3. sindicato nacional de ccoo de galicia
No mes de marzo de 2011, as persoas paradas en Galicia son 249.246. Deste total, o
53,22% son mulleres: 132.656.
CADRO 1: Desemprego rexistrado en Galicia
segundo o sexo e os tramos de idade
MARZO 2011 TOTAL HOMES MULLERES
Total Galicia 249.246 116.590 132.656
Menores de 25 anos 23.428 13.027 10.401
Resto de idades 225.818 103.563 122.255
Fonte: Elaboración propia segundo datos do INEM, marzo 2011
CADRO 2: Desemprego rexistrado en Galicia segundo o sexo
e os tramos de idade, variación respecto ao mes anterior
MARZO 2011 TOTAL HOMES MULLERES
Total Galicia 967 –57 1.024
Menores de 25 anos 633 266 367
Resto de idades 334 –323 657
Fonte: Elaboración propia segundo datos do INEM, marzo 2011
O paro medrou no mes de marzo en 967 persoas con respecto ao mes de febreiro. As
mulleres presentan un incremento en termos relativos dun 0,78% (1.024 máis),
mentres que nos homes se rexistrou un descenso do 0,05% (57 parados menos). Nas
persoas menores de 25 anos aumenta o desemprego masculino un 2,08%, mentres
que nas mulleres faino nun 3,66%. Entre os maiores desta idade, o incremento do
desemprego nas mulleres é dun 0,54% mentres que nos homes descende nun 0,31%.
CADRO 3: Desemprego rexistrado en Galicia segundo sectores económicos, sexo e idade
TOTAL IDADES MENORES DE 25 ANOS RESTO DE IDADES
MARZO 2011 Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres
Agricultura 6.418 4.322 2.096 425 330 95 5.993 3.992 2.001
Industria 37.623 19.926 17.697 2.362 1.862 500 35.261 18.064 17.197
Construción 39.663 35.938 3.725 2.708 2.601 107 36.955 33.337 3.618
Servizos 135.590 45.796 89.794 9.286 3.901 5.395 126.304 41.895 84.409
Sen emprego ant. 29.952 10.608 19.344 8.647 4.333 4.314 21.305 6.275 15.030
TOTAL 249.246 116.590 132.656 23.428 13.027 10.401 225.818 103.563 122.255
Fonte: Elaboración propia segundo datos do INEM, marzo 2011
No sector dos servizos e no colectivo sen emprego anterior, o desemprego feminino é
superior ao masculino; nos demais sectores a situación é a contraria. Destaca que
nestes dous grupos o paro feminino supón máis do 43% do total das persoas
desempregadas.
Tanto nos menores de 25 anos coma no colectivo de resto de idades, as tendencias
por sectores son semellantes ás do total.
datos sociolaborais desagregados por sexos 3
4. sindicato nacional de ccoo de galicia
Como ocorre adoito, o paro feminino no sector da construción é, en todos os casos,
moi inferior ao masculino. Pola contra, na industria os datos de desemprego son case
que parellos entre homes e mulleres para o colectivo de resto de idades.
CADRO 4: Desemprego rexistrado en Galicia segundo sectores económicos, sexo e idade,
variación respecto do mes anterior
TOTAL IDADES MENORES DE 25 ANOS RESTO DE IDADES
MARZO 2011 Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres
Agricultura –73 –87 14 –5 –6 1 –68 –81 13
Industria 293 64 229 4 10 –6 289 54 235
Construción –265 –305 40 –36 –39 3 –229 –266 37
Servizos 619 216 403 262 86 176 357 130 227
Sen emprego ant. 393 55 338 408 215 193 –15 –160 145
TOTAL 967 –57 1.024 633 266 367 334 –323 657
Fonte: Elaboración propia segundo datos do INEM, marzo 2011
En comparación co mes anterior, o desemprego subiu en todos os sectores agás na
agricultura (que rexistra 73 desempregados menos) e na construción (con 265
desempregados menos). Por sexos, medra en todos os sectores e en ambos os sexos,
agás nos homes na agricultura (87 menos) e na construción (305 menos).
Na análise dos valores por tramos de idade, atopamos que nos menores de 25 o
desemprego sobe en todos os sectores, agás na agricultura e na construción. Por
sexos, os homes rexistran 6 parados menos na agricultura e 39 menos na
construción, e as mulleres rexistran 6 paradas menos na industria.
No resto de idades, sobe o paro en todos os sectores agás na agricultura que
descende en 68 persoas desempregadas, na construción baixa en 229 e no colectivo
sen emprego anterior que descende en 15. Por sexos, os homes en paro diminúen na
agricultura, na construción e no colectivo sen emprego anterior. As mulleres
desempregadas aumentan en todos os sectores.
