SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza
www.stegsindicato.org steg@stegsindicato.org
VAISE EMBORA UN CONSELLEIRO NEFASTO:
Good bye, adios, adeus Jesús
O anuncio feito público estes días polo Partido Popular da cidade de Ourense de que designou por unanimidade
candidato á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais de Maio ao ata hoxe Conselleiro de Cultura, Educación e O.U.
Jesús Vázquez fai máis que previsíbel que se produza en breve (se cadra xa no Consello do goberno autónomo previsto
para o vindeiro xoves 5 de febreiro), o seu cesamento á fronte do citado departamento da Xunta.
Deixamos para os politólogos a disquisición sobre se tal movemento significa un ascenso ou unha degradación na
carreira política do interfecto, pois o que nos interesa, como sindicato defensor do ensino público, é deixar constancia
nesta particular hora do terríbel balanzo que deixa tras de si o ata hoxe conselleiro, que ten a dubidosa honra de ser,
en opinión do STEG, un dos xestores do ensino galego máis nocivos e negativos que lle tocou aturar desde o final do
franquismo. A escola pública galega, efectivamente, padeceu a nefasta xestión deste conselleiro en todas as vertentes
e de múltiplas maneiras.
O seu paso por San Caetano significou, en primeiro lugar, un deterioro sen precedentes nas condicións laborais,
profesionais e salariais do profesorado no seu conxunto. Non é só que aumentase a carga lectiva, envolvendo a medida
nun discurso de cuestionamento falaz do noso quefacer profesional. Nin que obrigase ao desempeño de tarefas que
corresponderíanaoutrotipodepersoalnondocente(gardadetransporte)ouquenoncubrisebaixaslaboraispormenos
de quince días.Tampouco que se enfrontase ás demandas atinadas do profesorado das Escolas Oficiais de Idiomas; que
conxelase durante cinco anos consecutivos os nosos salarios; que nos privase do cobro íntegro das correspondentes
pagas extras desde 2012; que suspendese durante varios cursos o pagamento das vacacións de verán a unha parte do
persoal interino e aos substitutos ou que penalizase salarialmente as baixas médicas, por moi xustificadas que estivesen.
É que tamén reduciu ata extremos rídículos a oferta de prazas nas oposicións, amortizou selvaxemente vacantes por
xubilación (taxa de reposición de só o 10%), incrementou exponencialmente as itinerancias e as interinidades (en dous
cursos, aumentaron nun 121% no corpo de mestres e nun 74% no de secundaria) e reduciu drasticamente curso tras
curso os planteis de profesorado estábel, mesmo infrinxindo cupos e catálogos de postos previamente acordados e
asinados cos sindicatos. Este nefasto conselleiro obrigou aos centros a asumir ratios na aula e imparticións de afíns que
constitúen, en calquera país europeo, atentados manifestos contra o mínimo concepto da calidade no ensino. Só por
sentenza xudiciaria acatou o dereito do profesorado á revisión médica, mais, en compensación, fixo que a tivese que
pasar nunha mutua privada, pois seica a sanidade pública non debía asumir semellante carga...
Tamén, coa LOMCE e coa “austeridade” neoliberal como bandeiras, este conselleiro ultraconservador, que fixo
seguidismo acrítico cando non directamente entusiástico das directrices emanadas do Ministerio do inefábel Wert,
quixo poñer a escola ao servizo de intereses espúreos, privatizadores, partidistas e confesionais.
Modificou o sistema de elección das direccións dos centros escolares, para que a Administración poida aplicar
cando queira a arbitrariedade e o “dedazo”. Deixou os Consellos Escolares sen capacidade decisoria, como meros
órganos consultivos. Sempre que puido, este conselleiro reforzou e aumentou as subvencións e os concertos coa
privada, incluída a segregacionista por razón de sexo, detraendo os necesarios recursos ás escolas públicas, que viron
reducidos os seus orzamentos en porcentaxes moitas veces próximas ao 20% dun ano para outro. Cando un centro
público e outro concertado solicitaron ao mesmo tempo a implantación de ciclos de formación profesional atractivos
e novidosos, non houbo nunca dúbida con este conselleiro sobre a que centro finalmente se lle concedería. Algúns IES
foron transformados por decreto en CIFPs sen o consenso nin o acordo previo negociado coa comunidade educativa
implicada, mentres que o exitoso programa Preescolar na Casa, despois dunha traxectoria impecábel de sete lustros,
foi finiquitado con alevosía por este conselleiro. Minguaron os fondos de programas para a atención á diversidade (o
PROA, por exemplo), así como os diñeiros para axudas e bolsas de estudo, axudando a abrir na propia escola esa fenda
