Publicidad
Publicidad

Más contenido relacionado

Publicidad

UD 6 Servizos

  1. UD 6 SERVIZOS CC SS 3º ESO Eva Paula L. M. www.xeografiando.blosgspot.com www.aulasabertas.blogspot.com
  2. ÍNDICE 0) De onde veñen as cousas? 1) Sector terciario. 2) Servizos sociais. 3) Servizos ás empresas. 4) Servizos ao consumidor: turismo. 5) Servizos de distribución: comercio e transporte. 6) Os servizos en España e Galicia.
  3. VOCABULARIO: Sertor terciario, Capital, Capitalismo, Bolsa, Sector terciario superior ou cuaternario, Impostos, Interés, Sector terciario banal Sector económico que inclúe as actividades que non producen bens materiais, senón que lle prestan servizos á poboación Mercado no que se compran e venden valores: accións, obrigas, fondos públicos, etc. Sistema económico predominante no mundo de hoxe fundamentado no libre xogo da oferta e da demanda. Actividades relacionadas coa técnica e a ciencia Cantidade que o cidadán paga ó Estado ou a outro organismo da Administración pública para contribuír ó seu presuposto. Cantidade que se paga polo uso dun diñeiro recibido como préstamo. Cartos, edificios, instalacións, maquinas ou tecnoloxías necesarias para producir bens ou servizos. Actividades que esixen pouca preparación e están mal remunerados
  4. 0) De onde veñen as cousas? The Story of Stuff (www.storyofstuff.com). Cuestionario: 1) Enumera polo menos 4 recursos naturais que están a desaparecer debido a sobreexplotación: 2) Que países controlan a meirande parte dos recursos do planeta. Pon un exemplo. 3) Que tipo de sustancias contaminantes se empregan no proceso de produción nas fábricas? A quen afectan? 4) En Norteamérica onde remata o 99% das cousas que se mercan ao cabo de 6 meses? 5) En que consiste a obsolencia planificada? 6) E a obsolencia percibida? 7) Que técnica de comunicación xoga un gran papel na sociedade de consumo? 8) Reciclar é necesario. Pero por que non é suficiente? 9) Graves consecuencias deste sistema económico: 10) Novas solucións que transformen este sistema: 11) A túa reflexión ao respecto (mínimo 10 liñas):
  5. 1) Enumera polo menos 4 recursos naturais que están a desaparecer debido a sobreexplotación: árbores, minerais, auga, animais. 2) Que países controlan a meirande parte dos recursos do planeta. Pon un exemplo. Os países ricos e industrializados coma EEUU. 3) Que tipo de sustancias contaminantes se empregan no proceso de produción nas fábricas? A quen afectan? Químicos tóxicos que afectan as persoas e ao medio ambiente. 4) En Norteamérica onde remata o 99% das cousas que se mercan ao cabo de 6 meses? No lixo. 5) En que consiste a obsolencia planificada? Estratexia para aumentar o consumo que consiste en deseñar cousas desbotables (de usar e tirar). 6) E a obsolencia percibida? Estratexia para aumentar o consumo que consiste en que promover o desexo de cambiar cousas que aínda son útiles por outras máis novas ou modernas (moda). Tirar o que é útil. 7) Que técnica de comunicación xoga un gran papel na sociedade de consumo? A publicidade. 8) Reciclar é necesario. Pero por que non é suficiente? A maior parte do lixo non o producimos nós (non sae das nosas casas) e gran parte do lixo non se pode reciclar (por levar sustancias tóxicas ou por estar deseñado de maneira que non se poida reciclar). 9) Graves consecuencias deste sistema económico: esgotamento de recursos naturais, pobreza, contaminación (auga, terra, aire, persoas), cambio climático,
  6. 1) Sector terciario. Páx. 96-97  1.1 Sinala as características principais do sector terciario.  1.2 Explica de que factores depende a distribución desigual das actividades terciarias. Aporta exemplos.  1.3 Copia e completa o esquema sobre a clasificación das actividades terciarias da páx. 97.
  7. 1.1 Sinala as características principais do sector terciario. 1) Sector predominante nas economías dos países desenvolvidos. 2) Inclúe actividades moi heteroxéneas e diversas. 3) Sector en expansión. 4) Distribución moi desigual.
