SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 8
Descargar para leer sin conexión
O pronome persoal 1
O PRONOME
Definición do pronome
O pronome é a palabra que vai en lugar do substantivo e desempeña na oración a mesma
función.
Hai dous tipos de pronomes, segundo actúen nas oracións: pronomes persoais e
pronomes determinantes (demostrativos, posesivos, indefinidos, relativos, numerais,
interrogativos e exclamativos).
O PRONOME PERSOAL
Tipos de pronomes persoais
Distínguense as formas tónicas das formas átonas.
As tónicas desempeñan a función de suxeito (1), complemento con preposición (2) e
constitúen o segundo elemento da comparación (3).
(1) Eu, ti, … estudian
(2) Os pasteis son para vós; as galletas para elas
(3) É máis alto ca min
As formas átonas, carecen de acento de intensidade propio, van enclíticas (despois) ou
proclíticas (antes) ao verbo. Desempeñan as funcións de CD e Cl.
 Pillouvos axiña,
 Deilles todo todo,
 Non nos dixo a verdade.
Os cadros dos pronomes persoais
Formas tónicas
suxeito complem. con prepos. complem. con prep. Con
non reflexivos reflexivos non reflexivos Reflexivos
SING 1ª EU MIN COMIGO
2ª TI CONTIGO
3ª EL SI CONSIGO
ELA
PLURAL 1ª NÓS/ NOSOUTROS, -AS CONNOSCO
2ª VÓS/ VOSOUTROS, -AS (VOSTEDES) CONVOSCO
O pronome persoal 2
3ª ELES CONSIGO
ELAS
Formas átonas
non reflexivos Reflexivos
CD CI
SING 1ª ME
2ª TE CHE
3ª O LO NO LLE SE
A LA NA
PLURAL 1ª NOS
2ª VOS
3ª OS LOS NOS LLES SE
Exercicio 1/ pronome
Localiza os pronomes persoais deste texto. Analízaos morfoloxicamente, coma no
exemplo proposto:
Ex.: me: pronome persoal átono, P1, non reflexivo.
“Nas San Lucas de Mondoñedo atopeime co Vilarego de Rubal que estaba escollendo
pulpo para o almorzó. Saudámonos amistosamente. Atopoume gordo, pero mozo e
elegante, convidoume cun habano, e entón eu leveino a tomar algo comigo, e el deixou
o pilpo para logo. Gústalle máis ao Vilarego a conversa que o pulpo. Mercou nestas
feiras unha zamarra negra. O Vilarego é de media estatura, roibo e colorado, e os ollos
azuis. Gasta sombreiro, mercado en Pimentel, en Lugo, e lévao sempre coa copa
abombada, sen partir.(…). acendeu un pito e miroume, calado.
- Entón non sabe o que pasou en Rubal?- Pregúntame.
Dígolle que non oín nada.”
 Uso de o, a, os, as/ lo, la, los, las/ no, na, nos, nas.
Para a p3 e P6 hai varias formas (o, lo, no, …). O seu uso varía segundo a palabra que
os precede.
O pronome persoal 3
 Úsase lo, la, los, las despois de verbos rematados en –r ou –s ou tras os
pronomes nos, vos e lles:
Esas cereixas quería probalas eu (probar+as) Xa volo dixen ( vos+o)
 Utilízase no, na, nos, nas despois dos verbos rematados en ditongo:
O bolso levouno pola mañá A chave gardeina aí
Exercicio 2/ pronome
Substitúe os elementos en negra polos pronomes persoais axeitados:
1. Mandei + os paquetes + a ti :
2. Rompín + o reloxo + a Mónica:
3. Enviou + os parabens + aos meus amigos:
4. Curaches + unha doenza + a min:
5. Pedín + un aumento + aos meus xefes:
6. Puxeron + unha inxección + ti?:
7. Deixastes + os rapaces:
8. Quixeron + os xelados que compramos:
9. Deixou + os exercicios sen facer:
10. Comprou + uns cadros+ a aqueles homes:
11. Coñecemos + a solución:
12. Entregaron + o diploma + ao neno:
 Uso de te / che
Os pronomes átonos de P2 te e che teñen diferentes función. O pronome te sempre
actúa como OD, mentres que a función de che é OI.
Botáronte da clase? Botáronche auga?
Para recoñecer cando cómpre usar te ou che, pode ser útil facer o paso da oración de
