SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 4
Descargar para leer sin conexión
Nº AUTOS: DEMANDA 0000289 /2008

Na cidade de OURENSE a vintenove de Outubro de dous mil oito.


Dona MARIA ISABEL GOMEZ BALADO Maxistrado-Xuíz do Xulgado do Social
nº 002 do Xulgado e localidade ou provincia de OURENSE tras ver os
presentes autos sobre ORDINARIO entre partes, dunha e como demandante
Don XOSÉ ANTÓN VÁZQUEZ DORRÍO, que comparece o LETRADO Don ANGEL
LOUREIRO LOPEZ e de outra como demandado TELEFONICA DE ESPAÑA SAU,
que comparece o LETRADO Don ALBINO FERREIRA RIVERA. En reclamación de
CANTIDADE.


                           EN NOME DO REI


                         Ditouse a seguinte


                        SENTENCIA: 618/08



                   I - ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO.- Que na data 18- 04- 08 tivo entrada neste Xulgado do
Social número dous, a demanda que antecede na que a parte actora tras
alegar o que ao seu dereito interesou terminou coa suplica que na
mesma consta e unha vez admitida a trámite a demanda previo
cumprimento das formalidades legais sinalouse para o 27 de maio,
celebrando o mesmo. Na data 17 de xuño do presente ano, ditouse auto
no cal se declara nulidade do actuado dende a citación a xuízo e se
declara un novo sinalamento para o 9 de setembro, nos cales as partes
comparecentes alegaron o que estimaron pertinente e logo da práctica
da proba proposta e admitida co resultado que en autos constan,
quedando os autos conclusos para sentencia.


SEGUNDO.- Na data de 22 de Setembro de 2008, ditouse providencia,
dando traslado do informe do Ministerio fiscal en relación á
competencia deste Xulgado ás partes, co resultado que obra en autos


                       II.-FEITOS PROBADOS

PRIMEIRO.- Pola entidade TERRA-NETWORKS ESPAÑA SAU (na actualidade
absorbida pola demandada TELEFONICA DE ESPANA S.A.U. organizouse en
Xuño de 2006 un campionato de blogs", como consecuencia do campionato
mundial de fútbol celebrado en Alemaña nese ano.
O premio indicando que o blog máis visitado, sería o gañador do
premio "blogueiro oficial de Terra" que consistía en firmar un
contrato con Terra para formar parte da “plantilla” de blogueiros
oficiais na canle de Deportes de Terra.


SEGUNDO.- O actor Don XOSÉ ANTÓN VÁZQUEZ DORRÍO, participou en dito
campionato, creando o seu propio blog: "World Cup blog 06".
O 9 de Xullo finalizou o campionato resultando o blog do actor o máis
visitado.
Trala finalización do concurso, a empresa remite correo ao actor do
seguinte tenor literal:
"Estimado Xosé Antón.
Grazas por porte en contacto con nós. Efectivamente, es o gañador do
concurso que organizamos cos blogs do Mundial. Como aparecía nas
páxinas do concurso
(http://www.terra.es/deportes/futbol/mundial2006/blogs/), o premio
final é o título de 'Blogueiro oficial de Terra'.
Vamos a explicarche en que consiste.
No portal existen internamente dúas categorías de blogs: os que
creades a audiencia do portal e os que crean os nosos colaboradores.
Estes ten presencia destacada tanto na portada como nas respectivas
canles. O premio dáche dereito a converterte nun blogueiro
colaborador, é dicir, integrarte na “plantilla” de blogueiros do
portal. Isto supón ademais ter acceso a unha contraprestación mensual
en concepto de colaborador que se activa sempre que a audiencia do
blog acade os 15.000 visitantes únicos ao mes.
A contraprestación neste caso sería de 400.00 €+IVE.
Por suposto a liña editorial do blog, o estilo, etc. debe estar
consensuada previamente co equipo editorial da canle de Deportes.

TERCEIRO.- Tívose por intentada sen efecto a conciliación ante a
UPMAC.


