SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 55
TEMA 5
O MUNDO ENTRE
GUERRAS
4º ESO
1
A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL
(1914-1918)
INTRODUCIÓN
● Feito detonante: o 28 de xuño de 1914 un nacionalista serbio asasinou en Saraxevo o
archiduque Francisco Fernando, herdeiro do imperio austrohúngaro.
● Produciuse unha reacción en cadea polo sistema de alianzas militares, e a maioría dos
países entraron en guerra (moi poucos permaneceron neutrais, entre eles España) dando
lugar á maior guerra vivida ata ese momento en Europa (Gran Guerra)
● A implicación na guerra das colonias dos países europeos, e tamén os EE UU e Xapón,
deulle unha dimensión mundial.
CAUSAS DA GRAN GUERRA
● Tensións nos Balcáns.
● Rivalidades imperialistas entre as grandes potencias.
● Carreira de armamentos.
● O Nacionalismo/patriotismo agresivo.
CAUSAS DA GRAN GUERRA
A) Tensións nos Balcáns:
– Os turcos foron expulsados
desta zona e os novos países
que xurdiron enfrontáronse por
cuestións fronteirizas e
territoriais (guerras balcánicas).
– Tamén existían reivindicacións
nacionalistas, especialmente
serbias, que ameazaban ao
imperio austrohúngaro coa súa
disgregación.
CAUSAS DA GRAN GUERRA
B) Rivalidades imperialistas entre as grandes potencias:
– Austria-Hungría e Rusia polo control dos Balcáns.
– Francia e Alemaña por Alsacia e Lorena.
– Inglaterra e Alemaña pola supremacía naval e comercial.
– Choques entre as potencias pola expansión imperialista: necesidade de
materias primas e mercados.
CAUSAS DA GRAN GUERRA
C) Carreira de armamentos que motivou un rearme e o incremento do gasto
militar das grandes potencias europeas, ao que lle hai que engadir a...
● Diplomacia secreta, pactando alianzas e previsión dunha guerra. Esas alianzas
configuraron dous bloques antagónicos: a Triple Alianza (Alemaña, imperio
austrohúngaro e Italia) e a Triple Entente (Francia, Gran Bretaña e Rusia).
CAUSAS DA GRAN GUERRA
D) Nacionalismo agresivo que considera a guerra como medio lexítimo para
resolver os conflitos, medida apoiada polas masas populares confiadas na
superioridade da súa nación fronte ás demais.
PAÍSES ENFRONTADOS
● Imperios Centrais: Alemaña
e Austria-Hungría, aos que
se sumarían despois o
Imperio Turco e Bulgaria.
● Aliados: Serbia, Rusia,
Francia, Bélxica, Gran
Bretaña e Montenegro, aos
que se uniron Xapón, Italia,
Portugal, Romanía, EE UU e
Grecia.
FASES DA GUERRA
a) Guerra de movementos:1914
● Fronte occidental: os alemáns, atravesando Bélxica, invaden Francia ata cerca de
París. Contraataque francés que detén os alemáns no Marne.
● Fronte oriental: os alemáns deteñen ós rusos en Tannemberg e nos Lagos
Masurianos. Nos Balcáns as tropas austro-alemañas ocupan Serbia.
b) Guerra de posicións: 1915-1916
● Fronte occidental: imponse a construción de trincheiras
● No mar, os alemáns intentan romper o bloqueo aliado cos submarinos.
● Fronte leste: o fracaso das ofensivas rusas permite ás tropas alemañas e os seus
aliados ocupar extensas zonas do imperio ruso, Serbia e Romanía.
c) A crise de 1917: prodúcense dous feitos de gran transcendencia: a entrada dos EE.
UU na guerra a favor dos aliados e o triunfo da revolución bolchevique que provoca a
retirada de Rusia en 1918.
d) Derrota das potencias centrais, 1918:Os aliados lanzan ofensivas victoriosas en
todas a frontes. O 9 de novembro estala en Berlín unha revolución que obriga a fuxida
do Kaiser Guillermo II e a proclamación da República de Weimar. O 11 de novembro o
novo goberno alemán asina un armisticio. É o fin da guerra.
AS NOVAS FORMAS DE GUERRA
● Grandes exércitos, formados por
centos de miles de soldados recrutados
polo sistema do servizo militar
obrigatorio.
● Emprego de novos armamentos e
novas formas de loita: metralladoras,
canóns de largo alcance, granadas,
submarinos, avións de combate, gases
asfixiantes... Tamén aparece a
trincheira, os bombardeos aéreos e a
guerra submarina.
● Mobilización de todos os recursos.
Os gobernos adoptaron medidas
extraordinarias como o establecemento
da economía de guerra que priorizaba
a produción de armas sobre as
necesidades da poboación civil
(racionamento de alimentos) ou o
recurso a propaganda e á censura de
noticias para fortalecer a moral.
AS NOVAS FORMAS DE GUERRA
TRINCHEIRA
OS TRATADOS DE PAZ E A SOCIEDADE DE NACIÓNS
● En xaneiro de 1919 inaugurouse en París unha conferencia para establecer as
condicións de paz. Asistiron 32 países, pero as decisións foron tomadas polas
catro grandes potencias vencedoras da guerra: Estados Unidos, Francia, Gran
Bretaña e Italia.
● Asinouse un tratado diferente con cada un dos países vencidos: Alemaña,
Austria, Bulgaria e Turquía.
● O máis significativo foi o Tratado de Versalles con Alemaña que establecía que
esta era a principal responsable da guerra:
– Obrigábaselle a pagar cuantiosas indemnizacións polos danos causados
– Debía suprimir o servizo militar obrigatorio e desarmar o seu exército.
– Cedeu territorios a Francia (Alsacia e Lorena), Bélxica, Dinamarca e Polonia
(acceso ao mar polo corredor de Danzig= Prusia oriental illada do resto de
Alemaña).
– Perdeu as súas colonias.
● Os alemáns asinaron o tratado pero sempre o consideraron como unha
imposición humillante (diktat)
Desexo de vinganza no futuro
OS TRATADOS DE PAZ E A SOCIEDADE DE NACIÓNS
● Co obxectivo de evitar a guerra e velar pola paz mundial, creouse a
Sociedade de Nacións, con sede en Xenebra (Suiza) (1919-1946)
● Formada polos países vencedores (agás EE UU, Wilson foi o que propuxo
a idea) e neutrais aos que se engadirían outros con posterioridade.
● Resultou un organismo ineficaz que non logrou o estalido da Segunda
Guerra Mundial
● Trala Segunda Guerra Mundial foi disolta, sendo sucedida pola ONU.
BALANCE DA GRAN GUERRA
● Grandes perdas demográficas:
– 8/10 millóns de mortos e uns 20 millóns de feridos e mutilados.
– A poboación civil pasou grandes privacións e a súa debilidade favoreceu a expansión
de epidemias (gripe española de 1918 que matou entre 50 e 100 millóns de persoas entre
1918 e 1919).
● Modificacións territoriais que cambiaron o mapa europeo:
– Desaparición dos imperios alemán, austrohúngaro, ruso e turco.
– Naceron novos Estados como Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania, Polonia,
Checoslovaquia e Iugoslavia.
● Repercusións ideolóxicas:
– A guerra facilitou o triunfo da revolución comunista en Rusia.
– O medo ao comunismo levou a burguesía a apoiar gobernos e autoritarios e solucións
de corte fascista.
● Consecuencias socioeconómicas.
– As perdas económicas foron incalculables: destrución de campos, cidades, industrias,...
– Europa perdeu a primacía económica e industrial, sendo substituída polos EE UU.
– A perda en homes e a súa incorporación aos exércitos favoreceu a incorporación das
mulleres ao mercado laboral.
EUROPA ANTES DE DESPOIS DA GUERRA
2
A REVOLUCIÓN RUSA
E
O ESTADO SOVIÉTICO
En 1917 triunfou en Rusia unha revolución que puxo fin ao imperio dos tsares, e que
tivo unha gran repercusión no resto dos países, especialmente entre as masas
proletarias. Lenin e Stalin organizaron o novo Estado soviético.
A RUSIA TSARISTA
● O réxime era autocrático:
– O tsar (emperador ruso) exercía o poder absoluto.
– Gobernaba sobre un inmenso imperio con moitos pobos con linguas, costumes e
relixións diferentes.
– A pesares da represión, formáronse, dende finais do XIX, partidos e organizacións
clandestinas que pretendían derrubar o réxime (acabar co tsarismo):
● uns pretendían establecer un sistema liberal-burgués: Partido Constitucional
Demócrata ou Kadet
● outros, defensores da ideoloxía marxista ou anarquista, pretendían unha
revolución social: Partido Socialrevolucionario ou eserita e o Partido
Socialdemócrata Ruso (menxeviques e bolxeviques)
● A economía era basicamente agraria e atrasada:
– O 80% da poboación eran campesiños pobres que traballaban as terras da nobreza e
do clero (réxime case feudal).
– Nas principais cidades, San Petersburgo ou Moscova, produciuse un forte crecemento
industrial estimulado polo Estado e o capital estranxeiro que provocou o crecemento
do proletariado que percibía salarios miserables.
A CAÍDA DO TSARISMO
● A participación na Gran Guerra foi o factor decisivo que propiciou a caída do tsarismo e o
triunfo da revolución (En 1905 xa houbera unha revolución fallida).
● As continuas derrotas aumentaron o descontento entre os soldados.
● Ademais, a poboación civil sufría a insuficiencia e carestía dos produtos básicos.
●
En febreiro de 1917 (Revolución de febreiro) a poboación de Petrogrado
(San Petersburgo) protestou pola falta de alimentos e esixía a retirada da Gran Guerra.
● As sucesivas manifestacións non foron reprimidas polos soldados, que se uniron a elas.
● Falto de apoio o tsar, Nicolás II abdicou (en 1918 o Tsar e a súa familia serán fusilados polos
bolxeviques), proclamándose a República.
● Estableceuse un goberno provisional, dirixido pola burguesía e presidido por Kerenski, que
pretendía instaurar un réxime liberal (democracia parlamentaria).
● O novo goberno decidiu continuar a guerra, pero foi incapaz de controlar a situación.
O TRIUNFO DA REVOLUCIÓN BOLXEVIQUE
● Desde o comezo das protestas, as organizacións de esquerda crearon os Consellos
obreiros ou soviets (formados por dirixentes das que representaban a obreiros, soldados e
campesiños).
● Nos soviets foi medrando a influencia dos bolxeviques (socialistas marxistas partidarios da
revolución) dirixidos por Lenin. O seu programa era poñer fin a guerra, confiscar toda a
propiedade privada (que debía pasar a mans do Estado), e converter os soviets na única
autoridade que debía exercer o poder.
●
En outubro de 1917, Lenin e os bolxeviques (Garda Vermella) organizan unha
insurrección armada. O 25 de outubro, a garda vermella formada polos bolxeviques e dirixida
por Trotski, asaltan o palacio de inverno en Petrogrado e deteñen os membros do goberno
provisional.
● Un Congreso dos soviets asume o poder e crea un goberno obreiro presidido por Lenin.
(Consello de Comisarios do Pobo). A revolución esténdese por toda Rusia.
LENIN STALIN TROTSKI
A ÉPOCA DE LENIN E O NACEMENTO DA URSS
Unha vez conquistado o poder, os bolxeviques
tomaron medidas para transformar as
estruturas sociais, económicas e políticas e facer
fronte aos seus inimigos:
1.- Os bolxeviques promulgaron os decretos de
outubro de 1917 para lograr a socialización dos
medios de produción:
– Desaparición da propiedade privada: a terra