P2 a P3. Se na P3 o pronome que aparece é o ou a, na P2 deberiamos usar te. Se na P3
aparecese lle, na P2 empregaremos che.
P3 Botárono da clase P2 Botáronte da clase
P3 Felicitouno polo seu traballo P2 Felicitoute polo teu traballo
Exercicio 3/ pronome
Emprega conforme cumpra os pronomes te ou che.
1. Arrepintiras…… disto.
2. Elas atacaron…. e ti non …. defendiches.
3. Quen ….. fará ese favor?
O pronome persoal 4
4. Chamaron…. por megafonía.
5. Os teus país aconsella….. ben. Deixa…. guier por eles.
6. Non …. rendas axiña.
7. mentres ti …. duchas, lavaresmos….. a roupa.
8. Eles ofrencen….. unha boa oportunidade.
9. Vou…. contar un segredo.
10. Atopo… todos os días no camino, pero non …. digo nada.
11. Chamaron…. por teléfono e cantaron…. as corenta.
 Uso de lle/ lles
O pronome lle de P3 emprégase cando o obxecto indirecto (OI) ao que se refire é
singular, mentres que o pronome lles de P6 úsase cando ese OI é plural.
Ao meu irmán gústalle o fútbol Aos meus irmáns gústalles o fútbol
Isto tamén se debe ter en conta cando concorren varios pronomes e contraen ( ver cadro
de contraccións).
Exercicio 4/Pronome
Pronominaliza (é dicir, cambia por un pronome) o CI de 3ª persoa.
Ex.: Entregou un paquete ó veciño: Entregaulle un paquete
1. Contamos aos nosos pais o que nos pasara na festa
2. Non dixo toda a verdade á filla
3. Iso trouxo a el problemas
4. Terás que levar ao oculista os lentes vellos
5. Has entregar ao profesor o traballo en limpo
6. Non deas a eles o que non che deron a ti
7. Deu un bico aos pais pola mañá
8. Amosei aos visitantes os museos da cidade
9. Faltou pouco a eles para aprobar; a ela non fai falta axuda
10. Deu un premio aos fillos.
 Combinación de pronomes átonos
Os pronomes de OI combínanse cos pronomes de OD de P3 e P6 cando aparecen xuntos
nunha oración e contraen.
Contraccións
O A OS AS
O pronome persoal 5
ME Mo ma Mos Mas
CHE Cho cha chos Chas
LLE Llo lla llos Llas
NOS Nolo nola nolos Nolas
VOS Volo vola volos Volas
LLES Llelo llela llelos Llelas
Cando pronominalizámo-lo CI e mailo CD, aparecen as contraccións de ámbolos dous
pronomes. Fíxate que en primeiro lugar vai sempre o de CI.
Exercicio 5 /pronome
Pronominaliza o CI e mailo CD, facendo as contraccións que cumpra.
Ex.: Fíxo unha empanada ós seus invitados: Fíxollela
1. Sirve o caldo aos teus irmáns
2. Fai os deberes á súa irmá porque ela non sabe
3. Di a verdade a estes homes
4. Tróuxonos un regalo ben bonito
5. Ensinouvos todo canto sabía
6. Darei a ti todo canto me pidas
7. Non che quero esas nabizas
8. ¡Quen vos dera este pastel!
9. Non me fagas ese feo
10. Hei dar a vós todo o meu.
11. Ti queres un peixe e eu quero cirolas
12. Tráevos o que encargastes.
13. Alguén lles contou esa historia.
14. Non me manisfestou o seu pésame
15. Creo que mañá lle entregan a condecoración
O pronome persoal 6
 Colocación
O ponome en galego pode ir antes do verbo (proclítico) ou despois (enclítico):
 Vai despois do verbo por regra xeral. O pronome átono nunca comeza unha
oración. Tamén vai despois nas oraciós simples ou nas coordinadas, ou
principais das compostas:
Díxoo e calou Henrique pediume o diccionario e deixoume un lapis
Pepe díxome que che deixase o caderno
 Vai antes nas oraciós subordinadas:
Dixo que o vira Chamoume cando me viu
 Tamén vai antes cando a oración é negativa, introducida por un adverbio ou
unha conxunción negativa:
Nin o fixen nin o farei. Ninguén a viu por aquí
Mais se houbese unha pausa trala forma negativa, o resto da oración considérase
independente:
Non; prométoche que non, e o pronome volve á súa posición enclítica.
