SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 10
Descargar para leer sin conexión
A reconversión do comercio ambulante en Galicia 1
Santiago González Avión
A RECONVERSIÓN DO COMERCIO
AMBULANTE EN GALICIA
Antecedentes
Conforme aos datos achegados por diferentes investigadores e militantes da
causa xitana, as ocupacións tradicionais dos xitanos comezaron a modificarse
nos anos 50 do pasado século, participando moitos deles, os de mellor
posición económica e social, e con maiores vínculos coa sociedade maioritaria,
en actividades comerciais (como a trata se bestas, ou as antigüidades) pero
tamén en ocupacións emerxentes con posibles percorridos de progreso
persoal e integración social como eran as incipientes obras públicas. Pero unha
maior afinidade cultural co mundo do comercio, así como unha maior
afinidade deste último ramo de ocupación coa concepción familiar do traballo,
provocaron un progresivo abandono dos sectores da construcción e das obras
públicas, e unha afluencia crecente ás ocupacións comerciais, nomeadamente
á venda ambulante.
No caso galego, os xitanos teñen unha escasa presencia nas vilas e cidades
(salvo acaso na Coruña), de tal xeito que os xitanos galegos aparecen como
itinerantes, tanto na imaxe que deles ten a maioría social como nos relatos que
os xitanos casteláns fan dos seus “primos” galegos.
Pero xa a principios dos anos setenta nas feiras (cada vez máis escasas e con
menos tratantes de gando) e nos mercados (cada vez máis frecuentes e con
maior presencia do comercio do téxtil e do calzado) comezan a facerse
presentes os xitanos casteláns, nomeadamente os zamoranos –orixinarios de
Benavente– que aparecen aos ollos da xente como un colectivo diferenciado
dos xitanos autóctonos, tanto polas súas ocupacións como polas posibilidades
que abren á convivencia.
Así, nos últimos trinta anos o comercio fóra de establecemento fixo
converteuse na ocupación de referencia para as comunidades xitanas: primeiro
para os casteláns, pero logo para os galegos e, progresivamente para os
ciganos portugueses asentados entre nós.
A reconversión do comercio ambulante en Galicia 2
Santiago González Avión
Caracterización
De maneira moi simplificada, referímonos ás actividades comerciais dos
xitanos como venda ambulante. Pero esa denominación non é de todo correcta
e debe ser levemente matizada: Precisamente a presencia de persoas xitanas
exercendo actividades de venda ambulante (no senso estricto da expresión)
levou a moitos concellos, fóra do noso espacio xeográfico, á prohibición desa
actividade, fóra dos días de mercado, nos lugares habilitados a tal efecto.
Na nosa xeografía a distribución de productos alimentarios (como pan e peixe)
conxugou sempre os establecementos fixos coa venda ambulante por
parroquias e lugares. Acaso por este motivo non hai demasiada literatura
xurídica no noso entorno sobre a prohibición da venda ambulante e sexa máis
frecuente, mesmo antes da etapa democrática, a súa regulación.
De feito, ese mesmo modelo (establecementos fixos e venda en postos non
estables, en feiras e mercados), foi empregado por negocios familiares para a
comercialización do téxtil e do calzado. Por iso non resultou estraño que
tamén os xitanos concorresen aos mercados para establecer os seus postos.
Estamos, daquela, diante dun fenómeno comercial que ten trinta anos de
existencia e que está directamente relacionado coa evolución de formas de
distribución comercial características do país.
A crise da venda ambulante
Sen embargo, a actual situación debe ser descrita en termos de crise. A
percepción maioritaria das familias xitanas que se dedican á venda é que o
mercado non dá. Debemos tratar de comprender que cal é o significado
subxectivo desa falta de rendibilidade, cal é o fundamento obxectivo e as vías
de saída existentes á actual situación.
A vivencia da crise
A vivencia subxectiva da crise está fundamentada nas fondas transformacións
experimentadas pola comunidade xitana nestes últimos trinta anos, tanto
desde o punto de vista social como desde o cultural.
Debemos referirnos, en primeiro lugar, á evolución demográfica. As
comunidades xitanas experimentaron en Galicia unha rápida transición
demográfica, pasando de taxas moi elevadas de mortalidade a outras moi
baixas e, aínda que permanece unha importante desvantaxe en termos de
A reconversión do comercio ambulante en Galicia 3
Santiago González Avión
esperanza de vida respecto do conxunto da poboación (arredor de dez anos),
esta foi recortada a menos da metade da existente nos tempos da transición.
Contemporaneamente produciuse unha reducción moi significativa da
natalidade. Sen embargo, como acontece xeralmente en situacións de
transición demográfica, o segundo proceso (reducción da natalidade) é algo
posterior ao primeiro. Daquela, créase unha xeración moi numerosa, a máis
numerosa na historia dos xitanos en Galicia, que está chegando agora á idade
adulta, á emancipación e a creación da súa propia familia.
Pero esa xeración trata de incorporarse aos mercados ambulantes nun
contexto moi diferente desde o punto de vista económico, do que viviron os
seus pais hai dúas ou tres décadas: os xitanos xa non están excluídos dos
dereitos de cidadanía nin viven maioritariamente en condicións de
precariedade, cando non de miseria extrema. Trátase de cidadáns que se
beneficiaron das políticas sociais e das oportunidades económicas que se
foron xerando durante estes anos, polo que están instalados en niveis de
consumo e en expectativas de integración social moi superiores ás que
soñaran as anteriores xeracións. Polo tanto, a expectativa sobre os mercados
non é de obter rendementos arredor de niveis básicos de supervivencia, senón
conforme a un modelo de benestar.
Nese contexto, non debe estrañar que exista unha percepción aguda de falta
de futuro nos mercados. A xente nova non está segura de que os mercados
poidan atender a esa perspectiva de consumo crecente e de acceso a unha
vivenda digna conforme aos padróns habituais na sociedade galega actual.
Ademais, unha parte moi significativa de xitanos maiores coñeceron tempos
nos que as marxes de beneficio e os rendementos do traballo resultaban moi
superiores. Daquela estamos diante dunha crise fondamente sentida polas
persoas e polas comunidades xitanas de Galicia.
A evolución dos mercados
Forma xa parte do tópico referirse á globalización como causa das
transformacións económicas do noso tempo. Sen embargo, analiticamente é a
globalización a causa obxectiva da fonda modificación dos mercados
ambulantes en Galicia. Non debemos abordar a solución local dos problemas
sen unha ollada global.
En primeiro lugar, hai que referirse á división do traballo no capitalismo
avanzado como factoría mundial. A división social do traballo, que no
capitalismo clásico era unha división de clases no seo dunha economía
nacional, na actualidade converteuse nunha división planetaria do traballo. É
A reconversión do comercio ambulante en Galicia 4
Santiago González Avión
ben coñecido o proceso polo que empresas téxtiles que traballaban ata hai
poucos anos con man de obra autóctona, teñen deslocalizado o proceso de
producción a países do sueste asiático, a Marrocos, a México, aos países
emerxentes da Europa Central e Oriental e, sobre todo, nos últimos tempos, a
China. O mesmo está a pasar coa producción de calzado. O xitano que hai
unha década podía coller unha furgoneta e comprar xénero competitivo no
Norte de Portugal, xa non pode enfrontar con esa estratexia a competencia
china. O mesmo xitano que alugaba un tráiler para cruzar a península e
comprar calzado en Elxe, ve a un tempo como arden as fábricas chinas
instaladas nesa cidade do Levante peninsular, e como os seus antigos
provedores teñen que pechar as súas. Daquela, son os chinos quen configuran
a distribución da roupa e do calzado a baixo prezo. Agora, as persoas xitanas
debe comprar os restos de serie das grandes cadeas comerciais (algo que xa
antes facían cos pequenos comercios) ou comprarlles directamente aos chinos
que, nos seus códigos entenden que aos demais véndeselles nos bazares e
non de maiorista a intermediario. Mesmo non faltan familias que compren
directamente nas grandes superficies comerciais para vender logo no mercado
