Guía de usuarios
http://bibliotecapdb.blogspot.com
0
Diccionarios
Enciclopedias
1
Filosofía
Psicoloxía
2
Relixión
Mitoloxí...
Normas de uso
- Fala en voz baixa para non molestar aos teus
compañeiros/as.
- Na biblioteca non se pode comer nin beber. ...
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Guía de usuarios da biblioteca

1.290 visualizaciones

Publicado el

Biblioteca escolar de Ponte dos Brozos

Publicado en: Educación
0 comentarios
1 recomendación
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
1.290
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
929
Acciones
Compartido
0
Descargas
2
Comentarios
0
Recomendaciones
1
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Guía de usuarios da biblioteca

  1. 1. Guía de usuarios http://bibliotecapdb.blogspot.com 0 Diccionarios Enciclopedias 1 Filosofía Psicoloxía 2 Relixión Mitoloxía 3 Ciencias Sociais 4 Produccións propias 5 Matemáticas Ciencias Naturais 6 Ciencias aplicadas Medicina Tecnoloxía 7 Arte/ Música Deportes/ Xogos 8 Linguas Literatura 9 Xeografía Biografías Historia Benvidos á nosa Biblioteca!! Os libros de ficción están colocados por orde alfabética de autor/a en diferentes andeis da biblioteca e clasificados por idades e cores. P3 AND sol Sinatura correspondente ao tipo de lector. 3 primeiras letras do primer apelido do AUTOR en maiúsculas 3 primeiras letras do TÍTULO en minúsculas Primeiros Lectores (P1) Lectores Autónomos (P2) Lectores Expertos (P3) TEJUELOS 5 ROB fau Os libros informativos clasifícanse pola CDU (Clasificación Decimal Universal) e cada materia ten asignada un número e unha cor diferente. Todos eles levan no seu lombo unha etiqueta de cor branca chamada “tejuelo”. Como atopar un libro informativo?Como atopar un libro de ficción?
  2. 2. Normas de uso - Fala en voz baixa para non molestar aos teus compañeiros/as. - Na biblioteca non se pode comer nin beber. A merenda debes tomala no patio. - En caso de perda ou deterioro dun libro o restituirás por outro igual ou de características similares. - Cando collas un libro dos andeis deixa o resto ben colocado cos lombos cara afora e a portada para diante. - Se eres cativo, trae un “marcaposicións” para saber onde colocar o libro despois. - Se o alfabeto non ten segredos para ti, fíxate nas letras dos andeis. - Hai unha caixa para cando se te vaia “a cabeciña”. - Non marques nin dobres as follas do libro. Utiliza marcapáxinas. - Se atopas un libro que está “ferido” polo uso, entrégallo a un profesor/a ou déixao no Hospital de Brociños. - Os iPads deben quedar apagados e enchufados ao acabar de usalos. A biblioteca é un espazo compartido, por iso debemos respectala e mantela en orde. Préstamo Espazos Zona de traballo: con mesas na que poderás traballar en grupo ou individualmente. Zona de xestión: dous ordenadores para xestionar os préstamos e devolucións . Zona de consulta: con libros que conteñen información sobre moitos temas: animais, corpo humano, arte, xeografía, astronomía… Zona de lectura de ficción: tres espazos con libros ordenados por autor e por idades de lectores. Zona de Cds e DVDs: con moitos libros de música, películas, documentais… Zona dos comics: para os amantes da banda deseñada Zona de libros QR: con etiquetas de códigos QR de vídeos das recomendacións do noso “alumnado experto”. Zona de libros con Realidade Aumentada: as apps correspondentes aos libros atoparalas descargadas nos iPas da biblio. Expositor de novidades: atoparás as últimas achegas adquiridas. Expositor de revistas: “Reportero Doc”, “Pelo Pico Pata”, “Okapi”. Recuncho de ordenadores: para facer as consultas que precises en internet e con moita información de libros , vídeos… nas pestanas de Google Chrome por tipo de lector. Armario de iPads: con 6 iPads que conteñen apps de libros interactivos, informativos… clasificadas en cartafoles. Horario: - Unha sesión semanal ou quincenal para cada grupo co seu titor/a. - Recreos co Equipo de biblioteca e os minibibliotecarios. Tempo de préstamo para casa: - 1 fondo (ficción, informativo, CD ou DVD) cada 15 días. - Pódese renovar o préstamo por outros 15 días máis. - Os diccionarios ou enciclopedias non se prestan Tempo de préstamo para as aulas: - Lote de 25 libros máximo. - Un mes. - O titor/a será o responsable do seu coidado. Se accededes ao noso blogue coñeceredes o día a día da biblioteca e poderedes consultar os nosos fondos no programa Meiga.

×