SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 15
Descargar para leer sin conexión
ASUNTO: ALEGACIÓN CONTRA O P.I. CLOE nº 3007.1 PARA A
CONSTRUCIÓN                      DUNHA              CANTEIRA                 NO           MONTE            COMUNAL                 DA
PARROQUIA DE VENTÍN (FORNELOS DE MONTES) PROMOVIDO POLA
EMPRESA MINOR GALICIA S.L.




NOME E APELIDOS:........................................................................................................
con         DNI         nº        ....................................................,     en         representación                de
.................................................................................e enderezo a efectos de notificación
en.......................................................................................................................................
enterado de que no Concello de Fornelos de Montes figura a exposición pública1 o
Estudo de Impacto Ambiental (en diante EIA) e o Proxecto para construír unha
canteira no Monte Comunal da parroquia de Ventín promovido pola empresa Minor
Granitos S.L., formula as seguintes ALEGACIÓNS:


1.- DESDE O PUNTO DE VISTA NATURAL E PAISAXÍSTICO.

           1.1 A autorización da explotación afectaría á proposta de ampliación da Rede
Natura 2000 (VER ANEXO 1) presentada pola Xunta (Consellaría de Medio Ambiente)
en 2008 e coordenada polo IBADER, USC, particularmente á área de ampliación do
LIC Río Tea, ES1140006, alongado en 1.697,81 Ha. Este espazo –un humidal ou
braña- atópase na cabeceira da bacía fluvial que nos ocupa, precisamente nos
planaltos nos que estará localizada a explotación que agora se solicita, cuestión esta
que o EIA omite por completo. Con esta ampliación trátase de aumentar a
representatividade das áreas de matogueiras atlánticas ácidas nas serras litorais
(hábitats *4040 e 4030, o primeiro deles considerado prioritario segundo a Directiva
92/43CEE e presente na área de estudo, contrariamente ao indicado no EIA), así
como garantir a boa calidade hídrica e biodiversidade do alto Tea.


O Monte Maior é un espazo coroado polo outeiro que recibe o nome de Coto de Eira
ou Cotodeira, é un único espazo natural integrado na Serra do Suído que, desde o
punto de vista administrativo, é compartido polos concellos de Fornelos de Montes e
Mondariz.




1
 Ver resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 12 de xaneiro de 2010 (DOG nº 30
do 15 de febreiro de 2010).
                                                                                                                                       1
A canteira proxectada preténdese situar xusto dentro da braña –coñecida co nome de Prado de
      Arriba- que ilustra esta fotografía, un espazo de enorme valor paisaxístico e natural


En relación á necesidade de protexer o Monte Maior e Cotodeira, o 23 de marzo de
2008 o Pleno da Corporación Municipal aprobou por unanimidade de todos os partidos
políticos (PP, BNG e PSOE) solicitar á Consellería de Medio Ambiente a inclusión
deste espazo natural na Rede Natura 2000 da Unión Europea. A este respecto é
preciso aclarar que, malia que a canteira en cuestión non se explotará dentro do termo
municipal de Mondariz, o espazo natural que o pleno da Corporación pretende dotar
de protección é, como apuntamos, un só.


Así mesmo o 19 de novembro de 2009 a Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio,
dependente da Consellería de Política Territorial, Medio Ambiente e Infraestruturas,
emitiu un informe2 no que establece a necesidade de clasificar (punto II.2.d) o Monte
Maior e Cotodeira no PXOM de Mondariz en fase de tramitación como Solo Rústico de
Especial Protección de Espazos Naturais.


       1.2. O ámbito atinxido polo proxecto localízase xusto na depresión N do Coto
de Eira (884 msnm), un espazo de extraordinario interese natural e paisaxístico que
debería ser preservado de calquera tipo de explotación mineira, xa que esta

2
 http://www.cmati.xunta.es/portal/webdav/site/cptopv/shared/es/pdfs/dxu/RESOLUCIONS%20PLANS%
20URBANISMO/20091120/MONDARIZ-SX%20IPAI%20PXOM.pdf
                                                                                           2
prexudicaría os seus valores ambientais (flora, fauna, hábitats) e paisaxísticos de
forma irreparable. A este respecto compre recordar que o monte coñecido como Monte
Maior ou Cotodeira sufre xa o impacto de dúas explotacións mineiras a ceo aberto
situadas na súa ladeira W, concretamente en Traspielas e Freaza, polo que a posta en
explotación dunha nova canteira neste humidal situado á beira desta coroa montañosa
tería un impacto irreversible sobre este prezado espazo natural.


       1.3. A explotación desta canteira provocaría unha serie de impactos directos
sobre a poboación máis próxima (Ventín de Arriba, Ventín de Abaixo, Bustelos,
Traspielas, Piñeiro e A Cachela) nomeadamente ruídos (explosións, voladuras e
circulación de camións, palas cargadoras e retroescavadoras) que, sumados aos que
xa xeran as canteiras de Traspielas e Freaza, provocarían un notable aumento da
contaminación acústica sobre toda a veciñanza, especialmente sobre a máis
avellentada (segundo o IGE a poboación actual de Fornelos de Montes de máis de 65
anos supera o 27% do padrón).




                                                                   Coto de Eira
                                                                   (884 msnm)




      Prado de Arriba,
     humidal protexido
       sobre o que se
      pretende abrir a
    canteira proxectada




       1.4. A canteira tamén tería unha afección considerable sobre a cabeceira dos
mananciais de dous dos principais afluentes do río Tea polo N (incluído na Rede
Natura 2000 da UE), os ríos Furafolla e Alén, que tamén teñen a consideración de
LIC. A este respecto é necesario recordar que o proxecto ao que nos referimos prevé




                                                                                  3
a apertura de 3 zonas de explotación3 todas elas situadas nunha cubeta natural ou
    braña, isto é, nunha zona húmida que constitúe unha zona de recarga fundamental
    para os mananciais subterráneos. A este respecto é capital coñecer que dentro da
    cuadrícula mineira na que se prevé poñer en explotación esta canteira nacen (ver
    Plano nº 7 do EIA) o Regato de Matacán (que desauga en sentido NW-SE pola
    ladeira de Mondariz en dirección ao río Tea) e tamén o Río de Ventín (que desauga
    en sentido SE-NW pola ladeira de Fornelos de Montes en dirección ao río Oitavén-
    Verdugo4), cuestión esta que non é obxecto de consideración ou valoración algunha
    no EIA, salvo o recoñecemento da súa existencia.


    Neste sentido cómpre lembrar que o ano 1971 tivo lugar a sinatura da Convención
    Internacional sobre Humidais en Ramsar (Irán). Este documento pretende pór de
    manifesto a importancia das zonas húmidas do Planeta para facer fronte aos efectos
    da mudanza climática. En Galicia a lexislación ambiental que protexe estes humidais
    son a Directiva Hábitats 92/43/CEE, a Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da
    Biodiversidade e o Decreto 127/2008 dos Humidais Protexidos de Galicia (DOG nº
    122 do 25 de xuño de 2008). Precisamente o punto 2.6 do Inventario anexo a este
    Decreto protexe os Ecosistemas hidrófilos, concretamente os Humidais de Montaña
    (2.6.1.1). O art. 8 deste texto legal prohibe:


    b.- As actividades que directa ou indirectamente poidan producir o desecamento ou a
    alteración hidrolóxica do humidal.

    e) As modificacións da cubeta e das características morfolóxicas do humidal, o recheo
    do humidal con calquera tipo de material, así como a alteración topográfica da súa
    zona periférica de protección.

    f) As explotacións mineiras e extractivas, agás aquelas con dereitos outorgados con
    anterioridade ao 8 de xuño de 2004.



               1.5. Ademais, desde o punto de vista estritamente paisaxístico, o EIA ignora
    que o alto de Cotodeira é o único punto da Serra do Suído, e consecuentemente dos
    concellos de Mondariz e Fornelos de Montes, desde o que é posible ver o mar,
    concretamente a ría de Vigo.