ambulante.
Este cambio nos provedores vai acompañado de outros dous: a aparición de
novos competidores e os fondos cambios acontecidos nos hábitos de consumo
da poboación galega, fenómenos ambos directamente relacionados coa
globalización.
As familias xitanos viron como minguaba, progresivamente, o número de
vendedores galegos nos mercados ambulantes. Esa circunstancia foi
aproveitada como unha oportunidade para ter unha posición dominante e para
avanzar no benestar e na súa integración na sociedade de consumo. A
aparición de novos competidores é un fenómeno directamente relacionado coa
inmigración. Trátase, fundamentalmente, de sudamericanos e africanos.
Chegan con menos cargas familiares (ou son familias máis pequenas ou unha
parte da prole fica nos países de orixe), cunhas estratexias económicas nas
que a mentalidade de aforro está moito máis arraigada, porque forma parte da
opción de vida do emigrante e nas que a provisionalidade permite asumir
sacrificios no presente que se transformarán en benestar e oportunidades para
o futuro1.
1 A estratexia da provisionalidade é vivida polos xitanos, conforme describe Teresa San Roman
(Cf. La diferencia inquietante, Siglo XXI, Madrid 1997), como estratexia adaptativa referida ao
presente, non proxectiva de cara ao porvir.
A reconversión do comercio ambulante en Galicia 5
Santiago González Avión
A inmigración engade efectivos a mercados que padecen, como vimos, unha
importante presión demográfica. Se antes o pai de familia cun posto tiña que
dar de comer a cinco fillos, agora comparte posto cos dous pequenos, os tres
maiores procuraron outros postos e chegaron ao mesmo mercado un ou dous
inmigrantes en procura de oportunidades e con estratexias comerciais máis
agresivas en prezos, máis axustadas en marxes comerciais, porque están
soportadas sobre estratexias vitais con menores niveis de consumo e cunha
maior perspectiva de aforro.
Por último, os padróns de compra na sociedade galega foron fondamente
modificados nos últimos anos, a medida que os mercados globalizados abrían
novas oportunidades de consumo, aparecía unha diversificación crecente e se
impuñan novas pautas asociadas coas estratexias comerciais das
multinacionais da distribución. Así, os mercados ambulantes manteñen unha
clientela tradicional, integrada por persoas que ven nestas formas de comercio
unha ocasión de contacto co comercio de proximidade, pero sobre todo teñen
unha clientela nova, conformada por persoas que asocian os mercados
ocasionais, con formas novas de ocio e consumo. Este novo patrón de compra,
pode ser efectivo, porque está próximo ás estratexias de vinculación de ocio e
consumo auspiciadas polas grandes compañías de distribución e as superficies
comerciais. Sen embargo, o que xa non poden ofrecer os mercados
ambulantes son os mellores prezos. Como vimos, a modificación fonda no
ámbito da producción e da distribución imposibilitan a competencia coas
grandes superficies comerciais e mesmo cos minoristas chinos.
Nin sequera a mobilidade dos mercados é un factor decisivo á hora de decidir
a compra. Ou a poboación local acode aos mercados como unha decisión
cultural da estructuración da convivencia e do consumo no propio ámbito
local, ou os novos factores de mobilidade e as novas formas de
comercialización e de proximidade acurtan as vantaxes do comercio
tradicional. O comercio de proximidade é moi consciente desta tendencia e xa
ten dado pasos na dirección de relacionar fiabilidade, proximidade, trato
personalizado e desenvolvemento económico local.
As saídas á situación actual
Este conxunto de factores económicos que describimos non significan que o
comercio ambulante, dentro da caracterización que realizamos, tenda a
desaparecer. O que significa é que as estratexias do conxunto dos vendedores
ambulantes deben ser modificadas, e que a significación cultural desta
A reconversión do comercio ambulante en Galicia 6
Santiago González Avión
actividade comercial para as comunidades xitanas debe ser radicalmente
transformada.
Unha estratexia comercial anovada
Tocante á estratexia comercial, os mercados ambulantes deben estar
orientados con claridade á vinculación entre o ocio e a decisión de compra.
Trátase de lograr un ambiente comercial agradable, pero tamén moi
diferenciado do ton impersoal das grandes superficies comerciais, ou do outro,
máis familiar, do comercio de proximidade. A pluralidade cultural da
procedencia dos vendedores pode contribuír a lograr ese efecto, pero cómpre
valorizalo cunha diversidade crecente da oferta, porque a banda da demanda
reclama esa diversificación, e cun trato respectuoso e empático a un tempo.
Evidentemente, estamos a falar de productos de baixo custe, aínda que non
dos mellores prezos do mercado. Por iso, cómpre conxugar os factores de
diferenciación que apuntabamos coa oferta de garantías persoais ou
comerciais que reforcen o atractivo dos prezos. Adicionalmente, conviría
diversificar os medios de pago, especialmente no relativo á utilización de
“diñeiro de plástico”, como unha facilidade adicional para os potenciais
clientes.
Ademais da diversificación, parece inevitable unha clara aposta pola regulación
e pola normalización. Unha consideración atenta dos procesos de
normalización e regulación poñen de manifesto como se trata de alternativas
beneficiosas para os vendedores ambulantes, para a sostentabilidade da
actividade e para o reforzamento da estratexia comercial que describimos.
Xa nos referimos á presión demográfica sobre os postos do mercado. A
mención dun caso particular, o do comercio ocasional no paseo de Samil, debe
facernos reflexionar sobre a pertinencia da regulación para os propios
vendedores. Xa no verán de 2004, en manifestacións á prensa local, o
presidente da Asociación para a Integración do Africano (AIDA), e coñecido
vendedor ambulante, Ibrahima Nyiag, facía referencia a que o número crecente
de vendedores senegaleses e ecuatorianos no paseo de Samil facía inviables
economicamente os negocios das persoas que pagaban os seus impostos e
que vivían en condicións de estricta legalidade e cidadanía. Se unha actividade
comercial tan informal e relativamente tan recente coma a realizada polos
inmigrantes no paseo da praia de Samil en Vigo fai que sexan os propios
inmigrantes quen reclamen a regulación da actividade, a fortiori toda a
actividade do sector debe ser regulada. E o respecto pola regularización
convértese nun piar clave para a sostentabilidade do sector.
A reconversión do comercio ambulante en Galicia 7
Santiago González Avión
Entendemos por normalización un único proceso de axuste á norma social e
aos estándares de calidade vixentes no sector. Trátase dun único proceso,
porque o axuste aos usos normais da sociedade está intimamente vinculada
coa observancia das normas que rexen a producción e a distribución para
dotalas de fiabilidade, as normas de calidade. O cumprimento das normativas
legais xenéricas e das regulacións específicas do sector da venta ambulante
son unha parte esencial da normalización social, a súa condición de
posibilidade. O proceso de normalización trázase, daquela, desde a
observancia da regulación ao cumprimento dos requisitos que a sociedade
establece para asegurar a fiabilidade da actividade comercial.
As estratexias culturais das comunidades xitanas
Polo que respecta á comunidade xitana, parece claro que os mercados
ambulantes deberían constituír, a partir de agora, unha alternativa máis dentro
das súas oportunidades económicas e vitais, pero non parece viable que
constitúan a alternativa por antonomasia. Esa pluralidade constitúe un
problema para a viabilidade mesma do concepto social de traballo vixente na
comunidade, así como para a relación entre reproducción económica e
reproducción cultural da propia comunidade.
O concepto de traballo máis estendido entre as persoas de cultura xitana é
consideralo como o agregado de tarefas que unha familia realiza para garantir
a súa supervivencia e o seu benestar. Esta definición cultural de traballo fai
que unha de cada catro persoas xitanas teña como única ocupación declarada
a “axuda á economía familiar”2. Daquela, cómpre realizar un tránsito cultural
entre o traballo como un agregado familiar e o emprego como unha actividade
