SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 8
Descargar para leer sin conexión
Máis de 25.000 persoas manifestá-
ronse en Santiago de Compostela o pa-
Galicia Sindical
Órgano de comunicación do S. N. de CCOO
. . . .
25.000 manifestantes
en defensa da sanidade
pública galega
n Éxito de participación na marcha convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública,
da que forma parte o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras
D I X I T A L
www.galicia.ccoo.es
Comisións Obreiras participou na manifestación cunha ampla delegación e pancarta propia
O Sindicato Nacional de Comisións
Obreiras de Galicia puxo en coñece-
mento da Xunta un extenso relatorio coa
finalidade de lle reclamar ao Goberno
autonómico a modificación dos Orza-
mentos de 2011, para que así se poidan
cumprir os diferentes acordos acadados
no proceso de diálogo social.
O secretario xeral do Sindicato Nacio-
nal de Comisións Obreiras, Xosé Manuel
Sánchez Aguión, explica as principais
claves dun documento que foi remitido
tanto á Consellaría de Traballo como aos
voceiros dos grupos parlamentarios do
PSOE, PP e BNG. / Páx. 2
sado 21 de novembro. A convocatoria
partiu da Plataforma en Defensa da Sa-
nidade Pública, da que forma parte Co-
misións Obreiras. / Páx. 4
Número 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena)
CCOO PIDE MODIFICAR OS ORZAMENTOS DE 2011
PARA CUMPRIR CO DIÁLOGO SOCIAL
GALICIA SINDICAL N.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena)
2
www.galicia.ccoo.es
PROPOSTAS ORZAMENTARIAS PARA O
CUMPRIMENTO DO ACORDADO NO DIÁLOGO SOCIAL
O Sindicato Nacional de CCOO ela-
borou un documento con propostas
aos orzamentos da Xunta para o ano
2011 que, ao noso entender, son ne-
cesarias para dar cumprimento aos
acordos do diálogo social. Hai poucos
días remitímosllelo á Consellaría de
traballo, en calidade de coordinadora
deste proceso pola Xunta de Galicia,
así como aos portavoces dos grupos
parlamentarios do BNG, PP e PSOE.
No tocante á renda de inserción so-
cial de Galicia, reclamamos incremen-
tar a contía prevista en sete millóns
de euros para garantir o cumprimento
do acordado, na liña de aumentar
substancialmente o número de per-
soas beneficiarias e acadar as cifras
de prestacións previstas no propio An-
teproxecto de Lei de orzamentos. Ma-
lia non ter relación coa rISGA nin cos
acordos acadados ata agora no pro-
ceso de diálogo social, en materia de
servizos sociais, cómpre recuperar as
contías destinadas ao apoio ás familias
en situacións especiais (1,2 millóns de
euros) e as iniciativas sociais de apoio
ás familias (200.000 euros), dado o
importante recorte que sofren as polí-
ticas sociais neste orzamento e a súa
necesidade no contexto de crise eco-
nómica.
En seguridade e saúde, aínda que os
acordos non comprometen uns recur-
sos para o seu desenvolvemento, o
certo é que se formula un novo Plan
Estratéxico para a Prevención de riscos
n CARTA DO SECRETARIO XERAL
XOsé Manuel sánChez aguión
Laborais 2011–2014 que incorpora ac-
tuacións pendentes de desenvolver do
plan anterior, polo que os orzamentos
para deberan, cando menos, ser equi-
valentes aos existentes no ano 2009
–primeiro ano de recortes orzamenta-
rios–; é dicir, deberían incrementarse
os previstos en catro millóns.
No que atinxe á vivenda, os orza-
mentos recollen unha contía inferior
en 38 millóns de euros á acordada. Se-
ría necesario restituír esta contía para
reflectir o acordado tendo en conta,
ademais, que as actividades relaciona-
das co acceso á vivenda e á súa reha-
bilitación teñen un impacto importante
sobre a actividade económica e o em-
prego, sen descoidar tampouco a súa
notable contribución á mellora das
condicións de vida da cidadanía.
Canto aos acordos en materia de in-
centivos á contratación, as aplicacións
orzamentarias para o seu financia-
mento deberan ascender a 28 millóns
de euros, cando a realidade é que só
chegan a 21 millóns. Cómpre, polo
tanto, incrementar os recursos para
esta finalidade en sete millóns. Tendo
en conta a crise económica en que es-
tamos inmersos e as graves repercu-
sións que está a ter sobre o emprego
no noso país, consideramos necesario
restituír os recursos que, de maneira
específica, se dedicaban aos colectivos
con maiores dificultades de inserción
no mercado laboral e incrementar as
partidas de Fomento do Emprego en
35 millóns de euros.
Igual que sucedía en materia de pre-
vención de riscos, o acordo en materia
de formación para o emprego tam-
pouco prevía un orzamento para o seu
desenvolvemento e execución. A evo-
lución dos orzamentos nesta materia
fainos pensar que os recursos serán
suficientes para acadar os obxectivos
previstos, agás no relativo á Fundación
Galega de Formación para o Traballo
onde se deberan incrementar os orza-
mentos en 200.000 euros xa que é a
única maneira de garantir que os axen-
tes sociais participen nela.
Xa no tocante á igualdade, trátase
dunha materia que aínda non foi ob-
xecto de debate no proceso de diálogo
social, pero o drástico recorte de re-
cursos para un colectivo que está su-
frindo fortemente a crise do emprego
obriga a reformular os orzamentos en
materia de igualdade e conciliación, in-
crementándoos en tres e catro millóns
de euros, respectivamente.
Consideramos que estas propostas,
que precisarán preto de cen millóns
de euros adicionais nos orzamentos,
son necesarias para dar resposta ur-
xente aos problemas que afectan á ci-
dadanía galega no actual contexto de
crise económica e de emprego.
Cómpre incrementar
os orzamentos auto-
nómicos en polo
menos cen millóns
para dar respos-
ta urxente ás ne-
cesidades do país
GALICIA SINDICALN.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena)
3
www.galicia.ccoo.es
As caixas galegas rubricaron o
acordo da fusión
Caixanova e Caixa Galicia asinaron o pa-
sado día 29 de novembro o acordo da fu-
sión, e a partir do 1 de decembro comeza-
rán a operar como unha única entidade.
En termos laborais, desde COMFIA-CCOO
lembran que é «o mellor acordo» de cantos
se levan asinado no Estado español.
Así, o pacto inclúe dous grupos de me-
didas. Por un lado, as de reestruturación
do cadro de persoal. Polo outro, as que se
refiren á harmonización das condicións de
traballo para o persoal da caixa resultante.
No primeiro grupo están as prexubila-
cións, as baixas incentivadas, a suspensión
de contratos, a redución de xornada e a
mobilidade xeográfica. As prexubilacións,
que se farán mediante ErE, afectan a per-
soal de entre 55 e 64 anos cunha antigüi-
dade de dez anos. A cobertura é do 85%
do salario bruto ata un tope do 98% do
neto, sempre referidos os cálculos a retri-
cucións percibidas no mes anterior á xu-
bilación, elevado a cómputo anual. No to-
cante ás baixas incentivadas, a
indemnización é de 45 días de salario por
ano de servizo, con atero da fracción de
ano, ata un máximo de 42 mensualida-
des.
As suspensións de contrato durarían en-
tre tres e cinco anos, con compensación
do 20% anual e con posibilidade de rein-
corporación ou de baixa incentivada ao fi-
nalizar o período. Pola súa parte, as redu-
