SlideShare a Scribd company logo
1 of 13
Download to read offline
www.ccooxustiza.com 1
Edición 1037 www.ccooxustiza.com 3 de novembro de 2014
Carta ao Director Xeral
de Xustiza
Ante a reunión cos responsables de Xustiza que convoca o Ministro o vindeiro día 6 de novembro, o
Sector de Xustiza de CCOO remite ao Director Xeral esta carta aberta
Director Xeral de Xustiza
Pza Europa 5 4º
Fontiñas Santiago de Compostela
Tivemos coñecemento da convocatoria sectorial de Comunidades Autónomas con
competencias transferidas en materias da Administración de Xustiza para o vindeiro 6 de
novembro de 2014 co novo ministro de Xustiza.
Por ese motivo, e sendo Galicia unha das Comunidades convocadas, drixímonos a vostede
para facerlle chegar a nosa opinión sobre a actual situación da Administración de Xustiza na
nosa Comunidade e que así teñea a ben facela súa e trasladala de novo ao titular do
Ministerio de Xustiza
www.ccooxustiza.com 2
Saberá que o actual ministro confirmou na súa primeira comparecencia no Congreso dos
Deputados que vai continuar adiante coa privatización do Rexistro Civil, decisión que vai
contra o sentir xeral do pobo galego e os seus representantes, incluídos os do partido do
goberno, que a través de moitos dos seus representantes amosou a súa preocupación pola
privatización e a eliminación da xustiza de proximidade.
Galicia debería informalle o ministro do rexeitamento contra a privatización deste servizo
público que se presta directa e gratuitamente aos galegos e galegas nas súas localidades,
sen custo e sen necesidade de desprezamentos.
Recordará tamén que o proxecto de reforma da LOPX que propoñía o anterior Ministro de
Xustiza supuña poñer en grave perigo aos partidos xudiciais de Galicia e os Xulgados de
Paz, cunha redacción ambigua na que de ningunha maneira se aseguraban a permanencia
de todos eles, nin de todos os partidos xudiciais e xulgados de paz, eliminando de feito a
figura do Xuíz de Paz.
O Goberno galego debería, no caso de estar de acordo, cousa que non dubidamos que así
é, comunicarlle ao Ministro que rexeita de plano calquera proxecto que non manteña o actual
mapa xudicial que se coñece e que puidese supor un afastamento máis da Administración
de Xustiza aos galegos e galegas, nun país cunha orografía e demografía particulares que
suporía un doble prexuízo para a súa cidadanía
Tamén existía, e parece ser que o ministro Catalá pensa seguir adiante con esa idea, a
clarísima intención de privatizar unha parte da Administración de Xustiza (ademais do
Rexistro Civil), creando unha Xustiza de dúas velocidades, en función de si o cidadán a pode
pagar ou non. Referímonos á entrega dos actos de comunicación aos procuradores
recoñecendo a súa condición de axentes da autoridade, así como a entrega da Xurisdición
voluntaria aos Notarios.
www.ccooxustiza.com 3
Se a Administración de Xustiza adoece de problemas, e así cremos que é, non é
privatizando os seus servizos como se van solucionar os mesmos, máis ben ao contrario,
vanse xerar novos e maiores problemas creando, ironicamente, máis inxustizas para o
acceso á mesma, como xa está ocorrendo coas Taxas Xudiciais. O razoable sería abrir un
debate con todas as partes implicadas (Comunidades Autónomas, funcionarios e
funcionarias, sindicatos, asociacións múltiples...) e identificar os problemas máis urxentes na
Administración de Xustiza para procurar solucións, que pasen pola dotación de medios
materiais e persoais e non por máis e máis recortes implementados de forma unilateral.
Non pretendemos unha explicación detallada sobre o rexeitamento que o proxecto da LOPX
supón para CCOO, a inmensa maioría dos traballadores e traballadoras, como a cidadanía
nesta carta, que vostede xa coñece nas reunións das diferentes mesas sectoriais e a través
das nosas follas informativas e que lle explicaríamos nunha reunión que vostede debería
convocar coas organizacións sindicais, de avogados, xuíces, veciñais,... para levar unha
postura global do conxunto de Galicia ante estas reformas.
A nosa intención é que, na inminente reunión do día 6 de novembro, dende a Xunta de
Galicia se rexeite calquera proxecto íntegro da reforma da LOPX que tiña formulado o
anterior equipo ministerial, e non poñer sobre a mesa ningún outro que non teña un
verdadeiro consenso, así como rexeitar a entrega do Rexistro Civil aos rexistradores que, a
todas luces é unha privatización deste servizo que con profesionalidade exemplar
desenvolveron historicamente os funcionarios e funcionarias da Administración de Xustiza
durante máis de cen anos, pese ao pouco investimento que reciben dos diferentes Gobernos
e Ministros que pasaron polo departamento.
Por último, tamén coñecerá a nosa posición respecto á convocatoria de Ofertas de Emprego
Público insuficientes na Administración de Xustiza. É evidente que non axuda á boa
prestación do servizo público unha tasa de interinidade do 25% en termos estatais como a
que padecemos. E, por outra parte, non existe ningún argumento de aforro de gasto público
que xustifique o feito de que non se convoquen a totalidade das prazas vacantes.
Solicitámoslle por tanto que pida ao Ministro de Xustiza a eliminación da taxa de reposición
www.ccooxustiza.com 4
na Administración de Xustiza e que se convoque para 2015 unha Oferta Pública de Emprego
que inclúa a totalidade das prazas vacantes dos corpos xerais e especiais da Administración
de Xustiza.
Galicia, 3 de novembro de 2014
Atentamente
Jorge Suárez Fernández
Coordinador do Sector de Xustiza de CCOO - Galicia
