SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 16
Descargar para leer sin conexión
As Tecnoloxías da Información e a
Comunicación como Tecnoloxías para
o Desenvolvemento Humano
Contidos
1 Introducción...............................................................................................................................................................2
2 Penetración das TIC na sociedade............................................................................................................3
3 Papel das TIC.........................................................................................................................................................9
4 Tecnoloxía para o desenvolvemento humano.....................................................................................11
5 Electrónica ética...................................................................................................................................................12
Andrés Estévez Costas
Enxeñería Sen Fronteiras - Galicia
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación
como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano
1 Introducción
As tecnoloxías da información e da comunicación, coñecidas polas súas siglas TIC,
representan os dispositivos e infraestruturas electrónicas para permitir aos
usuarios o acceso á información. Na nosa contorna, no chamado mundo
desenvolvido, un grande espectro da poboación ten acceso habitual ás mesmas (o
setenta1
por cento da poboación en 2011 ten acceso a Internet segundo datos da
ITU2
nos países desenvolvidos). De feito, unha parte desta porcentaxe está
constituída polos chamados nativos dixitais, é dicir, aquelas persoas “rodeadas
dende moi temperá idade polas tecnoloxías da información e os novos medios de
comunicación que consumen masivamente, desenvolvendo outra maneira de
pensar e de entender o mundo”3
. Avanzamos, pois, cara un modelo onde as TICs
están enraizadas na sociedade, entendéndoas como un elemento máis da
mesma. Debido a esta normalización poderíase correr o risco de obviar o impacto
real que teñen no mundo. Ao longo do presente artigo darase unha visión máis
ampla. Así, tras unha amosar unha fotografía do acceso global ás mesmas,
analizarase o impacto que supoñen en distintos campos, como a sociedade, a
política e a industria (aínda que é difícil separar tales conceptos). O campo da
enerxía, tan en boga nestes tempos por mor do chamado cambio climático e das
enerxías renovables, é tamén un actor relevante para as TIC. Así, amosarase o
impacto enerxético que supoñen as infraestruturas necesarias para as TIC e como
estas poden xogar un papel relevante nas futuras formas de xestión enerxética.
Máis aló do estritamente tecnolóxico, as TIC están irrompendo na sociedade como
ferramentas facilitadoras doutras formas de comunicación entre as persoas. Esta
nova canle de comunicación pode ser a solución á cada vez máis reclamada
democracia participativa ou, cando menos, a outras formas de relación entre a
poboación e os gobernantes.
Sendo tecnoloxías relativamente recentes, alomenos dende unha perspectiva
histórica, é destacable como encaixan perfectamente en textos como a
Declaración Universal dos Dereitos Humanos ou a Constitución Española de 1978.
Así, farase un breve percorrido por cada un deles expoñendo o papel que as TICs
poden xogar para o seu cumprimento.
Con todo, temos que as TICs teñen un potencial enorme e será o uso que se lle
dea o que permita desenvolvelo da maneira máis eficaz e eficiente posible. Agora
ben, que camiño deben seguir? En Enxeñería Sen Fronteiras – Galicia manéxase
concepto “Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano” (TpDH), que trata de
dar resposta a esta cuestión.
1 “Measuring the information society 2012, páx. 6” (International Telecommunication Union)
2 International Telecommunication Union
3 Digital Natives, Digital Immigrants (Marc Prensky)
Páxina 2
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación
como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano
2 Penetración das TIC na sociedade
Nesta sección detállase o acceso ás distintas patas das TICs, como son a
cobertura móbil ou o acceso a Internet, en países do Norte e do Sur,
proporcionando desta maneira unha comparativa obxectiva entre ámbalas dúas
realidades.
A ITU publica anualmente un estudio sobre a penetración das TIC no mundo. O
corresponde ao ano 2011 deixa ver grandes diferencias entre países
desenvolvidos e países empobrecidos. Na figura Figura 2 apréciase como nos
países desenvolvidos un 74% dos fogares dispón de alomenos un ordenador na
casa, a diferencia do 25% dos países en vías de desenvolvemento4
. En canto o
acceso a Internet a diferencia tamén é notable, sendo dun 20% nos países
empobrecidos e dun 71% nos países do Norte.
Mais, nestes días, a auténtica revolución no Norte en canto ás TIC estase a
desenvolver no mundo da telefonía móbil. É esta unha tendencia global? As
barras azuis da gráfica da Figura 1 ilustran a resposta: existe unha gran diferencia
entre unhas rexións e outras, excedendo amplamente o 100% nunhas, é dicir,
máis móbiles que poboación, e non chegando ao 50 % en África. Agora ben, máis
aló da foto estática, como é a tendencia? Na gráfica apréciase tamén a variación
entre os anos 2009 e 2010. Nas rexións cunha alta penetración esta variación é
case nula. Isto é debido á saturación do mercado. Pola contra as zonas con menos
penetración experimentaron un incremento do número de terminais. Este
incremento é especialmente salientable en Asia debido ao enorme pulo das
economías emerxentes, como a chinesa.
4 O informe da ITU emprega os termos “Países desenvolvidos” e “Países en desenvolvemento”.
Existen outras maneiras de facer esta diferencia: Norte e Sur ou Ricos e Pobres. Máis, cada vez
é máis habitual empregar “ricos” e “empobrecidos”, en lugar de pobres. Esta é a aproximación
empregada tamén en Enxeñería Sen Fronteiras, xa que os países non son pobres por natureza,
hai unha serie de consecuencias ou factores que os empobrecen.
Páxina 3
Figura 1: Evolución da penetración da telefonía móbil en distintas rexións
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación
como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano
Os últimos datos da ITU reflicten que hai 5.9 mil millóns de subscricións móbiles,
acadándose unha penetración global do 85%. Nos países en desenvolvemento
acádase o 77%5
. Ámbalas dúas rexións seguiron evolucións paralelas nos últimos
10 anos (Figura 3), non sendo así no caso de acceso a Internet de alta velocidade
dende o móbil, onde os países desenvolvidos evolucionan moito máis rápido
(Figura 4).
Os datos presentados ata o de agora reflicten a situación actual de penetración
de distintas tecnoloxías dentro do mundo TIC. Constitúen unha foto fixa e
obxectiva pero pouco útil á hora de comparar distintos países entre si. Para
5 “ICT Facts Figure 2011” (International Telecommunication Union)
Páxina 4
Figura 3: Subscrición móbiles Figura 4: Subscricións móbiles de
banda larga
Figura 2: Fogares con PC e con acceso a Internet (ITU - 2011)
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación
como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano
solventar esta problemática a ITU define o IDI (ICT Development Index ou Índice
de Desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e a Comunicación), que
mide o seguinte:
• a evolución ao longo do tempo das TICs nos distintos territorios, así como
constituír unha medida de comparación entre eles
• o progreso en países desenvolvidos e en desenvolvemento. O índice debe
ser global e reflectir os cambios que acontecen nas TICs nos distintos países
a distintos niveis de desenvolvemento en TIC
• a fenda dixital
• o potencial das TICs ou ata que punto estas poden mellorar o crecemento e
desenvolvemento, baseándose nos perfís e habilidades dispoñibles.
Na Táboa 1 resúmense os indicadores empregados para o cálculo do IDI. Amósase
tamén o peso que ten cada un deles para o cálculo final. Na Táboa 2 lístanse os
países con maior e menor IDI, así como os valores comparados cos obtidos en
2010. Na Figura 5 estes datos se agregan por rexións. Apréciase como a media
dos IDI decrece dende Europa, que acada o maior valor, ata África. Tamén chama
a atención a desigualdade nos países da rexión asiática, onde os máis altos son
comparables aos europeos.
Páxina 5
Figura 5: IDI agregado por rexións (fonte: ITU)
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación
como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano
Acceso ás TIC
Valor de
referencia
(%)
40
Número de liñas de telefonía fixa por 100
habitantes
60 20
Número de subscritores de telefonía móbil por
100 habitantes
180 20
Ancho de banda internacional (en bits/s) por
usuario de Internet
408813 20
Porcentaxe de fogares cunha computadora 100 20
Porcentaxe de fogares con acceso a Internet 100 20
Uso das TIC
Valor de
referencia
(%)
40
Porcentaxe de persoas que usan Internet 100 33
Subscricións de Internet de banda larga por
100 habitantes
60 33
Subscricións activas de banda larga móbil por
100 habitantes
100 33
Capacidades TIC
Valor de
referencia
(%)
20
Grado de competencia nas TIC dos adultos 100 33
Taxa bruta de matriculación en ensinanza
secundaria
100 33
Taxa bruta de matriculación en ensinanza
superior
100 33
Táboa 1: Indicadores e pesos para o cálculo do IDI (fonte: ITU)
Páxina 6
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación
como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano
País
2010 2011
País
2010 2011
Posición IDI
Posició
n
IDI Posición IDI
Posició
n
IDI
Corea 1 8.56 1 8.45 Níxer 155 0.88 154 0.88
Suecia 2 8.34 2 8.21 Chad 154 0.94 155 0.85
Dinamarca 3 8.29 3 8.01 Rep.
Centroafricana
153 0.97 153 0.96
Islandia 4 8.17 4 7.96 Eritrea 152 1.09 151 1.08
Finlandia 5 8.04 5 7.89 Burkina Fasso 151 1.14 152 1.06
Holanda 6 7.82 7 7.60 Etiopía 150 1.15 150 1.09