social que se exacerba con inxustiza. Este conselleiro reduciu sensibelmente os programas de mellora de instalacións
e dotación de bibliotecas e privou a todas as familias do acceso gratuíto aos libros de texto. Tamén eliminou outros
materiais de uso escolar das axudas, obrigou a boa parte dos fogares ao repago dos servizos de comedor e transporte e
foi desmantelando e precarizando pouco a pouco, en cada comezo de novo curso, a imprescindíbel rede de orientación
que debería atender o alumnado con dificultades de aprendizaxe e necesidades especiais.
Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza
www.stegsindicato.org steg@stegsindicato.org
O conselleiro saínte trouxo tamén consigo unha actitude despótica, autoritarista, prepotente e pechada ao diálogo,
como poden testemuñar elocuentemente, poñamos exemplos, o expedientado director do IES Illa de Arousa ou o
alumnado e profesorado das Escolas Artísticas Superiores, que se mobilizou con razón pola problemática sangrante da
homologación europea dos seus estudos. JesúsVázquez converteu en pouco menos que decorativa a Mesa Sectorial de
Educación e desouviu unha e outra vez as fundadas resolucións do Consello Escolar de Galicia en temas fulcrais, como a
LOMCE, o Decreto de Plurilingüismo (probabelmente o baldón máis grande que deixará este conselleiro para a Historia)
ou a nova FP. Empregou partidistamente, ademais, a páxina web institucional, contestando con medias verdades e
insidias, ás veces mesmo en sede parlamentaria, as máis que xustificadas críticas á súa xestión feitas desde todos e cada
un dos sectores da comunidade educativa. A chapuza que montou co baremo do Concurso Xeral de Traslados naceu
asemade desa total incapacidade súa para a negociación e o diálogo co profesorado e dese afán de unilateralismo de
“ordeno y mando”que deu en despregar acotío.
Cando as sentenzas dos Tribunais lle quitaron a razón en varios dos seus “decretos-estrela” ou cuestionaron a
legalidade da súa política de contratación laboral (caso do profesorado dos cursos CELGA), actuou e manobrou
para seguir conculcando dereitos e burlando a lei en vez de cumprila, como se esperaría de calquera gobernante
verdadeiramente democrático. E cando os temporais de inverno bateron nos centros educativos e puxeron en risco a
integridade dos escolares, o conselleiro inventou unha maneira curiosa de escamotear a súa propia responsabilidade
apelando a unha“autonomía dos centros”que despois, para calquera outra demanda xustificada que veña deles (máis
dotación de profesorado, un reforzo extra de PT ou AL, máis recursos materiais, adaptacións de horarios, mellora das
liñas de transporte escolar, etc.), deixa en auga de castañas ou mesmo reprime con autoritaria saña. A precipitación e a
improvisacióndemostradas pola Consellería de JesúsVázquez ao comezo deste curso 2014-15, por mor da implantación
dos novos currículos da Primaria e da nova rede da FPBásica (que significou, a respecto dos antigos PCPIs, un drástico
baixón no número de alumnado acollido á modalidade), bateron todos os récords, mais, para compensalas, unha parte
do corpo de Inspectores, seguindo consignas súas, dedicouse a facer insoportábel a presión sobre os docentes para que
elaborasen as novas programacións ou a improvisar respostas distintas para a probelmática das coordinacións de ciclo,
nun exercicio de desvío de responsabilidades e de malabarismo legal realmente tan audaz como patético.
Queremos pensar que a marcha deste conselleiro abrirá unha nova fase menos negativa e danina para o ensino público
galego e que a persoa que veña ocupar esa mesma responsabilidade terá a suficiente honestidade, sensibilidade e,
chegado o caso, valentía política como para modificar, en beneficio de todos, moitos aspectos esenciais da anterior
xestión, a comezar por unha necesaria actitude de maior respecto e escoita atenta ás demandas e reivindicacións que
lle cheguen dos diversos sectores da comunidade educativa. De non ser así, teranos novamente en fronte, pois nada
concibimos máis contrario ao desenvolvemento integral da escola galega que manter as directrices implantadas polo
conselleiro agora saínte.
En último caso, confiamos en que a lucidez e a madurez cívicas da sociedade ourensá no seu conxunto poñerán fin
cunha merecida derrota democrática nas urnas á carreira política de Jesús Vázquez, quen tanto dano imperdoábel leva
feito nos últimos anos ao noso sistema educativo público.
Secretariado Nacional do STEG
3 de febreiro de 2015
VAISE EMBORA UN CONSELLEIRO NEFASTO:
Good bye, adios, adeus Jesús

