1. [ E s c r i b i r e l n o m b r e d e
l a c o m p a ñ í a ]
[ E s c r i b i r l a d i r e c c i ó n
d e l a c o m p a ñ í a ]
[ E s c r i b i r e l n ú m e r o d e
t e l é f o n o ]
[ E s c r i b i r e l n ú m e r o d e
f a x ]
[ S e l e c c i o n a r f e c h a ]
RicardoUlla 20102011
[Escriba aquí una descripción breve del documento.
Una descripción breve es un resumen corto del
contenido del documento. Escriba aquí una
descripción breve del documento. Una descripción
breve es un resumen corto del contenido del
documento.]
TRABALLO
POUCO
2. ÍNDICE
Criterios de Avaliación..........................................................................................................3
Mínimos esixibles.................................................................................................................4
Procedementos e instrumentos de avaliación......................................................................5
Criterios mínimos de avaliación ...........................................................................................6
Instrumentos de cualificación................................................................................................7
Normas de convivencia e obrigas do alumnado ..................................................................8
3. IMA 2010/11. Programación didáctica
Documentación
28th septiembre 2010 –
Criterios de Avaliación
o A capacidade de identificar os avances ao largo da historia nas
tecnoloxías da información e a comunicación e a súa repercusión na
evolución estética dos mensaxes audiovisuais.
o A destreza e espírito crítico do alumnado para identificar e manipular os
diferentes produtos audiovisuais a os que ten acceso seguindo criterios
estéticos.
o Capacidade reflexiva e analítica para marcar as diferenzas entre realidade
e a súa imaxe, nas súas diversas formas e medios de representación nos
medios audiovisuais e de comunicación.
o Analizar os elementos espaciais e temporais, ase como outras
características básicas do significado e sentido na lectura de imaxes tanto
fixas como en movemento.
o Analizar e comprender, por parte do alumnado, os diferentes niveis de
lectura dunha mesma imaxe.
o Analizar producións radiofónicas e televisivas identificando as
características de xénero e diferenciando cos roles sociais máis comúns
nas producións audiovisuais
o Identificar os elementos básicos da linguaxe audiovisual
o Capacidade de utilizar, tanto de maneira individual como en grupo, os
elementos básicos do medio audiovisual para realizar traballos con
imaxes fixas e con imaxes en movemento.
o Capacidade para combina a creación visual con elementos sonoros.
o Relacionar os conceptos de plano, escena e secuencia coas súas
dimensións comunicativas e narrativas, ase como coas súas funcións
espaciais e temporais
o Valorar a capacidade para crear e analizar mensaxes visuais e sonoros
avaliando a estrutura do mensaxe e su eficacia comunicativa.
o Capacidade para estruturar un guión a partir da adaptación dunha obra
literaria, dunha idea ou dun acontecemento.
o Capacidade de aplicar ou integrar o medio audiovisual como linguaxe
expresivo nos conflitos do seu entorno social ou educativo.
o Visión critica e selectiva ante os medios de produción audiovisual, sobre
a oferta radiofónica e televisiva, diferenciando as claves e os códigos
formais de cada xénero, ase como os tópicos recorrentes nos programas
de éxito.
o Actitude como receptor consciente, selectivo e crítico ante os mensaxes e
creacións audiovisuais.
o Capacidade de identificar e manipular as posibilidades das tecnoloxías da
información e a comunicación, con especial atención a os medios de
comunicación de libre acceso como internet.
o Aproveitamento dos recursos que ofrecen os medios audiovisuais,
avaliando os seus aspectos positivos e negativos.
4. o Recoñecer e reflexionar sobre as distintas funcións da publicidade,
diferenciando os elementos informativos e culturais de aqueles outros
relacionados coa emotividade, a sedución e a fascinación.
Capacidade para reflexionar e distinguir os diferentes elementos que inciden no receptor
das mensaxes publicitarias.
(volver o índice)
Mínimos esixibles
- Sintaxes da linguaxe audiovisual. Coñecemento e uso axeitado da sintaxes e
dos medios audiovisuais na creación de mensaxes.
- Emprego das TIC de xeito informativo e de xeito expresivo.
- Análise das características básicas, significado e sentido na lectura de
imaxes tanto fixas como en movemento.
- Lectura obxectiva e a subxectiva (denotación e connotación) dunha mesma
imaxe ou produción audiovisual.
- O proceso da comunicación publicitaria. Análise publicitaria.
