SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 50
TEMA 3:
A AGRICULTURA, A
GANDARÍA, A PESCA E
A SILVICULTURA
3º ESO
RPV
INTRODUCIÓN
● O sector primario abrangue as actividades relacionadas coa obtención e produción
de alimentos. Estas actividades son: a agricultura, a gandaría, a pesca e a
explotación dos bosques.
● Nos países ricos, a agricultura ten unha elevada produtividade grazas, entre
outros motivos, á tecnoloxía e á automatización de moitos procesos, mentres
que nos países pobres, as colleitas son escasas e irregulares.
● Desde un punto de vista económico, distínguese entre agricultura e gandaría de
subsistencia, orientada preferentemente ao abastecemento familiar, e agricultura
de mercado, que dirixe a produción á venda.
● A pesca actual presenta diversos problemas, debido á sobreexplotación das
especies e á falta de caladoiros. Esta situación obrigou a regular as capturas e
as zonas pesqueiras.
RPV
1.- A AGRICULTURA
● Agricultura: conxuntos de actividades económicas e técnicas
relacionadas co tratamento do chan e o cultivo da terra para a
produción de alimentos.
● Na actualidade, o 33,5% da poboación mundial traballa neste sector,
pero cando esta cifra se analiza por continentes, danse grandes
diferenzas.
● O seu desenvolvemento está moi condicionado por factores físicos
e humanos:
– O clima: Cada cultivo precisa unhas condicións climáticas, de
temperatura e de humidade, para o seu crecemento.
– O relevo. A agricultura adoita localizarse nas chairas e nos fondos
dos vales máis amplos. Ás veces, para aproveitar o terreo das
ladeiras das montañas construíronse terrazas ou socalcos.
– A textura do solo condiciona a retención de auga, e a acidez, que
limita a súa fertilidade.
– O aumento da poboación: demanda maior produción de alimentos,
polo que é necesario dispor de terreos agrícolas.
– Os medios técnicos e o destino final das colleitas: no mundo
atopamos a agricultura de subsistencia e a agricultura de mercado.
– As políticas agrarias dos países para mellorar o desenvolvemento
agrícola.
RPV
O SECTOR PRIMARIO
RPV
O SECTOR PRIMARIO
RPV
PRODUTOS AGRÍCOLAS MÁIS CULTIVADOS NO MUNDO
RPV
PRINCIPAIS PRODUTORES DE CEREAIS
RPV
2.- AS PAISAXES AGRARIAS
● Chamámoslle paisaxe agraria á paisaxe natural modificada co fin
de obter produtos da natureza.
● Os elementos que caracterizan as paisaxes agrarias son as:
A) As parcelas.
B) Os sistemas de cultivo
C) O poboamento.
RPV
2.- AS PAISAXES AGRARIAS
● Unha parcela ou leira é unha división do solo agrario, isto é, un anaco de solo
dedicado ao cultivo.
● As parcelas diferéncianse unhas doutras
– polo tamaño: grandes ou pequenas.
– pola forma: regulares ou irregulares.
– polos límites: cerradas ou abertas.
● Segundo estes criterios podemos distinguir dous tipos de paisaxes agrarias::
– A paisaxe de campos cerrados ou bocage, que se caracteriza por parcelas
cerradas por muros ou sebes. Este tipo de paisaxe dáse na Europa atlántica.
– A paisaxe de campos abertos ou openfield, formada por leiras abertas. Este
tipo de paisaxe é característica de Europa Central.
A) AS PARCELAS
RPV
2.- AS PAISAXES AGRARIAS
BOCAGE OPENFIELD
RPV
● Segundo a variedade de produtos que se cultivan nunha zona, distínguese entre:
– O policultivo, o espazo agrario divídese en moitas parcelas ou leiras de pequeno tamaño
para cultivar especies vexetais distintas.
– O monocultivo, o espazo agrario especialízase no cultivo dun só produto (cereal,
oliveira...).
● Segundo os sistemas de rega dos cultivos, as paisaxes pódense diferenciar entre regadíos e
secaños:
– Nas paisaxes de regadío, parte da rega faise de forma artificial, extráese do subsolo ou de
encoros e, a través de canles, aceas, aspersores, etc., condúcese ata os campos.
– Nas paisaxes de secaño, os cultivos só reciben a auga procedente da chuvia. Non
obstante, é frecuente utilizar técnicas de regadío en paisaxes tradicionalmente de secaño.
● Segundo o tipo de aproveitamento do solo, a agricultura pode ser intensiva ou extensiva:
– A agricultura intensiva: Prodúcese a maior cantidade de produtos no mínimo espazo
posible. Empréganse todo tipo de máquinas e recursos. Utilízanse fertilizantes e sementes
seleccionadas.
– A agricultura extensiva: A súa finalidade é obter a un prezo baixo grandes cantidades dos
produtos cultivados. As máquinas realizan gran parte do traballo. Para non ter que usar
fertilizantes practícase o barbeito.
2.- AS PAISAXES AGRARIAS
B) OS SISTEMAS DE CULTIVO
RPV
Policultivo
Monocultivo
2.- AS PAISAXES AGRARIAS
RPV
Secaño
Regadío
2.- AS PAISAXES AGRARIAS
RPV
Agricultura extensiva
Agricultura intensiva
2.- AS PAISAXES AGRARIAS
RPV
2.- AS PAISAXES AGRARIAS
● O poboamento rural é a parte do espazo rural habitado polas persoas. Pode ser:
– Espallado: as vivendas están illadas unhas das outras
– Concentrado: as vivendas están agrupadas.
C) O POBOAMENTO
RPV
3.- A AGRICULTURA NO MUNDO
RPV
3.1.- A AGRICULTURA DE SUBSISTENCIA
RPV
3.1.- A AGRICULTURA DE SUBSISTENCIA
● A agricultura de subsistencia está orientada a producir todo o necesario para a
supervivencia, isto é, para o autoconsumo dos propios agricultores.
● As técnicas de cultivo son rudimentarias. O campesiño traballa coas súas propias
mans e con poucas ferramentas, como a aixada ou o arado con animais.
● O rendemento é moi baixo e produce poucos excedentes para a súa venda.
● Tipos:
– A agricultura itinerante por cremación (rozas), que se practica en África
(cunca do río Congo), América do Sur (cunca do río Amazonas) e nalgunhas
zonas illadas de Asia.
– A agricultura extensiva de secaño, que ten lugar nas zonas secas de África.
– A agricultura irrigada do arroz, na Asia monzónica.
RPV
3.1. A AGRICULTURA DE SUBSISTENCIA
● Agricultura itinerante por queima:
● Os campos de cultivo obtéñense a partir da queima dunha parte do bosque
ou da sabana. As cinzas serven de fertilizante. Os campos só se manteñen
fértiles tres ou catro anos, polo que son abandonados. Logo, cortánse e
quéimanse novas terras.
● sultivos: tubérculos, mandioca, sorgo,...
● Lugares: África, America do Sur, zonas de Asia.
RPV
3.1. A AGRICULTURA DE SUBSISTENCIA
● Agricultura extensiva de secaño:
● Usa o barbeito para deixar repousar unha parte da terra, así coma os
fertilizantes que proporciona o gando asegurando así a fertilidade do
solo.
● As parcelas seguen unha rotación trienal de cultivos.
● Lugares: clima tropical: África, Asia, América do Sur.
RPV
3.1. A AGRICULTURA DE SUBSISTENCIA
● Agricultura irrigada do arroz:
● Lugares: Propia das rexións monzónicas (sueste de Asia), con chuvias
abundantes.
● É moi intensiva, produtiva e usa moita man de obra.
RPV
3.2.- A AGRICULTURA DE MERCADO
RPV
3.2.- AGRICULTURA DE MERCADO
● A agricultura de mercado practícase principalmente en América do Norte, gran
parte de Europa, Xapón, Nova Zelandia e nalgunhas zonas de Australia,
Arxentina e Brasil.
● A agricultura de mercado persegue aumentar as vendas e reducir os custos,
mediante:
– A mecanización do campo e a aplicación de modernas técnicas de cultivo,
que aforra man de obra, aumenta a produción e permite reducir os prezos
dos produtos agrícolas.
– A especialización da produción en poucos cultivos, que permite aumentar a
produción con menos investimento.
– Unha áxil e rápida comercialización dos produtos agrarios con transportes
adecuados a cada tipo de produto.
● Exemplos:
– Agricultura cerealista extensiva.
– Agricultura de plantación.
– Agricultura mediterránea.
RPV
3.2.- AGRICULTURA DE MERCADO
● A agricultura cerealista extensiva:
– Zonas: Chairas de Estados Unidos, Canadá ou Australia.
– Grandes explotacións dedicadas ao monocultivo (trigo, millo, algodón, etc.).
– Moi mecanizada, esixe pouca man de obra.
– Aplica técnicas e coñecementos avanzados para seleccionar sementes, loitar
contra as pragas, etc.
– Obtéñense grandes cantidades de produtos de calidade que se exportan.
RPV
3.2.- AGRICULTURA DE MERCADO
Cintos agrícolas dos EE.UU (Belt)
RPV
3.2.- AGRICULTURA DE MERCADO
● A agricultura de plantación dalgunhas zonas tropicais:
– Grandes explotacións dedicadas ao monocultivo (café, té, cacao, azucre,
algodón, etc.).
– Utiliza moita man de obra porque os produtos non admiten a mecanización.
– As explotacións pertencen a empresas estranxeiras.
Plantación de té
RPV
3.2.- AGRICULTURA DE MERCADO
● A agricultura mediterránea moderna:
● Introduciu técnicas (irrigación, fertilizantes...) que permiten cultivar, ademais dos produtos
mediterráneos, plantas doutras zonas do mundo (tropicais ou subtropicais)
– Os cultivos de secaño, polo xeral de baixo rendemento, como a vide, a oliveira e o trigo.
– Os cultivos de regadío, máis rendibles, que producen gran variedade de froitas e
hortalizas.
– Os cultivos de invernadoiro, que proporcionan produtos como piñas, aguacates e
mangos, ademais de froitas e hortalizas.
Viñedos Rega de hortalizas por aspersión Cultivos de invernadoiro
RPV
4.- A GANDARÍA NO MUNDO
● A gandaría consiste na cría de animais para obter alimentos, materias
primas, forza de traballo e fertilizantes naturais.
● Os tipos de gando máis numerosos no mundo son: bovino, ovino e
porcino, ademais do caprino e do equino.
RPV
4.- A GANDARÍA NO MUNDO
● A gandaría tradicional consiste en obter produtos de orixe animal para o
autoconsumo.
● Contan con pequenos rabaños que proporcionan carne, leite ou la, tamén se
emprega como forza de traballo e fertilizantes para o campo.
● Esta gandaría practícase en rexións intertropicais, e nalgunhas áreas
mediterráneas.
● Nas zonas moi secas domina a gandaría nómade (camelos, ovellas, cabras).
GANDARÍA TRADICIONAL
RPV
4.- A GANDARÍA NO MUNDO
● Na gandaría comercial, o seu obxectivo é vender a produción no mercado e
obter o máximo beneficio: lógrase coa selección de razas, a automatización dos
procesos produtivos, as melloras na alimentación, etc.
● A gandaría intensiva practícase en explotacións especializadas ás que se destinan
grandes investimentos, en instalacións e alimentos para o gando. Pode ser:
– Gandaría estabulada: os animais críanse en cortellos ou granxas.
– Gandaría semiestabulada: combínase a súa alimentación cos pastos.
– Localízase en Canadá, Estados Unidos, Europa Atlántica,...
● A gandaría extensiva practícase en lugares que dispoñen de grandes extensións
de pastos para alimentar rabaños moi numerosos, como acontece no Oeste de
Estados Unidos, na Pampa e na Patagonia arxentina, Australia Sudáfrica. Require
pouca man de obra.
GANDARÍA COMERCIAL
RPV
4.- A GANDARÍA NO MUNDO
Gandaría intensiva estabulada
Gandaría intensiva semiestabulada Gandaría extensiva
RPV
5.- A PESCA. TIPOS DE PESCA
● A pesca baséase no aproveitamento dos recursos animais que ofrecen os ríos,
lagos, mares e océanos.
● Pódense diferenciarse dous tipos de pesca:
– A pesca tradicional ou artesanal realízase preto da costa. Esta modalidade
de pesca emprega a forza humana e aparellos de pesca de doado manexo,
como por exemplo arcos, frechas e arpóns ou trampas como nasas, anzois e
redes. A pesca artesanal é propia de rexións pouco desenvoltas.
– A pesca industrial ou comercial persegue obter un gran volume de capturas.
Necesita: recursos económicos, unha tecnoloxía avanzada e infraestruturas
portuarias.
Pesca tradicional Pesca industrial
RPV
5.- A PESCA. TIPOS DE PESCA
● Segundo o lugar onde se practica a pesca distinguimos:
● A pesca de baixura: utiliza barcos pequenos que pescan preto da costa e as
súas capturas están descendendo pola sobreexplotación do fondo mariño. Duración
inferior ao día.
● A pesca de altura: empréganse barcos grandes e ben equipados (radares,
sonares, instalacións de frío) que permanecen en alta mar semanas ou meses.
● A gran pesca, practicada por países que teñen barcos que pescan en augas moi
afastadas xunto a grandes buques factoría onde o peixe se clasifica, conxela ou
se envasa para conservas.
RPV
5.- A PESCA. TIPOS DE PESCA
● As capturas de pescado son máis abundantes en determinados lugares
denominados caladoiros. Os máis importantes sitúanse en:
– As zonas onde a plataforma continental é extensa. Destacan os caladoiros do
mar do Norte e mar do Xapón.
– As zonas de contacto entre correntes mariñas cálidas e frías. Destacan os
caladoiros do mar do Xapón e os das costas de Terranova.
– As zonas costeiras próximas ás correntes mariñas frías, levan moito plancto