cións de xornadas serían ata un máximo
do 50% –con idéntica diminución salarial–
ata un tope de dous anos.
As últimas medidas deste primeiro grupo
refírense á mobilidade xeográfica, cunha
serie de indemnizacións en función dos
quilómetros de desprazamento que van
dos 6.000 para quen se deba desprazar
de 26 a 65 Km, ata os 24.000 para quen
teña de se desprazar máis de 200. Nestes
casos prevese, ademais, unha axuda de
7.500 euros anuais para vivenda por un
máximo de dous anos para as persoas que
precisaren cambiar de residencia.
Canto ás medidas de harmonización,
aparecen recollidas a clasificación profe-
sional, as retribucións, a clasificación de
oficinas, o tempo de traballo, a previsión
social, cuestións de igualdade e concilia-
ción, comisións de seguimento e beneficios
sociais.
CCOO aposta por
negociar o ERE de SEAGA
n O sindicato desmárcase da «instrumentalización» das mobilizacións
CCOO aposta pola negociación no
caso do expediente de regulación de
emprego (ErE) da empresa pública SE-
AGA, e desmárcase da «instrumen-
talización» das mobilizacións por
parte dos sindicatos CIG, CUT e UGT.
Comisións Obreiras esíxelle á
Xunta de Galicia que respecte e ga-
ranta os dereitos profesionais e eco-
nómicos do persoal afectado polo
expediente. Para o sindicato, a ne-
gociación debe fundamentarse na di-
solución de SEAGA, e na protencia-
ción e reforzamento do servizo
público contra incendios e dos servi-
zos veterinarios oficiais. Todo isto,
co «absoluto respecto á legalidade
na tramitación do ErE».
Para CCOO, a tramitación do ErE
aínda acaba de comezar, polo que
estiman que hai marxe para a nego-
ciación, de aí que rexeiten as accións
«instrumentalizadas».
imaxe de arquivo dunha concentración de CCOO contra as privatizacións na Xunta
GALICIA SINDICAL N.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena)
4
www.galicia.ccoo.es
CCOO, en defensa da
sanidade pública
GALICIA SINDICALN.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena)
www.galicia.ccoo.es
5
CCOO asina un convenio
con OAP-Galicia
n O sindicato comprométese a velar pola representación dos autónomos dependentes e a apoiar
o emprego estable e as iniciativas emprendedoras do modelo empresarial autoxestionario
O Sindicato Nacional de Comisións
Obreiras (CCOO) e a Federación de Pro-
fesionais e Autónomos de Galicia
(OAP-Galicia) asinaron o 25 de novem-
bro un protocolo de colaboración. As
partes comprométense a colaboraren
na creación de emprego estable e ao
fomento e apoio a iniciativas empre-
sariais, cuxos protagonistas ou em-
prendedores preferentemente perten-
zan a sectores sociais con escaseza de
recursos.
No acto interviñeron Xosé Manuel Sán-
chez Aguión, secretario xeral do sindi-
cato, Maica Bouza Seoane, responsable
de Autoemprego de CCOO, e José Conde
García, presidente da organización de
autónomos. Sánchez Aguión salientou
que as partes xa viñan colaborando nos
últimos tempos, pero que o protocolo
asinado hoxe «reforza» ese traballo
conxunto nas áreas de interese común.
Precisamente, a principal área común
atinxe os autónomos dependentes,
que son aqueles que non contan con
traballadores ou traballadoras ao seu
cargo pero que teñen problemáticas
similares ao resto de asalariados.
O convenio establece a vontade por
parte do Sindicato Nacional de Comisións
Obreiras de Galicia de crear un vínculo
entre o sindicalismo e o sector empresa-
rial autoxestionario, representado por
OAP-Galicia. Deste xeito, colaborarán na
promoción, divulgación e fomento do
modelo empresarial autoxestionario,
como instrumento de apoio ás iniciativas
emprendedoras dos traballadores e tra-
balladoras, potenciando a creación de ri-
queza e emprego estable.
Segundo Maica Bouza, o principal ob-
xectivo de formalizar a colaboración en-
tre as dúas entidades é «aproveitar si-
nerxías» para «defender mellor os
intereses do colectivo». Para José Conde,
a partir de agora os autónomos depen-
dentes afiliados á OAP-Galicia están «ben
representados» grazas ao sindicalismo
de clase de CCOO, e desexou que o
acordo sexa «frutífero» para as partes.
Como aspectos máis salientables do
convenio, OAP-Galicia representará as
autónomas e autónomos clásicos, men-
tres que a figura dos autónomos depen-
dentes será representada polo Sindicato
Nacional; porán ao dispor da outra parte
asinante, na medida en que foren apli-
cables, os acordos de colaboración
subscritos con outras entidades públi-
cas ou privadas; axudaranse en mate-
ria de formación para o emprego e ca-
pacitación profesional; traballarán á
xunta en todo o referente á aplicación
da Lei de prevención de riscos laborais;
CCOO porá as súas sedes ao dispor de
OAP-Galicia e ambas as entidades co-
laborarán na realización de todo tipo
de actividades conxuntas.
De esquerda a dereita, Xosé Manuel sánchez aguión, secretario xeral de CCOO, José Conde, presi-
dente de OaP-galicia, e Maica Bouza, secretaria de emprego, economía social e autoemprego
Segundo OAP, os in-
tereses dos autó-
nomos dependen-
tes están «ben
defendidos»
grazas ao Sindicato
Nacional de CCOO
GALICIA SINDICAL N.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena)
6
www.galicia.ccoo.es
CCOO rexeita
os novos
recortes do
Goberno
Contra o peche desta edición, o presi-
dente Zapatero anunciou novos recortes
económicos e sociais. CCOO ve neles
«unha nova fuxida cara adiante do Goberno
central» que obedece a «intentos de con-
tentar os mercados financeiros». Ademais,
son «contraditorios» coas declaracións re-
alizadas por outros ministros. Para o sindi-
cato, é «máis necesario ca nunca» expresar
o rexeitamento ás medidas mobilizándose
os vindeiros 15 e 18 de decembro.
O sector do transporte
sanitario, en loita
CCOO denuncia
incumprimentos das mutuas
n Están obrigadas a lles pagar aos traballadores os gastos de transporte en caso de control médico
Comisións Obreiras denuncia que as
mutuas se negan a cumprir a resolución
do Ministerio de Traballo que as obriga
a lles pagar aos traballadores os gastos
de transporte en caso de control médico.
A circular da Dirección Xeral de Orde-
nación da Seguridade Social que men-
ciona o sindicato foi asinada o 20 de
outubro tras unha reclamación de
CCOO, e obriga a aboar os gastos de
transporte dos traballadores con baixa
por enfermidade común cando son re-
quiridos por estas entidades para lles
realizar exames ou valoracións médicas,
antes de esgotar o período de duración
máxima de doce meses da situación de
incapacidade temporal.
Este mes apareceron noticias en di-
versos medios de comunicación nas que
se afirmaba que as mutuas pagarán os
gastos de transporte dos traballadores
ata os centros sanitarios «só cando se
esgotase o prazo máximo de 365 días
de duración da incapacidade temporal
ou cando a citación for por parte das
unidades médicas ou equipos de valo-
ración do Instituto Nacional da Seguri-
dade Social ou o Instituto Social da Ma-
riña». Este criterio choca de fronte co
expresado na circular do 20 de outubro
de 2010 da Dirección Xeral de Ordena-
ción da Seguridade Social.
Os representantes de CCOO nas mu-
tuas puideron comprobar que, aínda
