ESPAZOS DO SECTOR PRIMARIO
VOCABULARIO
ACUICULTURA
Conxunto de técnicas de cría
de organismos fluviais ou
mariños (peixes, crustáceos,
moluscos, plantas acuática...
AGRICULTURA ECOLÓXICA
Sistema de produción agropecuario baseado en
prácticas sustentables que posibiliten unha
óptima util...
DENOMINACIÓN DE ORIXE
Marca de calidade que se
aplica a produtos
diferenciados, orixinarios
dunha zona xeográfica, da
que ...
DESAGRARIZACIÓN
Este termo designa a perda de
importancia da actividade agrícola nun
territorio rural e, conseguintemente,...
EXPLOTACIÓN INTENSIVA
Sistemas de produción polo que se
pretende obter a maior cantidade
posible de produtos na menor
supe...
FONDOS ESTRUTURAIS
Instrumentos financeiros da política rexional da
UE, encamiñada a reducir as desigualdades de
desenvolv...
POLÍTICA AGRARIA COMÚN (P.A.C)
A Política Agraria Común foi posta
en marcha en 1962 pola CEE para
impulsar a mellora da
pr...
POLÍTICA PESQUEIRA COMUNITARIA
Conxunto de políticas e normas
comúns para regular e fomentar a
pesca e a acuicultura nos E...
SILVICULTURA
Conxunto de técnicas e actividades
destinadas á conservación e
aproveitamento dos montes. O seu
obxectivo fun...
TRANSXÉNICOS
Plantas (ou mesmo animais)
modificados xeneticamente. Isto é,
foron sometidos a alteración dalgún
dos seu xen...
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

09 vocabulario sector primario

758 visualizaciones

Publicado el

Presentación sobre vocabulario relacionado co sector primario español. Xeografía 2ºBAC

