SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 4
Descargar para leer sin conexión
federación de
servizos á cidadanía
Sector administración xustiza
ALEGACIÓNS DO SECTOR DE XUSTIZA DE CCOO AO PROXECTO DE DECRETO
POLO QUE SE DETERMINA A ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA OFICINA FISCAL
EN GALICIA E DA UNIDADE DE APOIO AO FISCAL SUPERIOR
Consideracións xerais
Este proxecto de decreto é unha operación orquestrada a nivel nacional como unha
maniobra de márketing político, que pretende vender á sociedade unha realidade que
non existe: fronte ás declaracións de intencións dunha xustiza áxil e moderna, os
profesionais que vivimos o día a día da xustiza como servizo público somos
coñecedores das dúas características intrínsecas á mesma que marcan o colapso e
decrepitude do que debería ser unha prioridade para o goberno, en aras a garantir os
dereitos da cidadanía: fronte a unha necesaria racionalización e dotación de medios
persoais e materiais, o que impera é o caos, a improvisación, a falta de recursos e os
parches mediáticos e inservibles para solucionar os problemas estruturais da xustiza.
Unha Nova Oficina Fiscal debería ser simultánea á creación da Nova Oficina
Xudicial, os servizos comúns xerais e as unidades procesuais de apoio directo,
toda vez que a interrelación entre xulgados e fiscalías precisan de actuacións
coordinadas, e, dende logo, antes de iniciar calquera reforma de envergadura como
esta, ambiciosa dende o punto de vista político, e de servizo á cidadanía, o primeiro
que debería estar implantado é o expediente electrónico, alicerce básico sobre o
que debería partir calquera reforma que se antolle como eficaz.
Polo tanto, dende CCOO, o primerio que queremos alegar é a extemporaneidade
deste decreto, e demandamos o seu adiamento, en tanto non sexa xeralizado o
uso do expediente electrónico na Administración de Xustiza.
Iso non representa una renuncia á necesaria actualización da Oficina Fiscal ás
necesidades actuais, polo que consideramos que ese adiamento non debe ser óbice
federación de
servizos á cidadanía
Sector administración xustiza
á consolidación dos reforzos estruturais, que rozan a ilegalidade, ou, cando
menos, están nunha situación de limbo legal, toda vez que as diferentes ordes da
Dirección Xeral de Xustiza considera ao persoal de reforzo como o necesario para
necesidades moi puntuais e por tempo moi limitado. A existencia de reforzos de máis
de dez anos de duración é unha figura única en todas as administracións, pero ao
parecer, na administración de xustiza de Galicia, hai un interés en non recoñecer
como estruturais esas prazas e manter a interinidade de situacións que precisan
dunha consolidación inmediata.
Por outra banda, cando está posta en cuestión a cesión ou non da instrución dos
procedementos penais ao Ministerio Fiscal, con cambios lexislativos inminentes
e aínda por concretar, consideramos que o esforzo pode ser baldío ante as novas
circunstancias que se aveciñan, razón de máis para solicitar o adiamento.
Alegacións
 No preámbulo do proxecto, parágrafo sétimo, faise referencia á RPT,
debendo engadirse que o aclopamento será en todo caso voluntario sen
ningún tipo de adscripción forzosa, e con reserva de praza na localidade.
 Así mesmo, no parágrafo oitavo do mesmo preámbulo e unha autoemenda
en toda regla á incompetencia da Dirección Xeral de Xustiza, que non foi
quen de acompasar o incremento de persoal da carreira fiscal co dos
funcionarios de xustiza e recoñécese a necesidade de acadar a ratio dun
funcionario por fiscal. Sen embargo, é de todo punto inadmisible a
engádega “a que se deberá tender na medida en que as dispoñibilidades
orzamentarias o permitan”, que propoñemos substituir por “no prazo
improrrogable de tres anos”
 No artigo 5 Estrutura das Oficinas Fiscais, apartado a) Área de apoio á
federación de
servizos á cidadanía
Sector administración xustiza
xefatura debe eliminarse que esta área desenvolverá calquera outra
función análoga que lle sexa encomendada polo fiscal xefe xa que a
inseguridade xurídica e a porta que deixa aberta a funcións de calquera
índole a discreción da correspondente xefatura é unha aberración legal que
devén da constante mantida dende sempre na Administración de Xustiza:
unha inconcrección de función que deriva irremediablemente en problemas
organizativos e asunción de funcións polos traballadores que corresponden
aos seus superiores xerárquicos. Do mesmo modo, o mesmo caixón de
sastre debe ser eliminado do 5 b) e do 5 c)
 No artigo 6 Funcionamento das oficinas fiscais, apartado 3 debe engadirse
que o posto de coordinador de oficina será xenérico, retribuído, con
funcións de guarda e provisto por concurso de traslado.
 No artigo 7 Postos de traballo singularizados, respecto ao coordinador ou
xestor responsable, así como o responsable do control de rexistro,
estatística e calidade, debe modificarse no sentido de que será xenérico,
con maior retribución e provisto por concurso de traslado.
 Nese mesmo punto no que respecta ao punto 1.2, secretario persoal, debe
reservarse aos funcionarios da administración de xustiza e por concurso de
traslado. En tempos en que presumir de austeridade e recortes semella un
logro político, auténtica barbarie, non é de recibo a creación de cinco
postos de traballo por libre designación e abertos á funcionarios da Xunta
de Galicia. Rexeitamos de plano as libres designacións, por ser campo
aberto á corrupción e o enchufismo, e por ter a Administración de Xustiza
persoal cualificado suficiente para desenvolver esas funcións.
 Nos artigos 10 e 11, en canto aos manuais de procedemento e de postos,
bótase en falta un órgano que unifique os criterios de cada oficina fiscal, a
federación de
servizos á cidadanía
Sector administración xustiza
descoordinación parece quedar sementade coa liberdade absoluta para os
xefes de cada oficina fiscal, polo que proponse a creación dunha comisión
tripartita entre administración, fiscais e organizacións sindicais en
representación dos traballadores a efectos de desenvolver e facer un
seguimento dos manuais de postos e procedementos.
 Disposición adicional única: ordenación do persoal: remitímonos á primeria
alegación e, ademais, deberá garantirse a conservación de todos os postos
de traballo no seu actual destino, tanto nas Fiscalías Provinciais e as súas
seccións territoriais, así como de área e no TSXG, incrementándose de
xeito inmediato, dadas as necesidades urxentes, en tres tramitadores para
a Fiscalía Provincial da Coruña, outros tres para a de área de Vigo e dous
para a de Santiago de Compostela
 Disposición transitoria primeira e segunda: remitímonos á segunda
alegación. Deixar o desenvolvemento ás dispoñibilidades orzamentarias
crea inseguridade e deixa en papel mollado o decreto entero.
En Compostela, a 21 de abril de 2014
Jorge Suárez Fernández
Responsable da negociación colectiva do Sector de Xustiza de CCOO