que nalgunhas destas entidades si se
están aplicando as directrices marcadas
pola Seguridade Social, noutras persís-
tese na negativa a pagar os gastos de
transporte tal e como se afirma nas ci-
tadas informacións.
Desde o sindicato instan o conxunto
das mutuas de accidentes de traballo e
enfermidades profesionais da Seguri-
dade Social ao cumprimento das nor-
mas e resolucións do Ministerio.
O persoal do sector do transporte sanitario concentrouse o día 30 de novembro en santiago de
Compostela aproveitando a presenza da conselleira de sanidade nun acto. Reclamaron que a Xunta
tome en consideración as alegacións sindicais ao Proxecto de reforma do transporte sanitario.
n ÚLTIMA HORA
GALICIA SINDICALN.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena)
7
www.galicia.ccoo.es
Acaban de celebrarse as quintas elec-
cións sindicais no centro de traballo
de Carrefour Ourense. Por primeira
vez, Comisións Obreiras, grazas ao seu
traballo nos últimos doce anos, optaba
de forma clara a unha maioría no Co-
mité de Empresa.
CON CARREFOUR, TODO É POSIBLE
Consciente desa situación, Carrefour
manipulou os censos electorais para
evitalo. E non o dicimos só nós: así fi-
gura en dous laudos arbitrais destas
eleccións, e como exemplo citamos un
parágrafo do primeiro deles:
«[...] se facemos unha reflexión sobre o
acontecido resultaría que unha empresa,
nas mesmas circunstancias que a deste
conflito, a través do seu poder "cuasi" dis-
crecional de modificación de funcións sen
cambio de grupo e categoría, en relación
co artigo 84 do convenio colectivo, podería
intervir, xa dentro do proceso, dun xeito
determinante pois desde esta facultade mo-
dificaría non soamente o número de elec-
tores e flexibles en cada colexio, senón ta-
mén o número de representantes a elixir en
cada un deles».
Cómpre lembrar que un laudo, igual
que un convenio colectivo ou calquera
outra norma laboral, é de obrigado
cumprimento. Non se trata, polo tanto,
dunha simple recomendación.
Pois ben, nada máis coñecer o pri-
meiro dos laudos, Carrefour anunciou
Por ÓSCAR SÁNCHEZ FEIJÓO
Delegado de CCOO
en Carrefour Ourense
que non o ía cumprir, e nin sequera
variou de posición logo da segunda re-
solución arbitral. A insólita decisión da
empresa obrigou a que as traballado-
ras e traballadores participasen nunhas
eleccións sindicais manipuladas e ile-
gais. O día 30 de novembro tivo lugar
o xuízo contra empresa, promovido
por Carrefour, e con total seguridade
a xustiza obrigará a repetir as elec-
cións, para que por fin CCOO poida
obter a maioría no Comité de Empresa.
Dous laudos arbi-
trais confirman que
a empresa mani-
pulou os censos
das eleccións
sindicais. Porén,
Carrefour négase a
acatar a resolu-
ción, polo que
acudimos á Xustiza
A modificación de horario do
profesorado debe pactarse
A Federación do Ensino de CCOO
de Galicia denuncia que a Consellaría
de Educación está a presionar o pro-
fesorado para que incorpore á súa
programación xeral anual e aos re-
gulamentos de réxime interno a or-
ganización do tempo antes e despois
da entrada e saída do alumnado dos
centros.
Para CCOO, trátase dunha «impo-
sición» de modificación dos horarios
de traballo dos docentes «sen nego-
ciación». As instrucións, recibidas
por correo electrónico o día 19, in-
clúen un informe do secretario xeral
da Consellaría no que «pretende xus-
tificar xuridicamente a imposición».
Regulamentos foráneos
Segundo a Federación do Ensino,
o relatorio inclúe sentenzas de tri-
bunais doutras comunidades autó-
nomas baseadas en regulamentos
que non son aplicables en Galicia,
que ten normativa de seu.
CCOO cre «imprescindible» regular
a responsabilidade deses tempos, xa
que os actuais regulamentos orgáni-
cos dos centros son de 1996, pero
rexeita que se faga con imposición.
Por iso, o sindicato apela á «vía da
negociación» coa representación le-
gal do profesorado.
Número 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO
www.galicia.ccoo.es
O vindeiro 31 de decembro remata a
vixencia dos acordos bipartitos asina-
dos por CCOO e UGT con CEOE e CE-
PEME no ano 2006, e que sentaron as
bases do sistema actual de formación
para o emprego. Os sindicatos e em-
presarios debemos decidir sobre a pró-
rroga ou a renegociación do acordo bi-
partito. En CCOO manexamos esta
segunda opción como a mellor das va-
riables ou opcións.
Calquera que sexa o futuro da for-
mación para o emprego debe ter as
persoas como eixe estratéxico, incor-
porar estándares de calidade medibles,
incluír a territorialidade do Estado e as
competencias que son propias das co-
A FORMACIÓN PARA O EMPREGO
NUN CONTEXTO ECONÓMICO HOSTIL
munidades autónomas, simplificar os
procedementos de xestión, racionali-
zar os módulos formativos facendo
que sexan máis transversais, combi-
nando a polivalencia, cada vez máis
necesaria, cunha especialización tamén
cada vez maior e máis demandada.
Extensión dun dereito
En calquera caso, CCOO defende a
extensión do dereito á formación no
marco da Lei das cualificacións e da
formación profesional; o mantemento
e desenvolvemento da vinculación da
negociación colectiva coa formación
para o emprego; o mantemento e im-
pulso da participación da representa-
ción legal dos traballadores e traballa-
doras nas empresas, e o protagonismo
das organizacións empresariais e sin-
dicais nas decisións e na xestión da
formación para o emprego, poten-
ciando os instrumentos de participa-
ción.
Cómpre un sistema máis áxil,
transparente e seguro
Cremos necesario facer un sistema
máis áxil, máis transparente, con se-
guridade xurídica. Ademais, espera-
mos que os contidos da reforma labo-
ral non sexan de aplicación, facilitando
a renegociación dos acordos bipartito
e tripartito. Iniciar un proceso de ne-
gociación ao tempo que o Goberno
central prepara un real decreto non pa-
rece o mellor comezo.
Analizaremos polo miúdo as conse-
cuencias dos cambios introducidos no
desenvolvemento da Lei de cualifi-
cacións e formación profesional, a re-
dución de colectivos prioritarios, o fi-
nanciamento das accións formativas
dos traballadores e traballadoras en
procesos de extinción dos contratos de
traballo, suspensión ou redución de
xornada, os contratos de formación, a
penalización dos traballadores e traba-
lladoras en paro facéndoos responsa-
bles da súa situación, etc.
Pero hai que ter en contra que men-
tres non se desenvolvan uns bos siste-
mas de formación e orientación profe-
sional que permitan realizar itinerarios
personalizados, que detecten as nece-
sidades de formación e dirixan os re-
cursos necesarios para corrixir as ca-
rencias, non servirán de nada e as
reformas.
Por XABIER DONGIL
Secretario de Formación para o
Emprego do S. N. de CCOO
Hai un mes faleceu a
compañeira Isabel Fraga
Vilasuso, incansable loi-
tadora de CCOO no co-
mité de empresa de En-
desa nas Pontes.
No mandato anterior formou parte
do Consello Nacional da Federación Mi-
neirometalúrxica e no Comité de En-
desa foi secretaria. Tamén formou
parte da sección sindical interempresas
e da Executiva da sección sindical Cen-
tro-Noroeste.
ADEUS A ISABEL
FRAGA VILASUSO