  8. 1.2 Explica de qué factores depende a distribución desigual das actividades terciarias. Aporta exemplos.  O nivel de desenvolvemento dos países. Os países desenvolvidos teñen unha economía terciarizada (EEUU, Noruega, Finlandia, Bélxica, Alemaña, Australia).  A distribución territorial e a densidade de poboación. Os servizos tenden a concentrarse nas zonas urbanas (en España: Madrid, Barcelona, Valencia).  O grado de riqueza da poboación. As persoa con poder adquisitivo acceden mías facilmente as actividades terciarias (turismo, sanidade
  9. 1.3 Copia e completa o esquema sobre a clasificación das actividades terciarias da páx. 97. Actividades Terciarias Servizos Servizos ao Servizos as Servizos de sociais consumidor empresas distribución Educación Comercio Finanzas Comercio Sanidade Turismo Aministración Comunicación Xustiza Hostalería Publicidade Transporte
  10. 2) Servizos sociais. Páx. 98-99  2.1 (Act. 7, páx. 99)  2.2 É a sanidade un servizo social para tod@s?. Completa a táboa e saca as túas conclusións.  2.3 Segundo a Declaración Universal de Dereitos Humanos, a sanidade e educación son dereitos básicos da poboación. a) Que é a Declaración Universal dos Dereitos humanos? b) Sinala outros 5 dereitos recollidos na declaración. c) A que estamos obrigados se queremos conservar os dereitos desta declaración?
  11. 2.1 Consulta a táboa estatística (páx. 98) sobre os principais indicadores sociais e contesta as preguntas….  Os países cunha porcentaxe máis alta de investimento en educación e en sanidade son Finlandia, EEUU e España. Os países con menos investimento son Nixeria, Guatemala e China
  12. É importante investir en educación e sanidade porque deste xeito os países garanten dúas das necesidades básicas das persoas.  A longo prazo, - O investimento en educación contribue ao avance cientifico-técnico e ao aumento do nivel cultural dun país. - O investimento en sanidade permite mellorar os niveis de saúde da poboación, prolongar os anos de vida e reducir as desigualdades,
  13. Existe relación entre investimento en formación e capacitación profesional e desenvolvemento dun país na medida en que unha maior preparación incide positivamente no mellor funcionamento do mercado de traballo e da economía dun
  14. 2.2 É a sanidade un servizo social para tod@s?. Completa a táboa e saca as túas conclusións. Países ricos Países pobres (albergan a maioría da poboación Desenvolvidos mundial) Europa Occidental, América Subdesenvolvidos do Norte Continente africano, asiático e latinoamericano NATALIDADE Baixas taxas de natalidade (-15 Elevadas taxas de natalidade %o) (40-50 %o) MORTALIDAD Baixas taxas de mortalidade Elevadas taxas de E INFANTIL infantil mortalidade infantil ESPERANZA DE VIDA ENFERMIDAD ES ENDÉMICAS E EPIDÉMICAS GASTO PÚBLICO EN SANIDADE
  15. Países ricos Países pobres (albergan a maioría da Desenvolvidos poboación mundial) Europa Occidental, Subdesenvolvidos América do Norte Continente africano, asiático e latinoamericano NATALIDADE Baixas taxas de Elevadas taxas de natalidade (-15 %o) natalidade (40-50 %o) MORTALIDAD Baixas taxas de Elevadas taxas de E INFANTIL mortalidade infantil mortalidade infantil ESPERANZA Alta esperanza de vida Baixa esperanza de vida DE VIDA (España 80) (Mozambique 41) ENFERMIDAD Prevención e tratamento subsistencia de ES (vacinas) enfermidades endémicas ENDÉMICAS e epidémicas (cólera, E malaria, dengue) EPIDÉMICAS GASTO Servizo social básico, que Deficiente nivel sanitario, PÚBLICO EN dispón de avanzados falta de infraestruturas SANIDADE medios científicos e (hospitais) e persoal
  16. 2.3 Segundo a Declaración Universal de Dereitos Humanos, a sanidade e educación son dereitos básicos da poboación. a) Que é a Declaración Universal dos Dereitos humanos? b) Sinala outros 5 dereitos recollidos na declaración. c) Que é o único ao que nos abriga esta declaración?