individual. Por descontado que o emprego converte ao traballo nunha
mercancía, circunstancia que choca cos valores culturais dominantes nas
comunidades xitanas e que introduce patróns culturais propios da maioría
social no seu universo de valores. Pero non é menos certo que a emancipación
individual é un requirimento das sociedades democráticas, fundamentadas na
responsabilidade individual e na capacidade persoal de decisión (deberes e
dereitos). Só a realización deste tránsito permite a existencia dunha cidadanía
activa.
Pero a reproducción cultural da comunidade xitana estivo fundamentada,
mesmo nas últimas décadas, nun modelo de reproducción económica na que a
definición social do traballo é un agregado familiar. Ten que haber unha fonda
2 Datos do estudio, “Comunidad gitana y empleo” Fundación Secretariado Gitano, 2006
A reconversión do comercio ambulante en Galicia 8
Santiago González Avión
modificación das estratexias de reproducción cultural para que non estean
asociadas á reproducción económica baseada no modelo dos mercados
ambulantes.
Problemas na procura de viabilidade
Pero a procura dunha solución normalizada estivo pexada por problemas
derivados das estratexias parciais de normalización desenvoltas no nivel local,
así como por lastres procedentes da propia comunidade xitana.
Ademais dos condicionantes culturais que vimos de describir, a comunidade
xitana en Galicia presenta dúas configuracións diferenciadas que dificultan o
establecemento das liñas de saída que vimos de comentar.
En primeiro lugar está a presencia das cooperativas de venda. Aínda que son
cooperativas de traballo asociado, a práctica totalidade dos seus traballadores
non son cooperativistas, senón asalariados da cooperativa, contratados por
horas. Na práctica, este sistema oculta algunhas irregularidades graves e que,
lonxe de apuntar na dirección da normalización, están encamiñadas na
dirección oposta. En realidade ningún cooperativista recibe un salario da
cooperativa, senón que o seu sustento procede dos resultados directos do seu
traballo. En segundo lugar, tampouco existen compras mancomunadas no seo
da cooperativa: cada vendedor fai as súas compras individualmente. E, por
último, e iso explica os dous primeiros feitos, a cooperativa é unha simple
fórmula para posibilitar a cotización a tempo parcial, cousa que non permite o
traballo autónomo. Deste xeito, os responsables da cooperativa fan un cálculo
aproximado, normalmente á baixa, das horas traballadas. Acontece mesmo
que hai persoas cotizando que non teñen postos nos mercados, mentres que
outras, por cobrar prestacións públicas incompatibles coa actividade
comercial, non aparecen de alta.
Pero, no caso concreto das áreas urbanas de Vigo e Pontevedra, existe unha
organización de carácter familiar que toma decisións unilateralmente sobre as
ubicacións das familias nos postos dos mercados, sobre as cotas que se deben
pagar en concepto de seguridade, sobre o funcionamento dos mercados en
xeral e das cooperativas en particular. Esta organización mesmo toma
decisións sobre que familias xitanas poden residir no entorno e as que deben
abandonalo, mesmo con presións e ameazas, como se ten denunciado
recentemente por parte de media ducia de familias zamoranas expulsadas de
Marín.
A reconversión do comercio ambulante en Galicia 9
Santiago González Avión
Para atallar esta situación, e para favorecer a normalización dos mercados,
tomáronse medidas por parte de diversos concellos. Esas medidas pretendían
tomar como punto de partida a legalidade vixente, pero tamén coutarlle o paso
aos posibles usos fraudulentos das normativas de referencia a través dos dous
elementos de distorsión existentes na comunidade xitana.
Por unha parte hai que facer unha valoración moi positiva da intención que
guía esas decisións e cómpre salientar que as medidas tomadas lograron
rachar a unanimidade existente arredor das bondades do modelo de
cooperativas desenvolto ad hoc, sen ningún espírito cooperativista e sen
medidas que fomenten a participación, a eficiencia económica e a democracia
na toma de decisións.
Pero, por outra parte, esas medidas resultan moi impopulares entre as familias
xitanas, que ven minguados os seus ingresos no entretempo, ven limitado o
seu acceso aos mercados e vense impulsados por unha precariedade crecente
e por presións das propias organizacións xitanas a permanecer nas
cooperativas.
Se a situación de partida non era boa, e mesmo familias que viviran sempre do
mercado comezaban a achegarse aos servizos sociais e a intentar
compatibilizar (de facto) a venta ambulante coa percepción de subsidios, a
situación actual vólvese moi complicada para a maioría delas, apuntando a
unha xeira de maior dependencia da comunidade xitana respecto das
prestacións públicas. Nalgúns concellos, onde había unha maioría de xitanos
casteláns, a situación vaise deteriorando con certa rapidez e ameaza con
equipararse á baixa con respecto dos xitanos galegos, en maior desvantaxe
social ata agora.
Conclusión: Unha proposta de reconversión
Entendemos que as medidas de regulación e normalización ata agora non
deron todos os resultados agardados porque acontecen nun contexto
fragmentario, de carácter local, e porque non teñen a capacidade de
contemplar o problema desde a súa complexidade. Non debemos camiñar de
cara a un rexeitamento desas medidas e retornar á posición de partida, cando
o que cómpre é avanzar na mesma dirección, pero con medidas integrais
capaces de garantir a supervivencia e os niveis actuais benestar das familias
afectadas, así como a súa seguridade e a súa capacidade individual de
decisión.
A reconversión do comercio ambulante en Galicia 10
Santiago González Avión
A primeira medida que consideramos oportuna é o recoñecemento de que o
sector do comercio ambulante está necesitado de reconversión. Trátase de
desenvolver medidas que atendan por igual aos procesos económicos, sociais
e culturais que están implicados nas transformacións que están a acontecer
nos mercados ambulantes da nosa terra. Trátase de fomentar a viabilidade e
competitividade dos negocios existentes, de promover a especialización e
diversificación, así como de procurar abrir á xente nova unha perspectiva de
ocupación e emprego que, podendo estar no ámbito comercial, non ten por
que reproducir os esquemas existentes: hai necesidade de xente con saberes
prácticos, pero tamén cunha profesionalidade suficientemente contrastada, en
postos de comercial das empresas máis variadas, así como unha importante
demanda de dependentes de comercio, cun nivel non menos importante de
inserción laboral das persoas formadas nese sector de actividade.
Esa reconversión pode articularse en tres ámbitos fundamentais: as medidas
financeiras de apoio, as medidas de formación, capacitación e de acceso á
profesionalidade, e as medidas de asesoramento aos emprendedores e de
intermediación no mercado laboral para as persoas que buscan novas
ocupacións.
Ademais, é necesario atender ás problemáticas concretas dos mercados locais,
nomeadamente mediante o establecemento de medidas que sexan equitativas
con todos os vendedores, con independencia do réxime xurídico en que
desenvolven a súa actividade, pero esixindo unha coherencia entre dito réxime
xurídico e as formas en que se establecen os negocios. Ademais, os postos
dos mercados non deben ser concedidos a empresas, sexan corporacións
multinacionais ou pequenas cooperativas de venta, senón a persoas
individuais. Porque se queremos facilitar o exercicio de liberdade e da
responsabilidade individual, non podemos privar a ninguén de que se asocie
para competir nun mercado globalizado, cambiante e con rendementos
decrecentes, pero non podemos permitir que existan persoas que decidan
sobre o futuro económico, profesional e mesmo vital de outras.
Está en xogo a equidade e a cohesión social. Emprender medidas que faciliten
unha verdadeira reconversión, atallando os elementos negativos que aparecen
no proceso e facilitando a regularización e a normalización é unha aposta que
poderá ter efectos moi positivos sobre os niveis de rendas, de benestar e de
participación económica e social das persoas xitanas nos nosos concellos e en
Galicia toda.
Vigo, 04 de marzo de 2006

