SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 224
MEMORIA 2014
Museo Fortaleza San Paio de Narla
1
INDICE
1. LIMIAR .............................................................................................................................2
2. ESTADISTICA ANUAL DE VISITANTES..................................................................4
3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO............................................................................10
4. PROGRAMA DIDÁCTICO..........................................................................................10
4.1. ACTIVIDADES ESCOLARES..................................................................10
4.2. OBRADOIROS DE VERÁN......................................................................31
4.3. OBRADOIROS DE NADAL ......................................................................66
4.4. OBRADOIROS CLUB PEQUEAMIGOS ................................................93
5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL.................................................................118
5.1. PROGRAMA INTERXERACIONAL......................................................118
5.2. PROGRAMA DA TERCEIRA IDADE....................................................128
5.3. PROGRAMA DE OCIO-TURÍSMO........................................................130
5.4. SEMANA DOS MUSEOS........................................................................133
5.5. PROGRAMA MUSEOLOXÍA SOCIAL .................................................143
5.6. PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS ..........................................................187
5.7. PROGRAMA DE CONCERTOS E TEATRO.......................................204
5.8. REVISTA ORAL........................................................................................209
5.9. PROGRAMA DISCAPACIDADE ...........................................................220
6. PROGRAMA DE PUBLICACIÓNS.........................................................................221
7. PROGRAMA DE PERSOAL ....................................................................................223
9. PROGRAMA ECONÓMICO.....................................................................................223
Museo Fortaleza San Paio de Narla
2
1. LIMIAR
O tempo pasa e non é balde, que un museo como San Paio de Narla,un
pequeniño museo local inserto nunha recóndita pero fermosísima paraxe,
continue coa permanencia e continuidade constante e non intermitente, das súas
actividades (destinadas a todos os públicos e idades) lúdicas e socioculturais e, o
máis importante,tendo acollida e recibemento por parte do público, é un auténtico
Museo Fortaleza San Paio de Narla
3
e afortunado privilexio.E é, precisamente, esta verba "público"en forma de
visitantes, nenos e nenas, a que nos da o garante de perdurabilidade e o pulo
necesario para insuflar os nosos espíritus e enchelos de dinamismo e
operatividade para seguir sendo creativos.
Os museos sen o seu público non son nada, pero nós,persoal de museos
non o temos nada doado xa que innovar e crear nos tempos que corren é unha
tarefa farto difícil, nembargantes nós non cexamos no noso empeño de ser
creativos nunha era eminentemente dominada polo tecnolóxico.Loitamos por
incentivar as destrezas manuais, cognitivas e psicomotrices dos nenos e nenas
para que desarrollen a súa creatividade e aprendan a valorar o seu patrimonio
museolóxico e museográfico.Un pobo que non valora e, o máis denigrante e
preocupante, non coñece o seu patrimonio está abocado a desaparecer porque
perde a súa identidade e idiosincracia.
Temos a satisfacción de considerarnos promotores e impulsores no eido
rural,coa ledicia de aproximar un anaquiño de cultura a zonas periféricas, xa de
por así ailladas e marxinadas.Os nosos obradoiros e actividades fan partícipe á
sociedade friolense da nosa máxima como Rede Museística que integramos, isto
é, "un museo para todos e entre todos".
Agardamos seguir en pé e activos durante moito tempo, tamén agardamos
contar convosco.Somos unha rede, unha pequena rede de araña que tecida entre
todos, faise forte e indestructible, convídamosvos a que vexades nesta memoria
todo o que o noso imaxinario colectivo despregou durante o ano 2014, ¡¡déixate
enredar pola nosa ilusión e aposta por proxectos culturais!!!
Museo Fortaleza San Paio de Narla
4
2. ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES.
Xaneiro Nº total de visitantes 799
2 grupos escolares 80
Visitas individuais 719
Febreiro Nº total de visitantes 594
2 grupos escolares 90
Visitas individuais 504
Marzo Nº total de visitantes 1752
17 grupos escolares 414
8 grupos adultos 320
Visitas individuais 1018
Abril Nº total de visitantes 2043
12 grupos escolares 394
10 grupos adultos 340
Visitas individuais 1309
Maio Nº total de visitantes 1823
17 grupos escolares 564
11 grupo adultos 479
Visitas individuais 780
Xuño Nº total de visitantes 2310
30 grupos escolares 934
18 grupos adultos 565
Museo Fortaleza San Paio de Narla
5
Visitas individuais 811
Xullo Nº total de visitantes 2321
6 Obradoiros 230
8 grupos adultos 310
Visitas individuais 1781
Agosto Nº total de visitantes 3046
7 Obradoiros 186
8 grupos adultos 355
Visitas individuais 2505
Setembro Nº total de visitantes 1404
1 grupo escolar 20
6 grupos adultos 265
Visitas individuais 1119
Outubro Nº total de visitantes 1511
1 grupo escolar 40
20 grupos adultos 720
Visitas individuais 751
Novembro Nº total de visitantes 1160
6 grupos escolares 320
8 grupos adultos 240
Visitas individuais 600
Decembro Nº total de visitantes 1314
Museo Fortaleza San Paio de Narla
6
16 grupos escolares 390
7 grupos adultos 200
Visitas individuais 724
Total visitantes anuais 20077
Gráfica comparativa dos anos 2013-2014
376
706
1470
1348
2245
1418
1855
2341
1105
898
994
1414
799
594
1752
2043
1823
2310
2321
3046
1404
1511
1160
1314
0
500
1000
1500
2000
2500
3000
3500 MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA
Ano 2013
Ano 2014
Museo Fortaleza San Paio de Narla
7
0
500
1000
1500
2000
2500
3000
3500
799
594
1752
2043
1823
2310 2321
3046
1404
1511
1160
1314
POR Nº DE VISITANTES
14%
9%
2%
4%
13%
29%
29%
Por idades
0-10
11-14
15-18
19-25
26-40
41-65
66
Museo Fortaleza San Paio de Narla
8
0
1000
2000
3000
4000
5000
6000
7000
8000
9000
2869
4950
8387
314233562
129 78 51
454
154 65 364
59
585
49 39 21
390 325
Por Procedencias
LUGO CIDADE LUGO PROVINCIA GALICIA ANDALUCIA
ARAGON ASTURIAS BALEARES CANARIAS
CANTABRIA CATALUÑA CASTILLA-LEON CASTILLA-LAMANCHA
EUSKADI EXTREMADURA MADRID MURCIA
NAVARRA LA RIOJA VALENCIA ESTRANXEIROS
0
2356
2683
2916
2889
4611
4622
0 1000 2000 3000 4000 5000
Por días da semana
DOMINGO
SABADO
VENRES
XOVES
MERCORES
MARTES
LUNS
Museo Fortaleza San Paio de Narla
9
XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOS SET OUT NOV DEC ANUAL
HOMES 408 321 862 978 877 1173 1151 1524 738 719 551 642 9944
MULLERES 391 273 890 1065 946 1134 1170 1522 666 792 609 672 10130
0-10 148 103 317 429 424 291 376 244 101 54 194 161 2842
11-14 24 23 210 79 207 410 98 225 96 20 91 248 1731
15-18 9 2 5 69 5 156 9 48 55 4 113 475
19-25 27 6 46 104 96 68 109 209 59 24 30 41 819
26-40 121 74 217 324 204 172 293 590 195 109 118 127 2544
41-65 324 327 385 628 554 572 742 833 482 403 369 296 5915
66 146 59 572 410 333 641 694 897 416 897 358 328 5751
LUGO CIDADE 187 132 503 409 220 233 278 262 139 110 149 247 2869
LUGO PROVINCIA 206 219 545 618 654 541 487 423 372 276 381 228 4950
GALICIA 300 176 625 708 859 1260 748 1151 485 913 476 686 8387
ANDALUCIA 4 3 12 16 4 22 67 125 31 9 2 19 314
ARAGON 10 4 3 24 156 33 3 233
ASTURIAS 35 19 15 48 19 50 95 91 67 52 38 33 562
BALEARES 65 26 33 3 2 129
CANARIAS 4 7 1 27 12 19 4 1 3 78
CANTABRIA 3 4 18 6 11 4 5 51
CATALUÑA 6 18 17 11 13 109 196 15 25 27 17 454
CASTILLA-LEON 5 3 9 5 11 12 14 50 14 7 11 13 154
CASTILLA-LAMANCHA 7 4 4 14 23 4 2 7 65
EUSKADI 14 1 36 4 16 112 120 17 9 12 23 364
EXTREMADURA 2 2 3 12 9 20 6 4 1 59
MADRID 12 21 9 51 24 42 158 170 18 22 43 15 585
MURCIA 3 5 32 9 49
NAVARRA 1 1 3 27 7 39
LARIOJA 1 11 4 2 3 21
VALENCIA 1 2 16 4 18 90 157 76 18 6 2 390
ESTRANXEIROS 5 8 4 91 1 12 20 21 82 54 4 23 325
MAÑAS 409 336 877 707 707 1284 1033 1013 733 659 483 699 8940
TARDES 390 258 875 1336 1116 1026 1288 2033 671 852 677 615 11137
LUNS 0
MARTES 76 58 117 272 187 349 283 397 210 147 46 214 2356
MERCORES 87 64 276 159 132 419 384 594 233 74 127 134 2683
XOVES 118 60 207 303 364 412 393 426 119 151 170 193 2916
VENRES 138 76 168 211 346 306 463 504 182 150 138 207 2889
SABADO 188 204 224 680 398 335 365 523 450 511 461 272 4611
DOMINGO 192 132 760 418 396 489 433 602 210 478 218 294 4622
GRUPOS ESCOLARES 80 90 414 394 564 934 230 186 20 40 320 390 3662
GRUPOS ADULTOS 320 340 479 565 310 355 265 720 240 200 3794
VISITAS INDIVIDUAIS 719 504 1018 1309 780 811 1781 2505 1119 751 600 724 12621
DOMINGOS NO MUSEO
TOTAIS MENSUAIS 799 594 1752 2043 1823 2310 2321 3046 1404 1511 1160 1314 20077
*RESUME
EXTRANXEIROS
ARGENTINA
FRANCIA
ITALIA
COREA
PORTUGAL
AUSTRIA
INGLATERRA
CUBA
MÉXICO
VENEZUELA
ALEMANIA
BRASIL
EEUU
PERÚ
BÉLXICA
RUSIA
BOLIVIA
JAPÓN
COLOMBIA
POLONIA
PARAGUAY
ANUAL
XANEIRO 5 5
FEBREIRO 4 2 2 8
MARZO 3 1 4
ABRIL 73 2 3 3 4 1 1 1 3 91
MAIO 1 1
XUÑO 2 2 1 4 3 12
XULLO 5 2 1 4 3 1 3 1 20
AGOSTO 5 2 7 1 1 2 2 1 21
SETEMBRO 2 14 6 54 4 2 82
OUTUBRO 50 2 1 1 54
NOVEMBRO 1 3 4
DECEMBRO 1 2 8 5 7 23
TOTAL 96 33 5 1 9 3 124 2 1 10 18 3 5 1 3 2 2 2 3 1 1 325
*Nº DEGRUPOS XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOS SET OUT NOV DEC ANUAL
Nº GRUPOS ESCOLARES 2 2 17 12 17 30 6 7 1 1 6 13 114
Nº GRUPOS ADULTOS 8 10 11 18 8 8 6 20 8 6 103
RESUMEDEVISITAS AO MUSEO SAN PAIO DENARLA ANO 2014
Museo Fortaleza San Paio de Narla
10
3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO
Arranxo no motor do pozo
Reposición de poste do cableado telefónico por rotura ao esta podre
Limpeza dos accesos e plataforma do castro da fortaleza varias veces ao ano
Reposición do poste do alumeado por caer ao estar podre
Cambio de bombillas no alumeado exterior.
Reposición de sistema de iluminación, por parte do servizo de mantemento da
Deputación, cando son de fácil reposición e urxencia son reparadas polo persoal
da fortaleza. (DURANTE TODO ANO SEGUNDO HAI AS INCIDENCIAS)
Desratización varias veces ao ano.
Recollida de auga, control lexionella e potabilidade.
Router novo, ao estropearse por tormenta
Arranxo de deshumificadores
Cortaronse hedras que subían pola fortaleza
Arranxo de dúas táboas do chan na sala de armas blancas.
Poñen maquina enfundadora de paraguas.
4. PROGRAMA DIDÁCTICO
4.1. Actividades escolares
Ao longo do curso ofrécese a posibilidade de solicitar dous tipos de visitas:
guiada e con actividade. Para realizar estas visitas é necesario a concertación
previa das mesmas, concertando con departamento de didáctica.
Visita de iniciación:
Museo Fortaleza San Paio de Narla
11
Comprende un recorrido por todo o castelo, recomendase para os grupos
que visitan o centro por primeira vez, independentemente do seu nivel educativo.
Duración aproximada de 60 minutos.
Para un mellor aproveitamento do Museo Fortaleza San Paio de Narla, xa
que existe unha variedade e riqueza de contidos, e na procura dun novo concepto
de visita máis participativa, como alternativa as tradicionais visitas guiadas e que
implique a colaboración directa de profesores e alumnos, ofrecemos un programa
de itinerarios os distintos niveis de ensino:
O Castelo encantado
O Porvir do pasado
O Labirinto do Castelo
Un Museo de Lendas
O xogo de verbas
Na lareira
A bela durminte
Museo Fortaleza San Paio de Narla
12
Visita de iniciación
Nivel: Todos os ciclos
Data: Curso escolar
Obxectivo: Comprender que a as sociedades actuais están condicionadas polo
seu pasado histórico. Recoñecer as ferramentas e analizar a súa evolución e
continuidade, así como a necesidade de conservalas para outras xeracións.
O Castelo encantado
Nivel: 1º e 2º ciclo de Primaria
Data: Curso escolar
Museo Fortaleza San Paio de Narla
13
Obxectivo: Identificar as distintas clases sociais; servos, señorío e cabaleiros
meirande os recursos que nos ofrecen as diferentes salas do museo.
O Porvir do pasado
San Paio de Narla é un museo axente para o coñecemento da vida pasado
dos nosos devanceiros, museos que deben de ser, e son, activos na educación
dos nosas xeracións.
Nivel: ESO e BAC
Data: Curso escolar
Obxectivo: Estudar o paso do tempo, no que se desenvolve o señorío de San
Paio de Narla, así como as distintas salas, a través da Lenda da Cova da Serpe.
Comprender que a sociedades actuais están condicionadas polo seu pasado histórico,
recoñecer as ferramentas e analizar a súa evolución e continuidade, así como a necesidade
Museo Fortaleza San Paio de Narla
14
conservalas para outras xeracións foi o obxectivo da visita do CPI Dr. López Suárez de Friol, os
nenos de 3º de primaria realizaron a visita acompañados da súa mestra Pilar Racamonde.
Os nenos fixeron un caínzo para traballar as súas colleitas, con canas de bambú recollidas
por eles mesmos no campo. Así foi a súa vida de campesiños por un día, revivindo o campesinado
da época medieval, servindolles como escenario o museo, onde ditas coleccións cobraron vida.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
15
Os/as nenos/as de 3º de primaria do CPI Dr. López Suárez de Friol realizou unha saída
coa profesora Pilar Racamonde para visitar a estación potabilizadora da auga de Friol, onde
atenderon as explicacións dun funcionario do concello de Friol (Malelo) e despois unha visita por
toda a Serra da Cova da Serpe onde estudiaron a vexetación, é dicir, a flora e a fauna para
Museo Fortaleza San Paio de Narla
16
rematar na propia Cova onde o persoal de San Paio Francisca Abuín e Ana Ferro fixeronlle sentir
protagonistas como algún día o fixeron o mancebo e Dona Berta da Fortaleza de San Paio de
Narla. Para rematar fixeron unha visita ao parque eólico.
Este grupo de alumnos/as o conformaban membros do Club Pequeamigos da
Redemuseístca de San Paio de Narla.
O Labirinto do Castelo
Nivel: ESO e BAC
Data: Curso escolar
Obxectivo: Coñecer a etnografía e desenvolver a creatividade do alumnado sendo
conscientes da importancia do pasado para comprender e presente.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
17
Un Museo en Lendas
Nivel: 3º Ciclo de Primaria, ESO e BAC
Data: Curso escolar
Obxectivo: Coñecer a literatura e a mitoloxía popular do Concello de Friol a
través da comunicación cos nosos maiores.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
18
O xogo de verbas
Nivel: 4º,5º e 6º Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Aproveitar a riqueza e a variedade do patrimonio cultural, tomando
conciencia da importancia do pasado para comprender o presente; para espertar
o interese polas visitas aos museo motivamos con xogos.
A) Nesta fotografía sinala o nome desta peza
B) ¿Sabes o nome de peza que vai do guindastre ó caldeiro?
C) O guindastre recibe tamén o nome de _____________
Localiza nesta sopa de letras as respostas dos apartados C das probas anteriores
e comprobarás que coas letras restantes contadas de 3 en 3 atoparás o nome
deste museo.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
19
Na Lareira
Nivel: Ed. Infantil, 1º e 2º de Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Visitar a cociña para que o alumnado descubra a transformación que
esta dependencia sufriu ao longo do tempo. Compararemos as vellas cociñas e
as comidas que nelas se facían coas actuais
Museo Fortaleza San Paio de Narla
20
A bela durminte
Nivel: Ed. Infantil e 1º e 2º de Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Empregar como fío condutor o conto da Bela Durminte e aproveitar
como recurso os obxectos expostos, nun ambiente, en principio nada atraínte
para o neno, o castelo vaise convertendo nun escenario onde a imaxinación cobra
vida ata materializarse como real.
Peiteados y aderezos
Nivel: 3º e 4º ESO
Data: Curso escolar
Obxectivo: Concienciar aso rapaces e rapazas de cómo unha actividade que
pode parecer tan rutinaria como a de peitearse pode ser algo estético e artístico.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
21
Ademais de agochar os entresixos de épocas históricas ao través das cales,
sometidas a un exhaustivo estudo, verase coma o peiteado era signo social de
distinción e ostentación.
Facendo historia (Heráldica)
Nivel: 1º e 2º da ESO
Data: Curso escolar
Obxectivo: Fusión heráldica e historia, condensándoos nun único concepto para
amosar que tras un escudo agóchase moita crónica histórica. Un escudo non é
unha peza inerte, ao contrario é unha peza parlante, e iso é o que se tentará facer
visible incidindo en que é unha fiestra para visionar como era a vida dos nosos
home e mulleres con rango nobiliario do Medievo.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
22
Pescudas de detectives en San Paio
Nivel: 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO
Data: Curso escolar
Obxectivo: Trátase de que os nenos e nenas se metan, por uns intres, na pel dun
detective. Pero dun detective peculiar, porque o seu campo de acción será o
Museo de San Paio, e terán que ir superando unha serie de pistas para acadar a
meta final. Unha desas pistas consistirá en localizar cunha lupa cal é a peza máis
antiga da lareira, etc. Finalmente, chegarán ao último piso da torre e se fixeron
ben as súas tarefas, adiviñaran cal é o truco para abrir un cofre con sorpresas.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
23
Unha firma medieval: un signo lapidario
Nivel: 6ª de primaria, 1º ESO e 2º ESO
Data: Curso Escolar
Obxectivo: Con esta unidade didáctica búscase afondar noutra realidade de San
Paio de Narla, pouco coñecida e, por tanto, pouco difundida. Trátase de traballar
coa temática dos signos lapidarios que se atopan diseminados por toda a
fortaleza medieval e con reminiscencias renacentistas. Pretendese que os nenos
e nenas comprendan a transcendencia destes signos que non eran meros
garabatos na parede, senón que tiñan unha explicación e razón de ser. Deste
xeito, a unidade didáctica contempla ser realizada en dúas fases: unha teórica e
outra práctica.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
24
Obradoiros escolares
CURSO 2013-2014
Museo Fortaleza San Paio de Narla
25
Dende a Rede Museística, en sintonía coas novas formulacións da Museoloxía
social, seguimos apostando por un modelo didáctico que pon en valor a aprendizaxe activa,
participativa e emocional; creando en cada visita unha experiencia vivencial, agradable e
memorable. A proposta educativa persegue formar o alumnado en estratexias de
aprendizaxe autónomas, capaces de construír o seu propio pensamento crítico, non só
sensible á arte senón cara ao noso pasado para poder intervir no presente e soñar un futuro.
A oferta de actividades dirixida aos centros educativos presenta 3 grandes bloques
temáticos que van ser o eixe estrutural da nosa intervención didáctica. Os bloques son
complementarios uns cos outros e perseguen construír un corpus estrutural:
Bloque 1. O Museo como contedor achéganos á idea de que é un museo. O museo non só
como contedor de obras de arte, senón máis alá: o museo como un espazo de traballo onde
ademais de conservar e expoñer o noso patrimonio, tamén se estuda, se investiga e se
divulga o caudal artístico e cultural, patrimonio de todos. Construída esta idea, que se erixe
como os cimentos dunha casa, o seguinte
Bloque 2: O Museo como relator de historias pretende ofrecer un catálogo aberto de
visitas no que a estrutura veña marcada polo concepto de Museo como relator de historias.
As obras de arte, ademais da información técnica, nárrannos e suxírennos historias infinitas
segundo a persoa coa que interactúen. As pezas falan por si mesmas e todas en conxunto
constitúen unha colección. Unha proposta na que o diálogo coas obras de arte e cos
espazos naturais volven ser os protagonistas.
Bloque 3: O Museo como retrovisor pon a énfase no espello retrovisor como metáfora.
Viaxamos polo presente avanzando cara ao futuro pero no que centramos a mirada no
retrovisor que nos mostra o noso pasado cunha perspectiva arqueolóxica.
Para completar os tres bloques teóricos, na programación escolar fíxanse unha serie
de obradoiros que pretenden afondar en determinados contidos, unha maneira práctica de
afianzar os coñecementos. Crear experiencias motivadoras para os escolares constitúese
coma a mellor maneira de desenvolver a capacidade de expresión e a creatividade no
alumnado, sen esquecer o compoñente lúdico que favorece que a aprendizaxe se realice
dunha maneira espontánea.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
26
CONCURSO-REDE
Finalmente, e como unha das grandes novidades para este novo curso escolar 2013/2014,
queremos presentar unha nova experiencia, o CONCURSO-REDE, que nace cun dobre
obxectivo: por unha banda achegar o novo público escolar á Rede Museística e fidelizalo,
así como fidelizar o xa existente. Vai dirixido a escolares de 6.º de Primaria, pertencentes a
centros educativos de toda a provincia de Lugo. Para participar é necesaria a inscrición
previa que se formalizará cunha visita a algún dos 4 museos da Rede.
CURSO 2014-2015
Para o curso escolar 2014-2015 e, outro ano máis, a Rede Museística
presenta un actualizado programa educativo, deseñado e pensado para todas as
etapas educativas coa pretensión de seguir ofrecéndolle á comunidade escolar
experiencias didácticas co fin último de coñecer, comprender, valorar e gozar das
coleccións e espazos que conforman parte do patrimonio histórico artístico e
cultural da provincia de Lugo.
Dende a Rede Museística, en sintonía coas novas formulacións da
museoloxía social, seguimos apostando por un modelo didáctico que pon en valor
a aprendizaxe activa, participativa e emocional; creando en cada visita unha
experiencia vivencial, agradable e memorable. A proposta educativa persegue
formar o alumnado en estratexias de aprendizaxe autónomas, capaces de
Museo Fortaleza San Paio de Narla
27
construír o seu propio pensamento crítico, non só sensible á arte senón cara ao
noso pasado para poder intervir no presente e soñar un futuro.
Actividades deseñadas e elaboradas polo equipo dos departamentos de
didáctica do Museo Provincial de Lugo (Lucía Dequidt Lagares, Raquel Guerrero
Prieto, Mª Anunciación Losada Montenegro, José Manuel Mendoza Castiñeira e
Paula Salinas Somoza), do Museo Fortaleza San Paio de Narla (Francisca Abuín
e Ana Ferro), do Museo Provincial do Mar (Ángeles Miguélez e Amelia Pernas), e
do Museo Pazo de Tor (Tar López e Silvia Fiallega Lorenzo).
A área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da Rede
Museística Provincial e dos museos que a integran, desexa contribuír con este
programa a que o curso escolar 2014-2015 sexa de proveito e, sobre todo, a que
os museos sexan vehículo motivador para o coñecemento.
PROGRAMA
A oferta de actividades dirixida aos centros educativos presenta 4 grandes
bloques temáticos que van ser o eixe estrutural da nosa intervención didáctica.
Os bloques son complementarios uns cos outros e perseguen construír un corpus
estrutural:
___Bloque 1: CREA O TEU MUSEO
Que é un museo? Un museo é un lugar onde se conserva, expón e difunde
o patrimonio artístico e cultural. Pero un museo é tamén un espazo que lle
pertence a toda a comunidade, un espazo para soñar e facer das ilusións a nosa
realidade. Como che gustaría que fosen os nosos museos? Que che gustaría que
contivesen os nosos museos?
Dende a Rede Museística abrimos as nosas portas e invitámoste a que
entres e crees o teu museo a partir do diálogo coas nosas coleccións e cos
profesionais que nel traballan, nunha experiencia emocional e creativa.
A través das obras de arte podemos descubrir lugares reais e espazos
imaxinados polos artistas. Podemos viaxar ao noso pasado a través das pezas
arqueolóxicas e incluso descubrir as historias máis extraordinarias dos deuses
Museo Fortaleza San Paio de Narla
28
gregos. No museo podemos dialogar cos artistas, descubrir os seus soños e
anhelos. No museo podemos comunicar ideas.
Para isto, invitámoste a que coñezas as nosas coleccións e a importancia
do traballo que realizan os diferentes profesionais.
Obradoiro
A actividade inclúe un obradoiro deseñado para traballar de maneira
creativa a construción do seu propio museo a partir dun material que lle será
entregado a cada escolar composto por: unha caixa-museo, fotografías, imaxes
deseñadas, etc.
Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primario. 1º ciclo da ESO
Duración estimada da actividade: 60 minutos
Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.
---Bloque 2: O MUSEO COMO RELATOR DE HISTORIAS
Catálogo de visitas abertas segundo os diferentes contidos que ofrecen as
coleccións e seccións dos museos da Rede Museística.
Esta proposta didáctica, que xa foi iniciada en anos anteriores, quere
ampliar a súa oferta e implicar a todas as seccións do museo susceptibles de ser
visitadas, entendendo o museo como relator de historias. Nesta proposta aberta,
pretendemos utilizar unha metodoloxía activa de forma que sexan os propios
escolares os que constrúan o significado ante as pezas e obras de arte. Son
experiencias nas que se pretende ensinar a ver e gozar da arte e coa arte a
través dun discurso narrativo que se crea coas obras de arte. Con este diálogo,
preténdese potenciar a observación e a reflexión sobre as pezas e estimular o
diálogo sen medo a formar unha opinión crítica e persoal. Un diálogo que se
combina con información sobre o artista ou o período histórico, necesario, para
completar a visión da obra e contextualizala.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
29
As coleccións presentes nos museos son susceptibles de estruturarse en
contidos segundo os intereses dos visitantes e pódense exemplificar nas
seguintes experiencias: rutas literarias, a arte do vestido, a historia da moeda,
descubrindo a escultura, epigrafía romana, ruta franciscana, cerámica de
Sargadelos e … un longo etcétera. Con esta nova formulación, preténdese
facilitar a asimilación da información co fin de comprender e achegarse mellor ás
coleccións que atesouran os catro museos da Rede. Os contidos temáticos son
tamén un xeito atractivo para o alumnado de presentar a información e acadar a
motivación e a súa atención dende o primeiro momento da visita.
Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria.
Duración estimada da actividade: 60 minutos
Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.
___Bloque 3: O MUSEO COMO RETROVISOR HISTÓRICO
Esta proposta nace coa finalidade de capacitar o alumnado para interpretar
vestixios do pasado e analizar a súa importancia no desenvolvemento da nosa
cultura.
Ciclos/cursos: 4º, 5º, 6º de E. Primario. ESO
Duración estimada da actividade: 60 minutos
Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.
___Bloque 4: VIAXES POLOS MUSEOS DA REDE
SAFARI NA REDE
Metodoloxía: Percorrido buscando animais representados en distintas obras
expostas no Museo. Logo da busca, podemos xogar a agrupar os animais
localizados segundo sexan de pelo ou de pluma, de terra ou de aire, mamíferos,
etc. Remataremos a actividade completando un álbum cos cromos
correspondentes aos animais avistados durante o safari.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
30
Ciclos/cursos: Educación Infantil, 1º,2º, 3º de E. Primaria.
Duración estimada da actividade: 60 minutos.
Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.
VIAXE POR UN CADRO
Metodoloxía:. Metémonos dentro dun cadro e sen ver o que ven os que miran de
fronte temos que descubrir de que obra somos personaxes. Descubriremos
figuras, formas e símbolos dalgunhas obras pictóricas expostas no museo.
Ciclos/cursos: 5º, 6º de Educación primaria e 1º de ESO
Duración estimada da actividade: De 70 a 80 minutos.
Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.
UNHA VIAXE AO PORVIR DO PASADO
Metodoloxía: San Paio de Narla é un museo axente para viaxar á vida dos nosos
devanceiros. Museos que con esa viaxe son activos de educación das nosas
xeracións.
Ciclos/cursos: E. Infantil e 1º ciclo de E. Primario.
Duración estimada da actividade: 60 minutos.
Esta actividade pódese realizar no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol).
VIAXE POLO CASTELO ENCANTADO
Metodoloxía: Empregando como fío condutor o conto da Bela Durminte, e
aproveitando como recursos as coleccións do museo no castelo faise unha viaxe
onde se converte nun escenario e a imaxinación cobra vida ata materializarse
como algo real.
Ciclos/cursos: 3º e 4º de ESO, 1º e 2º de BAC.
Duración estimada da actividade: 60 minutos.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
31
Esta actividade pódese realizar no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol).
LAREIRAS DA REDE
Metodoloxía: Compararemos as novas e as vellas cociñas, para descubrir os
cambios producidos ao longo do tempo. Xogaremos co obxectivo de que as novas
xeracións non esquezan as vellas lareiras.
Ciclos/cursos: Educación Infantil.
Duración estimada da actividade: 60 minutos.
Esta actividade pódese realizar no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol).
4.2. Obradoiros de verán
Vive o verán!
Os días de xullo e agosto son diferentes e máis luminosos, xeralmente
alleos a rutinas e maioritariamente de folganza e relax. Viaxamos, paseamos,
descansamos e tratamos de recuperar forzas e enerxía para a seguinte xeira
escolar ou de traballo.
Desde os museos da Rede Museística intentamos que o teu verán sexa,
ademais de entretido e divertido, proveitoso. A tal fin elaboramos un amplísimo
Museo Fortaleza San Paio de Narla
32
programa de actividades pensadas para todas as idades, desde os 4 aos 1.300
anos (de darse o caso) para que ninguén quede á marxe das propostas que os
nosos museos poden ofrecer. Obradoiros para que se exprese a túa capacidade
creativa, sexa cal sexa a técnica que máis che poida interesar (pintura, escultura,
gravado, musivaria, fotografía, muralismo, ourivería, música, cine …),
campamentos de arqueoloxía para que experimentes a emoción da descuberta do
pasado aínda oculto, traballos manuais para conseguir elaborar fermosas prendas
ou obxectos, desde un mosaico ata un abano. Tamén temos actividades arredor
da gastronomía e alimentación, ou para a aplicación de diferentes tecnoloxías que
nos van permitir coñecer mellor o medio e o mundo no que vivimos e como, se for
preciso, podemos influír para cambialo.
Para elaborar este amplo programa que vos propoñemos tivemos en conta
as propostas dos membros dos clubs da Rede Museística, desde os máis cativos
de Pequeamig@s, os mozos e mozas do Club Ei! ata os máis veteranos do Club
Sénior. Todos eles e elas participan ao longo do ano en múltiples actividades nos
museos da Rede e do seu compromiso e experiencia aprendemos que os museos
son motores activos imprescindibles para o desenvolvemento social e cultural das
comunidades.
Desde a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e a través dos
museos integrados na Rede Museística adquirimos o compromiso de servir á
nosa sociedade, de usar os fondos que custodiamos para proveito de todos e
todas. Por iso cada un dos catro museos integrados na Rede Museística ten un
programa específico, adaptado ás especificidade dos seus fondos e dos grupos
ou colectivos interesados.
Unha proposta, en definitiva, que agardamos atraia tamén aos que non
teñen o hábito de visitarnos e para que á volta do estío digan connosco: Viva o
verán!
3, 2, 1, no aire!