Luxemburgo 7 7.76 6 7.64 Liberia 149 1.26 148 1.20
Xapón 8 7.76 8 7.57 Guinea 148 1.28 146 1.25
Reino Unido 9 7.75 14 7.35 Mozambique 147 1.28 145 1.26
Suíza 10 7.68 9 7.48 Congo 146 1.30 149 1.18
Táboa 2: Países con maior e menor IDI. Datos comparativos entre 2010 e 2011
(Fonte: ITU)
Existe correlación entre o IDI e outros indicadores? Abofé que si. A Figura 6 ilustra
a relación existente entre o IDI e o produto nacional bruto6
. Pola súa banda a
Figura 7 amosa a relación entre o IDI e o prezo dos servizos TIC. Máis aló de
decidir cal é a causa e cal o efecto, o feito é que existe unha relación obxectiva
entre o índice de desenvolvemento nas tecnoloxías da información e as
comunicacións e a economía dunha rexión.
6 GNI polas súas siglas en inglés (gross national income)
Páxina 7
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación
como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano
Páxina 8
Figura 7: Comparativa do IDI cos prezos de acceso aos servicios TIC (fonte: ITU)
Figura 6: IDI e producto nacional bruto (fonte: ITU)
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación
como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano
3 Papel das TIC
Na sociedade actual as TIC extendéronse por campos moi diversos: ocupan unha
gran parte do tempo de ocio, así as videoconsolas e xogos online desprazaron aos
tradicionais xogos de mesa; empréganse como medios de comunicación, de
maneira que a grande maioría de xornais dispoñen edición impresa e edición
dixital, ademais dos medios de comunicación colaborativos, como son os blogues
ou os servicios de microblogging como Twitter ou Idéntica. Constitúen tamén unha
parte fundamental de moitos postos de traballo, así os correos electrónicos, as
plataformas de teletraballo ou a telefonía por Internet supoñen un cambio moi
grande respecto á operativa tradicional de moitas empresas. Tampouco a
industria é allea ás ferramentas proporcionadas polas TIC, xa que estas teñen un
papel fundamental na automatización de procesos, nos sistemas intelixentes de
control ou nas redes de distribución intelixente de enerxía, ou Smartgrids, como
se coñecen polo seu nome en inglés.
Con todo, queda patente que as TIC están enraizadas na sociedade actual. A
comunicación é, se cabe, o campo onde está a ter un impacto máis forte na
sociedade, xa que non só constitúe unha mellora sobre as ferramentas anteriores,
senón que permite un novo paradigma na relacións entre os cidadáns, as
entidades públicas e calquera tipo de organización. De feito, estas novas formas
de comunicación encaixan en textos legais de referencia como son a Declaración
Universal dos Dereitos Humanos ou a Constitución Española. Vexamos como.
O Artigo 19 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos é o seguinte:
Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito
inclúe o de non ser amoestados por mor das súas opinións, o de investigar e
recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por
calquera medio de expresión.
En 1948, cando foi aprobada a Declaración, a irrupción das TIC quedaba aínda
moi lonxe. É salientable, sen embargo, como as condicións de acceso á
información ás que refire o artigo encaixan perfectamente nas posibilidades que
bridan as ferramentas TIC actuais. Así, os medios dixitais e os medios
colaborativos, como as redes sociais, permiten o fluxo libre de información,
posibilitando que as persoas sexan partes activas da mesma, podendo elixila,
filtrala ou incluso participar nela, establecéndose así un fluxo bididireccional.
A Constitución Española é outro dos textos que recolle, nos artigos adicados a
comunicación, cuestións nas que as TICs poden xogar un rol moi importante. A
continuación se achegan os artigos 20 e 105:
Artigo 20
1. Recoñécense e protexen os dereitos:
a. A expresar e difundir libremente os pensamentos, ideas e opinións
Páxina 9
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación
como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano
mediante a palabra, o escrito ou calquera outro medio de reprodución.
b. Á reprodución e creación literaria, artística, científica e técnica.
c. Á liberdade de cátedra.
d. A comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio
de difusión. A lei regulará o dereito á cláusula de conciencia e ao
segredo profesional no exercicios destas liberdades.
2. O exercicio destes dereitos non pode restrinxirse mediante ningún tipo de
censura previa.
3. A lei regulará a organización e o control parlamentario dos medios de
comunicación social dependentes do Estado ou de calquera ente público e
garantirá o acceso a ditos medios dos grupos sociais e políticos
significativos, respectando o pluralismo da sociedade e das diversas
linguas de España.
4. Estas liberdades teñen o seu límite no respecto aos dereitos recoñecidos
neste Título, nos preceptos das leis que o desenvolvan e, especialmente,
no dereito á honra, á intimidade, á propia imaxe e á protección da
xuventude e a infancia.
5. Só poderá acordarse o secuestro de publicacións, gravacións e outros
medios de información en virtude de resolución xudicial.
Da mesma maneira que no caso anterior, as TICs teñen un papel de facilitador
dos dereitos citados.
Artigo 105:
A lei regulará:
a. A audiencia dos cidadáns, directamente ou a través das organizacións e
asociacións recoñecidas pola lei, no procedemento de elaboración das
disposicións administrativas que lles afecten.
b. O acceso dos cidadáns aos arquivos e rexistros
administrativos, salvo no que afecte á seguridade e defensa do
Estado, a averiguación dos delitos e á intimidade das persoas.
c. O procedemento a través do cal deben producirse os actos
administrativos, garantindo, cando proceda, a audiencia do interesado.
Tradicionalmente a información pública estaba recollida en papel, pero coa
irrupción dos medios dixitais isto xa non é necesario. O papel dificulta a busca e
indexación de información, dificulta tamén o acceso á mesma polo gran público,
problemas que non existen se está dixitalizada. Pódense establecer vínculos entre
distintos documentos de maneira que sexa doado seguir un fío documental.
Pódese distribuír de maneira masiva sen necesidade de grandes esforzos, nin
Páxina 10
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación
como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano
humanos nin económicos, xa que é suficiente con colgar os documentos nun sitio
en Internet. Isto permite un cambio de paradigma nas relacións entre as
institucións públicas e a cidadanía, posibilitando non só o ditado no segundo
apartado do artigo, senón constituíndo unha ferramenta para acadar unha xestión
transparente das organizacións, públicas e privadas. É o cada vez máis en boga
paradigma dos datos abertos7
. A dispoñibilidade desta información sumado ás
posibilidades de comunicación bidireccional que ofrecen as ferramentas TICs
(comentarios en blogues, twitts directos a políticos ou institucións, etc) son un dos
alicerces sobre os que pode xirar a construción dun sistema onde os cidadáns
poidan participar nas decisións políticas. Estaremos, entón, ante o
empoderamento8
da poboación.
4 Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
A tecnoloxía para o desenvolvemento humano é a ferramenta a través da cal
Enxeñería Sen Fronteiras busca construír unha sociedade mundial xusta e
solidaria. Defínese como:
“aqueles mecanismos e estratexias que fan que solucións técnicas dignifiquen e
melloren a calidade de vida das persoas. Estas tecnoloxías deben ser apropiadas
e permitir solucións cultural, ambiental e socioeconomicamente sustentables”
A definición é global, é dicir, aplica a calquera comunidade, no Sur e no Norte, xa
que se considera que eses son os criterios que debe de cumprir a tecnoloxía para
emponderar á poboación, facilitando o control da mesma sen crear ataduras con
institucións alleas. Sen embargo, na sociedade globalizada na que vivimos, a
deslocalización dos distintos procesos involucrados na xeración dos bens de
consumo é a norma, o cal constitúe un obstáculo para evitar as devanditas
ataduras. Desta maneira, cúmprese máis que nunca o proverbio chinés “o aleteo
das alas dunha bolboreta pódese sentir ao outro lado do mundo”. O simple feito
de mercar un produto ten moitas implicacións humanas e medioambientais, tal
como se analizará na sección Electrónica ética. Débenos importar isto? Alejandra
Boni presenta o concepto de cidadanía global, como sigue:
“cidadáns que se recoñecen como pertencentes a unha comunidade mundial de
iguais, preocupados por temas colectivos e que reclaman o seu protagonismo no
desenvolvemento dos procesos sociais e políticos”
É evidente, xa que logo, que si. Ademais, as propias TICs poden xogar un papel
relevante na creación de cidadáns globais. Este foi un dos temas sobre os que
xirou, entre2010 e 2011, un encontro que tivo lugar en Valencia onde un grupo de
docentes reflexionaron sobre a Cidadanía Global no marco da Educación para o
7 Emprégase habitualmente o termo en inglés open data
8 Empoderamento. Segundo Hegoa (http://www.dicc.hegoa.ehu.es/) é o proceso polo cal as
persoas fortalecen as súas capacidades, confianza, visión e protagonismo como grupo social
para impulsar cambios positivos das situacións que viven
Páxina 11
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación
como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano
Desenvolvemento9
. Entre outras moitas reflexións, concluíuse que “as TIC
posibilitan o coñecemento mutuo, permitindo compartir realidades diversas e
descubrir problemas comúns, baseándose no lema pensa globalmente, actúa
localmente”. Programas como “ConectandoMundos”10
baséanse nesta
característica das TICs.
5 Electrónica ética
Baixo este nome englóbanse ás boas prácticas necesarias nas distintas fases do
ciclo de vida dos produtos electrónicos. Por desgracia, os procesos actuais deste
sector distan moito desa definición xa que a explotación laboral, a explotación