Publicado en: Educación
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

09 vocabulario sector primario

  1. 1. ESPAZOS DO SECTOR PRIMARIO VOCABULARIO
  2. 2. ACUICULTURA Conxunto de técnicas de cría de organismos fluviais ou mariños (peixes, crustáceos, moluscos, plantas acuáticas). As instalacións acuícolas poden ubicarse tanto en enclaves naturais, caso das rías galegas, como en tanques ou estanques ubicados en terra firme. Piscifactoria de STOLT SEA FARM en Cabo Vilán Licenza GFDL, by Estevoaei, Wikipedia Batea na ría de Vigo. Xelo2004 from gl [GFDL (http://www.gnu.org/copyleft/fdl.html) or CC-BY-SA-3.0 (http://creativecommons.org/licenses/by- sa/3.0/)], via Wikimedia Commons
  3. 3. AGRICULTURA ECOLÓXICA Sistema de produción agropecuario baseado en prácticas sustentables que posibiliten unha óptima utilización dos recursos naturais sen empregar produtos químicos de síntese (abonos, praguicidas....) nin organismos xeneticamente modificados (OXM, transxénicos) cos obxectivos seguintes: obter alimentos saudables, conservar a fertilidade da terra, preservar a biodiversidade e respectar o medio ambiente. Aínda que a súas prácticas teñen moitos elementos en común coas agriculturas tradicionais, a súa expansión nos países desenvolvidos é bastante recente. Denomínase tamén agricultura orgánica ou biolóxica.
  4. 4. DENOMINACIÓN DE ORIXE Marca de calidade que se aplica a produtos diferenciados, orixinarios dunha zona xeográfica, da que toman o nome e con características reguladas que os distinguen claramente doutro. Selo da Denominación de Orixe vitícola TORO. Atribución: By Xemenendura (Own work) [CC-BY-SA-3.0 (http://creativecommons.org/licenses/ by-sa/3.0)], via Wikimedia Commons
  5. 5. DESAGRARIZACIÓN Este termo designa a perda de importancia da actividade agrícola nun territorio rural e, conseguintemente, daquelas institucións vinculadas a esta actividade e que viñan tendo un papel básico na organización da vida social, caso da explotación familiar agraria, a propiedaDe da terra como base da estratificación social, os sistemas de xestion comunal dos recursos agrícolas, etc . Casa abandonada nos Ancares. Atribución: imaxe propia
  6. 6. EXPLOTACIÓN INTENSIVA Sistemas de produción polo que se pretende obter a maior cantidade posible de produtos na menor superficie posible.. A obtención de altos rendementos por unidade de superficie esixe un uso intensivo de factores de produción distintos á terra, isto é, o traballo (man de obra), o capital (insumos, investimentos...) e tecnoloxía agronómica. Explotación intensiva de vacún. FONTE: Banco de Imágenes y Sondidos do INTEF (CC BY-NC-SA 3.0)
  7. 7. FONDOS ESTRUTURAIS Instrumentos financeiros da política rexional da UE, encamiñada a reducir as desigualdades de desenvolvemento entre as rexións e os Estados membros garantindo a cohesión económica e social. Os máis importantes son: o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), creado en 1975 para contribuír ao financiamento da construción de infraestruturas e de inversiósn produtivas para a xeración de emprego, e o Fondo Social Europeo (FSE), establecido en 1952 e destinado a financiar accións de formación de traballadores e sectores desfavorecidos (parados, minorías excluídas...). Funcións semellantes desempeñan o Fondo de Cohesión ou o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER, herdeiro do antigo FEOGA-garantía). Actuación cofinanciada polo FEDER. Atribución: By HombreDHojalata (Own work) [CC- BY-SA-3.0 (http://creativecommons.org/licenses/by- sa/3.0)], via Wikimedia Commons
  8. 8. POLÍTICA AGRARIA COMÚN (P.A.C) A Política Agraria Común foi posta en marcha en 1962 pola CEE para impulsar a mellora da produtividade agrícola, de xeito que os consumidores dispuxesen dun fornecemento estable de alimentos a prezos razoables e os produtores acadasen unhas rendas suficientes mediante subvencións e sistemas de garantía dos prezos agrícolas. A PAC foi obxecto de fondas revisións en 1985 e 2003. Bandeira da U.E. Atribución: by phl59 avril 2005. {{cc-by-sa-2.0}}, via WIKIMEDIA COMMONS
  9. 9. POLÍTICA PESQUEIRA COMUNITARIA Conxunto de políticas e normas comúns para regular e fomentar a pesca e a acuicultura nos Estados membros da Unión Europea. Pretende garantir unhas prácticas pesqueiras sostibles e respectuosas co medio mariño, axudar a que os produtores reciban un prezo axustado polos seus produtos, fomentar o desenvolvemento da acuicultura e negociar en nome dos Estados membros da UE acordos de pesca co resto dos Estados do mundo. Recollida das capturas na cuberta dun pesqueiro By Photographer: Captain Robert A. Pawlowski, NOAA Corps (Fisheries Collection, Image ID: fish0012) [Public domain], via Wikimedia Commons
  10. 10. SILVICULTURA Conxunto de técnicas e actividades destinadas á conservación e aproveitamento dos montes. O seu obxectivo fundamental é mellorar o produción e manexo da madeira, pero tamén debe actuar sobre a protección e rexeración dos montes e os seus solos, previr os incendios, controlar as pragas e favorecer o desenvolvemento doutros usos do monte. Explotación forestal Atribución: By Przykuta (Own work) [GFDL (http://www.gnu.org/copyleft/fdl.html), CC-BY-SA-3.0 (http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/) or CC-BY- SA-2.5-2.0-1.0 (http://creativecommons.org/licenses/by- sa/2.5-2.0-1.0)], via Wikimedia Commons
  11. 11. TRANSXÉNICOS Plantas (ou mesmo animais) modificados xeneticamente. Isto é, foron sometidos a alteración dalgún dos seu xenes ou que recibiron xenes doutros organismos para dotalas de certas propiedades que facilitan a produción agraria: resistencia a malas herbas e pragas, adaptación a medios difíciles, produtividade, resistencia aos tratamentos fitosanitarios, etc. Protesta de gandeiros contra os transxénicos Atribución: By Mr. Tickle (Own work) [CC-BY-SA-3.0 (http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0) or GFDL (http://www.gnu.org/copyleft/fdl.html)], via Wikimedia Commons

×