SlideShare a Scribd company logo
1 of 12
Download to read offline
novas da xustiza
Número 1021 Edita: CCOO de Xustiza 24 de marzo de 2013
Mobilizacións
O 22 de marzo a Xustiza
tamén marchou pola
Dignidade
Máis dun millón de persoas inundaron este
sábado Madrid de Dignidade. Entre eles, os
funcionarios de xustiza, que conformaron
unha marea amarela, reivindicando unha
Xustiza para todos
Páxina 4
Rexistro Civil
Continúa a defensa do Rexistro Civil
O pasado venres as Organizacións Sindicais con representación en
Xustiza, CCOO, USO, UGT, CSIF e CIG mobilizámonos en todos os
Rexistros Civís de Galicia, na defensa dun servizo público gratuíto e
de calidade e para defender os máis de 200 postos de traballo
afectados por un Rexistro que Gallardón quere regalar.
Páxina 6
Mesa sectorial
CCOO demanda da DXX a convocatoria
inmediata de mesa sectorial
O costume de aplicar o rodillo ditatorial, con nulo respecto á
negociación colectiva, que representa á transmisión aos
traballadores a través das organizacións sindicais das medidas
consensuadas a aplicar no noso eido, estase a converter en
tradición para Juan José Martín, Director Xeral de Xustiza.
Taboleiro de avisos
Mobilización Rexistro Civil
27/03/2014
Este xoves concentración en
todas as cidades de Galicia,
en defensa do Rexistro Civil,
público e gratuíto, servido
por funcionarios de xustiza
SANIDADE PÚBLICA
26/03/2014
Manifestacións en 13 cidades
e vilas de Galicia en defensa
da Sanidade Pública
Busca a túa e participa
premendo aquí .
ASEMBLEA
Xoves 27/03/14
Asemblea informativa nos
Xulgados de Santiago de
Compostela
2Novas da Xustiza
Arquivos e expurgo
Desleixo da Dirección
Xeral de Xustiza
Os arquivos dos xulgados son auténticos
vertedoiros de papel. O expurgo, nova
función que a Administración pretende
atribuírnos de forma unilateral
Páxina 7
Concurso de traslado
Mobilidade exterior
A exigua oferta de prazas para o Concurso
de 2014 representa un drama persoal para
todos os funcionarios destinados fóra da nosa
Comunidade
Páxina 9
Editorial
O Sector de Xustiza de
CCOO, sindicato
maioritario, segue adiante
O Novas de Xustiza, despois un parón
obrigado pola reestruturación do Sector,
volve a publicarse con frecuencia semanal
Páxina 10
3Novas da Xustiza
Humor
22-M
Por Manel Fontdevila.
Publicado na nosa páxina web
Outras novas
 CCOO convocará huelga si el gobierno insiste en privatizar
el Registro Civil
 Concurso de traslado 2014. Prazas vacantes Galicia
 Un Juzgado de Girona obliga a devolver la paga íntegra de
diciembre 2012 a un funcionario de justicia
4Novas da Xustiza
Mobilizacións
O 22 de marzo a Xustiza
tamén marchou pola
Dignidade
O pasado sábado centenares de miles de
cidadáns reivindicaron en Madrid un
sistema máis xusto e solidario, onde
primen as persoas sobre os intereses
político-financeiros, cun lema común: pan,
traballo e teito.
O lamentable tratamento dos medios de
comunicación, cunha campaña orquestrada
para desviar o foco cara aos altercados provocados por unha minoría e a
resposta descoordinada e desproporcionada dos antidisturbios, non
poden embazar o que foi unha xornada de loita pacífica, fraterna e
masiva.
Os delegados e delegadas de xustiza das CCOO participamos
activamente na Marcha pola Dignidade, en defensa dunha Xustiza para
todos, terceiro piar do Estado de Benestar, a onde ineludiblemente
debemos recorrer cando fallan as pensións, a Sanidade e a Educación
públicas, a única, xunto coa mobilización cidadá, capaz de evitar que a
falsa democracia convertida en ditadura financeira esmague
definitivamente os dereitos políticos, sociais e laborais que tanto
custaron conseguir en décadas de loita obreira e social.
Leis á carta, como a lei mordaza, a anti-lei de xustiza universal, a lei de
taxas,... son ataques organizados e indiscriminados contra as clases
populares e só o pobo organizado, que é a maioría social, pode derrubar
un réxime que permite que o 1% da poboación acapare o 75% da
riqueza.
MANTEÑAMOS AS MOBILIZACIÓNS!!!
5Novas da Xustiza
Rexistro Civil
Continúa a defensa dun Rexistro
Civil público e gratuíto servido
por funcionarios de xustiza
As Organizacións Sindicais con representación en Xustiza
acordan a unidade de acción no terreo institucional e nas
mobilizacións
CCOO e o resto de organizacións sindicais consideran que a
unidade de acción é requisito imprescindible para lograr a
continuidade do Rexistro Civil como un servizo público e gratuíto
servido por funcionarios de xustiza.
Animamos a todos os traballadores e traballadoras a secundar as
mobilizacións en defensa do servizo público e dos nosos postos de
traballo. De acordo coas mobilizacións que todos os
compañeiros e compañeiras están a emprender en todo o
territorio nacional, cunha participación activa e
responsable, convocámosvos todos os xoves nas principais
cidades de Galicia a concentrarvos nas portas dos Xulgados
en defensa do Rexistro Civil. Só con solidariedade e firmeza
poderemos conseguir frear os plans privatizadores de Alberto Ruíz
Gallardón. En Galicia suporía a destrución de máis de 200 postos