 Vai antes nas oracións introducidas por un pronome interrogativo ou
exclamativo.
Que che dixo iso? Canto me impresionou!
 Vai antes nas oracións introducidas por algúns (non todos) adverbios e locucións
adverbiais, e pronomes determinantes ( indefinidos…), pero non todos.
NOTA: Aqueles que falamos galego confiamos no uso que nos facemos da lingua
( o que nos soa).
Sempre vos digo a verdade Todos me coñecedes
 Tamén vai antes cando a oración é enfática.
Nunha pedra me sentei
 Nas oracións nas que hai unha perífrase ou un verbo conxugado seguido de
infinitivo e xerundio hai varias posibilidades de colocaciñon para os pronomes.
Téñollo que mirrar Teño que llo mirar Teño que mirarllo
O pronome persoal 7
Exercicio6/ Pronome
Nas seguintes oracións coloca o pronome átono onde corresponda, tendo en conta a
negación, a entoación e se a oración é simple ou composta, …
1. ¡Que cousas………..dixo………. (lle)
2. ¡Como…………puxo………….. ( se)
3. Non……………fagas………….iso (nos)
4. Moito………….repetín, ……… pero nunca…….fixo…….. caso (llo, me)
5. Di………a verdade que eles………queren……….ben (lles, te)
6. Nunca……..dixo………nada que……..molestase………(lles, lles)
7. Mal raio ……….. parta………. Eu non………..aturo…….. (te, te)
Exercicio 7 / pronome
Coloca o pronome átono onde corresponda.
1. Ningúen………. Fará………….. cambiar de opinión (me)
7. Ningunha compensacion……………resarciría………desa perda (vos)
8. Ningún dos amigos……….abandonou………naquel transo (a)
1. Eses ovos facían unha boa tortilla (che)
2. Non me gorentan os doces (che)
5. Señores, eses……….son………… perigosos (lles)
16. Señora…………son………….ben bos estes grelos (lle)
18. Todo…………foi………..un invento dela (che)
Exercicio 8/ pronome
Transforma estas oracións comezándoas pola palabra que propoñemos en cada
caso. Nalgún caso hai que substituír a palabra incial. ten en conta o estudado sobre
a colocación.
1. Dareiche a receita. Axiña…
2. Obrigábana a calar. Sempre…
3. Todos che piden que volvas. Eles …
4. Contoumo o teu tío Alberte. Xa …
5. Chámame despois das dez e media. Nunca …
6. Ninguén volas dará de balde. Laura ….
7. Dixéronmo a min. Tamén …
8. Fíxoo moi mal. Seica…
9. Díxome quenon ía ir. Sempre…
10. Fúcheste cedo da festa. Dígoche que …
O pronome persoal 8
Exercicio 9/ pronome
Xustifica a posición respecto do verbo dos pronomes persoais átonos destacados
neste texto.
“Unha vez fun á prais con dous compañeiros de Lalín do cuartel. Collemos o tranvía a
Marín e fomo a lourizán, ao pé das monxas. Habíache moita xente fina e nós non
tiñamos traxe así que agardamos a que estivese a Praia case baleira e bañámonos en
calzóns.
Os de Lalín estaban pasmados, nunca tal viran. Era a primeira vez que vían o mar e
asistaronse moito cando me viron ir, pouco a pouco, cara a Praia de Lourido, que
estaba en fronte. A marea estaba baixa e case dei chagado ata a outra beira a pé, pero
tiven que darme volta cando xa a auga me daba polos cóbados e unha onda me quixo
levar cara a ondee u non quería. Non lle tiña moito medo á auga, aínda que daquela
non sabía nadar.”
Exercicio 10/ Pronome
Corrección. Se entendiches ata aquí, saberás facer este último. Corrixe os erros das
frases seguintes.
1. Me parece que desta aprendinme a colocación do pronome
2. Non che vin onte no cine
3. Non se o prestes, que mérqueo ela
4. Dime quen che o fixo
5. Me verás ou non me verás
6. Vos tedes que ir de contado
7. Paréceme que estaste metendo de máis
8. Díxolles que axudaríaos
9. Se vésme pedir axuda, vaite agora mesmo
10. Os acabei, os exercicios, ¡por fin!