www.ccooxustiza.com 5
Calendarios de Gardas
Poñemos á vosa disposición os Calendarios de Gardas de toda Galicia agrupados por provincias para o ano
2015, que podedes descargar nos voso equipos
Calendarios de Gardas para o ano 2015 da provincia da Coruña premendo aquí
Calendarios de Gardas para o ano 2015 da provincia de Pontevedrapremendo aquí
www.ccooxustiza.com 6
Calendarios de Gardas para o ano 2015 da provincia de Ourensepremendo aquí
Calendarios de Gardas para o ano 2015 da provincia de Lugopremendo aquí
www.ccooxustiza.com 7
Concurso de traslado
No DOG de hoxe publícase RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de
Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslado para prazas vacantes
entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación
procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola
Resolución do 29 de abril de 2014.
Segundo a resolución, tanto a toma de posesión coma os cesamentos realizaranse na
xefatura ou delegación territorial correspondente ao destino. Por cuestións
organizativas, a formalización da toma de posesión terá lugar entre as 9.00 e as 11.30 e a
dos cesamentos entre as 11.30 e as 14.00, de luns a venres. Á marxe das datas de
cesamento fixadas na resolución (corpo de tramitación o día 11/11/2014, auxilio e xestión o
día 17/11/2014), no caso de que un funcionario reingresado tome posesión antes das datas
indicadas na praza doutro que tamén obtivera destino no concurso, este segundo cesará o
mesmo día da toma de posesión do reingresado, empezando a contarlle o seu respectivo
prazo posesorio.
No caso de cesar e tomar posesión na mesma localidade ou en distintas localidades dunha
mesma provincia, ambas as formalizacións poderanse facer o día da toma de posesión,
sendo a data de formalización do cesamento a que corresponda de acordo coa resolución
de adxudicación.
Co fin de axilizar a tramitación das altas e baixas, relacionamos a documentación que as
xefaturas ou delegacións territoriais precisan para abrir ou completar os expedientes
persoais das persoas que tomen posesión dun novo posto*.
Persoal procedente de fóra da comunidade:
· Fotocopia do DNI
www.ccooxustiza.com 8
· Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios)
· Fotocopia da tarxeta sanitaria (unicamente para ingresos posteriores a 01/01/2011)
e/o tarxeta de MUXEXU
· Certificado de haberes
· Certificado ou copia dos trienios
· Certificación das vacacións e días gozados na Administración da que procedan
· Modelo 145 (IRPF)
Persoal destinado na comunidade
· Fotocopia do DNI
· Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios)
Para o caso dos cesamentos do persoal que obteña novo destino fóra da CA de Galicia, no
momento de formalización do cesamento deberá facer entrega da tarxeta de
identificación persoal e control horario, asinando o impreso acreditativo de tal
circunstancia. No caso de non ter que formalizar cesamento ningún por reingresar fóra da
comunidade nun corpo distinto do que estaba a prestar servizos, a tarxeta será entregada,
presencialmente ou por correo postal, ao correspondente servizo de xustiza.
Para ter acceso a información sobre as adxudicacións definitivas, prema a seguinte ligazón
coa páxina do Ministerio.
*No caso de non estar en posesión dalgún dos documentos, estes remitiranse canto máis
axiña sexa posible ao correspondente servizo de xustiza.
www.ccooxustiza.com 9
Imbéciles e escuros
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
(do himno galego)
Vas do traballo a casa e pasas por esa axencia de viaxes. Tenerife, nove días, media
pensión, 530 euros. Lembras cando no 2010 estiveches alí coa familia en Puerto de la
Cruz. Lembras máis as fotos que estar alí. A area negra, o sol, o Teide anubrado. Xa vai
para un ano que despediron a túa muller. Non ten ningún tipo de prestación. Con dous
fillos e un mísero soldo de auxilio xudicial, máis da metade dos ingresos vanse na
hipoteca, a luz, a auga, o gas, a comunidade de veciños, as clases de inglés do neno,
gasoil e teléfono. O resto queda para comer e cruzar os dedos para que non xurdan
imprevistos. Nada de cines, ceas, saídas cos amigos. E por suposto nada de viaxes ou
escapadas de fin de semana. A roupa dura máis, os escaparates dunha cidade morta
non son o centro de atención, camisa 118 euros, zapatos 91 euros, unha traxicomedia
nunha etiqueta de cartón. Non hai cañas, nin viños, ni vermuts deses. Nunha visita
rutinaria ao dentista ao neno recoméndanlle unha ortodoncia. É como unha pedra nos
pulmóns. Como unha desas pedras volcánicas que trouxeches de Tenerife e agora
están nun xarrón de vidro no salón. Na hora do café, no mes de xuño, a pedra late e
pesa cada vez máis. Autocaravanas, cruceiros, viaxes a Marrocos, Canarias, Nueva
York. Todo o mundo planifica detalladamente as súas vacacións. Coches novos,
ximnasios, cremas, “recoméndoche este restaurante, é moi tranquilo”. Colares, centolos,
reloxos polo aniversario, reunións de amigos cantando miudiño, habaneras ou que sei
eu. A pedra, a ortodoncia, a puta vida.
www.ccooxustiza.com 10
Na túa cidade 3 de cada 10 persoas están no paro. Pero as outras sete parece non
importarlle. A escoria social sobrevivimos con dignidade. Tragamos bilis e comemos
pedras, pedras volcánicas, como a de Tenerife. As noites son longas e tamén de pedra.
Esa longa noite de pedra na que vives. Non levantas cabeza pero non te rendes. Loitas.
Organízaste e perdes. Sempre perdes.
Empezas a vida sindical con ilusión, coa inocencia de aportar o teu grao de area para