More Related Content

Similar to Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.

Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)satelite1
 
comunicado plataforma probas avaliación
 comunicado plataforma probas avaliación comunicado plataforma probas avaliación
comunicado plataforma probas avaliaciónanpadeares
 
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdfconvocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdfssuser42eafa
 
Emendas UXT Decr Galego
Emendas UXT Decr GalegoEmendas UXT Decr Galego
Emendas UXT Decr Galegocenlf
 
Programa Completo
Programa CompletoPrograma Completo
Programa Completoluiscastedo
 
2013 09-26 pnc profesorado apoio ferrol 090013050
2013 09-26 pnc profesorado apoio ferrol 0900130502013 09-26 pnc profesorado apoio ferrol 090013050
2013 09-26 pnc profesorado apoio ferrol 090013050Jorge Suárez
 
Carta conselleiro alumnado
Carta conselleiro alumnadoCarta conselleiro alumnado
Carta conselleiro alumnadoFernando Carrera
 
Memoria biblio2019
Memoria biblio2019Memoria biblio2019
Memoria biblio2019vilabarreiro
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 

Similar to Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura. (20)

Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)
 
comunicado plataforma probas avaliación
 comunicado plataforma probas avaliación comunicado plataforma probas avaliación
comunicado plataforma probas avaliación
 
Carta aos pais do IES As Lagoas
Carta  aos pais do IES As LagoasCarta  aos pais do IES As Lagoas
Carta aos pais do IES As Lagoas
 
Escrito aos pais
Escrito aos paisEscrito aos pais
Escrito aos pais
 
Escrito aos pais
Escrito aos paisEscrito aos pais
Escrito aos pais
 
Escrito aos pais do IES As Lagoas
Escrito aos pais do IES As LagoasEscrito aos pais do IES As Lagoas
Escrito aos pais do IES As Lagoas
 
Escrito aos pais
Escrito aos paisEscrito aos pais
Escrito aos pais
 
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdfconvocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
 
Emendas UXT Decr Galego
Emendas UXT Decr GalegoEmendas UXT Decr Galego
Emendas UXT Decr Galego
 
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
 
Pregunta para a súa resposta oral en Comisión 4.ª, Educación e Cultura.
Pregunta para a súa resposta oral en Comisión 4.ª, Educación e Cultura.Pregunta para a súa resposta oral en Comisión 4.ª, Educación e Cultura.
Pregunta para a súa resposta oral en Comisión 4.ª, Educación e Cultura.
 
Plan de igualdade pedrafita 2020
Plan de igualdade pedrafita 2020Plan de igualdade pedrafita 2020
Plan de igualdade pedrafita 2020
 
Programa Completo
Programa CompletoPrograma Completo
Programa Completo
 
Programa completo
Programa completoPrograma completo
Programa completo
 
2013 09-26 pnc profesorado apoio ferrol 090013050
2013 09-26 pnc profesorado apoio ferrol 0900130502013 09-26 pnc profesorado apoio ferrol 090013050
2013 09-26 pnc profesorado apoio ferrol 090013050
 
Carta conselleiro alumnado
Carta conselleiro alumnadoCarta conselleiro alumnado
Carta conselleiro alumnado
 