infantil, o dano medioambiental, os conflitos armados e incluso a morte, están
presentes.
Son ben coñecidas, ou alomenos deberían de selo, as condicións de traballo nas
que se extraen algúns dos minerais que se empregan para a fabricación de
moitos dos dispositivos ou, en xeral, utensilios cos que vivimos no día a día.
Trátase da casiterita, empregada para a elaboración de latas, do ouro, da
tantalita/columbita que da lugar ao máis coñecido coltán, empregado en algúns
compoñentes electrónicos que darán lugar aos nosos móbiles ou portátiles; ou o
wolframio, empregado en bombillas. A República Democrática do Congo é un dos
países onde a situación é especialmente delicada. O comercio dos citados
minerais está controlado por grupos armados. Isto é debido á falta de regulación
existente e á devastación na que quedou sumida o país tralas guerras dos anos
noventa. Este control permite que os beneficios se queden nos propios grupos
armados, realimentando así o sistema.
Por desgracia non se trata só de grupos marxinais, senón que o mesmo exército
participa nesta trama de corrupción, involucrando a soldados de todos os rangos,
o que complica aínda máis, se cabe, a saída deste problema. As asociacións
prodereitos humanos que operan na zona denuncian arrestos e torturas cara
aqueles artesáns que non acceden ás extorsións do exército. Estas teñen varias
formas, como ter que entregar a produción dun día enteiro ao exército, ou unha
porcentaxe da total. Son tamén habituais os checkpoints, isto é, puntos nas
9 A concepción de Educación para o Desenvolvemento empregada nese encontro foi “Un proceso
educativo (formal, non formal e informal) constante encamiñado, a través de coñecementos,
actitudes e valores, a promover unha cidadanía global xeradora dunha cultura da solidariedade
comprometida na loita contra a pobreza e a exclusión así como coa promoción do
desenvolvemento humano e sostible”. En Enxeñería Sen Fronteiras aprobouse en Ourense, o
17 de novembro de 2012, unha definición similar: “proceso educativo constante que favorece a
comprensión sobre as interrelacións económicas, políticas, sociais e culturais entre Norte e Sur,
que promove unha conciencia crítica, así como valores e actitudes relacionados coa
solidariedade e a xustiza social e busca vías de acción para alcanzar un desenvolvemento
humano e sostible. Parte dunha análise en profundidade, que cuestiona o modelo de
desenvolvemento e promove accións para o cambio a nivel individual, local e global a medio e
longo prazo.”
10 http://www.conectandomundos.org/
Páxina 12
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación
como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano
estradas que unen as minas coas comunidades onde o exército detén aos coches
que veñen cargados das minas para expropiar o material e/ou os cartos.
A situación das minas en si mesmas é deplorable tamén. A falta de ferramentas e
material apropiado obriga ás persoas a facelo directamente coas mans. A isto hai
que sumar as condicións de inseguridade reinantes, que favorecen que os
accidentes sexan moi frecuentes. Sen embargo, non é isto dabondo para que as
autoridades poñan freo dalgunha maneira. Máis ben ao contrario. Son frecuentes
as presións á que someten aos artesáns para que retomen o traballo despois dun
accidente mortal sen ter revisado ou subsanado as carencias que deron lugar ao
mesmo. Exemplo disto é o accidente na mina de caserita de Bisie, o 15 de
novembro de 2007.
Por último, salientar que a explotación non entende de idade, sendo moitos os
nenos e nenas que traballan nas minas sometidos ás violacións descritas.
Algunhas das grandes multinacionais do eido da electrónica, lonxe de mirar cara
outro lado, están a facer esforzos para garantir que os seus produtos non
empreguen minerais obtidos en zonas de conflito. As motivacións poden ser
varias, tanto éticas ou simplemente froito das presión de moitas organizacións
que levan anos traballando sobre esta problemática. Así, o informe de Enough11
,
organización que traballa para acabar cos xenocidios e crimes contra a
humanidade, amosa que compañías como Intel ou HP están a facer importantes
progresos, non sendo o caso doutras como Nintendo ou HTC. A listaxe completa
ilústrase na Figura 8. As barras escuras representan os valores en 2011 e as máis
claras os correspondentes a 2010.
Pero a elaboración dun produto electrónico non remata coa extracción de mineral,
é necesario o proceso de fabricación dos compoñentes así como a súa
ensamblaxe. Neste eido o gran pulo experimentado por economías emerxentes
como a chinesa é, en parte, gracias á proliferación de fábricas de compoñentes e
dispositivos. Neste caso, destaca Foxconn, unha das compañías ás que Apple
confía a fabricación dos seus dispositivos. A axencia Reuters informa12
das
degradantes condicións humanas que se dan nesta fábrica, onde ademais das
condicións laborais en si mesmas, os traballadores comparten habitacións de oito
ou 10 persoas, con restritivas normas que atentan contra a súa liberdade
individual.
11 http://www.enoughproject.org/
12 http://www.reuters.com/article/2012/09/27/us-china-foxconn-idUSBRE88Q1QS20120927
Páxina 13
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación
como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano
Estas circunstancias levaron a unha morea de traballadores a optar polo suicidio
en xaneiro de 2010, o cal puxo o nome de Foxconn no panorama internacional,
máis aló do ámbito estritamente tecnolóxico. Este feito propiciou unha mellora, a
priori, das condicións laborais reducíndose o número de horas de traballo,
baixando das 60 semanais, incluíndo as horas extras, e subindo os salarios [CHI1].
Sen embargo, a redución do número máximo de horas extras provoca que a
cantidade percibida total sexa menor, o cal motiva as queixas dalgúns
traballadores13
.
No eido do impacto medioambiental as compañías de electrónica tamén xogan un
rol moi importante, pois o aumento no uso destas tecnoloxías nos últimos anos
implica unha maior produción o cal redunda nun impacto medioambiental maior.
De feito, a situación é aínda máis grave debido á diminución do ciclo de vida dos
produtos. Así, é aínda máis imperativo promover políticas neste campo. A
organización Greenpeace elabora unha lista das compañías máis respetuosas co
medio14
. Ilústrase na Figura 9.
13 http://usa.chinadaily.com.cn/epaper/2012-08/24/content_15703341.htm
14 Guía da electrónica verde
http://www.greenpeace.org/international/Global/international/publications/climate/2012/GuideG
reenerElectronics/Guide-Ranking-Criteria-v18.pdf
Páxina 14
Figura 8: Progreso das compañías de electrónica nos conflitos dos mineráis
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación
como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano
Para a elaboración da lista téñense en conta os seguintes obxectivos:
• redución de emisións de efecto invernadoiro mediante a implementación
dun Plan de Electricidade Limpa
• eliminación de sustancias perigosas dos produtos
• retorno e reciclaxe dos produtos cando queden obsoletos
• deixar de usar materiais non sostibles nos produtos e no empaquetado
• deixar de usar minerais que proveñan de países en conflito
A citada diminución no ciclo de vida dos produtos electrónicos (que segundo
Greenpeace pasou de 6 anos en 1997 a 2 en 2005) agrava un dos últimos
problemas do ciclo de vida. Trátase de que facer cos residuos tecnolóxicos, é dicir,
que facer con aqueles produtos que xa non cumpren ou seu cometido inicial ou
simplemente, que son reemprazados por outros máis novos e potentes, froito da
vertixinosa espiral de consumismo tecnolóxico na que vivimos. Estes dispositivos
están constituídos por unha gran cantidade de compoñentes químicos (entre 500
e 1000) moitos dos cales son tóxicos, co cal implican un grave perigo para a
saúde e o medio ambiente se non se manipulan tomando as precaucións
adecuadas. É o caso do chumbo, o mercurio ou o cadmio, entre outros moitos. Por
outra banda, posúen tamén compoñentes axeitados para ser reutilizados, como
son o paladio, o indio ou o xermanio.
¿Existe capacidade de procesamento a nivel global para dar saída a todo o lixo
tecnolóxico existente? A resposta é non. Alomenos se temos en conta
consideracións humanas e medioambientais. Desta maneira, existe un tráfico
descontrolado de residuos tecnolóxicos dende países do Norte a países do Sur. En
concreto, países do oeste africano, como Liberia, Cote d'Ivoire, Ghana ou Nixeria,
ou as cidades de Karachi, en Pakistan, Delhi en India ou Guiyo en China, posúen
importantes vertedoiros onde vai a parar unha gran parte dos desperdicios
tecnolóxicos do Norte. Segundo Nacións Unidas, o 85% deste material vén de
Páxina 15
Figura 9: Guía da electrónica verde Novembro 2012 (fonte: Greenpeace)
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación
como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano
produtos de consumo doméstico que, por outra banda, segundo Greenpeace,
entre o 50 e o 85% ían destinados á reciclaxe.
Nun intento de regularizar esta situación en 1992 firmouse a “Convención de
Basilea sobre o control dos movementos transfronteirizos de refugallos perigosos
e a súa eliminación”. Sen embargo, é un tratado moi feble15
xa que, como vimos,
os casos de violación de dereitos humanos aínda son unha constante. Ademais,
lonxe de mellorar, a insaciable fame de novos dispositivos electrónicos no Norte
provoca cada ano un incremento de 40 millóns de novas toneladas de lixo16
. Nos
próximos anos a reciclaxe xogará un papel importante, pero os vertedeiros de lixo
tecnolóxicos seguirán crecendo17
.
15 http://www.greenpeace.org/international/en/campaigns/toxics/toxic-trade/
16 http://www.law.northwestern.edu/journals/jihr/v10/n3/2/index.html
17 http://www.pikeresearch.com/newsroom/e-waste-environmental-crisis-is-being-mitigated-by-
strong-growth-in-electronics-recycling-and-reuse
Páxina 16

