As pegadas dactilares e o ADN son dúas probas biolóxicas que permiten identificar a unha persoa de xeito inequívoco. No mundo dixital tamén existe un modo de identificar un ficheiro ou calquera conxunto de bits concreto de forma inequívoca. Falamos das funcións HASH que xeran unha sucesión de letras e números únicos para cada obxecto sobre o que se apliquen. Estas funcións HASH teñen unha aplicación básica na cadena de bloques (blockchain). Esta tecnoloxía sostén á maioría de criptomoedas que existen na actualidade, incluído o Bitcoin. Todos e cada un dos bloques que forman a cadena que da soporte ao xigantesco libro de contas coas transferencias feitas en Bitcoins dende a súa creación en 2009 están relacionados por medio das pegadas xeradas empregando algoritmos HASH. Unha forma de probar que un ficheiro existe nun momento dado, é empregando a súa pegada dixital e subindo esta á cadea de bloques de Bitcoin. Aquí quedará almacenada de xeito indefinido deixando constancia da data na que se levou a cabo este rexistro. Isto é posible mediante o servizo ofrecido pola web Proof of Existence Autor: Javier Suárez Vivero https://www.linkedin.com/in/javier-suarez-de-vivero/ #Galeg@lTIC #Galeg@lCHAIN