3
  - Oco nº 1: ocupará 1,74 Ha, e del prevén extraer 124.900 m3 de granito ao longo de 9 anos.
 - Oco nº 2: ocupará 1,5 Ha, e del prevén extraer 77.080 m3 de granito ao longo de 5 anos.
 - Oco nº 3: ocupará 2,74 Ha, e del prevén extraer 246.750 m3 de granito ao longo de 17 anos. A maiores o
proxecto prevé crear unha entulleira asociada ao Oco nº 1 que se encherá en 5 anos, mais a empresa non
adianta onde irán parar os entullos que se produzan entón.
    4
        LIC proposto en fase de tramitación admnistrativa.
                                                                                                            4
2.- DESDE O PUNTO DE VISTA SOCIO-ECONÓMICO.

       2.1. O proxecto establece o perigo potencial que esta canteira supón para os
mananciais da empresa Augas de Mondariz (pax. 41 do EIA):


      “Otro acuífero que aparece y quizá sea el más importante de la zona, se localiza
     en los aluviones, fundamentalmente del río Tea, que recoge las aguas de
     escorrentía de una gran área. Además dicho acuífero detrítico debe estar
     favorecido por otro acuífero infrayacente, ligado a fracturas de gran envergadura
     en dirección N-S. La acusada fracturación y alteración del substrato, junto a la
     acumulación de materiales aluviales y las excelentes condiciones de recarga,
     unido a la elevada pluviometría y la frecuencia de las precipitaciones (que
     permiten la recuperación rápida de los niveles piezométricos) hacen de este
     aluvial el lugar más idóneo para la captación de augas subterráneas. Los
     acuíferos ligados a las fracturas N-S mencionados anteriormente son importantes
     desde un punto de vista químico de las aguas, ya que a ellos pertenecen las
     surgencias de aguas minero-medicinales existentes en la zona, algunas explotadas
     en Mondariz (Gándara, Troncoso y Fuente del Val)”.

En 2008, a cifra de negocio de Aguas de Mondariz superou os 20 millóns de euros
entre o mercado nacional, internacional e as vendas a empresas vencelladas.
Actualmente, é a empresa líder do sector no noroeste de España e móvese nas
primeiras posicións do ránking nacional. Cada ano, Aguas de Mondariz envasa máis
de 98 millóns de litros de auga mineral natural, que comercializa por todo o
mundo en forma de 140 millóns de botellas. Aguas de Mondariz conta cun persoal
medio de 112 empregados con carácter permanente. Debido á estacionalidade do
sector, o número de postos de traballo directos oscila segundo a época do ano,
chegando a alcanzar, nos meses de verán, ata 160 empregados. Máis do 85% dos
traballadores da compañía proceden dos concellos de Mondariz e Mondariz-Balneario,
na liña ao compromiso que a empresa mantén dende as súas orixes co entorno que a
rodea e as persoas que forman parte do mesmo. De xeito adicional, a actividade da
compañía permite xerar máis de 200 postos de traballo indirectos.


       2.2. A execución deste proxecto tamén poría en perigo os mananciais veciñais
para uso doméstico das parroquias de Gargamala e Sabaxáns (Mondariz), así como
Traspielas e Ventín (Fornelos de Montes), que teñen na paraxe coñecida como Prado
de Arriba -microtopónimo real no que se prevé instalar a canteira promovida por
MINOR GALICIA S.L.- a súa cubeta de recarga natural, tal e como recoñece o EIA. A
este respecto é necesario recordar que todas as captacións dos devanditos acuíferos
sitúanse na ladeira do Monte Maior ou Cotodeira, tanto na súa vertente N coma S.


       2.3. A maiores o proxecto ao que nos referimos prevé situar as súas tres (3)
zonas de explotación nunha cubeta natural que conforma unha braña, isto é, nun

                                                                                      5
húmidal de solos fértiles moi profundos, especialmente aptos para o pasto de gando
ceibe propiedade dos veciños das parroquias de Gargamala, Sabaxáns (Mondariz) e
Ventín e Traspielas (Fornelos de Montes), polo que a posta en marcha da canteira
suporía a erradicación das ducias de explotacións gandeiras de carácter extensivo
(vacas e cabalos) en todo o Monte Maior. Neste sentido é procedente subliñar que en
Monte Maior e Cotodeira pastan dous rabaños de vacas de raza Cachena
integrados no programa de recuperación de razas autóctonas galegas en perigo de
extinción dirixido dende a Consellaría do medio Rural5 a través do Centro de Recursos
Zooxenéticos de Fontefiz (Coles), que no ano 2006 estableceu un acordo de
colaboración con gandeiros da zona para introducir esta raza no monte.


No caso das reses equinas existentes na zona, un número considerable delas están
inscritas dentro do Libro Xenealóxico de Cabalo de Pura Raza Galega, neste caso o
centro director do programa é tamén a Consellería do Medio Rural6 a través do Centro
de Razas Equinas Autóctonas de Galicia en Sergude (Boqueixón).


A maior abundamento incluímos no ANEXO 2 o censo gandeiro oficial (vacas e
cabalos, tanto os de razas alóctonas como os autóctonos) neste ámbito a data de
marzo de 2010, aos efectos de probar o negativo impacto económico que esta
explotación tería sobre a economía dunha boa parte das familias das catro parroquias
citadas.




     Sobre estas liñas cachenas e becerros pastando no Prado de Arriba, o humidal no que se
                                    pretende abrir a canteira



2.4. Nos últimos lustros a Consellería de Medio Rural ten realizado, ben de forma
directa, ben indirectamente a través das Comunidades de Montes, unha serie de
investimentos en favor da economía silvo-pastoril que ten lugar en Monte Maior e

5
    Este programa está auxiliado con fondos europeos.
6
    Este programa está auxiliado con fondos europeos.
                                                                                              6
Cotodeira: peches, repoboacións, desbroces, cerramentos, instalación de pasos
canadianos ou tornavacas, mangas de saneamento gandeiro, etc... A posta en
explotación desta canteira convirtiría en inútiles boa parte destes investimentos
realizados con fondos públicos que, neste momento, se atopan en bo estado de
conservación e en perfectas condicións de uso. De analizarmos estes datos por
parroquias os resultados son:


   -   Os investimentos públicos totais no Monte Comunal de Gargamala, parroquia
       lindante polo S co lugar no que pretendese situarse a canteira que nos ocupa,
       no período 2001-2009 ascende a 148.032 €.
   -   Os investimentos públicos totais no Monte Comunal de Ventín, parroquia na
       que se pretende poñer en explotación a canteira que nos ocupa, no período
       2001-2009 ascende a 104.311 €.
   -   Os investimentos públicos totais no Monte Comunal de Traspielas, parroquia
       que linda polo W co lugar no que se pretende poñer en explotación a canteira
       que nos ocupa, no período 2001-2009 ascende a 154.171 €.
   -   Os investimentos públicos totais no Monte Comunal de Sabaxáns, parroquia
       lindante polo SE co lugar no que pretendese situarse a canteira que nos ocupa,
       no período 1998-2010 ascende a 584.071 €.




  Na imaxe un dos pasos canadianos que dá acceso á braña coñecida como Prado de Arriba,
 onde se pretende poñer en explotación a canteira. O paso, que é un dos accesos a unha zona
de pasto perfectamente valada grazas ao apoio económico da Xunta de Galicia , localízase nas
                              coordenadas 547177, 4683260


                                                                                          7
3.- DESDE O PUNTO DE VISTA CULTURAL.