Más contenido relacionado

La actualidad más candente (10)

Voceiro marzo 2018
Voceiro marzo 2018Voceiro marzo 2018
Voceiro marzo 2018
 
Presentación balance ano de goberno
Presentación balance ano de gobernoPresentación balance ano de goberno
Presentación balance ano de goberno
 
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
 
Observatorio Económico Ourensan - Carballiño 2016
Observatorio Económico Ourensan - Carballiño 2016Observatorio Económico Ourensan - Carballiño 2016
Observatorio Económico Ourensan - Carballiño 2016
 
Programa pp galicia
Programa pp galiciaPrograma pp galicia
Programa pp galicia
 
Programa electoral del BNG - Nós
Programa electoral del BNG - NósPrograma electoral del BNG - Nós
Programa electoral del BNG - Nós
 
Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017
 
Novas febreiro 17
Novas febreiro 17Novas febreiro 17
Novas febreiro 17
 
Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017 Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017
 
Bng
BngBng
Bng
 

Destacado (20)

O amor
O amorO amor
O amor
 
Rio bravo, tamaulipas
Rio bravo, tamaulipasRio bravo, tamaulipas
Rio bravo, tamaulipas
 
Trabajo genesis nrc 685
Trabajo genesis nrc 685Trabajo genesis nrc 685
Trabajo genesis nrc 685
 
Los símbolos patrios
Los símbolos patriosLos símbolos patrios
Los símbolos patrios
 
10 lab word
10 lab word10 lab word
10 lab word
 
Cultura popular y prácticas sociales
Cultura popular y prácticas socialesCultura popular y prácticas sociales
Cultura popular y prácticas sociales
 
Publicidades Gráficas
Publicidades GráficasPublicidades Gráficas
Publicidades Gráficas
 
Moreno Tlapanco 11
Moreno Tlapanco 11Moreno Tlapanco 11
Moreno Tlapanco 11
 
Ii encontro musical
Ii encontro musicalIi encontro musical
Ii encontro musical
 
Hip Hop!
Hip Hop!Hip Hop!
Hip Hop!
 