pasa a mans do Estado
– A produción industrial nas fábricas será
controlada polos obreiros.
– Nacionalización da banca e do comercio
exterior.
2.- A paz con Alemaña, tras o asinamento do Tratado
de Brest-Litovsk (1918) polo que Rusia obtiña a paz a
cambio de grandes perdas territoriais (Finlandia,
Estonia, Letonia, Lituania, Ucraína, Polonia, Besarabia
e a Transcaucasia).
Territorios perdidos por Rusia
A ÉPOCA DE LENIN E O NACEMENTO DA URSS
3.- Guerra civil (1918-1921): os bolxeviques, grazas á creación por Trotski dun exército
disciplinado e revolucionario (exército vermello), venceron aos antibolxeviques (exército
branco, que se opoñían a revolución, formado por antigos oficiais tsaristas e apoiado polas
potencias occidentais). A oposición interior foi así esmagada, a familia real executada, e os
bolxeviques mediante a Tcheka, a policía política, perseguen aos contrarrevolucionarios.
4.- En 1918 Rusia foi transformada nunha República Federativa Soviética. Posteriormente coa
incorporación de Ucraína, Bielorrusia e Transcaucasia, creouse en 1922 a Unión de Repúblicas
Socialistas Soviéticas (Disolveuse en 1991). O poder estaba en mans dos soviets controlados
polo partido comunista (antigo partido bolxevique).
A ÉPOCA DE LENIN E O NACEMENTO DA URSS
5.- Os trastornos da guerra civil e a escaseza
obrigaron a Lenin, en 1921, a impoñer unha
Nova Política Económica (NEP) que permitía
algunhas unha volta parcial as formas de
mercado capitalistas para incentivar a
produción.
6.- Fundación da Terceira Internacional
(Moscova 1919) co obxectivo de derrocar o
capitalismo. Só podían pertencer a ela os
partidos que aceptasen denominarse
comunistas e seguir as directrices do
Partido Comunista da URSS.(PCUS)
A ERA DE STALIN (1927-1953)
● A concentración do poder na persoa de Stalin, que o
exerceu a morte de Lenin (1924) de xeito ditatorial. Non
estaba permitida ningunha crítica; a persecución, a
deportación e eliminación física dos opositores foi unha
práctica habitual (purgas stalinistas, terror vermello).
Creáronse os Gulag (campos de prisoneiros cheos de
opositores ao réxime estalinista). Culto á súa persoalidade.
● A planificación económica. A partir de 1928 a economía
estivo planificada e controlada polo Estado (fin da NEP),
que elaboraba plans quinquenais para organizar a produción
agrícola e industrial. Tivo prioridade a industria de base, de
armamento, así como as fontes de enerxía, deixando nun
segundo plano as industrias de bens de consumo. Con estas
medidas a URSS converteuse nunha gran potencia
industrial e militar.
● A colectivización agraria. Os campesiños foron obrigados
a entregar as súas terras as granxas colectivas (koljós) e a
traballar de forma comunitaria; unicamente conservaban a
súa casa e un pequeno horto. Ademais creáronse granxas
estatais (sovjós)
Características:
3
O FASCISMO. A ITALIA DE MUSSOLINI
Despois do remate da Primeira Guerra Mundial, Europa viviu unha grave crise
que favoreceu o desenvolvemento dos fascismos e das ditaduras militares
en prexuízo da democracia.
CARACTERÍSTICAS DO FASCISMO
(APLICABLES TAMÉN AO NAZISMO)
● Primacía do Estado por riba dos dereitos do individuo.
● Concentración do poder en mans dun único líder (Duce, Führer, Caudillo), que é obxecto de
veneración polo pobo (culto á personalidade e obediencia cega).
● Existencia dun único partido, estando prohibidos e perseguidos todos os demais. (sistema
antidemocrático e ditatorial).
● Militarismo e nacionalismo agresivo que aspiraba á expansión territorial.
● Rexeitamento da igualdade das persoas e dos pobos, defendendo a supremacía duns
individuos sobre os outros, dos homes sobre as mulleres, dun país sobre outro.
● Forte control ideolóxico e policial, empregando a propaganda para a exaltación dos valores
fascistas e a violencia para eliminar calquera crítica ou oposición.
● Intervencionismo do Estado na economía, buscando a autosuficiencia fronte aos
estranxeiros (autarquía). A propiedade privada é respectada, pero as actividades económicas
deben estar sometidas aos intereses do Estado. Os sindicatos e as folgas son suprimidas.
Benito Mussolini, creador do
fascismo en Italia
O ASCENSO DE MUSSOLINI AO PODER
● Despois de finalizada a Primeira Guerra
Mundial, Italia viviu unha grave crise
política, social e económica.
● Existía un forte resentimento xeral cos
aliados, acentuado polos excombatentes
porque, a pesar de formar parte do bando
vencedor, nos acordos de paz non se
conseguiran territorios veciños que
consideraban como propios.
● Forte tensión social causada polo
desemprego, folgas, ocupación de terras
e fábricas por parte dos obreiros. Temor a
unha revolución social como a acontecida
en Rusia por parte das clases máis
conservadoras.
● Os gobernos liberais amosáronse
inestables e non lograron facer fronte aos
problemas.
A ITALIA DE POSGUERRA: UN CONTEXTO DE CRISE
O ASCENSO DE MUSSOLINI AO PODER
● En 1919, nesa situación de crise, Mussolini
creou en Milán os fascios, grupos de combate
(uniformados e identificados pola camisa negra)
que se dedicaban a rebentar as folgas e a
perseguir aos líderes políticos e sindicais da
esquerda revolucionaria.
● O incremento do seu número deu lugar á
formación, en 1921, do Partido Nacional
Fascista.
● Contando coa pasividade das autoridades e co
agrado de empresarios e terratenentes, en
outubro de 1922 Mussolini organizou a marcha
sobre Roma para forzar o establecemento dun
goberno forte dirixido por el.
● Ante esta demostración de forza, o rei Víctor
Manuel III nomeou a Mussolini xefe de
goberno; pouco despois o Parlamento
concedeulle plenos poderes para aplicar
medidas excepcionais.
A ITALIA FASCISTA
● Mussolini implanta en 1925 un réxime totalitario fascista: Converteuse no Duce,
exercendo a ditadura persoal, suprimindo a oposición, ilegalizando os partidos
políticos e sindicatos (agás o fascista), establecendo a censura e o control sobre os
medios de comunicación. O novo Estado recibe o nome de Estado Corporativo, porque
se organiza a través de corporacións por oficios coas que se pretendía evitar o
enfrontamento entre clases sociais.
● Desenvolvemento de accións populistas e de exaltación nacionalista mediante os
programas de apoio á produción agrícola e industrial, a construción de numerosas
obras públicas (vías férreas, autoestradas, edificios públicos, monumentos...), e a
redución do desemprego, aseguraron a Mussolini un amplo apoio popular.
● Normalización das relacións coa Igrexa católica mediante os Pactos de Letrán (1929)
que lle poñen fin á “Cuestión Romana” e polos que Italia recoñecía a soberanía do
Estado do Vaticano.
● Mussolini pretendeu incrementar a grandeza de Italia ampliando o seu imperio colonial.
Rematou a ocupación de Libia e conquistou Abisinia, desobedecendo os mandatos da
Sociedade de Nacións.
● A partir de 1936 mantivo unha colaboración estreita con Hitler e apoiou a Franco na
Guerra Civil española. En 1939 asinou o Pacto de Aceiro, un tratado de alianza e axuda
mutua con Alemaña. Despois na Segunda Guerra Mundial formou parte do Eixe
(Alemaña, Italia e Xapón).
A FIN DE MUSSOLINI
● En 1943, tras a conquista de Sicilia polos Aliados e a sucesión de derrotas italianas, o rei
Víctor Manuel III, a petición do Gran Consello Fascista, destitúe a Mussolini.
● Foi preso e posteriormente liberado por paracaidistas nazis, e organizou a República Social
italiana (República de Saló) baixo a protección de Alemaña no norte de Italia.
● En marzo de 1945 foi detido polos partisanos (membros da resistencia antifascista) e
executado.
4
A CRISE DE 1929 E A GRAN DEPRESIÓN
En 1929 afundiuse a Bolsa de Nova York (Wall Street) provocando unha
grave crise mundial.
OS FELICES ANOS VINTE
● En EE UU, a década de 1920 foi de auxe e prosperidade, convertíndose na primeira
potencia económica mundial.
● O consumo de masas aumentou, estimulado polas facilidades de compra a prazos.
● A boa marcha dos negocios propiciou un incremento dos valores das empresas na Bolsa
de Nova York. Moitos norteamericanos investiron os seus aforros ou solicitaron créditos
para mercar accións.
● Ao mesmo tempo, os capitais norteamericanos serviron para financiar a reconstrución da
economía europea trala gran guerra, convertíndose nos principais acredores do mundo.
● Comeza o “American way of life” (modelo de vida americano) baseado no consumo e no
desenvolvemento dos medios de comunicación que se empregaron como medio de
publicidade e de adoutrinamento social, e que se convertirá en modelo para todo o mundo.
O CRAC DA BOLSA DE NOVA YORK
● O 24 de outubro de 1929 (xoves negro) produciuse de súpeto o
afundimento do mercado de valores de Nova York. O pánico
fixo que todo o mundo quixese vender as súas accións. Moitos
norteamericanos arruináronse en cuestión de minutos.
● Entre as causas da crise destacan:
– A especulación bolsista (aumento do valor das accións
pola enorme demanda, que non tiña nada que ver co valor
real das empresas).
– A superprodución (oferta de produtos superior a demanda)
o que orixinou unha gran acumulación de stocks que
puñan en risco de quebra as empresas.
● O crac da bolsa arrastrou consigo todos os sectores.
– Os bancos quedaron sen reservas pola retirada de capitais
e moitos quebraron, quedando as familias sen aforros.
– As empresas, por falta de vendas, tiveron que pechar ou
reducir persoal, enviando ao paro a millóns de
traballadores.
Cotizacións na Bolsa de Nova York
A GRAN DEPRESIÓN E O NEW DEAL
● As consecuencias do crac alcanzaron a todas as economías capitalistas
(Europa, en particular), debido á situación de dependencia que tiñan coa banca
norteamericana.
● As empresas arruínanse, as fábricas pechan, a produción industrial e agrícola
descende. Como consecuencia, aumenta o paro e a miseria entre os traballadores
e empeora a situación das clases medias.
● A tensión social favorece o auxe das protestas e dos intentos de revolución,
pero tamén das ditaduras militares e dos fascismos, especialmente en Europa.
● Á felicidade dos anos 20 sucedía a Gran Depresión dos anos 30.
Desempregados Hoovervilles
A GRAN DEPRESIÓN E O NEW DEAL
● A maioría dos países recorreron ao proteccionismo e a autarquía que non melloraron a
situación mundial.
● En EE UU xurdiron novas ideas, desenvolvidas polo economista John M. Keynes, que
supuxeron o abandono do liberalismo clásico e unha maior implicación do Estado como
motor económico, estimulando o consumo e aumentando os investimentos públicos en
obras e servizos.