Más contenido relacionado

Destacado

Impact of digital technology
Impact of digital technologyImpact of digital technology
Impact of digital technologyBob Read
 
Question, question, question
Question, question, questionQuestion, question, question
Question, question, questionBob Read
 
Developing Functional English - writing
Developing Functional English - writingDeveloping Functional English - writing
Developing Functional English - writingBob Read
 
Customer Value Proposition-Exeed Webinar
Customer Value Proposition-Exeed WebinarCustomer Value Proposition-Exeed Webinar
Customer Value Proposition-Exeed WebinarExeedInstitute
 
Resource guide for GCSE Teachers in English and Maths
Resource guide for GCSE Teachers in English and MathsResource guide for GCSE Teachers in English and Maths
Resource guide for GCSE Teachers in English and MathsBob Read
 
Care texts
Care textsCare texts
Care textsBob Read
 
Literacy Across the Curriculum
Literacy Across the CurriculumLiteracy Across the Curriculum
Literacy Across the CurriculumBob Read
 
SME Academy_Business Foundation Regestration kit
SME Academy_Business Foundation Regestration kitSME Academy_Business Foundation Regestration kit
SME Academy_Business Foundation Regestration kitExeedInstitute
 
Starter activities
Starter activitiesStarter activities
Starter activitiesBob Read
 
Hydrogen peroxide solution slides
Hydrogen peroxide solution slidesHydrogen peroxide solution slides
Hydrogen peroxide solution slidesBob Read
 

Destacado (17)

Impact of digital technology
Impact of digital technologyImpact of digital technology
Impact of digital technology
 
Question, question, question
Question, question, questionQuestion, question, question
Question, question, question
 
Developing Functional English - writing
Developing Functional English - writingDeveloping Functional English - writing
Developing Functional English - writing
 
Customer Value Proposition-Exeed Webinar
Customer Value Proposition-Exeed WebinarCustomer Value Proposition-Exeed Webinar
Customer Value Proposition-Exeed Webinar
 
Resource guide for GCSE Teachers in English and Maths
Resource guide for GCSE Teachers in English and MathsResource guide for GCSE Teachers in English and Maths
Resource guide for GCSE Teachers in English and Maths
 
Evaluacion
EvaluacionEvaluacion
Evaluacion
 
Care texts
Care textsCare texts
Care texts
 
Mott Mac Donald
Mott Mac DonaldMott Mac Donald
Mott Mac Donald
 
Session 1
Session 1Session 1
Session 1
 
Literacy Across the Curriculum
Literacy Across the CurriculumLiteracy Across the Curriculum
Literacy Across the Curriculum
 
Voluntariado e crise
Voluntariado e criseVoluntariado e crise
Voluntariado e crise
 
Scotwork
ScotworkScotwork
Scotwork
 
SME Academy_Business Foundation Regestration kit
SME Academy_Business Foundation Regestration kitSME Academy_Business Foundation Regestration kit
SME Academy_Business Foundation Regestration kit
 
Reading 2
Reading 2Reading 2
Reading 2
 
Starter activities
Starter activitiesStarter activities
Starter activities
 
Hydrogen peroxide solution slides
Hydrogen peroxide solution slidesHydrogen peroxide solution slides
Hydrogen peroxide solution slides
 
Bola baling
Bola balingBola baling
Bola baling
 

Similar a Reconversión comercio ambulante

Programa electoral del BNG - Nós
Programa electoral del BNG - NósPrograma electoral del BNG - Nós
Programa electoral del BNG - NósÁlex Herrera Díaz
 
Estamos ante unha catástrofe demográfica en galicia
Estamos ante unha catástrofe demográfica en galiciaEstamos ante unha catástrofe demográfica en galicia
Estamos ante unha catástrofe demográfica en galiciaSantiago González Avión
 
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por Galicia
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por GaliciaPrograma marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por Galicia
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por GaliciaDani Lago
 
Xurxo. Ilustración e Industrialización.
Xurxo. Ilustración e Industrialización.Xurxo. Ilustración e Industrialización.
Xurxo. Ilustración e Industrialización.EVAVIDALFERRO
 
XEO2. Poboación española
XEO2. Poboación españolaXEO2. Poboación española
XEO2. Poboación españolaaialo1
 
O marco normativo da publicidade. Principais etapas e consecuencias en Galicia
O marco normativo da publicidade. Principais etapas e consecuencias en Galicia O marco normativo da publicidade. Principais etapas e consecuencias en Galicia
O marco normativo da publicidade. Principais etapas e consecuencias en Galicia fernando ramos
 
As transformacións sociais
As transformacións sociaisAs transformacións sociais
As transformacións sociaisfernandares2010
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaxenevra
 

Similar a Reconversión comercio ambulante (15)

A crise demográfica en galicia
A crise demográfica en galiciaA crise demográfica en galicia
A crise demográfica en galicia
 
Programa electoral del BNG - Nós
Programa electoral del BNG - NósPrograma electoral del BNG - Nós
Programa electoral del BNG - Nós
 
Estamos ante unha catástrofe demográfica en galicia
Estamos ante unha catástrofe demográfica en galiciaEstamos ante unha catástrofe demográfica en galicia
Estamos ante unha catástrofe demográfica en galicia
 
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
 
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por Galicia
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por GaliciaPrograma marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por Galicia
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por Galicia
 
Programa electoral Xerais 2019
Programa electoral Xerais 2019Programa electoral Xerais 2019
Programa electoral Xerais 2019
 
Os itinerarios de inserción socio laboral
Os itinerarios de inserción socio laboralOs itinerarios de inserción socio laboral
Os itinerarios de inserción socio laboral
 
Economía e poboación
Economía e poboaciónEconomía e poboación
Economía e poboación
 
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
 
Xurxo. Ilustración e Industrialización.
Xurxo. Ilustración e Industrialización.Xurxo. Ilustración e Industrialización.
Xurxo. Ilustración e Industrialización.
 
