BASES CONVOCATORIA ESCOLAS E CAMPAMENTO URBÁN 2012                         CONCELLO DE SADAA Concellaría de Benestar Socia...
- 5ª Quenda (1 semana): 30 xullo -3 agosto- 6ª Quenda (1 semana): 6 agosto-10 agostoCAMPAMENTO URBÁN DE MOZOS/AS : CÁMARA ...
2.B. Os horarios para os participantes que soliciten ou non transporte serán:- Bus con saída de Sada ás 9:00 horas desde a...
NOTA: Para que as actividades se realicen, terá que cubrirse como mínimo o 50%das prazas ofertadas en cada quenda.Artigo 4...
Artigo 6º.-Adxudicación de prazas.1. A adxudicación das prazas realizarase da seguinte forma:   a) Por adxudicación direct...
Artigo 7º.-Documentación e prazos7.1. Unha vez realizada a adxudicación das prazas mediante o sorteo, os solicitantescon p...
No caso de que se produzan baixas, a Oficina da Xuventude contactará, seguindo aorde da listaxe, cos suplentes mediante ch...
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Bases convocatoria escolas de verán 2012

747 visualizaciones

Publicado el

0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
747
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
1
Acciones
Compartido
0
Descargas
2
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Bases convocatoria escolas de verán 2012

  1. 1. BASES CONVOCATORIA ESCOLAS E CAMPAMENTO URBÁN 2012 CONCELLO DE SADAA Concellaría de Benestar Social, Educación e Deportes e a Concellería deCultura, Xuventude e Ocio, leva a cabo a promoción e organización de actividadessocioeducativas destinadas á infancia e a mocidade no eido do ocio e o tempo libre.Son conscientes estas Concellarías da importancia que ten facilitar canles polas queos nenos/as poidan participar neste tipo de actividades, e polo que este ano, igual queen anos anteriores, se convoca a oferta de escolas e campamento urbán do verán2012.O Concello de Sada pretende desta forma atender á demanda individual, cada díamáis crecente, de rapaces e rapazas no eido do ocio e o tempo libre, así como asnecesidades de conciliación.Artigo 1º.-Obxecto.1. Co obxectivo de facilitarlle aos rapaces e rapazas a participación en actividadeseducativas e de tempo libre, o Concello de Sada, oferta as prazas para as actividadesde Verán 2012.As diferentes actividades que integran esta oferta levaranse a cabo nos centros deensino de Pedro Barrié de la Maza (Mondego) en dúas quendas de duas semanas deduración cada unha (de luns a venres) durante o mes de xullo, no centro de ensinoSada e Contornos (Sada) en dúas quendas de dúas semanas de duración (de luns avenres) durante xullo e dúas quendas dunha semana de duración na 1ª quincena deagosto e na Cámara Agraria de Riobao en dúas quendas de dúas semanas de duración(de luns a venres) durante xullo.2. A información sobre a convocatoria desta campaña atoparase na páxina webwww.concellodesada.com e no blogue omixsada.blogspot.com.Ademais, os/as interesados/as poden solicitar información ou o folleto daconvocatoria na Oficina Municipal da Xuventude, no telefono 981620331, en horariode 10:00 a 15:00 e de 16:30 a 18:30 horas de luns a venres ( a partir de xuño só haiservizo pola mañá até ás 15:00h) ou no e-mail omixsada@gmail.com .Artigo 2º.-Servizos ofertados1. Ofértanse as seguintes actividades:ESCOLA DE VERÁN : PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA (MONDEGO)- 1ª Quenda (1 quincena): 2 – 13 xullo- 2ª Quenda (1 quincena): 16 – 27 xullo (excepto festividade día 25)ESCOLA DE VERÁN : SADA E CONTORNOS (SADA)- 3ª Quenda (1 quincena): 2 – 13 xullo- 4ª Quenda (1 quincena): 16 – 27 xullo (excepto festividade día 25)
