SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 50
CARLOS CASARES
LETRAS GALEGAS 2017
INDICE
A vida ...en Xinzo.............................................................................Diapositivas 3-4
A vida ...en Ourense.......................................................................Diapositivas 5-7
A vida ...en Compostela................................................................Diapositivas 8-16
A vida ...en Viana do Bolo.............................................................Diapositivas 17
A vida ...en Bilbao...........................................................................Diapositivas 18
A vida ...entre Ourense e Suecia..................................................Diapositivas 19-20
A vida ...en Cangas........................................................................Diapositivas 21-35
A vida ...en Vigo..............................................................................Diapositivas 36-44
A morte ...en Vigo...........................................................................Diapositiva 45
A vida ...en Xinzo
Se me preguntan o que son, respondo: un contador de historias.
Carlos Casares
Mouriño naceu un 24
de agosto de 1941 en
Ourense. A súa infancia
transcorreu entre a
parroquia de Beiro e
Xinzo de Limia, onde
trasladaran ao seu pai,
mestre de profesión.
A vida ...en Xinzo
Se me preguntan o que son, respondo: un contador de historias.
A súa personalidade ergueuse sobre un substrato
familiar de raíz rural (un pai máis ben republicano,
apenas relixioso e desafecto ao réxime franquista e
unha nai devota crente, católica practicante e cunha
saga familiar de figuras eclesiásticas entre tíos,
irmáns e curmáns) e un substrato social tamén de
raíz rural (noites arredor da lareira, historias
fantásticas contadas polo tío Lamas, o pracer de
observar o mundo e de contalo) propio das xentes
da Limia e Ourense, propio da cultura campesiña cun
único idioma: o galego.
A vida ...en Ourense
Eu quería ser bispo, non cura. Bispo con moto e cabalo.
O rapaz Carlos, o Kubalita,
adoraba o futbol, o cine e reparar
pequenas máquinas no obradoiro
que o seu pai montara na escola.
Pero a súa nai apártao do mundo
libre da aldea galega para
ingresalo no Seminario de
Ourense, onde o emprego do
galego estaba estritamente
prohibido e severamente penado.
A vida ...en Ourense
Eu quería ser bispo, non cura. Bispo con moto e cabalo.
A súa adolescencia viviuna internado no
Seminario (52-58), onde padeceu
represalias idiomáticas: Cada vez que dicías
unha palabra en galego tiñas que escribir
mil, cinco mil, dez mil veces “no hablaré
gallego”. Neste réxime carcerario naceu o
seu espírito inconformista e a súa primeira
experiencia literaria: El averno, periódico
humorístico que lle valeu tantos castigos
como para saír do Seminario e acabar o
Bacharelato por libre no Instituto.
A vida ...en Ourense
O sistema era claramente represivo (por perseguir até perseguía as
festas do Entroido). A imposición era violenta (con enfrontamentos
a tiros entre maquis e gardas civís).
No último curso de Bacharelato (1959),
gaña un concurso de contos presidido por
Vicente Risco, que lle permitirá asistir aos
seus faladoiros e coñecer da súa man a
obra de Castelao.
O país vivía na “longa noite de pedra”
(apoxeo do nacional-catolicismo) e o
Galeguismo comezara a artellarse arredor
da editorial Galaxia (de 1950).
A vida ...en Compostela
Vento ferido. 1967.
Na década dos 60, en Compostela, Casares
vai estudar Filoloxía Románica e o mesmo
ano no que obtén o título, 1967, publicará a
súa primeira obra: os doce relatos de Vento
ferido. Pero Compostela vai supor moito
máis para el, pois vai entrar no activismo
galeguista e na resistencia clandestina,
tentando mediar entre os círculos
galeguistas e a esquerda universitaria que se
atopaba moi afastada da cuestión galega.
A vida ...en Compostela
Vento ferido. 1967.
Son relatos que supoñen o inicio da súa
narrativa e que abordan a temática da
frustración e da violencia a través de
distintas voces narrativas, con reiterada
presenza do monólogo interior e servíndose
da ruptura temporal, como era habitual nas
obras d@s escritor@s vencellados á Nova
Narrativa Galega, c@s que comparte
Casares a ansia de renovación técnica, se
ben se distancia deles pola presenza das
realidades galegas nos seus textos.
A vida ...en Compostela
Vento ferido. 1967.
Este libro nace como resposta ao mito
Mourullo. Eu lin “Memorias de Tains” e non
me convenceu. Dificultaba o contacto cos
lectores. Lela era máis un esforzo de
vontade ca un pracer.
A vida ...en Compostela
Piñeiro foi o máis importante que atopei en Santiago. Moito máis
importante que a Universidade.
En Compostela entrou en contacto
cos poetas Arcadio López-Casanova
e Salvador García-Bodaño, a través
deste último comezou a tomar
contacto co galeguismo cultural da
Asociación O Galo. Pero, grazas ao
primeiro coñeceu a alguén que sería
fundamental na súa vida: Ramón
Piñeiro.
A vida ...en Compostela
Os galeguistas eramos uns bichos raros, que non tiñamos atractivo nin
interese político para a esquerda estudantil.
Formando parte da resistencia
democrática contra o
franquismo, primeiro desde
unha posición de cristián
progresista e despois como
socialista galeguista, participou
na primeira homenaxe floral a
Rosalía, no primeiro ano que o
réxime permitiu a celebración
do Día das Letras Galegas
(1963).
Curiosamente o primeiro acto da RAG no Primeiro
Día das Letras Galegas de 1963 foi a ofrenda floral a
Murguía.
A vida ...en Compostela
A lingua dos galegos é o galego e eu, desde o meu oficio, estou a
defender esa lingua con todas as miñas forzas.
No ano en que publicou Vento
ferido, 1967, participou na
organización do recital do cantautor
Raimon, que sería o desencadeante
do movemento Voces Ceibes,
expresión galega da canción
protesta; de grande importancia para
a galeguización universitaria, pois
Casares e García-Bodaño traduciron
as cancións do catalán ao galego.
A vida ...en Compostela
A galiña azul. 1968
Obra pioneira da literatura infantil en
galego, que o autor confesa que escribiu
non por afección persoal, senón polo seu
compromiso co idioma.
A literatura para nenos é literatura coas mesmas
exixencias que a literatura para adultos. Eu
escribín algunhas cousas para nenos pero por
razóns circunstanciais.
A vida ...en Compostela
Cambio en tres. 1969
É a primeira novela de Casares, na que dá
prioridade ao experimentalismo técnico sobre
a historia para expresar unha visión crítica e
intelectualizada da sociedade, a través dun
narrador-testemuña de perfil sociocultural
baixo, un emigrante retornado, que lle permite
integrar a temática social.
A vida ...en Compostela
Cambio en tres. 1969
Por un lado non me gustaba o que se
chamaba o ruralismo temático e o
tradicionalismo formal da narrativa galega,
pero tampouco me gustaba a deserción que
da realidade galega facían os narradores
novos. Por iso quixen combinar unha