● En 1932, a nova presidencia demócrata de Frankin Delano Roosevelt, puxo en marcha o seu
programa (New Deal, 1933), un conxunto de reformas inspiradas no keynesianismo para
mellorar a economía e reducir o desemprego (subsidios agrícolas, salario mínimo,
construción de grandes obras públicas...). A súa política, contou cun gran apoio popular e
logrou unha importante reactivación económica nos anos seguintes.
Especulación
5
O NAZISMO. A ALEMAÑA DE HITLER
CARACTERÍSTICAS DO NAZISMO
● Foi obra e creación de Adolf Hitler, quen recolleu o seu
pensamento na súa obra o Mein Kampf, 1925 (A miña
loita). Comparte características co fascismo, pero
engade dúas importantes matizacións:
● O racismo, defendendo a superioridade da raza aria
(alemá) fronte aos demais pobos, e o antisemitismo
(odio aos xudeus), considerados como raza inferior e
causantes de todos os males que padecen os
alemáns. A defensa da pureza da raza aria xustificará a
eliminación dos enfermos mentais, a prohibición dos
matrimonios mixtos, e o intento de exterminio das
razas inferiores (xudeus, xitanos, eslavos...).
● O espazo vital, espazo polo que Alemaña se debía
estender coa anexión de novas terras no leste de
Europa. Formación da “Grande Alemaña”.
O ASCENSO NAZI AO PODER
● Finalizada a Primeira Guerra Mundial, en Alemaña instaurouse a República de Weimar, que tivo que
facer fronte ás fortes tensións provocadas polo resentimento da derrota, ao pagamento das
indemnizacións de guerra, á reconstrución económica e á axitación extremista de comunistas e
nacionalistas. A posguerra representou para Alemaña anos de crise económica, miseria e paro.
● En 1920 fundouse o Partido Obreiro Alemán Nacionalsocialista (nazi), do que Hitler foi elixido líder. O
programa nazi esixía a revisión do tratado de paz de Versalles, reivindicaba a unión de todos os
alemáns nunha gran Alemaña e rexeitaba a xudeus e estranxeiros.
● En 1923 en Múnic, os nazis intentaron co apoio dalgúns xefes militares dar un golpe de estado (push da
cervexería), pero fracasaron; Hitler foi encarcerado e o partido nazi prohibido.
● En 1925 Hitler refundou o partido e reforzou a mensaxe nazi, pero seguía sendo un partido minoritario:
desprezo pola democracia, odio ao bolxevismo e antisemistismo
● A crise de 1929 afectou duramente a Alemaña, causando un enorme incremento do paro con millóns de
desempregados. O fracaso dos gobernos provocou unha desilusión xeral na democracia e un
crecente apoio aos nazis.
● Hitler deseñou a estratexia a seguir para tomar o poder: triunfar nas eleccións e empregar a violencia
nas rúas(accións das organizacións paramilitares do partido nazi: SA, SS e a Gestapo).
● En 1933, os nazis convertéronse na forza maioritaria no Parlamento, sendo Hitler nomeado xefe do
goberno (chanceler) o 30 de xaneiro, sendo Hindenburg o presidente.
A ALEMAÑA NAZI
● Entre 1933 e 1934, Hitler foi eliminando toda a oposición, transformando Alemaña nun
Estado totalitario e ditatorial. Os comunistas (acusados de queimar o Reichstag –
Parlamento-) os sindicatos e demais partidos foron prohibidos, e os seus líderes
encarcerados; moitos membros do partido nazi foron asasinados (noite dos coitelos
longos); os xudeus foron obxecto dunha dura persecución.
● En 1934, tras a morte do presidente da República, Hitler concentra na súa persoa os
principais poderes do Estado: convértese no führer (xefe, guía) e chanceler do III Reich.
● No ámbito económico, durante o seu goberno reduciuse o paro grazas á política de rearme
militar e de obras públicas, que reactivaron a produción industrial e deron traballo a
milleiros de persoas. Hitler aplicou medidas proteccionistas e de autarquía.
● Hitler buscou o engrandecemento de Alemaña incumprindo o Tratado de Versalles e
desafiando á comunidade internacional. Entre 1935 e 1939:
– ampliou Alemaña: incorporou o Sarre, Renania, anexionou Austria e parte de
Checoslovaquia.
– decretou o servizo militar obrigatorio e o rearme.
– enviou axuda militar a Franco na guerra civil española (1936-1939)
– afianzou a alianza coa Italia fascista e buscou pactos coa URSS para modificar as
fronteiras europeas.
– O 1 de setembro de 1939 invadiu Polonia, acto co que se iniciou a II Guerra Mundial.
● A derrota alemá puxo fin á guerra e tamén a Hitler, que se suicidou en abril de 1945.
A ALEMAÑA NAZI: Persoaxes
Goebbels, ministro de propaganda
Ribbentrop, ministro de Asuntos Exteriores
Himmler, comandante das SS
Göring, comandante da Luftwaffe Rosenberg, ideólogo do Reich Mengele, médico nazi
A ALEMAÑA NAZI
Expansionismo alemán
Boicot aos comercios xudeus en Alemaña
6
A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL
(1939-1945)
O CAMIÑO CARA A GUERRA
● Na década de 1930, as relacións internacionais deterioráronse progresivamente debido a:
– Ás dificultades económicas derivadas das consecuencias da crise de 1929.
– Ao desenvolvemento de políticas agresivas expansionistas e militaristas.
● A Sociedade de Nacións foi incapaz de evitar os enfrontamentos, pois carecía de medios
para facer eficaces as sancións aos estados agresores.
● As potencias democráticas ou practicaron unha política de illamento (EE UU), ou foron
partidarias do apaciguamento tratando de evitar a guerra (Gran Bretaña, Francia).
● Entre 1935 e 1939 prodúcese a expansión territorial dos estados fascistas:
– Hitler forma un poderoso exército e reclama a anexión das terras habitadas por
alemáns: consegue a anexión de Austria e parte de Checoslovaquia (Sudetes) (1938-
39), pero nos seus plans está ampliar o seu dominio cara ao leste (espazo vital).
– Mussolini ataca e conquista Abisinia (1935-36) e colabora con Hitler na guerra civil
española.
– Xapón reinicia a guerra contra China (1937) para ampliar os seus dominios na zona.
– Asinan unha serie de alianzas que culminan na creación do Eixe Berlín-Roma-Toquio.
● Inicio da guerra: En agosto de 1939 Hitler asinou un tratado de neutralidade con Stalin
(pacto xermano-soviético), establecendo un acordo para repartirse os territorios do leste
de Europa. O 1 de setembro de 1939, Hitler ordenou a invasión de Polonia; como resposta,
Francia e Gran Bretaña declararon a guerra a Alemaña. Comezaba a Segunda Guerra
Mundial.
O CAMIÑO CARA A GUERRA
Cartel de propaganda do III Reich, marzo de 1938.
Europa antes do estalido da Segunda Guerra Mundial
FASES DA GUERRA
● Os triunfos do Eixe, (1939-1940). Nunha guerra lóstrego, o exército alemán ocupa Polonia,
Dinamarca, Noruega, Holanda, Bélxica e gran parte de Francia. En colaboración cos italianos,
ocupan Albania, Grecia, Iugoslavia e o norte de África. A URSS, mantendo o acordo con Hitler,
ocupa o leste de Polonia, Estonia, Letonia, Lituania, Bucovina e Besarabia. Só Gran Bretaña
resiste. En Extremo Oriente, Xapón avanza en China, ocupa as colonias francesas, e ataca as
posesións inglesas.
● A extensión da guerra e a entrada da URSS e de EE UU, (1941-1942). En 1941 Hitler rompe o
acordo con Stalin e invade a URSS. No Pacífico, Xapón ataca por sorpresa a base norteamericana
de Pearl Harbour provocando a entrada do EE.UU na guerra.
● O cambio de signo e a contraofensiva aliada (1942-1943). Entre finais de 1942 e comezos de
1943, os Aliados (Gran Bretaña, EE UU e a URSS ) logran conter o avance inimigo en todas as
frontes. Os anglo-norteamericanos desembarcan no norte de África, derrotan as tropas do Eixe
e despois conquistan Sicilia e o sur de Italia. Os rusos derrotan aos alemáns en Stalingrado e
fannos recuar nas chairas rusas. No Pacífico, EE UU contraataca, impedindo o avance xaponés.
● A vitoria dos aliados(1944-1945). En xuño de 1944 produciuse o desembarco de Normandía, nos
meses sucesivos os anglonorteamericanos avanzan cara ao Rin; no leste, os soviéticos ocupan
os Balcáns, Polonia e Hungría. O 30 de abril Hitler suicídase no seu búnker berlinés. O 4 de
maio Alemaña capitula. Remataba a guerra en Europa. No Pacífico, EE UU recupera as Filipinas
e conquista Iwo Jima e Okinawa; o 6 de agosto de 1945 lanza unha bomba atómica sobre
Hirosima e tres días despois outra sobre Nagasaki; o 2 de setembro Xapón asina a rendición.
Era a fin da guerra.
FASES DA GUERRA: TRIUNFOS DO EIXE
FASES DA GUERRA: EXPANSIÓN DE XAPÓN
Cartel de propaganda americano que simboliza a unión dos aliados contra o nazismo, 1944.
FASES DA GUERRA: OFENSIVAS ALIADAS
Ofensivas aliadas
AS NOVAS FORMAS DE GUERRA
● A guerra alcanzou enormes dimensións. Calcúlase uns 55 millóns de mortos e
35 millóns de feridos. Gran número de cidades, industrias e vías de
comunicacións dos países belixerantes quedaron destruídas. Como novidades
destacaron:
– Novas armas e estratexias de combate. En terra destacaron os vehículos
acoirazados. No aire a aviación que permitiu o bombardeo das cidades e
centros industriais. No mar, os portaavións foron pezas clave nos combates
navais e nos desembarcos. Destaca o enorme potencial destrutor das
bombas (a atómica e as convencionais). Nos países ocupados xurdiron
grupos de resistencia e de partisanos que realizaron accións de sabotaxe e
espionaxe a favor dos aliados.
– Os campos de concentración, de traballos forzados e de exterminio. No
caso alemán foron creados para explotar man de obra ou exterminar os seus
ocupantes (mediante cámaras de gas). Calcúlase nuns 20 millóns os
deportados; uns dez millóns morreron neles, dos cales seis millóns eran
xudeus (Holocausto).
O HOLOCAUSTO
CAMPOS DE CONCENTRACIÓN
Campo de concentración de Mauthausen.
AUSCHWITZ
A ORGANIZACIÓN DA PAZ E A FUNDACIÓN DA ONU
● En 1945, na Conferencia de Ialta e na de Postdam tomáronse os principais
acordos:
● Imposicións aos vencidos.
– Alemaña e a súa capital Berlín foron divididas en catro zonas administradas
polos vencedores (EE.UU, Francia, Reino Unido e URSS) e o mesmo con
Austria.
– Eliminación do nazismo sendo os seus dirixentes xulgados e condenados
(xuízos de Nuremberg).
– Establecemento de sistemas democráticos.
– Xapón pasa a ser administrado polos EE UU.
● Modificacións territoriais. Reduciuse o tamaño de Alemaña que perde entre
outros territorios, Prusia oriental. A URSS mantén a posesión nas Repúblicas
Bálticas e anexiona a Rutenia e a zona oriental polaca.
● Fundación da ONU (1945). A finalidade é manter a paz e a seguridade
internacionais.Os seus principais organismos son a Asemblea xeral, con sede en
N. York; o Consello de Seguridade, formado por 15 membros, 5 con dereito a veto;
a Secretaría Xeral e o Tribunal Internacional de Xustiza.
A ONU NA ACTUALIDADE
FIN