  2. 2. - 5ª Quenda (1 semana): 30 xullo -3 agosto- 6ª Quenda (1 semana): 6 agosto-10 agostoCAMPAMENTO URBÁN DE MOZOS/AS : CÁMARA AGRARIA (RIOBAO)- 1ª Quenda (1 quincena): 2-13 xullo- 2ª Quenda (1 quincena): 16-27 xullo (excepto festividade día 25)2. Na oferta das Escolas de Verán e Campamento urbán 2012, os/as participantesdisporán dos seguintes servizos:a) Un programa de actividades de carácter educativo, recreativo, formativo econvivencial, que posibilite a participación do/a rapaz/a, mozo/a.b) Transporte gratuíto de ida e volta, previa solicitude da parada desexada (para aEscola de Verán de Pedro Barrié de la Maza).c) O material necesario para a actividade.d) Un equipo técnico de persoal especializado en educación, animación deportiva eactividades de tempo libre.e) Atención sanitaria de primeiros auxilios.2.A. O percorrido que fará o bus para os participantes na ESCOLA DE VERÁN PEDROBARRIÉ DE LA MAZA establecerá as seguintes paradas: 09:00 IGREXA NOVA CASA DO CONCELLO 09:10 FONTÁN (CASA DOS MARIÑEIROS) ESPIÑEIRO (CARNOEDO)09:15 CHAN DA ALDEA (CARNOEDO) TAIBÓ (BAR CAÍNZO)09:20 VEIGUE MEIRÁS09:25 MOSTEIRÓN CASTELO (CASA PEPA)09:30 SOÑEIRO (CASA CARRASCO) O CASTRO (CERÁMICAS) OSEDO (CRUCE)09:35 SEIXEDA (XEITOSIÑA).NOTA: O servizo de bus será operativo sempre e cando haxa un mínimo de 20participantes que o soliciten.Os horarios dos autobuses son orientativos, poden sufrir retrasos en función daclimatoloxía ou circunstancias imprevistas.Os/as usuarios/as do servizo autobús que necesiten facer algunha modificación naparada solicitada, ou nalgún momento non vaían usar o servizo, deberán avisarpreviamente ao responsable da actividade con tempo suficiente para realizar amodificación.
  3. 3. 2.B. Os horarios para os participantes que soliciten ou non transporte serán:- Bus con saída de Sada ás 9:00 horas desde a Igrexa Nova e regreso ao lugar departida arredor das 14:30 horas.- Os participantes que non soliciten o servicio de transporte das Escolas de Verán enMondego, terán como hora de entrada á actividade no colexio ás 09:30 e saída, ás14:00.- Os participantes das Escolas de Verán no colexio de Sada e Contornos , terán comohora de entrada ás 09:30 e como hora de saída ás 13:30.- Os participantes do Campamento urbán de mozos/as na Cámara Agraria de Riobao,terán como hora de entrada ás 09:30 e como hora de saída ás 14:00h.NOTA: As instalacións dos citados centros educativos permanecerán pechadaspor seguridade unha vez que se sobrepase a hora de chegada estipulada.Se por calquera motivo xustificable o/a participante necesitara facer a incorporación,ou a saída da actividade, fóra do horario establecido, deberá avisar previamente aoresponsable da mesma, que será quen se encargará de levar a cabo dita labor damaneira menos perxudicial para o desenvolvemento das actividades programadas.Artigo 3º.-Participantes.1. Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria osrapaces e rapazas nados entre os anos 1995 e 2008 (ámbos inclusive). Teránprioridade na concesión das prazas aqueles/as participantes que estean empadroadosno Concello de Sada antes do 1 de maio de 2012. Non terán validez osempadroamentos de familiares dos solicitantes da praza (pais, nais, avós,avoas...etc). A comprobación do padrón farase de oficio, de maneira que os/asparticipantes non deberán entregar ningunha documentación adicional.1.A. As prazas dispoñibles serán as seguintes:- Escola de Verán “ Pedro Barrié de la Maza”:* 1ª quenda: 45 prazas* 2ª quenda: 45 prazas- Escola de Verán “Sada e Contornos”:* 3ª quenda: 30 prazas* 4ª quenda: 30 prazas* 5ª quenda: 20 plazas* 6ª quenda: 20 plazas- Campamento urbán “Cámara Agraria” :* 1ª quenda: 20 prazas* 2ª quenda: 20 prazas