Obradoiro de radio e escritura creativa. Tal como fixeron as persoas que
emigraron a Arxentina, as comunicacións radiofónicas foron moi importantes para
Museo Fortaleza San Paio de Narla
33
manter o contacto con familiares e amizades así como para impulsar a cultura
galega dende a outra beira do Atlántico. Neste obradoiro quixemos poñer en valor
a palabra e trasladar as nosas mensaxes ás persoas de aquí e dacolá.
Idades: de 10 a 14 anos.
Horario: de 11:00 a 13:00 h.
Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición.
Datas: 15 de xullo.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
34
Museo Fortaleza San Paio de Narla
35
Museo Fortaleza San Paio de Narla
36
Os saberes da cociña. Un chef artista: “Os alimentos da túa contorna”
Trátase dun obradoiro gastronómico: alimentación saudable, identificación e
etiquetado dos alimentos, as D.O. da provincia (aplicado a cada zona),
creatividade na cociña, agroecoloxía e soberanía alimentaria. Acompañouse a
actividade con elementos audiovisuais (contos, cartaces, animación…).
Idades: de 10 a 14 anos.
Horario: de 11:00 a 13:00 h.
Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición
Datas: 1 de agosto. De 12:00 a 14:00 h.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
37
Museo Fortaleza San Paio de Narla
38
Museo Fortaleza San Paio de Narla
39
Museo Fortaleza San Paio de Narla
40
Museo Fortaleza San Paio de Narla
41
Food foto fun
Obradoiros de creatividade culinaria para nenos: gastronomía, fotografía, arte …
Museo Fortaleza San Paio de Narla
42
Ensinar aos nenos o importante que é a alimentación, que aprendan a plantar san
e a valorar a cultura gastronómica. Por iso, con estes obradoiros, pretendemos
espertar neles a curiosidade polos alimentos e poñer ao seu alcance todo o
necesario para que descubran as texturas e procesos dos alimentos por si
mesmos.
Idades: de 8 a 13 anos.
Horario: de 11:00 a 13.00 h.
Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición.
Datas: 27 e 28 de agosto. De 11:00 a 13:00 h.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
43
Museo Fortaleza San Paio de Narla
44
Museo Fortaleza San Paio de Narla
45
Museo Fortaleza San Paio de Narla
46
Museo Fortaleza San Paio de Narla
47
Museo Fortaleza San Paio de Narla
48
Museo Fortaleza San Paio de Narla
49
Reproducións de pezas arqueolóxicas
Escavar, buscar, investigar, reconstruír e recompoñer, paso a paso o obxecto
desde a escavación. Achégase á vitrina o obxecto vello, estragado, antigo. Toma
nova forma coas reproducións e mostrase agora como un elemento vivo. De
paso, recuperamos as antigas técnicas dos nosos devanceiros.
Idades: de 8 a 12 anos.
Horario: de 12:00 a 13.00 h.
Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición.
Datas: do 5 ao 8 de agosto. De 12:00 a 13:30 h
Museo Fortaleza San Paio de Narla
50
Museo Fortaleza San Paio de Narla
51
Museo Fortaleza San Paio de Narla
52
Museo Fortaleza San Paio de Narla
53
A miña primeira película (sen cámara) da Rede Museística
Cine sen cámara ou animación directa é un proceso que reproduce con
grande exactitude os impulsos físicos individuais do artista: as imaxes artesanais
reflicten a vibración dos dedos, as variacións de presión, os ritmos internos
externos.
Idades: de 6 a 12 anos.
Horario: de 12:00 a 13.30 h.
Prazas: 20 asistentes, por orde de inscrición.
Datas: 20 de agosto. De 12:00 a 13:30 h.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
54
Museo Fortaleza San Paio de Narla
55
Museo Fortaleza San Paio de Narla
56
Museo Fortaleza San Paio de Narla
57
Árbore xenealóxica. Heráldica persoal
Obxectivo: ensinar aos nenos e nenas a historia dos seus apelidos a través
dos seus devanceiros. Aprender a esquematizar ideas nunha estrutura de árbore
xenealóxica.
Datas: do 8 ao 11 de xullo. De 12:00 a 14:00 h
Museo Fortaleza San Paio de Narla
58
Museo Fortaleza San Paio de Narla
59
Bargueños. Encaixando a creatividade
Obxectivo: descubrir unha peza do patrimonio moble. Entender o seu
significado dentro dun contexto. Analizar o concepto de contedor e contido.
Datas: do 8 ao 11 de xullo. De 12:00 a 14:00 h
Museo Fortaleza San Paio de Narla
60
Museo Fortaleza San Paio de Narla
61
Museo Fortaleza San Paio de Narla
62
Ollando a cultura-prismásticos
Obxectivo: Analizar a funcionalidade dunha peza que cobra vida fora de
exposicións. Aprender a afondar nos diferentes tipos de visión. Teorizar entre o
que o ollo ve, percibe e descobre.
Datas: do 8 ao 11 de xullo. De 12:00 a 14:00 h
Museo Fortaleza San Paio de Narla
63
Museo Fortaleza San Paio de Narla
64
Museo Fortaleza San Paio de Narla
65
Museo Fortaleza San Paio de Narla
66
4.3. Obradoiros de Nadal
Cando un novo Nadal peta á porta concédese licenza xeral para fantasiar.
Temos dereito, e necesidade, de concedernos uns días liberados de rutinas e de
obrigas supostamente ineludibles. Unha oportunidade para facer balance e
reconducir, se for preciso, o rumbo das nosas vidas. E puntualmente, como cada
ano, os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo achegámosche un
programa de obradoiros e actividades tentando contribuír, na medida das nosas
posibilidades, ao teu lecer creativo. Ademais, neste remate do ano 2014 temos á
túa disposición a exposición “Entre o sono e os soños. Soñar para crear na Rede
Museística”, un proxecto comunal dos catro museos que integramos a Rede para
lembrar que os soños son a materia prima da creatividade.
Que o ano 2015 nos acolla coa mellor disposición, e que sexa unha
oportunidade para que ese soño que pende da túa ilusión, prenda en ti. Este é,
por enriba de calquera outro, o desexo que queremos compartir desde aos
museos da Rede e desde a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
67
Obradoiro: Xogando con Catarina
Obradoiro de elaboración de diferentes tocados e sombreiros así como dos
adornos empregados na súa confección: plumas, broches, encaixes …
Imparte: Mª del Rosario Fernández González
Idades: de 6 a 12 anos.
Datas: 26 de decembro
Horario: de 11:00 a 14.00 h.
Prazas: 20
Museo Fortaleza San Paio de Narla
68
Museo Fortaleza San Paio de Narla
69
Museo Fortaleza San Paio de Narla
70
Museo Fortaleza San Paio de Narla
71
Obradoiro: Unha ollada aos oficios medievais na figura da muller campesiña
Comprender que as sociedades actuais están condicionadas polo seu pasado
histórico. Recoñecer as pezas e analizar a súa evolución e continuidade, así
como a necesidade de conservalas. O obradoiro consta dunha parte histórica e
unha parte práctica, na que realizarán unha sella e irán buscar auga nela ao río.
Imparte: Fátima Iglesias Núñez.
Idades: de 4 a 12 anos e Club Pequeamig@s da Rede Museística.
Datas: 2 e 3 de xaneiro de 2015.
Horario: de 12:00 a 14.00 h.
Prazas: 20
Museo Fortaleza San Paio de Narla
72
Museo Fortaleza San Paio de Narla
73
Museo Fortaleza San Paio de Narla
74
Museo Fortaleza San Paio de Narla
75
Museo Fortaleza San Paio de Narla
76
Museo Fortaleza San Paio de Narla
77
Museo Fortaleza San Paio de Narla
78
Obradoiros: Entre o sono e o soños
A palabra “soño”, segundo o Dicionario da Real Academia Galega,
significa, na súa primeira acepción “aquilo que un imaxina durante o sono,
percibíndoo coma se fose real”, e como segunda acepción “aquilo ao que un
aspira ou que un desexa moito”.
Os soños sempre foron materia artística, tanto causa como consecuencia
da mesma. Deste xeito e como proposta de participación, propoñemos diferentes
obradoiros segundo as idades dos usuarios dos distintos museos da Rede
Museística Provincial, atendendo sempre aos ritmos de cada un.
Todos os obradoiros partirán de materiais procedentes da exposición “Entre o
sono e o soños. Soñar para crear na Rede Museística” que se amosa no Museo
Provincial de Lugo desde o pasado 19 de novembro. A partir deste referente, os
participantes crearán os seus propios soños cunha perspectiva artística, sendo o
máis importante o feito de compartir.
-Casting: a lúa
En dúas horas e a partir de diferentes xogos, os Pequeamig@s construirán
teatralmente os seus soños co obxectivo final de chegar á lúa: alí onde todo é
posible.
Idades: de 4 a 14 anos e Club os Pequeamig@s da Rede Museística
Datas: 4 de xaneiro de 2015
Horario: de 11.00 a 14:00 h.
Prazas: 20
Museo Fortaleza San Paio de Narla
79
-Soños artísticos
Construír os soños e atopar o xeito de acadalos nunca foi doado. Pero se algo
está claro é que temos a obriga de seguir soñando. Neste obradoiro
ofrecerémosche un achegamento interdisciplinar ao mundo dos soños para, a
partir dos mesmos, crear novas construcións artísticas ou, cando menos, poñer o
comezo das mesmas.
Idades: de 14 a 25 anos en adiante e Club Ei! da Rede Museística
Datas: 4 de xaneiro de 2015
Horario: de 11.00 a 14:00 h.
Prazas: 20
-A túa palabra, o noso soño
Os soños poden construírse, fabricarse, xogarse, xogar a soñar, soñar que todo é
posible … incluso chegar á lúa e bailar arredor dela. Acompáñanos coa túa
historia e a túa palabra nesta viaxe singular ao redor do mundo dos soños.
Idades: Club Sénior da Rede Museística
Datas: 4 de xaneiro de 2015
Horario: de 11.00 a 14:00 h.
Prazas: 20
Museo Fortaleza San Paio de Narla
80
Museo Fortaleza San Paio de Narla
81
Museo Fortaleza San Paio de Narla
82
Museo Fortaleza San Paio de Narla
83
Soños dalgúns dos nenos/as:
Museo Fortaleza San Paio de Narla
84
Museo Fortaleza San Paio de Narla
85
Museo Fortaleza San Paio de Narla
86
Museo Fortaleza San Paio de Narla
87
Museo Fortaleza San Paio de Narla
88
-Harmonía dun soño
Neste obradoiro ensinarémoslle ós nosos nenos a desenvolver todos os sentidos
a través de diferentes xogos, para que favorezan neles a concentración, o
autocontrol e incentivar tamén o seu potencial creativo. Aprenderemos a coordinar
movementos e posturas, a respirar…
Museo Fortaleza San Paio de Narla
89
Para rematar, intercambiarán entre eles un desexo escrito e debuxado nun papel
para facer un pequeno soño realidade que eles mesmos imaxinarán.
Idades: de 2 a 14 anos e Club os Pequeamig@s da Rede Museística
Datas: 27 de decembro
Horario: de 11:00 a 12:30 h.
Prazas: 20
-O soño dun tal Pilates
Con esta actividade imos descubrir a historia de JOSEPH PILATES HUMBERTUS
(1883-1967), un home que sen ter nada conseguiu sacar adiante un soño dentro
dun campo de concentración. Traballaremos o corpo e cada un poderá recoñecer
que é capaz de facer cousas que nunca imaxinou, aprenderemos que cos
movementos do noso corpo, coa respiración, podemos aumentar a nosa
capacidade pulmonar e mellorar o noso benestar. Liberaremos a tensión da nosa
espalda e tentaremos correxir a nosa hixiene postural.
Idades: Adultos e Club Sénior da Rede Museística
Datas: 27 de decembro.
Horario: de 12:30 a 14:00 h.
Prazas: 20
Museo Fortaleza San Paio de Narla
90
Museo Fortaleza San Paio de Narla
91
Museo Fortaleza San Paio de Narla
92
Museo Fortaleza San Paio de Narla
93
4.4. Obradoiros del Club Pequeamigos
Un museo é un espazo onde nos reflectimos nós mesmo e a Rede
Museística Provincial de Lugo trata de facelo a través dos seus contidos e das
súas experiencias pedagóxicas proxectándoas aos distintos colectivos da
sociedade.
A programación que presenta vai dirixida ao Clube Pequeamigos da Rede
e foi deseñada coma unha proposta conformada por diversos obradoiros, cos que
se pretende un achegamento das nenas e nenos aos catro museos da Rede e ás
súas coleccións.
Queremos que as xeracións do futuro aprendan, respecten e coñezan o
noso patrimonio, como medio e como ferramenta para a súa formación, así como
para o conxunto da sociedade. É dicir, museos onde a historia convértese en
experiencias didácticas, vivenciais e lúdicas, un museo de historias por descubrir
e compartir.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
94
A programación é trimestral para os meses de marzo, abril e maio e os
Obradoiros foron elaborados para dar resposta aos seguintes principios:
1. SIMPLICIDADE. Un valor que define as actividades seguindo a filosofía de
obter satisfacción persoal ao realizar algo por un mesmo.
2. PARTICIPACIÓN. Fomento das actitudes proactivas que estimulan a
creatividade individual e colectiva.
3. COLABORACIÓN. Propostas colaborativas que fomentan o traballo en equipo.
4. DEDUCIÓN. Dinámicas que nos permitan aprender da nosa propia experiencia
5. DIVERSIÓN. O xogo como instrumento clave para o desenvolvemento integral.
6. EMOCIÓN. A importancia da emoción e o abraio na arte de medrar.
7. COÑECEMENTO. Todas as actividades propostas neste programa potencian
novas capacidades cognitivas:
a. Aprender a coñecer
b. Aprender a ser
c. Aprender a vivir xuntos
d. Aprender a facer
Obradoiro lupercalias romanas
Con motivo da celebración do día de San Valentín este obradoiro estivo
centrado en dita festividade, dandolles a coñecer a súa orixe dende a mitoloxía
romana e grega.
En Roma o 15 de febreiro festexábanse as Lupercalias e de ser unha festa
profana foise convertindo nunha festividade relixiosa.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
95
Os nenos neste obradoiro desenvolveron as súas destrezas manuais e
intelectuais confeccionando unhas tarxetas de felicitación para regalarlle a quen
eles quixeran.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
96
Museo Fortaleza San Paio de Narla
97
Obradoiro "O paso do tempo no señorío de San Paio"
O Obxectivo deste obradoiro era afondar na realidade do tempo, é dicir,
como flúe e pasa. Reflexionamos sobre o paso do tempo na sociedade. Os nenos
coñeceron os distintos tipos de reloxos e traballaron facendo un disfraz de reloxo
tomando como refencia unha colección de reloxos de San Paio de Narla e
aproveitanto a data do Entroido para converterse nun reloxo meirante o seu
disfraz de reloxo. Unha maravillosa mañá de aprendizaxe e ledicia.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
98
Museo Fortaleza San Paio de Narla
99
Museo Fortaleza San Paio de Narla
100
Este obradoiro tamén o levamos ao Club Pequeamig@s do Museo Provincial de
Lugo.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
101
Museo Fortaleza San Paio de Narla
102
Obradoiro armaduras
Os nenos/as no Museo Fortaleza San Paio de Narla volveron ao pasado,
para coñecer neste caso como vestían os cabaleiros na Idade Media para saír a
loitar cos seus adversarios. A hora de traballar puxéronse a construir a maqueta
dunha armadura que se levaron para a casa coa ledicia propia dos nenos/as.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
103
Museo Fortaleza San Paio de Narla
104
Museo Fortaleza San Paio de Narla
105
Museo Fortaleza San Paio de Narla
106
Museo Fortaleza San Paio de Narla
107
Museo Fortaleza San Paio de Narla
108
Obradoiro "Os saberes da cociña de San Paio de Narla"
Neste obradoiro os nenos/as visitaron a cociña descubrindo a
transformación que esta dependencia sufriu ao longo do tempo. Compararon as
vellas cociñas e as comidas que alí se facían todo con productos ecolóxicos:
ovos, fariña, leite e elaboraron as roquillas e as fritiron na lareira para logo
desfrutar coméndoas.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
109
Museo Fortaleza San Paio de Narla
110
Obradoiro Pequeguía Postal de Friol
Neste obradoiro os/as nenos/as do Club Pequeamigos do Museo Fortaleza
San Paio de Narla, coñeceron a vida e obra da artista Maruja Mallo, falecida en
1985; desta forma os nenos investigaron a arte no municipio de Friol, nunha
palabra o seu patrimonio; plasmándoo logo nunha pequena guía postal. Toda
unha fonte de coñecemento para os/as nenos/as, primeiro coñeceron a súa zona
e conxuntamente chegaron a coñecer a arte (cruceiros, fontes, muiños, pazos, ... )
é dicir, todo o seu patrimonio xeográfico.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
111
Museo Fortaleza San Paio de Narla
112
Obradoiro Presamaín (elaboración dunha cesta para recoller castañas para
o Samaín)
Museo Fortaleza San Paio de Narla
113
Os/as nenos/as do Club Pequeamigos do Museo Fortaleza San Paio de
Narla da Rede Museística Provincial, como todos os anos coa chegada do mes de
novembro prepáranse para celebración da festa do Samaín, festa supostamente
celta ca que se celebra o final da temporada da recollida das colleitas. Tamén se
celebra a festividade dos días dos difuntos, celebración cristián consagrada aos
devanceiros que xa non están connosco.
Ata non fai moito, pensábase que os difuntos visitaban por estas datas as
igrexias e ermidas onde se celebraban misas polas súas almas, mentras que nas
casas era o costume de preparar alimentos aos parentes vivos, pensando que era
unha forma de recordar os nosos mortos. As ánimas voltaban así por un día ás
súas vellas moradas. En forma de conto, tratamos de explicar aos nenos/as do
Club Pequeamigos o que é o Samaín= novembro ou fin do verán e a chegada do
inverno, para iso desenvolvemos un obradoiro teórico e práctico. Pola parte
práctica fixemos a confección dunha cesta para a recollida das castañas cunha
saída ao campo e contacto coa natureza. "Traballo moi duro para os/as nenos/as"
xa que lles pinchaban os ourizos e queixábanse.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
114
Museo Fortaleza San Paio de Narla
115
Obradoiro Samaín
Os museos non son entes inertes e inactivo, son dinamizadores sociais.
Pero fai falta xente, con ímpeto, con ganas e amor polo que fai, para que esta
pequena fortaleza brille co esplendor co que brillaron esas cabazas. Esas
cabazas foron como os nosos corazóns, tamén cheos de vida e de ilusión por
contar con xente con ánimo, emprendedora e loitadora.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
116
Museo Fortaleza San Paio de Narla
117
M
Museo Fortaleza San Paio de Narla
118
DE
5 .PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL. CULTURAL
5.1. Programa interxeneracional
A través deste programa o que pretendemos é o coñecemento duns
medios artesáns que forman parte da nosa cultura e que tende a desaparecer
ante os novos procesos industrial e tecnolóxicos.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
119
II Xornadas de interpretación e dinamización no medio rural
Estas xornadas pretenden contribuír a promover o interese pol cultura e
tradicións propias da parroquia de Carballo e do Concello de Friol ademais de
supor unha oportunidade para analizar a situación do rural e poder coñecer
experiencias e estratexias que nos permitan contribuír a impulsar iniciativas de
desenvolvemento social e económico no noso entorno.
Nesta edición o Museo Fortaleza San Paio de Narla, colaborou coa
presenza como relatora dunha ponencia de Francisca Abuín Villar guía e
responsable do departamento de didáctica e a colaboradora da Rede Museística,
Cristina Barreiro Abuín (Traballadora do Centrad) que levou por título "Sobre a
Historia da parroquia de Carballo e da tradición miragreira de San Benito que
goza dunha gran devoción en toda a zona. Así como a celebración da Lembranza
do que foi a Foliada Friolense nas instalacións do museo.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
120
Museo Fortaleza San Paio de Narla
121
Museo Fortaleza San Paio de Narla
122
Museo Fortaleza San Paio de Narla
123
Museo Fortaleza San Paio de Narla
124
IX Xornadas Interxeracionais rurais “Aprendendo cos nosos maiores”
O Museo Fortaleza San Paio de Narla, presente nas IX Xornadas
Interxeracionais Rurais, Aprendendo cos nosos Maiores.
‘Aprendendo cos nosos maiores’ é o lema adoptado pola Xornadas
Interxeracionais Rurais para a súa décima edición, que comeza este sábado 24, e
que se desenvolverá noutras dúas sesións os días 31 de maio e 7 de xuño no
concello de Xermade.
San Paio de Narla sabe que a cultura non morre nun museo, porque a
cultura constrúena as persoas co seu devenir e paso pola historia, coa súa
Museo Fortaleza San Paio de Narla
125
contribución e aportación en forma de vivencias e acontecementos (en ocasións
auténticos achádegos de emocións recónditamente agochadas) e coa súa ollada
ao mundo dando a súa opinión e manifestando o seu agrado ou a súa repulsa.
Dende o museo de San Paio de Narla énchenos de orgullo ter saído ao
encontro da asociación de Cabreiros, unha asociación con pulo e emprendedora
que non deixa de sorprender e extasiar. A súa creatividade e afán de superación
son inabarcables, ano tras ano conseguen captar a nosa atención. E este ano non
ía ser menos, así pois asistimos expectantes ante o desfile dun exquisito menú
cultural á altura dos paladares máis esixentes.
Tomando como punto de partida o 25 de maio arrancaron con ímpetu e
ilusión unhas xornadas que xa van pola súa décima edición e coa ollada posta na
investigación, nas pescudas e na conservación da historia do municipio de
Xermade. Cun selecto plantel de conferenciantes, entre os que cómpre salientar a
Xosé Manuel Cid, Alicia López Pardo, Francisco Xosé Candía e Alfonso Blanco
explicaron cómo dinamizar o medio rural.
Co gallo destas xornadas, aproveitouse para presentar ao público o I
premio de investigación “Xermade na Historia”, mediante esta iniciativa
preténdese dar a coñecer o patrimonio etnográfico e cultural do Concello de
Xermade. Xesús Rodríguez, promotor e alma mater deste proxecto, xunto co
concello e a prolífica Asociación de Veciños de Cabreiros.
O programa continuou deleitando e ofertando a exposición de Ramón
Villares cuxo título “Luces de Alén Mar” enlazaba coa ponencia titulada “As
escolas de americanos en Galicia” fixo as delicias entre os asistentes. A
continuación, Felpeto seguir na súa liña de emocionar e vapulear conciencias
durmidas mediante o seu documental “A trenzo do pelado” baseado na
emigración narrada con maestría e emotividade por Dina Fernández Ladra, veciña
de Lousada que desgranou os entresixos dos seus longos 44 anos na emigración
na Arxentina. Una historia vibrante e vívida que nos fixo reflexionar a todos. Una
historia selada coa brilante factura de Felpeto e Gonzalo.
Fronte a anteriores edicións, as xornadas mostrarán a visión dos veciños e
veciñas respecto destes encontros e o que representan para eles e elas,
Museo Fortaleza San Paio de Narla
126
profundando ademais no valor das xornadas como punto de encontro entre
veciñanza, profesionais, xuventude e maiores e o intercambio de experiencias,
cultura e reflexións.
Este ano houbo varios eventos sinalados, como a acollida dos VIII
Encontros escolares de Xogo Tradición, o que supón visitas de colexios de toda
Galicia (no que participaron os nenos/as do noso Club Pequeamig@s, do colexio
de Friol), artesáns do xoguete tradicional, demostracións de xogos tradicionais,
contacontos…
As xornadas tamén servirán de marco para a presentación do I Premio de
Investigación “Xermade na historia”.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
127
Museo Fortaleza San Paio de Narla
128
5.2. Programa da terceira idade
En termos xerais podemos dicir que a historia de Friol é a dos
acontecementos que lles ocorren aos antigos señores, hai que descubrila a base
dos vellos nobres que poboaron a comarca e das épocas en que dominaron o
territorio. Por iso nós creamos o programa da terceira idade.
Ninguén como as persoas maiores, isto é a terceira idade, pode valorar o
patrimonio inmaterial que tiña a transmisión oral da súa época, xa que era o seu
medio de comunicación, e nós os traballadores de museo somos os
encomendados de traspasar o noso legado a outros concellos, iso é o que imos a
facer cos nosos visitantes da terceira idade. Neste caso estamos a traballar cuns
grupos dos distintos concellos da xeografía galega a través da “Casa do Queixo”
e distintas axencias de viaxes e asociacións.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
129
Visita dos Amigos dos Museos de Galicia
Museo Fortaleza San Paio de Narla
130
Visita Asociación de Mulleres a Xeitosas
5.3. Programa de ocio-turístico
Visita dos coches clásicos do Rally Turístico Terras do Incio
Unha trintena de coches clásicos (Aston Martin DB&, Jaguar XK-120,
Ferrari Mondial, Mercedes Pagoda, Masserati Vignale o Porsche 911 carrera,
entre outros) chegados de toda España achegáronse ao Museo Fortaleza San
Paio de Narla, para facer unha volta ao pasado a través dunha visita guiada onde
puideron coñecer a historia da Fortaleza, logo dunha intensa mañá xa que
anteriormente visitaron Santa Eulalia de Bóveda.
Xa pola tarde continuarán tan intensa xornada aparcando na explanada da
Deputación Provincial de Lugo, e farán unha visita ao Museo Provincial de Lugo,
así como ao entorno da propia cidade.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
131
Museo Fortaleza San Paio de Narla
132
Museo Fortaleza San Paio de Narla
133
5.4. Semana dos museos
ç
Como cada ano, con motivo do Día Internacional dos Museos (18 de maio),
a Rede Museística da Deputación de Lugo prepara un amplo programa nos
diferentes museos que integran esta Rede con actividades que se van
desenvolver durante a semana que promedia entre o luns 12 e o domingo 18 de
Museo Fortaleza San Paio de Narla
134
maio. Nesta ocasión, o programa realizouse coa participación de máis de 150
persoas, a través dos clubes da Rede e de varios grupos sociais, nun intento de
facer museos comunitarios, imbricados coa sociedade e para todos.
Dentro de esta semana, na que tamén celebramos o Día das Letras Galegas e
a Noite dos Museos, teremos un amplo e variado programa de actividades
repartidas polos catro museos que integran a Rede Museística da Deputación de
Lugo, atendendo as diferentes idades. Contaremos, ademais, coa presentación
do Club Ei!, que vén complementar, neste caso para a xente moza, as propostas
do resto de clubes que xa están funcionando na Rede como é o caso do Club
Pequeamig@s e do Club Sénior.
O Club Ei! continuará coas súas actividades máis alá desta Semana dos
Museos 2014, con diferentes actividades arredor de temas como o cinema,
creación audiovisual, fotografía e obradoiros de deseño de tatuaxes e lettering, ou
charlas de novos creadores tanto lucenses como do resto do país.
Rutas Medievais polos museos da Rede a cargo do Club Ei! Para mozos e
mozas entre 18 e 30 anos.
O noso percorrido comenzou na Torre de Friol, onde estudamos a historia
de dita torre, facendo un retorno ao pasado, tan olvidado pola nosa sociedade
como podemos ver no deterioro de dito edificio. Mais satisfactorio foi o paseo pola
vida medieval a través do legado dos nosos ancestros, un BIC moi ben
conservado dependente da Deputación de Lugo, Vicepresidencia Primeira da
Área de Cultura e Turismo, estamos a falar de San Paio de Narla, convértese
nunha lección perenne de historia e arte, nun museo de todos e para todos, a
través das súas coleccións; San Paio de Narla é un museo onde a historia se
converte en vivencia e didáctica. E logo rematamos con un paseo polo Camiño
Real, dito camiño está documentado no marqués de Ensenada e servía para unir
a Torre de Friol con San Paio de Narla. Os mozos do Club Ei! sentíronse como as
damas e os cabaleiros daquela época, convidados a unha festa medieval en
calquera das dúas torres.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
135
Museo Fortaleza San Paio de Narla
136
Noite dos Museos do Club Pequeamig@s.
Os membros do club que o desexaron viaxaron á Fortaleza de San Paio de
Narla para pasar a noite. Houbo obradoiros, unha cea e un concerto.
O día 16 de maio celebramos a Noite europea e o Día internacional dos
museos. San Paio de Narla é un museo axente para o coñecemento do vida do
paso dos nosos devanceiros, museos que deben ser e son activos na educación
das nosas xeracións. O Museo Fortaleza de San Paio de Narla celebrou a noite
dos museos co club pequeamigos formado por nenos/as do concello de Friol e
Lugo, é dicir, un museo de todos e para todos. Un xenuino paseo pola historia
medieval, a través, das súas coleccións, onde se iniciou a reconstrucción da vida
no palacio medieval co fin de estudar o paso do tempo no que se denselvoveu o
señorio de San Paio, é decir, en San Paio de Narla fixose palabra en realidade.
Primeiro investimos aos nenos/as de cabaleiros, un paseo pola historia explicando
a vida nos castelos, unha cea medieval e un concerto a cargo de "Os tres
contantes e sonantes" cun "Paseo pola fraga dos biosbardos". E xa para rematar
noite de dormida no castelo ata as nove da mañá cun almorzo. Os/as nenos/as
foron os protagonistas nesta velada, disfrazados de señores, servos, cabaleiros,
artesáns,... é dicir, fixemos un retorno ao pasado medieval, convertíndose nun
museo onde a historia se transforma en vivencia didáctica.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
137
Museo Fortaleza San Paio de Narla
138
Museo Fortaleza San Paio de Narla
139
Museo Fortaleza San Paio de Narla
140
Museo Fortaleza San Paio de Narla
141
Animación nas rúas de Friol para convidar xente ao Museo Fortaleza San
Paio de Narla.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
142
Continuando coa semana dos museos o día 18 de maio, Día Internacional
dos museos. O museo fortaleza de San Paio de Narla, desenvolveu varias
actividades:
A primeira co "Club Roteiros de Pol", primeiro fixeron unha ruta de
senderimos polo noso entorno para rematar coa visita a San Paio de Narla. Onde
cunha visita guiada e a través das coleccións recolleceron as ferramentas e
analizaron a súa evolución e continuidade, así como a necesidade de conservalas
para outras xeracións. E comprender que as sociedades actuais están
condicionadas polo seu pasado histórico.
A continuación visitounos un grupo de nenos/as e pais e nais de Santiago,
Ribadeo, Friol,... con motivo do aniversario dunha nena do Club Pequeamigos
(Xiana Rodriguez Castro) recreáronse na vida dos castelos cos persoaxes que
habitan na Fortaleza, marabillosa experiencia didáctica vendo como se querían
achegar a todos eles sen ter medo ningún (bruxa, dragón, serpe, fada boa, ...)
Museo Fortaleza San Paio de Narla
143
5.5. Programa Museoloxía social
Culturas en diálogo. Diálogo intercultural: Lugo-Arxentina
Co a mirada posta en Arxentina a Área de Cultura e Turismo da Deputación
de Lugo, Vicepresidencia primeira, a través da súa Rede Museística, en
colaboración coa Asociación Rioplatenses de Lugo e Tango Club Galicia
presentan o programa Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina baixo as liñas de
Museo Fortaleza San Paio de Narla
144
Museoloxía social e do diálogo intercultural. A elección deste país ven marcada
primeiro por ser un dos principais países de acollida dos homes e mulleres
emigrantes galegos. En segundo lugar, porque gardou e propiciou a cultura
galega durante o exilio de intelectuais e artistas galegos como Maruja Mallo,
Castelao, Luis Seoane, Lorenzo Varela, Rafael Dieste, Núñez Búa, Otero
Espasandín, Laxeiro, entre outros. Foi tamén terra fértil para a creación dun tecido
organizativo e creativo baseada no compromiso, a solidariedade e o valor da
orixe. Produto diso son os centos de asociacións de emigrantes, así como as
editoriais, xornais, revistas, programas de radio e un variado abano de iniciativas
culturais que durante anos foron o garante na defensa e promoción da nosa
identidade cultural galega.
Igualmente, xa que o Consulado de Arxentina tivera sede en Lugo ata
1952, queremos coñecer o colectivo de arxentinos que viven en Lugo aos que
como parte da nosa sociedade queremos dar voz para fomentar un intercambio
de culturas, un diálogo sobre o que compartimos e o que descoñecemos, en
definitiva, para visibilizar outras realidades que forman parte da nosa comunidade.
E dentro deste programa, a muller emigrante terá un papel sobresaínte,
especialmente na propostaMulleres de Aquí e Dacolá que reúne as coordenadas
do programa: Muller/Emigración/Galiza/Arxentina.
E de fondo, o Tango, declarado Patrimonio cultural inmaterial de la