vexetal, que serve de alimento aos peixes. Destacan as do norte de Chile, o
sur de Perú, e o suroeste de África.
PRINCIPAIS ZONAS PESQUEIRAS
RPV
5.- A PESCA. TIPOS DE PESCA
PRINCIPAIS ZONAS PESQUEIRAS
RPV
5.- A PESCA. TIPOS DE PESCA
TÉCNICAS DE PESCA
Palangre
Arrastre
Cerco
Trasmallo
RPV
5.- OS PROBLEMAS DA PESCA
● Os principais problemas da pesca débense a:
– A sobreexplotación é unha consecuencia do uso de
técnicas eficaces e grandes flotas, poñendo en perigo
a reprodución de moitas especies.
– A falta de caladoiros é consecuencia da ampliación
das augas xurisdicionais (200 millas-370 km.), que
impuxo o dominio dos Estados sobre os caladoiros.
– A contaminación é debida a verquidos industriais e
mareas negras.
● Aínda que os océanos son unha importante reserva
alimentaria, os seus recursos son limitados:
– É imprescindible asegurar unha explotación
sustentable dos recursos mariños, que regule as
capturas e permita a recuperación dos caladoiros.
– A acuicultura tamén podería ser unha solución;
consiste na cría de de animais e plantas mariñas en
piscinas, estanques ou zonas ben delimitadas e
cercadas.
RPV
6.- A EXPLOTACIÓN FORESTAL
● A explotación dos bosques é unha actividade
económica moi espallada no planeta.
Relacionada con ela está a silvicultura, é dicir, o
cultivo dos bosques para a súa explotación
dunha forma sostible.
● Dos bosque obtense principalmente madeira. A
madeira emprégase como fonte de enerxía,
construción de vivendas, fabricación de mobles,
para a obtención de celulosa,...
● Os bosques tamén se explotan para obter
alimentos e tamén medicinas, sobre todo nos
países subdesenvolvidos. Nos países
desenvolvidos, o uso alimenticio dos produtos
do bosque está unido á gastronomía (castañas,
cogomelos, trufas...son prezados alimentos).
RPV
MASAS BOSCOSAS DO MUNDO
RPV
7.- O SECTOR PRIMARIO EN ESPAÑA
● En España, o 4,2 % da poboación traballa no sector primario.
● As explotacións agrarias:
– Os latifundios, explotacións de grandes dimensións (máis de 100
ha.), nos que se practica a agricultura extensiva, predominan en
Castela-A Mancha, Estremadura e Andalucía.
– Os minifundios, explotacións de pequenas dimensións (menos de 10
ha), predominan na metade Norte peninsular e nos arquipélagos.
● A produción agrícola:
– A agricultura española presenta características dunha agricultura
modernizada. Entre os principais cultivos predominan:
● Cultivos de secaño: trigo, vide e oliveira (triloxía mediterránea) nas
dúas Mesetas.
● Cultivos de regadío: cítricos, froitas de pebida e de carabuña e
hortalizas prodúcense na zona mediterránea.
● A gandaría: España é o segundo país da UE pola sua importancia. O
gando avícola, o porcino, o ovino e o bovino son os máis destacados.
RPV
7.- O SECTOR PRIMARIO EN ESPAÑA
● España é unha gran potencia pesqueira dentro da UE.
● As rexións pesqueiras son:
– Noroeste: O primeiro porto pesqueiro de España é Vigo.
– Cantábrica: Bermeo, Donostia, Xixón.
– Tramontana, Levantina, Surmediterránea e Balear: No Mediterráneo.
– Suratlántica: Cádiz, Huelva, Alxeciras.
– Canarias: Os portos máis importantes son As Palmas e Arrecife.
● Na actualidade a pesca en España ten graves problemas:
– O esgotamento dalgúns caladoiros pola sobreexplotación e a contaminación
das augas.
– As cotas que impón a UE.
– As restricións que establecen determinados países a pescar nas augas de
control exclusivo.
– A necesidade de renovación e modernización da frota pesqueira.
– A carestía dos combustibles.
RPV
7.- O SECTOR PRIMARIO EN ESPAÑA
RPV
7.- O SECTOR PRIMARIO EN ESPAÑA
● A explotación forestal:
– As especies máis abundantes nos bosques españois son as frondosas
(castiñeiro, chopo, eucalipto, carballo e faia) e as coníferas (piñeiro).
– Obtense madeira, resina e cortiza.
– O maior inimigo dos bosques en España son os incendios forestais.
RPV
8.- AS PAISAXES AGRARIAS EN ESPAÑA
RPV
A- A PAISAXE AGRARIA OCEÁNICA OU ATLÁNTICA
● Tipo de hábitat: disperso en
casaríos ou aldeas.
● A propiedade agraria: minifundio,
con pequenas parcelas separadas
entre si. Tamén zonas de
concentración parcelaria.
● Agricultura: Presenza do
policultivo para o autoconsumo,
prados e cultivos de forraxe para o
gando.
● Gandaría: Especializada en gando
vacún destinado á produción de
carne e leite.
● Explotación forestal: Importante
pola abundancia de árbores
(carballo, castiñeiro, piñeiro e
eucalipto).
RPV
B- A PAISAXE AGRARIA MEDITERRÁNEA
● Tipo de hábitat: conviven o hábitat disperso co concentrado.
● A propiedade agraria: As explotacións son de tamaño medio, aínda que en Andalucía
predomina o latifundio.
● Agricultura: Secaño (cereais, vide e oliveira) no val do Guadalquivir, froitas e hortalizas no
Levante e tropicais en invernadoiros (Almería).
● Gandaría: Gandaría ovina e caprina extensiva, abundante en terras de secaño; bovino e
porcino criado en granxas.
●
Explotación forestal: o bosque mediterráneo encóntrase nun grave estado de degradación.
RPV
C- A PAISAXE AGRARIA DO INTERIOR PENINSULAR
● Tipo de hábitat: concentrado
● A propiedade agraria: Nas zonas
do val do Douro, pequenas e
medianas explotacións, latifundios
nas zonas de secaño.
● Agricultura: Secaño (cereais, vide
e oliveira) na Meseta; nas veigas
do ríos explotacións hortofrutícolas
de regadío.
● Gandaría: Predomina o gando
ovino sobre o porcino e o bovino.
● Explotación forestal: ten pouca
importancia pola escaseza do
arbolado.
RPV
D- A PAISAXE AGRARIA DE MONTAÑA
● Tipo de hábitat: disperso e
escaso.
● A propiedade agraria: Pequena.
● Agricultura: no fondo dos vales
cultivo de horta; a máis altura
pastos e forraxes.
● Gandaría: Bovina, ovina e caprina
en réxime extensivo.
● Explotación forestal: Obtención
de leña e resina de piñeiros, faia e
castiñeiros.
RPV
E- A PAISAXE AGRARIA DAS ILLAS CANARIAS (SUBTROPICAL)
● Tipo de hábitat: Concentrado e
escaso.
● A propiedade agraria: conviven a
pequena e mediana explotación coa
grande.
● Agricultura: O primeiro produto é o
plátano, seguido do tomate; outros:
pataca, vide, piña, aguacate.
● Gandaría: Escasa, destaca a ovina e
a caprina.
● Explotación forestal: é minima. O
bosque de piñeiro canario e laurisilva
está protexido.
RPV
FINFIN