Presentación Harlin weor Gaia
Presentación Harlin weor Gaia Presentación Harlin weor Gaia
Presentación Harlin weor Gaia
 
Bad sil des cin
Bad sil des cinBad sil des cin
Bad sil des cin
 
Vencerás
VencerásVencerás
Vencerás
 
Meu museu simara
Meu museu simaraMeu museu simara
Meu museu simara
 
Ilustraciones 2014
Ilustraciones 2014Ilustraciones 2014
Ilustraciones 2014
 
Informe final presentado en seminario monografico
Informe final presentado en seminario monograficoInforme final presentado en seminario monografico
Informe final presentado en seminario monografico
 
PresentacióN Angel Blog Reciclaje
PresentacióN Angel Blog ReciclajePresentacióN Angel Blog Reciclaje
PresentacióN Angel Blog Reciclaje
 
Панки
ПанкиПанки
Панки
 
Hugo alberto ramírez motta
Hugo alberto ramírez mottaHugo alberto ramírez motta
Hugo alberto ramírez motta
 
Vinicius de moraes
Vinicius de moraesVinicius de moraes
Vinicius de moraes
 

Similar a Galicia sindical numero 15

2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...
2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...
2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...
oscargaliza
 
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...
oscargaliza
 
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
oscargaliza
 
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Ansotegi GZ
 
Galicia dixital, numero 5
Galicia dixital, numero 5Galicia dixital, numero 5
Galicia dixital, numero 5
oscargaliza
 
Somos número 6, mayo 2010
Somos número 6, mayo 2010Somos número 6, mayo 2010
Somos número 6, mayo 2010
oscargaliza
 
Especial galicia sindical 28 abril
Especial galicia sindical 28 abrilEspecial galicia sindical 28 abril
Especial galicia sindical 28 abril
oscargaliza
 
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
oscargaliza
 
Boletin Abril 2011 PPdG.
Boletin Abril 2011 PPdG.Boletin Abril 2011 PPdG.
Boletin Abril 2011 PPdG.
mariaramallo
 
Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09
MsArkadina Fontana
 
Subvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinidaSubvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinida
Oscar Feijoo
 
Galicia sindical 67 anos
Galicia sindical 67 anosGalicia sindical 67 anos
Galicia sindical 67 anos
oscargaliza
 

Similar a Galicia sindical numero 15 (20)

2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...
2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...
2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...
 
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...
 
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
 
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
 
Buzón Rebelde da CGT. Verán 2021
Buzón Rebelde da CGT. Verán 2021Buzón Rebelde da CGT. Verán 2021
Buzón Rebelde da CGT. Verán 2021
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
 
Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023
 
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
 
Galicia dixital, numero 5
Galicia dixital, numero 5Galicia dixital, numero 5
Galicia dixital, numero 5
 
Somos número 6, mayo 2010
Somos número 6, mayo 2010Somos número 6, mayo 2010
Somos número 6, mayo 2010
 
Comunicado orzamentos 2017
Comunicado orzamentos 2017Comunicado orzamentos 2017
Comunicado orzamentos 2017
 
Especial galicia sindical 28 abril
Especial galicia sindical 28 abrilEspecial galicia sindical 28 abril
Especial galicia sindical 28 abril
 
110601 privatización da sanidade pública
110601 privatización da sanidade pública110601 privatización da sanidade pública
110601 privatización da sanidade pública
 
Manifiesto
ManifiestoManifiesto
Manifiesto
 
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
 
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
 
Boletin Abril 2011 PPdG.
Boletin Abril 2011 PPdG.Boletin Abril 2011 PPdG.
Boletin Abril 2011 PPdG.
 
Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09
 
Subvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinidaSubvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinida
 
Galicia sindical 67 anos
Galicia sindical 67 anosGalicia sindical 67 anos
Galicia sindical 67 anos
 

Más de oscargaliza

Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014
oscargaliza
 
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
oscargaliza
 
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
oscargaliza
 
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccooGran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
oscargaliza
 
Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01
oscargaliza
 
140307 nota plataforma
140307 nota plataforma140307 nota plataforma
140307 nota plataforma
oscargaliza
 
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
oscargaliza
 
Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014
oscargaliza
 
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-FecohtNormas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
oscargaliza
 
Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia
oscargaliza
 
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
oscargaliza
 
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaComunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
oscargaliza
 
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
oscargaliza
 
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes NostrusAcuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
oscargaliza
 
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateEstatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
oscargaliza
 
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
oscargaliza
 
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecohtAnexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
oscargaliza
 
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
oscargaliza
 
Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014
oscargaliza
 

Más de oscargaliza (20)

Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014
 
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
 
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
 
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccooGran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
 
Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01
 
140307 nota plataforma
140307 nota plataforma140307 nota plataforma
140307 nota plataforma
 
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
 
Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014
 
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-FecohtNormas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
 
Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia
 
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
 
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaComunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
 
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
 
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes NostrusAcuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
 
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateEstatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
 
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
 
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecohtAnexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
 
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
 
Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014
 
2merchan
2merchan2merchan
2merchan
 

Último

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (12)

