Este boletín del equipo de normalización lingüística de un colegio trata sobre el uso correcto de palabras gallegas. Explica que a veces las palabras gallegas asumen acepciones no propias debido a la interferencia del español, y pone tres ejemplos: "pobo" se refiere a un conjunto de personas no a una localidad, "aportar" significa llegar a puerto no contribuir, y "cumplir" significa llevar a cabo no hacer años.
1. Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
CEIP de Randufe Nº 23 xaneiro de 2011
“A lingua sempre foi para min unha cuestión
vital, porque creo nela e nas súas posibilidades de
expresión, e porque foi a mellor herdanza que reci-
bín dos antergos. Como persoa, deféndoa e úsoa en
calquera circunstancia e ocasión. Como nai –coa
axuda do pai, claro- conseguín transmitírllela aos fi-
llos que a aceptaron como elemento natural consti-
tutivo do seu ser de galegos. Hoxe éncheme de or-
gullo comprobar que a partir dela chegasen a falar
varios idiomas para cando os precisan. Aquel proce-
der tan coherente non era entendido polos que pen-
saban que así os estabamos limitando, pero aí que-
Para manter a da o exemplo por se valese de algo. Coa lingua pro-
Para manter a
lingua propia pia deste país cadaquén ten que asumir as súas
biodiversidade
hai que nor- responsabilidades, que as temos: as familias, os
débense po-
malizar o seu profesionais, as institucións e os políticos que deben
tenciar as axu-
defendela. O futuro pediralle a cadaquén a súa res-
das para a re- uso, é dicir,
ponsabilidade. Eu non querería por nada do mundo
forestación facer que
ter participado activamente, e nin sequera ser cóm-
con especies exista a posi- plice, da súa destrución.”
propias bilidade de vi-
(castiñeiro, vir nela en to- Helena Villar Janeiro. Profesora xubilada, escritora, presi-
carballo) e evi- dos os ámbi- denta da Fundación Rosalía de Castro, e membro do Consello
tar o abandono tos. da Cultura Galega. (Galicia Hoxe, 08/11/2010)
do monte.
2. POBO, APORTAR, CUMPRIR
Hoxe imos falar de palabras galegas que ás veces teñen usos incorrectos, impropios do noso idioma.
O profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato na súa obra “Lingua de Calidade” di ao respecto: “A constante interfe-
rencia do español talvez sexa no plano semántico onde se torna especialmente perigosa para a preservación
da autenticidade idiomática,... Como consecuencia desa interferencia, algunhas palabras galegas van asumir
acepcións que lle non son propias, mais que as toman da forma castelá correspondente.”
POBO representa en galego un conxunto de persoas, nunca unha localidade. Así podemos falar do pobo ga-
lego ou do pobo de Tui cando nos referimos ás persoas, mais para unha localidade deberemos empregar ou-
tras formas que correspondan, como cidade, vila, vilar, aldea,...
APORTAR significa chegar a porto, nada máis. Se quixermos facer referencia a contribuír ou proporcionar
debemos usar ACHEGAR.
CUMPRIR ten o significado de levar a cabo, e non ten o significado de facer anos. Xa que logo debemos falar
de facer anos en troca de cumprir anos, e débese usar aniversario e non cumpreanos.
O pobo manifes- Levarei un asado do A festa de ani-
touse polas rúas da forno como achega versario celebrouse
vila da Guarda. para a comida da ex- a véspera do día que
cursión. facía anos.