1. PROGRAMA DE ACOLLIDA DE
EDUCACION INFANTIL
3
ANOS
CEIP DE PORTO
CABEIRO
O EQUIPO
DE EDUCACIÓN INFANTIL
VOS DA A
BENVIDA AO NOSO COLE
2. Estimadas familias:
Dende o equipo de Educación Infantil queremos
darvos as grazas por confiar en nós para levar a cabo a
educación dos vosos fillos/as.
Dende o primeiro instante en que a vosa crianza se
escolariza, é importante ter en conta unha serie de
aspectos que nos axudarán a todos/as a guiar o camiño
desta nova aventura.
3. Os nenos e nenas de 3 anos posúen unha gran capacidade para:
•Comprender case todo o que escoitan na casa; por iso é
importante falar sempre con coherencia e respecto do colexio e
dos profesionais que nel traballan.
•Aínda teñen dificultades para expresarse e comunicarse,
polo que hai que axudarlles pero non falar por eles nin interpretar o
que din.
•Son moi imaxinativos e dan vida a moitas cousas, aspecto a ter
en conta cando lles preguntamos polo que fixeron no cole. Ante
calquera dúbida debemos falar cos/coas titores/as.
•Crense o centro do mundo porque o son centro do ámbito
familiar, pero a escola sácaos dese mundo e teñen que compartir o
protagonismo, por iso nos primeiros días mostrarán rexeitamento a
ir ao cole argumentando calquera cousa á que lle deamos
credibilidade. Como adultos debemos atender ás súas inquedanzas
pero non concederlles máis importancia das que realmente teñen.
4. ORIENTACIÓNS
Un dos aspectos que máis vai axudar a que o tránsito do fogar ao
centro educativo non sexa tan duro é favorecer a AUTONOMÍA
dos cativos e cativas. Algunhas das cousas que podemos traballar
no verán para favorecer esta autonomía son:
•Lavarse as mans e a cara sos, así como aprender a empregar os
panos de papel para sonar o nariz.
•Por e sacar sen axuda aquelas prendas máis doadas como os
calcetíns, pantalóns, chaquetas, roupa interior …
•Controlar totalmente os esfínteres e ter autonomía para ir sos ao
baño (subir e baixar a roupa …)
•Sentarse á mesa a comer cos adultos e facelo sen axuda. (Xa non
son bebés, van ao cole dos maiores)
5. •Recoller os xoguetes despois de xogar con eles para aprender cal
é o seu sitio e deste xeito sentirse “maiores” porque axudan nas
labores da casa.
•Durmir na súa habitación nunha cama independente e deitarse
cedo pois os pequenos/as precisan un mínimo de 10- 12 horas de
descanso.
•Erguerse con tempo suficiente para facer as cousas sen presas
innecesarias.
•Evitar o sedentarismo: a estas idades precisan moverse, por iso
debemos proporcionarlles actividades que lles permitan camiñar,
correr, subir, baixar, saltar … evitando na medida do posible a silla
de paseo.
6. LINGUAXE
Nestas idades teñen unha forma de falar moi graciosa que a todos
nos encandila e nos fai rir, pero debemos ter en conta que o noso
cometido é axudarlles a desenvolver a comunicación lingüística, pois
na casa entendemos as súas sinais, pero no cole non estamos
familiarizados con todas e ás veces frústranse e non desenvolven
esa intención comunicativa. Por iso dende o fogar debemos por en
práctica unha serie de hábitos para axudalos:
•A partir dos 18 meses debemos evitar o uso do chupete e o biberón
porque deforman o padal, os dentes e produce caries. A partir
destas idades deben comer alimentos enteiros para desenvolver a
musculatura da boca pois para desenvolver a linguaxe esta
musculatura debe estar ben fortalecida.
7. •Hai que ensinarlles a escoitar e prestar atención. Por iso á hora de
falar con eles/elas mirarémoslles á cara e trataremos que eles fagan o
mesmo.
•É importante corrixirlles as palabras que pronuncian mal
preguntándolles “queres dicir …?” pois unha vez que as integran é
moi difícil modificar ese patrón.
•Saír a pasear e levalos a lugares onde haxa máis nenos/as para
favorecer as relacións sociais, tratando de non intervir nas súas
disputas, pois as crianzas saben resolver as dificultades coas que se
atopan se lles damos a oportunidade.
•Debemos eloxiar todo aquilo que fan ben e sobre todo as condutas
que queremos que repitan, tratando de evitar as calificacións
negativas e ignorar aquelas condutas que non queremos que repitan.
Todos estes aspectos son vitais para un desenvolvemento axeitado
dos nosos pequenos/as, pero non sempre é doado levalos a cabo por
iso ante calquera dúbida ou dificultade que teñades, non
dubidedes en pedir axuda e contar co apoio das titoras,
pois xuntos será máis doado facer o camiño.
8. DESENVOLVEMENTO EMOCIONAL
A conduta dos nenos e nenas réxese por 2 principios fundamentais:
Sentirse queridos. Satisfacer as súas
necesidades.
Como podemos contribuír a favorecer un desenvolvemento
emocional axeitado?
•Todos os implicados na educación das crianzas deben dar as
mesmas normas (pai, nai, avós, avoas …)
•Os nenos/as enfádanse, choran, patalexan, néganse a facer
cousas … porque forma parte da súa aprendizaxe, por iso é tan
importante poñer límites, pois os límites educan.
•Cando os nenos e as nenas teñen unhas normas claras e ben
definidas, aumentan a súa tolerancia á frustración.