de traballo, un ERE disfrazado do 7% do cadro de persoal, e que,
xunto co proxecto de reforma da LOPX, provocaría mobilidades
forzosas sen cortapisas, xa que logo, coa nova lei, o noso centro
de destino será a provincia. Ademais, como dano colateral, os
Xulgados de Paz, a xustiza de proximidade máis elemental e
necesaria, estarían abocados a súa desaparición.
Enlace á proposta da
declaración institucional
presentada aos grupos
parlamentarios o pasado día
17 de marzo no Parlamento
Galego: preme aquí
Folla conxunta de CCOO,
USO, UGT, CSIF e CIG
contra a privatización do
Rexistro Civil: preme aquí
6Novas da Xustiza
Mesa sectorial
CCOO demanda da Dirección
Xeral de Xustiza a
convocatoria inmediata de
mesa sectorial
O Sector de Xustiza de CCOO remitiu escrito á Dirección Xeral de Xustiza para a
convocatoria urxente dunha mesa sectorial. A costume de aplicar o rodillo ditatorial, con
nulo respecto á negociación colectiva, que representa á transmisión aos traballadores a
través das organizacións sindicais das medidas consensuadas
a aplicar no noso eido, estase a converter en tradición para
Juan José Martín, Director Xeral de Xustiza.
A aplicación de recortes pola vía dos feitos consumados,
como a limitación da bolsa de horas, a inclusión de novas
prazas na listaxe de amortizables que anula de facto o concurso de traslado e requiren
dunha explicación e revisión inmediatas, a negativa a negociar as substitucións baixo o
principio básico de “igual traballo, igual remuneración”, o expurgo unilateral e atribuído
tamén por decreto aos funcionarios que leva a cabo a administración, ou a insinuación de
que este ano implantarase a Nova Oficina Xudicial, sen participación sindical e coa
probabilidade de novos intentos de amortización, amosan unha actitude de desidia e
desconsideración polos traballadores da xustiza, aos que se lles atribúe unha presunción de
culpabilidade que non merecen, sendo grazas a eles que a Xustiza non colapsa por falta de
medios. En consecuencia, dende o Sector de Xustiza solicitamos:
1.- A convocatoria inmediata de mesa sectorial para tratar os temas expostos
2.- O cese das decisións unilaterais, propias de actitudes antidemocráticas
3.- Unha actitude negociadora real, cun calendario preestablecido de mesas, que
se cumpra por ambas partes, sen máis dilacións ou escusas.
7Novas da Xustiza
Arquivos e expurgos
Desleixo da Dirección Xeral de Xustiza
O pasado 28 de febreiro tivo lugar na Dirección Xeral unha mesa técnica de
arquivos e expurgo, a petición das organizacións sindicais, ante a sobrecarga de traballo
que estaba a supoñer o expurgo en determinados órganos, labor atribuída sen ningún tipo
de negociación e por imposición aos funcionarios de xustiza. Así mesmo, a mesa estaba
convocada co fin de procurar unha solución aos saturados arquivos de xestión dos centros
de traballo e os arquivos definitivos, máis que arquivos racionalizados, verdadeiros
vertedoiros de papel.
En dita mesa, a Subdirectora Xeral, Dolores Sáez, comprometeuse a buscar
solucións entre todos, fíxose propósito de enmenda por non teren buscado cos
representantes dos traballadores as fórmulas idóneas para non atribuír máis funcións
aos traballadores que, en plena xeira de amortizacións (basta con ver as prazas
bloqueadas no concurso de traslado), cunha vaga de recortes continua, e cos
órganos colapsados por falta de medios persoais, ven como sen ningún tipo de
remuneración, teñen o mandato imperativo de levar adiante o expurgo e ser eles
os que fagan as labores de arquiveiros.
A Dirección Xeral apelou ao seu propio “voluntarismo” para solucionar o que, polo menos,
considera un problema grave, e comprometeuse a convocar na semana seguinte unha mesa
técnica. Tres semanas despois nin hai convocatoria, nin negociación, nin ningún tipo de
solución, todos os compromisos foron incumpridos. Polo tanto, as Organizacións
Sindicais con representación na mesa sectorial de Xustiza, CCOO, USO, UGT, CSIF
e CIG, de forma unitaria, reivindican:
1.- A convocatoria inmediata dunha mesa técnica de arquivos e expurgo,
paralizándose en tanto non teña lugar a atribución de funcións de expurgo aos
funcionarios de xustiza.
8Novas da Xustiza
2.- O nomeamento de dúas prazas por provincia de funcionarios de reforzo
itinerantes, persoal que estaría especializado e cualificado para facer o expurgo
con máis eficacia e rapidez. Subsidiariamente, que se oferten prolongacións de
xornada voluntarias aos funcionarios de xustiza para levar a cabo estas tarefas.
3.- A creación de verdadeiros arquivos territoriais, e non pequenas salas nas
Audiencias ou TSXG, que son de todo punto insuficientes como arquivos definitivos
e perpetuarían os problemas de espazo.
4.- A participación sindical na Xunta de Expurgo, co fin de coñecer o ritmo dos
traballos e servir de canle de unión entre dito órgano e os traballadores
5.- A dotación suficiente das plantillas de persoal laboral, que está a desempeñar
un gran traballo, inasumible cos raquíticos cadros de persoal de que dispoñen, e
que a Dirección Xeral pretende solventar derivando funcións destes corpos aos