Biblioteca
BibliotecaBiblioteca
Biblioteca
 
Interpelación á Mesa do Parlamento de Galicia
Interpelación á Mesa do Parlamento de GaliciaInterpelación á Mesa do Parlamento de Galicia
Interpelación á Mesa do Parlamento de Galicia
 
Memoria biblio2019
Memoria biblio2019Memoria biblio2019
Memoria biblio2019
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 

More from A Curuxa da Veiga

No acertamos con la formación inicial del profesorado. (Alfredo Pérez Rubalcaba)
No acertamos con la formación inicial del profesorado. (Alfredo Pérez Rubalcaba)No acertamos con la formación inicial del profesorado. (Alfredo Pérez Rubalcaba)
No acertamos con la formación inicial del profesorado. (Alfredo Pérez Rubalcaba)A Curuxa da Veiga
 
A obra de Recaredo Paz continúa
A obra de Recaredo Paz continúaA obra de Recaredo Paz continúa
A obra de Recaredo Paz continúaA Curuxa da Veiga
 
A obra de Recaredo Paz continúa 8
A obra de Recaredo Paz continúa 8A obra de Recaredo Paz continúa 8
A obra de Recaredo Paz continúa 8A Curuxa da Veiga
 
Entrevista José Luis Pazos FAPA 13-02-07 revista escuela
Entrevista José Luis Pazos   FAPA 13-02-07 revista escuelaEntrevista José Luis Pazos   FAPA 13-02-07 revista escuela
Entrevista José Luis Pazos FAPA 13-02-07 revista escuelaA Curuxa da Veiga
 
Entrevista josé luis pazos fapa 13-02-07 revista escuela
Entrevista josé luis pazos   fapa 13-02-07 revista escuelaEntrevista josé luis pazos   fapa 13-02-07 revista escuela
Entrevista josé luis pazos fapa 13-02-07 revista escuelaA Curuxa da Veiga
 
Entrevista angel i. pérez gómez (1)
 Entrevista angel i. pérez gómez (1) Entrevista angel i. pérez gómez (1)
Entrevista angel i. pérez gómez (1)A Curuxa da Veiga
 
Entrevista ángel i. pérez gómez(2)
Entrevista ángel i. pérez gómez(2)Entrevista ángel i. pérez gómez(2)
Entrevista ángel i. pérez gómez(2)A Curuxa da Veiga
 
Entrevista a mario badera en escuela (2)
Entrevista a mario badera en escuela (2)Entrevista a mario badera en escuela (2)
Entrevista a mario badera en escuela (2)A Curuxa da Veiga
 
Entrevista a mario badera en escuela (1)
Entrevista a mario badera en escuela (1)Entrevista a mario badera en escuela (1)
Entrevista a mario badera en escuela (1)A Curuxa da Veiga
 

More from A Curuxa da Veiga (20)

Roteiro carlos casares
Roteiro carlos casaresRoteiro carlos casares
Roteiro carlos casares
 
09 entrevista pe_4074_2015
09 entrevista pe_4074_201509 entrevista pe_4074_2015
09 entrevista pe_4074_2015
 
08 entrevista pe_4074_2015
08 entrevista pe_4074_201508 entrevista pe_4074_2015
08 entrevista pe_4074_2015
 
No acertamos con la formación inicial del profesorado. (Alfredo Pérez Rubalcaba)
No acertamos con la formación inicial del profesorado. (Alfredo Pérez Rubalcaba)No acertamos con la formación inicial del profesorado. (Alfredo Pérez Rubalcaba)
No acertamos con la formación inicial del profesorado. (Alfredo Pérez Rubalcaba)
 
33 escue 4006
33 escue 400633 escue 4006
33 escue 4006
 
32 escue 4006
32 escue 400632 escue 4006
32 escue 4006
 
A obra de Recaredo Paz continúa
A obra de Recaredo Paz continúaA obra de Recaredo Paz continúa
A obra de Recaredo Paz continúa
 
A obra de Recaredo Paz continúa 8
A obra de Recaredo Paz continúa 8A obra de Recaredo Paz continúa 8
A obra de Recaredo Paz continúa 8
 