        3.1. O ámbito no que se pretende poñer en explotación esta canteira pertence
ao campo de acoso dos Foxos da Chan da Anduriña, un conxunto de dous (2) foxos
                                                  7
que supoñen un exemplo único en Galicia de dispositivo tradicional para a captura do
lobo e outros animais salvaxes polo método de acoso. Deste complexo etnográfico, de
altísimo valor patrimonial e cultural, tense constancia escrita, cando menos, desde o
ano 16648, o que dá idea da súa antigüidade e valor patrimonial. A conservación,
restauración e posta en valor deste tipo de bens é obxectivo prioritario do Decreto
297/2008 do 30 de decembro polo que se aproba o Plan de Xestión do Lobo en Galicia
(DOG Nº 13, do 20 de xaneiro de 2009) que promove a Consellería de Medio
Ambiente, obxectivo este incompatible coa construción da canteira pola profunda
alteración morfolóxica do contorno deste extraordinario ben cultural. Tanto Decreto
297/2008 do 30 de decembro como a Lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia
esixen a protección non só das estruturas cinexéticas propiamente ditas, senón do
seu campo de acoso, isto é, do seu contorno9 ou zona de influencia, por ser esta
indisociable do ben cultural obxecto de protección. A este respecto, aínda que a
cuadrícula mineira se atope a 923 m exactamente do conxunto de foxos ao que nos
referimos, non é posible comprender as batidas comunais de lobos sen a súa
persecución previa ao longo de varios quilómetros a cargo de ducias de persoas, de aí
que a cuadrícula mineira aludida se localice dentro do campo de acoso do foxo.



        3.2. Pódese dicir, sen dúbida, que os traballos de extracción nesta zona
danarán o seu patrimonio etnográfico, arqueolóxico e cultural, empobrecendo e
alterando morfoloxicamente, de xeito negativo, o contorno paisaxístico no que se
asenta, polo que a administración debe informar desfavorablemente este proxecto de
explotación, como xa fixo en 2008 nun caso semellante –tamén noutro foxo do lobo-
na parroquia de Gargamala10. O lugar no que se pretende poñer en explotación o P.I.


7
   No conxunto da península Ibérica e no continente europeo este conxunto non ten, que coñezamos,
ningún paralelo, agás o portugués Fojo de Gondomar (Flower; 1971) e o burgalés Lobera de
Santiago127 (Grande del Brío; 1984).
8
   Nesta data os veciños das parroquias de Sabaxáns e Gargamala, ambas freguesías do concello de
Mondariz, mantiveron un preito contra o Conde de Salvaterra. No texto no que se describen os límites de
ambas parroquias consta literalmente o seguinte texto: “(...) Monte de la/ Forcadelas: El de Saramagos:
El del Prado de Oveja: El del/ Puerto Amurgo: El del Rosario de abajo y de arriba: Chan/ de Anduriña a
donde están dos fosos compuestos de piedra/ de cantería donde se corre la montería de Lobos y otros
vena/dos (...)”.
9
   A este respecto véxase o sinalado polo art. 14, 18 e 19 da Lei do Patrimonio Histórico Español. En
relación co concepto «zona de respeto» (como espacio máis exterior do contorno de protección dun ben
cultural), véxase a Sentencia do 29 de maio de 1989, da Sección 1ª, da Sala do Contencioso–
Administrativo do Tribunal Supremo (RJ 19894000).
10
   Referímonos ao foxo localizado na Chan do Foxo ou Foxo da Rega. O propósito de abrir unha canteira
no seu campo de acoso (Proxecto Gateira 2941) foi desestimado pola Xunta de Galicia.
                                                                                                     8
CLOE 3007.1 fai as veces de contraforte natural (polo W) da Serra do Suído, paisaxe
cultural sementada de numerosas estruturas de carácter etnográfico relacionadas coa
actividade gandeira e pastoril que desde época medieval se vén practicando na serra
(chouzos e parideiras, cabañas de pastores, sesteiros…)                  que non figuran no
Estudo de Impacto sobre o Patrimonio Cultural que contén o EIA do proxecto e que,
sen dúbida, constitúe un dos elementos que lle confiren maior singularidade a esta
serra.


         3.3. A maiores este espazo, na medida en que supón o límite natural das
parroquias de Sabaxáns e Gargamala (Mondariz) e Ventín e Traspielas (Fornelos de
Montes) conta cun bo número de cruces baixas e gravados de termo, que teñen a
consideración legal de Ben de Interese Cultural (BIC) por aplicación do Decreto
571/1963 (sobre protección de escudos, emblemas, pedras heráldicas, rolos de
xustiza, cruces de termo e pezas similares de interese histórico artístico (BOE nº 77,
do 30 de marzo) -caso do petróglifo de Seixiños Brancos ou dos gravados da Fonte
Santa- que non figuran no Estudo de Impacto sobre o Patrimonio Cultural que contén o
EIA do proxecto.




         Instantánea dun dos petróglifos de termo que ignora o EIA do proxecto, que ten a
                                   consideración legal de BIC




                                                                                            9
11
3.4. Ademais no EIA non se cita o paso do GR-58 ou Sendeiro das Greas                               pola
canteira en proxecto; tampouco que, de executarse a explotación proxectada, o
sendeiro desaparecería por completo, xa que a canteira prevé abrise xusto sobre a
súa traza. Ademais, segundo o proxecto “P.I. CLOE 3007.1”, o sendeiro será utilizado
polos camións da empresa para acceder á canteira desde a estrada local que une o
núcleo de Ventín coa PO-255, o que provocaría unha desfeita deste sendeiro natural
de uso peonil.




     Sobre estas liñas sinaléctica do Sendeiro das Greas (GR-58) ao seu paso por Cotodeira




11
  http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ctre=32111&crec=33749&cidi=G. Este sendeiro
denomínase así en razón das greas de cabalos e vacas que en lugares como este (Monte Maior e
Cotodeira) pastan ás ceibas.
                                                                                                     10
Prado de Arriba,
                                                        humidal protexido
                                                          sobre o que se
                                                         pretende abrir a
                                                       canteira proxectada




      Coto de Eira
      (884 msnm)




                                                                         12
Sobre estas liñas, en amarelo, localización do proxecto CLOE 3007.1 ; en vermello itinerario
        do Sendeiro das Greas (GR-58) da Mancomunidade Intermunicipal de Vigo.


3.5. Por último no EIA non se cita a anual Romaría de Cotodeira, unha ascensión a
pé que ten lugar o día 1º de maio desde tempo inmemorial partindo das distintas
parroquias da contorna. Tralo inverno e as chuvias de abril, a climatoloxía do novo
mes permite empezar cos traballos agrarios, que cómpre realizar con premura para a
sementeira (de aí as expresións estar amaiado ou andar co maio ao lombo cando un
está canso e baldado). Xa que logo as celebracións populares do 1º de maio -entre
elas esta de Cotodeira que referimos- explícanse por ser esta data un punto de
inflexión no tempus agrario tradicional no que teñen lugar boa parte das romarías do
noso país. No outeiro de Cotodeira, malia non existir capela nin construción relixiosa
algunha, si existiu unha cruz baixa sen figuración que veu sancionar unha tradición
romeira que quizais teña orixes pagás. A ascensión a Cotodeira do 1º de maio ten
lugar a través da pista forestal que, segundo o proxecto da canteira que nos ocupa,
tamén será utilizado polos camións da empresa para acceder á canteira desde a
estrada que une o núcleo de Ventín coa PO-255, o que provocará un deterioro
considerable desta vía de comunicación tradicional.



12
  Coordenadas dos vértices da cuadrícula: 546702, 4684558 / 547160, 4684561 / 547169, 4683327 /
546711, 4683324.

                                                                                                  11
Por todo isto SOLICITO:


1.- Que non se autorice a construción desta canteira a fin preservar as calidades
ambientais, paisaxísticas e culturais do espazo definido polo proxecto, por supoñer un
impacto ambiental CRÍTICO e IRREVERSIBLE sobre a paisaxe e o patrimonio natural
e cultural deste ámbito, sendo totalmente contraditorio cos valores que persigue
conservar a Lei 8/95 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 16/1985 do Patrimonio
Histórico Español, Lei 9/2001 de Conservación da Natureza e Lei 7/2008 de
Protección da Paisaxe de Galicia.



                               En........................................, a..........de marzo de 2010




                                         Asdo:




DIRECCIÓN XERAL DE MINAS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
XUNTA DE GALICIA




                                                                                                  12
ANEXO 1: Cartografía na que se superpón a localización do proxecto (círculo e
recadro vermellos) e a Proposta de Ampliación da Rede Natura 2000 que tramita a
Consellería de Medio Ambiente denominado SERRA DO SUÍDO.




