SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 38
UNIDADE
DIDÁCTICA 8:
A AVALIACIÓN
ÍNDICE
1. A avaliación en Educación Infantil
1.1. Modelos e tipos de avaliación
1.2. Características da avaliación
2. Os ámbitos de avaliación → Que avaliar?
3. O proceso de avaliación → Cando avaliar?
4. Técnicas e instrumentos de avaliación → Como avaliar?
5. A información ás familias
6. O expediente persoal
1. A AVALIACIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL
 A avaliación é o proceso de recollida e análise de información para
tomar decisións sobre a intervención educativa coa intención de
mellorala.
 Implicacións deste enfoque de avaliación:
 A avaliación é un medio para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe.
 A avaliación é inseparable do proceso de ensino-aprendizaxe, non é un feito
puntual ou illado deste proceso.
 A avaliación non está centrada exclusivamente nos procesos de aprendizaxe e
resultados do alumnado, senón que se estende a todos os ámbitos educativos:
procesos de aprendizaxe e resultados do alumnado, actividade do profesorado,
procesos educativos, funcionamento dos centros, función directiva, inspección e
Administracións educativas (LOE/LOMCE).
1. A AVALIACIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL (cont.)
 Normativa de interese*:
 LOE/LOMCE.
 Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo
da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
 Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o
desenvolvemento e a avaliación do 2º ciclo da Educación Infantil
na Comunidade Autónoma de Galicia.
1.1. MODELOS E TIPOS DE AVALIACIÓN*
 Modelos de avaliación:
 Avaliación formativa (orientada a mellorar o proceso) vs. Avaliación
sumativa (orientada a valorar o resultado).
 Avaliación cuantitativa (orientada a medir un fenómeno) vs. Avaliación
cualitativa (orientada a comprender un fenómeno).
 Avaliación normativa (en referencia a unha norma, é dicir, comparando ao
individuo co grupo) vs. Avaliación criterial (en referencia a un criterio, é
dicir, comparando ao individuo cun determinado nivel de rendemento).
1.1. MODELOS E TIPOS DE AVALIACIÓN (cont.)*
 Tipos de avaliación:
 Segundo os axentes implicados
 Segundo a súa extensión
 Segundo o momento
• Avaliación interna
(realizada por un membro
da propia institución)
• Avaliación externa
(realizada por persoal
alleo á institución)
• Autoavaliación
(avaliador/a
= avaliado/a)
• Heteroavaliación
(avaliador/a
≠ avaliado/a)
• Coavaliación
(avaliador/a
= e ≠ avaliado/a)
• Avaliación parcial (centrada en dimensións particulares do
alumno/a, a intervención...; ex.: no rendemento académico)
• Avaliación global (centrada nas distintas dimensións do
alumno/a, a intervención...)
• Avaliación inicial (ao comezo)
• Avaliación continua (no transcurso do proceso)
• Avaliación final (ao remate)
1.2. CARACTERÍSTICAS DA AVALIACIÓN
 A avaliación en Educación Infantil debe ser:
 Global: debe referirse ao conxunto das capacidades expresadas nos
obxectivos da etapa (non priman os aspectos intelectuais, físicos,
emocionais ou sociais; todos teñen importancia).
 Continua: debe ser un elemento inseparable do proceso educativo
(recóllese información sobre o proceso de ensino-aprendizaxe de forma
continua).
 Formativa: debe ter un carácter regulador e orientador (proporciona
información que permite mellorar a intervención educativa).
QUE AVALIAR?
2. OS ÁMBITOS DE AVALIACIÓN*
 A avaliación debe estenderse a todos os ámbitos educativos.
 En Educación Infantil destacamos tres ámbitos de avaliación:
a) Avaliación do proceso de desenvolvemento e aprendizaxe
das crianzas.
b) Avaliación da propia práctica educativa.
c) Avaliación do funcionamento do centro.
a) AVALIACIÓN DO PROCESO DE DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE DAS CRIANZAS*
 No 1º ciclo avalíase fundamentalmente o proceso de desenvolvemento das crianzas,
mentres que no 2º ciclo a avaliación céntrase tanto nos procesos de desenvolvemento do
alumnado como nas aprendizaxes.
 Esta avaliación realízase tomando como referencia os criterios e indicadores de
avaliación:
 Os criterios de avaliación (recollidos no currículo) son unha primeira aproximación para
coñecer en que medida o alumnado desenvolve as capacidades enunciadas nos obxectivos.
 Os indicadores de avaliación (establecidos polo educador/a a partir dos criterios de
avaliación) concretan os criterios de avaliación en trazos de conduta máis específicos que poden
ser observados e valorados polos/as docentes nas diferentes manifestacións do alumnado.
 A coordinación deste proceso de avaliación correspóndelle ao titor/a do grupo,
recollendo a información proporcionada polos outros/as profesionais que participan no
proceso educativo.
 A valoración do proceso de evolución e aprendizaxe debe ser cualitativa,
proporcionando información individualizada sobre os progresos efectuados por cada
nena/o.
EXEMPLO DE CONCRECIÓN DUN CRITERIO DE AVALIACIÓN EN INDICADORES ESPECÍFICOS
ÁREA DE COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL
CRITERIO DE AVALIACIÓN INDICADORES ESPECÍFICOS
Recoñece, identifica e
representa o corpo na
súa globalidade e as súas
diferentes partes.
(2º ciclo)
• Sinala as partes principais do seu corpo.
• Identifica e nomea elementos de segmentos corporais.
• Sinala correctamente partes e detalles do corpo (talón,
pestanas, cellas...).
• Nomea as partes do corpo sobre si mesmo/a e sobre as
outras persoas.
• Recoñece e acepta as súas características persoais.
• Pode describir características e circunstancias persoais.
• Fai unha descrición axeitada doutra persoa.
• Capta e describe diferenzas e semellanzas entre persoas.
• Logra un esbozo da figura humana, diferenciando:
cabeza e corpo, brazos, mans, pernas e pés.
b) AVALIACIÓN DA PROPIA PRÁCTICA EDUCATIVA*
 A avaliación da práctica educativa ten por finalidade mellorar a adecuación da
intervención educativa ás características e necesidades das crianzas.
 Esta avaliación debe ter en conta aspectos como: ambiente na aula (clima,
interacción entre crianzas, relación educador/a-crianzas...), adecuación da proposta
pedagóxica e da propia planificación educativa (adecuación das unidades didácticas
programadas e das actividades desenvolvidas, organización dos espazos e dos
tempos, planificación dos recursos materiais e persoais...), adaptacións ás
necesidades concretas das crianzas, coordinación entre os/as profesionais do
mesmo ciclo e coherencia entre os ciclos, regularidade e calidade da relación coas