XEO2. Poboación española
XEO2. Poboación españolaXEO2. Poboación española
XEO2. Poboación española
 
O marco normativo da publicidade. Principais etapas e consecuencias en Galicia
O marco normativo da publicidade. Principais etapas e consecuencias en Galicia O marco normativo da publicidade. Principais etapas e consecuencias en Galicia
O marco normativo da publicidade. Principais etapas e consecuencias en Galicia
 
[Xerais 2019 (10N)] Programa electoral
[Xerais 2019 (10N)] Programa electoral[Xerais 2019 (10N)] Programa electoral
[Xerais 2019 (10N)] Programa electoral
 
As transformacións sociais
As transformacións sociaisAs transformacións sociais
As transformacións sociais
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 

Más de Santiago González Avión

Diversidades emigración - dereitos e deberes
Diversidades   emigración - dereitos e deberesDiversidades   emigración - dereitos e deberes
Diversidades emigración - dereitos e deberesSantiago González Avión
 
Intervención educativa con familias xitanas
Intervención educativa con familias xitanasIntervención educativa con familias xitanas
Intervención educativa con familias xitanasSantiago González Avión
 
Inclusión social no contexto da cidade de vigo
Inclusión social no contexto da cidade de vigoInclusión social no contexto da cidade de vigo
Inclusión social no contexto da cidade de vigoSantiago González Avión
 
Mediación y acompañamiento educativo una experiencia
Mediación y acompañamiento educativo   una experienciaMediación y acompañamiento educativo   una experiencia
Mediación y acompañamiento educativo una experienciaSantiago González Avión
 

Más de Santiago González Avión (20)

Educar en tempos de desigualdade.pptx
Educar en tempos de desigualdade.pptxEducar en tempos de desigualdade.pptx
Educar en tempos de desigualdade.pptx
 
Presentacion Eliana Mendoza
Presentacion Eliana MendozaPresentacion Eliana Mendoza
Presentacion Eliana Mendoza
 
Presentacion elaine catoira 2019
Presentacion elaine catoira 2019Presentacion elaine catoira 2019
Presentacion elaine catoira 2019
 
Unha aposta pola diversidade
Unha aposta pola diversidadeUnha aposta pola diversidade
Unha aposta pola diversidade
 
Neeli
NeeliNeeli
Neeli
 
Unha vida mellor
Unha vida mellorUnha vida mellor
Unha vida mellor
 
Aprender a convivir
Aprender a convivirAprender a convivir
Aprender a convivir
 
Inclusion social muller inmigrante
Inclusion social muller inmigranteInclusion social muller inmigrante
Inclusion social muller inmigrante
 
Acceso a ciclos formativos 2017
Acceso a ciclos formativos 2017Acceso a ciclos formativos 2017
Acceso a ciclos formativos 2017
 
Diversidades emigración - dereitos e deberes
Diversidades   emigración - dereitos e deberesDiversidades   emigración - dereitos e deberes
Diversidades emigración - dereitos e deberes
 
Contexto de exclusión social en Galicia
Contexto de exclusión social en GaliciaContexto de exclusión social en Galicia
Contexto de exclusión social en Galicia
 
Pobreza infantil-transmisión-da-pobreza
Pobreza infantil-transmisión-da-pobrezaPobreza infantil-transmisión-da-pobreza
Pobreza infantil-transmisión-da-pobreza
 
Intervención educativa con familias xitanas
Intervención educativa con familias xitanasIntervención educativa con familias xitanas
Intervención educativa con familias xitanas
 
Que sabemos da comunidade xitana
Que sabemos da comunidade xitanaQue sabemos da comunidade xitana
Que sabemos da comunidade xitana
 
Certificados de profesionalidade
Certificados de profesionalidadeCertificados de profesionalidade
Certificados de profesionalidade
 
O plan comunitario do casco vello de vigo
O plan comunitario do casco vello de vigoO plan comunitario do casco vello de vigo
O plan comunitario do casco vello de vigo
 
Ocaso da inclusión social
Ocaso da inclusión socialOcaso da inclusión social
Ocaso da inclusión social
 
Inclusión social no contexto da cidade de vigo
Inclusión social no contexto da cidade de vigoInclusión social no contexto da cidade de vigo
Inclusión social no contexto da cidade de vigo
 
Mediación e acompañamento
Mediación e acompañamentoMediación e acompañamento
Mediación e acompañamento
 
Mediación y acompañamiento educativo una experiencia
Mediación y acompañamiento educativo   una experienciaMediación y acompañamiento educativo   una experiencia
Mediación y acompañamiento educativo una experiencia
 

Último

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (12)

