Alteración da liña do litoral e do patrimonio trabajo de xeo. e hª de galicia
1. Traballo realizado polos alumno/as de Xeografía e Hª de Galicia
Andrea Carballo, Juan García, Cristina Gil, Andrea González, Laura
Iglesias, Baltar Morgade, Andrea Pardo, Cristina Riobó, & Noelía
Solla.
2. Introdución
Situación do Concello de Sanxenxo
Proceso de Transformación
Situación actual
Opinións ecoloxistas
Principais problemáticas
3. Na costa galega estendeuse moito a utilización dun
novo termo, "marbellización", utilizado para
expresar o perigo da saturación urbanística que
ameaza con desintegrar os seus valores e riquezas
naturais. No que se refire ao turismo, as costas
galegas, recuperadas do "efecto Prestige",
enfróntanse á nova ameaza: a urbanización
masiva. Dos seus 1.720 km de costa 1.200 están
ameazados polo cemento.
4. Os espazos declarados Lugares
de Interese Comunitario (LIC)
para integralos na
Rede Natura 2000 europea
enfróntanse á súa degradación
polas urbanizacións, campos
de golf ou plantas de
acuicultura dentro dos seus
límites.
Oturismo ocasionou unha serie
de alteracións socioeconómicas
e unha nova conformación dá
paisaxe, un cambio de
fisionomía do hábitat.
5. O turismo en Sanxenxo causou moitos cambios neste
pobo ao longo do tempo: perda da súa propia
identidade ,cambios no espazo, na paisaxe, na
sociedade , na economía, etc.
6. En 1835 constitúese o concello de Sanxenxo, era un
pobo mariñeiro, cunha infraestructura urbana propia
destes pobos.
7.
8. A comezos do século XX, Sanxenxo empeza a destacar
polas súas calidades naturais, converténdose nun lugar
habitual de veraneo, de políticos e outros personaxes
de relevo social.
9. Sanxenxo empeza a ser un dos principais destinos
turísticos de Galicia, alterando profundamente o seu
patrimonio urbanístico e económico.
13. A estrutura urbanística esperimentou numerosos
cambios.Os factores naturais (agricultura, gandería,
pesca) perderon importancia debido ao
desenvolvemento do turismo ao longo do século XX.
Estructura urbanística
14. As casas da beira da praia foron derribadas e agora hai
edificios de seis ou sete alturas. O boom
urbanístico non tratou ben a estructura tradicional
do pobo. O actual núcleo urbano de Sanxenxo nada
ten que ver có apacible balneario que alí existía nas
primeiras décadas do século XX, nin siquera coa vila
que empezou a atraer veraneantes nos anos 60. "
15. Apenas quedan restos do seu patrimonio histórico no
núcleo de Sanxenxo e o que queda foi absorbido pola
urbanización das últimas décadas.
A Igrexa de San Xinés de Padriñán, construida no
século XV, sita no corazón do pobo de Sanxenxo, é un
dos poucos vestixios que aínda se conservan.
O pazo coñecido como Casa Patiño, que data do século
XVII; ten a súa orixen no século XVI coa construcción
da Torre defensiva do lado Este.
16.
17. O porto Deportivo de Sanxenxo Juan Carlos I, foi
ampliado no 2002. Sen embargo, na antigüedade era
un pequeno porto pesqueiro. Aínda se atopa en fase de
redacción o Plan Director de Portos Deportivos de
Galicia, que debería limitar o número destas
instalacions tendo en conta os costes ambientais que
provocan e que tradicionalmente foron omitidos.
18.
19. Recentemente produciuse unha polémica relacionada
coas novas obras realizadas no porto de Sanxenxo. A
disputa consiste en que a asociación SOS Panadeiras
quere que se paralicen as obras de ampliación dos
pantalans, xa que contribúen á destrución da praia.
20. En Sanxenxo incumpriuse as directrices sobre
densidade e formación de pantallas
arquitectónicas da Lei de Costas e da Lei de
Ordenación Urbanística e do Medio Rural de
Galicia. A gran presión urbanística sobre unha
parte do litoral traduciuse na invasión do
dominio público marítimo-terrestre.
21. Galiza é a sexta comunidade autónoma de España con
unha maior superficie de costa destruida, xa que foi
arrasada unha quinta parte dos primeiros 500 metros
do seu litoral, segundo Greenpeace.
Segundo Greenpeace, Sanxenxo atópase no Top 25
dos municipios costeiros españois máis destruídos
pola acción do turismo.
22. Debido ao aumento do turismo, invadiuse de maneira
progresiva o espazo público marítimo-terrestre, as
súas consecuencias, son a deterioración do patrimonio
natural e histórico, conxestión, esgotamento de
recursos naturais ou vertidos sen depuración, entre
moitos outros.
23. Jorge García Caamaño, secretario da Asociación de
veciños de Adina, afirma que o deterioro de Sanxenxo é
evidente e critica a invasión urbanística na primeira
liña de mar en Silgar ou Portonovo.
24. Debemos de reflexionar como reconducir os usos do
noso patrimonio litoral cara a unha xestión máis
sostible e equilibrada da ocupación que xeren
residentes e visitantes. O patrimonio do noso litoral é
un ben público que debemos de preservar para as
xeneracións futuras.