Más contenido relacionado

Similar a Alegacións decreto nof

Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. CCOOXustiza
 
Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº1037
Novas da xustiza nº1037 Novas da xustiza nº1037
Novas da xustiza nº1037 CCOOXustiza
 
NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057CCOOXustiza
 
Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017CCOOXustiza
 
Novas febreiro 17
Novas febreiro 17Novas febreiro 17
Novas febreiro 17CCOOXustiza
 
Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017CCOOXustiza
 
Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017 Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017 CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 CCOOXustiza
 
Novas da xustiza maio 2017 blog
Novas da xustiza maio 2017   blogNovas da xustiza maio 2017   blog
Novas da xustiza maio 2017 blogCCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055CCOOXustiza
 
RECURSO DE REPOSICIÓN OEP 21 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
RECURSO DE REPOSICIÓN OEP 21 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓNRECURSO DE REPOSICIÓN OEP 21 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
RECURSO DE REPOSICIÓN OEP 21 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓNAndreaEB4
 
Novas da Xustiza nº1033.
Novas da Xustiza nº1033.Novas da Xustiza nº1033.
Novas da Xustiza nº1033.CCOOXustiza
 

Similar a Alegacións decreto nof (18)

Novas 1038
Novas 1038 Novas 1038
Novas 1038
 
Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035.
 