  4. 4. NOTA: Para que as actividades se realicen, terá que cubrirse como mínimo o 50%das prazas ofertadas en cada quenda.Artigo 4º.-Tipos de solicitude.1. As solicitudes das prazas poden ser individuais ou múltiples (só para casos deirmáns que soliciten a mesma quenda). Á hora da adxudicación das prazas, assolicitudes múltiples sortearanse de forma que eses solicitantes adquiran ou non asprazas de forma conxunta.2. A presentación da solicitude poderá facerse, á elección do solicitante, por víaescrita, a través do correo electrónico ou dun formulario web:a) Vía escrita:As inscricións deberán formularse coa folla de preinscrición que aparece no folletoVERÁN 2012, que tamén poderán solicitar na Oficina M. da Xuventude (no caso docampamento urbán para mozos/as) ou ben descargar na páxina webwww.concellodesada.com ou no blogue, para logo presentar na Oficina M. daXuventude.b) Vía correo electrónico:Deberán ser enviadas ao enderezo omixsada@gmail.com , indicando como asunto:PREINSCRICIÓN VERÁN 2012, e enviando a folla de inscrición asinada e escaneadacomo documento adxunto. Para que o/a solicitante teña xustificante do envío debemarcar o correo con acuse de recibo, para que lle quede constancia da data do envío.c) Vía formulario web:No noso blogue omixsada.blogspot.com na entrada denominada “Verán 2012” apareceun enlace a un formulario onde se poden deixar os datos de preinscrición a estasactividades. A recepción dos datos será confirmada posteriormente mediante correoelectrónico ao enderezo facilitado nesta solicitude.3. Os impresos de solicitude deben ser cubertos de acordo coas seguintes normas:a) Por cada participante/s deberá presentarse unha soa solicitude para cadaactividade elixindo na mesma, por orde de prioridade, as quendas de actividade, seexistise esa opción.b) Os datos do/a participante deben ser os do rapaz ou rapaza que solicita praza nasactividades.c) As solicitudes presentadas por escrito ou escaneadas deberán ser asinadas polospais/nais ou titores/as dos/as menores solicitantes, en caso contrario, non seránaceptadas por considerarse incompletas.e) A duplicidade dunha solicitude, para a mesma actividade, dará lugar á inadmisiónde ámbas, e quedará o/a solicitante fóra da adxudicación de prazas desa actividade.Artigo 5º.-Prazo.O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o luns 21 de maio ás 10:00 horas erematará o martes 5 de xuño ás 15:00 horas.
  5. 5. Artigo 6º.-Adxudicación de prazas.1. A adxudicación das prazas realizarase da seguinte forma: a) Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles. b) Por adxudicación directa no caso de participantes derivados dos servizos sociais de atención primaria, previo informe favorable dos técnicos. Reservarase un 5% das prazas en cada quenda para estes supostos. c) Por sorteo público no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas disponibles nalgunha das quendas das diferentes actividades.Neste caso o sorteo realizarase o día 8 de xuño do 2012 ás 10:00 nun dos edificiosmunicipais do Concello.Mediante este sorteo cubriranse nas distintas quendas que especifica estaconvocatoria. Así mesmo, dará lugar a unha lista de espera para cada unha dasquendas.A adxudicación de prazas realizarase en función da seguinte prioridade: 1º) Empadroados no Concello de Sada 2º) Non empadronados no Concello de Sada.Neste senso, o proceder no sorteo realizarase da seguinte maneira: 1. En cada unha das quendas, primeiro se sortearán as prazas entre os empadroados no concello que marcasen en primeiro lugar a quenda correspondente na folla de inscrición. 2. En cada unha das quendas, en segundo lugar se sortearán as prazas vacantes entre aqueles empadronados no concello que non obtiveron praza na ronda do epígrafe anterior e que marcaron na folla de inscrición a súa conformidade para desfrutar doutra quenda ademáis da solicitada, sempre e cando quedasen prazas vacantes tras aplicar o empigrafe anterior, de non ser así pasarán a conformar a listaxe de espera. 3. En cada unha das quendas, en terceiro lugar se sortearán as prazas vacantes entre os non empadronados no concello que marcasen en primeiro lugar a quenda correspondente na folla de inscrición, sempre e cando quedasen prazas vacantes despois de aplicar os epígrafes 2 e 3 anteriores, de non ser así pasarán a conformar a listaxe de espera. 