cambiar o mundo. Pero os graos múdanse en pedras. En pouco tempo diluvian rocas
ásperas que aplastan a inocencia, endurecen o xesto e chegas a esquecer os motivos
que te levaron a dar un paso, ingrato, con poucos resultados, e entras na roda da
pesada engranaxe sindical, caes na competitividade de sindicatos que actúan como
empresas que procuran a mellor marca, a mellor imaxe e que miden a rendibilidade en
termos publicitarios.
Por qué vivimos instalados na derrota? Porqué sendo como somos a maioría social non
somos quen de organizarnos e rebelarnos contra eses poucos que queren facer de nós
traballadores empobrecidos? Unidade sindical, loita, folga, grandes palabras que
convértense nun cliché repetido unha e outra vez. Somos partícipes da feira das
vanidades sindicais, temos as mesmas miserias humanas que vós, esas que teñen o
reflexo perfecto na vida pública, as acusacións mutuas, a parte polo todo, poden
exemplificarse en catro ou cinco mostras concretas:
- Un sindicato acusa a outro no seu blog de corrupto polos cursos de formación ou
polas tarxetas black. Detrás do sindicato hai compañeiros, vinte ou trinta persoas
que adican o seu tempo, mal ou ben, a representar e axudar a mellorar as
condicións laborais dos traballadores. Raquel, Pablo, Mati, Quique, Eva, Sergio,
Auri, Barreiro, Paco... a todos e a todas escoiteilles algunha vez o seu fartazgo,
as súas ganas de volver ao seu posto de traballo. Non son ladróns, ningún come
en Casa Lucio e non pagan coa súa tarxeta opaca. Cobran o mesmo que ti e non
son culpables do que uns miserables fan aproveitándose do seu sindicato. Pero
tomamos a parte polo todo en vistas ao desprestixio, coa mira posta non en
destacar polo traballo, senón en eliminar ao contrario de cara ás eleccións
www.ccooxustiza.com 11
sindicais, intoxicando o seu nome a base das corruptelas alleas ao quefacer diario
dos delegados sindicais de xustiza
- Os centros de traballo vólvense en mercadillos de ocasión, a paga extra de 2012
vive no “callejón del Gato”, extensións ao mellor prezo, sentenzas de saldo, as
demandas máis baratas despréganse na mesa de ventas de cada sindicato, unha
carreira tola e desorganizada que tampouco fomos quen de organizar en torno a
unha plataforma
- Delegados que animaban en reunións a vender seguros para cubrir os descontos
por IT’s agora eríxense en defensores da pureza sindical e repudian esas
prácticas
- Creamos unha plataforma reivindicativa dos nosos dereitos, con desconfianza,
con semblantes torcidos, e botamos a andar unha campaña desastrosa para a
folga nunha xeira de asembleas mesquiña e chea de puyas internas, como
resultado promovemos unha enquisa pechada e nominal que puido ser a última
pada de terra sobre a nosa tumba.
- No ano 2015 haberá eleccións sindicais. No atomizado mundo dos servizos
públicos a Xustiza é un pequeno electrón subdividido en nada menos que sete
sindicatos. Teñen o que querían: divide et impera, que diría Julio César ou
Alfonso Rueda. Sairemos publicamente a vender o mellor produto, pisando
cabezas con botas de cravos.
Polo camiño quedan unha perda do 30% do poder adquistivo, Tenerife e a puta
ortodoncia. Que che desconten por enfermar, que che rouben días, que teñas que facer
o expurgo, que che impoñan atribucións de funcións ou que amorticen a túa praza.
Debera ser o tempo dos bos e os xenerosos pero non o somos, ningún o somos.
www.ccooxustiza.com 12
Volves a casa e pasas de novo pola axencia de viaxes. Tenerife, media pensión, nove
días, 530 euros. Os avións despegan cada día, aterran cada día e a xente vai, ven, entra
sae, como cabalos cegos sobre un mundo que se derruba aos seus pés. Onde quedaron
eses bos e xenerosos, as frontes de loita unida? Onde deixaches o que te levou a deixar
o teu posto de oito a tres sen preocupacións? Hai capacidade de loita, somos a maioría
social. Os 20 máis ricos teñen máis que 14 millóns de cidadáns xuntos neste país. Na
túa comarca 5.000 persoas non reciben ningún tipo de prestación. Somos o segundo
país da UE nos índices de pobreza infantil. Números, números, números. Pedras e máis
pedras. Pedras na mochila, nos pulmóns, nas entrañas. Ti es parte do sistema, estás na
roda, e non ves forma de saír dela. Organizarse e loitar si, pero organizámonos para
matarnos entre nós e loitamos contra nós mesmos, os bos e xenerosos xestores da
miseria. Pensas na morte dos sindicatos, lembras un libro de Owen Jones onde conta o
que aconteceu na Inglaterra dos 80, con Thatcher. A morte dos sindicatos en Gran
Bretaña trouxo como consecuencia a morte do traballo digno, os contratos de
dispoñibilidade , o empresario decide canto traballas e canto cobras. Queremos iso?
Entras pola porta da casa, os nenos xogan sen consciencia dun futuro incerto. Pasarás a
tarde redactando uns escritos alentado polo pequeno lume que aínda quenta a
esperanza do cambio social, o de “o mundo vai cambiar de base, os nada de hoxe todo
han de ser” tan desgastado e cansado aínda ten folgos para dar un paso máis.
*este artigo de opinión ten moita parte de verdade e moita de mentira; queda a
discreción do lector a súa escolma
www.ccooxustiza.com 13
Correo de contacto: sectorxustizaccoo@gmail.com
Tfno do Sector de Xustiza: 619282917
Delegados/as:
Coruña: Raquel ccooxustizacoruna@gmail.com
Ferrol Mati matildeav1@gmail.com
Santiago: Ana ccooxustiza.santiago@gmail.com
Vigo e Pontevedra: Tino Novoa cnovoa-fsc-vigo@galicia.ccoo.es
Ourense: Sonia soniaxustizaourense@gmail.com
Lugo. Rafa saxgccoo@gmail.com
Coordinación: Jorge jorgesuarez@galicia.ccoo.es