Novas nº 1039
Novas nº 1039 Novas nº 1039
Novas nº 1039
 
Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032
 
Novas da xustiza nº1037
Novas da xustiza nº1037 Novas da xustiza nº1037
Novas da xustiza nº1037
 
NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057
 
Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017
 
Novas febreiro 17
Novas febreiro 17Novas febreiro 17
Novas febreiro 17
 
Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017
 
Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017 Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041
 
Novas 1022
Novas 1022Novas 1022
Novas 1022
 
Novas da xustiza maio 2017 blog
Novas da xustiza maio 2017   blogNovas da xustiza maio 2017   blog
Novas da xustiza maio 2017 blog
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
 
Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055
 
RECURSO DE REPOSICIÓN OEP 21 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
RECURSO DE REPOSICIÓN OEP 21 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓNRECURSO DE REPOSICIÓN OEP 21 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
RECURSO DE REPOSICIÓN OEP 21 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
 
Novas da Xustiza nº1033.
Novas da Xustiza nº1033.Novas da Xustiza nº1033.
Novas da Xustiza nº1033.
 

Más de CCOOXustiza

Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017CCOOXustiza
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017 Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017 CCOOXustiza
 
S.g. entroido coruña 2017
S.g.  entroido coruña 2017S.g.  entroido coruña 2017
S.g. entroido coruña 2017CCOOXustiza
 
Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civil
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civilNovas da xustiza nº 1050 rexistro civil
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civilCCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1050 registro civil
Novas da xustiza nº 1050 registro civilNovas da xustiza nº 1050 registro civil
Novas da xustiza nº 1050 registro civilCCOOXustiza
 
El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.
El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.
El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1049
Novas da xustiza nº 1049Novas da xustiza nº 1049
Novas da xustiza nº 1049CCOOXustiza
 

Más de CCOOXustiza (19)

Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017 Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017
 
S.g. entroido coruña 2017
S.g.  entroido coruña 2017S.g.  entroido coruña 2017
S.g. entroido coruña 2017
 
Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017
 
Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064
 
Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063
 
Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062
 
Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061
 
Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059
 
Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053
 
Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051
 
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civil
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civilNovas da xustiza nº 1050 rexistro civil
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civil
 
Novas da xustiza nº 1050 registro civil
Novas da xustiza nº 1050 registro civilNovas da xustiza nº 1050 registro civil
Novas da xustiza nº 1050 registro civil
 
El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.
El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.
El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.
 
Novas da xustiza nº 1049
Novas da xustiza nº 1049Novas da xustiza nº 1049
Novas da xustiza nº 1049
 