familias, interrelación coa comunidade, resultados do alumnado, eficacia do propio
proceso avaliador...
 O mecanismo principal para a avaliación da práctica educativa é a autoavaliación
(reflexión arredor da propia actuación educativa), ben de forma individual, ben en
equipo.
c) AVALIACIÓN DO FUNCIONAMENTO DO CENTRO*
 A avaliación do funcionamento dun centro ten por finalidade mellorar a calidade do servizo
que este presta.
 A noción de calidade aplicada á educación emerxeu como reto nas últimas décadas e refírese
á xestión máis eficaz posible das condicións de ensino-aprendizaxe co fin de conseguir uns
resultados educativos óptimos e lograr a satisfacción dos axentes implicados.
 A LOE/LOMCE impón ás Administracións educativas a obriga de promover a avaliación dos
centros educativos nun dobre sentido: elaborando e realizando plans de avaliación externos e
facilitando a autoavaliación dos centros.
 Segundo Miguel Ángel Zabalza, unha Educación Infantil de calidade debe reunir 10
aspectos clave: organización dos espazos, equilibrio entre a iniciativa da crianza e o traballo
dirixido, atención privilexiada aos aspectos emocionais, uso dunha linguaxe enriquecida,
diferenciación de actividades para abordar todas as dimensións do desenvolvemento e todas
as capacidades, rutinas estables, materiais diversificados e polivalentes, atención
individualizada, sistemas de avaliación que permitan o seguimento global do grupo e de cada
nena/o, traballo coas nais e os pais e co contorno (escola aberta).
CANDO AVALIAR?
2. O PROCESO DE AVALIACIÓN
 A avaliación debe ter un carácter permanente e sistemático.
 A avaliación prodúcese en tres momentos distintos:
 Avaliación inicial (ou diagnóstica). Realízase ao comezo de cada fase de ensino-
aprendizaxe (ciclo, curso, unidade didáctica...). Permite coñecer a situación de
partida e tomar as decisións oportunas ao respecto: na incorporación dun neno/a
ao centro está orientada a recoller os datos máis destacados do seu proceso de
desenvolvemento, mentres que ao comezo dunha unidade didáctica está orientada a
detectar os coñecementos previos e experiencias das crianzas nun determinado
ámbito.
 Avaliación continua (ou formativa ou de proceso). Realízase ao longo do proceso
de ensino-aprendizaxe. Permite analizar os progresos e dificultades das crianzas,
así como a eficacia do propio proceso de ensino, de cara a mellorar e reaxustar a
intervención educativa.
 Avaliación final (ou sumativa). Realízase ao remate de cada fase de ensino-
aprendizaxe (ciclo, curso, unidade didáctica...). Permite comprobar a
consecución dos obxectivos propostos.
COMO AVALIAR?
3. TÉCNICAS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN*
 As técnicas de avaliación son os procedementos mediante os cales se leva a
cabo a avaliación, mentres que os instrumentos de avaliación son os recursos
concretos mediante os cales se obtén a información que será avaliada.
 En Educación Infantil contamos con distintas técnicas e instrumentos de
avaliación:
TÉCNICAS INSTRUMENTOS
OBSERVACIÓN Lista de control, escala de estimación,
rexistro anecdótico, diario,
ficha de observación
INTERROGACIÓN Entrevista, cuestionario
ANÁLISE DAS PRODUCIÓNS DAS
CRIANZAS
Portafolio
a) A OBSERVACIÓN*
 A observación consiste na captación e recollida de información a través dos
sentidos.
 A observación pode ser de distintos tipos:
 Segundo a súa sistematización: observación estruturada ou sistemática
(deliberada e planificada, rexistrando a información obtida) e observación non
estruturada ou espontánea (sen ningunha planificación).
 Segundo a participación do observador/a: observación participante (o observador/a
intervén na situación observada) e observación non participante (o observador/a
non intervén na situación 0bservada).
 Segundo a inmediatez da observación: observación directa (o observador/a entra en
contacto coa realidade observada) e observación indirecta (o observador/a accede á
realidade observada a través das observacións doutras persoas: informes, gravacións...).
 A observación directa e sistemática é a principal técnica de avaliación en
Educación Infantil e o mellor medio para avaliar a evolución das crianzas.
a) A OBSERVACIÓN (cont.)
 Fases do proceso de observación:*
 Planificación da observación: determinar para que, que, cando, como, onde,
durante canto tempo, quen e decidir e deseñar os instrumentos de avaliación.
 Desenvolvemento da observación: recollida dos datos.
 Interpretación da información: análise dos datos.
 Toma de decisións: deseño dun plan de intervención.
 Instrumentos para rexistrar a observación:
 Lista de control (ou lista de comprobación ou cotexo): rexistro da presenza ou
ausencia de determinadas condutas previamente definidas (Si/Non).
 Escala de estimación (ou escala de valoración): rexistro do grao en que se dan
determinadas condutas previamente definidas (ex.: Sempre/A miúdo/Rara
vez/Nunca).
 Rexistro anecdótico (ou anecdotario): anotación dalgún feito significativo coa
maior inmediatez posible.
 Diario: anotación dos acontecementos máis relevantes da xornada.
 Ficha de observación: listado de ítems a partir dos cales se avalía unha
determinada actividade.*
EXEMPLO DE LISTA DE CONTROL
NOME DO NENO/A: DATA:
OBSERVACIÓN: Comportamento no comedor SI NON
Axuda a poñer a mesa
Permanece sentado/a na súa cadeira durante a comida
Mantén unha postura corporal axeitada na mesa
Come só/soa utilizando culler e garfo
Bebe só/soa do vaso
EXEMPLO DE LISTA DE CONTROL GRUPAL
GRUPO: DATA:
OBSERVACIÓN: Comportamento no comedor
Nome Axuda a
poñer a mesa
Permanece
sentado/a na
súa cadeira
durante a
comida
Mantén unha
postura
corporal
axeitada na
mesa
Come só/soa
utilizando
culler e garfo
Bebe só/soa
do vaso
Paula X X X X
Óscar X X
María X X X
Tania X X
Carlos X X
EXEMPLO DE ESCALA DE ESTIMACIÓN DE FRECUENCIAS
NOME DO NENO/A: DATA:
OBSERVACIÓN:
Comportamento social
SEMPRE A MIÚDO RARA VEZ NUNCA
Busca a compañía da educadora
Busca a compañía doutras crianzas
Xoga con outras crianzas
Colabora con outras crianzas nas
tarefas
Respecta aos seus compañeiros/as
EXEMPLO DE ESCALA DE ESTIMACIÓN NUMÉRICA
NOME DO NENO/A: DATA:
OBSERVACIÓN: Comportamento social 1 2 3 4
Busca a compañía da educadora
Busca a compañía doutras crianzas
Xoga con outras crianzas
Colabora con outras crianzas nas tarefas
Respecta aos seus compañeiros/as
EXEMPLO DE ESCALA DE ESTIMACIÓN DESCRITIVA
NOME DO NENO/A: DATA:
OBSERVACIÓN: Comportamento social