temática tópica, como a emigración, cunha
forma vangardista.
A vida ...en Viana do Bolo
Cuns curas novos de Ribadavia e outros mozos da vila, organicei a
proxección da película “Nove cartas a Berta”, de Patino, con coloquios
sobre a liberdade de expresión ou a sexualidade. Entrou a garda civil, pois
coas nosas ideas “perturbabamos a paz do pobo”.
Acabada a carreira e co título recén
estreado, Casares é destinado ao
Colexio Público de Viana do Bolo, pero,
acusado de comunista, será expulsado
do centro e prohibiraselle o exercicio
da docencia en Galicia.
A vida ...en Bilbao
Estou casado cunha rapaza sueca e paso catro meses ao ano no
país máis liberal e tolerante do mundo.
A procura de traballo fóra do país
levouno ao Colexio Vizcaya, en
Bilbao, onde pasou o curso 70-71.
Nese ano traduciu O principiño.
No tren de regreso a casa, dun
xeito casual, coñecerá á sueca
Kristina Berg, quen, mes e medio
despois, converterase na súa
muller.
A vida ...entre Ourense e Suecia
Estou casado cunha rapaza sueca e paso catro meses ao ano no
país máis liberal e tolerante do mundo.
...logo de vivir o resto do ano no
meu país en tensión, con
expedientes, con listas negras, con
todo o mundo dono da verdade e
querendo matar, esmagar a verdade
do veciño, logo de vivir así, pasar
tres ou catro meses naquel país é
para min un descanso impagable.
As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. 1973
Entre o 72 e o 74 mantén por primeira vez unha
sección propia no xornal La Región, con
ilustracións de Siro López.
Traballa na Escola de Secretariado da Caixa de
Aforros Provincial e agarda polas oposicións. Son
os anos de implicación na vida cultural ourensá: le
en galego o pregón do magosto no 72, participa
na organización das segundas Xornadas de Cine,
colabora coa Mostra Internacional de Teatro
Abrente de Ribadavia, na que O Facho estrea a súa
obra As laranxas máis laranxas de todas as
laranxas.
A vida ...entre Ourense e Suecia
Aprobadas as oposicións de 1974,
entra no Instituto María Soliño de
Cangas, como profesor agregado de
Lingua e Literatura Española. A dou
meses de iniciar o curso ábreselle un
expediente por solidarizarse coa folga
do profesorado non numerario, ao
mesmo tempo que outros profesores
que salientaban na loita antifranquista.
A vida ...en Cangas
A literatura non ten por que
interesarlle a todo o mundo. A miúdo,
quen ensina literatura dá por sentado,
na clase, que os trinta rapaces que o
escoitan teñen todos os mesmos
intereses. E iso é falso. A literatura é
algo que en principio só lle interesa a
unha minoría.
O profesor ten que facer que os rapaces gocen lendo
A vida ...en Cangas
É a novela que pecha a súa primeira etapa de
formación e experimentación como escritor. Tamén é
a máis lograda desta etapa, pola que obtivo o premio
XXV anos de Editorial Galaxia e o Premio da Crítica
Española.
Permite contemplar o proceso da xeración de
posguerra, a través da evocación psicolóxica do seu
protagonista, lembrando a súa infancia na aldea, a súa
adolescencia no colexio e a súa mocidade na
Universidade. Recolle a traumática experiencia de
Casares como seminarista.
Xoguetes pra un tempo prohibido. 1975
A vida ...en Cangas
Quería facer a novela moderna dos
universitarios do meu tempo. Hai nese libro
elementos biográficos. Coincide co ambiente
de posguerra, o ambiente político e relixioso
opresivo. A obra pretendía poñer en cuestión
toda unha vida, que non era só a miña, senón a
de moita xente, por iso teño dito que pode
considerarse unha novela autobiográfica dunha
xeración enteira.
Éme moi difícil escribir sen partir dunha vivencia concreta.
A vida ...en Cangas
Antes d escribir esta novela matinei moito sobre
a linguaxe que debía empregar. Quería chegar á
xente, porque hai que conquistar lectores para a
literatura galega. Unha novela non se pode ler
cun dicionario na man.
Xa hai dificultades de abondo para ler en galego.
Temos que loitar por un galego literario o máis
popular posible sen que isto signifique un
castrapo abafante.
A base do meu galego é a lingua que escoitei nas aldeas onde vivín
rodeado dun ambiente galego e onde ninguén falaba castelán.
A vida ...en Cangas
En 1975 inaugura en La voz
de Galicia esta sección que
manterá até 1992 e que
servirá de escaparate para
levar os libros galegos ao
gran público.
A ledicia de ler. 1975
A vida ...en Cangas
En 1977 convértese no
membro máis novo da
RAG, co seu ensaio O
desastre de 1898 e os
escritores galegos.
O desastre de 1898 e os escritores galegos. 1977
A vida ...en Cangas
Obra composta por doce relatos cuxo fío condutor son
episodios históricos ocorridos entre o s. X e o s. XX. Neles
mestúrase a historia coa fantasía, xogando con textos
apócrifos, como querendo construír unha Historia
Alternativa de Galicia.
Casares mostra unha visión desacralizada da Historia,
botando man do humor e inspirándose en Cunqueiro ou
en Borges.
Nesta obra o autor abandona a artificiosidade técnica na
procura da sinxeleza formal, interesado agora en
suxestionar a través da anécdota.
Os escuros soños de Clío. 1979
A vida ...en Cangas
Cando publiquei este libro quería facer unha
literatura que non tivese que ver coa
experiencia, senón coa imaxinación. Foi entón
cando empecei a interesarme menos polos
aspectos formais da narrativa.
O meu lector identifícase cunha maneira de ver o mundo irónica, con humor.
A vida ...en Cangas
Nesta viraxe cara ao fantástico, empeza o
interese de Casares por Cunqueiro; mais
seguen presentes os temas de sempre: a
intolerancia, o dogmatismo e as diversas
formas de violencia que poden oprimir ao ser
humano.
Esta é a terceira novela de Casares (a máis
coñecida), que o autor dedicou ao seu
padriño, o cura de Beiro.
Tras a figura do protagonista (un bispo, que
debe enfrontarse á curia escandalizada pola
chegada do primeiro cinematógrafo a unha
pequena vila galega a principios do s. XX)
atópase o seu parente Enrique Pérez
Serantes, quen salvara a vida a Fidel Castro e
chegara a arcebispo en Cuba.
Ilustrísima. 1980
A vida ...en Cangas
Comecei a estar farto de literatura que falase
sempre da infancia e de lembranzas persoais
e pensei que debía basearse na imaxinación,
aínda aproveitándose de vivencias.
Empecei pensando en escribir un conto para
confrontar dúas posturas ante un mesmo
feito: a chegada do cine a unha vila galega.
Unha tolerante e bondadosa e outra
intransixente e dogmática. Todo lubricado
por un humor dulcificador.
O humor é un elemento ironizante e antidogmático.
A vida ...en Cangas
Casares vese totalmente involucrado na
axitada vida política española tras a morte
do ditador. Inicialmente afín ao Partido
Socialista Galego, acaba defendendo a
integración no PSOE, para imprimirlle unha
liña galeguista a ese partido
Acabará como deputado no Parlamento de
Galicia de 1981 polo PSOE.
O compromiso político debe manifestarse no plano cidadán. O escritor
debe coidar que a súa pluma non estea ao servizo de intereses