                                                                            13
ANEXO 2: Censo gandeiro actualizado elaborado pola Consellería e Medio Rural
localizado no Monte Maior e Cotodeira.


                                           Explotacións 
               Total     Explotacións                                   Reses 
                                             bovinas     Total reses 
 Parroquia  explotacións  bovinas                                     bovinas no 
                                            activas no    bovinas 
              bovinas      activas                                      monte 
                                              monte 
  Ventín            19         16               5           74           41 
Traspielas          26         21               1           76           61 
Gargamala           24         19               9           215          192 
Sabaxáns            24         17               8           109          88 
 TOTAIS             93         73              23           474          382 




                                                         Nº de cabalos de Pura 
       Parroquia          Total explotacións equinas
                                                             Raza Galega 

        Ventín                       3                              ‐ 
      Traspielas                     2                              ‐ 
      Gargamala                      4                             15 
      Sabaxáns                       2                              ‐ 
       TOTAIS                        11                            15 




                                                                                    14
ANEXO 3: Conxunto de Foxos do lobo da Chan da Anduriña, o único exemplar de foxo
duplo de Galicia. A canteira prevé abrirse dentro do seu campo de acoso.




BIBLIOGRAFÍA CITADA:

   -   Flower, E.: Lobos em Portugal (1933–1957). Publicação da Direcção Geral dos
       Serviços; Florestais e Aquícolas, Lisboa. 1971
   -   Grande del Brío, R.: El lobo ibérico. Biología y mitología. Serie Ciencias de la
       naturaleza. Ed. Hermann Blumme. Madrid. 1984




                                                                                     15

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Planificación dunha explotación marisqueira
Planificación dunha explotación marisqueiraPlanificación dunha explotación marisqueira
Planificación dunha explotación marisqueiraIES A Basella
 
Presentación do proxecto Marisma máis
Presentación do proxecto Marisma máisPresentación do proxecto Marisma máis
Presentación do proxecto Marisma máisMarisma Mais
 
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNP N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNmonadela
 
A Guarda a costa
A Guarda a costaA Guarda a costa
A Guarda a costaMonContos
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazomonadela
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careónmonadela
 
LIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As CatedraisLIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As Catedraismonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
A costa galega
A costa galegaA costa galega
A costa galegaMonContos
 
LIC Ons o Grove
LIC Ons o GroveLIC Ons o Grove
LIC Ons o Grovemonadela
 
Cariño. A costa
Cariño. A costaCariño. A costa
Cariño. A costamonadela
 
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo monadela
 
Vilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A CostaVilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A CostaMonContos
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costaMonContos
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoMonContos
 

La actualidad más candente (19)

Os espazos industriais en españa
Os espazos industriais en españaOs espazos industriais en españa
Os espazos industriais en españa
 
Planificación dunha explotación marisqueira
Planificación dunha explotación marisqueiraPlanificación dunha explotación marisqueira
Planificación dunha explotación marisqueira
 
Tema 7 o sector primario
Tema 7  o sector primarioTema 7  o sector primario
Tema 7 o sector primario
 
Presentación do proxecto Marisma máis
Presentación do proxecto Marisma máisPresentación do proxecto Marisma máis
Presentación do proxecto Marisma máis
 
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNP N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
 
A Guarda a costa
A Guarda a costaA Guarda a costa
A Guarda a costa
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazo
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careón
 
LIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As CatedraisLIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As Catedrais
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Ría de Foz
Ría de FozRía de Foz
Ría de Foz
 
A costa galega
A costa galegaA costa galega
A costa galega
 
LIC Ons o Grove
LIC Ons o GroveLIC Ons o Grove
LIC Ons o Grove
 
Cariño. A costa
Cariño. A costaCariño. A costa
Cariño. A costa
 
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
 
Vilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A CostaVilagarcía da Arousa, A Costa
Vilagarcía da Arousa, A Costa
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costa
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do Eo
 

Destacado

My portfolio
My portfolioMy portfolio
My portfolioAnjtm
 
Anatomy Of An Agile .Net Project
Anatomy Of An Agile .Net ProjectAnatomy Of An Agile .Net Project
Anatomy Of An Agile .Net ProjectFredrik Kalseth
 
Test Driven Development (How To Achieve Clean Code)
Test Driven Development (How To Achieve Clean Code)Test Driven Development (How To Achieve Clean Code)
Test Driven Development (How To Achieve Clean Code)Fredrik Kalseth
 
The Benefits Of Social Networking
The Benefits Of Social NetworkingThe Benefits Of Social Networking
The Benefits Of Social NetworkingFredrik Kalseth
 
Using BrightWork for Project Management with SharePoint 2010 - from Atidan
Using BrightWork for Project Management with SharePoint 2010 - from AtidanUsing BrightWork for Project Management with SharePoint 2010 - from Atidan
Using BrightWork for Project Management with SharePoint 2010 - from AtidanDavid J Rosenthal
 

Destacado (6)

My portfolio
My portfolioMy portfolio
My portfolio
 
Anatomy Of An Agile .Net Project
Anatomy Of An Agile .Net ProjectAnatomy Of An Agile .Net Project
Anatomy Of An Agile .Net Project
 
Test Driven Development (How To Achieve Clean Code)
Test Driven Development (How To Achieve Clean Code)Test Driven Development (How To Achieve Clean Code)
Test Driven Development (How To Achieve Clean Code)
 
The Benefits Of Social Networking
The Benefits Of Social NetworkingThe Benefits Of Social Networking
The Benefits Of Social Networking
 
Using BrightWork for Project Management with SharePoint 2010 - from Atidan
Using BrightWork for Project Management with SharePoint 2010 - from AtidanUsing BrightWork for Project Management with SharePoint 2010 - from Atidan
Using BrightWork for Project Management with SharePoint 2010 - from Atidan
 
Workflow systems
Workflow systemsWorkflow systems
Workflow systems
 

Similar a Alegación contra a canteira de Cotodeira

Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   SghnAlegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghnguestd00645
 
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   SghnAlegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle SghnjignacioYosy
 
Alegaciones M I N A D E A N D A L U C I T A
Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T AAlegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A
Alegaciones M I N A D E A N D A L U C I T AjignacioYosy
 
Tema 3. Lecciones 3 4
Tema 3. Lecciones 3 4Tema 3. Lecciones 3 4
Tema 3. Lecciones 3 4dudashistoria
 
Tema 4 paisaxes naturais e interrelacions natureza sociedade esquema resumo
Tema 4 paisaxes naturais e interrelacions natureza sociedade esquema resumoTema 4 paisaxes naturais e interrelacions natureza sociedade esquema resumo
Tema 4 paisaxes naturais e interrelacions natureza sociedade esquema resumoluis gomez amoedo
 
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientaisTema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientaisDudas-Historia
 
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia Sghn
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia   SghnPropuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia   Sghn
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia Sghnguestd00645
 
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia Sghn
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia   SghnPropuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia   Sghn
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia SghnjignacioYosy
 
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...jignacioYosy
 
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...jignacioYosy
 
Nigrán, a costa
Nigrán, a costaNigrán, a costa
Nigrán, a costaMonContos
 
Desenvolvemento Sostible
Desenvolvemento SostibleDesenvolvemento Sostible
Desenvolvemento Sostible0laya91
 
Sos Ria De Vigo
Sos Ria De VigoSos Ria De Vigo
Sos Ria De Vigomaeloc
 
Sos Ria De Vigo
Sos Ria De VigoSos Ria De Vigo
Sos Ria De Vigommeixide
 
Tema 3. Natureza e Sociedade. Harmonías, crises e impactos
Tema 3. Natureza e Sociedade. Harmonías, crises e impactosTema 3. Natureza e Sociedade. Harmonías, crises e impactos
Tema 3. Natureza e Sociedade. Harmonías, crises e impactosDudas-Historia
 
5.recursos enerxéticos potencialmente renovables
5.recursos enerxéticos potencialmente renovables5.recursos enerxéticos potencialmente renovables
5.recursos enerxéticos potencialmente renovablesCarmen Cid Manzano
 