O neno/a móstrase en clase: Inquedo/a
Tranquilo/a
Comunicativo/a
Interesado/a
A súa relación coa educadora é: Moi boa
Boa
Regular
Mala
Cos seus compañeiros/as móstrase: Indiferente
Confiado/a
Afectuoso/a
Absorbente
Ante as persoas estrañas móstrase: Asustado/a
Desconfiado/a
Confiado/a
Irritado/a
EXEMPLO DE ESCALA DE ESTIMACIÓN DE FRECUENCIAS GRUPAL
GRUPO: DATA:
OBSERVACIÓN:
Comportamento social
SEMPRE A MIÚDO RARA VEZ NUNCA
Busca a compañía da educadora Paula
Óscar
Busca a compañía doutras crianzas Carlos
Óscar
Tania
Xoga con outras crianzas Tania
Colabora con outras crianzas nas
tarefas
María
Respecta aos seus compañeiros/as María
MODELO DE REXISTRO ANECDÓTICO
NOME DO NENO/A: Idade:
Data: Lugar:
ANÉCDOTA:
MODELO DE DIARIO
GRUPO: DATA:
Aspectos máis significativos pola mañá:
Aspectos máis significativos pola tarde:
O mellor do día de hoxe:
Aspectos que conviría mellorar:
MODELO DE FICHA DE OBSERVACIÓN DUNHA ACTIVIDADE
TÍTULO DA ACTIVIDADE:
Breve descrición:
Grupo no que se realizou:
Participación das crianzas:
Nivel de dificultade:
Adecuación da duración:
Adecuación dos espazos e materiais:
Adecuación dos recursos persoais:
Dificultades detectadas:
Propostas de mellora:
b) A INTERROGACIÓN*
 A técnica da interrogación engloba todos aqueles procedementos nos
que a información se obtén por medio de preguntas a outras persoas.
 Dentro da técnica da interrogación, atopamos dous instrumentos
distintos:
 Entrevista: obtención de información por medio da realización de
preguntas nunha conversa.
 Cuestionario: formulario de preguntas para ser contestadas por
escrito.
A ENTREVISTA
 Segundo o seu grao de estruturación, a entrevista pode ser estruturada
(preguntas totalmente prefixadas), semiestruturada (preguntas prefixadas
que poden ir variando segundo as respostas) ou non estruturada (preguntas
non prefixadas).*
 A entrevista coas familias é unha ferramenta privilexiada para intercambiar
información sobre as crianzas co fin de axudarlles no seu proceso de
desenvolvemento e aprendizaxe.
 A entrevista inicial (no momento do ingreso) adquire unha especial
relevancia porque achega os principais datos para a avaliación inicial.
 Á hora de realizar unha entrevista coas familias, hai que ter en conta unha serie
de condicións: fixar día, hora e duración aproximada; ter previsto un lugar
adecuado; contar cun guión ou modelo de entrevista; e amosar unha actitude
profesional, cordial e respectuosa.
O CUESTIONARIO
 O cuestionario utilízase fundamentalmente como complemento da entrevista
inicial, para realizar a autoavaliación da práctica educativa e para coñecer a
opinión ou o nivel de satisfacción das familias ou outros sectores da
comunidade educativa con respecto a algún aspecto do funcionamento da
escola.
 Ao preparar un cuestionario, hai que ter claro que información nos interesa
obter e saber plasmala en preguntas precisas e seguindo a orde adecuada (do
xeral ao particular e das cuestións menos comprometidas ás máis
comprometidas).*
 Pode conter preguntas abertas (escribir nun espazo en branco) ou pechadas
(marcar algunha das opcións que se dan).
c) A ANÁLISE DAS PRODUCIÓNS DAS CRIANZAS*
 A análise das producións das crianzas soe incorporarse como técnica de
avaliación no 2º ciclo, xa que con anterioridade a avaliación recae sobre o
proceso de desenvolvemento que cada neno/a percorre máis que nas
aprendizaxes.
 Debe potenciarse a coavaliación das producións infantís por parte das
crianzas para promover a reflexión sobre os propios progresos e fortalecer a
autoestima.
 Un instrumento moi útil na avaliación das producións das crianzas é o
portafolio (ou dossier ou carpeta de traballos), que é unha recompilación
das mostras e produtos do traballo de cada neno/a para documentar as
aprendizaxes realizadas nun período de tempo determinado (xeralmente un
trimestre).
A INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS
5. A INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS
 A información derivada da avaliación debe ser comunicada e compartida coas
familias co fin de facelas copartícipes do proceso educativo das súas fillas/os e
complementar os diferentes puntos de vista para atopar entre todos/as as estratexias
axeitadas que lles permitan aos nenos/as afrontar os retos desta etapa.
 Corresponde ao titor/a informar regularmente aos pais e nais ou titores legais sobre os
progresos e dificultades das nenas/0s utilizando as canles que para este efecto se
fagan explícitas no proxecto educativo.
 Existen distintos instrumentos para o contacto coas familias: intercambio oral de
información nas entradas e saídas, partes diarios, entrevistas, informes tipo...
 Xeralmente a información procedente da avaliación continua trasládase ás familias,
como mínimo, nun informe escrito trimestral cuxo contido e formato é definido
polo propio centro (obrigatorio no 2º ciclo).
 Consideracións sobre a elaboración do informe ás familias: utilizar unha
linguaxe sinxela e precisa evitando os tecnicismos, incluír só información contrastada,
subliñar os logros e avances acadados, evitar as comparacións entre crianzas,
proporcionar orientacións para a actuación das nais e pais, acompañar o informe
dunha entrevista se é necesario, empregar un ton próximo e familiar que invite a ler.
O EXPEDIENTE PERSOAL
6. O EXPEDIENTE PERSOAL
 Ao inicio da escolarización, en cada un dos ciclos de Educación
Infantil, o centro abrirá un expediente persoal do alumnado cuxa
custodia e arquivo lles corresponde aos centros educativos.
 Neste expediente consignaranse cando menos:
 Informe persoal: recollerá os datos de identificación da nena/o, así como os
datos familiares, psicopedagóxicos, médicos e sociais máis significativos, máis o
resumo da escolaridade do 2º ciclo (cursos escolares realizados e centro en que
a alumna/o estivo escolarizada/o cada curso académico).
 Informe de avaliación inicial: recollerá os datos achegados na entrevista pola
familia, as observacións relevantes durante o período de adaptación e as
achegas dos períodos de escolarización anteriores, se os houber.
 Informe anual de avaliación individualizado: será elaborado polo titor/a ao
rematar cada curso a partir dos datos obtidos a través da avaliación continua.
 Informe individualizado de final de ciclo: elaborado polo titor/a ao finalizar
o 2º ciclo de Educación Infantil a partir dos datos máis relevantes dos informes
de cada curso.
(Información extraída da Orde do 25 de xuño de 2009)
THE END