opresores.
A vida ...en Cangas
Eu definiríame como un ser tolerante con
aqueles que o son tamén. Nunca a
sociedade foi tan intolerante coma hoxe.
Todo o mundo coida ter a verdade no peto.
Eu non teño ningunha verdade. Eu teño o
confusionismo que temos todos e, quen
non sexa confuso, posiblemente sexa un
dogmático.
Prodúcenme graza as actitudes dogmáticas. Ante elas non sinto
indignación. Cando vexo a alguén moi seguro, dáme a risa.
A vida ...en Cangas
Na RAG, Casares apoiou a súa conversión en
institución encargada de elaborar a norma da
lingua galega, o que propiciou o ingreso dun
bo número de lingüistas na Academia.
Foi o impulsor das Normas..., elaboradas
conxuntamente co ILG e aprobadas en 1982.
Tamén sería el quen abriría o debate público
que en 1999 deu paso ao proceso de reforma
consensuada das mesmas.
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. 1982
A vida ...en Cangas
No Parlamento Galego, o seu papel foi clave na
redacción e aprobación de dúas leis:
 A Lei de Normalización Lingüística, aprobada
en 1983 por unanimidade.
 A creación do Consello da Cultura Galega,
organismo autónomo dos poderes públicos
que recordaba que Galicia posuía unha cultura
e unha lingua propias e ambas constituían os
fundamentos da personalidade nacional
galega.
Lei de Normalización Lingüística. 1983
A vida ...en Cangas
En 1983, Casares trasládase como
catedrático ao Instituto de S. Tomé en
Vigo e pasa a vivir a Vilariño (Nigrán).
Nese ano viaxa á URSS para impartir
conferencias.
A súa columna A ledicia de ler deixa paso
a Á marxe, columna diaria que foi
tomando forma de dietario.
En 1986 convértese no director de
Galaxia.
Galaxia, unha institución non lucrativa, cultural. Fiel ao que quixeron os
fundadores: loitar pola cultura do país.
A vida ...en Vigo
En 1987, Casares participa con Ramón Piñeiro, desde o
Consello da Cultura Galega, no Encontro de culturas
minoritarias.
Síntome escritor dunha lingua
minorizada e responsable por
isto. Doutra maneira escribiría
en castelán. Podería ir a Madrid
e dedicarme á literatura
exclusivamente.
Para min é clarísimo que
pertenzo a unha lingua non
normalizada e esa conciencia é
a que me inclina a limitarme e
perder oportunidades.
A vida ...en Vigo
Esta obra é unha novela construída a partir de
dez informes procesais a cargo dun funcionairo,
que procura dar conta das circuntancias que
rodearonn a morte dun boticario.
Con ela Casares volve sobre a intransixencia e o
fanatismo, agora no mundo da política. O pano
de fondo é unha materia recorrente na
anrrativa galega: a guerra civil.
Os mortos daquel verán. 1987
A vida ...en Vigo
Con esta obra quería seguir o ciclo que
comezara con “Ilustrísima”, de reflexión sobre
o dogmatismo, de feito é dar voltas sobre o
mesmo tema, pero utilizando como marco
ambiental os días anteriores e iniciais da
guerra.
Os mortos daquel verán. 1987
A vida ...en Vigo
En 1996 concédeselle a excedencia da
docencia para dedicarse á presidencia do
Consello da Cultura Galega.
A actividade editorial, a política, a
literatura, a Academia, a presidencia do
CCG, todo formaba parte para el dun
único compromiso co proceso de
normalización cultural de Galicia e de
afortalamento do seu idioma e das súas
institucións propias.
A imaxinación ten moito que aportar á sociedade. Hai pouca
imaxinación na política e iso asústame.
A vida ...en Vigo
Esta novela presenta a figura dun intelectual
galeguista, visto por unha muller, antiga
namorada súa e que reside fronte á súa casa. A
vida do intelectual na posguerra está centrada
na relixión e na exaltación do réxime.
Moitas das características dese intelectual
coinciden coa figura de Vicente Risco.
Deus sentado nun sillón azul. 1996
A vida ...en Vigo
Eu quería escribir unha novela sobre a
responsabilidade dos intelectuais. O
protagonista é un símbola da intelixencia sen
moral.
É unha novela de interiores, sen acción, que
transcorre na cabeza dunha muller.
Tende á descrición dos sentimentos e ao
detallismo.
Hai que garantir a liberdade da creación, o seu dereito de creador, que
tamén é un dereito humano.
A vida ...en Vigo
Esta é a súa derradeira novela. Centrada en
Ourense, manipulando elementos autobiográficos,
volve sobre os temas que desde o inicio estiveron
presentes na narrativa de Casares: a violencia e o
dogmatismo. Pretende con ela mostrar a soberbia
do intelectual, intelixente pero desalmado.
Trátase dunha novela que inclúe tres novelas: unha
de amor, unha histórica e unha de ideas;
amalgamadas coma nun cubo de Rubrik.
O sol do verán. 2002
A vida ...en Vigo
Para moitos críticos esta é a mellor novela de Casares,
que se abre coa cita de Albert Camus directa ao asunto
da obra: o coñecemento da verdade fai imposible o
amor e acaba coa felicidade dos protagonistas, como
se só quen ignoran (ou os parvos) puideran ser felices.
A obra parece pechar o círculo da traxectoria de
Casares, que se iniciara escoitando as narracións da
tradición oral nos veráns de Beiro, agora evocados,
volvendo outra vez a infancia.
A verdade do ser e do sentir.
A vida ...en Vigo
Carlos foise daquela maneira inesperada, como se partise de viaxe para
sempre sen avisar, amparado pola escuridade e sen dicirme adeus.
Aquí xace alguén que nunca quixo morrer e que tivo a sorte de nacer
home, non deus.
A morte ...en Vigo
O 9 de marzo de 2002, inesperadamente
(como el premonitoriamente deixara escrito
no inicio da súa derradeira novela), morre na
súa casa de Nigrán, dun ataque ao corazón.
A escritora portuguesa, Inês Pedrosa, que
compartira con el o Expreso da Literatura
por Europa, recollera o epitafio...
Na vida hai que saber se
un quere ser médico ou
se o que quere é ter
unha bata branca. Isto
pásalle á xente que
pensa na literatura para
ser famosa. Eu a
literatura enténdoa
como escribir o que me
peta.
Reflexión
Eu non teño na cabeza
iso que se chama a
carreira literaria, que
obriga a publicar un libro
cada ano. Escribo cando
me apetece e non me
apetece sempre.
Gústanme moitas
cousas: papar a mosca,
falar cos amigos, xogar
cos trens eléctricos,
andar en moto, ler.
Reflexión
Eu teño unha visión
puramente narrativa da
vida. En realidade,
gústame contar o
mundo máis que pensar
nel. Se me piden que
fale de algo, que dea
unha opinión ou exprese
unha idea, dunha
maneira espontánea
póñome a contar.
Reflexión
FONTES DAS IMAXES
FONTES DE INFORMACIÓN
 Carlos Casares , un contador de historias. Henrique Monteagudo. Editorial Galaxia, 2017
 Páxina web da Fundación Carlos Casares: http://fundacioncarloscasares.org/biografia/
 Páxina da As-pg arredor da Literatura Galega: http://literaturagalega.as-pg.gal/autoras-
es/casares-mourino-carlos.html
 Blogue. Historia de Xinzo.
 Carlos Casares e o futbol en Xinzo: https://historiadexinzo.wordpress.com/2017/04/11/carlos-
casares-e-o-futbol-en-xinzo/
 Carlos Casares no Entroido de Xinzo: https://historiadexinzo.wordpress.com/2017/04/07/carlos-
casares-no-entroido-de-xinzo/