  17. a) Que é a Declaración Universal dos Dereitos humanos? Documento redactado antes de finalizar a segunda guerra mundial e aprobado pola ONU no ano1948. Está composto dun preámbulo e trinta artigos, que recollen dereitos de carácter civil, político, social, económico e cultural. b) Sinala outros 5 dereitos recollidos na declaración. Liberdade, igualdade, intimidade, nacionalidade, paz. c) Que é o único ao que nos abriga esta declaración? A respectala.
  18. 3) Servizos ás empresas. Páx. 100-101  3.1 Administración (Act. 10, páx. 101)  3.2 Actividades financeiras (Act. 13, páx. 101)
  19. 3.1 Administración (Act. 10, páx. 101) Recursos humanos • Selección de persoal, contratos, nóminas,.. Contabilidade • Declaracións, pago de impostos,.. Informática • Mantemento de equipos, redes, … Publicidade • Deseño e desenvolvemento de campañas,…
  20. A externalización dos servizos empresariais consiste na realización por parte de empresas externas de determinadas tarefas de xestión empresariais que anteriormente se realizaban dentro das mesmas empresas.
  21. Marruecos, segundo proveedor del Prens a grupo español Inditex  Marruecos se ha convertido en el segundo país proveedor de Inditex, después de China. El pasado año, el grupo español hizo pedidos por valor de cien millones de prendas que, en dinero, superarían los 350 millones de euros. En la actualidad, más de 260 empresas textiles trabajan para Inditex que les reporta casi el 70% de su cifra de negocio. La elección de Marruecos, por parte de Inditex, no es casual. El país le permite, a través de un acuerdo con las autoridades aduaneras, un transporte rápido de su mercancía a través de Tanger Med. Así, la empresa española garantiza el suministro a sus tiendas de ropa en España en 24 horas y 48 para las situadas en Europa.  http://www.medlognews.com/noticias_detalle.php?language=E S&contenidos_id=551
  22. 3.2 Actividades financeiras (Act. 13, páx. 101) As entidades financeiras actúan como intermediarios do mercado financeiro, ocúpanse de canalizar os movementos de capitais. Os servizos que ofrecen as entidades financeiras son: préstamos, xestión de aforro, realización de cobros e pagos, cambio de moedas,… Os clientes habituais dos bancos son empresas e persoas individuais. Os diferentes tipos de bancos que existen son: a banca comercial, a banca privada, a banca ética e banca en liña (on-line)
  23. 4) Servizos ao consumidor: turismo. Páx. 102-105 4.1 COMPLETA A FICHA: a) Definición de turismo: b) Orixe do turismo: c) Factores que favorecen o desenvolvemento do turismo: d) Empresas de servizos que xera o turismo: e) Principais tipos de turismo (exemplos): f) Tendencias do turismo na actualidade: g) Efectos positivos que ten o turismo para o país que o recibe (importancia económica): h) Efectos negativos que ten o turismo para o país que o recibe: i) Turismo sostible: j) Principais zonas emisoras do turismo mundial: k) Principais zonas receptoras do turismo mundial:
  24. a) Definición de turismo: Actividade lúdica que implica o desprazamento temporal de persoas fora da súa residencia habitual durante máis dun día.
  25. b) Orixe do turismo: Países desenvolvidos de Europa, século http://www.lavozdeasturias.es/culturas/pri XIX meros-banos_0_464953567.html Actividade practicada ata a segunda metade do século XX por persoas privilexiadas de clase alta. Dende a segunda metade do século XX converteuse nunha práctica ao alcance dun maior número de persoas que dispoñían de tempo libre e de recursos.