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 

Reconversión comercio ambulante

  • 1. A reconversión do comercio ambulante en Galicia 1 Santiago González Avión A RECONVERSIÓN DO COMERCIO AMBULANTE EN GALICIA Antecedentes Conforme aos datos achegados por diferentes investigadores e militantes da causa xitana, as ocupacións tradicionais dos xitanos comezaron a modificarse nos anos 50 do pasado século, participando moitos deles, os de mellor posición económica e social, e con maiores vínculos coa sociedade maioritaria, en actividades comerciais (como a trata se bestas, ou as antigüidades) pero tamén en ocupacións emerxentes con posibles percorridos de progreso persoal e integración social como eran as incipientes obras públicas. Pero unha maior afinidade cultural co mundo do comercio, así como unha maior afinidade deste último ramo de ocupación coa concepción familiar do traballo, provocaron un progresivo abandono dos sectores da construcción e das obras públicas, e unha afluencia crecente ás ocupacións comerciais, nomeadamente á venda ambulante. No caso galego, os xitanos teñen unha escasa presencia nas vilas e cidades (salvo acaso na Coruña), de tal xeito que os xitanos galegos aparecen como itinerantes, tanto na imaxe que deles ten a maioría social como nos relatos que os xitanos casteláns fan dos seus “primos” galegos. Pero xa a principios dos anos setenta nas feiras (cada vez máis escasas e con menos tratantes de gando) e nos mercados (cada vez máis frecuentes e con maior presencia do comercio do téxtil e do calzado) comezan a facerse presentes os xitanos casteláns, nomeadamente os zamoranos –orixinarios de Benavente– que aparecen aos ollos da xente como un colectivo diferenciado dos xitanos autóctonos, tanto polas súas ocupacións como polas posibilidades que abren á convivencia. Así, nos últimos trinta anos o comercio fóra de establecemento fixo converteuse na ocupación de referencia para as comunidades xitanas: primeiro para os casteláns, pero logo para os galegos e, progresivamente para os ciganos portugueses asentados entre nós.
  • 2. A reconversión do comercio ambulante en Galicia 2 Santiago González Avión Caracterización De maneira moi simplificada, referímonos ás actividades comerciais dos xitanos como venda ambulante. Pero esa denominación non é de todo correcta e debe ser levemente matizada: Precisamente a presencia de persoas xitanas exercendo actividades de venda ambulante (no senso estricto da expresión) levou a moitos concellos, fóra do noso espacio xeográfico, á prohibición desa actividade, fóra dos días de mercado, nos lugares habilitados a tal efecto. Na nosa xeografía a distribución de productos alimentarios (como pan e peixe) conxugou sempre os establecementos fixos coa venda ambulante por parroquias e lugares. Acaso por este motivo non hai demasiada literatura xurídica no noso entorno sobre a prohibición da venda ambulante e sexa máis frecuente, mesmo antes da etapa democrática, a súa regulación. De feito, ese mesmo modelo (establecementos fixos e venda en postos non estables, en feiras e mercados), foi empregado por negocios familiares para a comercialización do téxtil e do calzado. Por iso non resultou estraño que tamén os xitanos concorresen aos mercados para establecer os seus postos. Estamos, daquela, diante dun fenómeno comercial que ten trinta anos de existencia e que está directamente relacionado coa evolución de formas de distribución comercial características do país. A crise da venda ambulante Sen embargo, a actual situación debe ser descrita en termos de crise. A percepción maioritaria das familias xitanas que se dedican á venda é que o mercado non dá. Debemos tratar de comprender que cal é o significado subxectivo desa falta de rendibilidade, cal é o fundamento obxectivo e as vías de saída existentes á actual situación. A vivencia da crise A vivencia subxectiva da crise está fundamentada nas fondas transformacións experimentadas pola comunidade xitana nestes últimos trinta anos, tanto desde o punto de vista social como desde o cultural. Debemos referirnos, en primeiro lugar, á evolución demográfica. As comunidades xitanas experimentaron en Galicia unha rápida transición demográfica, pasando de taxas moi elevadas de mortalidade a outras moi baixas e, aínda que permanece unha importante desvantaxe en termos de
  • 3. A reconversión do comercio ambulante en Galicia 3 Santiago González Avión esperanza de vida respecto do conxunto da poboación (arredor de dez anos), esta foi recortada a menos da metade da existente nos tempos da transición. Contemporaneamente produciuse unha reducción moi significativa da natalidade. Sen embargo, como acontece xeralmente en situacións de transición demográfica, o segundo proceso (reducción da natalidade) é algo posterior ao primeiro. Daquela, créase unha xeración moi numerosa, a máis numerosa na historia dos xitanos en Galicia, que está chegando agora á idade adulta, á emancipación e a creación da súa propia familia. Pero esa xeración trata de incorporarse aos mercados ambulantes nun contexto moi diferente desde o punto de vista económico, do que viviron os seus pais hai dúas ou tres décadas: os xitanos xa non están excluídos dos dereitos de cidadanía nin viven maioritariamente en condicións de precariedade, cando non de miseria extrema. Trátase de cidadáns que se beneficiaron das políticas sociais e das oportunidades económicas que se foron xerando durante estes anos, polo que están instalados en niveis de consumo e en expectativas de integración social moi superiores ás que soñaran as anteriores xeracións. Polo tanto, a expectativa sobre os mercados non é de obter rendementos arredor de niveis básicos de supervivencia, senón conforme a un modelo de benestar. Nese contexto, non debe estrañar que exista unha percepción aguda de falta de futuro nos mercados. A xente nova non está segura de que os mercados poidan atender a esa perspectiva de consumo crecente e de acceso a unha vivenda digna conforme aos padróns habituais na sociedade galega actual. Ademais, unha parte moi significativa de xitanos maiores coñeceron tempos nos que as marxes de beneficio e os rendementos do traballo resultaban moi superiores. Daquela estamos diante dunha crise fondamente sentida polas persoas e polas comunidades xitanas de Galicia. A evolución dos mercados Forma xa parte do tópico referirse á globalización como causa das transformacións económicas do noso tempo. Sen embargo, analiticamente é a globalización a causa obxectiva da fonda modificación dos mercados ambulantes en Galicia. Non debemos abordar a solución local dos problemas sen unha ollada global. En primeiro lugar, hai que referirse á división do traballo no capitalismo avanzado como factoría mundial. A división social do traballo, que no capitalismo clásico era unha división de clases no seo dunha economía nacional, na actualidade converteuse nunha división planetaria do traballo. É
  • 4. A reconversión do comercio ambulante en Galicia 4 Santiago González Avión ben coñecido o proceso polo que empresas téxtiles que traballaban ata hai poucos anos con man de obra autóctona, teñen deslocalizado o proceso de producción a países do sueste asiático, a Marrocos, a México, aos países emerxentes da Europa Central e Oriental e, sobre todo, nos últimos tempos, a China. O mesmo está a pasar coa producción de calzado. O xitano que hai unha década podía coller unha furgoneta e comprar xénero competitivo no Norte de Portugal, xa non pode enfrontar con esa estratexia a competencia china. O mesmo xitano que alugaba un tráiler para cruzar a península e comprar calzado en Elxe, ve a un tempo como arden as fábricas chinas instaladas nesa cidade do Levante peninsular, e como os seus antigos provedores teñen que pechar as súas. Daquela, son os chinos quen configuran a distribución da roupa e do calzado a baixo prezo. Agora, as persoas xitanas debe comprar os restos de serie das grandes cadeas comerciais (algo que xa antes facían cos pequenos comercios) ou comprarlles directamente aos chinos que, nos seus códigos entenden que aos demais véndeselles nos bazares e non de maiorista a intermediario. Mesmo non faltan familias que compren directamente nas grandes superficies comerciais para vender logo no mercado ambulante. Este cambio nos provedores vai acompañado de outros dous: a aparición de novos competidores e os fondos cambios acontecidos nos hábitos de consumo da poboación galega, fenómenos ambos directamente relacionados coa globalización. As familias xitanos viron como minguaba, progresivamente, o número de vendedores galegos nos mercados ambulantes. Esa circunstancia foi aproveitada como unha oportunidade para ter unha posición dominante e para avanzar no benestar e na súa integración na sociedade de consumo. A aparición de novos competidores é un fenómeno directamente relacionado coa inmigración. Trátase, fundamentalmente, de sudamericanos e africanos. Chegan con menos cargas familiares (ou son familias máis pequenas ou unha parte da prole fica nos países de orixe), cunhas estratexias económicas nas que a mentalidade de aforro está moito máis arraigada, porque forma parte da opción de vida do emigrante e nas que a provisionalidade permite asumir sacrificios no presente que se transformarán en benestar e oportunidades para o futuro1. 