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Organización social en el virreinato
Organización social en el virreinatoOrganización social en el virreinato
Organización social en el virreinatojhonaguilarjal
 
Continente asiatico
Continente asiaticoContinente asiatico
Continente asiaticoKAtiRojChu
 
Tema 4 - Tiempo y clina
Tema 4 - Tiempo y clinaTema 4 - Tiempo y clina
Tema 4 - Tiempo y clinacherepaja
 
Tema 7. La hidrografía y la problemática de los recursos hídricos en España. ...
Tema 7. La hidrografía y la problemática de los recursos hídricos en España. ...Tema 7. La hidrografía y la problemática de los recursos hídricos en España. ...
Tema 7. La hidrografía y la problemática de los recursos hídricos en España. ...antoniocm1969
 
Relieve español
Relieve español Relieve español
Relieve español egparraga
 
Perú y la economía global
Perú y la economía globalPerú y la economía global
Perú y la economía globalKAtiRojChu
 
Climogramas de españa
Climogramas de españaClimogramas de españa
Climogramas de españaAlbertoMerchan
 
Photosynthesis
PhotosynthesisPhotosynthesis
Photosynthesisschneiderl
 
La agricultura de subsistencia 3º de eso
La agricultura de subsistencia 3º de esoLa agricultura de subsistencia 3º de eso
La agricultura de subsistencia 3º de esoJosé Miguel Castanys
 
Tabla climas de españa 3º eso
Tabla climas de españa 3º esoTabla climas de españa 3º eso
Tabla climas de españa 3º esoMayteMena
 
Tema 1. Generalidades de la región sudamericana.
Tema 1. Generalidades de la región sudamericana.Tema 1. Generalidades de la región sudamericana.
Tema 1. Generalidades de la región sudamericana.DiegoArias138
 
Economía asia
Economía asiaEconomía asia
Economía asiaKAtiRojChu
 
Paisaje mediterráneo seco
Paisaje mediterráneo secoPaisaje mediterráneo seco
Paisaje mediterráneo secocosasdeclase
 
Relieve amazónico
Relieve amazónicoRelieve amazónico
Relieve amazónicoKAtiRojChu
 

La actualidad más candente (20)

Organización social en el virreinato
Organización social en el virreinatoOrganización social en el virreinato
Organización social en el virreinato
 
Europa occidental 704
Europa occidental 704Europa occidental 704
Europa occidental 704
 
Continente asiatico
Continente asiaticoContinente asiatico
Continente asiatico
 
Chapter 19
Chapter 19Chapter 19
Chapter 19
 
Tema 4 - Tiempo y clina
Tema 4 - Tiempo y clinaTema 4 - Tiempo y clina
Tema 4 - Tiempo y clina
 
Tema 7. La hidrografía y la problemática de los recursos hídricos en España. ...
Tema 7. La hidrografía y la problemática de los recursos hídricos en España. ...Tema 7. La hidrografía y la problemática de los recursos hídricos en España. ...
Tema 7. La hidrografía y la problemática de los recursos hídricos en España. ...
 