Humanidade pola UNESCO en 2009, consigue falarnos, con beleza e emoción,
de xénero e de emigración. E para iso contamos cun evento único en Galicia o V
Encontro de Tango Líber.
O programa ten un carácter internacional e aberto polo que todas as
actividades terán un acceso web utilizando activamente as redes sociais como
medio de participación e nalgúns casos poderán seguirse os eventos
en streaming.
Forma parte do programa “A arte de ser muller nun mundo por compartir
5.0”
Museo Fortaleza San Paio de Narla
145
Museo Fortaleza San Paio de Narla
146
Museo Fortaleza San Paio de Narla
147
Museo Fortaleza San Paio de Narla
148
Museo Fortaleza San Paio de Narla
149
Museo Fortaleza San Paio de Narla
150
Museo Fortaleza San Paio de Narla
151
Museo Fortaleza San Paio de Narla
152
Museo Fortaleza San Paio de Narla
153
Museo Fortaleza San Paio de Narla
154
Museo Fortaleza San Paio de Narla
155
Tarde de sábado de lembranzas sonoras e diálogo intercultural no Museo
Fortaleza de San Paio de Narla.
Unha cita cos sons da nosa historia da man Paco Nieto, xornalista de
Radio Lugo. Trátase duna charla ilustrada con documentos sonoros de homes e
mulleres lucenses, ou vencellados a Lugo por distintos motivos, caso de Luis
Pimentel, Ricardo Carballo Calero, Castelao, José Trapero Pardo, Álvaro
Cunqueiro,Ramón Piñeiro, Ánxel Fole ou, entre outros personaxes, Maruja
Mallo.
Para rematar celebración dunha mateada e a actuación de Xesta Verde.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
156
Museo Fortaleza San Paio de Narla
157
VISITA TANGO LIDER A SAN PAIO DE NARLA
Museo Fortaleza San Paio de Narla
158
PRESENTACIÓN DOCUMENTAL CULTURAS EN DIÁLOGO: LUGO-
ARXENTINA.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
159
Museo Fortaleza San Paio de Narla
160
Día das letras galegas
Obradoiro Club de lectura A lus de San Finx, Noia
O Museo Fortaleza de San Paio de Narla, celebrou o día das letras galegas
adicado a Xosé Maria Díaz Castro orixinario dos Vilares, Parga-Guitiriz, unha
aldea preto do noso concello Friol; con un obradoiro de poesía galega do Club de
lectura "A lus de San Finx " do CPI Cernadas de Castro de Lousame (Noia). Os
nenos comenzaron un roteiro cunha visita ao lugar de nacemento de dito escritor,
despois fixeron a ruta da auga, continuaron co mosteiro de Sobrado dos monxes
e remataron no noso museo. Aquí tiñamos programado un obradoiro de poesía
tomando como referencia as pezas da fortaleza "Os poetas fixeron poesías
alusivas a ditas pezas, ao edificio e ao seu entorno; finalizaron confecionando un
mural que se levaron como recordo para continuar no colexio dito obradoiro".
Unha tarde de lecer e cultura, tanto para os/as nenos/as como os/as metres os
pais, as nais e o persoal de San Paio de Narla. "Pequenos poetas, preparándose
para o futuro, grandes escritores e poetas".
Museo Fortaleza San Paio de Narla
161
Museo Fortaleza San Paio de Narla
162
Día Internacional da Loita contra a violencia de xénero
Museo Fortaleza San Paio de Narla
163
O Voo das bolboretas, acción en contra da violencia de xénero
No marco do Proxecto “Culturas en Diálogo” levado a cabo pola Rede
Museística da Deputación de Lugo, o venres, 21 de novembro de 2014, ás 12:00
h., tivo lugar un evento interactivo entre Arxentina e Lugo.
Neste encontro, mulleres, nenas e nenos de Coronel Suárez (provincia de
Bos Aires), e outras vilas veciñas, que están preparando a acción “O Voo das
bolboretas” van interactuar online coa comunidade da Rede Museística de Lugo,
para intercambiar experiencias no desenvolvemento desta acción contra a
violencia de xénero. Participará xente que estivo construíndo bolboretas en
Arxentina e en Lugo, e se reflexionará sobre a capacidade da arte para incidir na
sociedade e na fortaleza e o ánimo das vítimas de violencia para saír do maltrato.
O Voo das Bolboretas é unha acción creada por Luz Darriba que se fará
en Arxentina, intervindo con milleiros de bolboretas a cidade de Coronel Suárez, e
se replicará en Lugo (enchendo de bolboretas a Praza Maior; as bolboretas serán
feitas por asociacións locais, participantes dos cursos do Museo Provincial,
achegas de distinto tipo, etc), no marco do Programa da Rede Museística
“Plántalle cara ao maltrato”
Museo Fortaleza San Paio de Narla
164
Día internacional das persoas co discapacidade
O departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes da Rede
Museística da Deputación de Lugo organiza un programa de actividades para a
tarde do día 3 de decembro de 2014 con motivo do “Día Internacional das
Persoas con Discapacidade”. Nesta ocasión, ademais da inauguración da
exposición “IX Premio de Fotografía sobre Discapacidade Fundación Anade”, son
os clubs activos nos catro museos da Rede,Pequeamig@s, Ei! e Sénior, os que
se mobilizan para achegarse ao MPLugo e participar no obradoiro “Museos
Comunitarios” que se vai desenolver segundo o programa seguinte:
Programa
De 16,30 h. a 19:30 h.- Obradoiro: Museos Comunitarios, a cargo de Encarna
Lago, xerente da Rede Museística, e Ángeles Miguélez, do departamento de
Accesibilidade e Capacidades Diferentes da Rede Museística.
Lugar: Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo. No marco da exposición
“Entre o sono e o soños. Crear para soñar na Rede Museística.”
16:30 h.- Desenvolvemento do obradoiro “Museos Comunitarios” coas persoas
que se achegan desde o Museo Pazo de Tor.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
165
18:00 h.-Saúdo de Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e
Turismo da Deputación de Lugo, que fará entrega, xunto con Encarna Lago,
dunha reprodución do fito fundacional da cidade de Lugo a todos os integrantes
do tecido asociativo da provincia de Lugo vinculado á discapacidade, así como
tamén aos membros dos clubs da Rede Museística.
18:10 h.-Manifesto, exposición a cargo de Ángeles Miguélez, do departamento de
Accesibilidade e Capacidades Diferentes.
18:15 h.- Desenvolvemento do obradoiro “Museos Comunitarios” coas persoas
que se achegan desde o Museo Provincial do Mar, Museo Fortaleza San Paio de
Narla e Museo Provincial de Lugo.
19:00 h.- Inauguración da exposición “IX Premio de Fotografía sobre
Discapacidade Fundación Anade”, na Sala Multiusos do MPLugo.
Esta exposición, que vai permanecer aberta ao público ata o día 10 de decembro
de 2014, tamén amosa as obras premiadas no III Premio de Artes Plásticas
realizadas por Persoas con Discapacidade convocado pola Fundación Anade.
Premios: IX Premio de Fotografía sobre Discapacidade Fundación Anade
1º Premio: Asociación APAM (Madrid)
2º Premio: Á serie presentada pola Fundación Discal (Arxentina)
3º Premio: Á serie presentada polo Taller de Fotografía ASAPME (Huesca)
Formaron o xurado Ángeles Mayra, Peter Schneider, Germán Limeres, María
Quiroga e Aurelia Balseiro.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
166
Museo Fortaleza San Paio de Narla
167
Representación do conto “Un conto moi polvorento e adormilado” para os
nenos/as do Club Pequeamig@s que se achegaron ao museo, así como para as
disintintas asociacións de discapacidade.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
168
Museo Fortaleza San Paio de Narla
169
Museo Fortaleza San Paio de Narla
170
FOTOGRAFÍA A CEGAS II
Unha aventura que percorre os catro museos da Rede Musistica e as súas
contornas, con obradoiros e experiencias para os que “sen ollos” queren ver e
sentir. Nesta edición, dirixida pola xerente da Rede, Encarna Lago, e asesorada
tecnicamente por Ángeles Miguélez, interveñen os fotógrafos e/ou profesionais do
vídeo Iago Eireos, Germán Limeres, Antonio López Losada, Xosé Reigosa, Mario
Fernández, Henrique Lama e Josetxu Piñeiro.
Fotografía a Cegas, buscar outras realidades, entender a fotografía como
unha ferramenta próxima, que pode utilizarse sen ollos, sen necesidade de ver o
que se ten diante, senón buscando o que se sente ou se pensa, rebuscando para
mostrar a inquietude que responda un reflexo persoal nun medio case hostil
guiado pola luz, que permite dialogar co que está oculto. Á fin e ao cabo ese é o
principio básico de calquera medio de expresión, reflectir unha inquietude, buscar
respostas dentro da capacidade comunicativa e expresiva e sementar o reflexo
interior de cada individuo
A Fotografía é quizais dentro das disciplinas artísticas a antítesis da
ceguera, noutras linguaxes artísticas é común que persoas cegas atopen a súa
vocación, fácil atopar un cego músico ou literato, cun oído e verbo altamente
desenvolvido, un cego escultor ou pintor, guiado polo tacto e o relevo, e menos
común pero non tan estraño é atopar a un fotógrafo cego.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
171
Existen precedentes de resonancia internacional que demostran a
capacidade de manexar o medio fotográfico na total escuridade, buscando na súa
situación persoal un discurso que os identifique, son os exemplos de Evgen
Bavcar ou Pete Eckert, fotógrafos cegos que demostran coa súa obra outro modo
de vivir e experimentar a fotografía, artistas que coa súa obra persoal
penetráronse nun mundo descoñecido, atrevéndose a pintar un lenzo en negro
con pinceles de luz
A verdadeira grandeza desta experiencia de aproximación ao mundo visual
a través da fotografía para unha persoa que descoñece as linguaxes visuales,
xorde no momento de compartir unha imaxe, un cego pode realizar unha
fotografía polos seus propios medios, sentir a calor e orientación do sol, oír e
percibir distancias, falar e escoitar o instante, tocar, buscar e situar, en definitiva
meditar unha imaxe, un instante que pretenda construír e recordade cos seus
sentidos, recreando unha atmosfera persoal, o resultado final compártese e
coméntase, non deixa de ser un traballo colaborativo onde un ofrece a súa obra e
a súa experiencia persoal e a cambio outro responde prestando a súa visión e
opinión, un intercambio que non queda tan só no papel fotográfico e convértese
nunha obra que deixa de ser estrictamente visual e penétrase na expresión oral,
onde ademais de compartir e reflectir unha imaxe analízase e extrae a parte
cognitiva e sensible do instante, queda patente a intención orixinal e debátese a
experiencia e o resultado desde ángulos varios.
TALLERES
Taller 1: A expresión non visual na fotografía
Imparte: Iago Eireos
Taller 2: Creación audiovisual para cegos
Imparte: Mario Fernández, Josetxu Piñeiro e Henrique Lamas
Taller 3: Fotografía dende a percepción
Imparte: Toño de López (Antonio López Losada)
Museo Fortaleza San Paio de Narla
172
Taller 4: Fotografía de retrato. Outra forma de retratar
Imparte: Xosé Reigosa e Germán Limeres
Dirección do proxecto:Encarna Lago
Asesora técnica: Ángeles Miguélez
Profesionais fotografía e video
Iago Eireos
Germán Limeres
Antonio López Losada
Xosé Reigosa
Mario Fernández
Henrique Lama
Josetxu Piñeiro
Persoal da Rede Museística Provincial involucrado no proxecto
Francisca López Abuín
Ana Covadonga López-Boado Rey
Ana María Ferro Fernández
Raquel Guerrero Prieto
María González Rivada
Almudena López Lorca
Juan Ignacio Márquez Barros
Amelia Pernas García
Ángeles Rivada González
Mercedes Salvador Castañer
Pilar Yáñez Lombardía
Museo Fortaleza San Paio de Narla
173
Museo Fortaleza San Paio de Narla
174
Museo Fortaleza San Paio de Narla
175
Museo Fortaleza San Paio de Narla
176
Museo Fortaleza San Paio de Narla
177
Museo Fortaleza San Paio de Narla
178
Museo Fortaleza San Paio de Narla
179
MUSEOS PÚBLICOS 25.2
"Unha sociedade xúlgase polo estado das súas prisións"; esta idea de
Albert Camus cambia o foco de atención e fai visible unha realidade que durante a
historia permaneceu baixo a penumbra de muros, ao mesmo tempo que outorga a
responsabilidade última á sociedade a través das súas institucións públicas.
O proxecto "Espazos públicos de visibilidade" dentro do macroproxecto
"Enredarte” asume esta responsabilidade dende o concepto de museoloxía social
como práctica de intervención e pretende traspasar e derrubar muros como
estratexia para a transformación da realidade. A iniciativa “Museos públicos 25.2”
ten como obxectivo achegar os museos a colectivos que non son,
tradicionalmente, usuarios destes e o de colaborar na integración social a través
dá cultura. Un proxecto que se establece un diálogo bidireccional entre todas as
partes participantes que se estrutura en varias fases de desenvolvemento: visita
dos profesionais dos museos ao centro penitenciario, e a presenza dos
participantes nos nosos museos a través de mostras con traballos realizados no
centro penitenciario.
Dende a Rede Museística Provincial de Lugo defendemos e apostamos
pola Museoloxía Social baixo o concepto de "Museo e comunidade: un museo
para todas e todos, entre todas e todos", o que implica tomar conciencia de que
traballamos e xestionamos diñeiro públicos e non podemos restrinxir o acceso á
cultura, antes ben, temos deber de amplificalo, acrecentar a capacidade da Rede
de museos como espazo educativo e de investigación, para abrirnos a novos
públicos, para crear redes de traballo con outras institucións e con axentes
artísticos, sociais e culturais do noso ámbito, nun ámbito que debe ser totalmente
descentralizado. Baixo este prisma traballamos con unha comunidade xeográfica
na que non existe un gran público maioritario, senón moitos públicos minoritarios
diferenciados, con intereses, gustos e formacións distintas e que a súa voz está
presente nos catro museos da Rede:
O Museo Pazo de Tor, un museo da memoria, un museo da emoción, un
museo onde ás persoas aínda lles é posible ler o espírito do lugar, non só os
feitos históricos. Un museo auténtico, palpable e orixinal.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
180
O Museo Fortaleza de San Paio de Narla que atesoura o legado dunha
comunidade gandeira e agrícola. Unha Fortaleza non por iso inaccesible.
O Museo Provincial do Mar ten ao mar, aos mariñeiros e ás redeiras como
o seu mellor narrador e elemento esencial da súa identidade, dende o seu
nacemento como escola.
O Museo Provincial de Lugo que nace co fin de reunir e protexer os bens
do noso patrimonio cultural lucense ata chegar á colección actual. Ábrese a unha
comunidade urbana, educativa, artística, investigadora e asociativa que demanda
e recibe unha resposta ás súas inquietudes e necesidades.
O proxecto global ENREDARTE concíbese para dar resposta real a esta
filosofía. O Macroproxecto aglutina cinco iniciativas diferentes que teñen como
denominador común o seu carácter participativo e dinámico e que conflúen nun
mesmo obxectivo: facilitar espazos para a difusión e promoción das artes
"Espazos públicos de visibilidade" confórmase como un dos proxectos cuxo
obxectivo xeral é o de dar voz a todo aquel con algún tipo de inquietude ou idea
artística, en calquera disciplina, e que non teña acceso a un espazo público para
desenvolverse. Nós, como Museo e servizo público, quixemos ofrecer esta
oportunidade a toda a comunidade creativa que nos rodea e dar visibilidade ao
seu labor. Nos catro museos da Rede.
“As penas privativas de liberdade e as medidas de seguridade estarán
orientadas cara á reeducación e reinserción social e non poderán consistir en
traballos forzados. O condenado a pena de prisión que estiver cumprindo a
mesma gozará dos dereitos fundamentais deste Capítulo, agás os que se vexan
expresamente limitados polo contido do fallo condenatorio, o sentido da pena e a
lei penitenciaria. En todo caso, terá dereito a un traballo remunerado e aos
beneficios correspondentes da Seguridade Social, así como ao acceso á cultura e
ao desenvolvemento integral da súa personalidade”. (Artigo 25.2 da Constitucion
Española)
Museo Fortaleza San Paio de Narla
181
Baixo estas premisas, o Museo Provincial de Lugo (integrado na Rede
Museística Provincial) e o Centro Penitenciario de Bonxe colaboran nun proxecto
que consta de tres fases e nas que se programan diversas iniciativas nas que nun
primeiro momento achegamos a realidade museística aos reclusos participantes
para nunha segunda fase outorgarlles o protagonismo e a responsabilidade aos
participantes e que sexan eles quen coa súa experiencia vital e as súas
expresións artísticas rompan as barreiras e accedan a un espazo negado para
eles na súa situación de recrutamento.
I FASE: COÑECE OS NOSOS MUSEOS
Visita ao Centro Penitenciario de Bonxe (Lugo) que se realizou por primeira
vez no mes de xuño de 2013, na que participan a xerente da Rede Museística da
Deputación de Lugo, Encarna Lago, xunto a Lucía Dequit e Francisca Abuín,
persoal do departamento de Didáctica da Rede, para dar a coñecer aos reclusos
deste centro os museos lucenses e os contidos a través dunha charla dialogada,
complementada con diversas actividades creativas.
A visita organízase nas mesmas condicións nas que se encontran os
reclusos; é dicir: carencia de recursos. No ámbito museístico estamos afeitos ás
novas tecnoloxías como unha ferramenta máis de comunicación. Cando entramos
nun centro penitenciario e traspasamos a liña de seguridade todos estes
privilexios son negados ata o punto de deixar de importar; deixan de ser útiles.
Neste reto o noso labor ten un carácter experimental e creativo. Debemos
conseguir achegar a Rede Museística con unha das ferramentas máis antigas da
comunicación: a oralidade e o diálogo fóra de prexuízos.
II FASE: TRASPASAR MUROS. ROMPER BARREIRAS
Nesta segunda fase do Proxecto, cámbiase o foco de atención co fin de
visibilizar o labor creativo dos participantes-reclusos. Trátase dunha exposición
dos traballos realizados polos reclusos do Centro Penitenciario de Bonxe. A
mostra dos traballos presentados constitúese como unha manifestación de
Museo Fortaleza San Paio de Narla
182
obxectos producidos en espazos privativos de liberdade e privilexios. Esta mostra
reivindícase na esencia mesma da creatividade que vén definida pola capacidade
para crear cousas novas e valiosas e que pode manifestarse de múltiples formas,
pero en ningún caso ser privativa. A creatividade debe satisfacer tanto ao seu
creador coma a outras e outros durante algún período; crear arte para transformar
a realidade; crear arte como un acto de liberación do individuo e romper coas
barreiras; emprender a liberación dentro e fóra dos muros; visibilizar como un acto
de expresión.
Nesta fase destacamos dous feitos que consideramos de especial
relevancia; por unha parte destacar a importancia da coordinación que se mantivo
co traballador social que comparte o día a día cos reclusos. No seu testemuño dá
constancia das condicións e os recursos materiais cos que traballan as persoas
que voluntariamente acoden ao taller artístico. Debemos imaxinarnos ese espazo;
libre de obxectos cortantes ou outros elementos que poidan atentar contra a
seguridade e integridade física, tanto dos propios reclusos coma das persoas que
velan por eles. Nesta situación a imaxinación e a creatividade teñen as portas
abertas e as obras resultantes son dun valor incalculable, non só por como están
creadas senón máis ben polo caudal afectivo e vivencial que atesouran, en cada
detalle, en cada forma, en cada estrutura. E en segundo lugar destacar o feito
concreto que supuxo para os participantes ocupar un espazo físico do museo con
identidade colectiva e individual e que normalmente non figuran nas lendas de
ningún museo de ámbito nacional ou internacional. Isto tivo como consecuencia
directa un aumento e fortalecemento da autoestima para os reclusos.
III FASE: CREAR INTEGRANDO [MUSEOS - CÁRCERE]
Esta é unha viaxe de Ida e Volta, de abrir unha ventá e observar dentro a
realidade dun centro penitenciario, e viceversa, achegar aos reclusos a novos
espazos; unha viaxe onde o importante é o camiño recorrido que se retroalimentar
en cada actividade e en cada contacto. Por iso, o compromiso dende a Rede
Museística non remata nunha simple exposición, senón que quere seguir
traspasando muros e derrubando barreiras achegando as coleccións dos nosos
museos aos reclusos participantes. Museos e coleccións que na súa maioría
Museo Fortaleza San Paio de Narla
183
están vertebradas en tres grandes seccións; arqueoloxía, etnografía e Belas
Artes, e que por definición mesma albergan obxectos cos que se pode dialogar e
extraer un caudal de información que son testemuños vivos doutras sociedades e
outras realidades.
Esta terceira fase, deseñada para que se desenvolva no primeiro semestre
do 2014, configúrase cun carácter máis creativo, cuxo principal obxectivo que nos
marcamos é o de integrar Museo e Cárcere dende unha perspectiva creativa e
artística. Preténdese establecer unha relación entre as coleccións do noso museo
coa súa experiencia vital e persoal para que os participantes creen o seu propio
museo a partir da súa propia mirada. Un exercicio creativo de memoria e
asociación. O noso compromiso céntrase en realizar de xeito periódico unha visita
ao Centro penitenciario de Bonxe, un proceso que se organizada en tres fases:
III.1.: Fase de documentación/investigación
As coleccións presentes nos catro museos da Rede, como anteriormente
comentabamos, así como os propios edificios onde se erixen, son o vivo
testemuño e recordo do noso pasado e dos nosos antepasados, así como
referente da actualidade. Son coleccións vivas que invitan a dialogar con elas.
Cada obxecto encerra en si mesmo un caudal de información que se enriquece co
contacto e a experiencia vital da persoa coa que interactuar.
Nesta fase o que se pretende é que os participantes-reclusos afonden na
historia dos nosos museos a partir dun traballo de investigación. Para o éxito,
faise necesario implicar o resto dos departamentos técnicos dos museos na
iniciativa co fin de que visiten o centro penitenciario e a través de charlas e
documentación se lles facilite o material para que os participantes poidan
consultar nos días posteriores á visita.
III.2.: Fase de desenvolvemento
Tras a fase de documentación, o seguinte paso é o de desenvolvemento
persoal. Cada participante debe establecer o seu signo de identidade como un
Museo Fortaleza San Paio de Narla
184
xeito de reflexión/unión entre o museos e as súas coleccións coa súa experiencia
persoal, ben propia ou doutras persoas próximas ao seu ámbito
III.3.: Fase de creación
Concluídas as dúas fases previas, con toda a información aglutinada e os
sinais de identidade vinculados ás pezas das coleccións dos museos, darase
paso á terceira e última fase. O obxectivo é claro; construír un museo entre todos
os participantes coa mirada de cada un. Os obxectos e material que se obteña
nesta fase serán o resultado da vinculación directa coas tres seccións principais
dos nosos museos e os seus contidos, como versa a continuación:
- Etnografía: O ser humano como testemuño directo do que acontece no seu
tempo e no seu contexto social. Un xeito de comunicación e participación. A
través deste método de investigación coñecemos mellor, por unha parte, o
comportamento e as prácticas culturais de grupos ou comunidades sociais, e por
outro as historias de vida dos individuos a través de diversos medios e obxectos.
- Arqueoloxía: Esta ciencia permítenos internarnos no pasado, estudar o
comportamento humano e o estudo das manifestacións culturais. Unha dos restos
arqueolóxicos máis importantes que alberga o Museo Provincial de Lugo é un
Mosaico Romano que no seu tempo foi o chan dunha domus. Con esta idea de
Mosaico, unha obra composta por pequenas teselas pode servir como metáfora
creativa para elaborar un obxecto a partir de pequenas historias e recordos dos
reclusos.
- Belas Artes: É a disciplina artística por antonomasia. O chamado arte parietal.
Unha das expresións primoxénitas do ser humano para comunicarse e
relacionarse co seu ámbito e co mundo. Neste sentido da creación, e ante a falta
de medios e recursos como poden ser cámaras fotográficas, esta disciplina
artística pode servir aos participantes para crear as súas obras pictóricas onde
expresen os seus sentimentos, as súas inquietudes, medos, sonos e recordos. En
definitiva un medio máis para que constrúan o seu museo dende a súa realidade.
REFLEXIÓN FINAL QUE DEBE SER O PRINCIPIO DA NOSA ACCIÓN
Museo Fortaleza San Paio de Narla
185
O reto ao que nos enfrontamos dende as institucións públicas é arduo pero
non por iso caemos no desánimo nin no noso compromiso por seguir traballando
dende os preceptos da nova Museoloxía Social, apostando por Museos
Socialmente Responsables a favor da integración social e o derrubamento de
barreiras, neste caso, barreiras de tipo social e cultural. Unha Museoloxía Social
que aposte pola construción de museos que manteñen un diálogo permanente co
seu ámbito, museos comunitarios onde as voces das e dos cidadáns teñen que
dicir moito e decidir, museos solidarios e accesibles.
Dende a participación, a colaboración e a cooperación poñemos a
disposición de todas e todos os catro museos da Rede Museística Provincial de
Lugo como espazos de convivencia e diálogo; lugares abertos onde as minorías
sociais gocen da importancia e relevancia magna que merecen. Onde o diferente
se naturalice e converxa co normal. Ofrecer unha accesibilidade integral aos
museos, así como a visibilización de grupos sociais que carecen destes espazos
na actualidade. Discursos que vaian acompañados dun quefacer diario e
apostando pola que a integración social sexa real. Plural é a palabra Museos,
como plural é a palabra Personas. Museos para todas e todos, entre todas e
todos, por unha sociedade máis xusta, social e igualitaria.
1ª Andaina Popular dende Friol ata San Paio de Narla.
Esta andaina popular levouse a cabo a través do Camiño Real.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
186
Museo Fortaleza San Paio de Narla
187
5.6. Programa de Exposicións
EXPOSICIÓN. Bocetos de Retratos con Alegoría, de J. Mendez
O venres, 16 de maio, inagurouse no Museo-Fortaleza de San Paio de
Narla, en Friol, esta exposición que forma parte do proxecto da Rede Museística
“EnrREDarte (Espazos públicos de visibilidade)”.
As pezas de J. Mendez interrelacionan coas coleccions de armas e
armaduras, de época, que se expoñen no primeiro e segundo andar da torre de
homenaxe, unha estructura con elementos medievais. Tratase, por tanto, dunha
exposición de diálogo entre obras contemporáneas, que revisionan a iconología
artística, coa arquitectura medival e renacentista da torre de Xiá e as coleccións
que alberga. Unha exposición única, orixinal e con gran sentido do humor na que
o artista consegue un espléndido diálogo ente os símbolos e os retratados. Un
diálogo cheo de referencias e infinitas evocacions.
Nesta mostra, coordinada por Cristina Carballedo, J. Mendez aborda desde
o rigor un novo proxecto no que distintas disciplinas comparten espacio e
protagonismo. Esta exposición nace hai anos cando o artista nos nos propón
identificarnos cunha alegoría de Cesare Ripa, escritor italiano do Renacemento
Museo Fortaleza San Paio de Narla
188
que recolle coa súa iconología-decálogo para artistas os vicios, os sentimentos e
as paixóns humanas. É así, como xurden estos Retratos con Alegoría.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
189
Museo Fortaleza San Paio de Narla
190
Museo Fortaleza San Paio de Narla
191
Museo Fortaleza San Paio de Narla
192
Exposición: Galiza nun tempo de seu
O presidente da AS-PG, Xoán Costa, e Marcos Maceira, coordina a
exposición Galiza nun tempo de seu que consiste nun pequeno percorrido pola
Galiza medieval centrándose en tres momentos que mostran cal foi o noso
desenvolvemento no periodo baixomedieval.
A información que se ofrece a través dos paneis permite ao visitante non
especializado obter unha visión xeral e sinxela deste período histórico. Esta
exposición, que percorrerá o resto dos museos da Rede Museística da
Deputación de Lugo ata o 17 de marzo de 2014, está dividida en 3 partes
cronolóxicas. Na primeira abordarase a liñaxe dos Castro, unha familia á fronte do
Reino de Galiza, que logo se desprazará ao Pazo de Tor polo seu vencellamento
xeográfico coa zona. Noutra parte afondarase nas causas e consecuencias dos
movementos irmandiños na Galiza do século XV, sección que logo da súa
exposición en Lugo pasará ao Museo-Fortaleza de San paio de Narla, en Friol. E
por último, no Museo do Mar de San Cibrao exporase a parte destinada a explicar
o período de resistencia á monarquía dos Reis Católicos onde a figura central é o
mariscal Pardo de Cela.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
193
Museo Fortaleza San Paio de Narla
194
Museo Fortaleza San Paio de Narla
195
Museo Fortaleza San Paio de Narla
196
Exposición fotográfica "Patrimonios, A muralla e o Tango. Tango Club
Galicia.
Trátase dunha exposición fotográfica itinerante realizada polos fotógrafos
de Tragaluz fotografíae organizado pola Asociación Cultural “Tango Club Galicia”
e a Rede Museística Provincial.
O obxectivo da mostra é establecer unha ponte cultural e dar a coñecer a
importancia excepcional para a herdanza común da humanidade, que posúen
ambos os dous patrimonios. Propoñendo un diálogo bidireccional entre dous
patrimonios irmandados por un pasado común migratorio.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
197
O Patrimonio Cultural tanxible e o intanxible únense para conformar de
xeito separado a identidade cultural dun determinado lugar. Do "seu" lugar.
Redefinindo o presente con unha mirada retrospectiva. Buscando co lente ese
factor determinante que define o que actualmente entendemos por patrimonio, é o
seu carácter simbólico, a súa capacidade para representar simbolicamente unha
identidade.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
198
Museo Fortaleza San Paio de Narla
199
Exposición “Entre o sono e os soños: Soñar para crear na Rede
Museística”
A multidisciplinariedade da Rede Museística da Deputación de Lugo,
integrada polo Museo Provincial de Lugo, o Museo Fortaleza de San Paio de
Narla en Friol, o Museo do Mar en San Cibrao e o Pazo de Tor en Monforte de
Lemos, que constitúe un dos seus principais alicientes e fortalezas, xunto co
equipo humano que traballa arreo en prol desta institución forman unha dualidade
complementaria que se converte no seu principal activo contribuíndo ao fomento
dunha reinvención constante, dinámica e actual que vai máis alá das funcións que
lles son propias a un museo.
A variedade de fondos museográficos da Rede Museística, lonxe de
converterse nundesvantaxe no seu discurso expositivo, axudaa ampliarlles o
abano de oferta expositiva aosnosos usuarios e usuarias, converténdose
nuncentro de referencia non só a nivel provincial.
Integrando estas dúas singularidades devanditas,quixemos elaborar un
proxecto onde se amosaraque tirando dun fío condutor, neste caso unconcepto
tan polivalente coma o sono e os soños, podía achegarse, dende distintas
especialidades ou disciplinas, un proxecto complexo, variado, didáctico e
científico que puidese atraer a todo tipo de público dun xeito ameno e
estéticamente atractivo xuntando a todo o persoal da Rede Museística que, deste
xeito fai súa a máxima de “un museo entre todos e para todos.”
Memoria 2014 san paio
Memoria 2014 san paio
Memoria 2014 san paio
Memoria 2014 san paio
Memoria 2014 san paio
Memoria 2014 san paio
Memoria 2014 san paio
Memoria 2014 san paio
Memoria 2014 san paio
Memoria 2014 san paio
Memoria 2014 san paio
Memoria 2014 san paio
Memoria 2014 san paio
Memoria 2014 san paio
Memoria 2014 san paio
Memoria 2014 san paio
Memoria 2014 san paio
Memoria 2014 san paio
Memoria 2014 san paio
Memoria 2014 san paio
Memoria 2014 san paio
Memoria 2014 san paio
Memoria 2014 san paio
Memoria 2014 san paio