Más contenido relacionado

Destacado (10)

La parte sólida de la Tierra 7 - Utilidad de los minerales
La parte sólida de la Tierra 7 - Utilidad de los mineralesLa parte sólida de la Tierra 7 - Utilidad de los minerales
La parte sólida de la Tierra 7 - Utilidad de los minerales
 
Tema 4 minerales y rocas
Tema 4 minerales y rocasTema 4 minerales y rocas
Tema 4 minerales y rocas
 
Solucionario 1º eso Santillana
Solucionario 1º eso Santillana Solucionario 1º eso Santillana
Solucionario 1º eso Santillana
 
Minerales y Rocas - 1 ESO
Minerales y Rocas - 1 ESOMinerales y Rocas - 1 ESO
Minerales y Rocas - 1 ESO
 
Los vegetales
Los vegetalesLos vegetales
Los vegetales
 
Adaptaciones. (Adrian, Paco y Alberto).
Adaptaciones. (Adrian, Paco y Alberto).Adaptaciones. (Adrian, Paco y Alberto).
Adaptaciones. (Adrian, Paco y Alberto).
 
Las plantas
Las plantasLas plantas
Las plantas
 
Clave dicotómica
Clave dicotómicaClave dicotómica
Clave dicotómica
 
Los vegetales
Los vegetalesLos vegetales
Los vegetales
 
La tierra un_planeta_habitado
La tierra un_planeta_habitadoLa tierra un_planeta_habitado
La tierra un_planeta_habitado
 

Similar a O+pronome+persoal

Os pronomes persoais
Os pronomes persoaisOs pronomes persoais
Os pronomes persoaisLoli Cid Cid
 
FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl
FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci SuplFuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl
FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci SuplRomán Landín
 
PresentacióN Sintaxe (Unidades E FuncióNs)
PresentacióN Sintaxe (Unidades E FuncióNs)PresentacióN Sintaxe (Unidades E FuncióNs)
PresentacióN Sintaxe (Unidades E FuncióNs)netcharo
 
Clausula funcions primarias
Clausula funcions primariasClausula funcions primarias
Clausula funcions primariasAmparo Cereixo
 
Cláusula funcions primarias
Cláusula funcions primariasCláusula funcions primarias
Cláusula funcions primariasAmparo Cereixo
 
Presentación pronome persoal
Presentación pronome persoalPresentación pronome persoal
Presentación pronome persoalalbertomuniz
 
Cadros comparativos ben mal
Cadros comparativos ben malCadros comparativos ben mal
Cadros comparativos ben malalbertomuniz
 
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0Lingua_Galega_3_Resumo_curs0
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0Carmela Garcia
 