Más contenido relacionado

Similar a As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvolvemento Humano

Tics trabajo inicial.
Tics trabajo inicial.Tics trabajo inicial.
Tics trabajo inicial.Anaaraujotics
 
Marta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch CMarta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch CMartaalonsop
 
Marta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch CMarta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch CMartaalonsop
 
AS TICS- PRESENTACION
AS TICS- PRESENTACIONAS TICS- PRESENTACION
AS TICS- PRESENTACIONalbitafh
 
As tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicación As tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicación JosebaDelgado8
 
As tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicaciónAs tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicaciónJosebaDelgado8
 
Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminado
Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminadoGabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminado
Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminadoGaabiverin7
 
Tecnoloxías da Información e Comunicación
Tecnoloxías da Información e ComunicaciónTecnoloxías da Información e Comunicación
Tecnoloxías da Información e Comunicaciónxbungle
 
CiudadaníA Dixital
CiudadaníA DixitalCiudadaníA Dixital
CiudadaníA Dixitaljoseangellc
 
As tecnoloxías da información e da comunicación.
As tecnoloxías da información e da comunicación.As tecnoloxías da información e da comunicación.
As tecnoloxías da información e da comunicación.fani_silva
 
As tecnoloxías da información e da comunicación.
As tecnoloxías da información e da comunicación.As tecnoloxías da información e da comunicación.
As tecnoloxías da información e da comunicación.fani_silva
 
As tecnoloxías da información e da comunicación
As tecnoloxías da información e da comunicaciónAs tecnoloxías da información e da comunicación
As tecnoloxías da información e da comunicaciónfani_silva
 
Andrea Álvarez TICs
Andrea Álvarez TICsAndrea Álvarez TICs
Andrea Álvarez TICsaalvarezs
 
Traballo inicial TICs Aarón Rúa
Traballo inicial TICs Aarón RúaTraballo inicial TICs Aarón Rúa
Traballo inicial TICs Aarón RúaAaronRua
 
As tecnoloxías da información (6)
As tecnoloxías da información (6)As tecnoloxías da información (6)
As tecnoloxías da información (6)RamiVR
 
As tecnoloxías da información e da comunicación
As tecnoloxías da información e  da comunicaciónAs tecnoloxías da información e  da comunicación
As tecnoloxías da información e da comunicaciónandre_verin
 
As Tecnoloxías da Información e da Comunicación
As Tecnoloxías da Información e da ComunicaciónAs Tecnoloxías da Información e da Comunicación
As Tecnoloxías da Información e da ComunicaciónAdrian Teixeira Romero
 
O universo das Tic
O universo das TicO universo das Tic
O universo das Ticomarfdez
 
Tecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicaciónTecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicaciónluci_mp98
 
CidadaníA Dixital
CidadaníA DixitalCidadaníA Dixital
CidadaníA Dixitaljoseangellc
 

Similar a As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvolvemento Humano (20)

Tics trabajo inicial.
Tics trabajo inicial.Tics trabajo inicial.
Tics trabajo inicial.
 