More Related Content

Viewers also liked

Viewers also liked (20)

Multimedia student tutorial stacey leeth
Multimedia student tutorial stacey leethMultimedia student tutorial stacey leeth
Multimedia student tutorial stacey leeth
 
Proposta de actividades extraescolares
Proposta de actividades extraescolaresProposta de actividades extraescolares
Proposta de actividades extraescolares
 
La drogadicion
La drogadicionLa drogadicion
La drogadicion
 
Ehiztaria
EhiztariaEhiztaria
Ehiztaria
 
Speakout Unit 5 (2)
Speakout Unit 5 (2)Speakout Unit 5 (2)
Speakout Unit 5 (2)
 
Faro De Vigo, 23 09 2003
Faro De Vigo, 23 09 2003Faro De Vigo, 23 09 2003
Faro De Vigo, 23 09 2003
 
Asya 1
Asya 1Asya 1
Asya 1
 
Diplomado en "Salud mental del niño, adolescente y familia" Perú 2015
Diplomado en "Salud mental del  niño, adolescente y familia" Perú 2015Diplomado en "Salud mental del  niño, adolescente y familia" Perú 2015
Diplomado en "Salud mental del niño, adolescente y familia" Perú 2015
 
Charmed Triptico
Charmed TripticoCharmed Triptico
Charmed Triptico
 
Folleto1
Folleto1Folleto1
Folleto1
 
Calterna
CalternaCalterna
Calterna
 
6 webinar-court
6 webinar-court6 webinar-court
6 webinar-court
 
ADFUNN
ADFUNNADFUNN
ADFUNN
 
Merton Industries
Merton IndustriesMerton Industries
Merton Industries
 
План 31.01.2015
План 31.01.2015План 31.01.2015
План 31.01.2015
 
Webinário Gamificação
Webinário GamificaçãoWebinário Gamificação
Webinário Gamificação
 
Paparazzi
PaparazziPaparazzi
Paparazzi
 
Sphinx
SphinxSphinx
Sphinx
 
5 most effective career steps for management students
5 most effective career steps for management students5 most effective career steps for management students
5 most effective career steps for management students
 
Course 14 days-5-march-2013
Course 14 days-5-march-2013Course 14 days-5-march-2013
Course 14 days-5-march-2013
 

Similar to Novas da xustiza nº1037

Novas da xustiza nº 1042
Novas da xustiza nº 1042 Novas da xustiza nº 1042
Novas da xustiza nº 1042 CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060CCOOXustiza
 
Novas da Xustiza nº1033.
Novas da Xustiza nº1033.Novas da Xustiza nº1033.
Novas da Xustiza nº1033.CCOOXustiza
 
Novas da xustiza maio 2017 blog
Novas da xustiza maio 2017   blogNovas da xustiza maio 2017   blog
Novas da xustiza maio 2017 blogCCOOXustiza
 
Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOONovas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOOCCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 CCOOXustiza
 
NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057CCOOXustiza
 
Acta núm. 7 da sesión extraordinaria do pleno do Concello de A Baña - 12 agos...
Acta núm. 7 da sesión extraordinaria do pleno do Concello de A Baña - 12 agos...Acta núm. 7 da sesión extraordinaria do pleno do Concello de A Baña - 12 agos...
Acta núm. 7 da sesión extraordinaria do pleno do Concello de A Baña - 12 agos...PSOE A BAÑA
 
Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055CCOOXustiza
 
Alegacións decreto nof
Alegacións decreto nofAlegacións decreto nof
Alegacións decreto nofCCOOXustiza
 