R8 lingua sexto
R8 lingua sextoR8 lingua sexto
R8 lingua sextoFiz
 
A LINGUAXE EN EDUCACIÓN INFANTIL
A LINGUAXE EN EDUCACIÓN INFANTILA LINGUAXE EN EDUCACIÓN INFANTIL
A LINGUAXE EN EDUCACIÓN INFANTILaurorarra
 
Aspectos concretos de Morfosintaxe. 2º BAC
Aspectos concretos de Morfosintaxe. 2º BACAspectos concretos de Morfosintaxe. 2º BAC
Aspectos concretos de Morfosintaxe. 2º BACAmparo Cereixo
 
Clausulas coordenadas
Clausulas coordenadasClausulas coordenadas
Clausulas coordenadasLoli Cid Cid
 

Similar a O+pronome+persoal (20)

Os pronomes persoais
Os pronomes persoaisOs pronomes persoais
Os pronomes persoais
 
FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl
FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci SuplFuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl
FuncióNs SintáCticas 2 Cd Ci Supl
 
PresentacióN Sintaxe (Unidades E FuncióNs)
PresentacióN Sintaxe (Unidades E FuncióNs)PresentacióN Sintaxe (Unidades E FuncióNs)
PresentacióN Sintaxe (Unidades E FuncióNs)
 
Clausula funcions primarias
Clausula funcions primariasClausula funcions primarias
Clausula funcions primarias
 
Cláusula funcions primarias
Cláusula funcions primariasCláusula funcions primarias
Cláusula funcions primarias
 
Pronome persoa.pdf
Pronome persoa.pdfPronome persoa.pdf
Pronome persoa.pdf
 
Presentación pronome persoal
Presentación pronome persoalPresentación pronome persoal
Presentación pronome persoal
 
Cadros comparativos ben mal
Cadros comparativos ben malCadros comparativos ben mal
Cadros comparativos ben mal
 
O pronome persoal
O pronome persoal O pronome persoal
O pronome persoal
 
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0Lingua_Galega_3_Resumo_curs0
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0
 
Diptico infantil
Diptico infantilDiptico infantil
Diptico infantil
 
R8 lingua sexto
R8 lingua sextoR8 lingua sexto
R8 lingua sexto
 
Determinantes
DeterminantesDeterminantes
Determinantes
 
A LINGUAXE EN EDUCACIÓN INFANTIL
A LINGUAXE EN EDUCACIÓN INFANTILA LINGUAXE EN EDUCACIÓN INFANTIL
A LINGUAXE EN EDUCACIÓN INFANTIL
 
Pronome persoal
Pronome persoalPronome persoal
Pronome persoal
 
Aspectos concretos de Morfosintaxe. 2º BAC
Aspectos concretos de Morfosintaxe. 2º BACAspectos concretos de Morfosintaxe. 2º BAC
Aspectos concretos de Morfosintaxe. 2º BAC
 
Morfosintaxe
MorfosintaxeMorfosintaxe
Morfosintaxe
 
Clausulas coordenadas
Clausulas coordenadasClausulas coordenadas
Clausulas coordenadas
 