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

España, de la Restauración a la Guerra Civil (1874-1939)
España, de la Restauración a la Guerra Civil (1874-1939) España, de la Restauración a la Guerra Civil (1874-1939)
España, de la Restauración a la Guerra Civil (1874-1939) asmerro
 
1º de Bachillerato HMC - Tema 9 - La Revolución Rusa y la URSS
1º de Bachillerato HMC - Tema 9 - La Revolución Rusa y la URSS1º de Bachillerato HMC - Tema 9 - La Revolución Rusa y la URSS
1º de Bachillerato HMC - Tema 9 - La Revolución Rusa y la URSSSergio García Arama
 
TEMA 11 BACH. La época de entreguerras: democracias y totalitarismos
TEMA 11 BACH. La época de entreguerras: democracias y totalitarismosTEMA 11 BACH. La época de entreguerras: democracias y totalitarismos
TEMA 11 BACH. La época de entreguerras: democracias y totalitarismosFlorencio Ortiz Alejos
 
España desde 1975 (para 4º ESO).
España desde 1975 (para 4º ESO).España desde 1975 (para 4º ESO).
España desde 1975 (para 4º ESO).palomaromero
 
Comentario de imágenes históricas
Comentario de imágenes históricasComentario de imágenes históricas
Comentario de imágenes históricasHmc Buruaga
 
HMC 08. La economía del período de entreguerras (1918-1939)
HMC 08. La economía del período de entreguerras (1918-1939)HMC 08. La economía del período de entreguerras (1918-1939)
HMC 08. La economía del período de entreguerras (1918-1939)Sergi Sanchiz Torres
 
Bloque8. Pervivencia y transformaciones económicas en el siglo XIX: un desarr...
Bloque8. Pervivencia y transformaciones económicas en el siglo XIX: un desarr...Bloque8. Pervivencia y transformaciones económicas en el siglo XIX: un desarr...
Bloque8. Pervivencia y transformaciones económicas en el siglo XIX: un desarr...Florencio Ortiz Alejos
 
4º de ESO - Tema 5 - Imperialismo y la I Guerra Mundial
4º de ESO - Tema 5 - Imperialismo y la I Guerra Mundial4º de ESO - Tema 5 - Imperialismo y la I Guerra Mundial
4º de ESO - Tema 5 - Imperialismo y la I Guerra MundialSergio García Arama
 
La Regencia de María Cristina de Habsburgo
La Regencia de María Cristina de Habsburgo La Regencia de María Cristina de Habsburgo
La Regencia de María Cristina de Habsburgo artesonado
 
Tema 10 La economía del periodo entreguerras
Tema 10 La economía del periodo entreguerrasTema 10 La economía del periodo entreguerras
Tema 10 La economía del periodo entreguerraslioba78
 
Tema 16. La dictadura franquista.
Tema 16. La dictadura franquista.Tema 16. La dictadura franquista.
Tema 16. La dictadura franquista.Conchagon
 
Tema 8. Revolución rusa
Tema 8. Revolución rusaTema 8. Revolución rusa
Tema 8. Revolución rusacopybird
 
1º de Bachillerato HMC - Tema 8 - La Primera Guerra Mundial
1º de Bachillerato HMC - Tema 8 - La Primera Guerra Mundial1º de Bachillerato HMC - Tema 8 - La Primera Guerra Mundial
1º de Bachillerato HMC - Tema 8 - La Primera Guerra MundialSergio García Arama
 
HMC - VV - Tema 7 - La Primera Guerra Mundial
HMC - VV - Tema 7 - La Primera Guerra MundialHMC - VV - Tema 7 - La Primera Guerra Mundial
HMC - VV - Tema 7 - La Primera Guerra MundialSergio García Arama
 
Causas desarrollo y consecuencias de la guerra civil
Causas desarrollo y consecuencias de la guerra civilCausas desarrollo y consecuencias de la guerra civil
Causas desarrollo y consecuencias de la guerra civilprofesdelCarmen
 
4º ESO Tema 1 La crisis del Antiguo Régimen
4º ESO Tema 1 La crisis del Antiguo Régimen4º ESO Tema 1 La crisis del Antiguo Régimen
4º ESO Tema 1 La crisis del Antiguo RégimenGeohistoria23
 
II República: Bienio Conservador y Frente Popular (1933-1936)
II República: Bienio Conservador y Frente Popular (1933-1936)II República: Bienio Conservador y Frente Popular (1933-1936)
II República: Bienio Conservador y Frente Popular (1933-1936)Emilydavison
 

La actualidad más candente (20)

España, de la Restauración a la Guerra Civil (1874-1939)
España, de la Restauración a la Guerra Civil (1874-1939) España, de la Restauración a la Guerra Civil (1874-1939)
España, de la Restauración a la Guerra Civil (1874-1939)
 
1º de Bachillerato HMC - Tema 9 - La Revolución Rusa y la URSS
1º de Bachillerato HMC - Tema 9 - La Revolución Rusa y la URSS1º de Bachillerato HMC - Tema 9 - La Revolución Rusa y la URSS
1º de Bachillerato HMC - Tema 9 - La Revolución Rusa y la URSS
 
TEMA 11 BACH. La época de entreguerras: democracias y totalitarismos
TEMA 11 BACH. La época de entreguerras: democracias y totalitarismosTEMA 11 BACH. La época de entreguerras: democracias y totalitarismos
TEMA 11 BACH. La época de entreguerras: democracias y totalitarismos
 
España desde 1975 (para 4º ESO).
España desde 1975 (para 4º ESO).España desde 1975 (para 4º ESO).
España desde 1975 (para 4º ESO).
 
Comentario de imágenes históricas
Comentario de imágenes históricasComentario de imágenes históricas
Comentario de imágenes históricas
 
HMC 08. La economía del período de entreguerras (1918-1939)
HMC 08. La economía del período de entreguerras (1918-1939)HMC 08. La economía del período de entreguerras (1918-1939)
HMC 08. La economía del período de entreguerras (1918-1939)
 
La Revolució Russa
La Revolució RussaLa Revolució Russa
La Revolució Russa
 
Bloque8. Pervivencia y transformaciones económicas en el siglo XIX: un desarr...
Bloque8. Pervivencia y transformaciones económicas en el siglo XIX: un desarr...Bloque8. Pervivencia y transformaciones económicas en el siglo XIX: un desarr...
Bloque8. Pervivencia y transformaciones económicas en el siglo XIX: un desarr...
 