Relieve español
Relieve español Relieve español
Relieve español
 
Clima y clima del perú
Clima y clima del perúClima y clima del perú
Clima y clima del perú
 
Perú y la economía global
Perú y la economía globalPerú y la economía global
Perú y la economía global
 
Climogramas de españa
Climogramas de españaClimogramas de españa
Climogramas de españa
 
Photosynthesis
PhotosynthesisPhotosynthesis
Photosynthesis
 
La agricultura de subsistencia 3º de eso
La agricultura de subsistencia 3º de esoLa agricultura de subsistencia 3º de eso
La agricultura de subsistencia 3º de eso
 
Europa
EuropaEuropa
Europa
 
Tabla climas de españa 3º eso
Tabla climas de españa 3º esoTabla climas de españa 3º eso
Tabla climas de españa 3º eso
 
Tema 1. Generalidades de la región sudamericana.
Tema 1. Generalidades de la región sudamericana.Tema 1. Generalidades de la región sudamericana.
Tema 1. Generalidades de la región sudamericana.
 
Economía asia
Economía asiaEconomía asia
Economía asia
 
Paisaje mediterráneo seco
Paisaje mediterráneo secoPaisaje mediterráneo seco
Paisaje mediterráneo seco
 
Continente europeo
Continente europeoContinente europeo
Continente europeo
 
Relieve amazónico
Relieve amazónicoRelieve amazónico
Relieve amazónico
 
Presentación3
Presentación3Presentación3
Presentación3
 

Similar a Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silvicultura

Similar a Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silvicultura (20)

Tema 8 A agricultura, a gandaría e a pesca
Tema 8 A agricultura, a gandaría e a pescaTema 8 A agricultura, a gandaría e a pesca
Tema 8 A agricultura, a gandaría e a pesca
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema8 120518154714-phpapp01
Tema8 120518154714-phpapp01Tema8 120518154714-phpapp01
Tema8 120518154714-phpapp01
 
Tema 5. 3º ESO
Tema 5. 3º ESOTema 5. 3º ESO
Tema 5. 3º ESO
 
Presentacion 3eso ud4 completa
Presentacion 3eso ud4 completaPresentacion 3eso ud4 completa
Presentacion 3eso ud4 completa
 
Sector primario tema 3.ppt
Sector primario tema 3.pptSector primario tema 3.ppt
Sector primario tema 3.ppt
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 8.
Tema 8.Tema 8.
Tema 8.
 
Tema 8 a agricultura, a gandaría e a pesca
Tema 8 a agricultura, a gandaría e a pescaTema 8 a agricultura, a gandaría e a pesca
Tema 8 a agricultura, a gandaría e a pesca
 
Tema 8 de geografia
Tema 8 de geografiaTema 8 de geografia
Tema 8 de geografia
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 8. sociais
Tema 8. sociaisTema 8. sociais
Tema 8. sociais
 
Tema 8
Tema 8 Tema 8
Tema 8
 
Tema 8 - Xeografía.
Tema 8 - Xeografía.Tema 8 - Xeografía.
Tema 8 - Xeografía.
 
Tema 8. leccións 1 3
Tema 8. leccións 1 3Tema 8. leccións 1 3
Tema 8. leccións 1 3
 

Más de rubempaul

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptrubempaul
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacementorubempaul
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova erarubempaul
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasrubempaul
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXrubempaul
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...rubempaul
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisrubempaul
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismorubempaul
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciariorubempaul
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundariorubempaul
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundorubempaul
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLArubempaul
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASrubempaul
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INErubempaul
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. rubempaul
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaul
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galiciarubempaul
 

Más de rubempaul (20)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
 

Último

Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (12)

Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 

Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silvicultura

  • 1. TEMA 3: A AGRICULTURA, A GANDARÍA, A PESCA E A SILVICULTURA 3º ESO
  • 2. RPV INTRODUCIÓN ● O sector primario abrangue as actividades relacionadas coa obtención e produción de alimentos. Estas actividades son: a agricultura, a gandaría, a pesca e a explotación dos bosques. ● Nos países ricos, a agricultura ten unha elevada produtividade grazas, entre outros motivos, á tecnoloxía e á automatización de moitos procesos, mentres que nos países pobres, as colleitas son escasas e irregulares. ● Desde un punto de vista económico, distínguese entre agricultura e gandaría de subsistencia, orientada preferentemente ao abastecemento familiar, e agricultura de mercado, que dirixe a produción á venda. ● A pesca actual presenta diversos problemas, debido á sobreexplotación das especies e á falta de caladoiros. Esta situación obrigou a regular as capturas e as zonas pesqueiras.
  • 3. RPV 1.- A AGRICULTURA ● Agricultura: conxuntos de actividades económicas e técnicas relacionadas co tratamento do chan e o cultivo da terra para a produción de alimentos. ● Na actualidade, o 33,5% da poboación mundial traballa neste sector, pero cando esta cifra se analiza por continentes, danse grandes diferenzas. ● O seu desenvolvemento está moi condicionado por factores físicos e humanos: – O clima: Cada cultivo precisa unhas condicións climáticas, de temperatura e de humidade, para o seu crecemento. – O relevo. A agricultura adoita localizarse nas chairas e nos fondos dos vales máis amplos. Ás veces, para aproveitar o terreo das ladeiras das montañas construíronse terrazas ou socalcos. – A textura do solo condiciona a retención de auga, e a acidez, que limita a súa fertilidade. – O aumento da poboación: demanda maior produción de alimentos, polo que é necesario dispor de terreos agrícolas. – Os medios técnicos e o destino final das colleitas: no mundo atopamos a agricultura de subsistencia e a agricultura de mercado. – As políticas agrarias dos países para mellorar o desenvolvemento agrícola.
  • 6. RPV PRODUTOS AGRÍCOLAS MÁIS CULTIVADOS NO MUNDO
  • 8. RPV 2.- AS PAISAXES AGRARIAS ● Chamámoslle paisaxe agraria á paisaxe natural modificada co fin de obter produtos da natureza. ● Os elementos que caracterizan as paisaxes agrarias son as: A) As parcelas. B) Os sistemas de cultivo C) O poboamento.
  • 9. RPV 2.- AS PAISAXES AGRARIAS ● Unha parcela ou leira é unha división do solo agrario, isto é, un anaco de solo dedicado ao cultivo. ● As parcelas diferéncianse unhas doutras – polo tamaño: grandes ou pequenas. – pola forma: regulares ou irregulares. – polos límites: cerradas ou abertas. ● Segundo estes criterios podemos distinguir dous tipos de paisaxes agrarias:: – A paisaxe de campos cerrados ou bocage, que se caracteriza por parcelas cerradas por muros ou sebes. Este tipo de paisaxe dáse na Europa atlántica. – A paisaxe de campos abertos ou openfield, formada por leiras abertas. Este tipo de paisaxe é característica de Europa Central. A) AS PARCELAS
  • 10. RPV 2.- AS PAISAXES AGRARIAS BOCAGE OPENFIELD
  • 11. RPV ● Segundo a variedade de produtos que se cultivan nunha zona, distínguese entre: – O policultivo, o espazo agrario divídese en moitas parcelas ou leiras de pequeno tamaño para cultivar especies vexetais distintas. – O monocultivo, o espazo agrario especialízase no cultivo dun só produto (cereal, oliveira...). ● Segundo os sistemas de rega dos cultivos, as paisaxes pódense diferenciar entre regadíos e secaños: – Nas paisaxes de regadío, parte da rega faise de forma artificial, extráese do subsolo ou de encoros e, a través de canles, aceas, aspersores, etc., condúcese ata os campos. – Nas paisaxes de secaño, os cultivos só reciben a auga procedente da chuvia. Non obstante, é frecuente utilizar técnicas de regadío en paisaxes tradicionalmente de secaño. ● Segundo o tipo de aproveitamento do solo, a agricultura pode ser intensiva ou extensiva: – A agricultura intensiva: Prodúcese a maior cantidade de produtos no mínimo espazo posible. Empréganse todo tipo de máquinas e recursos. Utilízanse fertilizantes e sementes seleccionadas. – A agricultura extensiva: A súa finalidade é obter a un prezo baixo grandes cantidades dos produtos cultivados. As máquinas realizan gran parte do traballo. Para non ter que usar fertilizantes practícase o barbeito. 2.- AS PAISAXES AGRARIAS B) OS SISTEMAS DE CULTIVO
  • 15. RPV 2.- AS PAISAXES AGRARIAS ● O poboamento rural é a parte do espazo rural habitado polas persoas. Pode ser: – Espallado: as vivendas están illadas unhas das outras – Concentrado: as vivendas están agrupadas. C) O POBOAMENTO
  • 17. RPV 3.1.- A AGRICULTURA DE SUBSISTENCIA
  • 18. RPV 3.1.- A AGRICULTURA DE SUBSISTENCIA ● A agricultura de subsistencia está orientada a producir todo o necesario para a supervivencia, isto é, para o autoconsumo dos propios agricultores. ● As técnicas de cultivo son rudimentarias. O campesiño traballa coas súas propias mans e con poucas ferramentas, como a aixada ou o arado con animais. ● O rendemento é moi baixo e produce poucos excedentes para a súa venda. ● Tipos: – A agricultura itinerante por cremación (rozas), que se practica en África (cunca do río Congo), América do Sur (cunca do río Amazonas) e nalgunhas zonas illadas de Asia. – A agricultura extensiva de secaño, que ten lugar nas zonas secas de África. – A agricultura irrigada do arroz, na Asia monzónica.
  • 19. RPV 3.1. A AGRICULTURA DE SUBSISTENCIA ● Agricultura itinerante por queima: ● Os campos de cultivo obtéñense a partir da queima dunha parte do bosque ou da sabana. As cinzas serven de fertilizante. Os campos só se manteñen fértiles tres ou catro anos, polo que son abandonados. Logo, cortánse e quéimanse novas terras. ● sultivos: tubérculos, mandioca, sorgo,... ● Lugares: África, America do Sur, zonas de Asia.
  • 20. RPV 3.1. A AGRICULTURA DE SUBSISTENCIA ● Agricultura extensiva de secaño: ● Usa o barbeito para deixar repousar unha parte da terra, así coma os fertilizantes que proporciona o gando asegurando así a fertilidade do solo. ● As parcelas seguen unha rotación trienal de cultivos. ● Lugares: clima tropical: África, Asia, América do Sur.
