Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

1º domingo advento c 2012

821 visualizaciones

Publicado el

  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

1º domingo advento c 2012

  1. 1. “Suscitarei a David un vástago lexítimo que fará xustiza e dereito na terra”. Con este anuncio do profeta Xeremíasiniciamos o camiño do Advento.
  2. 2. “Estade sempre espertos, pedindo forza para escapar de todo o que está por vir, e mantédevos en pé ante o Fillo do Home”. Lucas 21, 25.27-28.36
  3. 3. O evanxeo non anuncia un mundo alterado e sinistro. Só nos advirte da caducidade da vida e de todos os seus logros e progresos. Todo é relativo.
  4. 4. Significa o traballo e a vixilancia, o esforzo e a confianzacon que esperamos o Reino de Deus.
  5. 5. “Verán o Fillo do Home vir nunha nube“Verán o Fillo do Home vir nunha nube con gran poder e gloria” con gran poder e gloria” A frase inclúe unha contraposición entre a aparencia e a verdade de Xesús que resume todo o evanxeo.
  6. 6. “Fillo do Home” reflicte a humanidadee a humildade do Mestre de Nazaré. A nube é un símbolo que expresa ben a distancia próxima da divindade Que ao mesmo tempo se vela e se revela.
  7. 7. O evanxeo fala tamén do home. Aínda que se crea moi libre, o ser humano é un pobre escravo: • de forzas exteriores que o oprimen e manipulan• e de dependencias interiores, ás veces, inconfesables.
  8. 8. A súa escravitude non é unha fatalidade. O que foi creado en liberdadefoi chamado a soñar e alcanzar a liberdade.
  9. 9. Hai que procurarvencer o soño. E para iso, mellor é exercitarse na sobriedade e a abstinencia.
  10. 10. A esperanza necesita ser sostida pola forza do alto.As boas intencións teñen que ser apoiadas por constantes oracións.
  11. 11. Coma os israelitas na noite en que saíron de Exipto, temos que estar sempre dispostos a saír ao camiño para esperaro Señor da historia.
  12. 12. Señor Xesús, todo nos invita a vivir ancorados no presente, satisfeitos dos nosos logros e adurmiñados na nosa comodidade.Axúdanos a manter o don da esperanza e a viviragardando a túa manifestación na nosa vida. Amén.
  13. 13. José Román Flecha AndrésPalabra del Señor, Salamanca , Editorial.Secretariado Trinitario,2007Presentación: Antonia Castro Panero

×