1. Federación de Comercio Hostalería e Turismo
Comunicado Convenio de Exportadores de Peixe Fresco da provincia
de Pontevedra e estado da negociación colectiva nesta provincia a
data 23 de maio de 2013
No día de hoxe constituíuse a mesa de negociación do convenio de
Exportadores de Peixe Fresco de esta provincia na que UGT conta con a
maioría absoluta da representación (3 delegados), CCOO temos 1 delegado
e CIG 1 delegado.
No día de hoxe simplemente se constituíu a mesa e fixemos entrega da
plataforma que axuntamos, quedando para ter a próxima reunión o xoves
día 30 as 18’00 horas.
Por outra banda, informar que a data de hoxe quedan por constituír as
mesas dos convenios de Comercio da pel e o de Venta por xunto de
tecidos. No caso do primeiro, non hai representación sindical ningunha nin
nos consta unha patronal debidamente organizada. Con respecto o
segundo, estamos a ter contactos con a patronal para procurar constituír a
mesa o mais pronto posible.
O resto de convenios pendentes de sinatura están en marcha e na seguinte
situación cada un deles:
• Comercio téxtil retallista. Asinado o preacordo, procederemos a
sinatura definitiva o próximo xoves día 30 as 12’30 horas.
• Comercio metal. Paralizada a negociación dende o ano pasado,
retomarase o próximo xoves día 30 as 10’30 horas.
• Comercio do moble. Rotas as negociación, procuraremos retomalas
na reunión que celebraremos o luns día 27 as 18’00 horas.
Dende CCOO esperamos conseguir rematar toda a negociación colectiva
pendente nesta provincia antes de que remate o mes de xuño, co obxetivo
de lograr uns resultados finais na liña dos convenios asinados hasta o
momento.