FAMILIAE LINGVARVM
Ata que as teorías evolucionistas de Darwin empezaron a ser aceptadas e aplicadas ás linguas humanas, a explicación da div...
A partir de entón, igual que nas especies animais, as semellanzas entre linguas comezaron a atribuírse tamén á evolución. ...
Se unha das linguas incluída no grupo das que mantiña semellanzas era máis antiga que as demais, cabía a posibilidade de q...
Así, pódese establecer unha especie de árbore xenealóxica: pater  (latín) père  (francés) pare  (catalán) padre (galego-po...
A comparación permite mesmo supoñer con seguridade unha lingua anterior a outras actuais, pero que xa non se conserve nin ...
Unha vez dados estes pasos, a investigación lingüística permite remontarse máis aló no tempo, sempre que existan linguas a...
Na comparación o máis importante para poder extraer conclusións válidas é observar se as diferencias, cando as haxa, obede...
Cos datos que se teñen, está establecido que o latín e as linguas que proceden del pertencen a unha familia lingüística cu...
grupo CÉLTICO: gaélico irlandés, gaélico escocés, bretón & galés As linguas célticas estaban bastante extendidas na Antigü...
grupo BALTOESLAVO: letón e lituano (BÁLTICAS); ruso, polaco, ucraniano, checo, búlgaro, serbocroata e outras (ESLAVAS) Uns...
grupo INDOIRANIO: sánscrito, hindi/urdu, nepalí, bengalí, persa e outras As diversas linguas indoiranias son faladas hoxe ...
grupo GREGO: grego antigo & grego moderno O grego moderno fálano 12 millóns de persoas en Grecia e Chipre. Procede do greg...
grupo XERMÁNICO: inglés, alemán, holandés, noruego, sueco e outras Máis de 450 millóns de persoas falan linguas xermánicas...
Como ves, a lista de linguas emparentadas coas nosas é moi grande. Ademais, as indoeuropeas son as linguas que máis viaxar...
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Familiae Linguarum

973 visualizaciones

Publicado el

Panorámica sobre as familias lingüísticas humanas, con especial atención á indoeuropea

Publicado en: Educación, Tecnología
0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
973
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
28
Acciones
Compartido
0
Descargas
11
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Familiae Linguarum