1 A estratexia da provisionalidade é vivida polos xitanos, conforme describe Teresa San Roman (Cf. La diferencia inquietante, Siglo XXI, Madrid 1997), como estratexia adaptativa referida ao presente, non proxectiva de cara ao porvir.
  • 5. A reconversión do comercio ambulante en Galicia 5 Santiago González Avión A inmigración engade efectivos a mercados que padecen, como vimos, unha importante presión demográfica. Se antes o pai de familia cun posto tiña que dar de comer a cinco fillos, agora comparte posto cos dous pequenos, os tres maiores procuraron outros postos e chegaron ao mesmo mercado un ou dous inmigrantes en procura de oportunidades e con estratexias comerciais máis agresivas en prezos, máis axustadas en marxes comerciais, porque están soportadas sobre estratexias vitais con menores niveis de consumo e cunha maior perspectiva de aforro. Por último, os padróns de compra na sociedade galega foron fondamente modificados nos últimos anos, a medida que os mercados globalizados abrían novas oportunidades de consumo, aparecía unha diversificación crecente e se impuñan novas pautas asociadas coas estratexias comerciais das multinacionais da distribución. Así, os mercados ambulantes manteñen unha clientela tradicional, integrada por persoas que ven nestas formas de comercio unha ocasión de contacto co comercio de proximidade, pero sobre todo teñen unha clientela nova, conformada por persoas que asocian os mercados ocasionais, con formas novas de ocio e consumo. Este novo patrón de compra, pode ser efectivo, porque está próximo ás estratexias de vinculación de ocio e consumo auspiciadas polas grandes compañías de distribución e as superficies comerciais. Sen embargo, o que xa non poden ofrecer os mercados ambulantes son os mellores prezos. Como vimos, a modificación fonda no ámbito da producción e da distribución imposibilitan a competencia coas grandes superficies comerciais e mesmo cos minoristas chinos. Nin sequera a mobilidade dos mercados é un factor decisivo á hora de decidir a compra. Ou a poboación local acode aos mercados como unha decisión cultural da estructuración da convivencia e do consumo no propio ámbito local, ou os novos factores de mobilidade e as novas formas de comercialización e de proximidade acurtan as vantaxes do comercio tradicional. O comercio de proximidade é moi consciente desta tendencia e xa ten dado pasos na dirección de relacionar fiabilidade, proximidade, trato personalizado e desenvolvemento económico local. As saídas á situación actual Este conxunto de factores económicos que describimos non significan que o comercio ambulante, dentro da caracterización que realizamos, tenda a desaparecer. O que significa é que as estratexias do conxunto dos vendedores ambulantes deben ser modificadas, e que a significación cultural desta
  • 6. A reconversión do comercio ambulante en Galicia 6 Santiago González Avión actividade comercial para as comunidades xitanas debe ser radicalmente transformada. Unha estratexia comercial anovada Tocante á estratexia comercial, os mercados ambulantes deben estar orientados con claridade á vinculación entre o ocio e a decisión de compra. Trátase de lograr un ambiente comercial agradable, pero tamén moi diferenciado do ton impersoal das grandes superficies comerciais, ou do outro, máis familiar, do comercio de proximidade. A pluralidade cultural da procedencia dos vendedores pode contribuír a lograr ese efecto, pero cómpre valorizalo cunha diversidade crecente da oferta, porque a banda da demanda reclama esa diversificación, e cun trato respectuoso e empático a un tempo. Evidentemente, estamos a falar de productos de baixo custe, aínda que non dos mellores prezos do mercado. Por iso, cómpre conxugar os factores de diferenciación que apuntabamos coa oferta de garantías persoais ou comerciais que reforcen o atractivo dos prezos. Adicionalmente, conviría diversificar os medios de pago, especialmente no relativo á utilización de “diñeiro de plástico”, como unha facilidade adicional para os potenciais clientes. Ademais da diversificación, parece inevitable unha clara aposta pola regulación e pola normalización. Unha consideración atenta dos procesos de normalización e regulación poñen de manifesto como se trata de alternativas beneficiosas para os vendedores ambulantes, para a sostentabilidade da actividade e para o reforzamento da estratexia comercial que describimos. Xa nos referimos á presión demográfica sobre os postos do mercado. A mención dun caso particular, o do comercio ocasional no paseo de Samil, debe facernos reflexionar sobre a pertinencia da regulación para os propios vendedores. Xa no verán de 2004, en manifestacións á prensa local, o presidente da Asociación para a Integración do Africano (AIDA), e coñecido vendedor ambulante, Ibrahima Nyiag, facía referencia a que o número crecente de vendedores senegaleses e ecuatorianos no paseo de Samil facía inviables economicamente os negocios das persoas que pagaban os seus impostos e que vivían en condicións de estricta legalidade e cidadanía. Se unha actividade comercial tan informal e relativamente tan recente coma a realizada polos inmigrantes no paseo da praia de Samil en Vigo fai que sexan os propios inmigrantes quen reclamen a regulación da actividade, a fortiori toda a actividade do sector debe ser regulada. E o respecto pola regularización convértese nun piar clave para a sostentabilidade do sector.
  • 7. A reconversión do comercio ambulante en Galicia 7 Santiago González Avión Entendemos por normalización un único proceso de axuste á norma social e aos estándares de calidade vixentes no sector. Trátase dun único proceso, porque o axuste aos usos normais da sociedade está intimamente vinculada coa observancia das normas que rexen a producción e a distribución para dotalas de fiabilidade, as normas de calidade. O cumprimento das normativas legais xenéricas e das regulacións específicas do sector da venta ambulante son unha parte esencial da normalización social, a súa condición de posibilidade. O proceso de normalización trázase, daquela, desde a observancia da regulación ao cumprimento dos requisitos que a sociedade establece para asegurar a fiabilidade da actividade comercial. As estratexias culturais das comunidades xitanas Polo que respecta á comunidade xitana, parece claro que os mercados ambulantes deberían constituír, a partir de agora, unha alternativa máis dentro das súas oportunidades económicas e vitais, pero non parece viable que constitúan a alternativa por antonomasia. Esa pluralidade constitúe un problema para a viabilidade mesma do concepto social de traballo vixente na comunidade, así como para a relación entre reproducción económica e reproducción cultural da propia comunidade. O concepto de traballo máis estendido entre as persoas de cultura xitana é consideralo como o agregado de tarefas que unha familia realiza para garantir a súa supervivencia e o seu benestar. Esta definición cultural de traballo fai que unha de cada catro persoas xitanas teña como única ocupación declarada a “axuda á economía familiar”2. Daquela, cómpre realizar un tránsito cultural entre o traballo como un agregado familiar e o emprego como unha actividade individual. Por descontado que o emprego converte ao traballo nunha mercancía, circunstancia que choca cos valores culturais dominantes nas comunidades xitanas e que introduce patróns culturais propios da maioría social no seu universo de valores. Pero non é menos certo que a emancipación individual é un requirimento das sociedades democráticas, fundamentadas na responsabilidade individual e na capacidade persoal de decisión (deberes e dereitos). Só a realización deste tránsito permite a existencia dunha cidadanía activa. Pero a reproducción cultural da comunidade xitana estivo fundamentada, mesmo nas últimas décadas, nun modelo de reproducción económica na que a definición social do traballo é un agregado familiar. Ten que haber unha fonda 2 Datos do estudio, “Comunidad gitana y empleo” Fundación Secretariado Gitano, 2006