Más contenido relacionado

Destacado

Kulturelle Unterschiede im E-Commerce
Kulturelle Unterschiede im E-CommerceKulturelle Unterschiede im E-Commerce
Kulturelle Unterschiede im E-Commerce
Ljubica Negovec
 
Las enseñanzas de nuestros abuelos a través de las TIC
Las enseñanzas de nuestros abuelos a través de las TICLas enseñanzas de nuestros abuelos a través de las TIC
Las enseñanzas de nuestros abuelos a través de las TIC
Pablo Calderón López
 

Destacado (14)

Funcion si anidada
Funcion si anidadaFuncion si anidada
Funcion si anidada
 
Online-Relations in der Einzelsportlervermarktung
Online-Relations in der EinzelsportlervermarktungOnline-Relations in der Einzelsportlervermarktung
Online-Relations in der Einzelsportlervermarktung
 
hojas de registro
hojas de registrohojas de registro
hojas de registro
 
Business Internet Service
Business Internet ServiceBusiness Internet Service
Business Internet Service
 
Kulturelle Unterschiede im E-Commerce
Kulturelle Unterschiede im E-CommerceKulturelle Unterschiede im E-Commerce
Kulturelle Unterschiede im E-Commerce
 
Presentacion diseno proyecto
Presentacion diseno proyectoPresentacion diseno proyecto
Presentacion diseno proyecto
 
Como hacer Mosaicos fotograficos en ERDAS
Como hacer Mosaicos fotograficos en ERDAS Como hacer Mosaicos fotograficos en ERDAS
Como hacer Mosaicos fotograficos en ERDAS
 
EXASolution für das Gesundheitswesen
EXASolution für das GesundheitswesenEXASolution für das Gesundheitswesen
EXASolution für das Gesundheitswesen
 
DXN Startpack en/de
DXN Startpack en/deDXN Startpack en/de
DXN Startpack en/de
 
Las enseñanzas de nuestros abuelos a través de las TIC
Las enseñanzas de nuestros abuelos a través de las TICLas enseñanzas de nuestros abuelos a través de las TIC
Las enseñanzas de nuestros abuelos a través de las TIC
 
Die 10 häufigsten Fehler beim Abschluss von Mietverträgen
Die 10 häufigsten Fehler beim Abschluss von MietverträgenDie 10 häufigsten Fehler beim Abschluss von Mietverträgen
Die 10 häufigsten Fehler beim Abschluss von Mietverträgen
 
Plan de social media
Plan de social mediaPlan de social media
Plan de social media
 
Mariana naranjo excel
Mariana naranjo excelMariana naranjo excel
Mariana naranjo excel
 
Blog caracteristicas definicion e importancia
Blog caracteristicas definicion e importanciaBlog caracteristicas definicion e importancia
Blog caracteristicas definicion e importancia
 

Similar a Unidade Didáctica 8

Proxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprenderProxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprender
mercemartinez
 