Entrevista con Xurxo Torres
Entrevista con Xurxo TorresEntrevista con Xurxo Torres
Entrevista con Xurxo Torres
 
Escue33(3)
Escue33(3)Escue33(3)
Escue33(3)
 
Entrevista José Luis Pazos FAPA 13-02-07 revista escuela
Entrevista José Luis Pazos   FAPA 13-02-07 revista escuelaEntrevista José Luis Pazos   FAPA 13-02-07 revista escuela
Entrevista José Luis Pazos FAPA 13-02-07 revista escuela
 
Entrevista josé luis pazos fapa 13-02-07 revista escuela
Entrevista josé luis pazos   fapa 13-02-07 revista escuelaEntrevista josé luis pazos   fapa 13-02-07 revista escuela
Entrevista josé luis pazos fapa 13-02-07 revista escuela
 
Entrevista angel i. pérez gómez (1)
 Entrevista angel i. pérez gómez (1) Entrevista angel i. pérez gómez (1)
Entrevista angel i. pérez gómez (1)
 
Entrevista ángel i. pérez gómez(2)
Entrevista ángel i. pérez gómez(2)Entrevista ángel i. pérez gómez(2)
Entrevista ángel i. pérez gómez(2)
 
Aixiña
AixiñaAixiña
Aixiña
 
Escue33
Escue33Escue33
Escue33
 
Escue32
Escue32Escue32
Escue32
 
Entrevista a mario badera en escuela (2)
Entrevista a mario badera en escuela (2)Entrevista a mario badera en escuela (2)
Entrevista a mario badera en escuela (2)
 
Entrevista a mario badera en escuela (1)
Entrevista a mario badera en escuela (1)Entrevista a mario badera en escuela (1)
Entrevista a mario badera en escuela (1)
 
Carabaña 2pdf
Carabaña 2pdfCarabaña 2pdf
Carabaña 2pdf
 

Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.

