradicional
Cociña galega tradicionalCociña galega tradicional
Cociña galega tradicional
 
Entroido Galiza
Entroido GalizaEntroido Galiza
Entroido Galiza
 
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuaisPoesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
 
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel FoleNarrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
 
A Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa GalegaA Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa Galega
 
Cousas da vida - Castelao
Cousas da vida - CastelaoCousas da vida - Castelao
Cousas da vida - Castelao
 
áLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - CastelaoáLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - Castelao
 

Similar a Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2

Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Cruz Martinez
 
Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014trasnoparoleiro
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASFlorenotero
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoiesasorey
 
conto-medo-marilar.pdf
conto-medo-marilar.pdfconto-medo-marilar.pdf
conto-medo-marilar.pdfEncarna Lago
 
Cantigas Galegas
Cantigas GalegasCantigas Galegas
Cantigas Galegasguest121625
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012radiorasca
 
1º de abril contos
1º de abril contos1º de abril contos
1º de abril contosquendadeira
 
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". PoemasXVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemascenlf
 
Obradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTicaObradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTicaRomán Landín
 
Os biosbardos
Os biosbardosOs biosbardos
Os biosbardosegsumay
 
Os biosbardos (a rata Luisa)
Os biosbardos (a rata Luisa)Os biosbardos (a rata Luisa)
Os biosbardos (a rata Luisa)MonContos
 

Similar a Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2 (20)

Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Ao carón da lareira
Ao carón da lareira
 
Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
 
O LIBRO DE 5º B
O LIBRO DE 5º  BO LIBRO DE 5º  B
O LIBRO DE 5º B
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
Contos con clase 3
Contos con clase 3Contos con clase 3
Contos con clase 3
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
conto-medo-marilar.pdf
conto-medo-marilar.pdfconto-medo-marilar.pdf
conto-medo-marilar.pdf
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Cantigas Galegas
Cantigas GalegasCantigas Galegas
Cantigas Galegas
 
Sinestesia
SinestesiaSinestesia
Sinestesia
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
1º de abril contos
1º de abril contos1º de abril contos
1º de abril contos
 
O reloxo maldito
O reloxo malditoO reloxo maldito
O reloxo maldito
 
Recitado
Recitado Recitado
Recitado
 
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". PoemasXVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
 
Obradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTicaObradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTica
 
Os biosbardos
Os biosbardosOs biosbardos
Os biosbardos
 
Os biosbardos (a rata Luisa)
Os biosbardos (a rata Luisa)Os biosbardos (a rata Luisa)
Os biosbardos (a rata Luisa)
 

Más de noagaliza

A Narrativa de Posguerra
A Narrativa de PosguerraA Narrativa de Posguerra
A Narrativa de Posguerranoagaliza
 
Festas do San Xoán
Festas do San XoánFestas do San Xoán
Festas do San Xoánnoagaliza
 
Poesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerraPoesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerranoagaliza
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticanoagaliza
 
Coñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galegoCoñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galegonoagaliza
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosnoagaliza
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegasnoagaliza
 
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo AbrenteTeatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrentenoagaliza
 
As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo NósAs Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo Nósnoagaliza
 
O Rexurdimento literario
O Rexurdimento literarioO Rexurdimento literario
O Rexurdimento literarionoagaliza
 
Teatro galego durante o Franquismo
Teatro galego durante o  FranquismoTeatro galego durante o  Franquismo
Teatro galego durante o Franquismonoagaliza
 
Teatro galego na II República
Teatro galego na II RepúblicaTeatro galego na II República
Teatro galego na II Repúblicanoagaliza
 

Más de noagaliza (12)

A Narrativa de Posguerra
A Narrativa de PosguerraA Narrativa de Posguerra
A Narrativa de Posguerra
 
Festas do San Xoán
Festas do San XoánFestas do San Xoán
Festas do San Xoán
 
Poesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerraPoesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerra
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
 
Coñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galegoCoñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galego
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticos
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo AbrenteTeatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
 
As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo NósAs Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
 
O Rexurdimento literario
O Rexurdimento literarioO Rexurdimento literario
O Rexurdimento literario
 
Teatro galego durante o Franquismo
Teatro galego durante o  FranquismoTeatro galego durante o  Franquismo
Teatro galego durante o Franquismo
 
Teatro galego na II República
Teatro galego na II RepúblicaTeatro galego na II República
Teatro galego na II República
 