Resumo programación para o alumnado Cidadanía 2º ESO 2015 2016
Resumo programación para o alumnado Cidadanía 2º ESO 2015 2016Resumo programación para o alumnado Cidadanía 2º ESO 2015 2016
Resumo programación para o alumnado Cidadanía 2º ESO 2015 2016
EvaPaula
 
Resumo criterios
Resumo criteriosResumo criterios
Resumo criterios
Eva Garea
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
Marga Bio
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
taboada5
 

Similar a Unidade Didáctica 8 (20)

Tarefa_1_módulo3-ref.pdf
Tarefa_1_módulo3-ref.pdfTarefa_1_módulo3-ref.pdf
Tarefa_1_módulo3-ref.pdf
 
Proxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprenderProxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprender
 
Unidade Didáctica 7
Unidade Didáctica 7Unidade Didáctica 7
Unidade Didáctica 7
 
Calidade profesionalidade docente
Calidade profesionalidade docenteCalidade profesionalidade docente
Calidade profesionalidade docente
 
ACI
ACIACI
ACI
 
Sexo con seso
Sexo con sesoSexo con seso
Sexo con seso
 
G Fides
G FidesG Fides
G Fides
 
AUDIT-FIDES documento
AUDIT-FIDES documentoAUDIT-FIDES documento
AUDIT-FIDES documento
 
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación InfantilPresentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
 
Informe contrato programa 2012 13
Informe contrato programa 2012 13Informe contrato programa 2012 13
Informe contrato programa 2012 13
 
Resumo programación para o alumnado Cidadanía 2º ESO 2015 2016
Resumo programación para o alumnado Cidadanía 2º ESO 2015 2016Resumo programación para o alumnado Cidadanía 2º ESO 2015 2016
Resumo programación para o alumnado Cidadanía 2º ESO 2015 2016
 
íNdice
íNdiceíNdice
íNdice
 
íNdice
íNdiceíNdice
íNdice
 
Resumo criterios
Resumo criteriosResumo criterios
Resumo criterios
 
Informe de 1ª avaliación 2015 16
Informe de 1ª avaliación 2015 16Informe de 1ª avaliación 2015 16
Informe de 1ª avaliación 2015 16
 
Avalía o teu proxecto de Aprendizaxe Servizo
Avalía o teu proxecto de Aprendizaxe ServizoAvalía o teu proxecto de Aprendizaxe Servizo
Avalía o teu proxecto de Aprendizaxe Servizo
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
 
índice
índiceíndice
índice
 
Convivencia
ConvivenciaConvivencia
Convivencia
 

Más de Fátima Ferreiro Díaz (15)

Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
Tema 4
Tema 4Tema 4
Tema 4
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
Outro material tema 2
Outro material tema 2Outro material tema 2
Outro material tema 2
 
Barreras psicológicas
Barreras psicológicasBarreras psicológicas
Barreras psicológicas
 
Ejemplos organigramas
Ejemplos organigramasEjemplos organigramas
Ejemplos organigramas
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Las teorías X e Y de McGregor
Las teorías X e Y de McGregorLas teorías X e Y de McGregor
Las teorías X e Y de McGregor
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Unidade Didáctica 6
Unidade Didáctica 6Unidade Didáctica 6
Unidade Didáctica 6
 