Más contenido relacionado

Similar a Memoria 2014 san paio

Similar a Memoria 2014 san paio (10)

Memoria 2018 Museo Provincial do Mar
Memoria 2018 Museo Provincial do MarMemoria 2018 Museo Provincial do Mar
Memoria 2018 Museo Provincial do Mar
 
Memoria Museo do mar 2017
Memoria Museo do mar 2017Memoria Museo do mar 2017
Memoria Museo do mar 2017
 
Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014
 
Memoria 2012 mar
Memoria 2012 marMemoria 2012 mar
Memoria 2012 mar
 
Memoria 2011 mar
Memoria 2011 marMemoria 2011 mar
Memoria 2011 mar
 
FERNANDEZ.pdf
FERNANDEZ.pdfFERNANDEZ.pdf
FERNANDEZ.pdf
 
Memoria 2011 san paio
Memoria 2011 san paioMemoria 2011 san paio
Memoria 2011 san paio
 
Memoria 2013 san paio
Memoria 2013 san paioMemoria 2013 san paio
Memoria 2013 san paio
 
Memoria tor 2012
Memoria tor 2012Memoria tor 2012
Memoria tor 2012
 
Poboación estranxeira en Galicia
Poboación estranxeira en GaliciaPoboación estranxeira en Galicia
Poboación estranxeira en Galicia
 