4. En cada unha das quendas, e cuarto lugar, se sortearán as prazas vacantes entre os non empadronados que non obtiveron praza na ronda do epígrafe anterior e que marcaron na folla de inscrición a súa conformidade para desfrutar doutra quenda ademáis da solicitada, sempre e cando quedasen prazas vacantes tras aplicar os epígrafes 2, 3 e 4 anteriores, de non ser así pasarán a conformar a listaxe de espera.c). O Concello de Sada fará públicas as listas definitivas de admitidos/as, incluídas aslistas de espera se as houbera, para cada quenda.Estas listas exporanse a partir do 12 de xuño no taboleiro de anuncios da Oficina M.da Xuventude, na páxina web www.concellodesada.com e no blogueomixsada.blogspot.com
  6. 6. Artigo 7º.-Documentación e prazos7.1. Unha vez realizada a adxudicación das prazas mediante o sorteo, os solicitantescon praza deberán entregar entre o 12 e o 22 de xuño (inclusive) a seguintedocumentación para que a praza obtida sexa validada definitivamente: - Folla inscrición con tódolos datos persoais - Autorización pai/nai ou titor para participar na actividade e a realización de fotografías. - Cuestionario médico-sanitario. - Xustificante bancario do pagamento (mediante ingreso nun nº de conta que se proporcionará unha vez se saiban as prazas adxudicadas tralo sorteo). A liquidación deste pago será consignada a nome do participante na actividade.NOTA: o periodo de pago ordinario permanecerá aberto dende o 12 até o venres22 de xuño. Establecerase un pago extraordinario dende o día 25 de xuño até o 3de agosto para aqueles participantes que estando en listaxe de reserva obteñanpraza por xurdir algunha vacante, ou para aquelas novas inscricións recibidasfóra dos prazos iniciais.Artigo 8º.-Prezos: 1. Os prezos de aplicación para participantes son: - Praza individual en Escola de Verán en “Pedro Barrié de la Maza”: 50 € (quincena) - Praza individual en Escola de Verán en “Sada e Contornos” : 30 € (quincena) - Praza individual no Campamento urbán para mozos/as: 50€ (quincena) - Praza individual en Escola de Verán “Sada e Contornos”: 15 € (semana)Descontos: - 50%: Integrantes de Familia Numerosa (imprescindible acreditar condición de F.N.). - 20% : 2º irmán nalgunha das Escolas de Verán ou campamento urbán ofertado (imprescindible aportar Libro de Familia). O desconto aplicarase sobre o total que resulte da suma das cuotas (non teñén por que estar na mesma quenda ou mesmo colexio ou centro). - 20%: en caso de que ambos tutores/proxenitores da mesma unidade familiar se atopen en situación legal de desemprego (imprescindible aportar copia das tarxetas de demandante de emprego actualizadas. Non se aplica o desconto se o desemprego afecta só a un). En caso de familias monoparentais, tamén se aplicará esta reducción en caso de desemprego, aportando adicionalmente documentos que acrediten esta condición. Só neste caso, o desconto 2º irmán + desemprego será acumulable.Artigo 9º.-Adxudicación de prazas e listas de espera.1. As vacantes que se produzan por non realizar o pago en tempo e forma (segundoven especificado na folla de inscrición correspondente) ou por renunciar á praza obtidano sorteo, seranlles ofrecidas, desde o momento en que se produzan, aos solicitantesque integren a listaxe de espera por estricto orde.
  7. 7. No caso de que se produzan baixas, a Oficina da Xuventude contactará, seguindo aorde da listaxe, cos suplentes mediante chamada telefónica. Realizaranse 3 chamadasentre as 10:00 e 15:00 horas. De non contactar co interesado/a, este será dado debaixa e procederase a chamar ao seguinte na lista de espera. Unha vez recibida acomunicación e aceptada a praza ofrecida, deberán presentar a documentaciónrestante e xustificante do pagamento nun prazo de 48h.2. No caso de non presentar a mencionada documentación no prazo indicado, a prazaserá ofertada ao seguinte da lista de espera.

×