funcionarios de xustiza
NOTA: A presión sindical obriga a DXX a convocar mesa técnica sobre arquivos e expurgo
para a primeira semana de abril
9Novas da Xustiza
Concurso de traslado
Mobilidade exterior
Todos recordamos as palabras da Ministra de Traballo, Fátima Báñez, esa
que apela a Virxe do Rocío para solucionar o desemprego, cando, nun
alarde de cinismo, cualificou a emigración forzosa da nosa mocidade
como “mobilidade exterior”. Os que ingresamos na Administraci ón de
Xustiza vémonos na obriga de sufrir unha longa travesía no deserto,
antes de regresar coas nosas familias. A exigua oferta de prazas para o
vindeiro concurso de traslado anula as esperanzas de tantos e tantas
funcionarios de xustiza que agardan fora do noso país unha oportunidade
de volver. No correo do Sector de Xustiza recibimos esta mensaxe, que
reflicte a perfección o drama persoal que se agocha tras os plans de
amortizacións, a paralización na creación de novos xulgados e a non
consolidación de reforzos estruturais:
Boas tardes,
Chámome ...... e son tramitadora procesual
destinada en ..... Quedei perplexa tras ver a
relación de prazas ofertadas no concurso de
traslados. Non vivo en Galicia e por tanto non sei
de ningunha praza vacante, pero resúltame
inconcebible que non haxa máis, pois neste ano
tivo que haber algunha xubilación, abandono,
falecemento, etc. Ademais, tendo en con ta que
non convocan prazas para tramitación desde
tempos inmemorais, debería ser maior a oferta
incluso que noutras comunidades. Rógovos que
fagades todo o que estea nas vosas mans para
conseguir que convoquen esas prazas pantasmas
(cubertas por interinos que nunca saen), pois os
galegos que estamos fóra estamos comezando a
arrepentirnos de marchar, porque isto parece
unha viaxe sen retorno.
Un saúdo e moitas grazas
Dende o Sector de Xustiza de CCOO apelamos á Dirección Xeral de
Xustiza á creación de prazas do servizo de apoio coas que xa foron
amortizadas, á consolidación dos reforzos estruturais e a anulaci ón do
plan de amortización de maio de 2012, non só por respecto a todos os
compañeiros e compañeiras como a que nos remite o anterior correo,
senón porque a redución de cadros de persoal é unha estratexia
planificada pola administración, con consecuencias gravísimas no tocante
á destrución de emprego público e, como non, nas posibilidades de facer
da Xustiza un servizo áxil, eficaz e digno.
10Novas da Xustiza
Editorial
SECTOR DE XUSTIZA DE CCOO
Os cambios producidos no Sector de Xustiza fixeron que o Novas estivera un tempo sen
publicarse. A necesaria reestruturación do sector estase a producir, logo da dimisión dun
grupo de delegados de CCOO. Os que seguimos adiante, cremos que CCOO, por historia e
combatividade, pode seguir sendo a organización de masas que mellor pode representar os
intereses da clase traballadora, con independencia dos que circunstancialmente estean ao
fronte da organización, cos que podemos ter diferenzas, que deben resolverse no ámbito
interno da nosa organización.
CCOO seguirá traballando para mobilizar aos traballadores fronte aos recortes, para
representalos diante da Administración nas mesas de negociación, para entablar os recursos
legais pertinentes fronte ao rodillo do goberno das tesoiras vía decreto lexislativo. No noso
ámbito somos seis organizacións sindicais máis, segundo parece, unha sétima que está en
formación. Semella que llo estamos a poñer demasiado fácil aos que día a día esnaquizan os
nosos dereitos, a estratexia do divide e vencerás dálles resultado: a atomización das
mobilizacións, os intereses non sempre coincidentes entre os diferentes sindicatos, a maioría
corporativos, e os conflitos internos son terreo abonado para a desmobilización e deixan a
porta aberta para novos recortes ante os visos de debilidade da parte social.
Dende CCOO sempre impulsaremos a unidade sindical para os grandes temas estruturais,
porque cremos que é a única maneira de frear o vendaval dos recortes e, ademais, porque
temos a convicción de que é unha demanda moi maioritaria de vós, os traballadores e
traballadoras. Así mesmo facemos un chamamento para a unificación das loitas,
nomeadamente as da área pública; a dispersión das mobilizacións, cada día nunha
administración, Sanidade, Facenda, Educación, Seguridade Social, Autonómica, etc. non están
a supoñer apenas desgaste para un goberno que non está disposto a rectificar e que xa
anuncia unha segunda vaga de recortes.
Dende aquí, os delegados e delegadas de Xustiza de CCOO saúdamos unha nova etapa, e
continuaremos traballando para a recuperación dos nosos dereitos e para unha Xustiza pública
e de calidade.
Galicia, 25 de marzo de 2014
11Novas da Xustiza
12Novas da Xustiza
Novas da Xustiza
Edita
CCOO de Xustiza
Subscricións-Colaboracións
Se queres publicar un artigo ou un
comentario no boletín, se queres
realizar unha consulta ou unha
suxestión ou se queres recibir o
boletín remítenos un correo
electrónico a
sectorxustizaccoo@gmail.com
Síguenos en
www.ccooxustiza.com
twitter
facebook
google +