- Colaboración en grupo. Respecto cara ás outras persoas, capacidade de
discusión e crítica e asunción das responsabilidades no traballo que require
calquera proxecto audiovisual.
- Mantemento e limpeza de equipamentos e instalacións
Criterios de cualificación
Os instrumentos utilizados para avaliar serán, entre outros:
o Probas sobre coñecementos teóricos.
o Probas teórico-prácticas, tanto individuais como colectivas
o Valoración de conceptos, procedementos e actitudes.
A nota de cada traballo individual:
o Un 60% do resultado e obxectivos a cumprir coa realización de cada
actividade, o que supoñerá ou non, a asimilación dos contidos
conceptuais que precederon cada actividade.
o Un 20% estará referido á súa actitude fronte as propostas, así como a súa
predisposición á experimentación, capacidade crítica cos seus propios
5. resultados, o seu nivel de esforzo e curiosidade, así como de respecto á
materia.
Por último o 20 % restante referirase á asistencia, entrega puntual
dos traballos, boa presentación dos mesmos, orde e a limpeza dos
materiais, propios e comúns. Tamén teremos en conta o
comportamento na aula, baseándose no respecto e a tolerancia
fronte os compañeiros e ao profesor, tamén valorarase o respecto
ó traballo alleo.
Os traballos non entregados sen causa xustificada terán de nota
un cero
En caso de entregar traballos fora de prazo, sen causa
xustificada, terán unha rebaixa na nota en proporción coa
tardanza na entrega.
A nota dos proxectos en grupo:
o Será dun 75% como traballo colectivo e nota de aportación persoal ao
traballo conxunto 25%
o A suma de ambas definen a nota do alumno polo proxecto en grupo.
Cualificación de las avaliacións parciais:
o A avaliación de cada trimestre será nun 75 % o resultado da media
aritmética dos exercicios, exames e demais probas de contido propostas
na avaliación.
o Nun 25% se valorarán durante o trimestre os instrumentos de
cualificación recollidos no apartado c) do punto 10 desta programación
Cualificación da avaliación final:
o A avaliación final será nun 75 % o resultado da media aritmética das
notas das tres avaliacións do curso.
o Nun 25% se valorarán durante todo o curso os instrumentos de
cualificación recollidos no apartado c) do punto 10 desta programación.
(volver o índice)
Procedementos e instrumentos de avaliación
Seguindo a programación xeral do centro, realizaránse tres avaliacións, unha
delas final. Para a cualificación usarán os seguintes procedementos de
avaliación:
Avaliación inicial
6. Ten lugar ó comezo do curso. Permite coñecer as circunstancias particulares de
cada alumno (coñecementos previos, nivel de desenrolo, estereotipos,
intereses…). Os resultados da avaliación teranse en conta para no
desenvolvemento da programación.
Avaliación formativa
Inclúe o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Adaptarase no posible ás
necesidades individuais de cada alumno. Pretende a obtención dos obxectivos
propostos para o curso.
Observación por parte do profesor da actitude participativa do alumno nas
actividades de clase e nos grupos de traballo.
Entre os instrumentos de avaliación sinalamos:
o Traballos individuais, nas avaliacións parciais en que se realicen
(comentario dun anuncio, reportaxe fotográfico, podcast, etc.)
o Traballos en equipo, en las avaliacións parciales en que se realicen (corto
de cine mudo e documento multimedia)
o Exames escritos, con preguntas teóricas e breves exercicios prácticos
relacionados cos contidos impartidos, tanto teóricos como prácticos.
(volver o índice)
Criterios mínimos de avaliación
o A destreza e espírito crítico do alumnado para identificar e manipular os
diferentes produtos audiovisuais a os que ten acceso seguindo criterios
estéticos.
o Analizar os elementos espaciais e temporais, ase como outras
características básicas do significado e sentido na lectura de imaxes tanto
fixas como en movemento.
o Analizar producións radiofónicas e televisivas identificando as
características de xénero e diferenciando cos roles sociais máis comúns
nas producións audiovisuais
o Identificar os elementos básicos da linguaxe audiovisual
o Relacionar os conceptos de plano, escena e secuencia coas súas
dimensións comunicativas e narrativas, ase como coas súas funcións
espaciais e temporais
o Capacidade de aplicar ou integrar o medio audiovisual como linguaxe
expresivo nos conflitos do seu entorno social ou educativo.
o Visión critica e selectiva ante os medios de produción audiovisual, sobre
a oferta radiofónica e televisiva, diferenciando as claves e os códigos
formais de cada xénero, ase como os tópicos recorrentes nos programas
de éxito.