  1. 1. FAMILIAE LINGVARVM
  2. 2. Ata que as teorías evolucionistas de Darwin empezaron a ser aceptadas e aplicadas ás linguas humanas, a explicación da diversidade lingüística baseábase no mito bíblico da Torre de Babel: todos os idiomas apareceran á vez nun pasado remoto e permaneceran invariables desde entón. Por iso, as semellanzas como as que se daban entre as palabras que vemos na imaxe da dereita atribuíanse á pura casualidade
  3. 3. A partir de entón, igual que nas especies animais, as semellanzas entre linguas comezaron a atribuírse tamén á evolución. Na segunda metade do s. XIX houbo moitos filólogos que realizaron multitude de comparacións entre diferentes linguas, coa intención de atopar as orixes das linguas actuais: William Jones, Friedrich von Schlegel, Rasmus Rask, Franz Bopp e os irmáns Grimm, entre outros, deron inicio ó que chamamos Lingüística Comparativa
  4. 4. Se unha das linguas incluída no grupo das que mantiña semellanzas era máis antiga que as demais, cabía a posibilidade de que fora a antecesora, ou “nai”, das demais pater père pare padre
  5. 5. Así, pódese establecer unha especie de árbore xenealóxica: pater (latín) père (francés) pare (catalán) padre (galego-portugués, castelán, italiano) LATÍN Galego- portugués Castelán Italiano Catalán Francés
  6. 6. A comparación permite mesmo supoñer con seguridade unha lingua anterior a outras actuais, pero que xa non se conserve nin sequera en textos escritos: far (noruego) vader (holandés) Vater (alemán) father (inglés) Proto- xermánico Inglés Alemán Holandés Noruego
  7. 7. Unha vez dados estes pasos, a investigación lingüística permite remontarse máis aló no tempo, sempre que existan linguas antigas conservadas. Por exemplo, é lícito supoñer que o latín, o protoxermánico e outras linguas de similar antigüidade que se lles parezan teñan á súa vez unha orixe común
  8. 8. Na comparación o máis importante para poder extraer conclusións válidas é observar se as diferencias, cando as haxa, obedecen a un patrón. Polo tanto, á hora de establecer relacións de parentesco entre diferentes linguas é preciso basealas na regularidade do cambio fonético . Así, na táboa superior atópanse as seguintes correspondencias: [k-] en grego e latín [ ∫- ] en lituano [ h- ] en inglés [s-] en latín, lituano e inglés [h-] en grego INGLÉS LITUANO GREGO LATÍN salt surus ΄αλς sal seven septynetas ΄επτά septem hound šuo κύων canis heart širdis καρδία cor
  9. 9. Cos datos que se teñen, está establecido que o latín e as linguas que proceden del pertencen a unha familia lingüística cuxos extremos actuais se atopan en Europa e o subcontinente indio. Por iso, desde principios do s. XX o termo empregado para referirse a ela é o de INDOEUROPEO ou FAMILIA INDOEUROPEA. Nas seguintes diapositivas citaremos os seus subgrupos e linguas máis importantes, ben atendendo ó seu número de falantes, ben á importancia histórica dos pobos que as falan
  10. 10. grupo CÉLTICO: gaélico irlandés, gaélico escocés, bretón & galés As linguas célticas estaban bastante extendidas na Antigüidade, sobre todo en zonas da actual Francia, España e Italia. O éxito das linguas romances e, máis tarde, do inglés, fixo que chegasen case a desaparecer, cousa á que axudou o feito de que case non tiveron cultivo escrito, nin sequera na época no que o seu número de falantes. Hoxe falan linguas célticas uns tres millóns de persoas na República de Irlanda, nas rexións autónomas británicas de Gales e Escocia, e tamén na Bretaña francesa
  11. 11. grupo BALTOESLAVO: letón e lituano (BÁLTICAS); ruso, polaco, ucraniano, checo, búlgaro, serbocroata e outras (ESLAVAS) Uns 400 millóns de persoas falan linguas eslavas, mentres as dúas linguas bálticas non chegan a seis. A máis estendida é, con moito o ruso, seguido polo polaco, ucraniano e checo. Ocupan case toda Europa oriental, coa excepción dalgunhas illas de idiomas pertencentes a outras familias, como o rumano, o húngaro ou o estonio
  12. 12. grupo INDOIRANIO: sánscrito, hindi/urdu, nepalí, bengalí, persa e outras As diversas linguas indoiranias son faladas hoxe por máis de 800 millóns de persoas no subcontinente indio e na área do Golfo Pérsico. Ademais, pertencen a este grupo unha lingua xa extinguida nas que se escribiron textos relixiosos moi importantes en Oriente: o sánscrito (lingua dos Vedas , libros sagrados dos hindús). O sánscrito evolucionou cara o actual hindi (chamado urdu en Pakistán), falado por máis de 450 millóns de persoas na India e Pakistán
  13. 13. grupo GREGO: grego antigo & grego moderno O grego moderno fálano 12 millóns de persoas en Grecia e Chipre. Procede do grego antigo, idioma no que se escribiron obras importantísimas para a Cultura Occidental
  14. 14. grupo XERMÁNICO: inglés, alemán, holandés, noruego, sueco e outras Máis de 450 millóns de persoas falan linguas xermánicas, entre as que destaca por número de falantes o inglés, con máis de 300. Ademais, é a segunda lingua de 200 millóns máis e está recoñecida como a primeira lingua de relación internacional.
  15. 15. Como ves, a lista de linguas emparentadas coas nosas é moi grande. Ademais, as indoeuropeas son as linguas que máis viaxaron, ata moi lonxe da súa orixe. Pensa agora en todas as demais que hai no mundo, e decataraste de que a diversidade lingüística é un rasgo básico da especie humana: se houbo unha única lingua orixinaria, hoxe non queda nin rastro dela, e é moi improbable que se xamais se atope. O que non se pode negar é que quen sinta curiosidade polas linguas ten diante un campo enorme

×