More Related Content

Viewers also liked

1. Introduccion A Asp .Net
1.  Introduccion A Asp .Net1.  Introduccion A Asp .Net
1. Introduccion A Asp .Netguest3cf6ff
 
E-Learning BiblioRedes: Avances y Propuestas
E-Learning BiblioRedes: Avances y PropuestasE-Learning BiblioRedes: Avances y Propuestas
E-Learning BiblioRedes: Avances y PropuestasPilar Pacheco
 
Seguridad practica empresas[1]
Seguridad practica empresas[1]Seguridad practica empresas[1]
Seguridad practica empresas[1]Jazminmrodenas
 
Scrip configura hora nt cliente
Scrip configura hora nt clienteScrip configura hora nt cliente
Scrip configura hora nt clienteMarco Arias
 
Cartelería digital (4 de septiembre)
Cartelería digital (4 de septiembre)Cartelería digital (4 de septiembre)
Cartelería digital (4 de septiembre)Guadalinfo Red Social
 
Manual zentyal
Manual zentyalManual zentyal
Manual zentyaldiana_ee
 
Presentacion adwe
Presentacion adwePresentacion adwe
Presentacion adwetucamon
 
10 tips en 10 mins
10 tips en 10 mins10 tips en 10 mins
10 tips en 10 minsVital Innova
 
Nuevosmedios Elearning Practico
Nuevosmedios Elearning PracticoNuevosmedios Elearning Practico
Nuevosmedios Elearning PracticoJuan David
 
VIDEO CONFERENCE
VIDEO CONFERENCEVIDEO CONFERENCE
VIDEO CONFERENCEjjcobmkars
 
Información y Sociedad 2011: Sesión 1
Información y Sociedad 2011: Sesión 1Información y Sociedad 2011: Sesión 1
Información y Sociedad 2011: Sesión 1Ricard Ruiz de Querol
 
Programacion en scratch (1)
Programacion en scratch (1)Programacion en scratch (1)
Programacion en scratch (1)John Carabal
 
Políticos, Internet... y Libertad
Políticos, Internet... y LibertadPolíticos, Internet... y Libertad
Políticos, Internet... y Libertadchristian nieto
 
Unidad didáctica Sistemas Operativos
Unidad didáctica Sistemas OperativosUnidad didáctica Sistemas Operativos
Unidad didáctica Sistemas OperativosConfesorAD
 

Viewers also liked (20)

1. Introduccion A Asp .Net
1.  Introduccion A Asp .Net1.  Introduccion A Asp .Net
1. Introduccion A Asp .Net
 
Lectura y tecnologias
Lectura y tecnologiasLectura y tecnologias
Lectura y tecnologias
 
E-Learning BiblioRedes: Avances y Propuestas
E-Learning BiblioRedes: Avances y PropuestasE-Learning BiblioRedes: Avances y Propuestas
E-Learning BiblioRedes: Avances y Propuestas
 
Seguridad practica empresas[1]
Seguridad practica empresas[1]Seguridad practica empresas[1]
Seguridad practica empresas[1]
 
Scrip configura hora nt cliente
Scrip configura hora nt clienteScrip configura hora nt cliente
Scrip configura hora nt cliente
 
Tecnologias web
Tecnologias webTecnologias web
Tecnologias web
 
Cartelería digital (4 de septiembre)
Cartelería digital (4 de septiembre)Cartelería digital (4 de septiembre)
Cartelería digital (4 de septiembre)
 
Manual zentyal
Manual zentyalManual zentyal
Manual zentyal
 
Formularios 1
Formularios 1Formularios 1
Formularios 1
 
Presentacion adwe
Presentacion adwePresentacion adwe
Presentacion adwe
 
10 tips en 10 mins
10 tips en 10 mins10 tips en 10 mins
10 tips en 10 mins
 
Nuevosmedios Elearning Practico
Nuevosmedios Elearning PracticoNuevosmedios Elearning Practico
Nuevosmedios Elearning Practico
 