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 

Galicia sindical numero 15

  • 1. Máis de 25.000 persoas manifestá- ronse en Santiago de Compostela o pa- Galicia Sindical Órgano de comunicación do S. N. de CCOO . . . . 25.000 manifestantes en defensa da sanidade pública galega n Éxito de participación na marcha convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, da que forma parte o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras D I X I T A L www.galicia.ccoo.es Comisións Obreiras participou na manifestación cunha ampla delegación e pancarta propia O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia puxo en coñece- mento da Xunta un extenso relatorio coa finalidade de lle reclamar ao Goberno autonómico a modificación dos Orza- mentos de 2011, para que así se poidan cumprir os diferentes acordos acadados no proceso de diálogo social. O secretario xeral do Sindicato Nacio- nal de Comisións Obreiras, Xosé Manuel Sánchez Aguión, explica as principais claves dun documento que foi remitido tanto á Consellaría de Traballo como aos voceiros dos grupos parlamentarios do PSOE, PP e BNG. / Páx. 2 sado 21 de novembro. A convocatoria partiu da Plataforma en Defensa da Sa- nidade Pública, da que forma parte Co- misións Obreiras. / Páx. 4 Número 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena) CCOO PIDE MODIFICAR OS ORZAMENTOS DE 2011 PARA CUMPRIR CO DIÁLOGO SOCIAL
  • 2. GALICIA SINDICAL N.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena) 2 www.galicia.ccoo.es PROPOSTAS ORZAMENTARIAS PARA O CUMPRIMENTO DO ACORDADO NO DIÁLOGO SOCIAL O Sindicato Nacional de CCOO ela- borou un documento con propostas aos orzamentos da Xunta para o ano 2011 que, ao noso entender, son ne- cesarias para dar cumprimento aos acordos do diálogo social. Hai poucos días remitímosllelo á Consellaría de traballo, en calidade de coordinadora deste proceso pola Xunta de Galicia, así como aos portavoces dos grupos parlamentarios do BNG, PP e PSOE. No tocante á renda de inserción so- cial de Galicia, reclamamos incremen- tar a contía prevista en sete millóns de euros para garantir o cumprimento do acordado, na liña de aumentar substancialmente o número de per- soas beneficiarias e acadar as cifras de prestacións previstas no propio An- teproxecto de Lei de orzamentos. Ma- lia non ter relación coa rISGA nin cos acordos acadados ata agora no pro- ceso de diálogo social, en materia de servizos sociais, cómpre recuperar as contías destinadas ao apoio ás familias en situacións especiais (1,2 millóns de euros) e as iniciativas sociais de apoio ás familias (200.000 euros), dado o importante recorte que sofren as polí- ticas sociais neste orzamento e a súa necesidade no contexto de crise eco- nómica. En seguridade e saúde, aínda que os acordos non comprometen uns recur- sos para o seu desenvolvemento, o certo é que se formula un novo Plan Estratéxico para a Prevención de riscos n CARTA DO SECRETARIO XERAL XOsé Manuel sánChez aguión Laborais 2011–2014 que incorpora ac- tuacións pendentes de desenvolver do plan anterior, polo que os orzamentos para deberan, cando menos, ser equi- valentes aos existentes no ano 2009 –primeiro ano de recortes orzamenta- rios–; é dicir, deberían incrementarse os previstos en catro millóns. No que atinxe á vivenda, os orza- mentos recollen unha contía inferior en 38 millóns de euros á acordada. Se- ría necesario restituír esta contía para reflectir o acordado tendo en conta, ademais, que as actividades relaciona- das co acceso á vivenda e á súa reha- bilitación teñen un impacto importante sobre a actividade económica e o em- prego, sen descoidar tampouco a súa notable contribución á mellora das condicións de vida da cidadanía. Canto aos acordos en materia de in- centivos á contratación, as aplicacións orzamentarias para o seu financia- mento deberan ascender a 28 millóns de euros, cando a realidade é que só chegan a 21 millóns. Cómpre, polo tanto, incrementar os recursos para esta finalidade en sete millóns. Tendo en conta a crise económica en que es- tamos inmersos e as graves repercu- sións que está a ter sobre o emprego no noso país, consideramos necesario restituír os recursos que, de maneira específica, se dedicaban aos colectivos con maiores dificultades de inserción no mercado laboral e incrementar as partidas de Fomento do Emprego en 35 millóns de euros. Igual que sucedía en materia de pre- vención de riscos, o acordo en materia de formación para o emprego tam- pouco prevía un orzamento para o seu desenvolvemento e execución. A evo- lución dos orzamentos nesta materia fainos pensar que os recursos serán suficientes para acadar os obxectivos previstos, agás no relativo á Fundación Galega de Formación para o Traballo onde se deberan incrementar os orza- mentos en 200.000 euros xa que é a única maneira de garantir que os axen- tes sociais participen nela. Xa no tocante á igualdade, trátase dunha materia que aínda non foi ob- xecto de debate no proceso de diálogo social, pero o drástico recorte de re- cursos para un colectivo que está su- frindo fortemente a crise do emprego obriga a reformular os orzamentos en materia de igualdade e conciliación, in- crementándoos en tres e catro millóns de euros, respectivamente. Consideramos que estas propostas, que precisarán preto de cen millóns de euros adicionais nos orzamentos, son necesarias para dar resposta ur- xente aos problemas que afectan á ci- dadanía galega no actual contexto de crise económica e de emprego. Cómpre incrementar os orzamentos auto- nómicos en polo menos cen millóns para dar respos- ta urxente ás ne- cesidades do país
  • 3. GALICIA SINDICALN.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena) 3 www.galicia.ccoo.es As caixas galegas rubricaron o acordo da fusión Caixanova e Caixa Galicia asinaron o pa- sado día 29 de novembro o acordo da fu- sión, e a partir do 1 de decembro comeza- rán a operar como unha única entidade. En termos laborais, desde COMFIA-CCOO lembran que é «o mellor acordo» de cantos se levan asinado no Estado español. Así, o pacto inclúe dous grupos de me- didas. Por un lado, as de reestruturación do cadro de persoal. Polo outro, as que se refiren á harmonización das condicións de traballo para o persoal da caixa resultante. No primeiro grupo están as prexubila- cións, as baixas incentivadas, a suspensión de contratos, a redución de xornada e a mobilidade xeográfica. As prexubilacións, que se farán mediante ErE, afectan a per- soal de entre 55 e 64 anos cunha antigüi- dade de dez anos. A cobertura é do 85% do salario bruto ata un tope do 98% do neto, sempre referidos os cálculos a retri- cucións percibidas no mes anterior á xu- bilación, elevado a cómputo anual. No to- cante ás baixas incentivadas, a indemnización é de 45 días de salario por ano de servizo, con atero da fracción de ano, ata un máximo de 42 mensualida- des. As suspensións de contrato durarían en- tre tres e cinco anos, con compensación do 20% anual e con posibilidade de rein- corporación ou de baixa incentivada ao fi- nalizar o período. Pola súa parte, as redu- cións