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Marlou
 
Carvalho Calero (por Laura Rubio)
Carvalho Calero (por Laura Rubio)Carvalho Calero (por Laura Rubio)
Carvalho Calero (por Laura Rubio)Marlou
 
Galicia tras a Guerra Civil
Galicia tras a Guerra CivilGalicia tras a Guerra Civil
Galicia tras a Guerra CivilRomán Landín
 
A lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xxA lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xxMarlou
 
Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)
Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)
Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)Marlou
 
Eduardo Pondal (por Aida Barros)
Eduardo Pondal (por Aida Barros)Eduardo Pondal (por Aida Barros)
Eduardo Pondal (por Aida Barros)Marlou
 
Castelao
CastelaoCastelao
CastelaoMarlou
 
Os Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a IlustraciónOs Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a Ilustraciónnoagaliza
 
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)Marlou
 
Uxío novoneyra definitivo
Uxío novoneyra  definitivoUxío novoneyra  definitivo
Uxío novoneyra definitivoAna Moreda
 
Narrativa de posguerra
Narrativa de posguerraNarrativa de posguerra
Narrativa de posguerraXesús Amboaxe
 
O himno galego (por Ramón Veiga)
O himno galego (por Ramón Veiga)O himno galego (por Ramón Veiga)
O himno galego (por Ramón Veiga)Marlou
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21xenevra
 
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013Endl Félix Muriel
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXxenevra
 
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e LuísMáis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luístrafegandoronseis
 
Cabanillas (por Laura Rubio)
Cabanillas (por Laura Rubio)Cabanillas (por Laura Rubio)
Cabanillas (por Laura Rubio)Marlou
 
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e AlberteMáis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e Albertetrafegandoronseis
 

La actualidad más candente (20)

Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
 
Carvalho Calero (por Laura Rubio)
Carvalho Calero (por Laura Rubio)Carvalho Calero (por Laura Rubio)
Carvalho Calero (por Laura Rubio)
 
Galicia tras a Guerra Civil
Galicia tras a Guerra CivilGalicia tras a Guerra Civil
Galicia tras a Guerra Civil
 
A lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xxA lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xx
 
Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)
Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)
Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)
 
Eduardo Pondal (por Aida Barros)
Eduardo Pondal (por Aida Barros)Eduardo Pondal (por Aida Barros)
Eduardo Pondal (por Aida Barros)
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Os Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a IlustraciónOs Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a Ilustración
 
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
 
Uxío novoneyra definitivo
Uxío novoneyra  definitivoUxío novoneyra  definitivo
Uxío novoneyra definitivo
 
Narrativa de posguerra
Narrativa de posguerraNarrativa de posguerra
Narrativa de posguerra
 
O himno galego (por Ramón Veiga)
O himno galego (por Ramón Veiga)O himno galego (por Ramón Veiga)
O himno galego (por Ramón Veiga)
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
Autores letras galegas
Autores letras galegasAutores letras galegas
Autores letras galegas
 
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e LuísMáis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
 
Cabanillas (por Laura Rubio)
Cabanillas (por Laura Rubio)Cabanillas (por Laura Rubio)
Cabanillas (por Laura Rubio)
 
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e AlberteMáis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
 

Destacado

O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXMarlou
 
Elementos da narración
Elementos da narraciónElementos da narración
Elementos da narraciónMarlou
 
Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--Celia Díaz
 
O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)
O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)
O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)Marlou
 
A ditadura
A ditaduraA ditadura
A ditaduraMarlou
 
Lucía Buela. O Suso
Lucía Buela. O  SusoLucía Buela. O  Suso
Lucía Buela. O SusoMarlou
 
A situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditaduraA situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditaduraMarlou
 
Castelao
CastelaoCastelao
CastelaoMarlou
 
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquista
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquistaTraballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquista
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquistaMarlou
 
A lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XXA lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XXLuciano Fernández
 
Radiografía do Idioma
Radiografía do IdiomaRadiografía do Idioma
Radiografía do IdiomaSusana Losada
 
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.Marlou
 
Novembro
NovembroNovembro
NovembroMarlou
 
Caderno viaxe ao Porto
Caderno viaxe ao PortoCaderno viaxe ao Porto
Caderno viaxe ao PortoMarlou
 
Agosto
AgostoAgosto
AgostoMarlou
 
Setembro
SetembroSetembro
SetembroMarlou
 
Os textos xornalísticos
Os textos xornalísticosOs textos xornalísticos
Os textos xornalísticosMarlou
 
Outubro
OutubroOutubro
OutubroMarlou
 

Destacado (20)

O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
 
Elementos da narración
Elementos da narraciónElementos da narración
Elementos da narración
 
Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)
O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)
O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)
 
A ditadura
A ditaduraA ditadura
A ditadura
 
Lucía Buela. O Suso
Lucía Buela. O  SusoLucía Buela. O  Suso
Lucía Buela. O Suso
 
A situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditaduraA situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditadura
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquista
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquistaTraballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquista
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquista
 
A lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XXA lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XX
 
Radiografía do Idioma
Radiografía do IdiomaRadiografía do Idioma
Radiografía do Idioma
 
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.
 
Novembro
NovembroNovembro
Novembro
 
Caderno viaxe ao Porto
Caderno viaxe ao PortoCaderno viaxe ao Porto
Caderno viaxe ao Porto
 
Agosto
AgostoAgosto
Agosto
 
Xullo
XulloXullo
Xullo
 
Setembro
SetembroSetembro
Setembro
 
Os textos xornalísticos
Os textos xornalísticosOs textos xornalísticos
Os textos xornalísticos
 
Outubro
OutubroOutubro
Outubro
 

Similar a Carlos Casares. Letras galegas 2017

Similar a Carlos Casares. Letras galegas 2017 (20)

Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
 
Guia de lectura sobre Uxío novoneyra
Guia de lectura sobre Uxío novoneyraGuia de lectura sobre Uxío novoneyra
Guia de lectura sobre Uxío novoneyra
 
Pallares Digital XVII
Pallares Digital XVIIPallares Digital XVII
Pallares Digital XVII
 
02 A xuventude os anos estudiantís
02 A xuventude os anos estudiantís02 A xuventude os anos estudiantís
02 A xuventude os anos estudiantís
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20
 
Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16
 
Areal nº 6
Areal nº 6Areal nº 6
Areal nº 6
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
 
Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Resumen
ResumenResumen
Resumen
 
Manuel Antonio
Manuel AntonioManuel Antonio
Manuel Antonio
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Carlos casares
Carlos casaresCarlos casares
Carlos casares
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 

Más de Marlou

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaMarlou
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Marlou
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoMarlou
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Marlou
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEEMarlou
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)Marlou
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)Marlou
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleresMarlou
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Marlou
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
MilicianosMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Marlou
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroMarlou
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Marlou
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en GalizaMarlou
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártirMarlou
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_GalizaMarlou
 
Decembro
DecembroDecembro
DecembroMarlou
 

Más de Marlou (20)

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre Xonxa
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelato
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEE
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleres
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
Milicianos
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negro
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en Galiza
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártir
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_Galiza
 