4º de ESO - Tema 5 - Imperialismo y la I Guerra Mundial
4º de ESO - Tema 5 - Imperialismo y la I Guerra Mundial4º de ESO - Tema 5 - Imperialismo y la I Guerra Mundial
4º de ESO - Tema 5 - Imperialismo y la I Guerra Mundial
 
La Regencia de María Cristina de Habsburgo
La Regencia de María Cristina de Habsburgo La Regencia de María Cristina de Habsburgo
La Regencia de María Cristina de Habsburgo
 
Tema 10 La economía del periodo entreguerras
Tema 10 La economía del periodo entreguerrasTema 10 La economía del periodo entreguerras
Tema 10 La economía del periodo entreguerras
 
Tema 16. La dictadura franquista.
Tema 16. La dictadura franquista.Tema 16. La dictadura franquista.
Tema 16. La dictadura franquista.
 
Tema 8. Revolución rusa
Tema 8. Revolución rusaTema 8. Revolución rusa
Tema 8. Revolución rusa
 
Revolución Rusa
Revolución RusaRevolución Rusa
Revolución Rusa
 
Siglo xix esquemas hasta fernando vii
Siglo xix esquemas hasta fernando viiSiglo xix esquemas hasta fernando vii
Siglo xix esquemas hasta fernando vii
 
1º de Bachillerato HMC - Tema 8 - La Primera Guerra Mundial
1º de Bachillerato HMC - Tema 8 - La Primera Guerra Mundial1º de Bachillerato HMC - Tema 8 - La Primera Guerra Mundial
1º de Bachillerato HMC - Tema 8 - La Primera Guerra Mundial
 
HMC - VV - Tema 7 - La Primera Guerra Mundial
HMC - VV - Tema 7 - La Primera Guerra MundialHMC - VV - Tema 7 - La Primera Guerra Mundial
HMC - VV - Tema 7 - La Primera Guerra Mundial
 
Causas desarrollo y consecuencias de la guerra civil
Causas desarrollo y consecuencias de la guerra civilCausas desarrollo y consecuencias de la guerra civil
Causas desarrollo y consecuencias de la guerra civil
 
4º ESO Tema 1 La crisis del Antiguo Régimen
4º ESO Tema 1 La crisis del Antiguo Régimen4º ESO Tema 1 La crisis del Antiguo Régimen
4º ESO Tema 1 La crisis del Antiguo Régimen
 
II República: Bienio Conservador y Frente Popular (1933-1936)
II República: Bienio Conservador y Frente Popular (1933-1936)II República: Bienio Conservador y Frente Popular (1933-1936)
II República: Bienio Conservador y Frente Popular (1933-1936)
 

Destacado

Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaul
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galiciarubempaul
 
Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silvicultura
Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silviculturaTema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silvicultura
Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silviculturarubempaul
 
A organización económica das sociedades
A organización económica das sociedadesA organización económica das sociedades
A organización económica das sociedadesrubempaul
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...rubempaul
 

Destacado (6)

Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
 
Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silvicultura
Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silviculturaTema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silvicultura
Tema 3 A agricultura, a gandaría, a pesca e a silvicultura
 
A organización económica das sociedades
A organización económica das sociedadesA organización económica das sociedades
A organización económica das sociedades
 
T. 11 la 2ª guerra mundial
T. 11 la 2ª guerra mundialT. 11 la 2ª guerra mundial
T. 11 la 2ª guerra mundial
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
 

Similar a Tema 5 O mundo entre guerras

Tema 5. o mundo entreguerras
Tema 5.  o mundo entreguerrasTema 5.  o mundo entreguerras
Tema 5. o mundo entreguerraspacovali
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
Tema 8 a primeira guerra mundial e a
Tema 8  a primeira guerra mundial e aTema 8  a primeira guerra mundial e a
Tema 8 a primeira guerra mundial e asergiocesures
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasrubempaul
 
Tema Entreguerras- IIGM ESA
Tema Entreguerras- IIGM ESATema Entreguerras- IIGM ESA
Tema Entreguerras- IIGM ESAaialo1
 
Crise e guerra
Crise e guerraCrise e guerra
Crise e guerramasinisa
 
Tema 6; traballo de sociais de lourdes
Tema 6; traballo de sociais de lourdesTema 6; traballo de sociais de lourdes
Tema 6; traballo de sociais de lourdesLourdesErea4
 
Ciencias sociais tema 6
Ciencias sociais tema 6Ciencias sociais tema 6
Ciencias sociais tema 6sergiomanteiga
 
Ciencias sociais tema 6
Ciencias sociais tema 6Ciencias sociais tema 6
Ciencias sociais tema 6sergiomanteiga
 
Tema 9 a crise das democracias e segunda
Tema 9  a crise das democracias e segundaTema 9  a crise das democracias e segunda
Tema 9 a crise das democracias e segundasergiocesures
 
Tema 8 xeografia
Tema 8 xeografiaTema 8 xeografia
Tema 8 xeografiapablokatt
 
Lecciones 1 2. Tema 6. 4º Eso
Lecciones 1 2. Tema 6. 4º EsoLecciones 1 2. Tema 6. 4º Eso
Lecciones 1 2. Tema 6. 4º Esodudashistoria
 
Historiatema6
Historiatema6Historiatema6
Historiatema6eva gerpe
 

Similar a Tema 5 O mundo entre guerras (20)

Tema 5. o mundo entreguerras
Tema 5.  o mundo entreguerrasTema 5.  o mundo entreguerras
Tema 5. o mundo entreguerras
 
Sociais tema 8
Sociais tema 8Sociais tema 8
Sociais tema 8
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 8 a primeira guerra mundial e a
Tema 8  a primeira guerra mundial e aTema 8  a primeira guerra mundial e a
Tema 8 a primeira guerra mundial e a
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
Tema Entreguerras- IIGM ESA
Tema Entreguerras- IIGM ESATema Entreguerras- IIGM ESA
Tema Entreguerras- IIGM ESA
 
Crise e guerra
Crise e guerraCrise e guerra
Crise e guerra
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 6; traballo de sociais de lourdes
Tema 6; traballo de sociais de lourdesTema 6; traballo de sociais de lourdes
Tema 6; traballo de sociais de lourdes
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Ciencias sociais tema 6
Ciencias sociais tema 6Ciencias sociais tema 6
Ciencias sociais tema 6
 
Ciencias sociais tema 6
Ciencias sociais tema 6Ciencias sociais tema 6
Ciencias sociais tema 6
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 
Tema 9 a crise das democracias e segunda
Tema 9  a crise das democracias e segundaTema 9  a crise das democracias e segunda
Tema 9 a crise das democracias e segunda
 
Tema 8 xeografia
Tema 8 xeografiaTema 8 xeografia
Tema 8 xeografia
 
Lecciones 1 2. Tema 6. 4º Eso
Lecciones 1 2. Tema 6. 4º EsoLecciones 1 2. Tema 6. 4º Eso
Lecciones 1 2. Tema 6. 4º Eso
 
Historiatema6
Historiatema6Historiatema6
Historiatema6
 

Más de rubempaul

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptrubempaul
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacementorubempaul
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova erarubempaul
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXrubempaul
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...rubempaul
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisrubempaul
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismorubempaul
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciariorubempaul
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primariorubempaul
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundariorubempaul
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundorubempaul
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLArubempaul
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASrubempaul
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INErubempaul
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. rubempaul
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Mediarubempaul
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismorubempaul
 