Sintaxe
SintaxeSintaxe
Sintaxe
 
Sintaxe tradicional
Sintaxe tradicionalSintaxe tradicional
Sintaxe tradicional
 

O+pronome+persoal

  • 1. O pronome persoal 1 O PRONOME Definición do pronome O pronome é a palabra que vai en lugar do substantivo e desempeña na oración a mesma función. Hai dous tipos de pronomes, segundo actúen nas oracións: pronomes persoais e pronomes determinantes (demostrativos, posesivos, indefinidos, relativos, numerais, interrogativos e exclamativos). O PRONOME PERSOAL Tipos de pronomes persoais Distínguense as formas tónicas das formas átonas. As tónicas desempeñan a función de suxeito (1), complemento con preposición (2) e constitúen o segundo elemento da comparación (3). (1) Eu, ti, … estudian (2) Os pasteis son para vós; as galletas para elas (3) É máis alto ca min As formas átonas, carecen de acento de intensidade propio, van enclíticas (despois) ou proclíticas (antes) ao verbo. Desempeñan as funcións de CD e Cl.  Pillouvos axiña,  Deilles todo todo,  Non nos dixo a verdade. Os cadros dos pronomes persoais Formas tónicas suxeito complem. con prepos. complem. con prep. Con non reflexivos reflexivos non reflexivos Reflexivos SING 1ª EU MIN COMIGO 2ª TI CONTIGO 3ª EL SI CONSIGO ELA PLURAL 1ª NÓS/ NOSOUTROS, -AS CONNOSCO 2ª VÓS/ VOSOUTROS, -AS (VOSTEDES) CONVOSCO
  • 2. O pronome persoal 2 3ª ELES CONSIGO ELAS Formas átonas non reflexivos Reflexivos CD CI SING 1ª ME 2ª TE CHE 3ª O LO NO LLE SE A LA NA PLURAL 1ª NOS 2ª VOS 3ª OS LOS NOS LLES SE Exercicio 1/ pronome Localiza os pronomes persoais deste texto. Analízaos morfoloxicamente, coma no exemplo proposto: Ex.: me: pronome persoal átono, P1, non reflexivo. “Nas San Lucas de Mondoñedo atopeime co Vilarego de Rubal que estaba escollendo pulpo para o almorzó. Saudámonos amistosamente. Atopoume gordo, pero mozo e elegante, convidoume cun habano, e entón eu leveino a tomar algo comigo, e el deixou o pilpo para logo. Gústalle máis ao Vilarego a conversa que o pulpo. Mercou nestas feiras unha zamarra negra. O Vilarego é de media estatura, roibo e colorado, e os ollos azuis. Gasta sombreiro, mercado en Pimentel, en Lugo, e lévao sempre coa copa abombada, sen partir.(…). acendeu un pito e miroume, calado. - Entón non sabe o que pasou en Rubal?- Pregúntame. Dígolle que non oín nada.”  Uso de o, a, os, as/ lo, la, los, las/ no, na, nos, nas. Para a p3 e P6 hai varias formas (o, lo, no, …). O seu uso varía segundo a palabra que os precede.
  • 3. O pronome persoal 3  Úsase lo, la, los, las despois de verbos rematados en –r ou –s ou tras os pronomes nos, vos e lles: Esas cereixas quería probalas eu (probar+as) Xa volo dixen ( vos+o)  Utilízase no, na, nos, nas despois dos verbos rematados en ditongo: O bolso levouno pola mañá A chave gardeina aí Exercicio 2/ pronome Substitúe os elementos en negra polos pronomes persoais axeitados: 1. Mandei + os paquetes + a ti : 2. Rompín + o reloxo + a Mónica: 3. Enviou + os parabens + aos meus amigos: 4. Curaches + unha doenza + a min: 5. Pedín + un aumento + aos meus xefes: 6. Puxeron + unha inxección + ti?: 7. Deixastes + os rapaces: 8. Quixeron + os xelados que compramos: 9. Deixou + os exercicios sen facer: 10. Comprou + uns cadros+ a aqueles homes: 11. Coñecemos + a solución: 12. Entregaron + o diploma + ao neno:  Uso de te / che Os pronomes átonos de P2 te e che teñen diferentes función. O pronome te sempre actúa como OD, mentres que a función de che é OI. Botáronte da clase? Botáronche auga? Para recoñecer cando cómpre usar te ou che, pode ser útil facer o paso da oración de P2 a P3. Se na P3 o pronome que aparece é o ou a, na P2 deberiamos usar te. Se na P3 aparecese lle, na P2 empregaremos che. P3 Botárono da clase P2 Botáronte da clase P3 Felicitouno polo seu traballo P2 Felicitoute polo teu traballo Exercicio 3/ pronome Emprega conforme cumpra os pronomes te ou che. 1. Arrepintiras…… disto. 2. Elas atacaron…. e ti non …. defendiches. 3. Quen ….. fará ese favor?
