1. Sistema político e organización
territorial
A ORGANIZACIÓN
POLÍTICA DE ESPAÑA
2. A ORGANIZACIÓN POLÍTICA
O sistema político en España está regulado pola Constitución
aprobada o 6 de decembro de 1978 que inclúe os principios básicos
do Estado español, entre os que salientamos:
É un Estado
democrático
Soberanía
nacional
Sufraxio
universal
Forma política:
A monarquía
parlamentaria
Símbolo da
unidade
Máxima
representación
sen poder
político.
División de
poderes
Executivo:
goberno
Lexislativo:
Cortes Xerais
Xudicial:
Tribunais
3. AS CORTES XERAIS
Elíxenas os cidadáns cada catro anos , son as
cámaras lexislativas e divídense en dúas
seccións:
O Congreso dos Deputados: aproban as leis
e os orzamentos xerais do Estado.
Controlan a acción do
Goberno, outorgándolle ou negándolle a
súa confianza ou presentando unha
moción de censura.
O Senado: é a cámara de representación
territorial e nela propóñense, revísanse e
vótanse os proxectos de lei.
4. O GOBERNO
Exerce o poder executivo e está formado
polo presidente e os ministros.
Aplica as leis e dirixe a política interior e
exterior, a Administración do Estado e a
defensa nacional (Exército).
Ten iniciativa lexislativa (proponlles leis ás
Cortes Xerais e aproba decretos leis).
Os membros do Goberno teñen obriga de
someter a súa actuación ás Cortes Xerais.
5. OS TRIBUNAIS DE XUSTIZA
Están formados por xuíces e maxistrados e
exercen o poder xudicial. O órgano superior da
Administración de Xustiza para todo o Estado é o
Trunal Supremo.
Os xuíces dependen dunha institución de ámbito
estatal, o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX).
6. OS DEREITOS E LIBERDADES FUNDAMENTAIS
A Constitución tamén recolle os dereitos e
liberdades fundamentais dos cidadáns.
Estes poden ser persoais (á vida, á
liberdade ideolóxica, relixiosa, de
expresión, …), cívico-políticos (dereito de
reunión, asociación,…) e socioeconómicos
(á educación, á propiedade privada, ao
traballo, á folga,…).
O Tribunal Constitucional é o encargado
de xulgar se as leis e outras normas están
de acordo coa Constitución española.
Tamén vixía se se respectan os dereitos e
liberdades fundamentais dos cidadáns.
7. A ORGANIZACIÓN TERRITORIAL
• A Constitución de 1978 establece un modelo de Estado descentralizado formado
por municipios e provincias e que contempla a posibilidade de crear comunidades
autónomas (constituíronse en 1979 e posteriormente Ceuta e Melilla foron
recoñecidas como cidades autónomas).
A lingua e os símbolos.
Os dereitps e liberdades fundamentais
As institucións:
Coroa, Cortes, Goberno, Administración, Poder
Xudicial
Elementos Culturais e Históricos A Solidariedade baseada na Igualdade
ELEMENTOS DE UNIÓN ENTRE AS CCAA
8. A ORGANIZACIÓN DAS COMUNIDADES
AUTÓNOMAS
Contido dos estatutos de autonomía:
A denominación da Comunidade, o territorio
que a forma e os símbolos (bandeira, himno e
escudo).
A organización política e administrativa:
o O Parlamento autonómico ou asemblea
lexislativa. Os seus membros son elixidos
cada catro anos.
o O Consello de Goberno que exerce o poder
executivo. Componse dun presidente, elixido
polo Parlamento autonómico, e varios
conselleiros, encargados das diferentes áreas.
o O Tribunal Superior de Xustiza, que é o
máximo órgano xudicial no territorio da
Comunidade Autónoma.
Algunhas comunidades autónomas contan con
outras institucións, como o Valedor do Pobo, a
cámara ou o Tribunal de Contas.
9. COMPETENCIAS DAS COMUNIDADES
Poden ser de dous tipos.
As establecidas no artigo 148 da Constitución: son
adquiridas de forma inmediata por cada
comunidade no momento da súa constitución
(obras públicas, agricultura ou turismo).
AS que o Estado outorga ou transfire: entre estas
encóntranse a educación, a lexislación laboral, a
seguridade, etc.).
FINANCIAMENTO DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS
Réxime Foral: presente no País Vasco e Navarra. A comunidade finánciase
cos impostos recollidos e fai entrega dunha cota anual ao Estado en pago
polos servizos recibidos.
Réxime común: nas restantes comunidades. Os ingresos proceden dos
impostos recadados pola comunidade, doutros cedidos polo Estado.
10. PROVINCIAS E MUNICIPIOS
MUNICIPIOS: de extensión variable
e gobernado polo Concello.
PROVINCIAS: entidades territoriais
establecidas polo Estado, o seu
goberno corre a cargo das
deputacións.