Alegacións decreto nof

  • 1. federación de servizos á cidadanía Sector administración xustiza ALEGACIÓNS DO SECTOR DE XUSTIZA DE CCOO AO PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE DETERMINA A ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA OFICINA FISCAL EN GALICIA E DA UNIDADE DE APOIO AO FISCAL SUPERIOR Consideracións xerais Este proxecto de decreto é unha operación orquestrada a nivel nacional como unha maniobra de márketing político, que pretende vender á sociedade unha realidade que non existe: fronte ás declaracións de intencións dunha xustiza áxil e moderna, os profesionais que vivimos o día a día da xustiza como servizo público somos coñecedores das dúas características intrínsecas á mesma que marcan o colapso e decrepitude do que debería ser unha prioridade para o goberno, en aras a garantir os dereitos da cidadanía: fronte a unha necesaria racionalización e dotación de medios persoais e materiais, o que impera é o caos, a improvisación, a falta de recursos e os parches mediáticos e inservibles para solucionar os problemas estruturais da xustiza. Unha Nova Oficina Fiscal debería ser simultánea á creación da Nova Oficina Xudicial, os servizos comúns xerais e as unidades procesuais de apoio directo, toda vez que a interrelación entre xulgados e fiscalías precisan de actuacións coordinadas, e, dende logo, antes de iniciar calquera reforma de envergadura como esta, ambiciosa dende o punto de vista político, e de servizo á cidadanía, o primeiro que debería estar implantado é o expediente electrónico, alicerce básico sobre o que debería partir calquera reforma que se antolle como eficaz. Polo tanto, dende CCOO, o primerio que queremos alegar é a extemporaneidade deste decreto, e demandamos o seu adiamento, en tanto non sexa xeralizado o uso do expediente electrónico na Administración de Xustiza. Iso non representa una renuncia á necesaria actualización da Oficina Fiscal ás necesidades actuais, polo que consideramos que ese adiamento non debe ser óbice
  • 2. federación de servizos á cidadanía Sector administración xustiza á consolidación dos reforzos estruturais, que rozan a ilegalidade, ou, cando menos, están nunha situación de limbo legal, toda vez que as diferentes ordes da Dirección Xeral de Xustiza considera ao persoal de reforzo como o necesario para necesidades moi puntuais e por tempo moi limitado. A existencia de reforzos de máis de dez anos de duración é unha figura única en todas as administracións, pero ao parecer, na administración de xustiza de Galicia, hai un interés en non recoñecer como estruturais esas prazas e manter a interinidade de situacións que precisan dunha consolidación inmediata. Por outra banda, cando está posta en cuestión a cesión ou non da instrución dos procedementos penais ao Ministerio Fiscal, con cambios lexislativos inminentes e aínda por concretar, consideramos que o esforzo pode ser baldío ante as novas circunstancias que se aveciñan, razón de máis para solicitar o adiamento. Alegacións  No preámbulo do proxecto, parágrafo sétimo, faise referencia á RPT, debendo engadirse que o aclopamento será en todo caso voluntario sen ningún tipo de adscripción forzosa, e con reserva de praza na localidade.  Así mesmo, no parágrafo oitavo do mesmo preámbulo e unha autoemenda en toda regla á incompetencia da Dirección Xeral de Xustiza, que non foi quen de acompasar o incremento de persoal da carreira fiscal co dos funcionarios de xustiza e recoñécese a necesidade de acadar a ratio dun funcionario por fiscal. Sen embargo, é de todo punto inadmisible a engádega “a que se deberá tender na medida en que as dispoñibilidades orzamentarias o permitan”, que propoñemos substituir por “no prazo improrrogable de tres anos”  No artigo 5 Estrutura das Oficinas Fiscais, apartado a) Área de apoio á
  • 3. federación de servizos á cidadanía Sector administración xustiza xefatura debe eliminarse que esta área desenvolverá calquera outra función análoga que lle sexa encomendada polo fiscal xefe xa que a inseguridade xurídica e a porta que deixa aberta a funcións de calquera índole a discreción da correspondente xefatura é unha aberración legal que devén da constante mantida dende sempre na Administración de Xustiza: unha inconcrección de función que deriva irremediablemente en problemas organizativos e asunción de funcións polos traballadores que corresponden aos seus superiores xerárquicos. Do mesmo modo, o mesmo caixón de sastre debe ser eliminado do 5 b) e do 5 c)  No artigo 6 Funcionamento das oficinas fiscais, apartado 3 debe engadirse que o posto de coordinador de oficina será xenérico, retribuído, con funcións de guarda e provisto por concurso de traslado.  No artigo 7 Postos de traballo singularizados, respecto ao coordinador ou xestor responsable, así como o responsable do control de rexistro, estatística e calidade, debe modificarse no sentido de que será xenérico, con maior retribución e provisto por concurso de traslado.  Nese mesmo punto no que respecta ao punto 1.2, secretario persoal, debe reservarse aos funcionarios da administración de xustiza e por concurso de traslado. En tempos en que presumir de austeridade e recortes semella un logro político, auténtica barbarie, non é de recibo a creación de cinco postos de traballo por libre designación e abertos á funcionarios da Xunta de Galicia. Rexeitamos de plano as libres designacións, por ser campo aberto á corrupción e o enchufismo, e por ter a Administración de Xustiza persoal cualificado suficiente para desenvolver esas funcións.  Nos artigos 10 e 11, en canto aos manuais de procedemento e de postos, bótase en falta un órgano que unifique os criterios de cada oficina fiscal, a
  • 4. federación de servizos á cidadanía Sector administración xustiza descoordinación parece quedar sementade coa liberdade absoluta para os xefes de cada oficina fiscal, polo que proponse a creación dunha comisión tripartita entre administración, fiscais e organizacións sindicais en representación dos traballadores a efectos de desenvolver e facer un seguimento dos manuais de postos e procedementos.  Disposición adicional única: ordenación do persoal: remitímonos á primeria alegación e, ademais, deberá garantirse a conservación de todos os postos de traballo no seu actual destino, tanto nas Fiscalías Provinciais e as súas seccións territoriais, así como de área e no TSXG, incrementándose de xeito inmediato, dadas as necesidades urxentes, en tres tramitadores para a Fiscalía Provincial da Coruña, outros tres para a de área de Vigo e dous para a de Santiago de Compostela  Disposición transitoria primeira e segunda: remitímonos á segunda alegación. Deixar o desenvolvemento ás dispoñibilidades orzamentarias crea inseguridade e deixa en papel mollado o decreto entero. En Compostela, a 21 de abril de 2014 Jorge Suárez Fernández Responsable da negociación colectiva do Sector de Xustiza de CCOO