Rianxo, A Costa
Rianxo, A CostaRianxo, A Costa
Rianxo, A CostaMonContos
 
Traballo cmc depuradora aguiño-sara martinez
Traballo cmc depuradora aguiño-sara martinezTraballo cmc depuradora aguiño-sara martinez
Traballo cmc depuradora aguiño-sara martinezEncarna Mariño Villa
 
Unidade 4 Medio Ambiente Mac
Unidade 4 Medio Ambiente MacUnidade 4 Medio Ambiente Mac
Unidade 4 Medio Ambiente Maccamposseijo
 

Similar a Alegación contra a canteira de Cotodeira (20)

Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   SghnAlegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
 
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   SghnAlegaciones Ao Proxecto De  RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle   Sghn
Alegaciones Ao Proxecto De RexeneracióN Das Marismas Do RíO Belelle Sghn
 
Alegaciones M I N A D E A N D A L U C I T A
Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T AAlegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A
Alegaciones M I N A D E A N D A L U C I T A
 
Tema 3. Lecciones 3 4
Tema 3. Lecciones 3 4Tema 3. Lecciones 3 4
Tema 3. Lecciones 3 4
 
Tema 4 paisaxes naturais e interrelacions natureza sociedade esquema resumo
Tema 4 paisaxes naturais e interrelacions natureza sociedade esquema resumoTema 4 paisaxes naturais e interrelacions natureza sociedade esquema resumo
Tema 4 paisaxes naturais e interrelacions natureza sociedade esquema resumo
 
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientaisTema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
Tema 10. Os recursos naturais e os impactos medioambientais
 
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia Sghn
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia   SghnPropuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia   Sghn
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia Sghn
 
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia Sghn
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia   SghnPropuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia   Sghn
Propuesta De ModificacióNs á RegulacióN De Humedais Protexidos De Galicia Sghn
 
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
 
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
 
Nigrán, a costa
Nigrán, a costaNigrán, a costa
Nigrán, a costa
 
Desenvolvemento Sostible
Desenvolvemento SostibleDesenvolvemento Sostible
Desenvolvemento Sostible
 
Sos Ria De Vigo
Sos Ria De VigoSos Ria De Vigo
Sos Ria De Vigo
 
Sos Ria De Vigo
Sos Ria De VigoSos Ria De Vigo
Sos Ria De Vigo
 
Proxecto auga
Proxecto augaProxecto auga
Proxecto auga
 
Tema 3. Natureza e Sociedade. Harmonías, crises e impactos
Tema 3. Natureza e Sociedade. Harmonías, crises e impactosTema 3. Natureza e Sociedade. Harmonías, crises e impactos
Tema 3. Natureza e Sociedade. Harmonías, crises e impactos
 
5.recursos enerxéticos potencialmente renovables
5.recursos enerxéticos potencialmente renovables5.recursos enerxéticos potencialmente renovables
5.recursos enerxéticos potencialmente renovables
 
Rianxo, A Costa
Rianxo, A CostaRianxo, A Costa
Rianxo, A Costa
 
Traballo cmc depuradora aguiño-sara martinez
Traballo cmc depuradora aguiño-sara martinezTraballo cmc depuradora aguiño-sara martinez
Traballo cmc depuradora aguiño-sara martinez
 
Unidade 4 Medio Ambiente Mac
Unidade 4 Medio Ambiente MacUnidade 4 Medio Ambiente Mac
Unidade 4 Medio Ambiente Mac
 

Más de Humberto Martínez

Proyecto de investigación sobre ABP
Proyecto de investigación sobre ABPProyecto de investigación sobre ABP
Proyecto de investigación sobre ABPHumberto Martínez
 
Estrategias de socialización rica para mi proyecto
Estrategias de socialización rica para mi proyectoEstrategias de socialización rica para mi proyecto
Estrategias de socialización rica para mi proyectoHumberto Martínez
 
Ventajas e inconvenientes abp e instrucción directa
Ventajas e inconvenientes abp e instrucción directaVentajas e inconvenientes abp e instrucción directa
Ventajas e inconvenientes abp e instrucción directaHumberto Martínez
 
As transformacións sociais e o socialismo
As transformacións sociais e o socialismoAs transformacións sociais e o socialismo
As transformacións sociais e o socialismoHumberto Martínez
 
Revolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberaisRevolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberaisHumberto Martínez
 
Cartel marcha protesta a cotodeira
Cartel marcha protesta a cotodeiraCartel marcha protesta a cotodeira
Cartel marcha protesta a cotodeiraHumberto Martínez
 
Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama
Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A LamaPatrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama
Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A LamaHumberto Martínez
 
Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural
Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio culturalAmeazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural
Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio culturalHumberto Martínez
 
Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)
Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)
Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)Humberto Martínez
 
Las Grandes Piedras (Sin Animación)
Las Grandes Piedras (Sin Animación)Las Grandes Piedras (Sin Animación)
Las Grandes Piedras (Sin Animación)Humberto Martínez
 
Intercambio educativo Galicia Canarias
Intercambio educativo Galicia  CanariasIntercambio educativo Galicia  Canarias
Intercambio educativo Galicia CanariasHumberto Martínez
 
Reportaxe dun mariñeiro galego
Reportaxe dun mariñeiro galegoReportaxe dun mariñeiro galego
Reportaxe dun mariñeiro galegoHumberto Martínez
 

Más de Humberto Martínez (20)

Proyecto de investigación sobre ABP
Proyecto de investigación sobre ABPProyecto de investigación sobre ABP
Proyecto de investigación sobre ABP
 
Estrategias de socialización rica para mi proyecto
Estrategias de socialización rica para mi proyectoEstrategias de socialización rica para mi proyecto
Estrategias de socialización rica para mi proyecto
 
Análise dun proxecto
Análise dun proxectoAnálise dun proxecto
Análise dun proxecto
 
Ventajas e inconvenientes abp e instrucción directa
Ventajas e inconvenientes abp e instrucción directaVentajas e inconvenientes abp e instrucción directa
Ventajas e inconvenientes abp e instrucción directa
 
Imperialismo no s. xix
Imperialismo no s. xixImperialismo no s. xix
Imperialismo no s. xix
 
Lectura comprensiva
Lectura comprensivaLectura comprensiva
Lectura comprensiva
 
As transformacións sociais e o socialismo
As transformacións sociais e o socialismoAs transformacións sociais e o socialismo
As transformacións sociais e o socialismo
 
Revolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberaisRevolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberais
 
O proceso industrializador
O proceso industrializadorO proceso industrializador
O proceso industrializador
 
Cartel marcha protesta a cotodeira
Cartel marcha protesta a cotodeiraCartel marcha protesta a cotodeira
Cartel marcha protesta a cotodeira
 
Proposta Ministerio
Proposta MinisterioProposta Ministerio
Proposta Ministerio
 
Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama
Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A LamaPatrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama
Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama
 
Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural
Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio culturalAmeazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural
Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural
 
Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)
Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)
Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)
 
Las Grandes Piedras (Sin Animación)
Las Grandes Piedras (Sin Animación)Las Grandes Piedras (Sin Animación)
Las Grandes Piedras (Sin Animación)
 
Kakarot
KakarotKakarot
Kakarot
 
Intercambio educativo Galicia Canarias
Intercambio educativo Galicia  CanariasIntercambio educativo Galicia  Canarias
Intercambio educativo Galicia Canarias
 
Reportaxe dun mariñeiro galego
Reportaxe dun mariñeiro galegoReportaxe dun mariñeiro galego
Reportaxe dun mariñeiro galego
 
Xestos Sostibles ( Galego)
Xestos Sostibles ( Galego)Xestos Sostibles ( Galego)
Xestos Sostibles ( Galego)
 