CADRO 5: Contratos rexistrados en Galicia segundo sexo e tramos de idade
HOMES MULLERES AMBOS OS SEXOS
MARZO 2011 < 25 25 a 44 > 45 < 25 25 a 44 > 45 < 25 25 a 44 > 45
anos anos anos total anos anos anos total anos anos anos total
Indefinidos 349 1.790 575 2.714 402 1.579 361 2.342 751 3.369 936 5.056
Temporais 4.283 15.717 4.801 24.801 4.112 14.007 3.614 21.733 8.395 29.724 8.415 46.534
Total Galicia 4.632 17.507 5.376 27.515 4.514 15.586 3.975 24.075 9.146 33.093 9.351 51.590
Fonte: Elaboración propia segundo datos do INEM, marzo 2011
Dos 51.590 contratos que se formalizaron en Galicia no mes de marzo de 2011, as
mulleres asinaron o 46,7% (24.075 contratos). Ao facermos a distinción entre
contratos indefinidos e temporais, obtemos que as mulleres asinan o 46,3% dos
indefinidos e o 46,7% dos temporais.
A contratación aumentou en marzo un 13,36% (un 10,76% a indefinida e un 13,65% a
temporal), cunha suba do 11,7% na contratación feminina e do 14,85% na masculina.
datos sociolaborais desagregados por sexos 4
5. sindicato nacional de ccoo de galicia
As maiores variacións deste mes son:
Nas mulleres, aumenta a contratación en todos os intervalos de idade. Os maiores
aumentos danse na contratación indefinida nas mulleres de 45 anos e maiores (un
30,80% máis) e na temporal no grupo de mulleres menores de 25 anos (un 14,54%
máis).
Entre os homes tamén aumenta a contratación en todas as faixas de idade. Na
contratación indefinida, a que máis medra é a de menores de 25 anos cun incremento
do 10,79%. Na temporal, o tramo de idade en que máis aumenta a contratación é no
de 45 anos ou máis cun 23,10%.
De 984.500 persoas afiliadas á seguridade social que hai en Galicia, o 46,5% son
mulleres, proporción que máis ou menos se mantén en valores similares no réxime
xeral (47,2%) pero que diminúe un pouco ao falarmos do réxime de autónomos
(42,2%). Pero danse dúas desviacións salientables: no réxime especial da minería, as
mulleres só representan o 14,28%, e no réxime especial de empregadas do fogar, as
mulleres son o 97,95%.
CADRO 6: Afiliación media á seguridade social segundo os réximes e o sexo
HOMES MULLERES NON CONSTA TOTAL
Réxime xeral 378.174 338.352 5 716.531
Réxime esp. de autónomos 126.541 92.523 0 219.064
Réxime esp. minería e carbón 6 1 0 7
Réxime esp. agrario 3.306 1.288 0 4.594
Réxime esp. empr. do fogar 418 19.966 0 20.384
Réxime especial do mar 17.838 6.082 0 23.920
TOTAL 526.283 458.212 5 984.500
Fonte: Elaboración propia segundo datos da Seguridade Social, marzo 2011
En comparación co mes anterior, aumenta o número de afiliadas un 0,24% (1.108
máis) e o de afiliados nun 0,20% (1.041 máis). Este mes, o número de afiliacións
diminúe no réxime especial agrario (26 menos), mentres que medra nos restantes (o
da minería non rexistra variación ningunha). Destaca o aumento absoluto do réxime
xeral, 1.799 afiliacións máis, e o do réxime especial do mar que suma 194 máis.
Nas mulleres aumenta a afiliación no réxime xeral (962 máis), no réxime especial de
empregados do fogar (78 máis), no réxime especial de autónomos (93 máis) e no
réxime especial agrario (5 máis), mentres que o da minería de carbón non rexistra
variación ningunha. Pola contra, descende a afiliación feminina no réxime especial do
mar (30 menos).
datos sociolaborais desagregados por sexos 5
6. sindicato nacional de ccoo de galicia
[Os cadros do 7 en diante só se actualizarán cada tres meses, coincidindo cos datos da EPA.]
CADRO 7: Datos básicos do mercado laboral segundo a EPA (en miles de unidades)
GALICIA TOTAL HOMES MULLERES
Poboación > de 16 anos 2.382,1 1.137,6 1.244,5
Poboación activa 1.296,6 699,3 597,3
Poboación ocupada 1.093,1 593 500,1
Poboación parada 203,5 106,3 97,2
Poboación inactiva 1.085,5 438,3 647,2
Fonte: Instituto Galego de Estatística, EPA 4.º trimestre do 2010
Segundo os datos publicados pola EPA do cuarto trimestre de 2010, as mulleres
representan o 52,24% da poboación en idade de traballar, pero só o 46,06% da
poboación activa, mentres que son preto do 60% das persoas inactivas. Un dato que
chama a atención é que, segundo a EPA, as mulleres representan o 47,76% da
poboación en situación de desemprego, mentres que os datos publicados polo Servizo
Público de Emprego din que son o 52,93% do total de persoas desempregadas.