Acordo de Xunta de Goberno para a Torre dos Moreno (20180703)
Acordo de Xunta de Goberno para a Torre dos Moreno (20180703)Acordo de Xunta de Goberno para a Torre dos Moreno (20180703)
Acordo de Xunta de Goberno para a Torre dos Moreno (20180703)Antonio Gregorio Montes
 
Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017CCOOXustiza
 

Similar to Novas da xustiza nº1037 (20)

Novas da xustiza nº 1042
Novas da xustiza nº 1042 Novas da xustiza nº 1042
Novas da xustiza nº 1042
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
 
Novas 1027
Novas 1027Novas 1027
Novas 1027
 
Novas da Xustiza nº1033.
Novas da Xustiza nº1033.Novas da Xustiza nº1033.
Novas da Xustiza nº1033.
 
Novas da xustiza maio 2017 blog
Novas da xustiza maio 2017   blogNovas da xustiza maio 2017   blog
Novas da xustiza maio 2017 blog
 
Novas 1029
Novas 1029Novas 1029
Novas 1029
 
Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032
 
Novas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOONovas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOO
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041
 
NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057
 
Acta núm. 7 da sesión extraordinaria do pleno do Concello de A Baña - 12 agos...
Acta núm. 7 da sesión extraordinaria do pleno do Concello de A Baña - 12 agos...Acta núm. 7 da sesión extraordinaria do pleno do Concello de A Baña - 12 agos...
Acta núm. 7 da sesión extraordinaria do pleno do Concello de A Baña - 12 agos...
 
Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055
 
Alegacións decreto nof
Alegacións decreto nofAlegacións decreto nof
Alegacións decreto nof
 
O Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
O Buzón Rebelde 13, Especial NadalO Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
O Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
 
Acordo de Xunta de Goberno para a Torre dos Moreno (20180703)
Acordo de Xunta de Goberno para a Torre dos Moreno (20180703)Acordo de Xunta de Goberno para a Torre dos Moreno (20180703)
Acordo de Xunta de Goberno para a Torre dos Moreno (20180703)
 
Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017
 
Novas 1021
Novas 1021Novas 1021
Novas 1021
 
Gaceta its
Gaceta itsGaceta its
Gaceta its
 
Buzón rebelde 12 definitivo cor
Buzón rebelde 12 definitivo corBuzón rebelde 12 definitivo cor
Buzón rebelde 12 definitivo cor
 
Manifiesto
ManifiestoManifiesto
Manifiesto
 

More from CCOOXustiza

Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017CCOOXustiza
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017 Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017 CCOOXustiza
 
S.g. entroido coruña 2017
S.g.  entroido coruña 2017S.g.  entroido coruña 2017
S.g. entroido coruña 2017CCOOXustiza
 
Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017CCOOXustiza
 
Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017 Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017 CCOOXustiza
 
Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017CCOOXustiza
 
Novas febreiro 17
Novas febreiro 17Novas febreiro 17
Novas febreiro 17CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civil
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civilNovas da xustiza nº 1050 rexistro civil
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civilCCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1050 registro civil
Novas da xustiza nº 1050 registro civilNovas da xustiza nº 1050 registro civil
Novas da xustiza nº 1050 registro civilCCOOXustiza
 

More from CCOOXustiza (20)

Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017 Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017
 
S.g. entroido coruña 2017
S.g.  entroido coruña 2017S.g.  entroido coruña 2017
S.g. entroido coruña 2017
 
Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017
 
Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017 Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017
 
Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017
 
Novas febreiro 17
Novas febreiro 17Novas febreiro 17
Novas febreiro 17
 
Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064
 
Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063
 
Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062
 
Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061
 
Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059
 
Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053
 
Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051
 
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civil
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civilNovas da xustiza nº 1050 rexistro civil
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civil
 
Novas da xustiza nº 1050 registro civil
Novas da xustiza nº 1050 registro civilNovas da xustiza nº 1050 registro civil
Novas da xustiza nº 1050 registro civil
 