Auschwitz Gaza
Auschwitz   GazaAuschwitz   Gaza
Auschwitz Gaza
 

Alegación contra a canteira de Cotodeira

  • 1. ASUNTO: ALEGACIÓN CONTRA O P.I. CLOE nº 3007.1 PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA CANTEIRA NO MONTE COMUNAL DA PARROQUIA DE VENTÍN (FORNELOS DE MONTES) PROMOVIDO POLA EMPRESA MINOR GALICIA S.L. NOME E APELIDOS:........................................................................................................ con DNI nº ...................................................., en representación de .................................................................................e enderezo a efectos de notificación en....................................................................................................................................... enterado de que no Concello de Fornelos de Montes figura a exposición pública1 o Estudo de Impacto Ambiental (en diante EIA) e o Proxecto para construír unha canteira no Monte Comunal da parroquia de Ventín promovido pola empresa Minor Granitos S.L., formula as seguintes ALEGACIÓNS: 1.- DESDE O PUNTO DE VISTA NATURAL E PAISAXÍSTICO. 1.1 A autorización da explotación afectaría á proposta de ampliación da Rede Natura 2000 (VER ANEXO 1) presentada pola Xunta (Consellaría de Medio Ambiente) en 2008 e coordenada polo IBADER, USC, particularmente á área de ampliación do LIC Río Tea, ES1140006, alongado en 1.697,81 Ha. Este espazo –un humidal ou braña- atópase na cabeceira da bacía fluvial que nos ocupa, precisamente nos planaltos nos que estará localizada a explotación que agora se solicita, cuestión esta que o EIA omite por completo. Con esta ampliación trátase de aumentar a representatividade das áreas de matogueiras atlánticas ácidas nas serras litorais (hábitats *4040 e 4030, o primeiro deles considerado prioritario segundo a Directiva 92/43CEE e presente na área de estudo, contrariamente ao indicado no EIA), así como garantir a boa calidade hídrica e biodiversidade do alto Tea. O Monte Maior é un espazo coroado polo outeiro que recibe o nome de Coto de Eira ou Cotodeira, é un único espazo natural integrado na Serra do Suído que, desde o punto de vista administrativo, é compartido polos concellos de Fornelos de Montes e Mondariz. 1 Ver resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 12 de xaneiro de 2010 (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2010). 1
  • 2. A canteira proxectada preténdese situar xusto dentro da braña –coñecida co nome de Prado de Arriba- que ilustra esta fotografía, un espazo de enorme valor paisaxístico e natural En relación á necesidade de protexer o Monte Maior e Cotodeira, o 23 de marzo de 2008 o Pleno da Corporación Municipal aprobou por unanimidade de todos os partidos políticos (PP, BNG e PSOE) solicitar á Consellería de Medio Ambiente a inclusión deste espazo natural na Rede Natura 2000 da Unión Europea. A este respecto é preciso aclarar que, malia que a canteira en cuestión non se explotará dentro do termo municipal de Mondariz, o espazo natural que o pleno da Corporación pretende dotar de protección é, como apuntamos, un só. Así mesmo o 19 de novembro de 2009 a Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio, dependente da Consellería de Política Territorial, Medio Ambiente e Infraestruturas, emitiu un informe2 no que establece a necesidade de clasificar (punto II.2.d) o Monte Maior e Cotodeira no PXOM de Mondariz en fase de tramitación como Solo Rústico de Especial Protección de Espazos Naturais. 1.2. O ámbito atinxido polo proxecto localízase xusto na depresión N do Coto de Eira (884 msnm), un espazo de extraordinario interese natural e paisaxístico que debería ser preservado de calquera tipo de explotación mineira, xa que esta 2 http://www.cmati.xunta.es/portal/webdav/site/cptopv/shared/es/pdfs/dxu/RESOLUCIONS%20PLANS% 20URBANISMO/20091120/MONDARIZ-SX%20IPAI%20PXOM.pdf 2
  • 3. prexudicaría os seus valores ambientais (flora, fauna, hábitats) e paisaxísticos de forma irreparable. A este respecto compre recordar que o monte coñecido como Monte Maior ou Cotodeira sufre xa o impacto de dúas explotacións mineiras a ceo aberto situadas na súa ladeira W, concretamente en Traspielas e Freaza, polo que a posta en explotación dunha nova canteira neste humidal situado á beira desta coroa montañosa tería un impacto irreversible sobre este prezado espazo natural. 1.3. A explotación desta canteira provocaría unha serie de impactos directos sobre a poboación máis próxima (Ventín de Arriba, Ventín de Abaixo, Bustelos, Traspielas, Piñeiro e A Cachela) nomeadamente ruídos (explosións, voladuras e circulación de camións, palas cargadoras e retroescavadoras) que, sumados aos que xa xeran as canteiras de Traspielas e Freaza, provocarían un notable aumento da contaminación acústica sobre toda a veciñanza, especialmente sobre a máis avellentada (segundo o IGE a poboación actual de Fornelos de Montes de máis de 65 anos supera o 27% do padrón). Coto de Eira (884 msnm) Prado de Arriba, humidal protexido sobre o que se pretende abrir a canteira proxectada 1.4. A canteira tamén tería unha afección considerable sobre a cabeceira dos mananciais de dous dos principais afluentes do río Tea polo N (incluído na Rede Natura 2000 da UE), os ríos Furafolla e Alén, que tamén teñen a consideración de LIC. A este respecto é necesario recordar que o proxecto ao que nos referimos prevé 3
  • 4. a apertura de 3 zonas de explotación3 todas elas situadas nunha cubeta natural ou braña, isto é, nunha zona húmida que constitúe unha zona de recarga fundamental para os mananciais subterráneos. A este respecto é capital coñecer que dentro da cuadrícula mineira na que se prevé poñer en explotación esta canteira nacen (ver Plano nº 7 do EIA) o Regato de Matacán (que desauga en sentido NW-SE pola ladeira de Mondariz en dirección ao río Tea) e tamén o Río de Ventín (que desauga en sentido SE-NW pola ladeira de Fornelos de Montes en dirección ao río Oitavén- Verdugo4), cuestión esta que non é obxecto de consideración ou valoración algunha no EIA, salvo o recoñecemento da súa existencia. Neste sentido cómpre lembrar que o ano 1971 tivo lugar a sinatura da Convención Internacional sobre Humidais en Ramsar (Irán). Este documento pretende pór de manifesto a importancia das zonas húmidas do Planeta para facer fronte aos efectos da mudanza climática. En Galicia a lexislación ambiental que protexe estes humidais son a Directiva Hábitats 92/43/CEE, a Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade e o Decreto 127/2008 dos Humidais Protexidos de Galicia (DOG nº 122 do 25 de xuño de 2008). Precisamente o punto 2.6 do Inventario anexo a este Decreto protexe os Ecosistemas hidrófilos, concretamente os Humidais de Montaña (2.6.1.1). O art. 8 deste texto legal prohibe: b.- As actividades que directa ou indirectamente poidan producir o desecamento ou a alteración hidrolóxica do humidal. e) As modificacións da cubeta e das características morfolóxicas do humidal, o recheo do humidal con calquera tipo de material, así como a alteración topográfica da súa zona periférica de protección. f) As explotacións mineiras e extractivas, agás aquelas con dereitos outorgados con anterioridade ao 8 de xuño de 2004. 1.5. Ademais, desde o punto de vista estritamente paisaxístico, o EIA ignora que o alto de Cotodeira é o único punto da Serra do Suído, e consecuentemente dos concellos de Mondariz e Fornelos de Montes, desde o que é posible ver o mar, concretamente a ría de Vigo. 3 - Oco nº 1: ocupará 1,74 Ha, e del prevén extraer 124.900 m3 de granito ao longo de 9 anos. - Oco nº 2: ocupará 1,5 Ha, e del prevén extraer 77.080 m3 de granito ao longo de 5 anos. - Oco nº 3: ocupará 2,74 Ha, e del prevén extraer 246.750 m3 de granito ao longo de 17 anos. A maiores o proxecto prevé crear unha entulleira asociada ao Oco nº 1 que se encherá en 5 anos, mais a empresa non adianta onde irán parar os entullos que se produzan entón. 4 LIC proposto en fase de tramitación admnistrativa. 4