                 III.- FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO.- Procede examinar, con carácter previo e preferente ao
coñecemento, no seu caso, do fondo do asunto, por afectar ao orden
público procesual a excepción de incompetencia de xurisdición, por
razón da materia alegada pola representación da empresa demandada.
A este respecto, a acción exercitada na demanda vai encamiñada a que
se declare a obriga da empresa demandada de incorporarse en calidade
de bloqueiro oficial, ou similar categoría, cos mesmos dereitos que
os restantes traballadores, con dita sinatura, e, se lle indemnice a
cantidade de 74.153,98 € en concepto de danos e prexuízos por
incumprimento da promesa de contrato de traballo feita no seu día.
A cuestión litixiosa céntrase pois, en determinar a existencia ou non
dun precontrato de traballo entre as partes, e, no caso de existencia
as consecuencias do mesmo. Neste ámbito a doutrina xurisprudencia1
-por todas a S.T.S. De 15-3-91- admite a posibilidade do precontrato
no ámbito laboral, sendo as súas características básicas: a de ter
natureza contractual e forza de obrigación, sendo o seu contido a
obriga de celebrar con contrato posterior, debendo conter os
elementos esenciais do contrato futuro e a base para determinar os
elementos do mesmo.
No presente caso, do conxunto da proba documental practicada, non se
desprende a existencia dun precontrato laboral entre as partes por
canto, si ben o actor participou no concurso de blog organizado, e
resultou gañador, consistindo o premio en ser blogueiro colaborador,
é dicir integrarse na “plantilla” de blogueiros do portal; en modo
algún, cabe deducir un precontrato laboral, cos requisitos que esixe
o art. 1 do E.T. de alleabilidade, dependencia e actuación dentro do
ámbito de organización e dirección empresarial.
En consecuencia ao non existir un precontrato laboral, procede
estimar a incompetencia deste orde xurisdicional social, para
resolver a cuestión litixiosa, debendo a parte acudir á xurisdición
Civil, competente para coñecer da mesma.


                               FALLO

Que estimando a excepción de incompetencia de xurisdición por razón
da materia alegada e, sen entrar a coñecer do fondo do asunto, debo
absolver e absolvo, na instancia á demandada das pretensiónsna súa
contra esgrimidas
A presente sentencia non é firme.


Advírtese ás partes que contra esta Sentencia, poden interpor Recurso
de SUPLICACIÖN ante a SALA DO SOCIAL DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA
DE GALIZA – A CORUÑA dentro dos cinco días seguintes ao da súa
notificación, por conduto deste Xulgado do Social e cos requisitos
esixidos no artigo 188 e seguintes do Texto Articulado da Lei de
Procedemento Laboral.


Así por esta miña Sentenza a pronuncio, mando e asino.




PUBLICACIÓN.- Lida e publicada foi a anterior sentenza no día da súa
data, polo Iltma. Sra. maxistrado-Xuíz MARIA ISABEL GOMEZ BALADO que
a subscribe, na Sala de Audiencias deste Xulgado. Dou fe.

Más contenido relacionado

Más de xOsse dorrío

Acerca da “consulta” aos aedl de galicia
Acerca da “consulta” aos aedl de galiciaAcerca da “consulta” aos aedl de galicia
Acerca da “consulta” aos aedl de galicia
xOsse dorrío
 
Terra arbitraxe galego_branco
Terra arbitraxe galego_brancoTerra arbitraxe galego_branco
Terra arbitraxe galego_branco
xOsse dorrío
 

Más de xOsse dorrío (20)

«As urxencias non se xestionan con criterios de calidade»
 «As urxencias non se xestionan con criterios de calidade»   «As urxencias non se xestionan con criterios de calidade»
«As urxencias non se xestionan con criterios de calidade»
 
Certificados de profesionalidad
Certificados de profesionalidadCertificados de profesionalidad
Certificados de profesionalidad
 
Web quest APT
Web quest APTWeb quest APT
Web quest APT
 
Networking profesional
Networking profesionalNetworking profesional
Networking profesional
 
social media
social mediasocial media
social media
 
Acerca da “consulta” aos aedl de galicia
Acerca da “consulta” aos aedl de galiciaAcerca da “consulta” aos aedl de galicia
Acerca da “consulta” aos aedl de galicia
 
Terra arbitraxe galego_branco
Terra arbitraxe galego_brancoTerra arbitraxe galego_branco
Terra arbitraxe galego_branco
 