de xornadas serían ata un máximo do 50% –con idéntica diminución salarial– ata un tope de dous anos. As últimas medidas deste primeiro grupo refírense á mobilidade xeográfica, cunha serie de indemnizacións en función dos quilómetros de desprazamento que van dos 6.000 para quen se deba desprazar de 26 a 65 Km, ata os 24.000 para quen teña de se desprazar máis de 200. Nestes casos prevese, ademais, unha axuda de 7.500 euros anuais para vivenda por un máximo de dous anos para as persoas que precisaren cambiar de residencia. Canto ás medidas de harmonización, aparecen recollidas a clasificación profe- sional, as retribucións, a clasificación de oficinas, o tempo de traballo, a previsión social, cuestións de igualdade e concilia- ción, comisións de seguimento e beneficios sociais. CCOO aposta por negociar o ERE de SEAGA n O sindicato desmárcase da «instrumentalización» das mobilizacións CCOO aposta pola negociación no caso do expediente de regulación de emprego (ErE) da empresa pública SE- AGA, e desmárcase da «instrumen- talización» das mobilizacións por parte dos sindicatos CIG, CUT e UGT. Comisións Obreiras esíxelle á Xunta de Galicia que respecte e ga- ranta os dereitos profesionais e eco- nómicos do persoal afectado polo expediente. Para o sindicato, a ne- gociación debe fundamentarse na di- solución de SEAGA, e na protencia- ción e reforzamento do servizo público contra incendios e dos servi- zos veterinarios oficiais. Todo isto, co «absoluto respecto á legalidade na tramitación do ErE». Para CCOO, a tramitación do ErE aínda acaba de comezar, polo que estiman que hai marxe para a nego- ciación, de aí que rexeiten as accións «instrumentalizadas». imaxe de arquivo dunha concentración de CCOO contra as privatizacións na Xunta
  • 4. GALICIA SINDICAL N.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena) 4 www.galicia.ccoo.es CCOO, en defensa da sanidade pública
  • 5. GALICIA SINDICALN.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena) www.galicia.ccoo.es 5 CCOO asina un convenio con OAP-Galicia n O sindicato comprométese a velar pola representación dos autónomos dependentes e a apoiar o emprego estable e as iniciativas emprendedoras do modelo empresarial autoxestionario O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO) e a Federación de Pro- fesionais e Autónomos de Galicia (OAP-Galicia) asinaron o 25 de novem- bro un protocolo de colaboración. As partes comprométense a colaboraren na creación de emprego estable e ao fomento e apoio a iniciativas empre- sariais, cuxos protagonistas ou em- prendedores preferentemente perten- zan a sectores sociais con escaseza de recursos. No acto interviñeron Xosé Manuel Sán- chez Aguión, secretario xeral do sindi- cato, Maica Bouza Seoane, responsable de Autoemprego de CCOO, e José Conde García, presidente da organización de autónomos. Sánchez Aguión salientou que as partes xa viñan colaborando nos últimos tempos, pero que o protocolo asinado hoxe «reforza» ese traballo conxunto nas áreas de interese común. Precisamente, a principal área común atinxe os autónomos dependentes, que son aqueles que non contan con traballadores ou traballadoras ao seu cargo pero que teñen problemáticas similares ao resto de asalariados. O convenio establece a vontade por parte do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia de crear un vínculo entre o sindicalismo e o sector empresa- rial autoxestionario, representado por OAP-Galicia. Deste xeito, colaborarán na promoción, divulgación e fomento do modelo empresarial autoxestionario, como instrumento de apoio ás iniciativas emprendedoras dos traballadores e tra- balladoras, potenciando a creación de ri- queza e emprego estable. Segundo Maica Bouza, o principal ob- xectivo de formalizar a colaboración en- tre as dúas entidades é «aproveitar si- nerxías» para «defender mellor os intereses do colectivo». Para José Conde, a partir de agora os autónomos depen- dentes afiliados á OAP-Galicia están «ben representados» grazas ao sindicalismo de clase de CCOO, e desexou que o acordo sexa «frutífero» para as partes. Como aspectos máis salientables do convenio, OAP-Galicia representará as autónomas e autónomos clásicos, men- tres que a figura dos autónomos depen- dentes será representada polo Sindicato Nacional; porán ao dispor da outra parte asinante, na medida en que foren apli- cables, os acordos de colaboración subscritos con outras entidades públi- cas ou privadas; axudaranse en mate- ria de formación para o emprego e ca- pacitación profesional; traballarán á xunta en todo o referente á aplicación da Lei de prevención de riscos laborais; CCOO porá as súas sedes ao dispor de OAP-Galicia e ambas as entidades co- laborarán na realización de todo tipo de actividades conxuntas. De esquerda a dereita, Xosé Manuel sánchez aguión, secretario xeral de CCOO, José Conde, presi- dente de OaP-galicia, e Maica Bouza, secretaria de emprego, economía social e autoemprego Segundo OAP, os in- tereses dos autó- nomos dependen- tes están «ben defendidos» grazas ao Sindicato Nacional de CCOO
  • 6. GALICIA SINDICAL N.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena) 6 www.galicia.ccoo.es CCOO rexeita os novos recortes do Goberno Contra o peche desta edición, o presi- dente Zapatero anunciou novos recortes económicos e sociais. CCOO ve neles «unha nova fuxida cara adiante do Goberno central» que obedece a «intentos de con- tentar os mercados financeiros». Ademais, son «contraditorios» coas declaracións re- alizadas por outros ministros. Para o sindi- cato, é «máis necesario ca nunca» expresar o rexeitamento ás medidas mobilizándose os vindeiros 15 e 18 de decembro. O sector do transporte sanitario, en loita CCOO denuncia incumprimentos das mutuas n Están obrigadas a lles pagar aos traballadores os gastos de transporte en caso de control médico Comisións Obreiras denuncia que as mutuas se negan a cumprir a resolución do Ministerio de Traballo que as obriga a lles pagar aos traballadores os gastos de transporte en caso de control médico. A circular da Dirección Xeral de Orde- nación da Seguridade Social que men- ciona o sindicato foi asinada o 20 de outubro tras unha reclamación de CCOO, e obriga a aboar os gastos de transporte dos traballadores con baixa por enfermidade común cando son re- quiridos por estas entidades para lles realizar exames ou valoracións médicas, antes de esgotar o período de duración máxima de doce meses da situación de incapacidade temporal. Este mes apareceron noticias en di- versos medios de comunicación nas que se afirmaba que as mutuas pagarán os gastos de transporte dos traballadores ata os centros sanitarios «só cando se esgotase o prazo máximo de 365 días de duración da incapacidade temporal ou cando a citación for por parte das unidades médicas ou equipos de valo- ración do Instituto Nacional da Seguri- dade Social ou o Instituto Social da Ma- riña». Este criterio choca de fronte co expresado na circular do 20 de outubro de 2010 da Dirección Xeral de Ordena- ción da Seguridade Social. Os representantes de CCOO nas mu- tuas puideron comprobar que, aínda que nalgunhas destas entidades si se están aplicando as directrices marcadas pola Seguridade Social, noutras persís- tese na negativa a pagar os gastos de transporte tal e como se afirma nas ci- tadas informacións. Desde o sindicato instan o conxunto das mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguri- dade Social ao cumprimento das nor- mas e resolucións do Ministerio. O persoal do sector do transporte sanitario concentrouse o día 30 de novembro en santiago de Compostela aproveitando a presenza da conselleira de sanidade nun acto. Reclamaron que a Xunta tome en consideración as alegacións sindicais ao Proxecto de reforma do transporte sanitario. n ÚLTIMA HORA