  • 5. 2.- DESDE O PUNTO DE VISTA SOCIO-ECONÓMICO. 2.1. O proxecto establece o perigo potencial que esta canteira supón para os mananciais da empresa Augas de Mondariz (pax. 41 do EIA): “Otro acuífero que aparece y quizá sea el más importante de la zona, se localiza en los aluviones, fundamentalmente del río Tea, que recoge las aguas de escorrentía de una gran área. Además dicho acuífero detrítico debe estar favorecido por otro acuífero infrayacente, ligado a fracturas de gran envergadura en dirección N-S. La acusada fracturación y alteración del substrato, junto a la acumulación de materiales aluviales y las excelentes condiciones de recarga, unido a la elevada pluviometría y la frecuencia de las precipitaciones (que permiten la recuperación rápida de los niveles piezométricos) hacen de este aluvial el lugar más idóneo para la captación de augas subterráneas. Los acuíferos ligados a las fracturas N-S mencionados anteriormente son importantes desde un punto de vista químico de las aguas, ya que a ellos pertenecen las surgencias de aguas minero-medicinales existentes en la zona, algunas explotadas en Mondariz (Gándara, Troncoso y Fuente del Val)”. En 2008, a cifra de negocio de Aguas de Mondariz superou os 20 millóns de euros entre o mercado nacional, internacional e as vendas a empresas vencelladas. Actualmente, é a empresa líder do sector no noroeste de España e móvese nas primeiras posicións do ránking nacional. Cada ano, Aguas de Mondariz envasa máis de 98 millóns de litros de auga mineral natural, que comercializa por todo o mundo en forma de 140 millóns de botellas. Aguas de Mondariz conta cun persoal medio de 112 empregados con carácter permanente. Debido á estacionalidade do sector, o número de postos de traballo directos oscila segundo a época do ano, chegando a alcanzar, nos meses de verán, ata 160 empregados. Máis do 85% dos traballadores da compañía proceden dos concellos de Mondariz e Mondariz-Balneario, na liña ao compromiso que a empresa mantén dende as súas orixes co entorno que a rodea e as persoas que forman parte do mesmo. De xeito adicional, a actividade da compañía permite xerar máis de 200 postos de traballo indirectos. 2.2. A execución deste proxecto tamén poría en perigo os mananciais veciñais para uso doméstico das parroquias de Gargamala e Sabaxáns (Mondariz), así como Traspielas e Ventín (Fornelos de Montes), que teñen na paraxe coñecida como Prado de Arriba -microtopónimo real no que se prevé instalar a canteira promovida por MINOR GALICIA S.L.- a súa cubeta de recarga natural, tal e como recoñece o EIA. A este respecto é necesario recordar que todas as captacións dos devanditos acuíferos sitúanse na ladeira do Monte Maior ou Cotodeira, tanto na súa vertente N coma S. 2.3. A maiores o proxecto ao que nos referimos prevé situar as súas tres (3) zonas de explotación nunha cubeta natural que conforma unha braña, isto é, nun 5
  • 6. húmidal de solos fértiles moi profundos, especialmente aptos para o pasto de gando ceibe propiedade dos veciños das parroquias de Gargamala, Sabaxáns (Mondariz) e Ventín e Traspielas (Fornelos de Montes), polo que a posta en marcha da canteira suporía a erradicación das ducias de explotacións gandeiras de carácter extensivo (vacas e cabalos) en todo o Monte Maior. Neste sentido é procedente subliñar que en Monte Maior e Cotodeira pastan dous rabaños de vacas de raza Cachena integrados no programa de recuperación de razas autóctonas galegas en perigo de extinción dirixido dende a Consellaría do medio Rural5 a través do Centro de Recursos Zooxenéticos de Fontefiz (Coles), que no ano 2006 estableceu un acordo de colaboración con gandeiros da zona para introducir esta raza no monte. No caso das reses equinas existentes na zona, un número considerable delas están inscritas dentro do Libro Xenealóxico de Cabalo de Pura Raza Galega, neste caso o centro director do programa é tamén a Consellería do Medio Rural6 a través do Centro de Razas Equinas Autóctonas de Galicia en Sergude (Boqueixón). A maior abundamento incluímos no ANEXO 2 o censo gandeiro oficial (vacas e cabalos, tanto os de razas alóctonas como os autóctonos) neste ámbito a data de marzo de 2010, aos efectos de probar o negativo impacto económico que esta explotación tería sobre a economía dunha boa parte das familias das catro parroquias citadas. Sobre estas liñas cachenas e becerros pastando no Prado de Arriba, o humidal no que se pretende abrir a canteira 2.4. Nos últimos lustros a Consellería de Medio Rural ten realizado, ben de forma directa, ben indirectamente a través das Comunidades de Montes, unha serie de investimentos en favor da economía silvo-pastoril que ten lugar en Monte Maior e 5 Este programa está auxiliado con fondos europeos. 6 Este programa está auxiliado con fondos europeos. 6
  • 7. Cotodeira: peches, repoboacións, desbroces, cerramentos, instalación de pasos canadianos ou tornavacas, mangas de saneamento gandeiro, etc... A posta en explotación desta canteira convirtiría en inútiles boa parte destes investimentos realizados con fondos públicos que, neste momento, se atopan en bo estado de conservación e en perfectas condicións de uso. De analizarmos estes datos por parroquias os resultados son: - Os investimentos públicos totais no Monte Comunal de Gargamala, parroquia lindante polo S co lugar no que pretendese situarse a canteira que nos ocupa, no período 2001-2009 ascende a 148.032 €. - Os investimentos públicos totais no Monte Comunal de Ventín, parroquia na que se pretende poñer en explotación a canteira que nos ocupa, no período 2001-2009 ascende a 104.311 €. - Os investimentos públicos totais no Monte Comunal de Traspielas, parroquia que linda polo W co lugar no que se pretende poñer en explotación a canteira que nos ocupa, no período 2001-2009 ascende a 154.171 €. - Os investimentos públicos totais no Monte Comunal de Sabaxáns, parroquia lindante polo SE co lugar no que pretendese situarse a canteira que nos ocupa, no período 1998-2010 ascende a 584.071 €. Na imaxe un dos pasos canadianos que dá acceso á braña coñecida como Prado de Arriba, onde se pretende poñer en explotación a canteira. O paso, que é un dos accesos a unha zona de pasto perfectamente valada grazas ao apoio económico da Xunta de Galicia , localízase nas coordenadas 547177, 4683260 7
  • 8. 3.- DESDE O PUNTO DE VISTA CULTURAL. 3.1. O ámbito no que se pretende poñer en explotación esta canteira pertence ao campo de acoso dos Foxos da Chan da Anduriña, un conxunto de dous (2) foxos 7 que supoñen un exemplo único en Galicia de dispositivo tradicional para a captura do lobo e outros animais salvaxes polo método de acoso. Deste complexo etnográfico, de altísimo valor patrimonial e cultural, tense constancia escrita, cando menos, desde o ano 16648, o que dá idea da súa antigüidade e valor patrimonial. A conservación, restauración e posta en valor deste tipo de bens é obxectivo prioritario do Decreto 297/2008 do 30 de decembro polo que se aproba o Plan de Xestión do Lobo en Galicia (DOG Nº 13, do 20 de xaneiro de 2009) que promove a Consellería de Medio Ambiente, obxectivo este incompatible coa construción da canteira pola profunda alteración morfolóxica do contorno deste extraordinario ben cultural. Tanto Decreto 297/2008 do 30 de decembro como a Lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia esixen a protección non só das estruturas cinexéticas propiamente ditas, senón do seu campo de acoso, isto é, do seu contorno9 ou zona de influencia, por ser esta indisociable do ben cultural obxecto de protección. A este respecto, aínda que a cuadrícula mineira se atope a 923 m exactamente do conxunto de foxos ao que nos referimos, non é posible comprender as batidas comunais de lobos sen a súa persecución previa ao longo de varios quilómetros a cargo de ducias de persoas, de aí que a cuadrícula mineira aludida se localice dentro do campo de acoso do foxo. 3.2. Pódese dicir, sen dúbida, que os traballos de extracción nesta zona danarán o seu patrimonio etnográfico, arqueolóxico e cultural, empobrecendo e alterando morfoloxicamente, de xeito negativo, o contorno paisaxístico no que se asenta, polo que a administración debe informar desfavorablemente este proxecto de explotación, como xa fixo en 2008 nun caso semellante –tamén noutro foxo do lobo- na parroquia de Gargamala10. O lugar no que se pretende poñer en explotación o P.I. 7 No conxunto da península Ibérica e no continente europeo este conxunto non ten, que coñezamos, ningún paralelo, agás o portugués Fojo de Gondomar (Flower; 1971) e o burgalés Lobera de Santiago127 (Grande del Brío; 1984). 