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)rubempaul
 

Más de rubempaul (20)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
 
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
 

Último

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 

Tema 5 O mundo entre guerras

  • 1. TEMA 5 O MUNDO ENTRE GUERRAS 4º ESO
  • 2. 1 A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL (1914-1918)
  • 3. INTRODUCIÓN ● Feito detonante: o 28 de xuño de 1914 un nacionalista serbio asasinou en Saraxevo o archiduque Francisco Fernando, herdeiro do imperio austrohúngaro. ● Produciuse unha reacción en cadea polo sistema de alianzas militares, e a maioría dos países entraron en guerra (moi poucos permaneceron neutrais, entre eles España) dando lugar á maior guerra vivida ata ese momento en Europa (Gran Guerra) ● A implicación na guerra das colonias dos países europeos, e tamén os EE UU e Xapón, deulle unha dimensión mundial.
  • 4. CAUSAS DA GRAN GUERRA ● Tensións nos Balcáns. ● Rivalidades imperialistas entre as grandes potencias. ● Carreira de armamentos. ● O Nacionalismo/patriotismo agresivo.
  • 5. CAUSAS DA GRAN GUERRA A) Tensións nos Balcáns: – Os turcos foron expulsados desta zona e os novos países que xurdiron enfrontáronse por cuestións fronteirizas e territoriais (guerras balcánicas). – Tamén existían reivindicacións nacionalistas, especialmente serbias, que ameazaban ao imperio austrohúngaro coa súa disgregación.
  • 6. CAUSAS DA GRAN GUERRA B) Rivalidades imperialistas entre as grandes potencias: – Austria-Hungría e Rusia polo control dos Balcáns. – Francia e Alemaña por Alsacia e Lorena. – Inglaterra e Alemaña pola supremacía naval e comercial. – Choques entre as potencias pola expansión imperialista: necesidade de materias primas e mercados.
  • 7. CAUSAS DA GRAN GUERRA C) Carreira de armamentos que motivou un rearme e o incremento do gasto militar das grandes potencias europeas, ao que lle hai que engadir a... ● Diplomacia secreta, pactando alianzas e previsión dunha guerra. Esas alianzas configuraron dous bloques antagónicos: a Triple Alianza (Alemaña, imperio austrohúngaro e Italia) e a Triple Entente (Francia, Gran Bretaña e Rusia).
  • 8. CAUSAS DA GRAN GUERRA D) Nacionalismo agresivo que considera a guerra como medio lexítimo para resolver os conflitos, medida apoiada polas masas populares confiadas na superioridade da súa nación fronte ás demais.
  • 9. PAÍSES ENFRONTADOS ● Imperios Centrais: Alemaña e Austria-Hungría, aos que se sumarían despois o Imperio Turco e Bulgaria. ● Aliados: Serbia, Rusia, Francia, Bélxica, Gran Bretaña e Montenegro, aos que se uniron Xapón, Italia, Portugal, Romanía, EE UU e Grecia.
  • 10. FASES DA GUERRA a) Guerra de movementos:1914 ● Fronte occidental: os alemáns, atravesando Bélxica, invaden Francia ata cerca de París. Contraataque francés que detén os alemáns no Marne. ● Fronte oriental: os alemáns deteñen ós rusos en Tannemberg e nos Lagos Masurianos. Nos Balcáns as tropas austro-alemañas ocupan Serbia. b) Guerra de posicións: 1915-1916 ● Fronte occidental: imponse a construción de trincheiras ● No mar, os alemáns intentan romper o bloqueo aliado cos submarinos. ● Fronte leste: o fracaso das ofensivas rusas permite ás tropas alemañas e os seus aliados ocupar extensas zonas do imperio ruso, Serbia e Romanía. c) A crise de 1917: prodúcense dous feitos de gran transcendencia: a entrada dos EE. UU na guerra a favor dos aliados e o triunfo da revolución bolchevique que provoca a retirada de Rusia en 1918. d) Derrota das potencias centrais, 1918:Os aliados lanzan ofensivas victoriosas en todas a frontes. O 9 de novembro estala en Berlín unha revolución que obriga a fuxida do Kaiser Guillermo II e a proclamación da República de Weimar. O 11 de novembro o novo goberno alemán asina un armisticio. É o fin da guerra.
  • 11. AS NOVAS FORMAS DE GUERRA ● Grandes exércitos, formados por centos de miles de soldados recrutados polo sistema do servizo militar obrigatorio. ● Emprego de novos armamentos e novas formas de loita: metralladoras, canóns de largo alcance, granadas, submarinos, avións de combate, gases asfixiantes... Tamén aparece a trincheira, os bombardeos aéreos e a guerra submarina. ● Mobilización de todos os recursos. Os gobernos adoptaron medidas extraordinarias como o establecemento da economía de guerra que priorizaba a produción de armas sobre as necesidades da poboación civil (racionamento de alimentos) ou o recurso a propaganda e á censura de noticias para fortalecer a moral.
  • 12. AS NOVAS FORMAS DE GUERRA TRINCHEIRA
  • 13. OS TRATADOS DE PAZ E A SOCIEDADE DE NACIÓNS ● En xaneiro de 1919 inaugurouse en París unha conferencia para establecer as condicións de paz. Asistiron 32 países, pero as decisións foron tomadas polas catro grandes potencias vencedoras da guerra: Estados Unidos, Francia, Gran Bretaña e Italia. ● Asinouse un tratado diferente con cada un dos países vencidos: Alemaña, Austria, Bulgaria e Turquía. ● O máis significativo foi o Tratado de Versalles con Alemaña que establecía que esta era a principal responsable da guerra: – Obrigábaselle a pagar cuantiosas indemnizacións polos danos causados – Debía suprimir o servizo militar obrigatorio e desarmar o seu exército. – Cedeu territorios a Francia (Alsacia e Lorena), Bélxica, Dinamarca e Polonia (acceso ao mar polo corredor de Danzig= Prusia oriental illada do resto de Alemaña). – Perdeu as súas colonias. ● Os alemáns asinaron o tratado pero sempre o consideraron como unha imposición humillante (diktat) Desexo de vinganza no futuro
  • 14. OS TRATADOS DE PAZ E A SOCIEDADE DE NACIÓNS ● Co obxectivo de evitar a guerra e velar pola paz mundial, creouse a Sociedade de Nacións, con sede en Xenebra (Suiza) (1919-1946) ● Formada polos países vencedores (agás EE UU, Wilson foi o que propuxo a idea) e neutrais aos que se engadirían outros con posterioridade. ● Resultou un organismo ineficaz que non logrou o estalido da Segunda Guerra Mundial ● Trala Segunda Guerra Mundial foi disolta, sendo sucedida pola ONU.
  • 15. BALANCE DA GRAN GUERRA ● Grandes perdas demográficas: – 8/10 millóns de mortos e uns 20 millóns de feridos e mutilados. – A poboación civil pasou grandes privacións e a súa debilidade favoreceu a expansión de epidemias (gripe española de 1918 que matou entre 50 e 100 millóns de persoas entre 1918 e 1919). ● Modificacións territoriais que cambiaron o mapa europeo: – Desaparición dos imperios alemán, austrohúngaro, ruso e turco. – Naceron novos Estados como Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, Checoslovaquia e Iugoslavia. ● Repercusións ideolóxicas: – A guerra facilitou o triunfo da revolución comunista en Rusia. – O medo ao comunismo levou a burguesía a apoiar gobernos e autoritarios e solucións de corte fascista. ● Consecuencias socioeconómicas. – As perdas económicas foron incalculables: destrución de campos, cidades, industrias,... – Europa perdeu a primacía económica e industrial, sendo substituída polos EE UU. – A perda en homes e a súa incorporación aos exércitos favoreceu a incorporación das mulleres ao mercado laboral.
  • 16. EUROPA ANTES DE DESPOIS DA GUERRA
  • 17. 2 A REVOLUCIÓN RUSA E O ESTADO SOVIÉTICO En 1917 triunfou en Rusia unha revolución que puxo fin ao imperio dos tsares, e que tivo unha gran repercusión no resto dos países, especialmente entre as masas proletarias. Lenin e Stalin organizaron o novo Estado soviético.
  • 18. A RUSIA TSARISTA ● O réxime era autocrático: – O tsar (emperador ruso) exercía o poder absoluto. – Gobernaba sobre un inmenso imperio con moitos pobos con linguas, costumes e relixións diferentes. – A pesares da represión, formáronse, dende finais do XIX, partidos e organizacións clandestinas que pretendían derrubar o réxime (acabar co tsarismo): ● uns pretendían establecer un sistema liberal-burgués: Partido Constitucional Demócrata ou Kadet ● outros, defensores da ideoloxía marxista ou anarquista, pretendían unha revolución social: Partido Socialrevolucionario ou eserita e o Partido Socialdemócrata Ruso (menxeviques e bolxeviques) ● A economía era basicamente agraria e atrasada: – O 80% da poboación eran campesiños pobres que traballaban as terras da nobreza e do clero (réxime case feudal). – Nas principais cidades, San Petersburgo ou Moscova, produciuse un forte crecemento industrial estimulado polo Estado e o capital estranxeiro que provocou o crecemento do proletariado que percibía salarios miserables.
  • 19. A CAÍDA DO TSARISMO ● A participación na Gran Guerra foi o factor decisivo que propiciou a caída do tsarismo e o triunfo da revolución (En 1905 xa houbera unha revolución fallida). ● As continuas derrotas aumentaron o descontento entre os soldados. ● Ademais, a poboación civil sufría a insuficiencia e carestía dos produtos básicos. ● En febreiro de 1917 (Revolución de febreiro) a poboación de Petrogrado (San Petersburgo) protestou pola falta de alimentos e esixía a retirada da Gran Guerra. ● As sucesivas manifestacións non foron reprimidas polos soldados, que se uniron a elas. ● Falto de apoio o tsar, Nicolás II abdicou (en 1918 o Tsar e a súa familia serán fusilados polos bolxeviques), proclamándose a República. ● Estableceuse un goberno provisional, dirixido pola burguesía e presidido por Kerenski, que pretendía instaurar un réxime liberal (democracia parlamentaria). ● O novo goberno decidiu continuar a guerra, pero foi incapaz de controlar a situación.
  • 20. O TRIUNFO DA REVOLUCIÓN BOLXEVIQUE ● Desde o comezo das protestas, as organizacións de esquerda crearon os Consellos obreiros ou soviets (formados por dirixentes das que representaban a obreiros, soldados e campesiños). ● Nos soviets foi medrando a influencia dos bolxeviques (socialistas marxistas partidarios da revolución) dirixidos por Lenin. O seu programa era poñer fin a guerra, confiscar toda a propiedade privada (que debía pasar a mans do Estado), e converter os soviets na única autoridade que debía exercer o poder. ● En outubro de 1917, Lenin e os bolxeviques (Garda Vermella) organizan unha insurrección armada. O 25 de outubro, a garda vermella formada polos bolxeviques e dirixida por Trotski, asaltan o palacio de inverno en Petrogrado e deteñen os membros do goberno provisional. ● Un Congreso dos soviets asume o poder e crea un goberno obreiro presidido por Lenin. (Consello de Comisarios do Pobo). A revolución esténdese por toda Rusia. LENIN STALIN TROTSKI