Novas da xustiza nº1037

  • 1. www.ccooxustiza.com 1 Edición 1037 www.ccooxustiza.com 3 de novembro de 2014 Carta ao Director Xeral de Xustiza Ante a reunión cos responsables de Xustiza que convoca o Ministro o vindeiro día 6 de novembro, o Sector de Xustiza de CCOO remite ao Director Xeral esta carta aberta Director Xeral de Xustiza Pza Europa 5 4º Fontiñas Santiago de Compostela Tivemos coñecemento da convocatoria sectorial de Comunidades Autónomas con competencias transferidas en materias da Administración de Xustiza para o vindeiro 6 de novembro de 2014 co novo ministro de Xustiza. Por ese motivo, e sendo Galicia unha das Comunidades convocadas, drixímonos a vostede para facerlle chegar a nosa opinión sobre a actual situación da Administración de Xustiza na nosa Comunidade e que así teñea a ben facela súa e trasladala de novo ao titular do Ministerio de Xustiza
  • 2. www.ccooxustiza.com 2 Saberá que o actual ministro confirmou na súa primeira comparecencia no Congreso dos Deputados que vai continuar adiante coa privatización do Rexistro Civil, decisión que vai contra o sentir xeral do pobo galego e os seus representantes, incluídos os do partido do goberno, que a través de moitos dos seus representantes amosou a súa preocupación pola privatización e a eliminación da xustiza de proximidade. Galicia debería informalle o ministro do rexeitamento contra a privatización deste servizo público que se presta directa e gratuitamente aos galegos e galegas nas súas localidades, sen custo e sen necesidade de desprezamentos. Recordará tamén que o proxecto de reforma da LOPX que propoñía o anterior Ministro de Xustiza supuña poñer en grave perigo aos partidos xudiciais de Galicia e os Xulgados de Paz, cunha redacción ambigua na que de ningunha maneira se aseguraban a permanencia de todos eles, nin de todos os partidos xudiciais e xulgados de paz, eliminando de feito a figura do Xuíz de Paz. O Goberno galego debería, no caso de estar de acordo, cousa que non dubidamos que así é, comunicarlle ao Ministro que rexeita de plano calquera proxecto que non manteña o actual mapa xudicial que se coñece e que puidese supor un afastamento máis da Administración de Xustiza aos galegos e galegas, nun país cunha orografía e demografía particulares que suporía un doble prexuízo para a súa cidadanía Tamén existía, e parece ser que o ministro Catalá pensa seguir adiante con esa idea, a clarísima intención de privatizar unha parte da Administración de Xustiza (ademais do Rexistro Civil), creando unha Xustiza de dúas velocidades, en función de si o cidadán a pode pagar ou non. Referímonos á entrega dos actos de comunicación aos procuradores recoñecendo a súa condición de axentes da autoridade, así como a entrega da Xurisdición voluntaria aos Notarios.
  • 3. www.ccooxustiza.com 3 Se a Administración de Xustiza adoece de problemas, e así cremos que é, non é privatizando os seus servizos como se van solucionar os mesmos, máis ben ao contrario, vanse xerar novos e maiores problemas creando, ironicamente, máis inxustizas para o acceso á mesma, como xa está ocorrendo coas Taxas Xudiciais. O razoable sería abrir un debate con todas as partes implicadas (Comunidades Autónomas, funcionarios e funcionarias, sindicatos, asociacións múltiples...) e identificar os problemas máis urxentes na Administración de Xustiza para procurar solucións, que pasen pola dotación de medios materiais e persoais e non por máis e máis recortes implementados de forma unilateral. Non pretendemos unha explicación detallada sobre o rexeitamento que o proxecto da LOPX supón para CCOO, a inmensa maioría dos traballadores e traballadoras, como a cidadanía nesta carta, que vostede xa coñece nas reunións das diferentes mesas sectoriais e a través das nosas follas informativas e que lle explicaríamos nunha reunión que vostede debería convocar coas organizacións sindicais, de avogados, xuíces, veciñais,... para levar unha postura global do conxunto de Galicia ante estas reformas. A nosa intención é que, na inminente reunión do día 6 de novembro, dende a Xunta de Galicia se rexeite calquera proxecto íntegro da reforma da LOPX que tiña formulado o anterior equipo ministerial, e non poñer sobre a mesa ningún outro que non teña un verdadeiro consenso, así como rexeitar a entrega do Rexistro Civil aos rexistradores que, a todas luces é unha privatización deste servizo que con profesionalidade exemplar desenvolveron historicamente os funcionarios e funcionarias da Administración de Xustiza durante máis de cen anos, pese ao pouco investimento que reciben dos diferentes Gobernos e Ministros que pasaron polo departamento. Por último, tamén coñecerá a nosa posición respecto á convocatoria de Ofertas de Emprego Público insuficientes na Administración de Xustiza. É evidente que non axuda á boa prestación do servizo público unha tasa de interinidade do 25% en termos estatais como a que padecemos. E, por outra parte, non existe ningún argumento de aforro de gasto público que xustifique o feito de que non se convoquen a totalidade das prazas vacantes. Solicitámoslle por tanto que pida ao Ministro de Xustiza a eliminación da taxa de reposición
  • 4. www.ccooxustiza.com 4 na Administración de Xustiza e que se convoque para 2015 unha Oferta Pública de Emprego que inclúa a totalidade das prazas vacantes dos corpos xerais e especiais da Administración de Xustiza. Galicia, 3 de novembro de 2014 Atentamente Jorge Suárez Fernández Coordinador do Sector de Xustiza de CCOO - Galicia