Metodoloxia do traballo
Metodoloxia do traballoMetodoloxia do traballo
Metodoloxia do traballo
 
Metodoloxiatraballo
MetodoloxiatraballoMetodoloxiatraballo
Metodoloxiatraballo
 
Analise, desripción e valoración de postos de traballo
Analise, desripción e valoración de postos de traballoAnalise, desripción e valoración de postos de traballo
Analise, desripción e valoración de postos de traballo
 
Ataque Salvaxe De Xavier Oviedo Ao Compañeiro Alberte
Ataque Salvaxe De Xavier Oviedo Ao Compañeiro AlberteAtaque Salvaxe De Xavier Oviedo Ao Compañeiro Alberte
Ataque Salvaxe De Xavier Oviedo Ao Compañeiro Alberte
 
Galiza
GalizaGaliza
Galiza
 
Clown
ClownClown
Clown
 
Villa Psoe2
Villa Psoe2Villa Psoe2
Villa Psoe2
 
Concesiones de Aznar a ETA
Concesiones de Aznar a ETAConcesiones de Aznar a ETA
Concesiones de Aznar a ETA
 
Momentos en la vida
Momentos en la vidaMomentos en la vida
Momentos en la vida
 
imágenes temporal
imágenes temporalimágenes temporal
imágenes temporal
 
VODAFONE McLAREN MERCEDES
VODAFONE McLAREN MERCEDESVODAFONE McLAREN MERCEDES
VODAFONE McLAREN MERCEDES
 
PAZ
PAZPAZ
PAZ
 
imaxes invernales
imaxes invernalesimaxes invernales
imaxes invernales
 

Terra social ourense galego_branco

  • 1. Nº AUTOS: DEMANDA 0000289 /2008 Na cidade de OURENSE a vintenove de Outubro de dous mil oito. Dona MARIA ISABEL GOMEZ BALADO Maxistrado-Xuíz do Xulgado do Social nº 002 do Xulgado e localidade ou provincia de OURENSE tras ver os presentes autos sobre ORDINARIO entre partes, dunha e como demandante Don XOSÉ ANTÓN VÁZQUEZ DORRÍO, que comparece o LETRADO Don ANGEL LOUREIRO LOPEZ e de outra como demandado TELEFONICA DE ESPAÑA SAU, que comparece o LETRADO Don ALBINO FERREIRA RIVERA. En reclamación de CANTIDADE. EN NOME DO REI Ditouse a seguinte SENTENCIA: 618/08 I - ANTECEDENTES DE FEITO PRIMEIRO.- Que na data 18- 04- 08 tivo entrada neste Xulgado do Social número dous, a demanda que antecede na que a parte actora tras alegar o que ao seu dereito interesou terminou coa suplica que na mesma consta e unha vez admitida a trámite a demanda previo cumprimento das formalidades legais sinalouse para o 27 de maio, celebrando o mesmo. Na data 17 de xuño do presente ano, ditouse auto no cal se declara nulidade do actuado dende a citación a xuízo e se declara un novo sinalamento para o 9 de setembro, nos cales as partes comparecentes alegaron o que estimaron pertinente e logo da práctica da proba proposta e admitida co resultado que en autos constan, quedando os autos conclusos para sentencia. SEGUNDO.- Na data de 22 de Setembro de 2008, ditouse providencia, dando traslado do informe do Ministerio fiscal en relación á competencia deste Xulgado ás partes, co resultado que obra en autos II.-FEITOS PROBADOS PRIMEIRO.- Pola entidade TERRA-NETWORKS ESPAÑA SAU (na actualidade absorbida pola demandada TELEFONICA DE ESPANA S.A.U. organizouse en Xuño de 2006 un campionato de blogs", como consecuencia do campionato mundial de fútbol celebrado en Alemaña nese ano.
  • 2. O premio indicando que o blog máis visitado, sería o gañador do premio "blogueiro oficial de Terra" que consistía en firmar un contrato con Terra para formar parte da “plantilla” de blogueiros oficiais na canle de Deportes de Terra. SEGUNDO.