  • 21. A ÉPOCA DE LENIN E O NACEMENTO DA URSS Unha vez conquistado o poder, os bolxeviques tomaron medidas para transformar as estruturas sociais, económicas e políticas e facer fronte aos seus inimigos: 1.- Os bolxeviques promulgaron os decretos de outubro de 1917 para lograr a socialización dos medios de produción: – Desaparición da propiedade privada: a terra pasa a mans do Estado – A produción industrial nas fábricas será controlada polos obreiros. – Nacionalización da banca e do comercio exterior. 2.- A paz con Alemaña, tras o asinamento do Tratado de Brest-Litovsk (1918) polo que Rusia obtiña a paz a cambio de grandes perdas territoriais (Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania, Ucraína, Polonia, Besarabia e a Transcaucasia). Territorios perdidos por Rusia
  • 22. A ÉPOCA DE LENIN E O NACEMENTO DA URSS 3.- Guerra civil (1918-1921): os bolxeviques, grazas á creación por Trotski dun exército disciplinado e revolucionario (exército vermello), venceron aos antibolxeviques (exército branco, que se opoñían a revolución, formado por antigos oficiais tsaristas e apoiado polas potencias occidentais). A oposición interior foi así esmagada, a familia real executada, e os bolxeviques mediante a Tcheka, a policía política, perseguen aos contrarrevolucionarios. 4.- En 1918 Rusia foi transformada nunha República Federativa Soviética. Posteriormente coa incorporación de Ucraína, Bielorrusia e Transcaucasia, creouse en 1922 a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (Disolveuse en 1991). O poder estaba en mans dos soviets controlados polo partido comunista (antigo partido bolxevique).
  • 23. A ÉPOCA DE LENIN E O NACEMENTO DA URSS 5.- Os trastornos da guerra civil e a escaseza obrigaron a Lenin, en 1921, a impoñer unha Nova Política Económica (NEP) que permitía algunhas unha volta parcial as formas de mercado capitalistas para incentivar a produción. 6.- Fundación da Terceira Internacional (Moscova 1919) co obxectivo de derrocar o capitalismo. Só podían pertencer a ela os partidos que aceptasen denominarse comunistas e seguir as directrices do Partido Comunista da URSS.(PCUS)
  • 24. A ERA DE STALIN (1927-1953) ● A concentración do poder na persoa de Stalin, que o exerceu a morte de Lenin (1924) de xeito ditatorial. Non estaba permitida ningunha crítica; a persecución, a deportación e eliminación física dos opositores foi unha práctica habitual (purgas stalinistas, terror vermello). Creáronse os Gulag (campos de prisoneiros cheos de opositores ao réxime estalinista). Culto á súa persoalidade. ● A planificación económica. A partir de 1928 a economía estivo planificada e controlada polo Estado (fin da NEP), que elaboraba plans quinquenais para organizar a produción agrícola e industrial. Tivo prioridade a industria de base, de armamento, así como as fontes de enerxía, deixando nun segundo plano as industrias de bens de consumo. Con estas medidas a URSS converteuse nunha gran potencia industrial e militar. ● A colectivización agraria. Os campesiños foron obrigados a entregar as súas terras as granxas colectivas (koljós) e a traballar de forma comunitaria; unicamente conservaban a súa casa e un pequeno horto. Ademais creáronse granxas estatais (sovjós) Características:
  • 25. 3 O FASCISMO. A ITALIA DE MUSSOLINI Despois do remate da Primeira Guerra Mundial, Europa viviu unha grave crise que favoreceu o desenvolvemento dos fascismos e das ditaduras militares en prexuízo da democracia.
  • 26. CARACTERÍSTICAS DO FASCISMO (APLICABLES TAMÉN AO NAZISMO) ● Primacía do Estado por riba dos dereitos do individuo. ● Concentración do poder en mans dun único líder (Duce, Führer, Caudillo), que é obxecto de veneración polo pobo (culto á personalidade e obediencia cega). ● Existencia dun único partido, estando prohibidos e perseguidos todos os demais. (sistema antidemocrático e ditatorial). ● Militarismo e nacionalismo agresivo que aspiraba á expansión territorial. ● Rexeitamento da igualdade das persoas e dos pobos, defendendo a supremacía duns individuos sobre os outros, dos homes sobre as mulleres, dun país sobre outro. ● Forte control ideolóxico e policial, empregando a propaganda para a exaltación dos valores fascistas e a violencia para eliminar calquera crítica ou oposición. ● Intervencionismo do Estado na economía, buscando a autosuficiencia fronte aos estranxeiros (autarquía). A propiedade privada é respectada, pero as actividades económicas deben estar sometidas aos intereses do Estado. Os sindicatos e as folgas son suprimidas. Benito Mussolini, creador do fascismo en Italia
  • 27. O ASCENSO DE MUSSOLINI AO PODER ● Despois de finalizada a Primeira Guerra Mundial, Italia viviu unha grave crise política, social e económica. ● Existía un forte resentimento xeral cos aliados, acentuado polos excombatentes porque, a pesar de formar parte do bando vencedor, nos acordos de paz non se conseguiran territorios veciños que consideraban como propios. ● Forte tensión social causada polo desemprego, folgas, ocupación de terras e fábricas por parte dos obreiros. Temor a unha revolución social como a acontecida en Rusia por parte das clases máis conservadoras. ● Os gobernos liberais amosáronse inestables e non lograron facer fronte aos problemas. A ITALIA DE POSGUERRA: UN CONTEXTO DE CRISE
  • 28. O ASCENSO DE MUSSOLINI AO PODER ● En 1919, nesa situación de crise, Mussolini creou en Milán os fascios, grupos de combate (uniformados e identificados pola camisa negra) que se dedicaban a rebentar as folgas e a perseguir aos líderes políticos e sindicais da esquerda revolucionaria. ● O incremento do seu número deu lugar á formación, en 1921, do Partido Nacional Fascista. ● Contando coa pasividade das autoridades e co agrado de empresarios e terratenentes, en outubro de 1922 Mussolini organizou a marcha sobre Roma para forzar o establecemento dun goberno forte dirixido por el. ● Ante esta demostración de forza, o rei Víctor Manuel III nomeou a Mussolini xefe de goberno; pouco despois o Parlamento concedeulle plenos poderes para aplicar medidas excepcionais.
  • 29. A ITALIA FASCISTA ● Mussolini implanta en 1925 un réxime totalitario fascista: Converteuse no Duce, exercendo a ditadura persoal, suprimindo a oposición, ilegalizando os partidos políticos e sindicatos (agás o fascista), establecendo a censura e o control sobre os medios de comunicación. O novo Estado recibe o nome de Estado Corporativo, porque se organiza a través de corporacións por oficios coas que se pretendía evitar o enfrontamento entre clases sociais. ● Desenvolvemento de accións populistas e de exaltación nacionalista mediante os programas de apoio á produción agrícola e industrial, a construción de numerosas obras públicas (vías férreas, autoestradas, edificios públicos, monumentos...), e a redución do desemprego, aseguraron a Mussolini un amplo apoio popular. ● Normalización das relacións coa Igrexa católica mediante os Pactos de Letrán (1929) que lle poñen fin á “Cuestión Romana” e polos que Italia recoñecía a soberanía do Estado do Vaticano. ● Mussolini pretendeu incrementar a grandeza de Italia ampliando o seu imperio colonial. Rematou a ocupación de Libia e conquistou Abisinia, desobedecendo os mandatos da Sociedade de Nacións. ● A partir de 1936 mantivo unha colaboración estreita con Hitler e apoiou a Franco na Guerra Civil española. En 1939 asinou o Pacto de Aceiro, un tratado de alianza e axuda mutua con Alemaña. Despois na Segunda Guerra Mundial formou parte do Eixe (Alemaña, Italia e Xapón).
  • 30. A FIN DE MUSSOLINI ● En 1943, tras a conquista de Sicilia polos Aliados e a sucesión de derrotas italianas, o rei Víctor Manuel III, a petición do Gran Consello Fascista, destitúe a Mussolini. ● Foi preso e posteriormente liberado por paracaidistas nazis, e organizou a República Social italiana (República de Saló) baixo a protección de Alemaña no norte de Italia. ● En marzo de 1945 foi detido polos partisanos (membros da resistencia antifascista) e executado.
  • 31. 4 A CRISE DE 1929 E A GRAN DEPRESIÓN En 1929 afundiuse a Bolsa de Nova York (Wall Street) provocando unha grave crise mundial.
  • 32. OS FELICES ANOS VINTE ● En EE UU, a década de 1920 foi de auxe e prosperidade, convertíndose na primeira potencia económica mundial. ● O consumo de masas aumentou, estimulado polas facilidades de compra a prazos. ● A boa marcha dos negocios propiciou un incremento dos valores das empresas na Bolsa de Nova York. Moitos norteamericanos investiron os seus aforros ou solicitaron créditos para mercar accións. ● Ao mesmo tempo, os capitais norteamericanos serviron para financiar a reconstrución da economía europea trala gran guerra, convertíndose nos principais acredores do mundo. ● Comeza o “American way of life” (modelo de vida americano) baseado no consumo e no desenvolvemento dos medios de comunicación que se empregaron como medio de publicidade e de adoutrinamento social, e que se convertirá en modelo para todo o mundo.
  • 33. O CRAC DA BOLSA DE NOVA YORK ● O 24 de outubro de 1929 (xoves negro) produciuse de súpeto o afundimento do mercado de valores de Nova York. O pánico fixo que todo o mundo quixese vender as súas accións. Moitos norteamericanos arruináronse en cuestión de minutos. ● Entre as causas da crise destacan: – A especulación bolsista (aumento do valor das accións pola enorme demanda, que non tiña nada que ver co valor real das empresas). – A superprodución (oferta de produtos superior a demanda) o que orixinou unha gran acumulación de stocks que puñan en risco de quebra as empresas. ● O crac da bolsa arrastrou consigo todos os sectores. – Os bancos quedaron sen reservas pola retirada de capitais e moitos quebraron, quedando as familias sen aforros. – As empresas, por falta de vendas, tiveron que pechar ou reducir persoal, enviando ao paro a millóns de traballadores. Cotizacións na Bolsa de Nova York
  • 34. A GRAN DEPRESIÓN E O NEW DEAL ● As consecuencias do crac alcanzaron a todas as economías capitalistas (Europa, en particular), debido á situación de dependencia que tiñan coa banca norteamericana. ● As empresas arruínanse, as fábricas pechan, a produción industrial e agrícola descende. Como consecuencia, aumenta o paro e a miseria entre os traballadores e empeora a situación das clases medias. ● A tensión social favorece o auxe das protestas e dos intentos de revolución, pero tamén das ditaduras militares e dos fascismos, especialmente en Europa. ● Á felicidade dos anos 20 sucedía a Gran Depresión dos anos 30. Desempregados Hoovervilles