Último

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 

Último (11)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 

Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2

  • 1. Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego 1 EU SON ... Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesar do que lle aconteceu por causa miña. No verán ando descalzo. O po quente dos camiños faime alancar. Magóanme as areas e nunca falta algunha brocha para espetárseme nos pés. Érgome con noite pecha, ás dúas ou tres da mañá, para ir co gando, restrebar ou xuntar monllos. Cando amañece xa me doe o lombo e as pernas. Pero o día comeza. Sede, sol, moxardos. No inverno, frío. Ganas de estar arreo ó pé do lume. Muíños apeados. Faladurías de neves e lobos. Os brazos son coma espeteiras para encolgar farrapos. Murnas, fridas, dedos sen tentos. ¡Que saben disto os nenos da vila! Eles ignoran o que eu penso mentres boto ó corpo un gurrucho de caldo con broa. Ou o que sinto cando estou no monte pingando, aterecido, vendo por entre a chuvia un fantasma bretemoso en cada árbore. A aldea é unha mestura de lama e fume, onde os cans ouvean e a xente morre «cando está de Deus», como di a madriña. Os rapaces somos tristes. Enredamos, corremos tras dos foguetes e ata rimos, pero somos tristes. Temos a pobreza e os trafegos da terra aniñados nos ollos. Eu quixera andar mundo. Ir por mares e terras que non coñezo. Nacín e crieime na aldea pero agora síntoa pequena, estreita. Coma se vivise nun cortizo. Teño pensamentos que non lle podo contar a ninguén. Algúns non me entenderían e outros chamaríanme tolo. Por iso escribo. E despois durmo coma unha pedra. Quedo desatafegado, libre, coma se me quitasen de enriba un bocoi. ¡Cousas miñas! E tamén de Smith, o capitán que estivo na guerra e cando voltou para a casa púxose a escribir todo o que lle acontecera. Así está nun libro que me trouxo o Landeiro. ¡Se eu fixese un libro! Nin falar. Ogallá que non me atopen o caderno. Daríame vergoña. E non é para menos. Porque nel baleiro todo o que sinto. Moi pouca xente o fai. Todos abren o peteiro para dúas cousas: para dicir a verdade ou para arredarse dela.
  • 2. Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego 2 Na miña casa non me comprendían. E outro tanto acontéceme na do Landeiro. Iso é o peor que lle pode suceder a un, pero a moita xente non se lle dá. Eu non sei se esvarío. Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo. Vexo sombras e luces, nubeiros que viaxan, lume, árbores. ¿Que é todo isto? Ninguén me di, poño por caso, para que serven as estrelas, nin onde morren os paxaros. Sei de certo que moitísimos anos antes de nacer eu xa había sol e penedos e fuxía a auga polo río. E estou seguro de que todo seguirá igual despois de que eu morra. Virá máis xente, e máis, tripando uns nos outros, esquecéndose adrede dos que morreron, coma se non houbesen vivido. Escribir no caderno —¡quen o diría!— é coma baldeirar o corazón. Parece un milagre. Pois á fin de contas non pasa de ser una conversa comigo mesmo. Pero para min é milagre todo. Dende as pingueiras da chuvia ata o canto do grilo. Aínda que se me ocorrese facer un libro, como fixo Smith, de pouco valería o que contase. Smith estivo na guerra, e eu son a penas «o neno», como me chaman na casa. Son Balbino. Un rapaz da aldea. Un ninguén.
  • 3. Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego 3 PERDIDO — ¡Nenoooo...! — ¡Balbino! Son as primeiras chamadas que recordo. Miña nai e mais a tía Carme baixaban a valmontes polo agro. Os seus berros batían na canteira que hai na outra banda do río. Sen facer caso de camiños nin carreiros corrían a treu, crebando millo. Era despois de xantar. O sol queimaba. Zoaban alporizados os tabaos. — ¡Que será do neno! — ¿Cairía no río? — ¡Ai Sanantoniño nos valla! Na véspera dérame meu pai unha somanta por enfarruscar a cara con feluxe ó neno do señor. Un rapaz moi limpiño que come pantrigo, bebe leite con café e non se ten que erguer cedo para levar o gando a pacer. Meu pai non quixo saber o que Manolito me fixera denantes a min. «É o neno do señor e abonda». Pero por máis que o sexa paréceme que non ten dereito a darme cos seus zapatiños novos nas canelas, nin cuspirme, nin dicir que, se eles queren, nós teremos que deixar a casa e as leiras. Coa rabecha deiteime sen cea