Decembro
DecembroDecembro
Decembro
 

Carlos Casares. Letras galegas 2017

  • 2. INDICE A vida ...en Xinzo.............................................................................Diapositivas 3-4 A vida ...en Ourense.......................................................................Diapositivas 5-7 A vida ...en Compostela................................................................Diapositivas 8-16 A vida ...en Viana do Bolo.............................................................Diapositivas 17 A vida ...en Bilbao...........................................................................Diapositivas 18 A vida ...entre Ourense e Suecia..................................................Diapositivas 19-20 A vida ...en Cangas........................................................................Diapositivas 21-35 A vida ...en Vigo..............................................................................Diapositivas 36-44 A morte ...en Vigo...........................................................................Diapositiva 45
  • 3. A vida ...en Xinzo Se me preguntan o que son, respondo: un contador de historias. Carlos Casares Mouriño naceu un 24 de agosto de 1941 en Ourense. A súa infancia transcorreu entre a parroquia de Beiro e Xinzo de Limia, onde trasladaran ao seu pai, mestre de profesión.
  • 4. A vida ...en Xinzo Se me preguntan o que son, respondo: un contador de historias. A súa personalidade ergueuse sobre un substrato familiar de raíz rural (un pai máis ben republicano, apenas relixioso e desafecto ao réxime franquista e unha nai devota crente, católica practicante e cunha saga familiar de figuras eclesiásticas entre tíos, irmáns e curmáns) e un substrato social tamén de raíz rural (noites arredor da lareira, historias fantásticas contadas polo tío Lamas, o pracer de observar o mundo e de contalo) propio das xentes da Limia e Ourense, propio da cultura campesiña cun único idioma: o galego.
  • 5. A vida ...en Ourense Eu quería ser bispo, non cura. Bispo con moto e cabalo. O rapaz Carlos, o Kubalita, adoraba o futbol, o cine e reparar pequenas máquinas no obradoiro que o seu pai montara na escola. Pero a súa nai apártao do mundo libre da aldea galega para ingresalo no Seminario de Ourense, onde o emprego do galego estaba estritamente prohibido e severamente penado.
  • 6. A vida ...en Ourense Eu quería ser bispo, non cura. Bispo con moto e cabalo. A súa adolescencia viviuna internado no Seminario (52-58), onde padeceu represalias idiomáticas: Cada vez que dicías unha palabra en galego tiñas que escribir mil, cinco mil, dez mil veces “no hablaré gallego”. Neste réxime carcerario naceu o seu espírito inconformista e a súa primeira experiencia literaria: El averno, periódico humorístico que lle valeu tantos castigos como para saír do Seminario e acabar o Bacharelato por libre no Instituto.
  • 7. A vida ...en Ourense O sistema era claramente represivo (por perseguir até perseguía as festas do Entroido). A imposición era violenta (con enfrontamentos a tiros entre maquis e gardas civís). No último curso de Bacharelato (1959), gaña un concurso de contos presidido por Vicente Risco, que lle permitirá asistir aos seus faladoiros e coñecer da súa man a obra de Castelao. O país vivía na “longa noite de pedra” (apoxeo do nacional-catolicismo) e o Galeguismo comezara a artellarse arredor da editorial Galaxia (de 1950).
  • 8. A vida ...en Compostela Vento ferido. 1967. Na década dos 60, en Compostela, Casares vai estudar Filoloxía Románica e o mesmo ano no que obtén o título, 1967, publicará a súa primeira obra: os doce relatos de Vento ferido. Pero Compostela vai supor moito máis para el, pois vai entrar no activismo galeguista e na resistencia clandestina, tentando mediar entre os círculos galeguistas e a esquerda universitaria que se atopaba moi afastada da cuestión galega.
  • 9. A vida ...en Compostela Vento ferido. 1967. Son relatos que supoñen o inicio da súa narrativa e que abordan a temática da frustración e da violencia a través de distintas voces narrativas, con reiterada presenza do monólogo interior e servíndose da ruptura temporal, como era habitual nas obras d@s escritor@s vencellados á Nova Narrativa Galega, c@s que comparte Casares a ansia de renovación técnica, se ben se distancia deles pola presenza das realidades galegas nos seus textos.
  • 10. A vida ...en Compostela Vento ferido. 1967. Este libro nace como resposta ao mito Mourullo. Eu lin “Memorias de Tains” e non me convenceu. Dificultaba o contacto cos lectores. Lela era máis un esforzo de vontade ca un pracer.
  • 11. A vida ...en Compostela Piñeiro foi o máis importante que atopei en Santiago. Moito máis importante que a Universidade. En Compostela entrou en contacto cos poetas Arcadio López-Casanova e Salvador García-Bodaño, a través deste último comezou a tomar contacto co galeguismo cultural da Asociación O Galo. Pero, grazas ao primeiro coñeceu a alguén que sería fundamental na súa vida: Ramón Piñeiro.
  • 12. A vida ...en Compostela Os galeguistas eramos uns bichos raros, que non tiñamos atractivo nin interese político para a esquerda estudantil. Formando parte da resistencia democrática contra o franquismo, primeiro desde unha posición de cristián progresista e despois como socialista galeguista, participou na primeira homenaxe floral a Rosalía, no primeiro ano que o réxime permitiu a celebración do Día das Letras Galegas (1963). Curiosamente o primeiro acto da RAG no Primeiro Día das Letras Galegas de 1963 foi a ofrenda floral a Murguía.
  • 13. A vida ...en Compostela A lingua dos galegos é o galego e eu, desde o meu oficio, estou a defender esa lingua con todas as miñas forzas. No ano en que publicou Vento ferido, 1967, participou na organización do recital do cantautor Raimon, que sería o desencadeante do movemento Voces Ceibes, expresión galega da canción protesta; de grande importancia para a galeguización universitaria, pois Casares e García-Bodaño traduciron as cancións do catalán ao galego.
  • 14. A vida ...en Compostela A galiña azul. 1968 Obra pioneira da literatura infantil en galego, que o autor confesa que escribiu non por afección persoal, senón polo seu compromiso co idioma. A literatura para nenos é literatura coas mesmas exixencias que a literatura para adultos. Eu escribín algunhas cousas para nenos pero por razóns circunstanciais.
  • 15. A vida ...en Compostela Cambio en tres. 1969 É a primeira novela de Casares, na que dá prioridade ao experimentalismo técnico sobre a historia para expresar unha visión crítica e intelectualizada da sociedade, a través dun narrador-testemuña de perfil sociocultural baixo, un emigrante retornado, que lle permite integrar a temática social.
  • 16. A vida ...en Compostela Cambio en tres. 1969 Por un lado non me gustaba o que se chamaba o ruralismo temático e o tradicionalismo formal da narrativa galega, pero tampouco me gustaba a deserción que da realidade galega facían os narradores novos. Por iso quixen combinar unha temática tópica, como a emigración, cunha forma vangardista.