7. o Actitude como receptor consciente, selectivo e crítico ante os mensaxes e
creacións audiovisuais.
o Capacidade de identificar e manipular as posibilidades das tecnoloxías da
información e a comunicación, con especial atención a os medios de
comunicación de libre acceso como internet.
o Recoñecer e reflexionar sobre as distintas funcións da publicidade,
diferenciando os elementos informativos e culturais de aqueles outros
relacionados coa emotividade, a sedución e a fascinación.
o Capacidade para reflexionar e distinguir os diferentes elementos que
inciden no receptor das mensaxes publicitarias.
(volver o índice)
Instrumentos de cualificación
Os instrumentos de avaliación máis adecuados que teremos en conta serán:
a) Resolución de exercicios prácticos. Dependendo da unidade propoñeremos
traballos específicos.
b) Elaboración e seguimento do traballo práctico dos alumnos ó longo do
curso. Os alumnos deberán ter un blog de aula dedicado á recollida e
intercambio de información e traballos da materia, tanto de conceptos teóricos
recibidos na clase coma dos traballos elaborados.
c) Actitude positiva no que se refire ós seguintes aspectos:
o Manexa o medio con claridade e corrección.
o É ordenado e limpo nas súas producións e no coidado do material.
o É metódico e sistemático no desenvolvemento do seu traballo.
o Sabe traballar individualmente ou en equipo segundo as necesidades
concretas de cada caso e axustándose ás condicións que se lle indican.
o Sabe seleccionar, organizar e manexar o material adecuado para o
desenvolvemento dunha actividade.
o Segue con atención as actividades da aula e realiza habitualmente as
tarefas de clase, demostrando interese polo traballo.
o Formula as dúbidas ou dificultades que se lle presentan e trata de corrixir
os erros propios, amosando afán de superación.
o Cumpre as normas de convivencia do centro, respectando o ben común e
o medio que o rodea, e non provoca conflitos no desenvolvemento
normal da clase.
o É tolerante, respectuoso, dialogante, sabe escoitar e respecta a quenda de
palabra, coopera cos seus compañeiros e profesores e amosa actitudes
solidarias.
o Asume responsabilidades e cumpre os compromisos, acabando os
traballos nos prazos asignados e traendo o material necesario para
traballar na clase.
d) Entendese por comportamento exemplar:
8. o Respectar as normas de convivencia.
o Respectar ós profesores e ós compañeiros.
o Presentar os traballos con limpeza e pulcritude.
o Entregar os traballos nos prazos sinalados.
o Realizar os traballos prácticos axuntándose ás condicións mínimas que
se lle indican.
o Coidar o material e mantén a orde e a limpeza no lugar de traballo.
o Traballar cumprindo as normas de hixiene e seguridade.
o Ser metódico e sistemático no desenvolvemento do seu traballo.
o Selecciona, organiza e manexa ben o material adecuado para o
desenvolvemento do seu traballo.
o Ser capaz de traballar autonomamente, sen necesidade de instrucións
concretas e constantes.
o Traballar ben en equipo.
(volver o índice)
Normas de convivencia e obrigas do alumnado
Todas as faltas contrarias ás normas de convivencia serán sancionadas de
acordo co establecido no Regulamento de Réxime Interno do Instituto.
o Considérase falta leve non levar á clase o material específico esixido
para traballar. Ás tres faltas leves acumuladas darase aviso ós pais do
alumno/a e o/a titor/a mediante un parte de incidencias. A quinta falta
de material por avaliación, significará un segundo parte de incidencias e
a sexta falta de material na avaliación significará o terceiro parte de
incidencias que se propoñerá inmediatamente en coñecemento da
xefatura de estudios, posto que a falta pasa a ser grave e merecer, polo
tanto, un parte sancionador. A sanción correspondente será en cada
caso a marcada no Regulamento de Réxime Interno.
o Cada alumno/a deberá coidar a súa mesa de traballo e deixala limpa
antes de finalizar a clase. O negarse a dita limpeza ou o esquecemento
reiterado neste labor será sancionado cun parte de incidencias que será
comunicado ao/á titor/a, aos pais e a xefatura de estudos.
o Se un alumno chega a clase cinco minutos ou máis despois de que toque
o timbre, considerarase como atraso. Tres atrasos acumulados terán a
condición de falta leve que da lugar a emisión dun parte de incidencias
que se comunicará ós pais e o/a titora do alumno. A persistencia nestes
feitos terán a consideración de falta contraria ás normas de conviven.