Elearning-grupo 6
Elearning-grupo 6Elearning-grupo 6
Elearning-grupo 6
 
VIDEO CONFERENCE
VIDEO CONFERENCEVIDEO CONFERENCE
VIDEO CONFERENCE
 
Información y Sociedad 2011: Sesión 1
Información y Sociedad 2011: Sesión 1Información y Sociedad 2011: Sesión 1
Información y Sociedad 2011: Sesión 1
 
Proyecto
ProyectoProyecto
Proyecto
 
Programacion en scratch (1)
Programacion en scratch (1)Programacion en scratch (1)
Programacion en scratch (1)
 
Políticos, Internet... y Libertad
Políticos, Internet... y LibertadPolíticos, Internet... y Libertad
Políticos, Internet... y Libertad
 
Unidad didáctica Sistemas Operativos
Unidad didáctica Sistemas OperativosUnidad didáctica Sistemas Operativos
Unidad didáctica Sistemas Operativos
 
Tipos de Tutoría Virtual
Tipos de Tutoría VirtualTipos de Tutoría Virtual
Tipos de Tutoría Virtual
 

Similar to Novas 1021

Novas da xustiza 1028
Novas da xustiza 1028Novas da xustiza 1028
Novas da xustiza 1028CCOOXustiza
 
Buzón rebelde número 15 defintivo cor
Buzón rebelde número 15 defintivo corBuzón rebelde número 15 defintivo cor
Buzón rebelde número 15 defintivo corCgt Correos A Coruña
 
Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. CCOOXustiza
 
Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOONovas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOOCCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº1037
Novas da xustiza nº1037 Novas da xustiza nº1037
Novas da xustiza nº1037 CCOOXustiza
 
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...oscargaliza
 
Novas febreiro 17
Novas febreiro 17Novas febreiro 17
Novas febreiro 17CCOOXustiza
 
Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017CCOOXustiza
 

Similar to Novas 1021 (20)

Novas da xustiza 1028
Novas da xustiza 1028Novas da xustiza 1028
Novas da xustiza 1028
 
Buzón rebelde número 15 defintivo cor
Buzón rebelde número 15 defintivo corBuzón rebelde número 15 defintivo cor
Buzón rebelde número 15 defintivo cor
 
Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035.
 
Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032
 
Novas 1029
Novas 1029Novas 1029
Novas 1029
 
Novas 1022
Novas 1022Novas 1022
Novas 1022
 
Novas 1027
Novas 1027Novas 1027
Novas 1027
 
Novas nº 1039
Novas nº 1039 Novas nº 1039
Novas nº 1039
 
Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056
 
Novas 1023.
Novas 1023. Novas 1023.
Novas 1023.
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041
 
Novas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOONovas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOO
 
Buzón rebelde 12 definitivo cor
Buzón rebelde 12 definitivo corBuzón rebelde 12 definitivo cor
Buzón rebelde 12 definitivo cor
 
O Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
O Buzón Rebelde 13, Especial NadalO Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
O Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
 
Novas da xustiza nº1037
Novas da xustiza nº1037 Novas da xustiza nº1037
Novas da xustiza nº1037
 
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
 
Impulso 88
Impulso 88Impulso 88
Impulso 88
 
Buzón Rebelde 22
Buzón Rebelde 22Buzón Rebelde 22
Buzón Rebelde 22
 
Novas febreiro 17
Novas febreiro 17Novas febreiro 17
Novas febreiro 17
 
Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017
 

More from CCOOXustiza

Novas da xustiza maio 2017 blog
Novas da xustiza maio 2017   blogNovas da xustiza maio 2017   blog
Novas da xustiza maio 2017 blogCCOOXustiza
 
Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017CCOOXustiza
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017CCOOXustiza
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017 Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017 CCOOXustiza
 
S.g. entroido coruña 2017
S.g.  entroido coruña 2017S.g.  entroido coruña 2017
S.g. entroido coruña 2017CCOOXustiza
 
Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017CCOOXustiza
 
Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017 Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017 CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1058
Novas da xustiza 1058Novas da xustiza 1058
Novas da xustiza 1058CCOOXustiza
 
NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053CCOOXustiza
 

More from CCOOXustiza (20)

Novas da xustiza maio 2017 blog
Novas da xustiza maio 2017   blogNovas da xustiza maio 2017   blog
Novas da xustiza maio 2017 blog
 
Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017 Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017
 
S.g. entroido coruña 2017
S.g.  entroido coruña 2017S.g.  entroido coruña 2017
S.g. entroido coruña 2017
 
Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017
 
Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017 Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017
 
Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064
 
Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063
 
Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062
 
Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
 
Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059
 
Novas da xustiza 1058
Novas da xustiza 1058Novas da xustiza 1058
Novas da xustiza 1058
 
NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057
 
Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055
 
Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053
 

Novas 1021

  • 1. novas da xustiza Número 1021 Edita: CCOO de Xustiza 24 de marzo de 2013 Mobilizacións O 22 de marzo a Xustiza tamén marchou pola Dignidade Máis dun millón de persoas inundaron este sábado Madrid de Dignidade. Entre eles, os funcionarios de xustiza, que conformaron unha marea amarela, reivindicando unha Xustiza para todos Páxina 4 Rexistro Civil Continúa a defensa do Rexistro Civil O pasado venres as Organizacións Sindicais con representación en Xustiza, CCOO, USO, UGT, CSIF e CIG mobilizámonos en todos os Rexistros Civís de Galicia, na defensa dun servizo público gratuíto e de calidade e para defender os máis de 200 postos de traballo afectados por un Rexistro que Gallardón quere regalar. Páxina 6 Mesa sectorial CCOO demanda da DXX a convocatoria inmediata de mesa sectorial O costume de aplicar o rodillo ditatorial, con nulo respecto á negociación colectiva, que representa á transmisión aos traballadores a través das organizacións sindicais das medidas consensuadas a aplicar no noso eido, estase a converter en tradición para Juan José Martín, Director Xeral de Xustiza. Taboleiro de avisos Mobilización Rexistro Civil 27/03/2014 Este xoves concentración en todas as cidades de Galicia, en defensa do Rexistro Civil, público e gratuíto, servido por funcionarios de xustiza SANIDADE PÚBLICA 26/03/2014 Manifestacións en 13 cidades e vilas de Galicia en defensa da Sanidade Pública Busca a túa e participa premendo aquí . ASEMBLEA Xoves 27/03/14 Asemblea informativa nos Xulgados de Santiago de Compostela
  • 2. 2Novas da Xustiza Arquivos e expurgo Desleixo da Dirección Xeral de Xustiza Os arquivos dos xulgados son auténticos vertedoiros de papel. O expurgo, nova función que a Administración pretende atribuírnos de forma unilateral Páxina 7 Concurso de traslado Mobilidade exterior A exigua oferta de prazas para o Concurso de 2014 representa un drama persoal para todos os funcionarios destinados fóra da nosa Comunidade Páxina 9 Editorial O Sector de Xustiza de CCOO, sindicato maioritario, segue adiante O Novas de Xustiza, despois un parón obrigado pola reestruturación do Sector, volve a publicarse con frecuencia semanal Páxina 10
  • 3. 3Novas da Xustiza Humor 22-M Por Manel Fontdevila. Publicado na nosa páxina web Outras novas  CCOO convocará huelga si el gobierno insiste en privatizar el Registro Civil  Concurso de traslado 2014. Prazas vacantes Galicia  Un Juzgado de Girona obliga a devolver la paga íntegra de diciembre 2012 a un funcionario de justicia
  • 4. 4Novas da Xustiza Mobilizacións O 22 de marzo a Xustiza tamén marchou pola Dignidade O pasado sábado centenares de miles de cidadáns reivindicaron en Madrid un sistema máis xusto e solidario, onde primen as persoas sobre os intereses político-financeiros, cun lema común: pan, traballo e teito. O lamentable tratamento dos medios de comunicación, cunha campaña orquestrada para desviar o foco cara aos altercados provocados por unha minoría e a resposta descoordinada e desproporcionada dos antidisturbios, non poden embazar o que foi unha xornada de loita pacífica, fraterna e masiva. Os delegados e delegadas de xustiza das CCOO participamos activamente na Marcha pola Dignidade, en defensa dunha Xustiza para todos, terceiro piar do Estado de Benestar, a onde ineludiblemente debemos recorrer cando fallan as pensións, a Sanidade e a Educación públicas, a única, xunto coa mobilización cidadá, capaz de evitar que a falsa democracia convertida en ditadura financeira esmague definitivamente os dereitos políticos, sociais e laborais que tanto custaron conseguir en décadas de loita obreira e social. Leis á carta, como a lei mordaza, a anti-lei de xustiza universal, a lei de taxas,... son ataques organizados e indiscriminados contra as clases populares e só o pobo organizado, que é a maioría social, pode derrubar un réxime que permite que o 1% da poboación acapare o 75% da riqueza. MANTEÑAMOS AS MOBILIZACIÓNS!!!
  • 5. 5Novas da Xustiza Rexistro Civil Continúa a defensa dun Rexistro Civil público e gratuíto servido por funcionarios de xustiza As Organizacións Sindicais con representación en Xustiza acordan a unidade de acción no terreo institucional e nas mobilizacións CCOO e o resto de organizacións sindicais consideran que a unidade de acción é requisito imprescindible para lograr a continuidade do Rexistro Civil como un servizo público e gratuíto servido por funcionarios de xustiza. Animamos a todos os traballadores e traballadoras a secundar as mobilizacións en defensa do servizo público e dos nosos postos de traballo. De acordo coas mobilizacións que todos os compañeiros e compañeiras están a emprender en todo o territorio nacional, cunha participación activa e responsable, convocámosvos todos os xoves nas principais cidades de Galicia a concentrarvos nas portas dos Xulgados en defensa do Rexistro Civil. Só con solidariedade e firmeza poderemos conseguir frear os plans privatizadores de Alberto Ruíz Gallardón. En Galicia suporía a destrución de máis de 200 postos de traballo, un ERE disfrazado do 7% do cadro de persoal, e que, xunto co proxecto de reforma da LOPX, provocaría mobilidades forzosas sen cortapisas, xa que logo, coa nova lei, o noso centro de destino será a provincia. Ademais, como dano colateral, os Xulgados de Paz, a xustiza de proximidade máis elemental e necesaria, estarían abocados a súa desaparición. Enlace á proposta da declaración institucional presentada aos grupos parlamentarios o pasado día 17 de marzo no Parlamento Galego: preme aquí Folla conxunta de CCOO, USO, UGT, CSIF e CIG contra a privatización do Rexistro Civil: preme aquí