Unidade Didáctica 5
Unidade Didáctica 5Unidade Didáctica 5
Unidade Didáctica 5
 
Unidade Didáctica 4
Unidade Didáctica 4Unidade Didáctica 4
Unidade Didáctica 4
 
Unidade Didáctica 3
Unidade Didáctica 3Unidade Didáctica 3
Unidade Didáctica 3
 
Unidade Didáctica 2
Unidade Didáctica 2Unidade Didáctica 2
Unidade Didáctica 2
 
Unidade Didáctica 1
Unidade Didáctica 1Unidade Didáctica 1
Unidade Didáctica 1
 

Unidade Didáctica 8

  • 2. ÍNDICE 1. A avaliación en Educación Infantil 1.1. Modelos e tipos de avaliación 1.2. Características da avaliación 2. Os ámbitos de avaliación → Que avaliar? 3. O proceso de avaliación → Cando avaliar? 4. Técnicas e instrumentos de avaliación → Como avaliar? 5. A información ás familias 6. O expediente persoal
  • 3.
  • 4. 1. A AVALIACIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL  A avaliación é o proceso de recollida e análise de información para tomar decisións sobre a intervención educativa coa intención de mellorala.  Implicacións deste enfoque de avaliación:  A avaliación é un medio para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe.  A avaliación é inseparable do proceso de ensino-aprendizaxe, non é un feito puntual ou illado deste proceso.  A avaliación non está centrada exclusivamente nos procesos de aprendizaxe e resultados do alumnado, senón que se estende a todos os ámbitos educativos: procesos de aprendizaxe e resultados do alumnado, actividade do profesorado, procesos educativos, funcionamento dos centros, función directiva, inspección e Administracións educativas (LOE/LOMCE).
  • 5. 1. A AVALIACIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL (cont.)  Normativa de interese*:  LOE/LOMCE.  Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.  Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación do 2º ciclo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • 6. 1.1. MODELOS E TIPOS DE AVALIACIÓN*  Modelos de avaliación:  Avaliación formativa (orientada a mellorar o proceso) vs. Avaliación sumativa (orientada a valorar o resultado).  Avaliación cuantitativa (orientada a medir un fenómeno) vs. Avaliación cualitativa (orientada a comprender un fenómeno).  Avaliación normativa (en referencia a unha norma, é dicir, comparando ao individuo co grupo) vs. Avaliación criterial (en referencia a un criterio, é dicir, comparando ao individuo cun determinado nivel de rendemento).
  • 7. 1.1. MODELOS E TIPOS DE AVALIACIÓN (cont.)*  Tipos de avaliación:  Segundo os axentes implicados  Segundo a súa extensión  Segundo o momento • Avaliación interna (realizada por un membro da propia institución) • Avaliación externa (realizada por persoal alleo á institución) • Autoavaliación (avaliador/a = avaliado/a) • Heteroavaliación (avaliador/a ≠ avaliado/a) • Coavaliación (avaliador/a = e ≠ avaliado/a) • Avaliación parcial (centrada en dimensións particulares do alumno/a, a intervención...; ex.: no rendemento académico) • Avaliación global (centrada nas distintas dimensións do alumno/a, a intervención...) • Avaliación inicial (ao comezo) • Avaliación continua (no transcurso do proceso) • Avaliación final (ao remate)
  • 8. 1.2. CARACTERÍSTICAS DA AVALIACIÓN  A avaliación en Educación Infantil debe ser:  Global: debe referirse ao conxunto das capacidades expresadas nos obxectivos da etapa (non priman os aspectos intelectuais, físicos, emocionais ou sociais; todos teñen importancia).  Continua: debe ser un elemento inseparable do proceso educativo (recóllese información sobre o proceso de ensino-aprendizaxe de forma continua).  Formativa: debe ter un carácter regulador e orientador (proporciona información que permite mellorar a intervención educativa).
  • 10. 2. OS ÁMBITOS DE AVALIACIÓN*  A avaliación debe estenderse a todos os ámbitos educativos.  En Educación Infantil destacamos tres ámbitos de avaliación: a) Avaliación do proceso de desenvolvemento e aprendizaxe das crianzas. b) Avaliación da propia práctica educativa. c) Avaliación do funcionamento do centro.
  • 11. a) AVALIACIÓN DO PROCESO DE DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE DAS CRIANZAS*  No 1º ciclo avalíase fundamentalmente o proceso de desenvolvemento das crianzas, mentres que no 2º ciclo a avaliación céntrase tanto nos procesos de desenvolvemento do alumnado como nas aprendizaxes.  Esta avaliación realízase tomando como referencia os criterios e indicadores de avaliación:  Os criterios de avaliación (recollidos no currículo) son unha primeira aproximación para coñecer en que medida o alumnado desenvolve as capacidades enunciadas nos obxectivos.  Os indicadores de avaliación (establecidos polo educador/a a partir dos criterios de avaliación) concretan os criterios de avaliación en trazos de conduta máis específicos que poden ser observados e valorados polos/as docentes nas diferentes manifestacións do alumnado.  A coordinación deste proceso de avaliación correspóndelle ao titor/a do grupo, recollendo a información proporcionada polos outros/as profesionais que participan no proceso educativo.  A valoración do proceso de evolución e aprendizaxe debe ser cualitativa, proporcionando información individualizada sobre os progresos efectuados por cada nena/o.
  • 12. EXEMPLO DE CONCRECIÓN DUN CRITERIO DE AVALIACIÓN EN INDICADORES ESPECÍFICOS ÁREA DE COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL CRITERIO DE AVALIACIÓN INDICADORES ESPECÍFICOS Recoñece, identifica e representa o corpo na súa globalidade e as súas diferentes partes. (2º ciclo) • Sinala as partes principais do seu corpo. • Identifica e nomea elementos de segmentos corporais. • Sinala correctamente partes e detalles do corpo (talón, pestanas, cellas...). • Nomea as partes do corpo sobre si mesmo/a e sobre as outras persoas. • Recoñece e acepta as súas características persoais. • Pode describir características e circunstancias persoais. • Fai unha descrición axeitada doutra persoa. • Capta e describe diferenzas e semellanzas entre persoas. • Logra un esbozo da figura humana, diferenciando: cabeza e corpo, brazos, mans, pernas e pés.
  • 13. b) AVALIACIÓN DA PROPIA PRÁCTICA EDUCATIVA*  A avaliación da práctica educativa ten por finalidade mellorar a adecuación da intervención educativa ás características e necesidades das crianzas.  Esta avaliación debe ter en conta aspectos como: ambiente na aula (clima, interacción entre crianzas, relación educador/a-crianzas...), adecuación da proposta pedagóxica e da propia planificación educativa (adecuación das unidades didácticas programadas e das actividades desenvolvidas, organización dos espazos e dos tempos, planificación dos recursos materiais e persoais...), adaptacións ás necesidades concretas das crianzas, coordinación entre os/as profesionais do mesmo ciclo e coherencia entre os ciclos, regularidade e calidade da relación coas familias, interrelación coa comunidade, resultados do alumnado, eficacia do propio proceso avaliador...  O mecanismo principal para a avaliación da práctica educativa é a autoavaliación (reflexión arredor da propia actuación educativa), ben de forma individual, ben en equipo.