Más de Encarna Lago

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfEncarna Lago
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdfEncarna Lago
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfEncarna Lago
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncarna Lago
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfEncarna Lago
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónEncarna Lago
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdfEncarna Lago
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...Encarna Lago
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Encarna Lago
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Encarna Lago
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorEncarna Lago
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOEncarna Lago
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...Encarna Lago
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfEncarna Lago
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdfEncarna Lago
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdfEncarna Lago
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdfEncarna Lago
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdfEncarna Lago
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLEncarna Lago
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteEncarna Lago
 

Más de Encarna Lago (20)

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdf
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integración
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
 

Memoria 2014 san paio

  • 2. Museo Fortaleza San Paio de Narla 1 INDICE 1. LIMIAR .............................................................................................................................2 2. ESTADISTICA ANUAL DE VISITANTES..................................................................4 3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO............................................................................10 4. PROGRAMA DIDÁCTICO..........................................................................................10 4.1. ACTIVIDADES ESCOLARES..................................................................10 4.2. OBRADOIROS DE VERÁN......................................................................31 4.3. OBRADOIROS DE NADAL ......................................................................66 4.4. OBRADOIROS CLUB PEQUEAMIGOS ................................................93 5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL.................................................................118 5.1. PROGRAMA INTERXERACIONAL......................................................118 5.2. PROGRAMA DA TERCEIRA IDADE....................................................128 5.3. PROGRAMA DE OCIO-TURÍSMO........................................................130 5.4. SEMANA DOS MUSEOS........................................................................133 5.5. PROGRAMA MUSEOLOXÍA SOCIAL .................................................143 5.6. PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS ..........................................................187 5.7. PROGRAMA DE CONCERTOS E TEATRO.......................................204 5.8. REVISTA ORAL........................................................................................209 5.9. PROGRAMA DISCAPACIDADE ...........................................................220 6. PROGRAMA DE PUBLICACIÓNS.........................................................................221 7. PROGRAMA DE PERSOAL ....................................................................................223 9. PROGRAMA ECONÓMICO.....................................................................................223
  • 3. Museo Fortaleza San Paio de Narla 2 1. LIMIAR O tempo pasa e non é balde, que un museo como San Paio de Narla,un pequeniño museo local inserto nunha recóndita pero fermosísima paraxe, continue coa permanencia e continuidade constante e non intermitente, das súas actividades (destinadas a todos os públicos e idades) lúdicas e socioculturais e, o máis importante,tendo acollida e recibemento por parte do público, é un auténtico
  • 4. Museo Fortaleza San Paio de Narla 3 e afortunado privilexio.E é, precisamente, esta verba "público"en forma de visitantes, nenos e nenas, a que nos da o garante de perdurabilidade e o pulo necesario para insuflar os nosos espíritus e enchelos de dinamismo e operatividade para seguir sendo creativos. Os museos sen o seu público non son nada, pero nós,persoal de museos non o temos nada doado xa que innovar e crear nos tempos que corren é unha tarefa farto difícil, nembargantes nós non cexamos no noso empeño de ser creativos nunha era eminentemente dominada polo tecnolóxico.Loitamos por incentivar as destrezas manuais, cognitivas e psicomotrices dos nenos e nenas para que desarrollen a súa creatividade e aprendan a valorar o seu patrimonio museolóxico e museográfico.Un pobo que non valora e, o máis denigrante e preocupante, non coñece o seu patrimonio está abocado a desaparecer porque perde a súa identidade e idiosincracia. Temos a satisfacción de considerarnos promotores e impulsores no eido rural,coa ledicia de aproximar un anaquiño de cultura a zonas periféricas, xa de por así ailladas e marxinadas.Os nosos obradoiros e actividades fan partícipe á sociedade friolense da nosa máxima como Rede Museística que integramos, isto é, "un museo para todos e entre todos". Agardamos seguir en pé e activos durante moito tempo, tamén agardamos contar convosco.Somos unha rede, unha pequena rede de araña que tecida entre todos, faise forte e indestructible, convídamosvos a que vexades nesta memoria todo o que o noso imaxinario colectivo despregou durante o ano 2014, ¡¡déixate enredar pola nosa ilusión e aposta por proxectos culturais!!!
  • 5. Museo Fortaleza San Paio de Narla 4 2. ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES. Xaneiro Nº total de visitantes 799 2 grupos escolares 80 Visitas individuais 719 Febreiro Nº total de visitantes 594 2 grupos escolares 90 Visitas individuais 504 Marzo Nº total de visitantes 1752 17 grupos escolares 414 8 grupos adultos 320 Visitas individuais 1018 Abril Nº total de visitantes 2043 12 grupos escolares 394 10 grupos adultos 340 Visitas individuais 1309 Maio Nº total de visitantes 1823 17 grupos escolares 564 11 grupo adultos 479 Visitas individuais 780 Xuño Nº total de visitantes 2310 30 grupos escolares 934 18 grupos adultos 565
  • 6. Museo Fortaleza San Paio de Narla 5 Visitas individuais 811 Xullo Nº total de visitantes 2321 6 Obradoiros 230 8 grupos adultos 310 Visitas individuais 1781 Agosto Nº total de visitantes 3046 7 Obradoiros 186 8 grupos adultos 355 Visitas individuais 2505 Setembro Nº total de visitantes 1404 1 grupo escolar 20 6 grupos adultos 265 Visitas individuais 1119 Outubro Nº total de visitantes 1511 1 grupo escolar 40 20 grupos adultos 720 Visitas individuais 751 Novembro Nº total de visitantes 1160 6 grupos escolares 320 8 grupos adultos 240 Visitas individuais 600 Decembro Nº total de visitantes 1314
  • 7. Museo Fortaleza San Paio de Narla 6 16 grupos escolares 390 7 grupos adultos 200 Visitas individuais 724 Total visitantes anuais 20077 Gráfica comparativa dos anos 2013-2014 376 706 1470 1348 2245 1418 1855 2341 1105 898 994 1414 799 594 1752 2043 1823 2310 2321 3046 1404 1511 1160 1314 0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500 MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA Ano 2013 Ano 2014
  • 8. Museo Fortaleza San Paio de Narla 7 0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500 799 594 1752 2043 1823 2310 2321 3046 1404 1511 1160 1314 POR Nº DE VISITANTES 14% 9% 2% 4% 13% 29% 29% Por idades 0-10 11-14 15-18 19-25 26-40 41-65 66
  • 9. Museo Fortaleza San Paio de Narla 8 0 1000 2000 3000 4000 5000 6000 7000 8000 9000 2869 4950 8387 314233562 129 78 51 454 154 65 364 59 585 49 39 21 390 325 Por Procedencias LUGO CIDADE LUGO PROVINCIA GALICIA ANDALUCIA ARAGON ASTURIAS BALEARES CANARIAS CANTABRIA CATALUÑA CASTILLA-LEON CASTILLA-LAMANCHA EUSKADI EXTREMADURA MADRID MURCIA NAVARRA LA RIOJA VALENCIA ESTRANXEIROS 0 2356 2683 2916 2889 4611 4622 0 1000 2000 3000 4000 5000 Por días da semana DOMINGO SABADO VENRES XOVES MERCORES MARTES LUNS
  • 10. Museo Fortaleza San Paio de Narla 9 XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOS SET OUT NOV DEC ANUAL HOMES 408 321 862 978 877 1173 1151 1524 738 719 551 642 9944 MULLERES 391 273 890 1065 946 1134 1170 1522 666 792 609 672 10130 0-10 148 103 317 429 424 291 376 244 101 54 194 161 2842 11-14 24 23 210 79 207 410 98 225 96 20 91 248 1731 15-18 9 2 5 69 5 156 9 48 55 4 113 475 19-25 27 6 46 104 96 68 109 209 59 24 30 41 819 26-40 121 74 217 324 204 172 293 590 195 109 118 127 2544 41-65 324 327 385 628 554 572 742 833 482 403 369 296 5915 66 146 59 572 410 333 641 694 897 416 897 358 328 5751 LUGO CIDADE 187 132 503 409 220 233 278 262 139 110 149 247 2869 LUGO PROVINCIA 206 219 545 618 654 541 487 423 372 276 381 228 4950 GALICIA 300 176 625 708 859 1260 748 1151 485 913 476 686 8387 ANDALUCIA 4 3 12 16 4 22 67 125 31 9 2 19 314 ARAGON 10 4 3 24 156 33 3 233 ASTURIAS 35 19 15 48 19 50 95 91 67 52 38 33 562 BALEARES 65 26 33 3 2 129 CANARIAS 4 7 1 27 12 19 4 1 3 78 CANTABRIA 3 4 18 6 11 4 5 51 CATALUÑA 6 18 17 11 13 109 196 15 25 27 17 454 CASTILLA-LEON 5 3 9 5 11 12 14 50 14 7 11 13 154 CASTILLA-LAMANCHA 7 4 4 14 23 4 2 7 65 EUSKADI 14 1 36 4 16 112 120 17 9 12 23 364 EXTREMADURA 2 2 3 12 9 20 6 4 1 59 MADRID 12 21 9 51 24 42 158 170 18 22 43 15 585 MURCIA 3 5 32 9 49 NAVARRA 1 1 3 27 7 39 LARIOJA 1 11 4 2 3 21 VALENCIA 1 2 16 4 18 90 157 76 18 6 2 390 ESTRANXEIROS 5 8 4 91 1 12 20 21 82 54 4 23 325 MAÑAS 409 336 877 707 707 1284 1033 1013 733 659 483 699 8940 TARDES 390 258 875 1336 1116 1026 1288 2033 671 852 677 615 11137 LUNS 0 MARTES 76 58 117 272 187 349 283 397 210 147 46 214 2356 MERCORES 87 64 276 159 132 419 384 594 233 74 127 134 2683 XOVES 118 60 207 303 364 412 393 426 119 151 170 193 2916 VENRES 138 76 168 211 346 306 463 504 182 150 138 207 2889 SABADO 188 204 224 680 398 335 365 523 450 511 461 272 4611 DOMINGO 192 132 760 418 396 489 433 602 210 478 218 294 4622 GRUPOS ESCOLARES 80 90 414 394 564 934 230 186 20 40 320 390 3662 GRUPOS ADULTOS 320 340 479 565 310 355 265 720 240 200 3794 VISITAS INDIVIDUAIS 719 504 1018 1309 780 811 1781 2505 1119 751 600 724 12621 DOMINGOS NO MUSEO TOTAIS MENSUAIS 799 594 1752 2043 1823 2310 2321 3046 1404 1511 1160 1314 20077 *RESUME EXTRANXEIROS ARGENTINA FRANCIA ITALIA COREA PORTUGAL AUSTRIA INGLATERRA CUBA MÉXICO VENEZUELA ALEMANIA BRASIL EEUU PERÚ BÉLXICA RUSIA BOLIVIA JAPÓN COLOMBIA POLONIA PARAGUAY ANUAL XANEIRO 5 5 FEBREIRO 4 2 2 8 MARZO 3 1 4 ABRIL 73 2 3 3 4 1 1 1 3 91 MAIO 1 1 XUÑO 2 2 1 4 3 12 XULLO 5 2 1 4 3 1 3 1 20 AGOSTO 5 2 7 1 1 2 2 1 21 SETEMBRO 2 14 6 54 4 2 82 OUTUBRO 50 2 1 1 54 NOVEMBRO 1 3 4 DECEMBRO 1 2 8 5 7 23 TOTAL 96 33 5 1 9 3 124 2 1 10 18 3 5 1 3 2 2 2 3 1 1 325 *Nº DEGRUPOS XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOS SET OUT NOV DEC ANUAL Nº GRUPOS ESCOLARES 2 2 17 12 17 30 6 7 1 1 6 13 114 Nº GRUPOS ADULTOS 8 10 11 18 8 8 6 20 8 6 103 RESUMEDEVISITAS AO MUSEO SAN PAIO DENARLA ANO 2014
  • 11. Museo Fortaleza San Paio de Narla 10 3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO Arranxo no motor do pozo Reposición de poste do cableado telefónico por rotura ao esta podre Limpeza dos accesos e plataforma do castro da fortaleza varias veces ao ano Reposición do poste do alumeado por caer ao estar podre Cambio de bombillas no alumeado exterior. Reposición de sistema de iluminación, por parte do servizo de mantemento da Deputación, cando son de fácil reposición e urxencia son reparadas polo persoal da fortaleza. (DURANTE TODO ANO SEGUNDO HAI AS INCIDENCIAS) Desratización varias veces ao ano. Recollida de auga, control lexionella e potabilidade. Router novo, ao estropearse por tormenta Arranxo de deshumificadores Cortaronse hedras que subían pola fortaleza Arranxo de dúas táboas do chan na sala de armas blancas. Poñen maquina enfundadora de paraguas. 4. PROGRAMA DIDÁCTICO 4.1. Actividades escolares Ao longo do curso ofrécese a posibilidade de solicitar dous tipos de visitas: guiada e con actividade. Para realizar estas visitas é necesario a concertación previa das mesmas, concertando con departamento de didáctica. Visita de iniciación:
  • 12. Museo Fortaleza San Paio de Narla 11 Comprende un recorrido por todo o castelo, recomendase para os grupos que visitan o centro por primeira vez, independentemente do seu nivel educativo. Duración aproximada de 60 minutos. Para un mellor aproveitamento do Museo Fortaleza San Paio de Narla, xa que existe unha variedade e riqueza de contidos, e na procura dun novo concepto de visita máis participativa, como alternativa as tradicionais visitas guiadas e que implique a colaboración directa de profesores e alumnos, ofrecemos un programa de itinerarios os distintos niveis de ensino: O Castelo encantado O Porvir do pasado O Labirinto do Castelo Un Museo de Lendas O xogo de verbas Na lareira A bela durminte
  • 13. Museo Fortaleza San Paio de Narla 12 Visita de iniciación Nivel: Todos os ciclos Data: Curso escolar Obxectivo: Comprender que a as sociedades actuais están condicionadas polo seu pasado histórico. Recoñecer as ferramentas e analizar a súa evolución e continuidade, así como a necesidade de conservalas para outras xeracións. O Castelo encantado Nivel: 1º e 2º ciclo de Primaria Data: Curso escolar
  • 14. Museo Fortaleza San Paio de Narla 13 Obxectivo: Identificar as distintas clases sociais; servos, señorío e cabaleiros meirande os recursos que nos ofrecen as diferentes salas do museo. O Porvir do pasado San Paio de Narla é un museo axente para o coñecemento da vida pasado dos nosos devanceiros, museos que deben de ser, e son, activos na educación dos nosas xeracións. Nivel: ESO e BAC Data: Curso escolar Obxectivo: Estudar o paso do tempo, no que se desenvolve o señorío de San Paio de Narla, así como as distintas salas, a través da Lenda da Cova da Serpe. Comprender que a sociedades actuais están condicionadas polo seu pasado histórico, recoñecer as ferramentas e analizar a súa evolución e continuidade, así como a necesidade
  • 15. Museo Fortaleza San Paio de Narla 14 conservalas para outras xeracións foi o obxectivo da visita do CPI Dr. López Suárez de Friol, os nenos de 3º de primaria realizaron a visita acompañados da súa mestra Pilar Racamonde. Os nenos fixeron un caínzo para traballar as súas colleitas, con canas de bambú recollidas por eles mesmos no campo. Así foi a súa vida de campesiños por un día, revivindo o campesinado da época medieval, servindolles como escenario o museo, onde ditas coleccións cobraron vida.
  • 16. Museo Fortaleza San Paio de Narla 15 Os/as nenos/as de 3º de primaria do CPI Dr. López Suárez de Friol realizou unha saída coa profesora Pilar Racamonde para visitar a estación potabilizadora da auga de Friol, onde atenderon as explicacións dun funcionario do concello de Friol (Malelo) e despois unha visita por toda a Serra da Cova da Serpe onde estudiaron a vexetación, é dicir, a flora e a fauna para
  • 17. Museo Fortaleza San Paio de Narla 16 rematar na propia Cova onde o persoal de San Paio Francisca Abuín e Ana Ferro fixeronlle sentir protagonistas como algún día o fixeron o mancebo e Dona Berta da Fortaleza de San Paio de Narla. Para rematar fixeron unha visita ao parque eólico. Este grupo de alumnos/as o conformaban membros do Club Pequeamigos da Redemuseístca de San Paio de Narla. O Labirinto do Castelo Nivel: ESO e BAC Data: Curso escolar Obxectivo: Coñecer a etnografía e desenvolver a creatividade do alumnado sendo conscientes da importancia do pasado para comprender e presente.
  • 18. Museo Fortaleza San Paio de Narla 17 Un Museo en Lendas Nivel: 3º Ciclo de Primaria, ESO e BAC Data: Curso escolar Obxectivo: Coñecer a literatura e a mitoloxía popular do Concello de Friol a través da comunicación cos nosos maiores.
  • 19. Museo Fortaleza San Paio de Narla 18 O xogo de verbas Nivel: 4º,5º e 6º Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Aproveitar a riqueza e a variedade do patrimonio cultural, tomando conciencia da importancia do pasado para comprender o presente; para espertar o interese polas visitas aos museo motivamos con xogos. A) Nesta fotografía sinala o nome desta peza B) ¿Sabes o nome de peza que vai do guindastre ó caldeiro? C) O guindastre recibe tamén o nome de _____________ Localiza nesta sopa de letras as respostas dos apartados C das probas anteriores e comprobarás que coas letras restantes contadas de 3 en 3 atoparás o nome deste museo.
  • 20. Museo Fortaleza San Paio de Narla 19 Na Lareira Nivel: Ed. Infantil, 1º e 2º de Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Visitar a cociña para que o alumnado descubra a transformación que esta dependencia sufriu ao longo do tempo. Compararemos as vellas cociñas e as comidas que nelas se facían coas actuais
  • 21. Museo Fortaleza San Paio de Narla 20 A bela durminte Nivel: Ed. Infantil e 1º e 2º de Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Empregar como fío condutor o conto da Bela Durminte e aproveitar como recurso os obxectos expostos, nun ambiente, en principio nada atraínte para o neno, o castelo vaise convertendo nun escenario onde a imaxinación cobra vida ata materializarse como real. Peiteados y aderezos Nivel: 3º e 4º ESO Data: Curso escolar Obxectivo: Concienciar aso rapaces e rapazas de cómo unha actividade que pode parecer tan rutinaria como a de peitearse pode ser algo estético e artístico.
  • 22. Museo Fortaleza San Paio de Narla 21 Ademais de agochar os entresixos de épocas históricas ao través das cales, sometidas a un exhaustivo estudo, verase coma o peiteado era signo social de distinción e ostentación. Facendo historia (Heráldica) Nivel: 1º e 2º da ESO Data: Curso escolar Obxectivo: Fusión heráldica e historia, condensándoos nun único concepto para amosar que tras un escudo agóchase moita crónica histórica. Un escudo non é unha peza inerte, ao contrario é unha peza parlante, e iso é o que se tentará facer visible incidindo en que é unha fiestra para visionar como era a vida dos nosos home e mulleres con rango nobiliario do Medievo.
  • 23. Museo Fortaleza San Paio de Narla 22 Pescudas de detectives en San Paio Nivel: 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO Data: Curso escolar Obxectivo: Trátase de que os nenos e nenas se metan, por uns intres, na pel dun detective. Pero dun detective peculiar, porque o seu campo de acción será o Museo de San Paio, e terán que ir superando unha serie de pistas para acadar a meta final. Unha desas pistas consistirá en localizar cunha lupa cal é a peza máis antiga da lareira, etc. Finalmente, chegarán ao último piso da torre e se fixeron ben as súas tarefas, adiviñaran cal é o truco para abrir un cofre con sorpresas.
  • 24. Museo Fortaleza San Paio de Narla 23 Unha firma medieval: un signo lapidario Nivel: 6ª de primaria, 1º ESO e 2º ESO Data: Curso Escolar Obxectivo: Con esta unidade didáctica búscase afondar noutra realidade de San Paio de Narla, pouco coñecida e, por tanto, pouco difundida. Trátase de traballar coa temática dos signos lapidarios que se atopan diseminados por toda a fortaleza medieval e con reminiscencias renacentistas. Pretendese que os nenos e nenas comprendan a transcendencia destes signos que non eran meros garabatos na parede, senón que tiñan unha explicación e razón de ser. Deste xeito, a unidade didáctica contempla ser realizada en dúas fases: unha teórica e outra práctica.
  • 25. Museo Fortaleza San Paio de Narla 24 Obradoiros escolares CURSO 2013-2014
  • 26. Museo Fortaleza San Paio de Narla 25 Dende a Rede Museística, en sintonía coas novas formulacións da Museoloxía social, seguimos apostando por un modelo didáctico que pon en valor a aprendizaxe activa, participativa e emocional; creando en cada visita unha experiencia vivencial, agradable e memorable. A proposta educativa persegue formar o alumnado en estratexias de aprendizaxe autónomas, capaces de construír o seu propio pensamento crítico, non só sensible á arte senón cara ao noso pasado para poder intervir no presente e soñar un futuro. A oferta de actividades dirixida aos centros educativos presenta 3 grandes bloques temáticos que van ser o eixe estrutural da nosa intervención didáctica. Os bloques son complementarios uns cos outros e perseguen construír un corpus estrutural: Bloque 1. O Museo como contedor achéganos á idea de que é un museo. O museo non só como contedor de obras de arte, senón máis alá: o museo como un espazo de traballo onde ademais de conservar e expoñer o noso patrimonio, tamén se estuda, se investiga e se divulga o caudal artístico e cultural, patrimonio de todos. Construída esta idea, que se erixe como os cimentos dunha casa, o seguinte Bloque 2: O Museo como relator de historias pretende ofrecer un catálogo aberto de visitas no que a estrutura veña marcada polo concepto de Museo como relator de historias. As obras de arte, ademais da información técnica, nárrannos e suxírennos historias infinitas segundo a persoa coa que interactúen. As pezas falan por si mesmas e todas en conxunto constitúen unha colección. Unha proposta na que o diálogo coas obras de arte e cos espazos naturais volven ser os protagonistas. Bloque 3: O Museo como retrovisor pon a énfase no espello retrovisor como metáfora. Viaxamos polo presente avanzando cara ao futuro pero no que centramos a mirada no retrovisor que nos mostra o noso pasado cunha perspectiva arqueolóxica. Para completar os tres bloques teóricos, na programación escolar fíxanse unha serie de obradoiros que pretenden afondar en determinados contidos, unha maneira práctica de afianzar os coñecementos. Crear experiencias motivadoras para os escolares constitúese coma a mellor maneira de desenvolver a capacidade de expresión e a creatividade no alumnado, sen esquecer o compoñente lúdico que favorece que a aprendizaxe se realice dunha maneira espontánea.
  • 27. Museo Fortaleza San Paio de Narla 26 CONCURSO-REDE Finalmente, e como unha das grandes novidades para este novo curso escolar 2013/2014, queremos presentar unha nova experiencia, o CONCURSO-REDE, que nace cun dobre obxectivo: por unha banda achegar o novo público escolar á Rede Museística e fidelizalo, así como fidelizar o xa existente. Vai dirixido a escolares de 6.º de Primaria, pertencentes a centros educativos de toda a provincia de Lugo. Para participar é necesaria a inscrición previa que se formalizará cunha visita a algún dos 4 museos da Rede. CURSO 2014-2015 Para o curso escolar 2014-2015 e, outro ano máis, a Rede Museística presenta un actualizado programa educativo, deseñado e pensado para todas as etapas educativas coa pretensión de seguir ofrecéndolle á comunidade escolar experiencias didácticas co fin último de coñecer, comprender, valorar e gozar das coleccións e espazos que conforman parte do patrimonio histórico artístico e cultural da provincia de Lugo. Dende a Rede Museística, en sintonía coas novas formulacións da museoloxía social, seguimos apostando por un modelo didáctico que pon en valor a aprendizaxe activa, participativa e emocional; creando en cada visita unha experiencia vivencial, agradable e memorable. A proposta educativa persegue formar o alumnado en estratexias de aprendizaxe autónomas, capaces de