  • 4. O pronome persoal 4 4. Chamaron…. por megafonía. 5. Os teus país aconsella….. ben. Deixa…. guier por eles. 6. Non …. rendas axiña. 7. mentres ti …. duchas, lavaresmos….. a roupa. 8. Eles ofrencen….. unha boa oportunidade. 9. Vou…. contar un segredo. 10. Atopo… todos os días no camino, pero non …. digo nada. 11. Chamaron…. por teléfono e cantaron…. as corenta.  Uso de lle/ lles O pronome lle de P3 emprégase cando o obxecto indirecto (OI) ao que se refire é singular, mentres que o pronome lles de P6 úsase cando ese OI é plural. Ao meu irmán gústalle o fútbol Aos meus irmáns gústalles o fútbol Isto tamén se debe ter en conta cando concorren varios pronomes e contraen ( ver cadro de contraccións). Exercicio 4/Pronome Pronominaliza (é dicir, cambia por un pronome) o CI de 3ª persoa. Ex.: Entregou un paquete ó veciño: Entregaulle un paquete 1. Contamos aos nosos pais o que nos pasara na festa 2. Non dixo toda a verdade á filla 3. Iso trouxo a el problemas 4. Terás que levar ao oculista os lentes vellos 5. Has entregar ao profesor o traballo en limpo 6. Non deas a eles o que non che deron a ti 7. Deu un bico aos pais pola mañá 8. Amosei aos visitantes os museos da cidade 9. Faltou pouco a eles para aprobar; a ela non fai falta axuda 10. Deu un premio aos fillos.  Combinación de pronomes átonos Os pronomes de OI combínanse cos pronomes de OD de P3 e P6 cando aparecen xuntos nunha oración e contraen. Contraccións O A OS AS
  • 5. O pronome persoal 5 ME Mo ma Mos Mas CHE Cho cha chos Chas LLE Llo lla llos Llas NOS Nolo nola nolos Nolas VOS Volo vola volos Volas LLES Llelo llela llelos Llelas Cando pronominalizámo-lo CI e mailo CD, aparecen as contraccións de ámbolos dous pronomes. Fíxate que en primeiro lugar vai sempre o de CI. Exercicio 5 /pronome Pronominaliza o CI e mailo CD, facendo as contraccións que cumpra. Ex.: Fíxo unha empanada ós seus invitados: Fíxollela 1. Sirve o caldo aos teus irmáns 2. Fai os deberes á súa irmá porque ela non sabe 3. Di a verdade a estes homes 4. Tróuxonos un regalo ben bonito 5. Ensinouvos todo canto sabía 6. Darei a ti todo canto me pidas 7. Non che quero esas nabizas 8. ¡Quen vos dera este pastel! 9. Non me fagas ese feo 10. Hei dar a vós todo o meu. 11. Ti queres un peixe e eu quero cirolas 12. Tráevos o que encargastes. 13. Alguén lles contou esa historia. 14. Non me manisfestou o seu pésame 15. Creo que mañá lle entregan a condecoración
  • 6. O pronome persoal 6  Colocación O ponome en galego pode ir antes do verbo (proclítico) ou despois (enclítico):  Vai despois do verbo por regra xeral. O pronome átono nunca comeza unha oración. Tamén vai despois nas oraciós simples ou nas coordinadas, ou principais das compostas: Díxoo e calou Henrique pediume o diccionario e deixoume un lapis Pepe díxome que che deixase o caderno  Vai antes nas oraciós subordinadas: Dixo que o vira Chamoume cando me viu  Tamén vai antes cando a oración é negativa, introducida por un adverbio ou unha conxunción negativa: Nin o fixen nin o farei. Ninguén a viu por aquí Mais se houbese unha pausa trala forma negativa, o resto da oración considérase independente: Non; prométoche que non, e o pronome volve á súa posición enclítica.  