  • 21. RPV 3.1. A AGRICULTURA DE SUBSISTENCIA ● Agricultura irrigada do arroz: ● Lugares: Propia das rexións monzónicas (sueste de Asia), con chuvias abundantes. ● É moi intensiva, produtiva e usa moita man de obra.
  • 23. RPV 3.2.- AGRICULTURA DE MERCADO ● A agricultura de mercado practícase principalmente en América do Norte, gran parte de Europa, Xapón, Nova Zelandia e nalgunhas zonas de Australia, Arxentina e Brasil. ● A agricultura de mercado persegue aumentar as vendas e reducir os custos, mediante: – A mecanización do campo e a aplicación de modernas técnicas de cultivo, que aforra man de obra, aumenta a produción e permite reducir os prezos dos produtos agrícolas. – A especialización da produción en poucos cultivos, que permite aumentar a produción con menos investimento. – Unha áxil e rápida comercialización dos produtos agrarios con transportes adecuados a cada tipo de produto. ● Exemplos: – Agricultura cerealista extensiva. – Agricultura de plantación. – Agricultura mediterránea.
  • 24. RPV 3.2.- AGRICULTURA DE MERCADO ● A agricultura cerealista extensiva: – Zonas: Chairas de Estados Unidos, Canadá ou Australia. – Grandes explotacións dedicadas ao monocultivo (trigo, millo, algodón, etc.). – Moi mecanizada, esixe pouca man de obra. – Aplica técnicas e coñecementos avanzados para seleccionar sementes, loitar contra as pragas, etc. – Obtéñense grandes cantidades de produtos de calidade que se exportan.
  • 25. RPV 3.2.- AGRICULTURA DE MERCADO Cintos agrícolas dos EE.UU (Belt)
  • 26. RPV 3.2.- AGRICULTURA DE MERCADO ● A agricultura de plantación dalgunhas zonas tropicais: – Grandes explotacións dedicadas ao monocultivo (café, té, cacao, azucre, algodón, etc.). – Utiliza moita man de obra porque os produtos non admiten a mecanización. – As explotacións pertencen a empresas estranxeiras. Plantación de té
  • 27. RPV 3.2.- AGRICULTURA DE MERCADO ● A agricultura mediterránea moderna: ● Introduciu técnicas (irrigación, fertilizantes...) que permiten cultivar, ademais dos produtos mediterráneos, plantas doutras zonas do mundo (tropicais ou subtropicais) – Os cultivos de secaño, polo xeral de baixo rendemento, como a vide, a oliveira e o trigo. – Os cultivos de regadío, máis rendibles, que producen gran variedade de froitas e hortalizas. – Os cultivos de invernadoiro, que proporcionan produtos como piñas, aguacates e mangos, ademais de froitas e hortalizas. Viñedos Rega de hortalizas por aspersión Cultivos de invernadoiro
  • 28. RPV 4.- A GANDARÍA NO MUNDO ● A gandaría consiste na cría de animais para obter alimentos, materias primas, forza de traballo e fertilizantes naturais. ● Os tipos de gando máis numerosos no mundo son: bovino, ovino e porcino, ademais do caprino e do equino.
  • 29. RPV 4.- A GANDARÍA NO MUNDO ● A gandaría tradicional consiste en obter produtos de orixe animal para o autoconsumo. ● Contan con pequenos rabaños que proporcionan carne, leite ou la, tamén se emprega como forza de traballo e fertilizantes para o campo. ● Esta gandaría practícase en rexións intertropicais, e nalgunhas áreas mediterráneas. ● Nas zonas moi secas domina a gandaría nómade (camelos, ovellas, cabras). GANDARÍA TRADICIONAL
  • 30. RPV 4.- A GANDARÍA NO MUNDO ● Na gandaría comercial, o seu obxectivo é vender a produción no mercado e obter o máximo beneficio: lógrase coa selección de razas, a automatización dos procesos produtivos, as melloras na alimentación, etc. ● A gandaría intensiva practícase en explotacións especializadas ás que se destinan grandes investimentos, en instalacións e alimentos para o gando. Pode ser: – Gandaría estabulada: os animais críanse en cortellos ou granxas. – Gandaría semiestabulada: combínase a súa alimentación cos pastos. – Localízase en Canadá, Estados Unidos, Europa Atlántica,... ● A gandaría extensiva practícase en lugares que dispoñen de grandes extensións de pastos para alimentar rabaños moi numerosos, como acontece no Oeste de Estados Unidos, na Pampa e na Patagonia arxentina, Australia Sudáfrica. Require pouca man de obra. GANDARÍA COMERCIAL
  • 31. RPV 4.- A GANDARÍA NO MUNDO Gandaría intensiva estabulada Gandaría intensiva semiestabulada Gandaría extensiva
  • 32. RPV 5.- A PESCA. TIPOS DE PESCA ● A pesca baséase no aproveitamento dos recursos animais que ofrecen os ríos, lagos, mares e océanos. ● Pódense diferenciarse dous tipos de pesca: – A pesca tradicional ou artesanal realízase preto da costa. Esta modalidade de pesca emprega a forza humana e aparellos de pesca de doado manexo, como por exemplo arcos, frechas e arpóns ou trampas como nasas, anzois e redes. A pesca artesanal é propia de rexións pouco desenvoltas. – A pesca industrial ou comercial persegue obter un gran volume de capturas. Necesita: recursos económicos, unha tecnoloxía avanzada e infraestruturas portuarias. Pesca tradicional Pesca industrial
  • 33. RPV 5.- A PESCA. TIPOS DE PESCA ● Segundo o lugar onde se practica a pesca distinguimos: ● A pesca de baixura: utiliza barcos pequenos que pescan preto da costa e as súas capturas están descendendo pola sobreexplotación do fondo mariño. Duración inferior ao día. ● A pesca de altura: empréganse barcos grandes e ben equipados (radares, sonares, instalacións de frío) que permanecen en alta mar semanas ou meses. ● A gran pesca, practicada por países que teñen barcos que pescan en augas moi afastadas xunto a grandes buques factoría onde o peixe se clasifica, conxela ou se envasa para conservas.
  • 34. RPV 5.- A PESCA. TIPOS DE PESCA ● As capturas de pescado son máis abundantes en determinados lugares denominados caladoiros. Os máis importantes sitúanse en: – As zonas onde a plataforma continental é extensa. Destacan os caladoiros do mar do Norte e mar do Xapón. – As zonas de contacto entre correntes mariñas cálidas e frías. Destacan os caladoiros do mar do Xapón e os das costas de Terranova. – As zonas costeiras próximas ás correntes mariñas frías, levan moito plancto vexetal, que serve de alimento aos peixes. Destacan as do norte de Chile, o sur de Perú, e o suroeste de África. PRINCIPAIS ZONAS PESQUEIRAS