  • 5. www.ccooxustiza.com 5 Calendarios de Gardas Poñemos á vosa disposición os Calendarios de Gardas de toda Galicia agrupados por provincias para o ano 2015, que podedes descargar nos voso equipos Calendarios de Gardas para o ano 2015 da provincia da Coruña premendo aquí Calendarios de Gardas para o ano 2015 da provincia de Pontevedrapremendo aquí
  • 6. www.ccooxustiza.com 6 Calendarios de Gardas para o ano 2015 da provincia de Ourensepremendo aquí Calendarios de Gardas para o ano 2015 da provincia de Lugopremendo aquí
  • 7. www.ccooxustiza.com 7 Concurso de traslado No DOG de hoxe publícase RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslado para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 29 de abril de 2014. Segundo a resolución, tanto a toma de posesión coma os cesamentos realizaranse na xefatura ou delegación territorial correspondente ao destino. Por cuestións organizativas, a formalización da toma de posesión terá lugar entre as 9.00 e as 11.30 e a dos cesamentos entre as 11.30 e as 14.00, de luns a venres. Á marxe das datas de cesamento fixadas na resolución (corpo de tramitación o día 11/11/2014, auxilio e xestión o día 17/11/2014), no caso de que un funcionario reingresado tome posesión antes das datas indicadas na praza doutro que tamén obtivera destino no concurso, este segundo cesará o mesmo día da toma de posesión do reingresado, empezando a contarlle o seu respectivo prazo posesorio. No caso de cesar e tomar posesión na mesma localidade ou en distintas localidades dunha mesma provincia, ambas as formalizacións poderanse facer o día da toma de posesión, sendo a data de formalización do cesamento a que corresponda de acordo coa resolución de adxudicación. Co fin de axilizar a tramitación das altas e baixas, relacionamos a documentación que as xefaturas ou delegacións territoriais precisan para abrir ou completar os expedientes persoais das persoas que tomen posesión dun novo posto*. Persoal procedente de fóra da comunidade: · Fotocopia do DNI
  • 8. www.ccooxustiza.com 8 · Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios) · Fotocopia da tarxeta sanitaria (unicamente para ingresos posteriores a 01/01/2011) e/o tarxeta de MUXEXU · Certificado de haberes · Certificado ou copia dos trienios · Certificación das vacacións e días gozados na Administración da que procedan · Modelo 145 (IRPF) Persoal destinado na comunidade · Fotocopia do DNI · Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios) Para o caso dos cesamentos do persoal que obteña novo destino fóra da CA de Galicia, no momento de formalización do cesamento deberá facer entrega da tarxeta de identificación persoal e control horario, asinando o impreso acreditativo de tal circunstancia. No caso de non ter que formalizar cesamento ningún por reingresar fóra da comunidade nun corpo distinto do que estaba a prestar servizos, a tarxeta será entregada, presencialmente ou por correo postal, ao correspondente servizo de xustiza. Para ter acceso a información sobre as adxudicacións definitivas, prema a seguinte ligazón coa páxina do Ministerio. *No caso de non estar en posesión dalgún dos documentos, estes remitiranse canto máis axiña sexa posible ao correspondente servizo de xustiza.
  • 9. www.ccooxustiza.com 9 Imbéciles e escuros Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso ronco son, mais sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non. (do himno galego) Vas do traballo a casa e pasas por esa axencia de viaxes. Tenerife, nove días, media pensión, 530 euros. Lembras cando no 2010 estiveches alí coa familia en Puerto de la Cruz. Lembras máis as fotos que estar alí. A area negra, o sol, o Teide anubrado. Xa vai para un ano que despediron a túa muller. Non ten ningún tipo de prestación. Con dous fillos e un mísero soldo de auxilio xudicial, máis da metade dos ingresos vanse na hipoteca, a luz, a auga, o gas, a comunidade de veciños, as clases de inglés do neno, gasoil e teléfono. O resto queda para comer e cruzar os dedos para que non xurdan imprevistos. Nada de cines, ceas, saídas cos amigos. E por suposto nada de viaxes ou escapadas de fin de semana. A roupa dura máis, os escaparates dunha cidade morta non son o centro de atención, camisa 118 euros, zapatos 91 euros, unha traxicomedia nunha etiqueta de cartón. Non hai cañas, nin viños, ni vermuts deses. Nunha visita rutinaria ao dentista ao neno recoméndanlle unha ortodoncia. É como unha pedra nos pulmóns. Como unha desas pedras volcánicas que trouxeches de Tenerife e agora están nun xarrón de vidro no salón. Na hora do café, no mes de xuño, a pedra late e pesa cada vez máis. Autocaravanas, cruceiros, viaxes a Marrocos, Canarias, Nueva York. Todo o mundo planifica detalladamente as súas vacacións. Coches novos, ximnasios, cremas, “recoméndoche este restaurante, é moi tranquilo”. Colares, centolos, reloxos polo aniversario, reunións de amigos cantando miudiño, habaneras ou que sei eu. A pedra, a ortodoncia, a puta vida.