  • 17. A vida ...en Viana do Bolo Cuns curas novos de Ribadavia e outros mozos da vila, organicei a proxección da película “Nove cartas a Berta”, de Patino, con coloquios sobre a liberdade de expresión ou a sexualidade. Entrou a garda civil, pois coas nosas ideas “perturbabamos a paz do pobo”. Acabada a carreira e co título recén estreado, Casares é destinado ao Colexio Público de Viana do Bolo, pero, acusado de comunista, será expulsado do centro e prohibiraselle o exercicio da docencia en Galicia.
  • 18. A vida ...en Bilbao Estou casado cunha rapaza sueca e paso catro meses ao ano no país máis liberal e tolerante do mundo. A procura de traballo fóra do país levouno ao Colexio Vizcaya, en Bilbao, onde pasou o curso 70-71. Nese ano traduciu O principiño. No tren de regreso a casa, dun xeito casual, coñecerá á sueca Kristina Berg, quen, mes e medio despois, converterase na súa muller.
  • 19. A vida ...entre Ourense e Suecia Estou casado cunha rapaza sueca e paso catro meses ao ano no país máis liberal e tolerante do mundo. ...logo de vivir o resto do ano no meu país en tensión, con expedientes, con listas negras, con todo o mundo dono da verdade e querendo matar, esmagar a verdade do veciño, logo de vivir así, pasar tres ou catro meses naquel país é para min un descanso impagable.
  • 20. As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. 1973 Entre o 72 e o 74 mantén por primeira vez unha sección propia no xornal La Región, con ilustracións de Siro López. Traballa na Escola de Secretariado da Caixa de Aforros Provincial e agarda polas oposicións. Son os anos de implicación na vida cultural ourensá: le en galego o pregón do magosto no 72, participa na organización das segundas Xornadas de Cine, colabora coa Mostra Internacional de Teatro Abrente de Ribadavia, na que O Facho estrea a súa obra As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. A vida ...entre Ourense e Suecia
  • 21. Aprobadas as oposicións de 1974, entra no Instituto María Soliño de Cangas, como profesor agregado de Lingua e Literatura Española. A dou meses de iniciar o curso ábreselle un expediente por solidarizarse coa folga do profesorado non numerario, ao mesmo tempo que outros profesores que salientaban na loita antifranquista. A vida ...en Cangas
  • 22. A literatura non ten por que interesarlle a todo o mundo. A miúdo, quen ensina literatura dá por sentado, na clase, que os trinta rapaces que o escoitan teñen todos os mesmos intereses. E iso é falso. A literatura é algo que en principio só lle interesa a unha minoría. O profesor ten que facer que os rapaces gocen lendo A vida ...en Cangas
  • 23. É a novela que pecha a súa primeira etapa de formación e experimentación como escritor. Tamén é a máis lograda desta etapa, pola que obtivo o premio XXV anos de Editorial Galaxia e o Premio da Crítica Española. Permite contemplar o proceso da xeración de posguerra, a través da evocación psicolóxica do seu protagonista, lembrando a súa infancia na aldea, a súa adolescencia no colexio e a súa mocidade na Universidade. Recolle a traumática experiencia de Casares como seminarista. Xoguetes pra un tempo prohibido. 1975 A vida ...en Cangas
  • 24. Quería facer a novela moderna dos universitarios do meu tempo. Hai nese libro elementos biográficos. Coincide co ambiente de posguerra, o ambiente político e relixioso opresivo. A obra pretendía poñer en cuestión toda unha vida, que non era só a miña, senón a de moita xente, por iso teño dito que pode considerarse unha novela autobiográfica dunha xeración enteira. Éme moi difícil escribir sen partir dunha vivencia concreta. A vida ...en Cangas
  • 25. Antes d escribir esta novela matinei moito sobre a linguaxe que debía empregar. Quería chegar á xente, porque hai que conquistar lectores para a literatura galega. Unha novela non se pode ler cun dicionario na man. Xa hai dificultades de abondo para ler en galego. Temos que loitar por un galego literario o máis popular posible sen que isto signifique un castrapo abafante. A base do meu galego é a lingua que escoitei nas aldeas onde vivín rodeado dun ambiente galego e onde ninguén falaba castelán. A vida ...en Cangas
  • 26. En 1975 inaugura en La voz de Galicia esta sección que manterá até 1992 e que servirá de escaparate para levar os libros galegos ao gran público. A ledicia de ler. 1975 A vida ...en Cangas
  • 27. En 1977 convértese no membro máis novo da RAG, co seu ensaio O desastre de 1898 e os escritores galegos. O desastre de 1898 e os escritores galegos. 1977 A vida ...en Cangas
  • 28. Obra composta por doce relatos cuxo fío condutor son episodios históricos ocorridos entre o s. X e o s. XX. Neles mestúrase a historia coa fantasía, xogando con textos apócrifos, como querendo construír unha Historia Alternativa de Galicia. Casares mostra unha visión desacralizada da Historia, botando man do humor e inspirándose en Cunqueiro ou en Borges. Nesta obra o autor abandona a artificiosidade técnica na procura da sinxeleza formal, interesado agora en suxestionar a través da anécdota. Os escuros soños de Clío. 1979 A vida ...en Cangas
  • 29. Cando publiquei este libro quería facer unha literatura que non tivese que ver coa experiencia, senón coa imaxinación. Foi entón cando empecei a interesarme menos polos aspectos formais da narrativa. O meu lector identifícase cunha maneira de ver o mundo irónica, con humor. A vida ...en Cangas Nesta viraxe cara ao fantástico, empeza o interese de Casares por Cunqueiro; mais seguen presentes os temas de sempre: a intolerancia, o dogmatismo e as diversas formas de violencia que poden oprimir ao ser humano.
  • 30. Esta é a terceira novela de Casares (a máis coñecida), que o autor dedicou ao seu padriño, o cura de Beiro. Tras a figura do protagonista (un bispo, que debe enfrontarse á curia escandalizada pola chegada do primeiro cinematógrafo a unha pequena vila galega a principios do s. XX) atópase o seu parente Enrique Pérez Serantes, quen salvara a vida a Fidel Castro e chegara a arcebispo en Cuba. Ilustrísima. 1980 A vida ...en Cangas
  • 31. Comecei a estar farto de literatura que falase sempre da infancia e de lembranzas persoais e pensei que debía basearse na imaxinación, aínda aproveitándose de vivencias. Empecei pensando en escribir un conto para confrontar dúas posturas ante un mesmo feito: a chegada do cine a unha vila galega. Unha tolerante e bondadosa e outra intransixente e dogmática. Todo lubricado por un humor dulcificador. O humor é un elemento ironizante e antidogmático. A vida ...en Cangas
  • 32. Casares vese totalmente involucrado na axitada vida política española tras a morte do ditador. Inicialmente afín ao Partido Socialista Galego, acaba defendendo a integración no PSOE, para imprimirlle unha liña galeguista a ese partido Acabará como deputado no Parlamento de Galicia de 1981 polo PSOE. O compromiso político debe manifestarse no plano cidadán. O escritor debe coidar que a súa pluma non estea ao servizo de intereses opresores. A vida ...en Cangas