Vai antes nas oracións introducidas por un pronome interrogativo ou exclamativo. Que che dixo iso? Canto me impresionou!  Vai antes nas oracións introducidas por algúns (non todos) adverbios e locucións adverbiais, e pronomes determinantes ( indefinidos…), pero non todos. NOTA: Aqueles que falamos galego confiamos no uso que nos facemos da lingua ( o que nos soa). Sempre vos digo a verdade Todos me coñecedes  Tamén vai antes cando a oración é enfática. Nunha pedra me sentei  Nas oracións nas que hai unha perífrase ou un verbo conxugado seguido de infinitivo e xerundio hai varias posibilidades de colocaciñon para os pronomes. Téñollo que mirrar Teño que llo mirar Teño que mirarllo
  • 7. O pronome persoal 7 Exercicio6/ Pronome Nas seguintes oracións coloca o pronome átono onde corresponda, tendo en conta a negación, a entoación e se a oración é simple ou composta, … 1. ¡Que cousas………..dixo………. (lle) 2. ¡Como…………puxo………….. ( se) 3. Non……………fagas………….iso (nos) 4. Moito………….repetín, ……… pero nunca…….fixo…….. caso (llo, me) 5. Di………a verdade que eles………queren……….ben (lles, te) 6. Nunca……..dixo………nada que……..molestase………(lles, lles) 7. Mal raio ……….. parta………. Eu non………..aturo…….. (te, te) Exercicio 7 / pronome Coloca o pronome átono onde corresponda. 1. Ningúen………. Fará………….. cambiar de opinión (me) 7. Ningunha compensacion……………resarciría………desa perda (vos) 8. Ningún dos amigos……….abandonou………naquel transo (a) 1. Eses ovos facían unha boa tortilla (che) 2. Non me gorentan os doces (che) 5. Señores, eses……….son………… perigosos (lles) 16. Señora…………son………….ben bos estes grelos (lle) 18. Todo…………foi………..un invento dela (che) Exercicio 8/ pronome Transforma estas oracións comezándoas pola palabra que propoñemos en cada caso. Nalgún caso hai que substituír a palabra incial. ten en conta o estudado sobre a colocación. 1. Dareiche a receita. Axiña… 2. Obrigábana a calar. Sempre… 3. Todos che piden que volvas. Eles … 4. Contoumo o teu tío Alberte. Xa … 5. Chámame despois das dez e media. Nunca … 6. Ninguén volas dará de balde. Laura …. 7. Dixéronmo a min. Tamén … 8. Fíxoo moi mal. Seica… 9. Díxome quenon ía ir. Sempre… 10. Fúcheste cedo da festa. Dígoche que …
  • 8. O pronome persoal 8 Exercicio 9/ pronome Xustifica a posición respecto do verbo dos pronomes persoais átonos destacados neste texto. “Unha vez fun á prais con dous compañeiros de Lalín do cuartel. Collemos o tranvía a Marín e fomo a lourizán, ao pé das monxas. Habíache moita xente fina e nós non tiñamos traxe así que agardamos a que estivese a Praia case baleira e bañámonos en calzóns. Os de Lalín estaban pasmados, nunca tal viran. Era a primeira vez que vían o mar e asistaronse moito cando me viron ir, pouco a pouco, cara a Praia de Lourido, que estaba en fronte. A marea estaba baixa e case dei chagado ata a outra beira a pé, pero tiven que darme volta cando xa a auga me daba polos cóbados e unha onda me quixo levar cara a ondee u non quería. Non lle tiña moito medo á auga, aínda que daquela non sabía nadar.” Exercicio 10/ Pronome Corrección. Se entendiches ata aquí, saberás facer este último. Corrixe os erros das frases seguintes. 1. Me parece que desta aprendinme a colocación do pronome 2. Non che vin onte no cine 3. Non se o prestes, que mérqueo ela 4. Dime quen che o fixo 5. Me verás ou non me verás 6. Vos tedes que ir de contado 7. Paréceme que estaste metendo de máis 8. Díxolles que axudaríaos 9. Se vésme pedir axuda, vaite agora mesmo 10. Os acabei, os exercicios, ¡por fin!