Marta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch CMarta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch C
 
Marta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch CMarta Alonso 1º Batch C
Marta Alonso 1º Batch C
 
AS TICS- PRESENTACION
AS TICS- PRESENTACIONAS TICS- PRESENTACION
AS TICS- PRESENTACION
 
As tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicación As tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicación
 
As tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicaciónAs tecnoloxías da información e comunicación
As tecnoloxías da información e comunicación
 
Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminado
Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminadoGabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminado
Gabriel carrajo mariño 1ºa bach traballo tics terminado
 
Tecnoloxías da Información e Comunicación
Tecnoloxías da Información e ComunicaciónTecnoloxías da Información e Comunicación
Tecnoloxías da Información e Comunicación
 
CiudadaníA Dixital
CiudadaníA DixitalCiudadaníA Dixital
CiudadaníA Dixital
 
As tecnoloxías da información e da comunicación.
As tecnoloxías da información e da comunicación.As tecnoloxías da información e da comunicación.
As tecnoloxías da información e da comunicación.
 
As tecnoloxías da información e da comunicación.
As tecnoloxías da información e da comunicación.As tecnoloxías da información e da comunicación.
As tecnoloxías da información e da comunicación.
 
As tecnoloxías da información e da comunicación
As tecnoloxías da información e da comunicaciónAs tecnoloxías da información e da comunicación
As tecnoloxías da información e da comunicación
 
Andrea Álvarez TICs
Andrea Álvarez TICsAndrea Álvarez TICs
Andrea Álvarez TICs
 
Traballo inicial TICs Aarón Rúa
Traballo inicial TICs Aarón RúaTraballo inicial TICs Aarón Rúa
Traballo inicial TICs Aarón Rúa
 
As tecnoloxías da información (6)
As tecnoloxías da información (6)As tecnoloxías da información (6)
As tecnoloxías da información (6)
 
As tecnoloxías da información e da comunicación
As tecnoloxías da información e  da comunicaciónAs tecnoloxías da información e  da comunicación
As tecnoloxías da información e da comunicación
 
As Tecnoloxías da Información e da Comunicación
As Tecnoloxías da Información e da ComunicaciónAs Tecnoloxías da Información e da Comunicación
As Tecnoloxías da Información e da Comunicación
 
O universo das Tic
O universo das TicO universo das Tic
O universo das Tic
 
Tecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicaciónTecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicación
 
CidadaníA Dixital
CidadaníA DixitalCidadaníA Dixital
CidadaníA Dixital
 

Más de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de HondurasInforme sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de HondurasEnxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización culturalA tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización culturalEnxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen FronteirasExperiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen FronteirasEnxeñería Sen Fronteiras Galicia
 

Más de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (20)

2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr
 
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
 
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de HondurasInforme sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
 
Informe sobre viviendas tradicionales del sur de Honduras
Informe sobre viviendas tradicionales del sur de HondurasInforme sobre viviendas tradicionales del sur de Honduras
Informe sobre viviendas tradicionales del sur de Honduras
 
Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017
Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017
Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017
 
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
 
150409 sistematizacion pgirh
150409 sistematizacion  pgirh150409 sistematizacion  pgirh
150409 sistematizacion pgirh
 
Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
 
Convocatoria pcr 2016
Convocatoria pcr 2016Convocatoria pcr 2016
Convocatoria pcr 2016
 
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpDEstudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
 
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización culturalA tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
 
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen FronteirasExperiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
 
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica éticaBreve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
 
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
 
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivoCrónica do IX Foro por un mundo rural vivo
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo
 
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
 
Presentacion aprendizaje cooperativo
Presentacion aprendizaje cooperativoPresentacion aprendizaje cooperativo
Presentacion aprendizaje cooperativo
 
Informe final proyecto san jose de las conchas
Informe final proyecto san jose de las conchasInforme final proyecto san jose de las conchas
Informe final proyecto san jose de las conchas
 
Informe evaluacion externa gallardo fase ii
Informe evaluacion externa gallardo fase iiInforme evaluacion externa gallardo fase ii
Informe evaluacion externa gallardo fase ii
 
"Software Libre e tpdh" Fran Tsao
"Software Libre e tpdh" Fran Tsao"Software Libre e tpdh" Fran Tsao
"Software Libre e tpdh" Fran Tsao
 

