Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Proba práctica malabares.
1. Departamento de Educación Física CPR Valle Inclán I
UD Habilidades ximnásticas e malabares
2ª avaliación. Curso 16/17
Proba práctica:
Habilidade con 1 e 3 malabares. Ambas mans.
Data de entrega: venres 10 MARZO de 2017
Estimadas/os alumnas/os. Aquí vos expoño os criterios de avaliación da proba
práctica de malabares e como vai a ser a súa entrega.
- Forma de facer a proba práctica: gravarse en vídeo cunha calidade
aceptable (mínimo 420p) e envialo ó profesor a través da plataforma
WeTransfer (deixo un enlace de como facelo nesta entrada do blog).
- Puntuación:
- Presentación de 3 bolas de malabares de elaboración propia: 1 punto.
- Fonte con 2 malabares na man dominante (con continuidade): 2 puntos.
- Fonte con 2 malabares na man non dominante: 1 punto.
- ½ ciclo con 3 malabares: 1 punto
- 1 ciclo completo con 3 malabares: 2 puntos.
- De 2 a 4 ciclos completos con 3 malabares: 1 punto.
- Máis de 4 ciclos completos: 1 punto.
- Trucos: máximo 2 puntos (0.5 puntos por cada truco).