  • 6. 6Novas da Xustiza Mesa sectorial CCOO demanda da Dirección Xeral de Xustiza a convocatoria inmediata de mesa sectorial O Sector de Xustiza de CCOO remitiu escrito á Dirección Xeral de Xustiza para a convocatoria urxente dunha mesa sectorial. A costume de aplicar o rodillo ditatorial, con nulo respecto á negociación colectiva, que representa á transmisión aos traballadores a través das organizacións sindicais das medidas consensuadas a aplicar no noso eido, estase a converter en tradición para Juan José Martín, Director Xeral de Xustiza. A aplicación de recortes pola vía dos feitos consumados, como a limitación da bolsa de horas, a inclusión de novas prazas na listaxe de amortizables que anula de facto o concurso de traslado e requiren dunha explicación e revisión inmediatas, a negativa a negociar as substitucións baixo o principio básico de “igual traballo, igual remuneración”, o expurgo unilateral e atribuído tamén por decreto aos funcionarios que leva a cabo a administración, ou a insinuación de que este ano implantarase a Nova Oficina Xudicial, sen participación sindical e coa probabilidade de novos intentos de amortización, amosan unha actitude de desidia e desconsideración polos traballadores da xustiza, aos que se lles atribúe unha presunción de culpabilidade que non merecen, sendo grazas a eles que a Xustiza non colapsa por falta de medios. En consecuencia, dende o Sector de Xustiza solicitamos: 1.- A convocatoria inmediata de mesa sectorial para tratar os temas expostos 2.- O cese das decisións unilaterais, propias de actitudes antidemocráticas 3.- Unha actitude negociadora real, cun calendario preestablecido de mesas, que se cumpra por ambas partes, sen máis dilacións ou escusas.
  • 7. 7Novas da Xustiza Arquivos e expurgos Desleixo da Dirección Xeral de Xustiza O pasado 28 de febreiro tivo lugar na Dirección Xeral unha mesa técnica de arquivos e expurgo, a petición das organizacións sindicais, ante a sobrecarga de traballo que estaba a supoñer o expurgo en determinados órganos, labor atribuída sen ningún tipo de negociación e por imposición aos funcionarios de xustiza. Así mesmo, a mesa estaba convocada co fin de procurar unha solución aos saturados arquivos de xestión dos centros de traballo e os arquivos definitivos, máis que arquivos racionalizados, verdadeiros vertedoiros de papel. En dita mesa, a Subdirectora Xeral, Dolores Sáez, comprometeuse a buscar solucións entre todos, fíxose propósito de enmenda por non teren buscado cos representantes dos traballadores as fórmulas idóneas para non atribuír máis funcións aos traballadores que, en plena xeira de amortizacións (basta con ver as prazas bloqueadas no concurso de traslado), cunha vaga de recortes continua, e cos órganos colapsados por falta de medios persoais, ven como sen ningún tipo de remuneración, teñen o mandato imperativo de levar adiante o expurgo e ser eles os que fagan as labores de arquiveiros. A Dirección Xeral apelou ao seu propio “voluntarismo” para solucionar o que, polo menos, considera un problema grave, e comprometeuse a convocar na semana seguinte unha mesa técnica. Tres semanas despois nin hai convocatoria, nin negociación, nin ningún tipo de solución, todos os compromisos foron incumpridos. Polo tanto, as Organizacións Sindicais con representación na mesa sectorial de Xustiza, CCOO, USO, UGT, CSIF e CIG, de forma unitaria, reivindican: 1.- A convocatoria inmediata dunha mesa técnica de arquivos e expurgo, paralizándose en tanto non teña lugar a atribución de funcións de expurgo aos funcionarios de xustiza.
  • 8. 8Novas da Xustiza 2.- O nomeamento de dúas prazas por provincia de funcionarios de reforzo itinerantes, persoal que estaría especializado e cualificado para facer o expurgo con máis eficacia e rapidez. Subsidiariamente, que se oferten prolongacións de xornada voluntarias aos funcionarios de xustiza para levar a cabo estas tarefas. 3.- A creación de verdadeiros arquivos territoriais, e non pequenas salas nas Audiencias ou TSXG, que son de todo punto insuficientes como arquivos definitivos e perpetuarían os problemas de espazo. 4.- A participación sindical na Xunta de Expurgo, co fin de coñecer o ritmo dos traballos e servir de canle de unión entre dito órgano e os traballadores 5.- A dotación suficiente das plantillas de persoal laboral, que está a desempeñar un gran traballo, inasumible cos raquíticos cadros de persoal de que dispoñen, e que a Dirección Xeral pretende solventar derivando funcións destes corpos aos funcionarios de xustiza NOTA: A presión sindical obriga a DXX a convocar mesa técnica sobre arquivos e expurgo para a primeira semana de abril