As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvolvemento Humano

  • 1. As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano Contidos 1 Introducción...............................................................................................................................................................2 2 Penetración das TIC na sociedade............................................................................................................3 3 Papel das TIC.........................................................................................................................................................9 4 Tecnoloxía para o desenvolvemento humano.....................................................................................11 5 Electrónica ética...................................................................................................................................................12 Andrés Estévez Costas Enxeñería Sen Fronteiras - Galicia
  • 2. Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano 1 Introducción As tecnoloxías da información e da comunicación, coñecidas polas súas siglas TIC, representan os dispositivos e infraestruturas electrónicas para permitir aos usuarios o acceso á información. Na nosa contorna, no chamado mundo desenvolvido, un grande espectro da poboación ten acceso habitual ás mesmas (o setenta1 por cento da poboación en 2011 ten acceso a Internet segundo datos da ITU2 nos países desenvolvidos). De feito, unha parte desta porcentaxe está constituída polos chamados nativos dixitais, é dicir, aquelas persoas “rodeadas dende moi temperá idade polas tecnoloxías da información e os novos medios de comunicación que consumen masivamente, desenvolvendo outra maneira de pensar e de entender o mundo”3 . Avanzamos, pois, cara un modelo onde as TICs están enraizadas na sociedade, entendéndoas como un elemento máis da mesma. Debido a esta normalización poderíase correr o risco de obviar o impacto real que teñen no mundo. Ao longo do presente artigo darase unha visión máis ampla. Así, tras unha amosar unha fotografía do acceso global ás mesmas, analizarase o impacto que supoñen en distintos campos, como a sociedade, a política e a industria (aínda que é difícil separar tales conceptos). O campo da enerxía, tan en boga nestes tempos por mor do chamado cambio climático e das enerxías renovables, é tamén un actor relevante para as TIC. Así, amosarase o impacto enerxético que supoñen as infraestruturas necesarias para as TIC e como estas poden xogar un papel relevante nas futuras formas de xestión enerxética. Máis aló do estritamente tecnolóxico, as TIC están irrompendo na sociedade como ferramentas facilitadoras doutras formas de comunicación entre as persoas. Esta nova canle de comunicación pode ser a solución á cada vez máis reclamada democracia participativa ou, cando menos, a outras formas de relación entre a poboación e os gobernantes. Sendo tecnoloxías relativamente recentes, alomenos dende unha perspectiva histórica, é destacable como encaixan perfectamente en textos como a Declaración Universal dos Dereitos Humanos ou a Constitución Española de 1978. Así, farase un breve percorrido por cada un deles expoñendo o papel que as TICs poden xogar para o seu cumprimento. Con todo, temos que as TICs teñen un potencial enorme e será o uso que se lle dea o que permita desenvolvelo da maneira máis eficaz e eficiente posible. Agora ben, que camiño deben seguir? En Enxeñería Sen Fronteiras – Galicia manéxase concepto “Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano” (TpDH), que trata de dar resposta a esta cuestión. 1 “Measuring the information society 2012, páx. 6” (International Telecommunication Union) 2 International Telecommunication Union 3 Digital Natives, Digital Immigrants (Marc Prensky) Páxina 2
  • 3. Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano 2 Penetración das TIC na sociedade Nesta sección detállase o acceso ás distintas patas das TICs, como son a cobertura móbil ou o acceso a Internet, en países do Norte e do Sur, proporcionando desta maneira unha comparativa obxectiva entre ámbalas dúas realidades. A ITU publica anualmente un estudio sobre a penetración das TIC no mundo. O corresponde ao ano 2011 deixa ver grandes diferencias entre países desenvolvidos e países empobrecidos. Na figura Figura 2 apréciase como nos países desenvolvidos un 74% dos fogares dispón de alomenos un ordenador na casa, a diferencia do 25% dos países en vías de desenvolvemento4 . En canto o acceso a Internet a diferencia tamén é notable, sendo dun 20% nos países empobrecidos e dun 71% nos países do Norte. Mais, nestes días, a auténtica revolución no Norte en canto ás TIC estase a desenvolver no mundo da telefonía móbil. É esta unha tendencia global? As barras azuis da gráfica da Figura 1 ilustran a resposta: existe unha gran diferencia entre unhas rexións e outras, excedendo amplamente o 100% nunhas, é dicir, máis móbiles que poboación, e non chegando ao 50 % en África. Agora ben, máis aló da foto estática, como é a tendencia? Na gráfica apréciase tamén a variación entre os anos 2009 e 2010. Nas rexións cunha alta penetración esta variación é case nula. Isto é debido á saturación do mercado. Pola contra as zonas con menos penetración experimentaron un incremento do número de terminais. Este incremento é especialmente salientable en Asia debido ao enorme pulo das economías emerxentes, como a chinesa. 4 O informe da ITU emprega os termos “Países desenvolvidos” e “Países en desenvolvemento”. Existen outras maneiras de facer esta diferencia: Norte e Sur ou Ricos e Pobres. Máis, cada vez é máis habitual empregar “ricos” e “empobrecidos”, en lugar de pobres. Esta é a aproximación empregada tamén en Enxeñería Sen Fronteiras, xa que os países non son pobres por natureza, hai unha serie de consecuencias ou factores que os empobrecen. Páxina 3 Figura 1: Evolución da penetración da telefonía móbil en distintas rexións
  • 4. Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano Os últimos datos da ITU reflicten que hai 5.9 mil millóns de subscricións móbiles, acadándose unha penetración global do 85%. Nos países en desenvolvemento acádase o 77%5 . Ámbalas dúas rexións seguiron evolucións paralelas nos últimos 10 anos (Figura 3), non sendo así no caso de acceso a Internet de alta velocidade dende o móbil, onde os países desenvolvidos evolucionan moito máis rápido (Figura 4). Os datos presentados ata o de agora reflicten a situación actual de penetración de distintas tecnoloxías dentro do mundo TIC. Constitúen unha foto fixa e obxectiva pero pouco útil á hora de comparar distintos países entre si. Para 5 “ICT Facts Figure 2011” (International Telecommunication Union) Páxina 4 Figura 3: Subscrición móbiles Figura 4: Subscricións móbiles de banda larga Figura 2: Fogares con PC e con acceso a Internet (ITU - 2011)
  • 5. Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano solventar esta problemática a ITU define o IDI (ICT Development Index ou Índice de Desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e a Comunicación), que mide o seguinte: • a evolución ao longo do tempo das TICs nos distintos territorios, así como constituír unha medida de comparación entre eles • o progreso en países desenvolvidos e en desenvolvemento. O índice debe ser global e reflectir os cambios que acontecen nas TICs nos distintos países a distintos niveis de desenvolvemento en TIC • a fenda dixital • o potencial das TICs ou ata que punto estas poden mellorar o crecemento e desenvolvemento, baseándose nos perfís e habilidades dispoñibles. Na Táboa 1 resúmense os indicadores empregados para o cálculo do IDI. Amósase tamén o peso que ten cada un deles para o cálculo final. Na Táboa 2 lístanse os países con maior e menor IDI, así como os valores comparados cos obtidos en 2010. Na Figura 5 estes datos se agregan por rexións. Apréciase como a media dos IDI decrece dende Europa, que acada o maior valor, ata África. Tamén chama a atención a desigualdade nos países da rexión asiática, onde os máis altos son comparables aos europeos. Páxina 5 Figura 5: IDI agregado por rexións (fonte: ITU)
  • 6. Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano Acceso ás TIC Valor de referencia (%) 40 Número de liñas de telefonía fixa por 100 habitantes 60 20 Número de subscritores de telefonía móbil por 100 habitantes 180 20 Ancho de banda internacional (en bits/s) por usuario de Internet 408813 20 Porcentaxe de fogares cunha computadora 100 20 Porcentaxe de fogares con acceso a Internet 100 20 Uso das TIC Valor de referencia (%) 40 Porcentaxe de persoas que usan Internet 100 33 Subscricións de Internet de banda larga por 100 habitantes 60 33 Subscricións activas de banda larga móbil por 100 habitantes 100 33 Capacidades TIC Valor de referencia (%) 20 Grado de competencia nas TIC dos adultos 100 33 Taxa bruta de matriculación en ensinanza secundaria 100 33 Taxa bruta de matriculación en ensinanza superior 100 33 Táboa 1: Indicadores e pesos para o cálculo do IDI (fonte: ITU) Páxina 6