  • 35. A GRAN DEPRESIÓN E O NEW DEAL ● A maioría dos países recorreron ao proteccionismo e a autarquía que non melloraron a situación mundial. ● En EE UU xurdiron novas ideas, desenvolvidas polo economista John M. Keynes, que supuxeron o abandono do liberalismo clásico e unha maior implicación do Estado como motor económico, estimulando o consumo e aumentando os investimentos públicos en obras e servizos. ● En 1932, a nova presidencia demócrata de Frankin Delano Roosevelt, puxo en marcha o seu programa (New Deal, 1933), un conxunto de reformas inspiradas no keynesianismo para mellorar a economía e reducir o desemprego (subsidios agrícolas, salario mínimo, construción de grandes obras públicas...). A súa política, contou cun gran apoio popular e logrou unha importante reactivación económica nos anos seguintes. Especulación
  • 36. 5 O NAZISMO. A ALEMAÑA DE HITLER
  • 37. CARACTERÍSTICAS DO NAZISMO ● Foi obra e creación de Adolf Hitler, quen recolleu o seu pensamento na súa obra o Mein Kampf, 1925 (A miña loita). Comparte características co fascismo, pero engade dúas importantes matizacións: ● O racismo, defendendo a superioridade da raza aria (alemá) fronte aos demais pobos, e o antisemitismo (odio aos xudeus), considerados como raza inferior e causantes de todos os males que padecen os alemáns. A defensa da pureza da raza aria xustificará a eliminación dos enfermos mentais, a prohibición dos matrimonios mixtos, e o intento de exterminio das razas inferiores (xudeus, xitanos, eslavos...). ● O espazo vital, espazo polo que Alemaña se debía estender coa anexión de novas terras no leste de Europa. Formación da “Grande Alemaña”.
  • 38. O ASCENSO NAZI AO PODER ● Finalizada a Primeira Guerra Mundial, en Alemaña instaurouse a República de Weimar, que tivo que facer fronte ás fortes tensións provocadas polo resentimento da derrota, ao pagamento das indemnizacións de guerra, á reconstrución económica e á axitación extremista de comunistas e nacionalistas. A posguerra representou para Alemaña anos de crise económica, miseria e paro. ● En 1920 fundouse o Partido Obreiro Alemán Nacionalsocialista (nazi), do que Hitler foi elixido líder. O programa nazi esixía a revisión do tratado de paz de Versalles, reivindicaba a unión de todos os alemáns nunha gran Alemaña e rexeitaba a xudeus e estranxeiros. ● En 1923 en Múnic, os nazis intentaron co apoio dalgúns xefes militares dar un golpe de estado (push da cervexería), pero fracasaron; Hitler foi encarcerado e o partido nazi prohibido. ● En 1925 Hitler refundou o partido e reforzou a mensaxe nazi, pero seguía sendo un partido minoritario: desprezo pola democracia, odio ao bolxevismo e antisemistismo ● A crise de 1929 afectou duramente a Alemaña, causando un enorme incremento do paro con millóns de desempregados. O fracaso dos gobernos provocou unha desilusión xeral na democracia e un crecente apoio aos nazis. ● Hitler deseñou a estratexia a seguir para tomar o poder: triunfar nas eleccións e empregar a violencia nas rúas(accións das organizacións paramilitares do partido nazi: SA, SS e a Gestapo). ● En 1933, os nazis convertéronse na forza maioritaria no Parlamento, sendo Hitler nomeado xefe do goberno (chanceler) o 30 de xaneiro, sendo Hindenburg o presidente.
  • 39. A ALEMAÑA NAZI ● Entre 1933 e 1934, Hitler foi eliminando toda a oposición, transformando Alemaña nun Estado totalitario e ditatorial. Os comunistas (acusados de queimar o Reichstag – Parlamento-) os sindicatos e demais partidos foron prohibidos, e os seus líderes encarcerados; moitos membros do partido nazi foron asasinados (noite dos coitelos longos); os xudeus foron obxecto dunha dura persecución. ● En 1934, tras a morte do presidente da República, Hitler concentra na súa persoa os principais poderes do Estado: convértese no führer (xefe, guía) e chanceler do III Reich. ● No ámbito económico, durante o seu goberno reduciuse o paro grazas á política de rearme militar e de obras públicas, que reactivaron a produción industrial e deron traballo a milleiros de persoas. Hitler aplicou medidas proteccionistas e de autarquía. ● Hitler buscou o engrandecemento de Alemaña incumprindo o Tratado de Versalles e desafiando á comunidade internacional. Entre 1935 e 1939: – ampliou Alemaña: incorporou o Sarre, Renania, anexionou Austria e parte de Checoslovaquia. – decretou o servizo militar obrigatorio e o rearme. – enviou axuda militar a Franco na guerra civil española (1936-1939) – afianzou a alianza coa Italia fascista e buscou pactos coa URSS para modificar as fronteiras europeas. – O 1 de setembro de 1939 invadiu Polonia, acto co que se iniciou a II Guerra Mundial. ● A derrota alemá puxo fin á guerra e tamén a Hitler, que se suicidou en abril de 1945.
  • 40. A ALEMAÑA NAZI: Persoaxes Goebbels, ministro de propaganda Ribbentrop, ministro de Asuntos Exteriores Himmler, comandante das SS Göring, comandante da Luftwaffe Rosenberg, ideólogo do Reich Mengele, médico nazi
  • 41. A ALEMAÑA NAZI Expansionismo alemán Boicot aos comercios xudeus en Alemaña
  • 42. 6 A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL (1939-1945)
  • 43. O CAMIÑO CARA A GUERRA ● Na década de 1930, as relacións internacionais deterioráronse progresivamente debido a: – Ás dificultades económicas derivadas das consecuencias da crise de 1929. – Ao desenvolvemento de políticas agresivas expansionistas e militaristas. ● A Sociedade de Nacións foi incapaz de evitar os enfrontamentos, pois carecía de medios para facer eficaces as sancións aos estados agresores. ● As potencias democráticas ou practicaron unha política de illamento (EE UU), ou foron partidarias do apaciguamento tratando de evitar a guerra (Gran Bretaña, Francia). ● Entre 1935 e 1939 prodúcese a expansión territorial dos estados fascistas: – Hitler forma un poderoso exército e reclama a anexión das terras habitadas por alemáns: consegue a anexión de Austria e parte de Checoslovaquia (Sudetes) (1938- 39), pero nos seus plans está ampliar o seu dominio cara ao leste (espazo vital). – Mussolini ataca e conquista Abisinia (1935-36) e colabora con Hitler na guerra civil española. – Xapón reinicia a guerra contra China (1937) para ampliar os seus dominios na zona. – Asinan unha serie de alianzas que culminan na creación do Eixe Berlín-Roma-Toquio. ● Inicio da guerra: En agosto de 1939 Hitler asinou un tratado de neutralidade con Stalin (pacto xermano-soviético), establecendo un acordo para repartirse os territorios do leste de Europa. O 1 de setembro de 1939, Hitler ordenou a invasión de Polonia; como resposta, Francia e Gran Bretaña declararon a guerra a Alemaña. Comezaba a Segunda Guerra Mundial.
  • 44. O CAMIÑO CARA A GUERRA Cartel de propaganda do III Reich, marzo de 1938. Europa antes do estalido da Segunda Guerra Mundial
  • 45. FASES DA GUERRA ● Os triunfos do Eixe, (1939-1940). Nunha guerra lóstrego, o exército alemán ocupa Polonia, Dinamarca, Noruega, Holanda, Bélxica e gran parte de Francia. En colaboración cos italianos, ocupan Albania, Grecia, Iugoslavia e o norte de África. A URSS, mantendo o acordo con Hitler, ocupa o leste de Polonia, Estonia, Letonia, Lituania, Bucovina e Besarabia. Só Gran Bretaña resiste. En Extremo Oriente, Xapón avanza en China, ocupa as colonias francesas, e ataca as posesións inglesas. ● A extensión da guerra e a entrada da URSS e de EE UU, (1941-1942). En 1941 Hitler rompe o acordo con Stalin e invade a URSS. No Pacífico, Xapón ataca por sorpresa a base norteamericana de Pearl Harbour provocando a entrada do EE.UU na guerra. ● O cambio de signo e a contraofensiva aliada (1942-1943). Entre finais de 1942 e comezos de 1943, os Aliados (Gran Bretaña, EE UU e a URSS ) logran conter o avance inimigo en todas as frontes. Os anglo-norteamericanos desembarcan no norte de África, derrotan as tropas do Eixe e despois conquistan Sicilia e o sur de Italia. Os rusos derrotan aos alemáns en Stalingrado e fannos recuar nas chairas rusas. No Pacífico, EE UU contraataca, impedindo o avance xaponés. ● A vitoria dos aliados(1944-1945). En xuño de 1944 produciuse o desembarco de Normandía, nos meses sucesivos os anglonorteamericanos avanzan cara ao Rin; no leste, os soviéticos ocupan os Balcáns, Polonia e Hungría. O 30 de abril Hitler suicídase no seu búnker berlinés. O 4 de maio Alemaña capitula. Remataba a guerra en Europa. No Pacífico, EE UU recupera as Filipinas e conquista Iwo Jima e Okinawa; o 6 de agosto de 1945 lanza unha bomba atómica sobre Hirosima e tres días despois outra sobre Nagasaki; o 2 de setembro Xapón asina a rendición. Era a fin da guerra.
  • 46. FASES DA GUERRA: TRIUNFOS DO EIXE
  • 47. FASES DA GUERRA: EXPANSIÓN DE XAPÓN
  • 48. Cartel de propaganda americano que simboliza a unión dos aliados contra o nazismo, 1944.
  • 49. FASES DA GUERRA: OFENSIVAS ALIADAS Ofensivas aliadas
  • 50. AS NOVAS FORMAS DE GUERRA ● A guerra alcanzou enormes dimensións. Calcúlase uns 55 millóns de mortos e 35 millóns de feridos. Gran número de cidades, industrias e vías de comunicacións dos países belixerantes quedaron destruídas. Como novidades destacaron: – Novas armas e estratexias de combate. En terra destacaron os vehículos acoirazados. No aire a aviación que permitiu o bombardeo das cidades e centros industriais. No mar, os portaavións foron pezas clave nos combates navais e nos desembarcos. Destaca o enorme potencial destrutor das bombas (a atómica e as convencionais). Nos países ocupados xurdiron grupos de resistencia e de partisanos que realizaron accións de sabotaxe e espionaxe a favor dos aliados. – Os campos de concentración, de traballos forzados e de exterminio. No caso alemán foron creados para explotar man de obra ou exterminar os seus ocupantes (mediante cámaras de gas). Calcúlase nuns 20 millóns os deportados; uns dez millóns morreron neles, dos cales seis millóns eran xudeus (Holocausto).
  • 52. CAMPOS DE CONCENTRACIÓN Campo de concentración de Mauthausen. AUSCHWITZ
  • 53. A ORGANIZACIÓN DA PAZ E A FUNDACIÓN DA ONU ● En 1945, na Conferencia de Ialta e na de Postdam tomáronse os principais acordos: ● Imposicións aos vencidos. – Alemaña e a súa capital Berlín foron divididas en catro zonas administradas polos vencedores (EE.UU, Francia, Reino Unido e URSS) e o mesmo con Austria. – Eliminación do nazismo sendo os seus dirixentes xulgados e condenados (xuízos de Nuremberg). – Establecemento de sistemas democráticos. – Xapón pasa a ser administrado polos EE UU. ● Modificacións territoriais. Reduciuse o tamaño de Alemaña que perde entre outros territorios, Prusia oriental. A URSS mantén a posesión nas Repúblicas Bálticas e anexiona a Rutenia e a zona oriental polaca. ● Fundación da ONU (1945). A finalidade é manter a paz e a seguridade internacionais.Os seus principais organismos son a Asemblea xeral, con sede en N. York; o Consello de Seguridade, formado por 15 membros, 5 con dereito a veto; a Secretaría Xeral e o Tribunal Internacional de Xustiza.
  • 54. A ONU NA ACTUALIDADE
  • 55. FIN