  26. c) Factores que favorecen o desenvolvemento do turismo:  Aumento do tempo libre  Estabilidade económica e política  Recursos naturais, culturais e artísticos  Clima agradable o soleado
  27. d) Empresas de servizos que xera o turismo:  Compañías aéreas  Cadeas hoteleiras  Empresas construtoras  Compañías de transportes  Hoteis  Restaurantes  Empresas de ocio e de animación
  28. e) Principais tipos de turismo (exemplos):  Turismo Cultural (Roma)  Turismo de litoral (caribe)  Turismo de montaña (Perineos)  Turismo de paisaxes exótico (Bali)
  29. f) Tendencias do turismo na actualidade:  Aumento da calidade  Maior variedade  Diversificación dos destinos  Novos turistas (Rusia e países do Este)
  30. g) Efectos positivos que ten o turismo para o país que o recibe (importancia económica):  Crea postos de traballo directos e indirectos  Incentiva o desenvolvemento doutras actividades  Favorece a construción de infraestruturas e equipamentos  Permite o contacto con outras culturas  Facilita a aprendizaxe de novas linguas
  31. h) Efectos negativos que ten o turismo para o país que o recibe:  Desequilibrios nos ecosistemas naturais  Contaminación atmosférica  Contaminación da auga e o solo  Precariedade nas condicións laborais (estacionalidade)  Aumento dos prezos dos produtos e dos servizos  Incrementa a especulación do solo
  32. i) Turismo sostible:  É o que atende as necesidades dos turistas sen comprometer as rexións receptoras, protexendo e fomentando as oportunidades de futuro
  33. j) Principais zonas k) Principais zonas emisoras do receptoras do turismo mundial: turismo mundial:  Estados Unidos  Estados Unidos  Europa  Europa  As costas do  Xapón Mediterráneo (España, Francia, Italia, Marrocos, Tunisia).  O caribe.  Indonesia, Sueste de Asia.
  34. 5) Servizos de distribución: comercio e transporte. Páx. 112-119 Servizos sociais Servizos á Poboación Servizos ás empresas e finanzas Servizos de distribución Porcentaxe de poboación ocupada en servizos En España predominan os servizos de distribución, que inclúen o comercio, os transportes e as comunicacións. Son máis escasos, en cambio, os empregos en servizos sociais (educación, sanidade, cultura etc.), así como en finanzas e servizos ás empresas (enxeñaría, consultoria, asesoramento legal, servizos informáticos, publicidade e marketing etc.) e servizos á poboación. Iso reflicte certas limitacións no proceso de modernización do sector terciario e no acceso da poboación a servizos moi relacionados co benestar, que está cambiando nos últimos anos.
  35. 5.1 Comercio a) Define os seguintes termos: comercio, comercio interior, comercio exterior, comercio por xunto e comercio polo miúdo. b) Elabora un esquema sobre as tendencias actuais do comercio interior. c) Elabora un esquema sobre: o comercio exterior, a balanza comercial e a balanza de pagamentos. d) Nomea os principais bloques comerciais e identifica a lo menos 3 países de cada bloque.
  36. a) Define os seguintes termos: comercio, comercio interior, comercio exterior, comercio por xunto e comercio polo miúdo. Comercio • Conxunto de actividades de transacción (compra, venda e aluguer) de mercadorías e servizos a cambio de outros servizos ou de diñeiro, que se efectúa entre un comprador e un vendedor. Comercio interior • O que se leva a cabo no interior das fronteiras dun estado. Comercio exterior • Os intercambios de produtos e servizos que se realiza entre distintos estados a través de importacións e exportacións. Comercio por xunto • Comercio maiorista: grandes empresas de distribución que lles compran aos produtores, polo xeral en grandes cantidades, para vender a outros comercios sen entrar en contacto directo cos consumidores. Comercio polo miúdo • Comercio minorista: compran por xunto e venden ao detalle, é dicir, en pequenas cantidades e directamente aos consumidores, todo tipo de produtos
  37. b) Elabora un esquema sobre as tendencias actuais do comercio interior. Modificación na presentación dos produtos • Substitución dos produtos a granel por produtos empaquetados e etiquetados (autoservizo) • Produtos comercializados baixo o nome de marca do establecemento (marcas brancas). Incorporación de avances técnicos • Conxelación, códigos de barras, televenda (telefónica ou por Internet). Potenciación das estratexias de venda • Campañas de rebaixas e promocións (descontos en gasolina, agasallos ...) • Facilidades aos clientes para realizar os pagos (vendas a prazos ou tarxetas de crédito) Innovación nos tipos de empresas • Novas fórmulas de empresas comerciais: franquicias, cooperativas ou outlets. Diversificación dos espazos de venda • Establecementos tradicionais e grandes almacéns compiten con hipermercados e centros comerciais.