  • 35. RPV 5.- A PESCA. TIPOS DE PESCA PRINCIPAIS ZONAS PESQUEIRAS
  • 36. RPV 5.- A PESCA. TIPOS DE PESCA TÉCNICAS DE PESCA Palangre Arrastre Cerco Trasmallo
  • 37. RPV 5.- OS PROBLEMAS DA PESCA ● Os principais problemas da pesca débense a: – A sobreexplotación é unha consecuencia do uso de técnicas eficaces e grandes flotas, poñendo en perigo a reprodución de moitas especies. – A falta de caladoiros é consecuencia da ampliación das augas xurisdicionais (200 millas-370 km.), que impuxo o dominio dos Estados sobre os caladoiros. – A contaminación é debida a verquidos industriais e mareas negras. ● Aínda que os océanos son unha importante reserva alimentaria, os seus recursos son limitados: – É imprescindible asegurar unha explotación sustentable dos recursos mariños, que regule as capturas e permita a recuperación dos caladoiros. – A acuicultura tamén podería ser unha solución; consiste na cría de de animais e plantas mariñas en piscinas, estanques ou zonas ben delimitadas e cercadas.
  • 38. RPV 6.- A EXPLOTACIÓN FORESTAL ● A explotación dos bosques é unha actividade económica moi espallada no planeta. Relacionada con ela está a silvicultura, é dicir, o cultivo dos bosques para a súa explotación dunha forma sostible. ● Dos bosque obtense principalmente madeira. A madeira emprégase como fonte de enerxía, construción de vivendas, fabricación de mobles, para a obtención de celulosa,... ● Os bosques tamén se explotan para obter alimentos e tamén medicinas, sobre todo nos países subdesenvolvidos. Nos países desenvolvidos, o uso alimenticio dos produtos do bosque está unido á gastronomía (castañas, cogomelos, trufas...son prezados alimentos).
  • 40. RPV 7.- O SECTOR PRIMARIO EN ESPAÑA ● En España, o 4,2 % da poboación traballa no sector primario. ● As explotacións agrarias: – Os latifundios, explotacións de grandes dimensións (máis de 100 ha.), nos que se practica a agricultura extensiva, predominan en Castela-A Mancha, Estremadura e Andalucía. – Os minifundios, explotacións de pequenas dimensións (menos de 10 ha), predominan na metade Norte peninsular e nos arquipélagos. ● A produción agrícola: – A agricultura española presenta características dunha agricultura modernizada. Entre os principais cultivos predominan: ● Cultivos de secaño: trigo, vide e oliveira (triloxía mediterránea) nas dúas Mesetas. ● Cultivos de regadío: cítricos, froitas de pebida e de carabuña e hortalizas prodúcense na zona mediterránea. ● A gandaría: España é o segundo país da UE pola sua importancia. O gando avícola, o porcino, o ovino e o bovino son os máis destacados.
  • 41. RPV 7.- O SECTOR PRIMARIO EN ESPAÑA ● España é unha gran potencia pesqueira dentro da UE. ● As rexións pesqueiras son: – Noroeste: O primeiro porto pesqueiro de España é Vigo. – Cantábrica: Bermeo, Donostia, Xixón. – Tramontana, Levantina, Surmediterránea e Balear: No Mediterráneo. – Suratlántica: Cádiz, Huelva, Alxeciras. – Canarias: Os portos máis importantes son As Palmas e Arrecife. ● Na actualidade a pesca en España ten graves problemas: – O esgotamento dalgúns caladoiros pola sobreexplotación e a contaminación das augas. – As cotas que impón a UE. – As restricións que establecen determinados países a pescar nas augas de control exclusivo. – A necesidade de renovación e modernización da frota pesqueira. – A carestía dos combustibles.
  • 42. RPV 7.- O SECTOR PRIMARIO EN ESPAÑA
  • 43. RPV 7.- O SECTOR PRIMARIO EN ESPAÑA ● A explotación forestal: – As especies máis abundantes nos bosques españois son as frondosas (castiñeiro, chopo, eucalipto, carballo e faia) e as coníferas (piñeiro). – Obtense madeira, resina e cortiza. – O maior inimigo dos bosques en España son os incendios forestais.
  • 44. RPV 8.- AS PAISAXES AGRARIAS EN ESPAÑA
  • 45. RPV A- A PAISAXE AGRARIA OCEÁNICA OU ATLÁNTICA ● Tipo de hábitat: disperso en casaríos ou aldeas. ● A propiedade agraria: minifundio, con pequenas parcelas separadas entre si. Tamén zonas de concentración parcelaria. ● Agricultura: Presenza do policultivo para o autoconsumo, prados e cultivos de forraxe para o gando. ● Gandaría: Especializada en gando vacún destinado á produción de carne e leite. ● Explotación forestal: Importante pola abundancia de árbores (carballo, castiñeiro, piñeiro e eucalipto).
  • 46. RPV B- A PAISAXE AGRARIA MEDITERRÁNEA ● Tipo de hábitat: conviven o hábitat disperso co concentrado. ● A propiedade agraria: As explotacións son de tamaño medio, aínda que en Andalucía predomina o latifundio. ● Agricultura: Secaño (cereais, vide e oliveira) no val do Guadalquivir, froitas e hortalizas no Levante e tropicais en invernadoiros (Almería). ● Gandaría: Gandaría ovina e caprina extensiva, abundante en terras de secaño; bovino e porcino criado en granxas. ● Explotación forestal: o bosque mediterráneo encóntrase nun grave estado de degradación.
  • 47. RPV C- A PAISAXE AGRARIA DO INTERIOR PENINSULAR ● Tipo de hábitat: concentrado ● A propiedade agraria: Nas zonas do val do Douro, pequenas e medianas explotacións, latifundios nas zonas de secaño. ● Agricultura: Secaño (cereais, vide e oliveira) na Meseta; nas veigas do ríos explotacións hortofrutícolas de regadío. ● Gandaría: Predomina o gando ovino sobre o porcino e o bovino. ● Explotación forestal: ten pouca importancia pola escaseza do arbolado.
  • 48. RPV D- A PAISAXE AGRARIA DE MONTAÑA ● Tipo de hábitat: disperso e escaso. ● A propiedade agraria: Pequena. ● Agricultura: no fondo dos vales cultivo de horta; a máis altura pastos e forraxes. ● Gandaría: Bovina, ovina e caprina en réxime extensivo. ● Explotación forestal: Obtención de leña e resina de piñeiros, faia e castiñeiros.
  • 49. RPV E- A PAISAXE AGRARIA DAS ILLAS CANARIAS (SUBTROPICAL) ● Tipo de hábitat: Concentrado e escaso. ● A propiedade agraria: conviven a pequena e mediana explotación coa grande. ● Agricultura: O primeiro produto é o plátano, seguido do tomate; outros: pataca, vide, piña, aguacate. ● Gandaría: Escasa, destaca a ovina e a caprina. ● Explotación forestal: é minima. O bosque de piñeiro canario e laurisilva está protexido.