  • 28. Museo Fortaleza San Paio de Narla 27 construír o seu propio pensamento crítico, non só sensible á arte senón cara ao noso pasado para poder intervir no presente e soñar un futuro. Actividades deseñadas e elaboradas polo equipo dos departamentos de didáctica do Museo Provincial de Lugo (Lucía Dequidt Lagares, Raquel Guerrero Prieto, Mª Anunciación Losada Montenegro, José Manuel Mendoza Castiñeira e Paula Salinas Somoza), do Museo Fortaleza San Paio de Narla (Francisca Abuín e Ana Ferro), do Museo Provincial do Mar (Ángeles Miguélez e Amelia Pernas), e do Museo Pazo de Tor (Tar López e Silvia Fiallega Lorenzo). A área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística Provincial e dos museos que a integran, desexa contribuír con este programa a que o curso escolar 2014-2015 sexa de proveito e, sobre todo, a que os museos sexan vehículo motivador para o coñecemento. PROGRAMA A oferta de actividades dirixida aos centros educativos presenta 4 grandes bloques temáticos que van ser o eixe estrutural da nosa intervención didáctica. Os bloques son complementarios uns cos outros e perseguen construír un corpus estrutural: ___Bloque 1: CREA O TEU MUSEO Que é un museo? Un museo é un lugar onde se conserva, expón e difunde o patrimonio artístico e cultural. Pero un museo é tamén un espazo que lle pertence a toda a comunidade, un espazo para soñar e facer das ilusións a nosa realidade. Como che gustaría que fosen os nosos museos? Que che gustaría que contivesen os nosos museos? Dende a Rede Museística abrimos as nosas portas e invitámoste a que entres e crees o teu museo a partir do diálogo coas nosas coleccións e cos profesionais que nel traballan, nunha experiencia emocional e creativa. A través das obras de arte podemos descubrir lugares reais e espazos imaxinados polos artistas. Podemos viaxar ao noso pasado a través das pezas arqueolóxicas e incluso descubrir as historias máis extraordinarias dos deuses
  • 29. Museo Fortaleza San Paio de Narla 28 gregos. No museo podemos dialogar cos artistas, descubrir os seus soños e anhelos. No museo podemos comunicar ideas. Para isto, invitámoste a que coñezas as nosas coleccións e a importancia do traballo que realizan os diferentes profesionais. Obradoiro A actividade inclúe un obradoiro deseñado para traballar de maneira creativa a construción do seu propio museo a partir dun material que lle será entregado a cada escolar composto por: unha caixa-museo, fotografías, imaxes deseñadas, etc. Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primario. 1º ciclo da ESO Duración estimada da actividade: 60 minutos Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede. ---Bloque 2: O MUSEO COMO RELATOR DE HISTORIAS Catálogo de visitas abertas segundo os diferentes contidos que ofrecen as coleccións e seccións dos museos da Rede Museística. Esta proposta didáctica, que xa foi iniciada en anos anteriores, quere ampliar a súa oferta e implicar a todas as seccións do museo susceptibles de ser visitadas, entendendo o museo como relator de historias. Nesta proposta aberta, pretendemos utilizar unha metodoloxía activa de forma que sexan os propios escolares os que constrúan o significado ante as pezas e obras de arte. Son experiencias nas que se pretende ensinar a ver e gozar da arte e coa arte a través dun discurso narrativo que se crea coas obras de arte. Con este diálogo, preténdese potenciar a observación e a reflexión sobre as pezas e estimular o diálogo sen medo a formar unha opinión crítica e persoal. Un diálogo que se combina con información sobre o artista ou o período histórico, necesario, para completar a visión da obra e contextualizala.
  • 30. Museo Fortaleza San Paio de Narla 29 As coleccións presentes nos museos son susceptibles de estruturarse en contidos segundo os intereses dos visitantes e pódense exemplificar nas seguintes experiencias: rutas literarias, a arte do vestido, a historia da moeda, descubrindo a escultura, epigrafía romana, ruta franciscana, cerámica de Sargadelos e … un longo etcétera. Con esta nova formulación, preténdese facilitar a asimilación da información co fin de comprender e achegarse mellor ás coleccións que atesouran os catro museos da Rede. Os contidos temáticos son tamén un xeito atractivo para o alumnado de presentar a información e acadar a motivación e a súa atención dende o primeiro momento da visita. Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria. Duración estimada da actividade: 60 minutos Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede. ___Bloque 3: O MUSEO COMO RETROVISOR HISTÓRICO Esta proposta nace coa finalidade de capacitar o alumnado para interpretar vestixios do pasado e analizar a súa importancia no desenvolvemento da nosa cultura. Ciclos/cursos: 4º, 5º, 6º de E. Primario. ESO Duración estimada da actividade: 60 minutos Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede. ___Bloque 4: VIAXES POLOS MUSEOS DA REDE SAFARI NA REDE Metodoloxía: Percorrido buscando animais representados en distintas obras expostas no Museo. Logo da busca, podemos xogar a agrupar os animais localizados segundo sexan de pelo ou de pluma, de terra ou de aire, mamíferos, etc. Remataremos a actividade completando un álbum cos cromos correspondentes aos animais avistados durante o safari.
  • 31. Museo Fortaleza San Paio de Narla 30 Ciclos/cursos: Educación Infantil, 1º,2º, 3º de E. Primaria. Duración estimada da actividade: 60 minutos. Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede. VIAXE POR UN CADRO Metodoloxía:. Metémonos dentro dun cadro e sen ver o que ven os que miran de fronte temos que descubrir de que obra somos personaxes. Descubriremos figuras, formas e símbolos dalgunhas obras pictóricas expostas no museo. Ciclos/cursos: 5º, 6º de Educación primaria e 1º de ESO Duración estimada da actividade: De 70 a 80 minutos. Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede. UNHA VIAXE AO PORVIR DO PASADO Metodoloxía: San Paio de Narla é un museo axente para viaxar á vida dos nosos devanceiros. Museos que con esa viaxe son activos de educación das nosas xeracións. Ciclos/cursos: E. Infantil e 1º ciclo de E. Primario. Duración estimada da actividade: 60 minutos. Esta actividade pódese realizar no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol). VIAXE POLO CASTELO ENCANTADO Metodoloxía: Empregando como fío condutor o conto da Bela Durminte, e aproveitando como recursos as coleccións do museo no castelo faise unha viaxe onde se converte nun escenario e a imaxinación cobra vida ata materializarse como algo real. Ciclos/cursos: 3º e 4º de ESO, 1º e 2º de BAC. Duración estimada da actividade: 60 minutos.
  • 32. Museo Fortaleza San Paio de Narla 31 Esta actividade pódese realizar no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol). LAREIRAS DA REDE Metodoloxía: Compararemos as novas e as vellas cociñas, para descubrir os cambios producidos ao longo do tempo. Xogaremos co obxectivo de que as novas xeracións non esquezan as vellas lareiras. Ciclos/cursos: Educación Infantil. Duración estimada da actividade: 60 minutos. Esta actividade pódese realizar no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol). 4.2. Obradoiros de verán Vive o verán! Os días de xullo e agosto son diferentes e máis luminosos, xeralmente alleos a rutinas e maioritariamente de folganza e relax. Viaxamos, paseamos, descansamos e tratamos de recuperar forzas e enerxía para a seguinte xeira escolar ou de traballo. Desde os museos da Rede Museística intentamos que o teu verán sexa, ademais de entretido e divertido, proveitoso. A tal fin elaboramos un amplísimo
  • 33. Museo Fortaleza San Paio de Narla 32 programa de actividades pensadas para todas as idades, desde os 4 aos 1.300 anos (de darse o caso) para que ninguén quede á marxe das propostas que os nosos museos poden ofrecer. Obradoiros para que se exprese a túa capacidade creativa, sexa cal sexa a técnica que máis che poida interesar (pintura, escultura, gravado, musivaria, fotografía, muralismo, ourivería, música, cine …), campamentos de arqueoloxía para que experimentes a emoción da descuberta do pasado aínda oculto, traballos manuais para conseguir elaborar fermosas prendas ou obxectos, desde un mosaico ata un abano. Tamén temos actividades arredor da gastronomía e alimentación, ou para a aplicación de diferentes tecnoloxías que nos van permitir coñecer mellor o medio e o mundo no que vivimos e como, se for preciso, podemos influír para cambialo. Para elaborar este amplo programa que vos propoñemos tivemos en conta as propostas dos membros dos clubs da Rede Museística, desde os máis cativos de Pequeamig@s, os mozos e mozas do Club Ei! ata os máis veteranos do Club Sénior. Todos eles e elas participan ao longo do ano en múltiples actividades nos museos da Rede e do seu compromiso e experiencia aprendemos que os museos son motores activos imprescindibles para o desenvolvemento social e cultural das comunidades. Desde a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e a través dos museos integrados na Rede Museística adquirimos o compromiso de servir á nosa sociedade, de usar os fondos que custodiamos para proveito de todos e todas. Por iso cada un dos catro museos integrados na Rede Museística ten un programa específico, adaptado ás especificidade dos seus fondos e dos grupos ou colectivos interesados. Unha proposta, en definitiva, que agardamos atraia tamén aos que non teñen o hábito de visitarnos e para que á volta do estío digan connosco: Viva o verán! 3, 2, 1, no aire! Obradoiro de radio e escritura creativa. Tal como fixeron as persoas que emigraron a Arxentina, as comunicacións radiofónicas foron moi importantes para
  • 34. Museo Fortaleza San Paio de Narla 33 manter o contacto con familiares e amizades así como para impulsar a cultura galega dende a outra beira do Atlántico. Neste obradoiro quixemos poñer en valor a palabra e trasladar as nosas mensaxes ás persoas de aquí e dacolá. Idades: de 10 a 14 anos. Horario: de 11:00 a 13:00 h. Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición. Datas: 15 de xullo.
  • 35. Museo Fortaleza San Paio de Narla 34
  • 36. Museo Fortaleza San Paio de Narla 35
  • 37. Museo Fortaleza San Paio de Narla 36 Os saberes da cociña. Un chef artista: “Os alimentos da túa contorna” Trátase dun obradoiro gastronómico: alimentación saudable, identificación e etiquetado dos alimentos, as D.O. da provincia (aplicado a cada zona), creatividade na cociña, agroecoloxía e soberanía alimentaria. Acompañouse a actividade con elementos audiovisuais (contos, cartaces, animación…). Idades: de 10 a 14 anos. Horario: de 11:00 a 13:00 h. Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición Datas: 1 de agosto. De 12:00 a 14:00 h.
  • 38. Museo Fortaleza San Paio de Narla 37
  • 39. Museo Fortaleza San Paio de Narla 38
  • 40. Museo Fortaleza San Paio de Narla 39
  • 41. Museo Fortaleza San Paio de Narla 40
  • 42. Museo Fortaleza San Paio de Narla 41 Food foto fun Obradoiros de creatividade culinaria para nenos: gastronomía, fotografía, arte …
  • 43. Museo Fortaleza San Paio de Narla 42 Ensinar aos nenos o importante que é a alimentación, que aprendan a plantar san e a valorar a cultura gastronómica. Por iso, con estes obradoiros, pretendemos espertar neles a curiosidade polos alimentos e poñer ao seu alcance todo o necesario para que descubran as texturas e procesos dos alimentos por si mesmos. Idades: de 8 a 13 anos. Horario: de 11:00 a 13.00 h. Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición. Datas: 27 e 28 de agosto. De 11:00 a 13:00 h.
  • 44. Museo Fortaleza San Paio de Narla 43
  • 45. Museo Fortaleza San Paio de Narla 44
  • 46. Museo Fortaleza San Paio de Narla 45
  • 47. Museo Fortaleza San Paio de Narla 46
  • 48. Museo Fortaleza San Paio de Narla 47
  • 49. Museo Fortaleza San Paio de Narla 48
  • 50. Museo Fortaleza San Paio de Narla 49 Reproducións de pezas arqueolóxicas Escavar, buscar, investigar, reconstruír e recompoñer, paso a paso o obxecto desde a escavación. Achégase á vitrina o obxecto vello, estragado, antigo. Toma nova forma coas reproducións e mostrase agora como un elemento vivo. De paso, recuperamos as antigas técnicas dos nosos devanceiros. Idades: de 8 a 12 anos. Horario: de 12:00 a 13.00 h. Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición. Datas: do 5 ao 8 de agosto. De 12:00 a 13:30 h
  • 51. Museo Fortaleza San Paio de Narla 50
  • 52. Museo Fortaleza San Paio de Narla 51
  • 53. Museo Fortaleza San Paio de Narla 52
  • 54. Museo Fortaleza San Paio de Narla 53 A miña primeira película (sen cámara) da Rede Museística Cine sen cámara ou animación directa é un proceso que reproduce con grande exactitude os impulsos físicos individuais do artista: as imaxes artesanais reflicten a vibración dos dedos, as variacións de presión, os ritmos internos externos. Idades: de 6 a 12 anos. Horario: de 12:00 a 13.30 h. Prazas: 20 asistentes, por orde de inscrición. Datas: 20 de agosto. De 12:00 a 13:30 h.
  • 55. Museo Fortaleza San Paio de Narla 54
  • 56. Museo Fortaleza San Paio de Narla 55
  • 57. Museo Fortaleza San Paio de Narla 56
  • 58. Museo Fortaleza San Paio de Narla 57 Árbore xenealóxica. Heráldica persoal Obxectivo: ensinar aos nenos e nenas a historia dos seus apelidos a través dos seus devanceiros. Aprender a esquematizar ideas nunha estrutura de árbore xenealóxica. Datas: do 8 ao 11 de xullo. De 12:00 a 14:00 h
  • 59. Museo Fortaleza San Paio de Narla 58
  • 60. Museo Fortaleza San Paio de Narla 59 Bargueños. Encaixando a creatividade Obxectivo: descubrir unha peza do patrimonio moble. Entender o seu significado dentro dun contexto. Analizar o concepto de contedor e contido. Datas: do 8 ao 11 de xullo. De 12:00 a 14:00 h
  • 61. Museo Fortaleza San Paio de Narla 60
  • 62. Museo Fortaleza San Paio de Narla 61
  • 63. Museo Fortaleza San Paio de Narla 62 Ollando a cultura-prismásticos Obxectivo: Analizar a funcionalidade dunha peza que cobra vida fora de exposicións. Aprender a afondar nos diferentes tipos de visión. Teorizar entre o que o ollo ve, percibe e descobre. Datas: do 8 ao 11 de xullo. De 12:00 a 14:00 h
  • 64. Museo Fortaleza San Paio de Narla 63
  • 65. Museo Fortaleza San Paio de Narla 64
  • 66. Museo Fortaleza San Paio de Narla 65
  • 67. Museo Fortaleza San Paio de Narla 66 4.3. Obradoiros de Nadal Cando un novo Nadal peta á porta concédese licenza xeral para fantasiar. Temos dereito, e necesidade, de concedernos uns días liberados de rutinas e de obrigas supostamente ineludibles. Unha oportunidade para facer balance e reconducir, se for preciso, o rumbo das nosas vidas. E puntualmente, como cada ano, os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo achegámosche un programa de obradoiros e actividades tentando contribuír, na medida das nosas posibilidades, ao teu lecer creativo. Ademais, neste remate do ano 2014 temos á túa disposición a exposición “Entre o sono e os soños. Soñar para crear na Rede Museística”, un proxecto comunal dos catro museos que integramos a Rede para lembrar que os soños son a materia prima da creatividade. Que o ano 2015 nos acolla coa mellor disposición, e que sexa unha oportunidade para que ese soño que pende da túa ilusión, prenda en ti. Este é, por enriba de calquera outro, o desexo que queremos compartir desde aos museos da Rede e desde a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.
  • 68. Museo Fortaleza San Paio de Narla 67 Obradoiro: Xogando con Catarina Obradoiro de elaboración de diferentes tocados e sombreiros así como dos adornos empregados na súa confección: plumas, broches, encaixes … Imparte: Mª del Rosario Fernández González Idades: de 6 a 12 anos. Datas: 26 de decembro Horario: de 11:00 a 14.00 h. Prazas: 20
  • 69. Museo Fortaleza San Paio de Narla 68
  • 70. Museo Fortaleza San Paio de Narla 69
  • 71. Museo Fortaleza San Paio de Narla 70
  • 72. Museo Fortaleza San Paio de Narla 71 Obradoiro: Unha ollada aos oficios medievais na figura da muller campesiña Comprender que as sociedades actuais están condicionadas polo seu pasado histórico. Recoñecer as pezas e analizar a súa evolución e continuidade, así como a necesidade de conservalas. O obradoiro consta dunha parte histórica e unha parte práctica, na que realizarán unha sella e irán buscar auga nela ao río. Imparte: Fátima Iglesias Núñez. Idades: de 4 a 12 anos e Club Pequeamig@s da Rede Museística. Datas: 2 e 3 de xaneiro de 2015. Horario: de 12:00 a 14.00 h. Prazas: 20
  • 73. Museo Fortaleza San Paio de Narla 72
  • 74. Museo Fortaleza San Paio de Narla 73
  • 75. Museo Fortaleza San Paio de Narla 74
  • 76. Museo Fortaleza San Paio de Narla 75
  • 77. Museo Fortaleza San Paio de Narla 76
  • 78. Museo Fortaleza San Paio de Narla 77
  • 79. Museo Fortaleza San Paio de Narla 78 Obradoiros: Entre o sono e o soños A palabra “soño”, segundo o Dicionario da Real Academia Galega, significa, na súa primeira acepción “aquilo que un imaxina durante o sono, percibíndoo coma se fose real”, e como segunda acepción “aquilo ao que un aspira ou que un desexa moito”. Os soños sempre foron materia artística, tanto causa como consecuencia da mesma. Deste xeito e como proposta de participación, propoñemos diferentes obradoiros segundo as idades dos usuarios dos distintos museos da Rede Museística Provincial, atendendo sempre aos ritmos de cada un. Todos os obradoiros partirán de materiais procedentes da exposición “Entre o sono e o soños. Soñar para crear na Rede Museística” que se amosa no Museo Provincial de Lugo desde o pasado 19 de novembro. A partir deste referente, os participantes crearán os seus propios soños cunha perspectiva artística, sendo o máis importante o feito de compartir. -Casting: a lúa En dúas horas e a partir de diferentes xogos, os Pequeamig@s construirán teatralmente os seus soños co obxectivo final de chegar á lúa: alí onde todo é posible. Idades: de 4 a 14 anos e Club os Pequeamig@s da Rede Museística Datas: 4 de xaneiro de 2015 Horario: de 11.00 a 14:00 h. Prazas: 20
  • 80. Museo Fortaleza San Paio de Narla 79 -Soños artísticos Construír os soños e atopar o xeito de acadalos nunca foi doado. Pero se algo está claro é que temos a obriga de seguir soñando. Neste obradoiro ofrecerémosche un achegamento interdisciplinar ao mundo dos soños para, a partir dos mesmos, crear novas construcións artísticas ou, cando menos, poñer o comezo das mesmas. Idades: de 14 a 25 anos en adiante e Club Ei! da Rede Museística Datas: 4 de xaneiro de 2015 Horario: de 11.00 a 14:00 h. Prazas: 20 -A túa palabra, o noso soño Os soños poden construírse, fabricarse, xogarse, xogar a soñar, soñar que todo é posible … incluso chegar á lúa e bailar arredor dela. Acompáñanos coa túa historia e a túa palabra nesta viaxe singular ao redor do mundo dos soños. Idades: Club Sénior da Rede Museística Datas: 4 de xaneiro de 2015 Horario: de 11.00 a 14:00 h. Prazas: 20
  • 81. Museo Fortaleza San Paio de Narla 80
  • 82. Museo Fortaleza San Paio de Narla 81
  • 83. Museo Fortaleza San Paio de Narla 82
  • 84. Museo Fortaleza San Paio de Narla 83 Soños dalgúns dos nenos/as:
  • 85. Museo Fortaleza San Paio de Narla 84
  • 86. Museo Fortaleza San Paio de Narla 85
  • 87. Museo Fortaleza San Paio de Narla 86
  • 88. Museo Fortaleza San Paio de Narla 87
  • 89. Museo Fortaleza San Paio de Narla 88 -Harmonía dun soño Neste obradoiro ensinarémoslle ós nosos nenos a desenvolver todos os sentidos a través de diferentes xogos, para que favorezan neles a concentración, o autocontrol e incentivar tamén o seu potencial creativo. Aprenderemos a coordinar movementos e posturas, a respirar…
  • 90. Museo Fortaleza San Paio de Narla 89 Para rematar, intercambiarán entre eles un desexo escrito e debuxado nun papel para facer un pequeno soño realidade que eles mesmos imaxinarán. Idades: de 2 a 14 anos e Club os Pequeamig@s da Rede Museística Datas: 27 de decembro Horario: de 11:00 a 12:30 h. Prazas: 20 -O soño dun tal Pilates Con esta actividade imos descubrir a historia de JOSEPH PILATES HUMBERTUS (1883-1967), un home que sen ter nada conseguiu sacar adiante un soño dentro dun campo de concentración. Traballaremos o corpo e cada un poderá recoñecer que é capaz de facer cousas que nunca imaxinou, aprenderemos que cos movementos do noso corpo, coa respiración, podemos aumentar a nosa capacidade pulmonar e mellorar o noso benestar. Liberaremos a tensión da nosa espalda e tentaremos correxir a nosa hixiene postural. Idades: Adultos e Club Sénior da Rede Museística Datas: 27 de decembro. Horario: de 12:30 a 14:00 h. Prazas: 20
  • 91. Museo Fortaleza San Paio de Narla 90
  • 92. Museo Fortaleza San Paio de Narla 91
  • 93. Museo Fortaleza San Paio de Narla 92
  • 94. Museo Fortaleza San Paio de Narla 93 4.4. Obradoiros del Club Pequeamigos Un museo é un espazo onde nos reflectimos nós mesmo e a Rede Museística Provincial de Lugo trata de facelo a través dos seus contidos e das súas experiencias pedagóxicas proxectándoas aos distintos colectivos da sociedade. A programación que presenta vai dirixida ao Clube Pequeamigos da Rede e foi deseñada coma unha proposta conformada por diversos obradoiros, cos que se pretende un achegamento das nenas e nenos aos catro museos da Rede e ás súas coleccións. Queremos que as xeracións do futuro aprendan, respecten e coñezan o noso patrimonio, como medio e como ferramenta para a súa formación, así como para o conxunto da sociedade. É dicir, museos onde a historia convértese en experiencias didácticas, vivenciais e lúdicas, un museo de historias por descubrir e compartir.
  • 95. Museo Fortaleza San Paio de Narla 94 A programación é trimestral para os meses de marzo, abril e maio e os Obradoiros foron elaborados para dar resposta aos seguintes principios: 1. SIMPLICIDADE. Un valor que define as actividades seguindo a filosofía de obter satisfacción persoal ao realizar algo por un mesmo. 2. PARTICIPACIÓN. Fomento das actitudes proactivas que estimulan a creatividade individual e colectiva. 3. COLABORACIÓN. Propostas colaborativas que fomentan o traballo en equipo. 4. DEDUCIÓN. Dinámicas que nos permitan aprender da nosa propia experiencia 5. DIVERSIÓN. O xogo como instrumento clave para o desenvolvemento integral. 6. EMOCIÓN. A importancia da emoción e o abraio na arte de medrar. 7. COÑECEMENTO. Todas as actividades propostas neste programa potencian novas capacidades cognitivas: a. Aprender a coñecer b. Aprender a ser c. Aprender a vivir xuntos d. Aprender a facer Obradoiro lupercalias romanas Con motivo da celebración do día de San Valentín este obradoiro estivo centrado en dita festividade, dandolles a coñecer a súa orixe dende a mitoloxía romana e grega. En Roma o 15 de febreiro festexábanse as Lupercalias e de ser unha festa profana foise convertindo nunha festividade relixiosa.
  • 96. Museo Fortaleza San Paio de Narla 95 Os nenos neste obradoiro desenvolveron as súas destrezas manuais e intelectuais confeccionando unhas tarxetas de felicitación para regalarlle a quen eles quixeran.
  • 97. Museo Fortaleza San Paio de Narla 96
  • 98. Museo Fortaleza San Paio de Narla 97 Obradoiro "O paso do tempo no señorío de San Paio" O Obxectivo deste obradoiro era afondar na realidade do tempo, é dicir, como flúe e pasa. Reflexionamos sobre o paso do tempo na sociedade. Os nenos coñeceron os distintos tipos de reloxos e traballaron facendo un disfraz de reloxo tomando como refencia unha colección de reloxos de San Paio de Narla e aproveitanto a data do Entroido para converterse nun reloxo meirante o seu disfraz de reloxo. Unha maravillosa mañá de aprendizaxe e ledicia.
  • 99. Museo Fortaleza San Paio de Narla 98
  • 100. Museo Fortaleza San Paio de Narla 99
  • 101. Museo Fortaleza San Paio de Narla 100 Este obradoiro tamén o levamos ao Club Pequeamig@s do Museo Provincial de Lugo.
  • 102. Museo Fortaleza San Paio de Narla 101
  • 103. Museo Fortaleza San Paio de Narla 102 Obradoiro armaduras Os nenos/as no Museo Fortaleza San Paio de Narla volveron ao pasado, para coñecer neste caso como vestían os cabaleiros na Idade Media para saír a loitar cos seus adversarios. A hora de traballar puxéronse a construir a maqueta dunha armadura que se levaron para a casa coa ledicia propia dos nenos/as.
  • 104. Museo Fortaleza San Paio de Narla 103
  • 105. Museo Fortaleza San Paio de Narla 104
  • 106. Museo Fortaleza San Paio de Narla 105
  • 107. Museo Fortaleza San Paio de Narla 106
  • 108. Museo Fortaleza San Paio de Narla 107