CADRO 8: Comparación co trimestre anterior (en miles de unidades)
GALICIA TOTAL HOMES MULLERES
Poboación > de 16 anos -1 -0,50 -0,50
Poboación activa -17,40 -12,80 -4,60
Poboación ocupada -25,60 -19,40 -6,20
Poboación parada 8,20 6,60 1,60
Poboación inactiva 16,40 12,30 4,10
Fonte: Elaboración propia cos datos do IGE, 4.º trimestre do 2010
Se nos centramos só nas mulleres e comparamos os datos deste trimestre cos
publicados pola EPA no terceiro trimestre de 2010, vemos que rompe a tendencia
iniciada no trimestre anterior de aumento no número de mulleres ocupadas; este mes
descenden nun 6,2%. Pola contra, as mulleres paradas e inactivas aumentan nun
1,6% e nun 4,10% respectivamente.
CADRO 9: Comparación co ano anterior (en miles de unidades)
GALICIA TOTAL HOMES MULLERES
Poboación > de 16 anos –3,90 –2,20 –1,70
Poboación activa –10,50 –8,80 –1,70
Poboación ocupada –45,80 –31,10 –14,70
Poboación parada 35,10 22,20 12,90
Poboación inactiva 6,80 6,80 0
Fonte: Elaboración propia cos datos do IGE, 4.º trimestre do 2010
A conclusión que se pode tirar da comparación entre o cuarto trimestre de 2010 e o
de 2009 é que, nun ano, o desemprego feminino se incrementou en 12.900 persoas,
aumento inferior ao masculino. Este incremento do desemprego feminino recolle parte
da caída da poboación feminina ocupada, que baixou en 14.700 persoas.
datos sociolaborais desagregados por sexos 6
7. sindicato nacional de ccoo de galicia
CADRO 10: Taxas de actividade, ocupación, paro e eventualidade (en porcentaxes)
GALICIA ESPAÑA
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres
Taxa de actividade 54,43 61,47 48 59,99 67,72 52,60
Taxa de ocupación 45,89 52,13 40,18 47,80 54,21 41,66
Taxa de paro 15,69 15,20 16,28 20,33 19,95 20,79
Taxa de eventualidade 25,16 21,96 28,77 24,82 23,85 25,91
Fonte: Elaboración propia, Instituto Galego de Estatística, EPA 4.º trimestre do ano 2010
No tocante a estas taxas, podemos facer dúas comparacións. A primeira dentro de
Galicia en relación coa poboación masculina, da que se deduce que as mulleres teñen
unhas menores taxas de ocupación e actividade. Tamén é un dato negativo que as
taxas de paro e eventualidade sexan máis altas para as mulleres que para os homes.
A segunda é que, en comparación co conxunto do estado, temos dous datos
parcialmente positivos: a taxa de paro feminino é inferior en Galicia en 4,5 puntos á
rexistrada en España, e o diferencial entre mulleres e homes das taxas de actividade e
ocupación é menor en Galicia que no conxunto do estado.
En relación ao anterior trimestre, descenden as taxas de actividade e ocupación
femininas, pero en menor medida que as masculinas. Aumenta a taxa de paro, pero
en menor contía que a masculina. A taxa de eventualidade medrou en máis dun
punto, mentres que a masculina descende nun 0,44.
CADRO 11: Poboación asalariada segundo o tipo de contrato (en miles de unidades)
GALICIA TOTAL HOMES MULLERES
Contratación indefinida 636,3 350,8 285,5
Contratación temporal 214 98,7 115,3
Poboación asalariada 850,1 449,4 400,7
Fonte: Instituto Galego de Estatística, EPA 4.º trimestre do ano 2010
CADRO 12: Variación co período anterior da poboación asalariada
segundo o tipo de contrato (en miles de unidades)
GALICIA TOTAL HOMES MULLERES
Contratación indefinida –11,40 –9,50 –1,90
Contratación temporal –16,40 –12,30 –4,10
Poboación asalariada –28 –21,90 –6,10
Fonte: Instituto Galego de Estatística, EPA 4.º trimestre do ano 2010
O máis salientable destas ultimas táboas é o dato negativo da redución da
contratación indefinida en xeral, e da feminina en concreto, que descende en 1.900
persoas respecto ao anterior trimestre. A contratación temporal feminina tamén
descende neste período, pero faino en menor medida que a masculina (4.100
mulleres fronte a 12.300 homes).
Por outro lado, temos que a poboación asalariada descendeu, tanto a masculina como
a feminina, aínda que esta última o fixo en menor grao (un 1,52% fronte a un 4,73%).
datos sociolaborais desagregados por sexos 7
8. sindicato nacional de ccoo de galicia
En comparación co cuarto trimestre de 2009, diminúe a contratación temporal
masculina moito máis que a feminina, un 12,42% fronte a un 0,96%; en cambio, a
caída da contratación indefinida masculina e a feminina son máis parellas: un 4,32%
fronte a un 3,39%.
Nesta comparativa, a poboación asalariada cae nos dous sexos: un 2,68% nas
mulleres e un 6,38% nos homes.
datos sociolaborais desagregados por sexos 8
10. Coordinación:
Secretaría de Emprego, Economía Social
e Autoemprego
Sindicato Nacional de Comisións Obreiras
Elaboración:
Rede de Axentes de Emprego