8 Nesta data os veciños das parroquias de Sabaxáns e Gargamala, ambas freguesías do concello de Mondariz, mantiveron un preito contra o Conde de Salvaterra. No texto no que se describen os límites de ambas parroquias consta literalmente o seguinte texto: “(...) Monte de la/ Forcadelas: El de Saramagos: El del Prado de Oveja: El del/ Puerto Amurgo: El del Rosario de abajo y de arriba: Chan/ de Anduriña a donde están dos fosos compuestos de piedra/ de cantería donde se corre la montería de Lobos y otros vena/dos (...)”. 9 A este respecto véxase o sinalado polo art. 14, 18 e 19 da Lei do Patrimonio Histórico Español. En relación co concepto «zona de respeto» (como espacio máis exterior do contorno de protección dun ben cultural), véxase a Sentencia do 29 de maio de 1989, da Sección 1ª, da Sala do Contencioso– Administrativo do Tribunal Supremo (RJ 19894000). 10 Referímonos ao foxo localizado na Chan do Foxo ou Foxo da Rega. O propósito de abrir unha canteira no seu campo de acoso (Proxecto Gateira 2941) foi desestimado pola Xunta de Galicia. 8
  • 9. CLOE 3007.1 fai as veces de contraforte natural (polo W) da Serra do Suído, paisaxe cultural sementada de numerosas estruturas de carácter etnográfico relacionadas coa actividade gandeira e pastoril que desde época medieval se vén practicando na serra (chouzos e parideiras, cabañas de pastores, sesteiros…) que non figuran no Estudo de Impacto sobre o Patrimonio Cultural que contén o EIA do proxecto e que, sen dúbida, constitúe un dos elementos que lle confiren maior singularidade a esta serra. 3.3. A maiores este espazo, na medida en que supón o límite natural das parroquias de Sabaxáns e Gargamala (Mondariz) e Ventín e Traspielas (Fornelos de Montes) conta cun bo número de cruces baixas e gravados de termo, que teñen a consideración legal de Ben de Interese Cultural (BIC) por aplicación do Decreto 571/1963 (sobre protección de escudos, emblemas, pedras heráldicas, rolos de xustiza, cruces de termo e pezas similares de interese histórico artístico (BOE nº 77, do 30 de marzo) -caso do petróglifo de Seixiños Brancos ou dos gravados da Fonte Santa- que non figuran no Estudo de Impacto sobre o Patrimonio Cultural que contén o EIA do proxecto. Instantánea dun dos petróglifos de termo que ignora o EIA do proxecto, que ten a consideración legal de BIC 9
  • 10. 11 3.4. Ademais no EIA non se cita o paso do GR-58 ou Sendeiro das Greas pola canteira en proxecto; tampouco que, de executarse a explotación proxectada, o sendeiro desaparecería por completo, xa que a canteira prevé abrise xusto sobre a súa traza. Ademais, segundo o proxecto “P.I. CLOE 3007.1”, o sendeiro será utilizado polos camións da empresa para acceder á canteira desde a estrada local que une o núcleo de Ventín coa PO-255, o que provocaría unha desfeita deste sendeiro natural de uso peonil. Sobre estas liñas sinaléctica do Sendeiro das Greas (GR-58) ao seu paso por Cotodeira 11 http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ctre=32111&crec=33749&cidi=G. Este sendeiro denomínase así en razón das greas de cabalos e vacas que en lugares como este (Monte Maior e Cotodeira) pastan ás ceibas. 10
  • 11. Prado de Arriba, humidal protexido sobre o que se pretende abrir a canteira proxectada Coto de Eira (884 msnm) 12 Sobre estas liñas, en amarelo, localización do proxecto CLOE 3007.1 ; en vermello itinerario do Sendeiro das Greas (GR-58) da Mancomunidade Intermunicipal de Vigo. 3.5. Por último no EIA non se cita a anual Romaría de Cotodeira, unha ascensión a pé que ten lugar o día 1º de maio desde tempo inmemorial partindo das distintas parroquias da contorna. Tralo inverno e as chuvias de abril, a climatoloxía do novo mes permite empezar cos traballos agrarios, que cómpre realizar con premura para a sementeira (de aí as expresións estar amaiado ou andar co maio ao lombo cando un está canso e baldado). Xa que logo as celebracións populares do 1º de maio -entre elas esta de Cotodeira que referimos- explícanse por ser esta data un punto de inflexión no tempus agrario tradicional no que teñen lugar boa parte das romarías do noso país. No outeiro de Cotodeira, malia non existir capela nin construción relixiosa algunha, si existiu unha cruz baixa sen figuración que veu sancionar unha tradición romeira que quizais teña orixes pagás. A ascensión a Cotodeira do 1º de maio ten lugar a través da pista forestal que, segundo o proxecto da canteira que nos ocupa, tamén será utilizado polos camións da empresa para acceder á canteira desde a estrada que une o núcleo de Ventín coa PO-255, o que provocará un deterioro considerable desta vía de comunicación tradicional. 12 Coordenadas dos vértices da cuadrícula: 546702, 4684558 / 547160, 4684561 / 547169, 4683327 / 546711, 4683324. 11
  • 12. Por todo isto SOLICITO: 1.- Que non se autorice a construción desta canteira a fin preservar as calidades ambientais, paisaxísticas e culturais do espazo definido polo proxecto, por supoñer un impacto ambiental CRÍTICO e IRREVERSIBLE sobre a paisaxe e o patrimonio natural e cultural deste ámbito, sendo totalmente contraditorio cos valores que persigue conservar a Lei 8/95 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 9/2001 de Conservación da Natureza e Lei 7/2008 de Protección da Paisaxe de Galicia. En........................................, a..........de marzo de 2010 Asdo: DIRECCIÓN XERAL DE MINAS CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA XUNTA DE GALICIA 12
  • 13. ANEXO 1: Cartografía na que se superpón a localización do proxecto (círculo e recadro vermellos) e a Proposta de Ampliación da Rede Natura 2000 que tramita a Consellería de Medio Ambiente denominado SERRA DO SUÍDO. 13
  • 14. ANEXO 2: Censo gandeiro actualizado elaborado pola Consellería e Medio Rural localizado no Monte Maior e Cotodeira. Explotacións  Total  Explotacións  Reses  bovinas  Total reses  Parroquia  explotacións  bovinas  bovinas no  activas no  bovinas  bovinas  activas  monte  monte  Ventín  19  16  5  74  41  Traspielas  26  21  1  76  61  Gargamala  24  19  9  215  192  Sabaxáns  24  17  8  109  88  TOTAIS  93  73  23  474  382  Nº de cabalos de Pura  Parroquia  Total explotacións equinas Raza Galega  Ventín  3  ‐  Traspielas  2  ‐  Gargamala  4  15  Sabaxáns  2  ‐  TOTAIS  11  15  14
  • 15. ANEXO 3: Conxunto de Foxos do lobo da Chan da Anduriña, o único exemplar de foxo duplo de Galicia. A canteira prevé abrirse dentro do seu campo de acoso. BIBLIOGRAFÍA CITADA: - Flower, E.: Lobos em Portugal (1933–1957). Publicação da Direcção Geral dos Serviços; Florestais e Aquícolas, Lisboa. 1971 - Grande del Brío, R.: El lobo ibérico. Biología y mitología. Serie Ciencias de la naturaleza. Ed. Hermann Blumme. Madrid. 1984 15