  • 109. Museo Fortaleza San Paio de Narla 108 Obradoiro "Os saberes da cociña de San Paio de Narla" Neste obradoiro os nenos/as visitaron a cociña descubrindo a transformación que esta dependencia sufriu ao longo do tempo. Compararon as vellas cociñas e as comidas que alí se facían todo con productos ecolóxicos: ovos, fariña, leite e elaboraron as roquillas e as fritiron na lareira para logo desfrutar coméndoas.
  • 110. Museo Fortaleza San Paio de Narla 109
  • 111. Museo Fortaleza San Paio de Narla 110 Obradoiro Pequeguía Postal de Friol Neste obradoiro os/as nenos/as do Club Pequeamigos do Museo Fortaleza San Paio de Narla, coñeceron a vida e obra da artista Maruja Mallo, falecida en 1985; desta forma os nenos investigaron a arte no municipio de Friol, nunha palabra o seu patrimonio; plasmándoo logo nunha pequena guía postal. Toda unha fonte de coñecemento para os/as nenos/as, primeiro coñeceron a súa zona e conxuntamente chegaron a coñecer a arte (cruceiros, fontes, muiños, pazos, ... ) é dicir, todo o seu patrimonio xeográfico.
  • 112. Museo Fortaleza San Paio de Narla 111
  • 113. Museo Fortaleza San Paio de Narla 112 Obradoiro Presamaín (elaboración dunha cesta para recoller castañas para o Samaín)
  • 114. Museo Fortaleza San Paio de Narla 113 Os/as nenos/as do Club Pequeamigos do Museo Fortaleza San Paio de Narla da Rede Museística Provincial, como todos os anos coa chegada do mes de novembro prepáranse para celebración da festa do Samaín, festa supostamente celta ca que se celebra o final da temporada da recollida das colleitas. Tamén se celebra a festividade dos días dos difuntos, celebración cristián consagrada aos devanceiros que xa non están connosco. Ata non fai moito, pensábase que os difuntos visitaban por estas datas as igrexias e ermidas onde se celebraban misas polas súas almas, mentras que nas casas era o costume de preparar alimentos aos parentes vivos, pensando que era unha forma de recordar os nosos mortos. As ánimas voltaban así por un día ás súas vellas moradas. En forma de conto, tratamos de explicar aos nenos/as do Club Pequeamigos o que é o Samaín= novembro ou fin do verán e a chegada do inverno, para iso desenvolvemos un obradoiro teórico e práctico. Pola parte práctica fixemos a confección dunha cesta para a recollida das castañas cunha saída ao campo e contacto coa natureza. "Traballo moi duro para os/as nenos/as" xa que lles pinchaban os ourizos e queixábanse.
  • 115. Museo Fortaleza San Paio de Narla 114
  • 116. Museo Fortaleza San Paio de Narla 115 Obradoiro Samaín Os museos non son entes inertes e inactivo, son dinamizadores sociais. Pero fai falta xente, con ímpeto, con ganas e amor polo que fai, para que esta pequena fortaleza brille co esplendor co que brillaron esas cabazas. Esas cabazas foron como os nosos corazóns, tamén cheos de vida e de ilusión por contar con xente con ánimo, emprendedora e loitadora.
  • 117. Museo Fortaleza San Paio de Narla 116
  • 118. Museo Fortaleza San Paio de Narla 117 M
  • 119. Museo Fortaleza San Paio de Narla 118 DE 5 .PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL. CULTURAL 5.1. Programa interxeneracional A través deste programa o que pretendemos é o coñecemento duns medios artesáns que forman parte da nosa cultura e que tende a desaparecer ante os novos procesos industrial e tecnolóxicos.
  • 120. Museo Fortaleza San Paio de Narla 119 II Xornadas de interpretación e dinamización no medio rural Estas xornadas pretenden contribuír a promover o interese pol cultura e tradicións propias da parroquia de Carballo e do Concello de Friol ademais de supor unha oportunidade para analizar a situación do rural e poder coñecer experiencias e estratexias que nos permitan contribuír a impulsar iniciativas de desenvolvemento social e económico no noso entorno. Nesta edición o Museo Fortaleza San Paio de Narla, colaborou coa presenza como relatora dunha ponencia de Francisca Abuín Villar guía e responsable do departamento de didáctica e a colaboradora da Rede Museística, Cristina Barreiro Abuín (Traballadora do Centrad) que levou por título "Sobre a Historia da parroquia de Carballo e da tradición miragreira de San Benito que goza dunha gran devoción en toda a zona. Así como a celebración da Lembranza do que foi a Foliada Friolense nas instalacións do museo.
  • 121. Museo Fortaleza San Paio de Narla 120
  • 122. Museo Fortaleza San Paio de Narla 121
  • 123. Museo Fortaleza San Paio de Narla 122
  • 124. Museo Fortaleza San Paio de Narla 123
  • 125. Museo Fortaleza San Paio de Narla 124 IX Xornadas Interxeracionais rurais “Aprendendo cos nosos maiores” O Museo Fortaleza San Paio de Narla, presente nas IX Xornadas Interxeracionais Rurais, Aprendendo cos nosos Maiores. ‘Aprendendo cos nosos maiores’ é o lema adoptado pola Xornadas Interxeracionais Rurais para a súa décima edición, que comeza este sábado 24, e que se desenvolverá noutras dúas sesións os días 31 de maio e 7 de xuño no concello de Xermade. San Paio de Narla sabe que a cultura non morre nun museo, porque a cultura constrúena as persoas co seu devenir e paso pola historia, coa súa
  • 126. Museo Fortaleza San Paio de Narla 125 contribución e aportación en forma de vivencias e acontecementos (en ocasións auténticos achádegos de emocións recónditamente agochadas) e coa súa ollada ao mundo dando a súa opinión e manifestando o seu agrado ou a súa repulsa. Dende o museo de San Paio de Narla énchenos de orgullo ter saído ao encontro da asociación de Cabreiros, unha asociación con pulo e emprendedora que non deixa de sorprender e extasiar. A súa creatividade e afán de superación son inabarcables, ano tras ano conseguen captar a nosa atención. E este ano non ía ser menos, así pois asistimos expectantes ante o desfile dun exquisito menú cultural á altura dos paladares máis esixentes. Tomando como punto de partida o 25 de maio arrancaron con ímpetu e ilusión unhas xornadas que xa van pola súa décima edición e coa ollada posta na investigación, nas pescudas e na conservación da historia do municipio de Xermade. Cun selecto plantel de conferenciantes, entre os que cómpre salientar a Xosé Manuel Cid, Alicia López Pardo, Francisco Xosé Candía e Alfonso Blanco explicaron cómo dinamizar o medio rural. Co gallo destas xornadas, aproveitouse para presentar ao público o I premio de investigación “Xermade na Historia”, mediante esta iniciativa preténdese dar a coñecer o patrimonio etnográfico e cultural do Concello de Xermade. Xesús Rodríguez, promotor e alma mater deste proxecto, xunto co concello e a prolífica Asociación de Veciños de Cabreiros. O programa continuou deleitando e ofertando a exposición de Ramón Villares cuxo título “Luces de Alén Mar” enlazaba coa ponencia titulada “As escolas de americanos en Galicia” fixo as delicias entre os asistentes. A continuación, Felpeto seguir na súa liña de emocionar e vapulear conciencias durmidas mediante o seu documental “A trenzo do pelado” baseado na emigración narrada con maestría e emotividade por Dina Fernández Ladra, veciña de Lousada que desgranou os entresixos dos seus longos 44 anos na emigración na Arxentina. Una historia vibrante e vívida que nos fixo reflexionar a todos. Una historia selada coa brilante factura de Felpeto e Gonzalo. Fronte a anteriores edicións, as xornadas mostrarán a visión dos veciños e veciñas respecto destes encontros e o que representan para eles e elas,
  • 127. Museo Fortaleza San Paio de Narla 126 profundando ademais no valor das xornadas como punto de encontro entre veciñanza, profesionais, xuventude e maiores e o intercambio de experiencias, cultura e reflexións. Este ano houbo varios eventos sinalados, como a acollida dos VIII Encontros escolares de Xogo Tradición, o que supón visitas de colexios de toda Galicia (no que participaron os nenos/as do noso Club Pequeamig@s, do colexio de Friol), artesáns do xoguete tradicional, demostracións de xogos tradicionais, contacontos… As xornadas tamén servirán de marco para a presentación do I Premio de Investigación “Xermade na historia”.
  • 128. Museo Fortaleza San Paio de Narla 127
  • 129. Museo Fortaleza San Paio de Narla 128 5.2. Programa da terceira idade En termos xerais podemos dicir que a historia de Friol é a dos acontecementos que lles ocorren aos antigos señores, hai que descubrila a base dos vellos nobres que poboaron a comarca e das épocas en que dominaron o territorio. Por iso nós creamos o programa da terceira idade. Ninguén como as persoas maiores, isto é a terceira idade, pode valorar o patrimonio inmaterial que tiña a transmisión oral da súa época, xa que era o seu medio de comunicación, e nós os traballadores de museo somos os encomendados de traspasar o noso legado a outros concellos, iso é o que imos a facer cos nosos visitantes da terceira idade. Neste caso estamos a traballar cuns grupos dos distintos concellos da xeografía galega a través da “Casa do Queixo” e distintas axencias de viaxes e asociacións.
  • 130. Museo Fortaleza San Paio de Narla 129 Visita dos Amigos dos Museos de Galicia
  • 131. Museo Fortaleza San Paio de Narla 130 Visita Asociación de Mulleres a Xeitosas 5.3. Programa de ocio-turístico Visita dos coches clásicos do Rally Turístico Terras do Incio Unha trintena de coches clásicos (Aston Martin DB&, Jaguar XK-120, Ferrari Mondial, Mercedes Pagoda, Masserati Vignale o Porsche 911 carrera, entre outros) chegados de toda España achegáronse ao Museo Fortaleza San Paio de Narla, para facer unha volta ao pasado a través dunha visita guiada onde puideron coñecer a historia da Fortaleza, logo dunha intensa mañá xa que anteriormente visitaron Santa Eulalia de Bóveda. Xa pola tarde continuarán tan intensa xornada aparcando na explanada da Deputación Provincial de Lugo, e farán unha visita ao Museo Provincial de Lugo, así como ao entorno da propia cidade.
  • 132. Museo Fortaleza San Paio de Narla 131
  • 133. Museo Fortaleza San Paio de Narla 132
  • 134. Museo Fortaleza San Paio de Narla 133 5.4. Semana dos museos ç Como cada ano, con motivo do Día Internacional dos Museos (18 de maio), a Rede Museística da Deputación de Lugo prepara un amplo programa nos diferentes museos que integran esta Rede con actividades que se van desenvolver durante a semana que promedia entre o luns 12 e o domingo 18 de
  • 135. Museo Fortaleza San Paio de Narla 134 maio. Nesta ocasión, o programa realizouse coa participación de máis de 150 persoas, a través dos clubes da Rede e de varios grupos sociais, nun intento de facer museos comunitarios, imbricados coa sociedade e para todos. Dentro de esta semana, na que tamén celebramos o Día das Letras Galegas e a Noite dos Museos, teremos un amplo e variado programa de actividades repartidas polos catro museos que integran a Rede Museística da Deputación de Lugo, atendendo as diferentes idades. Contaremos, ademais, coa presentación do Club Ei!, que vén complementar, neste caso para a xente moza, as propostas do resto de clubes que xa están funcionando na Rede como é o caso do Club Pequeamig@s e do Club Sénior. O Club Ei! continuará coas súas actividades máis alá desta Semana dos Museos 2014, con diferentes actividades arredor de temas como o cinema, creación audiovisual, fotografía e obradoiros de deseño de tatuaxes e lettering, ou charlas de novos creadores tanto lucenses como do resto do país. Rutas Medievais polos museos da Rede a cargo do Club Ei! Para mozos e mozas entre 18 e 30 anos. O noso percorrido comenzou na Torre de Friol, onde estudamos a historia de dita torre, facendo un retorno ao pasado, tan olvidado pola nosa sociedade como podemos ver no deterioro de dito edificio. Mais satisfactorio foi o paseo pola vida medieval a través do legado dos nosos ancestros, un BIC moi ben conservado dependente da Deputación de Lugo, Vicepresidencia Primeira da Área de Cultura e Turismo, estamos a falar de San Paio de Narla, convértese nunha lección perenne de historia e arte, nun museo de todos e para todos, a través das súas coleccións; San Paio de Narla é un museo onde a historia se converte en vivencia e didáctica. E logo rematamos con un paseo polo Camiño Real, dito camiño está documentado no marqués de Ensenada e servía para unir a Torre de Friol con San Paio de Narla. Os mozos do Club Ei! sentíronse como as damas e os cabaleiros daquela época, convidados a unha festa medieval en calquera das dúas torres.
  • 136. Museo Fortaleza San Paio de Narla 135
  • 137. Museo Fortaleza San Paio de Narla 136 Noite dos Museos do Club Pequeamig@s. Os membros do club que o desexaron viaxaron á Fortaleza de San Paio de Narla para pasar a noite. Houbo obradoiros, unha cea e un concerto. O día 16 de maio celebramos a Noite europea e o Día internacional dos museos. San Paio de Narla é un museo axente para o coñecemento do vida do paso dos nosos devanceiros, museos que deben ser e son activos na educación das nosas xeracións. O Museo Fortaleza de San Paio de Narla celebrou a noite dos museos co club pequeamigos formado por nenos/as do concello de Friol e Lugo, é dicir, un museo de todos e para todos. Un xenuino paseo pola historia medieval, a través, das súas coleccións, onde se iniciou a reconstrucción da vida no palacio medieval co fin de estudar o paso do tempo no que se denselvoveu o señorio de San Paio, é decir, en San Paio de Narla fixose palabra en realidade. Primeiro investimos aos nenos/as de cabaleiros, un paseo pola historia explicando a vida nos castelos, unha cea medieval e un concerto a cargo de "Os tres contantes e sonantes" cun "Paseo pola fraga dos biosbardos". E xa para rematar noite de dormida no castelo ata as nove da mañá cun almorzo. Os/as nenos/as foron os protagonistas nesta velada, disfrazados de señores, servos, cabaleiros, artesáns,... é dicir, fixemos un retorno ao pasado medieval, convertíndose nun museo onde a historia se transforma en vivencia didáctica.
  • 138. Museo Fortaleza San Paio de Narla 137
  • 139. Museo Fortaleza San Paio de Narla 138
  • 140. Museo Fortaleza San Paio de Narla 139
  • 141. Museo Fortaleza San Paio de Narla 140
  • 142. Museo Fortaleza San Paio de Narla 141 Animación nas rúas de Friol para convidar xente ao Museo Fortaleza San Paio de Narla.
  • 143. Museo Fortaleza San Paio de Narla 142 Continuando coa semana dos museos o día 18 de maio, Día Internacional dos museos. O museo fortaleza de San Paio de Narla, desenvolveu varias actividades: A primeira co "Club Roteiros de Pol", primeiro fixeron unha ruta de senderimos polo noso entorno para rematar coa visita a San Paio de Narla. Onde cunha visita guiada e a través das coleccións recolleceron as ferramentas e analizaron a súa evolución e continuidade, así como a necesidade de conservalas para outras xeracións. E comprender que as sociedades actuais están condicionadas polo seu pasado histórico. A continuación visitounos un grupo de nenos/as e pais e nais de Santiago, Ribadeo, Friol,... con motivo do aniversario dunha nena do Club Pequeamigos (Xiana Rodriguez Castro) recreáronse na vida dos castelos cos persoaxes que habitan na Fortaleza, marabillosa experiencia didáctica vendo como se querían achegar a todos eles sen ter medo ningún (bruxa, dragón, serpe, fada boa, ...)
  • 144. Museo Fortaleza San Paio de Narla 143 5.5. Programa Museoloxía social Culturas en diálogo. Diálogo intercultural: Lugo-Arxentina Co a mirada posta en Arxentina a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Vicepresidencia primeira, a través da súa Rede Museística, en colaboración coa Asociación Rioplatenses de Lugo e Tango Club Galicia presentan o programa Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina baixo as liñas de
  • 145. Museo Fortaleza San Paio de Narla 144 Museoloxía social e do diálogo intercultural. A elección deste país ven marcada primeiro por ser un dos principais países de acollida dos homes e mulleres emigrantes galegos. En segundo lugar, porque gardou e propiciou a cultura galega durante o exilio de intelectuais e artistas galegos como Maruja Mallo, Castelao, Luis Seoane, Lorenzo Varela, Rafael Dieste, Núñez Búa, Otero Espasandín, Laxeiro, entre outros. Foi tamén terra fértil para a creación dun tecido organizativo e creativo baseada no compromiso, a solidariedade e o valor da orixe. Produto diso son os centos de asociacións de emigrantes, así como as editoriais, xornais, revistas, programas de radio e un variado abano de iniciativas culturais que durante anos foron o garante na defensa e promoción da nosa identidade cultural galega. Igualmente, xa que o Consulado de Arxentina tivera sede en Lugo ata 1952, queremos coñecer o colectivo de arxentinos que viven en Lugo aos que como parte da nosa sociedade queremos dar voz para fomentar un intercambio de culturas, un diálogo sobre o que compartimos e o que descoñecemos, en definitiva, para visibilizar outras realidades que forman parte da nosa comunidade. E dentro deste programa, a muller emigrante terá un papel sobresaínte, especialmente na propostaMulleres de Aquí e Dacolá que reúne as coordenadas do programa: Muller/Emigración/Galiza/Arxentina. E de fondo, o Tango, declarado Patrimonio cultural inmaterial de la Humanidade pola UNESCO en 2009, consigue falarnos, con beleza e emoción, de xénero e de emigración. E para iso contamos cun evento único en Galicia o V Encontro de Tango Líber. O programa ten un carácter internacional e aberto polo que todas as actividades terán un acceso web utilizando activamente as redes sociais como medio de participación e nalgúns casos poderán seguirse os eventos en streaming. Forma parte do programa “A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0”
  • 146. Museo Fortaleza San Paio de Narla 145
  • 147. Museo Fortaleza San Paio de Narla 146
  • 148. Museo Fortaleza San Paio de Narla 147
  • 149. Museo Fortaleza San Paio de Narla 148
  • 150. Museo Fortaleza San Paio de Narla 149
  • 151. Museo Fortaleza San Paio de Narla 150
  • 152. Museo Fortaleza San Paio de Narla 151
  • 153. Museo Fortaleza San Paio de Narla 152
  • 154. Museo Fortaleza San Paio de Narla 153
  • 155. Museo Fortaleza San Paio de Narla 154
  • 156. Museo Fortaleza San Paio de Narla 155 Tarde de sábado de lembranzas sonoras e diálogo intercultural no Museo Fortaleza de San Paio de Narla. Unha cita cos sons da nosa historia da man Paco Nieto, xornalista de Radio Lugo. Trátase duna charla ilustrada con documentos sonoros de homes e mulleres lucenses, ou vencellados a Lugo por distintos motivos, caso de Luis Pimentel, Ricardo Carballo Calero, Castelao, José Trapero Pardo, Álvaro Cunqueiro,Ramón Piñeiro, Ánxel Fole ou, entre outros personaxes, Maruja Mallo. Para rematar celebración dunha mateada e a actuación de Xesta Verde.
  • 157. Museo Fortaleza San Paio de Narla 156
  • 158. Museo Fortaleza San Paio de Narla 157 VISITA TANGO LIDER A SAN PAIO DE NARLA
  • 159. Museo Fortaleza San Paio de Narla 158 PRESENTACIÓN DOCUMENTAL CULTURAS EN DIÁLOGO: LUGO- ARXENTINA.
  • 160. Museo Fortaleza San Paio de Narla 159
  • 161. Museo Fortaleza San Paio de Narla 160 Día das letras galegas Obradoiro Club de lectura A lus de San Finx, Noia O Museo Fortaleza de San Paio de Narla, celebrou o día das letras galegas adicado a Xosé Maria Díaz Castro orixinario dos Vilares, Parga-Guitiriz, unha aldea preto do noso concello Friol; con un obradoiro de poesía galega do Club de lectura "A lus de San Finx " do CPI Cernadas de Castro de Lousame (Noia). Os nenos comenzaron un roteiro cunha visita ao lugar de nacemento de dito escritor, despois fixeron a ruta da auga, continuaron co mosteiro de Sobrado dos monxes e remataron no noso museo. Aquí tiñamos programado un obradoiro de poesía tomando como referencia as pezas da fortaleza "Os poetas fixeron poesías alusivas a ditas pezas, ao edificio e ao seu entorno; finalizaron confecionando un mural que se levaron como recordo para continuar no colexio dito obradoiro". Unha tarde de lecer e cultura, tanto para os/as nenos/as como os/as metres os pais, as nais e o persoal de San Paio de Narla. "Pequenos poetas, preparándose para o futuro, grandes escritores e poetas".
  • 162. Museo Fortaleza San Paio de Narla 161
  • 163. Museo Fortaleza San Paio de Narla 162 Día Internacional da Loita contra a violencia de xénero
  • 164. Museo Fortaleza San Paio de Narla 163 O Voo das bolboretas, acción en contra da violencia de xénero No marco do Proxecto “Culturas en Diálogo” levado a cabo pola Rede Museística da Deputación de Lugo, o venres, 21 de novembro de 2014, ás 12:00 h., tivo lugar un evento interactivo entre Arxentina e Lugo. Neste encontro, mulleres, nenas e nenos de Coronel Suárez (provincia de Bos Aires), e outras vilas veciñas, que están preparando a acción “O Voo das bolboretas” van interactuar online coa comunidade da Rede Museística de Lugo, para intercambiar experiencias no desenvolvemento desta acción contra a violencia de xénero. Participará xente que estivo construíndo bolboretas en Arxentina e en Lugo, e se reflexionará sobre a capacidade da arte para incidir na sociedade e na fortaleza e o ánimo das vítimas de violencia para saír do maltrato. O Voo das Bolboretas é unha acción creada por Luz Darriba que se fará en Arxentina, intervindo con milleiros de bolboretas a cidade de Coronel Suárez, e se replicará en Lugo (enchendo de bolboretas a Praza Maior; as bolboretas serán feitas por asociacións locais, participantes dos cursos do Museo Provincial, achegas de distinto tipo, etc), no marco do Programa da Rede Museística “Plántalle cara ao maltrato”
  • 165. Museo Fortaleza San Paio de Narla 164 Día internacional das persoas co discapacidade O departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes da Rede Museística da Deputación de Lugo organiza un programa de actividades para a tarde do día 3 de decembro de 2014 con motivo do “Día Internacional das Persoas con Discapacidade”. Nesta ocasión, ademais da inauguración da exposición “IX Premio de Fotografía sobre Discapacidade Fundación Anade”, son os clubs activos nos catro museos da Rede,Pequeamig@s, Ei! e Sénior, os que se mobilizan para achegarse ao MPLugo e participar no obradoiro “Museos Comunitarios” que se vai desenolver segundo o programa seguinte: Programa De 16,30 h. a 19:30 h.- Obradoiro: Museos Comunitarios, a cargo de Encarna Lago, xerente da Rede Museística, e Ángeles Miguélez, do departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes da Rede Museística. Lugar: Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo. No marco da exposición “Entre o sono e o soños. Crear para soñar na Rede Museística.” 16:30 h.- Desenvolvemento do obradoiro “Museos Comunitarios” coas persoas que se achegan desde o Museo Pazo de Tor.
  • 166. Museo Fortaleza San Paio de Narla 165 18:00 h.-Saúdo de Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, que fará entrega, xunto con Encarna Lago, dunha reprodución do fito fundacional da cidade de Lugo a todos os integrantes do tecido asociativo da provincia de Lugo vinculado á discapacidade, así como tamén aos membros dos clubs da Rede Museística. 18:10 h.-Manifesto, exposición a cargo de Ángeles Miguélez, do departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes. 18:15 h.- Desenvolvemento do obradoiro “Museos Comunitarios” coas persoas que se achegan desde o Museo Provincial do Mar, Museo Fortaleza San Paio de Narla e Museo Provincial de Lugo. 19:00 h.- Inauguración da exposición “IX Premio de Fotografía sobre Discapacidade Fundación Anade”, na Sala Multiusos do MPLugo. Esta exposición, que vai permanecer aberta ao público ata o día 10 de decembro de 2014, tamén amosa as obras premiadas no III Premio de Artes Plásticas realizadas por Persoas con Discapacidade convocado pola Fundación Anade. Premios: IX Premio de Fotografía sobre Discapacidade Fundación Anade 1º Premio: Asociación APAM (Madrid) 2º Premio: Á serie presentada pola Fundación Discal (Arxentina) 3º Premio: Á serie presentada polo Taller de Fotografía ASAPME (Huesca) Formaron o xurado Ángeles Mayra, Peter Schneider, Germán Limeres, María Quiroga e Aurelia Balseiro.
  • 167. Museo Fortaleza San Paio de Narla 166
  • 168. Museo Fortaleza San Paio de Narla 167 Representación do conto “Un conto moi polvorento e adormilado” para os nenos/as do Club Pequeamig@s que se achegaron ao museo, así como para as disintintas asociacións de discapacidade.