  • 8. A reconversión do comercio ambulante en Galicia 8 Santiago González Avión modificación das estratexias de reproducción cultural para que non estean asociadas á reproducción económica baseada no modelo dos mercados ambulantes. Problemas na procura de viabilidade Pero a procura dunha solución normalizada estivo pexada por problemas derivados das estratexias parciais de normalización desenvoltas no nivel local, así como por lastres procedentes da propia comunidade xitana. Ademais dos condicionantes culturais que vimos de describir, a comunidade xitana en Galicia presenta dúas configuracións diferenciadas que dificultan o establecemento das liñas de saída que vimos de comentar. En primeiro lugar está a presencia das cooperativas de venda. Aínda que son cooperativas de traballo asociado, a práctica totalidade dos seus traballadores non son cooperativistas, senón asalariados da cooperativa, contratados por horas. Na práctica, este sistema oculta algunhas irregularidades graves e que, lonxe de apuntar na dirección da normalización, están encamiñadas na dirección oposta. En realidade ningún cooperativista recibe un salario da cooperativa, senón que o seu sustento procede dos resultados directos do seu traballo. En segundo lugar, tampouco existen compras mancomunadas no seo da cooperativa: cada vendedor fai as súas compras individualmente. E, por último, e iso explica os dous primeiros feitos, a cooperativa é unha simple fórmula para posibilitar a cotización a tempo parcial, cousa que non permite o traballo autónomo. Deste xeito, os responsables da cooperativa fan un cálculo aproximado, normalmente á baixa, das horas traballadas. Acontece mesmo que hai persoas cotizando que non teñen postos nos mercados, mentres que outras, por cobrar prestacións públicas incompatibles coa actividade comercial, non aparecen de alta. Pero, no caso concreto das áreas urbanas de Vigo e Pontevedra, existe unha organización de carácter familiar que toma decisións unilateralmente sobre as ubicacións das familias nos postos dos mercados, sobre as cotas que se deben pagar en concepto de seguridade, sobre o funcionamento dos mercados en xeral e das cooperativas en particular. Esta organización mesmo toma decisións sobre que familias xitanas poden residir no entorno e as que deben abandonalo, mesmo con presións e ameazas, como se ten denunciado recentemente por parte de media ducia de familias zamoranas expulsadas de Marín.
  • 9. A reconversión do comercio ambulante en Galicia 9 Santiago González Avión Para atallar esta situación, e para favorecer a normalización dos mercados, tomáronse medidas por parte de diversos concellos. Esas medidas pretendían tomar como punto de partida a legalidade vixente, pero tamén coutarlle o paso aos posibles usos fraudulentos das normativas de referencia a través dos dous elementos de distorsión existentes na comunidade xitana. Por unha parte hai que facer unha valoración moi positiva da intención que guía esas decisións e cómpre salientar que as medidas tomadas lograron rachar a unanimidade existente arredor das bondades do modelo de cooperativas desenvolto ad hoc, sen ningún espírito cooperativista e sen medidas que fomenten a participación, a eficiencia económica e a democracia na toma de decisións. Pero, por outra parte, esas medidas resultan moi impopulares entre as familias xitanas, que ven minguados os seus ingresos no entretempo, ven limitado o seu acceso aos mercados e vense impulsados por unha precariedade crecente e por presións das propias organizacións xitanas a permanecer nas cooperativas. Se a situación de partida non era boa, e mesmo familias que viviran sempre do mercado comezaban a achegarse aos servizos sociais e a intentar compatibilizar (de facto) a venta ambulante coa percepción de subsidios, a situación actual vólvese moi complicada para a maioría delas, apuntando a unha xeira de maior dependencia da comunidade xitana respecto das prestacións públicas. Nalgúns concellos, onde había unha maioría de xitanos casteláns, a situación vaise deteriorando con certa rapidez e ameaza con equipararse á baixa con respecto dos xitanos galegos, en maior desvantaxe social ata agora. Conclusión: Unha proposta de reconversión Entendemos que as medidas de regulación e normalización ata agora non deron todos os resultados agardados porque acontecen nun contexto fragmentario, de carácter local, e porque non teñen a capacidade de contemplar o problema desde a súa complexidade. Non debemos camiñar de cara a un rexeitamento desas medidas e retornar á posición de partida, cando o que cómpre é avanzar na mesma dirección, pero con medidas integrais capaces de garantir a supervivencia e os niveis actuais benestar das familias afectadas, así como a súa seguridade e a súa capacidade individual de decisión.
  • 10. A reconversión do comercio ambulante en Galicia 10 Santiago González Avión A primeira medida que consideramos oportuna é o recoñecemento de que o sector do comercio ambulante está necesitado de reconversión. Trátase de desenvolver medidas que atendan por igual aos procesos económicos, sociais e culturais que están implicados nas transformacións que están a acontecer nos mercados ambulantes da nosa terra. Trátase de fomentar a viabilidade e competitividade dos negocios existentes, de promover a especialización e diversificación, así como de procurar abrir á xente nova unha perspectiva de ocupación e emprego que, podendo estar no ámbito comercial, non ten por que reproducir os esquemas existentes: hai necesidade de xente con saberes prácticos, pero tamén cunha profesionalidade suficientemente contrastada, en postos de comercial das empresas máis variadas, así como unha importante demanda de dependentes de comercio, cun nivel non menos importante de inserción laboral das persoas formadas nese sector de actividade. Esa reconversión pode articularse en tres ámbitos fundamentais: as medidas financeiras de apoio, as medidas de formación, capacitación e de acceso á profesionalidade, e as medidas de asesoramento aos emprendedores e de intermediación no mercado laboral para as persoas que buscan novas ocupacións. Ademais, é necesario atender ás problemáticas concretas dos mercados locais, nomeadamente mediante o establecemento de medidas que sexan equitativas con todos os vendedores, con independencia do réxime xurídico en que desenvolven a súa actividade, pero esixindo unha coherencia entre dito réxime xurídico e as formas en que se establecen os negocios. Ademais, os postos dos mercados non deben ser concedidos a empresas, sexan corporacións multinacionais ou pequenas cooperativas de venta, senón a persoas individuais. Porque se queremos facilitar o exercicio de liberdade e da responsabilidade individual, non podemos privar a ninguén de que se asocie para competir nun mercado globalizado, cambiante e con rendementos decrecentes, pero non podemos permitir que existan persoas que decidan sobre o futuro económico, profesional e mesmo vital de outras. Está en xogo a equidade e a cohesión social. Emprender medidas que faciliten unha verdadeira reconversión, atallando os elementos negativos que aparecen no proceso e facilitando a regularización e a normalización é unha aposta que poderá ter efectos moi positivos sobre os niveis de rendas, de benestar e de participación económica e social das persoas xitanas nos nosos concellos e en Galicia toda. Vigo, 04 de marzo de 2006