  • 33. Eu definiríame como un ser tolerante con aqueles que o son tamén. Nunca a sociedade foi tan intolerante coma hoxe. Todo o mundo coida ter a verdade no peto. Eu non teño ningunha verdade. Eu teño o confusionismo que temos todos e, quen non sexa confuso, posiblemente sexa un dogmático. Prodúcenme graza as actitudes dogmáticas. Ante elas non sinto indignación. Cando vexo a alguén moi seguro, dáme a risa. A vida ...en Cangas
  • 34. Na RAG, Casares apoiou a súa conversión en institución encargada de elaborar a norma da lingua galega, o que propiciou o ingreso dun bo número de lingüistas na Academia. Foi o impulsor das Normas..., elaboradas conxuntamente co ILG e aprobadas en 1982. Tamén sería el quen abriría o debate público que en 1999 deu paso ao proceso de reforma consensuada das mesmas. Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. 1982 A vida ...en Cangas
  • 35. No Parlamento Galego, o seu papel foi clave na redacción e aprobación de dúas leis:  A Lei de Normalización Lingüística, aprobada en 1983 por unanimidade.  A creación do Consello da Cultura Galega, organismo autónomo dos poderes públicos que recordaba que Galicia posuía unha cultura e unha lingua propias e ambas constituían os fundamentos da personalidade nacional galega. Lei de Normalización Lingüística. 1983 A vida ...en Cangas
  • 36. En 1983, Casares trasládase como catedrático ao Instituto de S. Tomé en Vigo e pasa a vivir a Vilariño (Nigrán). Nese ano viaxa á URSS para impartir conferencias. A súa columna A ledicia de ler deixa paso a Á marxe, columna diaria que foi tomando forma de dietario. En 1986 convértese no director de Galaxia. Galaxia, unha institución non lucrativa, cultural. Fiel ao que quixeron os fundadores: loitar pola cultura do país. A vida ...en Vigo
  • 37. En 1987, Casares participa con Ramón Piñeiro, desde o Consello da Cultura Galega, no Encontro de culturas minoritarias. Síntome escritor dunha lingua minorizada e responsable por isto. Doutra maneira escribiría en castelán. Podería ir a Madrid e dedicarme á literatura exclusivamente. Para min é clarísimo que pertenzo a unha lingua non normalizada e esa conciencia é a que me inclina a limitarme e perder oportunidades. A vida ...en Vigo
  • 38. Esta obra é unha novela construída a partir de dez informes procesais a cargo dun funcionairo, que procura dar conta das circuntancias que rodearonn a morte dun boticario. Con ela Casares volve sobre a intransixencia e o fanatismo, agora no mundo da política. O pano de fondo é unha materia recorrente na anrrativa galega: a guerra civil. Os mortos daquel verán. 1987 A vida ...en Vigo
  • 39. Con esta obra quería seguir o ciclo que comezara con “Ilustrísima”, de reflexión sobre o dogmatismo, de feito é dar voltas sobre o mesmo tema, pero utilizando como marco ambiental os días anteriores e iniciais da guerra. Os mortos daquel verán. 1987 A vida ...en Vigo
  • 40. En 1996 concédeselle a excedencia da docencia para dedicarse á presidencia do Consello da Cultura Galega. A actividade editorial, a política, a literatura, a Academia, a presidencia do CCG, todo formaba parte para el dun único compromiso co proceso de normalización cultural de Galicia e de afortalamento do seu idioma e das súas institucións propias. A imaxinación ten moito que aportar á sociedade. Hai pouca imaxinación na política e iso asústame. A vida ...en Vigo
  • 41. Esta novela presenta a figura dun intelectual galeguista, visto por unha muller, antiga namorada súa e que reside fronte á súa casa. A vida do intelectual na posguerra está centrada na relixión e na exaltación do réxime. Moitas das características dese intelectual coinciden coa figura de Vicente Risco. Deus sentado nun sillón azul. 1996 A vida ...en Vigo
  • 42. Eu quería escribir unha novela sobre a responsabilidade dos intelectuais. O protagonista é un símbola da intelixencia sen moral. É unha novela de interiores, sen acción, que transcorre na cabeza dunha muller. Tende á descrición dos sentimentos e ao detallismo. Hai que garantir a liberdade da creación, o seu dereito de creador, que tamén é un dereito humano. A vida ...en Vigo
  • 43. Esta é a súa derradeira novela. Centrada en Ourense, manipulando elementos autobiográficos, volve sobre os temas que desde o inicio estiveron presentes na narrativa de Casares: a violencia e o dogmatismo. Pretende con ela mostrar a soberbia do intelectual, intelixente pero desalmado. Trátase dunha novela que inclúe tres novelas: unha de amor, unha histórica e unha de ideas; amalgamadas coma nun cubo de Rubrik. O sol do verán. 2002 A vida ...en Vigo
  • 44. Para moitos críticos esta é a mellor novela de Casares, que se abre coa cita de Albert Camus directa ao asunto da obra: o coñecemento da verdade fai imposible o amor e acaba coa felicidade dos protagonistas, como se só quen ignoran (ou os parvos) puideran ser felices. A obra parece pechar o círculo da traxectoria de Casares, que se iniciara escoitando as narracións da tradición oral nos veráns de Beiro, agora evocados, volvendo outra vez a infancia. A verdade do ser e do sentir. A vida ...en Vigo
  • 45. Carlos foise daquela maneira inesperada, como se partise de viaxe para sempre sen avisar, amparado pola escuridade e sen dicirme adeus. Aquí xace alguén que nunca quixo morrer e que tivo a sorte de nacer home, non deus. A morte ...en Vigo O 9 de marzo de 2002, inesperadamente (como el premonitoriamente deixara escrito no inicio da súa derradeira novela), morre na súa casa de Nigrán, dun ataque ao corazón. A escritora portuguesa, Inês Pedrosa, que compartira con el o Expreso da Literatura por Europa, recollera o epitafio...
  • 46. Na vida hai que saber se un quere ser médico ou se o que quere é ter unha bata branca. Isto pásalle á xente que pensa na literatura para ser famosa. Eu a literatura enténdoa como escribir o que me peta. Reflexión
  • 47. Eu non teño na cabeza iso que se chama a carreira literaria, que obriga a publicar un libro cada ano. Escribo cando me apetece e non me apetece sempre. Gústanme moitas cousas: papar a mosca, falar cos amigos, xogar cos trens eléctricos, andar en moto, ler. Reflexión
  • 48. Eu teño unha visión puramente narrativa da vida. En realidade, gústame contar o mundo máis que pensar nel. Se me piden que fale de algo, que dea unha opinión ou exprese unha idea, dunha maneira espontánea póñome a contar. Reflexión
  • 50. FONTES DE INFORMACIÓN  Carlos Casares , un contador de historias. Henrique Monteagudo. Editorial Galaxia, 2017  Páxina web da Fundación Carlos Casares: http://fundacioncarloscasares.org/biografia/  Páxina da As-pg arredor da Literatura Galega: http://literaturagalega.as-pg.gal/autoras- es/casares-mourino-carlos.html  Blogue. Historia de Xinzo.  Carlos Casares e o futbol en Xinzo: https://historiadexinzo.wordpress.com/2017/04/11/carlos- casares-e-o-futbol-en-xinzo/  Carlos Casares no Entroido de Xinzo: https://historiadexinzo.wordpress.com/2017/04/07/carlos- casares-no-entroido-de-xinzo/