  • 169. Museo Fortaleza San Paio de Narla 168
  • 170. Museo Fortaleza San Paio de Narla 169
  • 171. Museo Fortaleza San Paio de Narla 170 FOTOGRAFÍA A CEGAS II Unha aventura que percorre os catro museos da Rede Musistica e as súas contornas, con obradoiros e experiencias para os que “sen ollos” queren ver e sentir. Nesta edición, dirixida pola xerente da Rede, Encarna Lago, e asesorada tecnicamente por Ángeles Miguélez, interveñen os fotógrafos e/ou profesionais do vídeo Iago Eireos, Germán Limeres, Antonio López Losada, Xosé Reigosa, Mario Fernández, Henrique Lama e Josetxu Piñeiro. Fotografía a Cegas, buscar outras realidades, entender a fotografía como unha ferramenta próxima, que pode utilizarse sen ollos, sen necesidade de ver o que se ten diante, senón buscando o que se sente ou se pensa, rebuscando para mostrar a inquietude que responda un reflexo persoal nun medio case hostil guiado pola luz, que permite dialogar co que está oculto. Á fin e ao cabo ese é o principio básico de calquera medio de expresión, reflectir unha inquietude, buscar respostas dentro da capacidade comunicativa e expresiva e sementar o reflexo interior de cada individuo A Fotografía é quizais dentro das disciplinas artísticas a antítesis da ceguera, noutras linguaxes artísticas é común que persoas cegas atopen a súa vocación, fácil atopar un cego músico ou literato, cun oído e verbo altamente desenvolvido, un cego escultor ou pintor, guiado polo tacto e o relevo, e menos común pero non tan estraño é atopar a un fotógrafo cego.
  • 172. Museo Fortaleza San Paio de Narla 171 Existen precedentes de resonancia internacional que demostran a capacidade de manexar o medio fotográfico na total escuridade, buscando na súa situación persoal un discurso que os identifique, son os exemplos de Evgen Bavcar ou Pete Eckert, fotógrafos cegos que demostran coa súa obra outro modo de vivir e experimentar a fotografía, artistas que coa súa obra persoal penetráronse nun mundo descoñecido, atrevéndose a pintar un lenzo en negro con pinceles de luz A verdadeira grandeza desta experiencia de aproximación ao mundo visual a través da fotografía para unha persoa que descoñece as linguaxes visuales, xorde no momento de compartir unha imaxe, un cego pode realizar unha fotografía polos seus propios medios, sentir a calor e orientación do sol, oír e percibir distancias, falar e escoitar o instante, tocar, buscar e situar, en definitiva meditar unha imaxe, un instante que pretenda construír e recordade cos seus sentidos, recreando unha atmosfera persoal, o resultado final compártese e coméntase, non deixa de ser un traballo colaborativo onde un ofrece a súa obra e a súa experiencia persoal e a cambio outro responde prestando a súa visión e opinión, un intercambio que non queda tan só no papel fotográfico e convértese nunha obra que deixa de ser estrictamente visual e penétrase na expresión oral, onde ademais de compartir e reflectir unha imaxe analízase e extrae a parte cognitiva e sensible do instante, queda patente a intención orixinal e debátese a experiencia e o resultado desde ángulos varios. TALLERES Taller 1: A expresión non visual na fotografía Imparte: Iago Eireos Taller 2: Creación audiovisual para cegos Imparte: Mario Fernández, Josetxu Piñeiro e Henrique Lamas Taller 3: Fotografía dende a percepción Imparte: Toño de López (Antonio López Losada)
  • 173. Museo Fortaleza San Paio de Narla 172 Taller 4: Fotografía de retrato. Outra forma de retratar Imparte: Xosé Reigosa e Germán Limeres Dirección do proxecto:Encarna Lago Asesora técnica: Ángeles Miguélez Profesionais fotografía e video Iago Eireos Germán Limeres Antonio López Losada Xosé Reigosa Mario Fernández Henrique Lama Josetxu Piñeiro Persoal da Rede Museística Provincial involucrado no proxecto Francisca López Abuín Ana Covadonga López-Boado Rey Ana María Ferro Fernández Raquel Guerrero Prieto María González Rivada Almudena López Lorca Juan Ignacio Márquez Barros Amelia Pernas García Ángeles Rivada González Mercedes Salvador Castañer Pilar Yáñez Lombardía
  • 174. Museo Fortaleza San Paio de Narla 173
  • 175. Museo Fortaleza San Paio de Narla 174
  • 176. Museo Fortaleza San Paio de Narla 175
  • 177. Museo Fortaleza San Paio de Narla 176
  • 178. Museo Fortaleza San Paio de Narla 177
  • 179. Museo Fortaleza San Paio de Narla 178
  • 180. Museo Fortaleza San Paio de Narla 179 MUSEOS PÚBLICOS 25.2 "Unha sociedade xúlgase polo estado das súas prisións"; esta idea de Albert Camus cambia o foco de atención e fai visible unha realidade que durante a historia permaneceu baixo a penumbra de muros, ao mesmo tempo que outorga a responsabilidade última á sociedade a través das súas institucións públicas. O proxecto "Espazos públicos de visibilidade" dentro do macroproxecto "Enredarte” asume esta responsabilidade dende o concepto de museoloxía social como práctica de intervención e pretende traspasar e derrubar muros como estratexia para a transformación da realidade. A iniciativa “Museos públicos 25.2” ten como obxectivo achegar os museos a colectivos que non son, tradicionalmente, usuarios destes e o de colaborar na integración social a través dá cultura. Un proxecto que se establece un diálogo bidireccional entre todas as partes participantes que se estrutura en varias fases de desenvolvemento: visita dos profesionais dos museos ao centro penitenciario, e a presenza dos participantes nos nosos museos a través de mostras con traballos realizados no centro penitenciario. Dende a Rede Museística Provincial de Lugo defendemos e apostamos pola Museoloxía Social baixo o concepto de "Museo e comunidade: un museo para todas e todos, entre todas e todos", o que implica tomar conciencia de que traballamos e xestionamos diñeiro públicos e non podemos restrinxir o acceso á cultura, antes ben, temos deber de amplificalo, acrecentar a capacidade da Rede de museos como espazo educativo e de investigación, para abrirnos a novos públicos, para crear redes de traballo con outras institucións e con axentes artísticos, sociais e culturais do noso ámbito, nun ámbito que debe ser totalmente descentralizado. Baixo este prisma traballamos con unha comunidade xeográfica na que non existe un gran público maioritario, senón moitos públicos minoritarios diferenciados, con intereses, gustos e formacións distintas e que a súa voz está presente nos catro museos da Rede: O Museo Pazo de Tor, un museo da memoria, un museo da emoción, un museo onde ás persoas aínda lles é posible ler o espírito do lugar, non só os feitos históricos. Un museo auténtico, palpable e orixinal.
  • 181. Museo Fortaleza San Paio de Narla 180 O Museo Fortaleza de San Paio de Narla que atesoura o legado dunha comunidade gandeira e agrícola. Unha Fortaleza non por iso inaccesible. O Museo Provincial do Mar ten ao mar, aos mariñeiros e ás redeiras como o seu mellor narrador e elemento esencial da súa identidade, dende o seu nacemento como escola. O Museo Provincial de Lugo que nace co fin de reunir e protexer os bens do noso patrimonio cultural lucense ata chegar á colección actual. Ábrese a unha comunidade urbana, educativa, artística, investigadora e asociativa que demanda e recibe unha resposta ás súas inquietudes e necesidades. O proxecto global ENREDARTE concíbese para dar resposta real a esta filosofía. O Macroproxecto aglutina cinco iniciativas diferentes que teñen como denominador común o seu carácter participativo e dinámico e que conflúen nun mesmo obxectivo: facilitar espazos para a difusión e promoción das artes "Espazos públicos de visibilidade" confórmase como un dos proxectos cuxo obxectivo xeral é o de dar voz a todo aquel con algún tipo de inquietude ou idea artística, en calquera disciplina, e que non teña acceso a un espazo público para desenvolverse. Nós, como Museo e servizo público, quixemos ofrecer esta oportunidade a toda a comunidade creativa que nos rodea e dar visibilidade ao seu labor. Nos catro museos da Rede. “As penas privativas de liberdade e as medidas de seguridade estarán orientadas cara á reeducación e reinserción social e non poderán consistir en traballos forzados. O condenado a pena de prisión que estiver cumprindo a mesma gozará dos dereitos fundamentais deste Capítulo, agás os que se vexan expresamente limitados polo contido do fallo condenatorio, o sentido da pena e a lei penitenciaria. En todo caso, terá dereito a un traballo remunerado e aos beneficios correspondentes da Seguridade Social, así como ao acceso á cultura e ao desenvolvemento integral da súa personalidade”. (Artigo 25.2 da Constitucion Española)
  • 182. Museo Fortaleza San Paio de Narla 181 Baixo estas premisas, o Museo Provincial de Lugo (integrado na Rede Museística Provincial) e o Centro Penitenciario de Bonxe colaboran nun proxecto que consta de tres fases e nas que se programan diversas iniciativas nas que nun primeiro momento achegamos a realidade museística aos reclusos participantes para nunha segunda fase outorgarlles o protagonismo e a responsabilidade aos participantes e que sexan eles quen coa súa experiencia vital e as súas expresións artísticas rompan as barreiras e accedan a un espazo negado para eles na súa situación de recrutamento. I FASE: COÑECE OS NOSOS MUSEOS Visita ao Centro Penitenciario de Bonxe (Lugo) que se realizou por primeira vez no mes de xuño de 2013, na que participan a xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, Encarna Lago, xunto a Lucía Dequit e Francisca Abuín, persoal do departamento de Didáctica da Rede, para dar a coñecer aos reclusos deste centro os museos lucenses e os contidos a través dunha charla dialogada, complementada con diversas actividades creativas. A visita organízase nas mesmas condicións nas que se encontran os reclusos; é dicir: carencia de recursos. No ámbito museístico estamos afeitos ás novas tecnoloxías como unha ferramenta máis de comunicación. Cando entramos nun centro penitenciario e traspasamos a liña de seguridade todos estes privilexios son negados ata o punto de deixar de importar; deixan de ser útiles. Neste reto o noso labor ten un carácter experimental e creativo. Debemos conseguir achegar a Rede Museística con unha das ferramentas máis antigas da comunicación: a oralidade e o diálogo fóra de prexuízos. II FASE: TRASPASAR MUROS. ROMPER BARREIRAS Nesta segunda fase do Proxecto, cámbiase o foco de atención co fin de visibilizar o labor creativo dos participantes-reclusos. Trátase dunha exposición dos traballos realizados polos reclusos do Centro Penitenciario de Bonxe. A mostra dos traballos presentados constitúese como unha manifestación de
  • 183. Museo Fortaleza San Paio de Narla 182 obxectos producidos en espazos privativos de liberdade e privilexios. Esta mostra reivindícase na esencia mesma da creatividade que vén definida pola capacidade para crear cousas novas e valiosas e que pode manifestarse de múltiples formas, pero en ningún caso ser privativa. A creatividade debe satisfacer tanto ao seu creador coma a outras e outros durante algún período; crear arte para transformar a realidade; crear arte como un acto de liberación do individuo e romper coas barreiras; emprender a liberación dentro e fóra dos muros; visibilizar como un acto de expresión. Nesta fase destacamos dous feitos que consideramos de especial relevancia; por unha parte destacar a importancia da coordinación que se mantivo co traballador social que comparte o día a día cos reclusos. No seu testemuño dá constancia das condicións e os recursos materiais cos que traballan as persoas que voluntariamente acoden ao taller artístico. Debemos imaxinarnos ese espazo; libre de obxectos cortantes ou outros elementos que poidan atentar contra a seguridade e integridade física, tanto dos propios reclusos coma das persoas que velan por eles. Nesta situación a imaxinación e a creatividade teñen as portas abertas e as obras resultantes son dun valor incalculable, non só por como están creadas senón máis ben polo caudal afectivo e vivencial que atesouran, en cada detalle, en cada forma, en cada estrutura. E en segundo lugar destacar o feito concreto que supuxo para os participantes ocupar un espazo físico do museo con identidade colectiva e individual e que normalmente non figuran nas lendas de ningún museo de ámbito nacional ou internacional. Isto tivo como consecuencia directa un aumento e fortalecemento da autoestima para os reclusos. III FASE: CREAR INTEGRANDO [MUSEOS - CÁRCERE] Esta é unha viaxe de Ida e Volta, de abrir unha ventá e observar dentro a realidade dun centro penitenciario, e viceversa, achegar aos reclusos a novos espazos; unha viaxe onde o importante é o camiño recorrido que se retroalimentar en cada actividade e en cada contacto. Por iso, o compromiso dende a Rede Museística non remata nunha simple exposición, senón que quere seguir traspasando muros e derrubando barreiras achegando as coleccións dos nosos museos aos reclusos participantes. Museos e coleccións que na súa maioría
  • 184. Museo Fortaleza San Paio de Narla 183 están vertebradas en tres grandes seccións; arqueoloxía, etnografía e Belas Artes, e que por definición mesma albergan obxectos cos que se pode dialogar e extraer un caudal de información que son testemuños vivos doutras sociedades e outras realidades. Esta terceira fase, deseñada para que se desenvolva no primeiro semestre do 2014, configúrase cun carácter máis creativo, cuxo principal obxectivo que nos marcamos é o de integrar Museo e Cárcere dende unha perspectiva creativa e artística. Preténdese establecer unha relación entre as coleccións do noso museo coa súa experiencia vital e persoal para que os participantes creen o seu propio museo a partir da súa propia mirada. Un exercicio creativo de memoria e asociación. O noso compromiso céntrase en realizar de xeito periódico unha visita ao Centro penitenciario de Bonxe, un proceso que se organizada en tres fases: III.1.: Fase de documentación/investigación As coleccións presentes nos catro museos da Rede, como anteriormente comentabamos, así como os propios edificios onde se erixen, son o vivo testemuño e recordo do noso pasado e dos nosos antepasados, así como referente da actualidade. Son coleccións vivas que invitan a dialogar con elas. Cada obxecto encerra en si mesmo un caudal de información que se enriquece co contacto e a experiencia vital da persoa coa que interactuar. Nesta fase o que se pretende é que os participantes-reclusos afonden na historia dos nosos museos a partir dun traballo de investigación. Para o éxito, faise necesario implicar o resto dos departamentos técnicos dos museos na iniciativa co fin de que visiten o centro penitenciario e a través de charlas e documentación se lles facilite o material para que os participantes poidan consultar nos días posteriores á visita. III.2.: Fase de desenvolvemento Tras a fase de documentación, o seguinte paso é o de desenvolvemento persoal. Cada participante debe establecer o seu signo de identidade como un
  • 185. Museo Fortaleza San Paio de Narla 184 xeito de reflexión/unión entre o museos e as súas coleccións coa súa experiencia persoal, ben propia ou doutras persoas próximas ao seu ámbito III.3.: Fase de creación Concluídas as dúas fases previas, con toda a información aglutinada e os sinais de identidade vinculados ás pezas das coleccións dos museos, darase paso á terceira e última fase. O obxectivo é claro; construír un museo entre todos os participantes coa mirada de cada un. Os obxectos e material que se obteña nesta fase serán o resultado da vinculación directa coas tres seccións principais dos nosos museos e os seus contidos, como versa a continuación: - Etnografía: O ser humano como testemuño directo do que acontece no seu tempo e no seu contexto social. Un xeito de comunicación e participación. A través deste método de investigación coñecemos mellor, por unha parte, o comportamento e as prácticas culturais de grupos ou comunidades sociais, e por outro as historias de vida dos individuos a través de diversos medios e obxectos. - Arqueoloxía: Esta ciencia permítenos internarnos no pasado, estudar o comportamento humano e o estudo das manifestacións culturais. Unha dos restos arqueolóxicos máis importantes que alberga o Museo Provincial de Lugo é un Mosaico Romano que no seu tempo foi o chan dunha domus. Con esta idea de Mosaico, unha obra composta por pequenas teselas pode servir como metáfora creativa para elaborar un obxecto a partir de pequenas historias e recordos dos reclusos. - Belas Artes: É a disciplina artística por antonomasia. O chamado arte parietal. Unha das expresións primoxénitas do ser humano para comunicarse e relacionarse co seu ámbito e co mundo. Neste sentido da creación, e ante a falta de medios e recursos como poden ser cámaras fotográficas, esta disciplina artística pode servir aos participantes para crear as súas obras pictóricas onde expresen os seus sentimentos, as súas inquietudes, medos, sonos e recordos. En definitiva un medio máis para que constrúan o seu museo dende a súa realidade. REFLEXIÓN FINAL QUE DEBE SER O PRINCIPIO DA NOSA ACCIÓN
  • 186. Museo Fortaleza San Paio de Narla 185 O reto ao que nos enfrontamos dende as institucións públicas é arduo pero non por iso caemos no desánimo nin no noso compromiso por seguir traballando dende os preceptos da nova Museoloxía Social, apostando por Museos Socialmente Responsables a favor da integración social e o derrubamento de barreiras, neste caso, barreiras de tipo social e cultural. Unha Museoloxía Social que aposte pola construción de museos que manteñen un diálogo permanente co seu ámbito, museos comunitarios onde as voces das e dos cidadáns teñen que dicir moito e decidir, museos solidarios e accesibles. Dende a participación, a colaboración e a cooperación poñemos a disposición de todas e todos os catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo como espazos de convivencia e diálogo; lugares abertos onde as minorías sociais gocen da importancia e relevancia magna que merecen. Onde o diferente se naturalice e converxa co normal. Ofrecer unha accesibilidade integral aos museos, así como a visibilización de grupos sociais que carecen destes espazos na actualidade. Discursos que vaian acompañados dun quefacer diario e apostando pola que a integración social sexa real. Plural é a palabra Museos, como plural é a palabra Personas. Museos para todas e todos, entre todas e todos, por unha sociedade máis xusta, social e igualitaria. 1ª Andaina Popular dende Friol ata San Paio de Narla. Esta andaina popular levouse a cabo a través do Camiño Real.
  • 187. Museo Fortaleza San Paio de Narla 186
  • 188. Museo Fortaleza San Paio de Narla 187 5.6. Programa de Exposicións EXPOSICIÓN. Bocetos de Retratos con Alegoría, de J. Mendez O venres, 16 de maio, inagurouse no Museo-Fortaleza de San Paio de Narla, en Friol, esta exposición que forma parte do proxecto da Rede Museística “EnrREDarte (Espazos públicos de visibilidade)”. As pezas de J. Mendez interrelacionan coas coleccions de armas e armaduras, de época, que se expoñen no primeiro e segundo andar da torre de homenaxe, unha estructura con elementos medievais. Tratase, por tanto, dunha exposición de diálogo entre obras contemporáneas, que revisionan a iconología artística, coa arquitectura medival e renacentista da torre de Xiá e as coleccións que alberga. Unha exposición única, orixinal e con gran sentido do humor na que o artista consegue un espléndido diálogo ente os símbolos e os retratados. Un diálogo cheo de referencias e infinitas evocacions. Nesta mostra, coordinada por Cristina Carballedo, J. Mendez aborda desde o rigor un novo proxecto no que distintas disciplinas comparten espacio e protagonismo. Esta exposición nace hai anos cando o artista nos nos propón identificarnos cunha alegoría de Cesare Ripa, escritor italiano do Renacemento
  • 189. Museo Fortaleza San Paio de Narla 188 que recolle coa súa iconología-decálogo para artistas os vicios, os sentimentos e as paixóns humanas. É así, como xurden estos Retratos con Alegoría.
  • 190. Museo Fortaleza San Paio de Narla 189
  • 191. Museo Fortaleza San Paio de Narla 190
  • 192. Museo Fortaleza San Paio de Narla 191
  • 193. Museo Fortaleza San Paio de Narla 192 Exposición: Galiza nun tempo de seu O presidente da AS-PG, Xoán Costa, e Marcos Maceira, coordina a exposición Galiza nun tempo de seu que consiste nun pequeno percorrido pola Galiza medieval centrándose en tres momentos que mostran cal foi o noso desenvolvemento no periodo baixomedieval. A información que se ofrece a través dos paneis permite ao visitante non especializado obter unha visión xeral e sinxela deste período histórico. Esta exposición, que percorrerá o resto dos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ata o 17 de marzo de 2014, está dividida en 3 partes cronolóxicas. Na primeira abordarase a liñaxe dos Castro, unha familia á fronte do Reino de Galiza, que logo se desprazará ao Pazo de Tor polo seu vencellamento xeográfico coa zona. Noutra parte afondarase nas causas e consecuencias dos movementos irmandiños na Galiza do século XV, sección que logo da súa exposición en Lugo pasará ao Museo-Fortaleza de San paio de Narla, en Friol. E por último, no Museo do Mar de San Cibrao exporase a parte destinada a explicar o período de resistencia á monarquía dos Reis Católicos onde a figura central é o mariscal Pardo de Cela.
  • 194. Museo Fortaleza San Paio de Narla 193
  • 195. Museo Fortaleza San Paio de Narla 194
  • 196. Museo Fortaleza San Paio de Narla 195
  • 197. Museo Fortaleza San Paio de Narla 196 Exposición fotográfica "Patrimonios, A muralla e o Tango. Tango Club Galicia. Trátase dunha exposición fotográfica itinerante realizada polos fotógrafos de Tragaluz fotografíae organizado pola Asociación Cultural “Tango Club Galicia” e a Rede Museística Provincial. O obxectivo da mostra é establecer unha ponte cultural e dar a coñecer a importancia excepcional para a herdanza común da humanidade, que posúen ambos os dous patrimonios. Propoñendo un diálogo bidireccional entre dous patrimonios irmandados por un pasado común migratorio.
  • 198. Museo Fortaleza San Paio de Narla 197 O Patrimonio Cultural tanxible e o intanxible únense para conformar de xeito separado a identidade cultural dun determinado lugar. Do "seu" lugar. Redefinindo o presente con unha mirada retrospectiva. Buscando co lente ese factor determinante que define o que actualmente entendemos por patrimonio, é o seu carácter simbólico, a súa capacidade para representar simbolicamente unha identidade.
  • 199. Museo Fortaleza San Paio de Narla 198
  • 200. Museo Fortaleza San Paio de Narla 199 Exposición “Entre o sono e os soños: Soñar para crear na Rede Museística” A multidisciplinariedade da Rede Museística da Deputación de Lugo, integrada polo Museo Provincial de Lugo, o Museo Fortaleza de San Paio de Narla en Friol, o Museo do Mar en San Cibrao e o Pazo de Tor en Monforte de Lemos, que constitúe un dos seus principais alicientes e fortalezas, xunto co equipo humano que traballa arreo en prol desta institución forman unha dualidade complementaria que se converte no seu principal activo contribuíndo ao fomento dunha reinvención constante, dinámica e actual que vai máis alá das funcións que lles son propias a un museo. A variedade de fondos museográficos da Rede Museística, lonxe de converterse nundesvantaxe no seu discurso expositivo, axudaa ampliarlles o abano de oferta expositiva aosnosos usuarios e usuarias, converténdose nuncentro de referencia non só a nivel provincial. Integrando estas dúas singularidades devanditas,quixemos elaborar un proxecto onde se amosaraque tirando dun fío condutor, neste caso unconcepto tan polivalente coma o sono e os soños, podía achegarse, dende distintas especialidades ou disciplinas, un proxecto complexo, variado, didáctico e científico que puidese atraer a todo tipo de público dun xeito ameno e estéticamente atractivo xuntando a todo o persoal da Rede Museística que, deste xeito fai súa a máxima de “un museo entre todos e para todos.”