  • 14. c) AVALIACIÓN DO FUNCIONAMENTO DO CENTRO*  A avaliación do funcionamento dun centro ten por finalidade mellorar a calidade do servizo que este presta.  A noción de calidade aplicada á educación emerxeu como reto nas últimas décadas e refírese á xestión máis eficaz posible das condicións de ensino-aprendizaxe co fin de conseguir uns resultados educativos óptimos e lograr a satisfacción dos axentes implicados.  A LOE/LOMCE impón ás Administracións educativas a obriga de promover a avaliación dos centros educativos nun dobre sentido: elaborando e realizando plans de avaliación externos e facilitando a autoavaliación dos centros.  Segundo Miguel Ángel Zabalza, unha Educación Infantil de calidade debe reunir 10 aspectos clave: organización dos espazos, equilibrio entre a iniciativa da crianza e o traballo dirixido, atención privilexiada aos aspectos emocionais, uso dunha linguaxe enriquecida, diferenciación de actividades para abordar todas as dimensións do desenvolvemento e todas as capacidades, rutinas estables, materiais diversificados e polivalentes, atención individualizada, sistemas de avaliación que permitan o seguimento global do grupo e de cada nena/o, traballo coas nais e os pais e co contorno (escola aberta).
  • 16. 2. O PROCESO DE AVALIACIÓN  A avaliación debe ter un carácter permanente e sistemático.  A avaliación prodúcese en tres momentos distintos:  Avaliación inicial (ou diagnóstica). Realízase ao comezo de cada fase de ensino- aprendizaxe (ciclo, curso, unidade didáctica...). Permite coñecer a situación de partida e tomar as decisións oportunas ao respecto: na incorporación dun neno/a ao centro está orientada a recoller os datos máis destacados do seu proceso de desenvolvemento, mentres que ao comezo dunha unidade didáctica está orientada a detectar os coñecementos previos e experiencias das crianzas nun determinado ámbito.  Avaliación continua (ou formativa ou de proceso). Realízase ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe. Permite analizar os progresos e dificultades das crianzas, así como a eficacia do propio proceso de ensino, de cara a mellorar e reaxustar a intervención educativa.  Avaliación final (ou sumativa). Realízase ao remate de cada fase de ensino- aprendizaxe (ciclo, curso, unidade didáctica...). Permite comprobar a consecución dos obxectivos propostos.
  • 18. 3. TÉCNICAS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN*  As técnicas de avaliación son os procedementos mediante os cales se leva a cabo a avaliación, mentres que os instrumentos de avaliación son os recursos concretos mediante os cales se obtén a información que será avaliada.  En Educación Infantil contamos con distintas técnicas e instrumentos de avaliación: TÉCNICAS INSTRUMENTOS OBSERVACIÓN Lista de control, escala de estimación, rexistro anecdótico, diario, ficha de observación INTERROGACIÓN Entrevista, cuestionario ANÁLISE DAS PRODUCIÓNS DAS CRIANZAS Portafolio
  • 19. a) A OBSERVACIÓN*  A observación consiste na captación e recollida de información a través dos sentidos.  A observación pode ser de distintos tipos:  Segundo a súa sistematización: observación estruturada ou sistemática (deliberada e planificada, rexistrando a información obtida) e observación non estruturada ou espontánea (sen ningunha planificación).  Segundo a participación do observador/a: observación participante (o observador/a intervén na situación observada) e observación non participante (o observador/a non intervén na situación 0bservada).  Segundo a inmediatez da observación: observación directa (o observador/a entra en contacto coa realidade observada) e observación indirecta (o observador/a accede á realidade observada a través das observacións doutras persoas: informes, gravacións...).  A observación directa e sistemática é a principal técnica de avaliación en Educación Infantil e o mellor medio para avaliar a evolución das crianzas.
  • 20. a) A OBSERVACIÓN (cont.)  Fases do proceso de observación:*  Planificación da observación: determinar para que, que, cando, como, onde, durante canto tempo, quen e decidir e deseñar os instrumentos de avaliación.  Desenvolvemento da observación: recollida dos datos.  Interpretación da información: análise dos datos.  Toma de decisións: deseño dun plan de intervención.  Instrumentos para rexistrar a observación:  Lista de control (ou lista de comprobación ou cotexo): rexistro da presenza ou ausencia de determinadas condutas previamente definidas (Si/Non).  Escala de estimación (ou escala de valoración): rexistro do grao en que se dan determinadas condutas previamente definidas (ex.: Sempre/A miúdo/Rara vez/Nunca).  Rexistro anecdótico (ou anecdotario): anotación dalgún feito significativo coa maior inmediatez posible.  Diario: anotación dos acontecementos máis relevantes da xornada.  Ficha de observación: listado de ítems a partir dos cales se avalía unha determinada actividade.*
  • 21. EXEMPLO DE LISTA DE CONTROL NOME DO NENO/A: DATA: OBSERVACIÓN: Comportamento no comedor SI NON Axuda a poñer a mesa Permanece sentado/a na súa cadeira durante a comida Mantén unha postura corporal axeitada na mesa Come só/soa utilizando culler e garfo Bebe só/soa do vaso
  • 22. EXEMPLO DE LISTA DE CONTROL GRUPAL GRUPO: DATA: OBSERVACIÓN: Comportamento no comedor Nome Axuda a poñer a mesa Permanece sentado/a na súa cadeira durante a comida Mantén unha postura corporal axeitada na mesa Come só/soa utilizando culler e garfo Bebe só/soa do vaso Paula X X X X Óscar X X María X X X Tania X X Carlos X X
  • 23. EXEMPLO DE ESCALA DE ESTIMACIÓN DE FRECUENCIAS NOME DO NENO/A: DATA: OBSERVACIÓN: Comportamento social SEMPRE A MIÚDO RARA VEZ NUNCA Busca a compañía da educadora Busca a compañía doutras crianzas Xoga con outras crianzas Colabora con outras crianzas nas tarefas Respecta aos seus compañeiros/as
  • 24. EXEMPLO DE ESCALA DE ESTIMACIÓN NUMÉRICA NOME DO NENO/A: DATA: OBSERVACIÓN: Comportamento social 1 2 3 4 Busca a compañía da educadora Busca a compañía doutras crianzas Xoga con outras crianzas Colabora con outras crianzas nas tarefas Respecta aos seus compañeiros/as