  • 9. 9Novas da Xustiza Concurso de traslado Mobilidade exterior Todos recordamos as palabras da Ministra de Traballo, Fátima Báñez, esa que apela a Virxe do Rocío para solucionar o desemprego, cando, nun alarde de cinismo, cualificou a emigración forzosa da nosa mocidade como “mobilidade exterior”. Os que ingresamos na Administraci ón de Xustiza vémonos na obriga de sufrir unha longa travesía no deserto, antes de regresar coas nosas familias. A exigua oferta de prazas para o vindeiro concurso de traslado anula as esperanzas de tantos e tantas funcionarios de xustiza que agardan fora do noso país unha oportunidade de volver. No correo do Sector de Xustiza recibimos esta mensaxe, que reflicte a perfección o drama persoal que se agocha tras os plans de amortizacións, a paralización na creación de novos xulgados e a non consolidación de reforzos estruturais: Boas tardes, Chámome ...... e son tramitadora procesual destinada en ..... Quedei perplexa tras ver a relación de prazas ofertadas no concurso de traslados. Non vivo en Galicia e por tanto non sei de ningunha praza vacante, pero resúltame inconcebible que non haxa máis, pois neste ano tivo que haber algunha xubilación, abandono, falecemento, etc. Ademais, tendo en con ta que non convocan prazas para tramitación desde tempos inmemorais, debería ser maior a oferta incluso que noutras comunidades. Rógovos que fagades todo o que estea nas vosas mans para conseguir que convoquen esas prazas pantasmas (cubertas por interinos que nunca saen), pois os galegos que estamos fóra estamos comezando a arrepentirnos de marchar, porque isto parece unha viaxe sen retorno. Un saúdo e moitas grazas Dende o Sector de Xustiza de CCOO apelamos á Dirección Xeral de Xustiza á creación de prazas do servizo de apoio coas que xa foron amortizadas, á consolidación dos reforzos estruturais e a anulaci ón do plan de amortización de maio de 2012, non só por respecto a todos os compañeiros e compañeiras como a que nos remite o anterior correo, senón porque a redución de cadros de persoal é unha estratexia planificada pola administración, con consecuencias gravísimas no tocante á destrución de emprego público e, como non, nas posibilidades de facer da Xustiza un servizo áxil, eficaz e digno.
  • 10. 10Novas da Xustiza Editorial SECTOR DE XUSTIZA DE CCOO Os cambios producidos no Sector de Xustiza fixeron que o Novas estivera un tempo sen publicarse. A necesaria reestruturación do sector estase a producir, logo da dimisión dun grupo de delegados de CCOO. Os que seguimos adiante, cremos que CCOO, por historia e combatividade, pode seguir sendo a organización de masas que mellor pode representar os intereses da clase traballadora, con independencia dos que circunstancialmente estean ao fronte da organización, cos que podemos ter diferenzas, que deben resolverse no ámbito interno da nosa organización. CCOO seguirá traballando para mobilizar aos traballadores fronte aos recortes, para representalos diante da Administración nas mesas de negociación, para entablar os recursos legais pertinentes fronte ao rodillo do goberno das tesoiras vía decreto lexislativo. No noso ámbito somos seis organizacións sindicais máis, segundo parece, unha sétima que está en formación. Semella que llo estamos a poñer demasiado fácil aos que día a día esnaquizan os nosos dereitos, a estratexia do divide e vencerás dálles resultado: a atomización das mobilizacións, os intereses non sempre coincidentes entre os diferentes sindicatos, a maioría corporativos, e os conflitos internos son terreo abonado para a desmobilización e deixan a porta aberta para novos recortes ante os visos de debilidade da parte social. Dende CCOO sempre impulsaremos a unidade sindical para os grandes temas estruturais, porque cremos que é a única maneira de frear o vendaval dos recortes e, ademais, porque temos a convicción de que é unha demanda moi maioritaria de vós, os traballadores e traballadoras. Así mesmo facemos un chamamento para a unificación das loitas, nomeadamente as da área pública; a dispersión das mobilizacións, cada día nunha administración, Sanidade, Facenda, Educación, Seguridade Social, Autonómica, etc. non están a supoñer apenas desgaste para un goberno que non está disposto a rectificar e que xa anuncia unha segunda vaga de recortes. Dende aquí, os delegados e delegadas de Xustiza de CCOO saúdamos unha nova etapa, e continuaremos traballando para a recuperación dos nosos dereitos e para unha Xustiza pública e de calidade. Galicia, 25 de marzo de 2014
  • 12. 12Novas da Xustiza Novas da Xustiza Edita CCOO de Xustiza Subscricións-Colaboracións Se queres publicar un artigo ou un comentario no boletín, se queres realizar unha consulta ou unha suxestión ou se queres recibir o boletín remítenos un correo electrónico a sectorxustizaccoo@gmail.com Síguenos en www.ccooxustiza.com twitter facebook google +