  • 7. Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano País 2010 2011 País 2010 2011 Posición IDI Posició n IDI Posición IDI Posició n IDI Corea 1 8.56 1 8.45 Níxer 155 0.88 154 0.88 Suecia 2 8.34 2 8.21 Chad 154 0.94 155 0.85 Dinamarca 3 8.29 3 8.01 Rep. Centroafricana 153 0.97 153 0.96 Islandia 4 8.17 4 7.96 Eritrea 152 1.09 151 1.08 Finlandia 5 8.04 5 7.89 Burkina Fasso 151 1.14 152 1.06 Holanda 6 7.82 7 7.60 Etiopía 150 1.15 150 1.09 Luxemburgo 7 7.76 6 7.64 Liberia 149 1.26 148 1.20 Xapón 8 7.76 8 7.57 Guinea 148 1.28 146 1.25 Reino Unido 9 7.75 14 7.35 Mozambique 147 1.28 145 1.26 Suíza 10 7.68 9 7.48 Congo 146 1.30 149 1.18 Táboa 2: Países con maior e menor IDI. Datos comparativos entre 2010 e 2011 (Fonte: ITU) Existe correlación entre o IDI e outros indicadores? Abofé que si. A Figura 6 ilustra a relación existente entre o IDI e o produto nacional bruto6 . Pola súa banda a Figura 7 amosa a relación entre o IDI e o prezo dos servizos TIC. Máis aló de decidir cal é a causa e cal o efecto, o feito é que existe unha relación obxectiva entre o índice de desenvolvemento nas tecnoloxías da información e as comunicacións e a economía dunha rexión. 6 GNI polas súas siglas en inglés (gross national income) Páxina 7
  • 8. Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano Páxina 8 Figura 7: Comparativa do IDI cos prezos de acceso aos servicios TIC (fonte: ITU) Figura 6: IDI e producto nacional bruto (fonte: ITU)
  • 9. Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano 3 Papel das TIC Na sociedade actual as TIC extendéronse por campos moi diversos: ocupan unha gran parte do tempo de ocio, así as videoconsolas e xogos online desprazaron aos tradicionais xogos de mesa; empréganse como medios de comunicación, de maneira que a grande maioría de xornais dispoñen edición impresa e edición dixital, ademais dos medios de comunicación colaborativos, como son os blogues ou os servicios de microblogging como Twitter ou Idéntica. Constitúen tamén unha parte fundamental de moitos postos de traballo, así os correos electrónicos, as plataformas de teletraballo ou a telefonía por Internet supoñen un cambio moi grande respecto á operativa tradicional de moitas empresas. Tampouco a industria é allea ás ferramentas proporcionadas polas TIC, xa que estas teñen un papel fundamental na automatización de procesos, nos sistemas intelixentes de control ou nas redes de distribución intelixente de enerxía, ou Smartgrids, como se coñecen polo seu nome en inglés. Con todo, queda patente que as TIC están enraizadas na sociedade actual. A comunicación é, se cabe, o campo onde está a ter un impacto máis forte na sociedade, xa que non só constitúe unha mellora sobre as ferramentas anteriores, senón que permite un novo paradigma na relacións entre os cidadáns, as entidades públicas e calquera tipo de organización. De feito, estas novas formas de comunicación encaixan en textos legais de referencia como son a Declaración Universal dos Dereitos Humanos ou a Constitución Española. Vexamos como. O Artigo 19 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos é o seguinte: Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito inclúe o de non ser amoestados por mor das súas opinións, o de investigar e recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión. En 1948, cando foi aprobada a Declaración, a irrupción das TIC quedaba aínda moi lonxe. É salientable, sen embargo, como as condicións de acceso á información ás que refire o artigo encaixan perfectamente nas posibilidades que bridan as ferramentas TIC actuais. Así, os medios dixitais e os medios colaborativos, como as redes sociais, permiten o fluxo libre de información, posibilitando que as persoas sexan partes activas da mesma, podendo elixila, filtrala ou incluso participar nela, establecéndose así un fluxo bididireccional. A Constitución Española é outro dos textos que recolle, nos artigos adicados a comunicación, cuestións nas que as TICs poden xogar un rol moi importante. A continuación se achegan os artigos 20 e 105: Artigo 20 1. Recoñécense e protexen os dereitos: a. A expresar e difundir libremente os pensamentos, ideas e opinións Páxina 9
  • 10. Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano mediante a palabra, o escrito ou calquera outro medio de reprodución. b. Á reprodución e creación literaria, artística, científica e técnica. c. Á liberdade de cátedra. d. A comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión. A lei regulará o dereito á cláusula de conciencia e ao segredo profesional no exercicios destas liberdades. 2. O exercicio destes dereitos non pode restrinxirse mediante ningún tipo de censura previa. 3. A lei regulará a organización e o control parlamentario dos medios de comunicación social dependentes do Estado ou de calquera ente público e garantirá o acceso a ditos medios dos grupos sociais e políticos significativos, respectando o pluralismo da sociedade e das diversas linguas de España. 4. Estas liberdades teñen o seu límite no respecto aos dereitos recoñecidos neste Título, nos preceptos das leis que o desenvolvan e, especialmente, no dereito á honra, á intimidade, á propia imaxe e á protección da xuventude e a infancia. 5. Só poderá acordarse o secuestro de publicacións, gravacións e outros medios de información en virtude de resolución xudicial. Da mesma maneira que no caso anterior, as TICs teñen un papel de facilitador dos dereitos citados. Artigo 105: A lei regulará: a. A audiencia dos cidadáns, directamente ou a través das organizacións e asociacións recoñecidas pola lei, no procedemento de elaboración das disposicións administrativas que lles afecten. b. O acceso dos cidadáns aos arquivos e rexistros administrativos, salvo no que afecte á seguridade e defensa do Estado, a averiguación dos delitos e á intimidade das persoas. c. O procedemento a través do cal deben producirse os actos administrativos, garantindo, cando proceda, a audiencia do interesado. Tradicionalmente a información pública estaba recollida en papel, pero coa irrupción dos medios dixitais isto xa non é necesario. O papel dificulta a busca e indexación de información, dificulta tamén o acceso á mesma polo gran público, problemas que non existen se está dixitalizada. Pódense establecer vínculos entre distintos documentos de maneira que sexa doado seguir un fío documental. Pódese distribuír de maneira masiva sen necesidade de grandes esforzos, nin Páxina 10
  • 11. Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano humanos nin económicos, xa que é suficiente con colgar os documentos nun sitio en Internet. Isto permite un cambio de paradigma nas relacións entre as institucións públicas e a cidadanía, posibilitando non só o ditado no segundo apartado do artigo, senón constituíndo unha ferramenta para acadar unha xestión transparente das organizacións, públicas e privadas. É o cada vez máis en boga paradigma dos datos abertos7 . A dispoñibilidade desta información sumado ás posibilidades de comunicación bidireccional que ofrecen as ferramentas TICs (comentarios en blogues, twitts directos a políticos ou institucións, etc) son un dos alicerces sobre os que pode xirar a construción dun sistema onde os cidadáns poidan participar nas decisións políticas. Estaremos, entón, ante o empoderamento8 da poboación. 4 Tecnoloxía para o desenvolvemento humano A tecnoloxía para o desenvolvemento humano é a ferramenta a través da cal Enxeñería Sen Fronteiras busca construír unha sociedade mundial xusta e solidaria. Defínese como: “aqueles mecanismos e estratexias que fan que solucións técnicas dignifiquen e melloren a calidade de vida das persoas. Estas tecnoloxías deben ser apropiadas e permitir solucións cultural, ambiental e socioeconomicamente sustentables” A definición é global, é dicir, aplica a calquera comunidade, no Sur e no Norte, xa que se considera que eses son os criterios que debe de cumprir a tecnoloxía para emponderar á poboación, facilitando o control da mesma sen crear ataduras con institucións alleas. Sen embargo, na sociedade globalizada na que vivimos, a deslocalización dos distintos procesos involucrados na xeración dos bens de consumo é a norma, o cal constitúe un obstáculo para evitar as devanditas ataduras. Desta maneira, cúmprese máis que nunca o proverbio chinés “o aleteo das alas dunha bolboreta pódese sentir ao outro lado do mundo”. O simple feito de mercar un produto ten moitas implicacións humanas e medioambientais, tal como se analizará na sección Electrónica ética. Débenos importar isto? Alejandra Boni presenta o concepto de cidadanía global, como sigue: “cidadáns que se recoñecen como pertencentes a unha comunidade mundial de iguais, preocupados por temas colectivos e que reclaman o seu protagonismo no desenvolvemento dos procesos sociais e políticos” É evidente, xa que logo, que si. Ademais, as propias TICs poden xogar un papel relevante na creación de cidadáns globais. Este foi un dos temas sobre os que xirou, entre2010 e 2011, un encontro que tivo lugar en Valencia onde un grupo de docentes reflexionaron sobre a Cidadanía Global no marco da Educación para o 7 Emprégase habitualmente o termo en inglés open data 8 Empoderamento. Segundo Hegoa (http://www.dicc.hegoa.ehu.es/) é o proceso polo cal as persoas fortalecen as súas capacidades, confianza, visión e protagonismo como grupo social para impulsar cambios positivos das situacións que viven Páxina 11