  • 10. www.ccooxustiza.com 10 Na túa cidade 3 de cada 10 persoas están no paro. Pero as outras sete parece non importarlle. A escoria social sobrevivimos con dignidade. Tragamos bilis e comemos pedras, pedras volcánicas, como a de Tenerife. As noites son longas e tamén de pedra. Esa longa noite de pedra na que vives. Non levantas cabeza pero non te rendes. Loitas. Organízaste e perdes. Sempre perdes. Empezas a vida sindical con ilusión, coa inocencia de aportar o teu grao de area para cambiar o mundo. Pero os graos múdanse en pedras. En pouco tempo diluvian rocas ásperas que aplastan a inocencia, endurecen o xesto e chegas a esquecer os motivos que te levaron a dar un paso, ingrato, con poucos resultados, e entras na roda da pesada engranaxe sindical, caes na competitividade de sindicatos que actúan como empresas que procuran a mellor marca, a mellor imaxe e que miden a rendibilidade en termos publicitarios. Por qué vivimos instalados na derrota? Porqué sendo como somos a maioría social non somos quen de organizarnos e rebelarnos contra eses poucos que queren facer de nós traballadores empobrecidos? Unidade sindical, loita, folga, grandes palabras que convértense nun cliché repetido unha e outra vez. Somos partícipes da feira das vanidades sindicais, temos as mesmas miserias humanas que vós, esas que teñen o reflexo perfecto na vida pública, as acusacións mutuas, a parte polo todo, poden exemplificarse en catro ou cinco mostras concretas: - Un sindicato acusa a outro no seu blog de corrupto polos cursos de formación ou polas tarxetas black. Detrás do sindicato hai compañeiros, vinte ou trinta persoas que adican o seu tempo, mal ou ben, a representar e axudar a mellorar as condicións laborais dos traballadores. Raquel, Pablo, Mati, Quique, Eva, Sergio, Auri, Barreiro, Paco... a todos e a todas escoiteilles algunha vez o seu fartazgo, as súas ganas de volver ao seu posto de traballo. Non son ladróns, ningún come en Casa Lucio e non pagan coa súa tarxeta opaca. Cobran o mesmo que ti e non son culpables do que uns miserables fan aproveitándose do seu sindicato. Pero tomamos a parte polo todo en vistas ao desprestixio, coa mira posta non en destacar polo traballo, senón en eliminar ao contrario de cara ás eleccións
  • 11. www.ccooxustiza.com 11 sindicais, intoxicando o seu nome a base das corruptelas alleas ao quefacer diario dos delegados sindicais de xustiza - Os centros de traballo vólvense en mercadillos de ocasión, a paga extra de 2012 vive no “callejón del Gato”, extensións ao mellor prezo, sentenzas de saldo, as demandas máis baratas despréganse na mesa de ventas de cada sindicato, unha carreira tola e desorganizada que tampouco fomos quen de organizar en torno a unha plataforma - Delegados que animaban en reunións a vender seguros para cubrir os descontos por IT’s agora eríxense en defensores da pureza sindical e repudian esas prácticas - Creamos unha plataforma reivindicativa dos nosos dereitos, con desconfianza, con semblantes torcidos, e botamos a andar unha campaña desastrosa para a folga nunha xeira de asembleas mesquiña e chea de puyas internas, como resultado promovemos unha enquisa pechada e nominal que puido ser a última pada de terra sobre a nosa tumba. - No ano 2015 haberá eleccións sindicais. No atomizado mundo dos servizos públicos a Xustiza é un pequeno electrón subdividido en nada menos que sete sindicatos. Teñen o que querían: divide et impera, que diría Julio César ou Alfonso Rueda. Sairemos publicamente a vender o mellor produto, pisando cabezas con botas de cravos. Polo camiño quedan unha perda do 30% do poder adquistivo, Tenerife e a puta ortodoncia. Que che desconten por enfermar, que che rouben días, que teñas que facer o expurgo, que che impoñan atribucións de funcións ou que amorticen a túa praza. Debera ser o tempo dos bos e os xenerosos pero non o somos, ningún o somos.
  • 12. www.ccooxustiza.com 12 Volves a casa e pasas de novo pola axencia de viaxes. Tenerife, media pensión, nove días, 530 euros. Os avións despegan cada día, aterran cada día e a xente vai, ven, entra sae, como cabalos cegos sobre un mundo que se derruba aos seus pés. Onde quedaron eses bos e xenerosos, as frontes de loita unida? Onde deixaches o que te levou a deixar o teu posto de oito a tres sen preocupacións? Hai capacidade de loita, somos a maioría social. Os 20 máis ricos teñen máis que 14 millóns de cidadáns xuntos neste país. Na túa comarca 5.000 persoas non reciben ningún tipo de prestación. Somos o segundo país da UE nos índices de pobreza infantil. Números, números, números. Pedras e máis pedras. Pedras na mochila, nos pulmóns, nas entrañas. Ti es parte do sistema, estás na roda, e non ves forma de saír dela. Organizarse e loitar si, pero organizámonos para matarnos entre nós e loitamos contra nós mesmos, os bos e xenerosos xestores da miseria. Pensas na morte dos sindicatos, lembras un libro de Owen Jones onde conta o que aconteceu na Inglaterra dos 80, con Thatcher. A morte dos sindicatos en Gran Bretaña trouxo como consecuencia a morte do traballo digno, os contratos de dispoñibilidade , o empresario decide canto traballas e canto cobras. Queremos iso? Entras pola porta da casa, os nenos xogan sen consciencia dun futuro incerto. Pasarás a tarde redactando uns escritos alentado polo pequeno lume que aínda quenta a esperanza do cambio social, o de “o mundo vai cambiar de base, os nada de hoxe todo han de ser” tan desgastado e cansado aínda ten folgos para dar un paso máis. *este artigo de opinión ten moita parte de verdade e moita de mentira; queda a discreción do lector a súa escolma
  • 13. www.ccooxustiza.com 13 Correo de contacto: sectorxustizaccoo@gmail.com Tfno do Sector de Xustiza: 619282917 Delegados/as: Coruña: Raquel ccooxustizacoruna@gmail.com Ferrol Mati matildeav1@gmail.com Santiago: Ana ccooxustiza.santiago@gmail.com Vigo e Pontevedra: Tino Novoa cnovoa-fsc-vigo@galicia.ccoo.es Ourense: Sonia soniaxustizaourense@gmail.com Lugo. Rafa saxgccoo@gmail.com Coordinación: Jorge jorgesuarez@galicia.ccoo.es