e botei a noite esperto, chorando. Tiven mágoa de min por ser un neno pobre. Os pobres de todo que andan polas portas esfarrapados, e ás veces ata rouban patacas ou millo para comer, están mellor. Aturan ós de fóra, pero non ós da casa que queren andar ben co amo. Porque eles comerán ou non, terán ou non Terán zocos, pero están libres do señor e de Manolito. Pola mañá erguinme canda todos. Fun con meu pai ó monte. Notoume que andaba aqueloutrado pero non me dixo nada . E eu amostrei cara de ferreiro. Voltamos, sen dar fala, cando os bois comezaron a encrechar o rabo coa mosca. Despois de xantar marchei para a eira. Seguiume a tía Carme, pero cando me veu rebalbado á sombra , no pallal, volveuse. Entón botei o cancelo fóra, atravesei o camiño
  • 4. Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego 4 e metinme no agro. Seguín por entre os renques de millo. Camiñaba devagar. O millo cubríame. Xa non podían verme. A terra estaba dura. Algúns cadullos esfarelábanse debaixo dos meus zocos. Andei e andei. Debía estar preto do río pois chegou ata min o balbordo da auga na presa do muíño. Senteime. Quitei os zocos e desabotoei a camisa. Estaba canso e o sono venceume. Durmín un bo anaco, non sei canto, e acordei mentres soñaba que Manolito corría tras de min cunha escopeta. — «Poida que anden na miña busca», pensei. Pero non me importou. Meu pai zoscábame sen ter por que, e eu queríalle demostrar que non teño medo. Por eso fuxira. E xa daquela teimaba irme para lonxe. Non quería aturar a Manolito. Púxenme a facer moreas de terra. Sempre me gustou xogar coa terra. Estaba morna a da tona; a de máis abaixo gardaba algunha lentura. Primeiro fixen un valo; despois una ponte. Unha ponte con follas de millo e barba de mazaroca por derriba, a xeito de chan e orelas. Foi cando oín que me chamaban. Erguinme de súpeto, pero volvinme a anagar. — ¡Nenoooo! Os primeiros berros viñan da banda do camiño; despois pareceume que saían do resío. Seguín no meu trafego de amorear terra coas mans. Tamén construín un forno, de croios, e arrinquei millán para poñerlle darredor. Non me movería de alí. Fixen a promesa de fuxir para sempre da casa, se meu pai me volvía zoscar. — ¡Balbinoooo! Sentino por miña nai, e pola tía Carme, pero que se amolen. Elas tamén me tiñan bourado, e ademais facíanme rezar. Todos son contra min. Dende o padriño ata meu irmán Miguel, que inda na véspera de irse para América turroume dos pelos porque lle andei na Caixa das ferramentas. Pola tardiña andaban buscándome todos os da casa e tamén algúns veciños. Berraban preto, lonxe, no agro e nas corredoiras. O meu nome foi e veu polo aire en toda a
  • 5. Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego 5 aldea. Xa se fora o sol e inda non me atoparan. Moita xente que non lle importaba de min, andaba na miña busca. Era coma se procurasen o raposo ou lle quixeran dar caza ó porco bravo. Eu, mentres, seguía facendo pontes e fornos, xuntando croios, esfarelando cadullos. Anoitecía cando sentín bafexar detrás do meu lombo, despois dun maino ruxido de follas de millo. Revireime. Era Pachín, o can. Pachín tamén me buscaba. E deu comigo. Traguía a lingua fóra e viña fatigado. Achegóuseme con agarimo e comezamos a trizar os dous. Queríame falar. Queríame dicir dalgún xeito que me buscaban, e deille a entender que xa o sabía e que tanto me tiña. Pachín deu en choutar ó meu redor. Esbargalloume as pontes. Rifeille e quedouse engruñado, coma pedindo perdón. A noite caeu de súpeto sobor do agro. Barullaban os grilos e as ras. Espreguiceime. Puxen os zocos, e, vagoroso, fun indo leiras arriba. Pachín ceibou un ladriño de amigo e seguiu á miña beira. Cando ía atravesando a horta, escoitei un berro lonxano que me chamaba. Entrei na casa. Non había ninguén. Semellaba un cemiterio. Unha campa baldeira. Deiteime na cama. Soñei co Manolito e co meu pai. Os dous andaban a enredar un co outro e o señor divertíase. Mentres, eu choraba. Choraba e ninguén facía caso de min. Ninguén ollaba as bágoas que me relucían nas fazulas, caían no chan e fuxían cara ó río, por entre os renques do millo. Pachín seguía á miña beira, coma se quixese falarme ou chorar comigo. Cando abrín os ollos vin máis de dez caras darredor de min. Enxoguei as bágoas coa camisa. Pachín fitoume dende a beira da cama. Paseille unha man polo pescozo e volvín durmir.