  • 25. EXEMPLO DE ESCALA DE ESTIMACIÓN DESCRITIVA NOME DO NENO/A: DATA: OBSERVACIÓN: Comportamento social O neno/a móstrase en clase: Inquedo/a Tranquilo/a Comunicativo/a Interesado/a A súa relación coa educadora é: Moi boa Boa Regular Mala Cos seus compañeiros/as móstrase: Indiferente Confiado/a Afectuoso/a Absorbente Ante as persoas estrañas móstrase: Asustado/a Desconfiado/a Confiado/a Irritado/a
  • 26. EXEMPLO DE ESCALA DE ESTIMACIÓN DE FRECUENCIAS GRUPAL GRUPO: DATA: OBSERVACIÓN: Comportamento social SEMPRE A MIÚDO RARA VEZ NUNCA Busca a compañía da educadora Paula Óscar Busca a compañía doutras crianzas Carlos Óscar Tania Xoga con outras crianzas Tania Colabora con outras crianzas nas tarefas María Respecta aos seus compañeiros/as María
  • 27. MODELO DE REXISTRO ANECDÓTICO NOME DO NENO/A: Idade: Data: Lugar: ANÉCDOTA:
  • 28. MODELO DE DIARIO GRUPO: DATA: Aspectos máis significativos pola mañá: Aspectos máis significativos pola tarde: O mellor do día de hoxe: Aspectos que conviría mellorar:
  • 29. MODELO DE FICHA DE OBSERVACIÓN DUNHA ACTIVIDADE TÍTULO DA ACTIVIDADE: Breve descrición: Grupo no que se realizou: Participación das crianzas: Nivel de dificultade: Adecuación da duración: Adecuación dos espazos e materiais: Adecuación dos recursos persoais: Dificultades detectadas: Propostas de mellora:
  • 30. b) A INTERROGACIÓN*  A técnica da interrogación engloba todos aqueles procedementos nos que a información se obtén por medio de preguntas a outras persoas.  Dentro da técnica da interrogación, atopamos dous instrumentos distintos:  Entrevista: obtención de información por medio da realización de preguntas nunha conversa.  Cuestionario: formulario de preguntas para ser contestadas por escrito.
  • 31. A ENTREVISTA  Segundo o seu grao de estruturación, a entrevista pode ser estruturada (preguntas totalmente prefixadas), semiestruturada (preguntas prefixadas que poden ir variando segundo as respostas) ou non estruturada (preguntas non prefixadas).*  A entrevista coas familias é unha ferramenta privilexiada para intercambiar información sobre as crianzas co fin de axudarlles no seu proceso de desenvolvemento e aprendizaxe.  A entrevista inicial (no momento do ingreso) adquire unha especial relevancia porque achega os principais datos para a avaliación inicial.  Á hora de realizar unha entrevista coas familias, hai que ter en conta unha serie de condicións: fixar día, hora e duración aproximada; ter previsto un lugar adecuado; contar cun guión ou modelo de entrevista; e amosar unha actitude profesional, cordial e respectuosa.
  • 32. O CUESTIONARIO  O cuestionario utilízase fundamentalmente como complemento da entrevista inicial, para realizar a autoavaliación da práctica educativa e para coñecer a opinión ou o nivel de satisfacción das familias ou outros sectores da comunidade educativa con respecto a algún aspecto do funcionamento da escola.  Ao preparar un cuestionario, hai que ter claro que información nos interesa obter e saber plasmala en preguntas precisas e seguindo a orde adecuada (do xeral ao particular e das cuestións menos comprometidas ás máis comprometidas).*  Pode conter preguntas abertas (escribir nun espazo en branco) ou pechadas (marcar algunha das opcións que se dan).
  • 33. c) A ANÁLISE DAS PRODUCIÓNS DAS CRIANZAS*  A análise das producións das crianzas soe incorporarse como técnica de avaliación no 2º ciclo, xa que con anterioridade a avaliación recae sobre o proceso de desenvolvemento que cada neno/a percorre máis que nas aprendizaxes.  Debe potenciarse a coavaliación das producións infantís por parte das crianzas para promover a reflexión sobre os propios progresos e fortalecer a autoestima.  Un instrumento moi útil na avaliación das producións das crianzas é o portafolio (ou dossier ou carpeta de traballos), que é unha recompilación das mostras e produtos do traballo de cada neno/a para documentar as aprendizaxes realizadas nun período de tempo determinado (xeralmente un trimestre).
  • 34. A INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS
  • 35. 5. A INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS  A información derivada da avaliación debe ser comunicada e compartida coas familias co fin de facelas copartícipes do proceso educativo das súas fillas/os e complementar os diferentes puntos de vista para atopar entre todos/as as estratexias axeitadas que lles permitan aos nenos/as afrontar os retos desta etapa.  Corresponde ao titor/a informar regularmente aos pais e nais ou titores legais sobre os progresos e dificultades das nenas/0s utilizando as canles que para este efecto se fagan explícitas no proxecto educativo.  Existen distintos instrumentos para o contacto coas familias: intercambio oral de información nas entradas e saídas, partes diarios, entrevistas, informes tipo...  Xeralmente a información procedente da avaliación continua trasládase ás familias, como mínimo, nun informe escrito trimestral cuxo contido e formato é definido polo propio centro (obrigatorio no 2º ciclo).  Consideracións sobre a elaboración do informe ás familias: utilizar unha linguaxe sinxela e precisa evitando os tecnicismos, incluír só información contrastada, subliñar os logros e avances acadados, evitar as comparacións entre crianzas, proporcionar orientacións para a actuación das nais e pais, acompañar o informe dunha entrevista se é necesario, empregar un ton próximo e familiar que invite a ler.
  • 37. 6. O EXPEDIENTE PERSOAL  Ao inicio da escolarización, en cada un dos ciclos de Educación Infantil, o centro abrirá un expediente persoal do alumnado cuxa custodia e arquivo lles corresponde aos centros educativos.  Neste expediente consignaranse cando menos:  Informe persoal: recollerá os datos de identificación da nena/o, así como os datos familiares, psicopedagóxicos, médicos e sociais máis significativos, máis o resumo da escolaridade do 2º ciclo (cursos escolares realizados e centro en que a alumna/o estivo escolarizada/o cada curso académico).  Informe de avaliación inicial: recollerá os datos achegados na entrevista pola familia, as observacións relevantes durante o período de adaptación e as achegas dos períodos de escolarización anteriores, se os houber.  Informe anual de avaliación individualizado: será elaborado polo titor/a ao rematar cada curso a partir dos datos obtidos a través da avaliación continua.  Informe individualizado de final de ciclo: elaborado polo titor/a ao finalizar o 2º ciclo de Educación Infantil a partir dos datos máis relevantes dos informes de cada curso. (Información extraída da Orde do 25 de xuño de 2009)