  • 12. Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano Desenvolvemento9 . Entre outras moitas reflexións, concluíuse que “as TIC posibilitan o coñecemento mutuo, permitindo compartir realidades diversas e descubrir problemas comúns, baseándose no lema pensa globalmente, actúa localmente”. Programas como “ConectandoMundos”10 baséanse nesta característica das TICs. 5 Electrónica ética Baixo este nome englóbanse ás boas prácticas necesarias nas distintas fases do ciclo de vida dos produtos electrónicos. Por desgracia, os procesos actuais deste sector distan moito desa definición xa que a explotación laboral, a explotación infantil, o dano medioambiental, os conflitos armados e incluso a morte, están presentes. Son ben coñecidas, ou alomenos deberían de selo, as condicións de traballo nas que se extraen algúns dos minerais que se empregan para a fabricación de moitos dos dispositivos ou, en xeral, utensilios cos que vivimos no día a día. Trátase da casiterita, empregada para a elaboración de latas, do ouro, da tantalita/columbita que da lugar ao máis coñecido coltán, empregado en algúns compoñentes electrónicos que darán lugar aos nosos móbiles ou portátiles; ou o wolframio, empregado en bombillas. A República Democrática do Congo é un dos países onde a situación é especialmente delicada. O comercio dos citados minerais está controlado por grupos armados. Isto é debido á falta de regulación existente e á devastación na que quedou sumida o país tralas guerras dos anos noventa. Este control permite que os beneficios se queden nos propios grupos armados, realimentando así o sistema. Por desgracia non se trata só de grupos marxinais, senón que o mesmo exército participa nesta trama de corrupción, involucrando a soldados de todos os rangos, o que complica aínda máis, se cabe, a saída deste problema. As asociacións prodereitos humanos que operan na zona denuncian arrestos e torturas cara aqueles artesáns que non acceden ás extorsións do exército. Estas teñen varias formas, como ter que entregar a produción dun día enteiro ao exército, ou unha porcentaxe da total. Son tamén habituais os checkpoints, isto é, puntos nas 9 A concepción de Educación para o Desenvolvemento empregada nese encontro foi “Un proceso educativo (formal, non formal e informal) constante encamiñado, a través de coñecementos, actitudes e valores, a promover unha cidadanía global xeradora dunha cultura da solidariedade comprometida na loita contra a pobreza e a exclusión así como coa promoción do desenvolvemento humano e sostible”. En Enxeñería Sen Fronteiras aprobouse en Ourense, o 17 de novembro de 2012, unha definición similar: “proceso educativo constante que favorece a comprensión sobre as interrelacións económicas, políticas, sociais e culturais entre Norte e Sur, que promove unha conciencia crítica, así como valores e actitudes relacionados coa solidariedade e a xustiza social e busca vías de acción para alcanzar un desenvolvemento humano e sostible. Parte dunha análise en profundidade, que cuestiona o modelo de desenvolvemento e promove accións para o cambio a nivel individual, local e global a medio e longo prazo.” 10 http://www.conectandomundos.org/ Páxina 12
  • 13. Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano estradas que unen as minas coas comunidades onde o exército detén aos coches que veñen cargados das minas para expropiar o material e/ou os cartos. A situación das minas en si mesmas é deplorable tamén. A falta de ferramentas e material apropiado obriga ás persoas a facelo directamente coas mans. A isto hai que sumar as condicións de inseguridade reinantes, que favorecen que os accidentes sexan moi frecuentes. Sen embargo, non é isto dabondo para que as autoridades poñan freo dalgunha maneira. Máis ben ao contrario. Son frecuentes as presións á que someten aos artesáns para que retomen o traballo despois dun accidente mortal sen ter revisado ou subsanado as carencias que deron lugar ao mesmo. Exemplo disto é o accidente na mina de caserita de Bisie, o 15 de novembro de 2007. Por último, salientar que a explotación non entende de idade, sendo moitos os nenos e nenas que traballan nas minas sometidos ás violacións descritas. Algunhas das grandes multinacionais do eido da electrónica, lonxe de mirar cara outro lado, están a facer esforzos para garantir que os seus produtos non empreguen minerais obtidos en zonas de conflito. As motivacións poden ser varias, tanto éticas ou simplemente froito das presión de moitas organizacións que levan anos traballando sobre esta problemática. Así, o informe de Enough11 , organización que traballa para acabar cos xenocidios e crimes contra a humanidade, amosa que compañías como Intel ou HP están a facer importantes progresos, non sendo o caso doutras como Nintendo ou HTC. A listaxe completa ilústrase na Figura 8. As barras escuras representan os valores en 2011 e as máis claras os correspondentes a 2010. Pero a elaboración dun produto electrónico non remata coa extracción de mineral, é necesario o proceso de fabricación dos compoñentes así como a súa ensamblaxe. Neste eido o gran pulo experimentado por economías emerxentes como a chinesa é, en parte, gracias á proliferación de fábricas de compoñentes e dispositivos. Neste caso, destaca Foxconn, unha das compañías ás que Apple confía a fabricación dos seus dispositivos. A axencia Reuters informa12 das degradantes condicións humanas que se dan nesta fábrica, onde ademais das condicións laborais en si mesmas, os traballadores comparten habitacións de oito ou 10 persoas, con restritivas normas que atentan contra a súa liberdade individual. 11 http://www.enoughproject.org/ 12 http://www.reuters.com/article/2012/09/27/us-china-foxconn-idUSBRE88Q1QS20120927 Páxina 13
  • 14. Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano Estas circunstancias levaron a unha morea de traballadores a optar polo suicidio en xaneiro de 2010, o cal puxo o nome de Foxconn no panorama internacional, máis aló do ámbito estritamente tecnolóxico. Este feito propiciou unha mellora, a priori, das condicións laborais reducíndose o número de horas de traballo, baixando das 60 semanais, incluíndo as horas extras, e subindo os salarios [CHI1]. Sen embargo, a redución do número máximo de horas extras provoca que a cantidade percibida total sexa menor, o cal motiva as queixas dalgúns traballadores13 . No eido do impacto medioambiental as compañías de electrónica tamén xogan un rol moi importante, pois o aumento no uso destas tecnoloxías nos últimos anos implica unha maior produción o cal redunda nun impacto medioambiental maior. De feito, a situación é aínda máis grave debido á diminución do ciclo de vida dos produtos. Así, é aínda máis imperativo promover políticas neste campo. A organización Greenpeace elabora unha lista das compañías máis respetuosas co medio14 . Ilústrase na Figura 9. 13 http://usa.chinadaily.com.cn/epaper/2012-08/24/content_15703341.htm 14 Guía da electrónica verde http://www.greenpeace.org/international/Global/international/publications/climate/2012/GuideG reenerElectronics/Guide-Ranking-Criteria-v18.pdf Páxina 14 Figura 8: Progreso das compañías de electrónica nos conflitos dos mineráis
  • 15. Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano Para a elaboración da lista téñense en conta os seguintes obxectivos: • redución de emisións de efecto invernadoiro mediante a implementación dun Plan de Electricidade Limpa • eliminación de sustancias perigosas dos produtos • retorno e reciclaxe dos produtos cando queden obsoletos • deixar de usar materiais non sostibles nos produtos e no empaquetado • deixar de usar minerais que proveñan de países en conflito A citada diminución no ciclo de vida dos produtos electrónicos (que segundo Greenpeace pasou de 6 anos en 1997 a 2 en 2005) agrava un dos últimos problemas do ciclo de vida. Trátase de que facer cos residuos tecnolóxicos, é dicir, que facer con aqueles produtos que xa non cumpren ou seu cometido inicial ou simplemente, que son reemprazados por outros máis novos e potentes, froito da vertixinosa espiral de consumismo tecnolóxico na que vivimos. Estes dispositivos están constituídos por unha gran cantidade de compoñentes químicos (entre 500 e 1000) moitos dos cales son tóxicos, co cal implican un grave perigo para a saúde e o medio ambiente se non se manipulan tomando as precaucións adecuadas. É o caso do chumbo, o mercurio ou o cadmio, entre outros moitos. Por outra banda, posúen tamén compoñentes axeitados para ser reutilizados, como son o paladio, o indio ou o xermanio. ¿Existe capacidade de procesamento a nivel global para dar saída a todo o lixo tecnolóxico existente? A resposta é non. Alomenos se temos en conta consideracións humanas e medioambientais. Desta maneira, existe un tráfico descontrolado de residuos tecnolóxicos dende países do Norte a países do Sur. En concreto, países do oeste africano, como Liberia, Cote d'Ivoire, Ghana ou Nixeria, ou as cidades de Karachi, en Pakistan, Delhi en India ou Guiyo en China, posúen importantes vertedoiros onde vai a parar unha gran parte dos desperdicios tecnolóxicos do Norte. Segundo Nacións Unidas, o 85% deste material vén de Páxina 15 Figura 9: Guía da electrónica verde Novembro 2012 (fonte: Greenpeace)
  • 16. Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano produtos de consumo doméstico que, por outra banda, segundo Greenpeace, entre o 50 e o 85% ían destinados á reciclaxe. Nun intento de regularizar esta situación en 1992 firmouse a “Convención de Basilea sobre o control dos movementos transfronteirizos de refugallos perigosos e a súa eliminación”. Sen embargo, é un tratado moi feble15 xa que, como vimos, os casos de violación de dereitos humanos aínda son unha constante. Ademais, lonxe de mellorar, a insaciable fame de novos dispositivos electrónicos no Norte provoca cada ano un incremento de 40 millóns de novas toneladas de lixo16 . Nos próximos anos a reciclaxe xogará un papel importante, pero os vertedeiros de lixo tecnolóxicos seguirán crecendo17 . 15 http://www.greenpeace.org/international/en/campaigns/toxics/toxic-trade/ 16 http://www.law.northwestern.edu/journals/jihr/v10/n3/2/index.html 17 http://www.pikeresearch.com/newsroom/e-waste-environmental-crisis-is-being-mitigated-by- strong-growth-in-electronics-recycling-and-reuse Páxina 16