- O actor Don XOSÉ ANTÓN VÁZQUEZ DORRÍO, participou en dito campionato, creando o seu propio blog: "World Cup blog 06". O 9 de Xullo finalizou o campionato resultando o blog do actor o máis visitado. Trala finalización do concurso, a empresa remite correo ao actor do seguinte tenor literal: "Estimado Xosé Antón. Grazas por porte en contacto con nós. Efectivamente, es o gañador do concurso que organizamos cos blogs do Mundial. Como aparecía nas páxinas do concurso (http://www.terra.es/deportes/futbol/mundial2006/blogs/), o premio final é o título de 'Blogueiro oficial de Terra'. Vamos a explicarche en que consiste. No portal existen internamente dúas categorías de blogs: os que creades a audiencia do portal e os que crean os nosos colaboradores. Estes ten presencia destacada tanto na portada como nas respectivas canles. O premio dáche dereito a converterte nun blogueiro colaborador, é dicir, integrarte na “plantilla” de blogueiros do portal. Isto supón ademais ter acceso a unha contraprestación mensual en concepto de colaborador que se activa sempre que a audiencia do blog acade os 15.000 visitantes únicos ao mes. A contraprestación neste caso sería de 400.00 €+IVE. Por suposto a liña editorial do blog, o estilo, etc. debe estar consensuada previamente co equipo editorial da canle de Deportes. TERCEIRO.- Tívose por intentada sen efecto a conciliación ante a UPMAC. III.- FUNDAMENTOS DE DEREITO PRIMEIRO.- Procede examinar, con carácter previo e preferente ao coñecemento, no seu caso, do fondo do asunto, por afectar ao orden público procesual a excepción de incompetencia de xurisdición, por razón da materia alegada pola representación da empresa demandada. A este respecto, a acción exercitada na demanda vai encamiñada a que se declare a obriga da empresa demandada de incorporarse en calidade de bloqueiro oficial, ou similar categoría, cos mesmos dereitos que os restantes traballadores, con dita sinatura, e, se lle indemnice a cantidade de 74.153,98 € en concepto de danos e prexuízos por incumprimento da promesa de contrato de traballo feita no seu día. A cuestión litixiosa céntrase pois, en determinar a existencia ou non dun precontrato de traballo entre as partes, e, no caso de existencia as consecuencias do mesmo. Neste ámbito a doutrina xurisprudencia1
  • 3. -por todas a S.T.S. De 15-3-91- admite a posibilidade do precontrato no ámbito laboral, sendo as súas características básicas: a de ter natureza contractual e forza de obrigación, sendo o seu contido a obriga de celebrar con contrato posterior, debendo conter os elementos esenciais do contrato futuro e a base para determinar os elementos do mesmo. No presente caso, do conxunto da proba documental practicada, non se desprende a existencia dun precontrato laboral entre as partes por canto, si ben o actor participou no concurso de blog organizado, e resultou gañador, consistindo o premio en ser blogueiro colaborador, é dicir integrarse na “plantilla” de blogueiros do portal; en modo algún, cabe deducir un precontrato laboral, cos requisitos que esixe o art. 1 do E.T. de alleabilidade, dependencia e actuación dentro do ámbito de organización e dirección empresarial. En consecuencia ao non existir un precontrato laboral, procede estimar a incompetencia deste orde xurisdicional social, para resolver a cuestión litixiosa, debendo a parte acudir á xurisdición Civil, competente para coñecer da mesma. FALLO Que estimando a excepción de incompetencia de xurisdición por razón da materia alegada e, sen entrar a coñecer do fondo do asunto, debo absolver e absolvo, na instancia á demandada das pretensiónsna súa contra esgrimidas A presente sentencia non é firme. Advírtese ás partes que contra esta Sentencia, poden interpor Recurso de SUPLICACIÖN ante a SALA DO SOCIAL DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALIZA – A CORUÑA dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste Xulgado do Social e cos requisitos esixidos no artigo 188 e seguintes do Texto Articulado da Lei de Procedemento Laboral. Así por esta miña Sentenza a pronuncio, mando e asino. PUBLICACIÓN.- Lida e publicada foi a anterior sentenza no día da súa data, polo Iltma. Sra. maxistrado-Xuíz MARIA ISABEL GOMEZ BALADO que
  • 4. a subscribe, na Sala de Audiencias deste Xulgado. Dou fe.