  38. Os diversos tipos de áreas comerciais Áreas de comercio Grandes retallista Almacéns tradicional Centros Establecementos comerciais e de libre servizo cadeas de franquía
  39. c) Elabora un esquema sobre: o comercio exterior, a balanza comercial e a balanza de pagamentos. Exportacións Tipos de transacións Importacións Balanza comercial (diferenza entre o valor das exportacións e as Comercio Indicadores importacións) exterior Balanza de pagos (Diferenza entre os pagos e os ingresos) Os intercambios de produtos e servizos que Proteccionista: aranceis se realiza entre distintos subvencións ou cotas estados a través de Papel do importacións e estado exportacións. Librecambista: o Estado non interven.
  40. d) Nomea os principais bloques comerciais e identifica a lo menos 3 países de cada bloque.  UE (Unión Europea)  TLC/NAFTA (Tratado de Libre Comercio de América do Norte)  MERCOSUR (Mercado Común de América do Sur)  COMUNIDAD ANDINA  MCCA (Mercado Común Centroamericano)  ASEAN (Asociación de Nacións do Sudeste Asiático)  ANZCERTA (Acuerdo Australia-Nueva Zelanda)
  41. TLC/NAFTA (Tratado de Libre Comercio de América do Norte) MERCOSUR (Mercado Común de América do Sur) COMUNIDAD ANDINA MCCA (Mercado Común Centroamericano)
  42. Países membros da ASEAN (Asociación de Nacións do Sudeste Asiático):  Indonesia (1967)  Malasia (1967)  Filipinas (1967)  Singapur (1967)  Tailandia (1967)  Brunéi (1984)  Vietnam (1995)  Laos (1997)  Myanmar (1997)  Camboya (1999)
  43. ANZCERTA (Acuerdo Australia-Nueva Zelanda)
  44. http://actualidaddelperu.blogspot.com.es/2011/11/ estados-unidos-japon-australia-nueva.html APEC Asia-Pacific Economic Cooperation
  45. 5.2 Transportes e comunicacións  Lectura e esquemas:  A) Transportes Páx. 116-117  B) Comunicacións Páx. 118-119
  46. 5.3 “Competencias básicas” EXERCICIOS 1-6 PÁX. 122 NO LIBRO
  47. 6) Os servizos en España e Galicia. Páx. 126-129/España  6.1: Comenta a gráfica (evolución da poboación activa por sectores) a) Tema: b) Causas que explican o aumento a partir dos anos 60 do sector servizos en España: c) Comunidades onde a terciarización é
  48. a) A gráfica de liñas reflicte o aumento da poboación empregada no sector servizos e a diminución da poboación empregada no sector primario en España a partir dos nos 60. b) As principais causas que explican o aumento a partir dos anos 60 da poboación empregada no sector servizos en España son: o crecemento das actividades industriais, o aumento do turismo, o incremento do nivel de vida e a expansión dos servizos públicos. c) A terciarización é máis acusada nas comunidades especializadas no turismo, como Canarias, Illes Balears e Andalucía, e nos principais centros económicos do país, como Madrid, Cataluña e País vasco.
  49.  6.2: Comenta a gráfica (países de orixe e rexións de destino do turismo internacional) a) Importancia do turismo en España. b) Países emisores. c) Comunidades que reciben máis turistas e tipo de turismo que ofrecen. d) Consecuencias do turismo de sol e praia.
  50. a) O turismo é un dos principais motores da economía española: proporciona elevados ingresos que axudan a compensar o déficit comercial e ocupa abundante man de obra. b) O principal país emisor de turistas cara España é o Reino Unido, seguido de Alemaña, Francia e outros países da UE. Países emisores extraeuropeas: Xapón e EEUU. c) As comunidades que reciben máis turistas son Cataluña, Baleares, Canarias, Comunidade Valenciana e Madrid. Nas costeiras predomina o turismo de sol e praia. En Madrid e Cataluña o turismo cultural. d) A principal consecuencias do turismo de sol e praia é o impacto ambiental: contaminación atmosférica, do solo e da auga pola construción a pé de praia, destrución de paisaxes singulares, conflitos polo uso do solo e da
  51. Informe Semanal - Destino, España  http://www.rtve.es/alacarta/videos/informe-semanal/informe- semanal-destino-espana/847135/  http://www.antena3.com/videos- online/noticias/economia/extranjeros-espanoles-eligen- espana-sus-vacaciones_2011062100135.html  Publicidade  http://www.youtube.com/watch?v=STsWQ3_cINg (anos 60)  http://www.youtube.com/watch?v=JKdRQMFq258 (actual)
Publicidad