  • 7. GALICIA SINDICALN.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena) 7 www.galicia.ccoo.es Acaban de celebrarse as quintas elec- cións sindicais no centro de traballo de Carrefour Ourense. Por primeira vez, Comisións Obreiras, grazas ao seu traballo nos últimos doce anos, optaba de forma clara a unha maioría no Co- mité de Empresa. CON CARREFOUR, TODO É POSIBLE Consciente desa situación, Carrefour manipulou os censos electorais para evitalo. E non o dicimos só nós: así fi- gura en dous laudos arbitrais destas eleccións, e como exemplo citamos un parágrafo do primeiro deles: «[...] se facemos unha reflexión sobre o acontecido resultaría que unha empresa, nas mesmas circunstancias que a deste conflito, a través do seu poder "cuasi" dis- crecional de modificación de funcións sen cambio de grupo e categoría, en relación co artigo 84 do convenio colectivo, podería intervir, xa dentro do proceso, dun xeito determinante pois desde esta facultade mo- dificaría non soamente o número de elec- tores e flexibles en cada colexio, senón ta- mén o número de representantes a elixir en cada un deles». Cómpre lembrar que un laudo, igual que un convenio colectivo ou calquera outra norma laboral, é de obrigado cumprimento. Non se trata, polo tanto, dunha simple recomendación. Pois ben, nada máis coñecer o pri- meiro dos laudos, Carrefour anunciou Por ÓSCAR SÁNCHEZ FEIJÓO Delegado de CCOO en Carrefour Ourense que non o ía cumprir, e nin sequera variou de posición logo da segunda re- solución arbitral. A insólita decisión da empresa obrigou a que as traballado- ras e traballadores participasen nunhas eleccións sindicais manipuladas e ile- gais. O día 30 de novembro tivo lugar o xuízo contra empresa, promovido por Carrefour, e con total seguridade a xustiza obrigará a repetir as elec- cións, para que por fin CCOO poida obter a maioría no Comité de Empresa. Dous laudos arbi- trais confirman que a empresa mani- pulou os censos das eleccións sindicais. Porén, Carrefour négase a acatar a resolu- ción, polo que acudimos á Xustiza A modificación de horario do profesorado debe pactarse A Federación do Ensino de CCOO de Galicia denuncia que a Consellaría de Educación está a presionar o pro- fesorado para que incorpore á súa programación xeral anual e aos re- gulamentos de réxime interno a or- ganización do tempo antes e despois da entrada e saída do alumnado dos centros. Para CCOO, trátase dunha «impo- sición» de modificación dos horarios de traballo dos docentes «sen nego- ciación». As instrucións, recibidas por correo electrónico o día 19, in- clúen un informe do secretario xeral da Consellaría no que «pretende xus- tificar xuridicamente a imposición». Regulamentos foráneos Segundo a Federación do Ensino, o relatorio inclúe sentenzas de tri- bunais doutras comunidades autó- nomas baseadas en regulamentos que non son aplicables en Galicia, que ten normativa de seu. CCOO cre «imprescindible» regular a responsabilidade deses tempos, xa que os actuais regulamentos orgáni- cos dos centros son de 1996, pero rexeita que se faga con imposición. Por iso, o sindicato apela á «vía da negociación» coa representación le- gal do profesorado.
  • 8. Número 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO www.galicia.ccoo.es O vindeiro 31 de decembro remata a vixencia dos acordos bipartitos asina- dos por CCOO e UGT con CEOE e CE- PEME no ano 2006, e que sentaron as bases do sistema actual de formación para o emprego. Os sindicatos e em- presarios debemos decidir sobre a pró- rroga ou a renegociación do acordo bi- partito. En CCOO manexamos esta segunda opción como a mellor das va- riables ou opcións. Calquera que sexa o futuro da for- mación para o emprego debe ter as persoas como eixe estratéxico, incor- porar estándares de calidade medibles, incluír a territorialidade do Estado e as competencias que son propias das co- A FORMACIÓN PARA O EMPREGO NUN CONTEXTO ECONÓMICO HOSTIL munidades autónomas, simplificar os procedementos de xestión, racionali- zar os módulos formativos facendo que sexan máis transversais, combi- nando a polivalencia, cada vez máis necesaria, cunha especialización tamén cada vez maior e máis demandada. Extensión dun dereito En calquera caso, CCOO defende a extensión do dereito á formación no marco da Lei das cualificacións e da formación profesional; o mantemento e desenvolvemento da vinculación da negociación colectiva coa formación para o emprego; o mantemento e im- pulso da participación da representa- ción legal dos traballadores e traballa- doras nas empresas, e o protagonismo das organizacións empresariais e sin- dicais nas decisións e na xestión da formación para o emprego, poten- ciando os instrumentos de participa- ción. Cómpre un sistema máis áxil, transparente e seguro Cremos necesario facer un sistema máis áxil, máis transparente, con se- guridade xurídica. Ademais, espera- mos que os contidos da reforma labo- ral non sexan de aplicación, facilitando a renegociación dos acordos bipartito e tripartito. Iniciar un proceso de ne- gociación ao tempo que o Goberno central prepara un real decreto non pa- rece o mellor comezo. Analizaremos polo miúdo as conse- cuencias dos cambios introducidos no desenvolvemento da Lei de cualifi- cacións e formación profesional, a re- dución de colectivos prioritarios, o fi- nanciamento das accións formativas dos traballadores e traballadoras en procesos de extinción dos contratos de traballo, suspensión ou redución de xornada, os contratos de formación, a penalización dos traballadores e traba- lladoras en paro facéndoos responsa- bles da súa situación, etc. Pero hai que ter en contra que men- tres non se desenvolvan uns bos siste- mas de formación e orientación profe- sional que permitan realizar itinerarios personalizados, que detecten as nece- sidades de formación e dirixan os re- cursos necesarios para corrixir as ca- rencias, non servirán de nada e as reformas. Por XABIER DONGIL Secretario de Formación para o Emprego do S. N. de CCOO Hai un mes faleceu a compañeira Isabel Fraga Vilasuso, incansable loi- tadora de CCOO no co- mité de empresa de En- desa nas Pontes. No mandato anterior formou parte do Consello Nacional da Federación Mi- neirometalúrxica e no Comité de En- desa foi secretaria. Tamén formou parte da sección sindical interempresas e da Executiva da sección sindical Cen- tro-Noroeste. ADEUS A ISABEL FRAGA VILASUSO