  • 1. Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza www.stegsindicato.org steg@stegsindicato.org VAISE EMBORA UN CONSELLEIRO NEFASTO: Good bye, adios, adeus Jesús O anuncio feito público estes días polo Partido Popular da cidade de Ourense de que designou por unanimidade candidato á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais de Maio ao ata hoxe Conselleiro de Cultura, Educación e O.U. Jesús Vázquez fai máis que previsíbel que se produza en breve (se cadra xa no Consello do goberno autónomo previsto para o vindeiro xoves 5 de febreiro), o seu cesamento á fronte do citado departamento da Xunta. Deixamos para os politólogos a disquisición sobre se tal movemento significa un ascenso ou unha degradación na carreira política do interfecto, pois o que nos interesa, como sindicato defensor do ensino público, é deixar constancia nesta particular hora do terríbel balanzo que deixa tras de si o ata hoxe conselleiro, que ten a dubidosa honra de ser, en opinión do STEG, un dos xestores do ensino galego máis nocivos e negativos que lle tocou aturar desde o final do franquismo. A escola pública galega, efectivamente, padeceu a nefasta xestión deste conselleiro en todas as vertentes e de múltiplas maneiras. O seu paso por San Caetano significou, en primeiro lugar, un deterioro sen precedentes nas condicións laborais, profesionais e salariais do profesorado no seu conxunto. Non é só que aumentase a carga lectiva, envolvendo a medida nun discurso de cuestionamento falaz do noso quefacer profesional. Nin que obrigase ao desempeño de tarefas que corresponderíanaoutrotipodepersoalnondocente(gardadetransporte)ouquenoncubrisebaixaslaboraispormenos de quince días.Tampouco que se enfrontase ás demandas atinadas do profesorado das Escolas Oficiais de Idiomas; que conxelase durante cinco anos consecutivos os nosos salarios; que nos privase do cobro íntegro das correspondentes pagas extras desde 2012; que suspendese durante varios cursos o pagamento das vacacións de verán a unha parte do persoal interino e aos substitutos ou que penalizase salarialmente as baixas médicas, por moi xustificadas que estivesen. É que tamén reduciu ata extremos rídículos a oferta de prazas nas oposicións, amortizou selvaxemente vacantes por xubilación (taxa de reposición de só o 10%), incrementou exponencialmente as itinerancias e as interinidades (en dous cursos, aumentaron nun 121% no corpo de mestres e nun 74% no de secundaria) e reduciu drasticamente curso tras curso os planteis de profesorado estábel, mesmo infrinxindo cupos e catálogos de postos previamente acordados e asinados cos sindicatos. Este nefasto conselleiro obrigou aos centros a asumir ratios na aula e imparticións de afíns que constitúen, en calquera país europeo, atentados manifestos contra o mínimo concepto da calidade no ensino. Só por sentenza xudiciaria acatou o dereito do profesorado á revisión médica, mais, en compensación, fixo que a tivese que pasar nunha mutua privada, pois seica a sanidade pública non debía asumir semellante carga... Tamén, coa LOMCE e coa “austeridade” neoliberal como bandeiras, este conselleiro ultraconservador, que fixo seguidismo acrítico cando non directamente entusiástico das directrices emanadas do Ministerio do inefábel Wert, quixo poñer a escola ao servizo de intereses espúreos, privatizadores, partidistas e confesionais. Modificou o sistema de elección das direccións dos centros escolares, para que a Administración poida aplicar cando queira a arbitrariedade e o “dedazo”. Deixou os Consellos Escolares sen capacidade decisoria, como meros órganos consultivos. Sempre que puido, este conselleiro reforzou e aumentou as subvencións e os concertos coa privada, incluída a segregacionista por razón de sexo, detraendo os necesarios recursos ás escolas públicas, que viron reducidos os seus orzamentos en porcentaxes moitas veces próximas ao 20% dun ano para outro. Cando un centro público e outro concertado solicitaron ao mesmo tempo a implantación de ciclos de formación profesional atractivos e novidosos, non houbo nunca dúbida con este conselleiro sobre a que centro finalmente se lle concedería. Algúns IES foron transformados por decreto en CIFPs sen o consenso nin o acordo previo negociado coa comunidade educativa implicada, mentres que o exitoso programa Preescolar na Casa, despois dunha traxectoria impecábel de sete lustros, foi finiquitado con alevosía por este conselleiro. Minguaron os fondos de programas para a atención á diversidade (o PROA, por exemplo), así como os diñeiros para axudas e bolsas de estudo, axudando a abrir na propia escola esa fenda social que se exacerba con inxustiza. Este conselleiro reduciu sensibelmente os programas de mellora de instalacións e dotación de bibliotecas e privou a todas as familias do acceso gratuíto aos libros de texto. Tamén eliminou outros materiais de uso escolar das axudas, obrigou a boa parte dos fogares ao repago dos servizos de comedor e transporte e foi desmantelando e precarizando pouco a pouco, en cada comezo de novo curso, a imprescindíbel rede de orientación que debería atender o alumnado con dificultades de aprendizaxe e necesidades especiais.
  • 2. Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza www.stegsindicato.org steg@stegsindicato.org O conselleiro saínte trouxo tamén consigo unha actitude despótica, autoritarista, prepotente e pechada ao diálogo, como poden testemuñar elocuentemente, poñamos exemplos, o expedientado director do IES Illa de Arousa ou o alumnado e profesorado das Escolas Artísticas Superiores, que se mobilizou con razón pola problemática sangrante da homologación europea dos seus estudos. JesúsVázquez converteu en pouco menos que decorativa a Mesa Sectorial de Educación e desouviu unha e outra vez as fundadas resolucións do Consello Escolar de Galicia en temas fulcrais, como a LOMCE, o Decreto de Plurilingüismo (probabelmente o baldón máis grande que deixará este conselleiro para a Historia) ou a nova FP. Empregou partidistamente, ademais, a páxina web institucional, contestando con medias verdades e insidias, ás veces mesmo en sede parlamentaria, as máis que xustificadas críticas á súa xestión feitas desde todos e cada un dos sectores da comunidade educativa. A chapuza que montou co baremo do Concurso Xeral de Traslados naceu asemade desa total incapacidade súa para a negociación e o diálogo co profesorado e dese afán de unilateralismo de “ordeno y mando”que deu en despregar acotío. Cando as sentenzas dos Tribunais lle quitaron a razón en varios dos seus “decretos-estrela” ou cuestionaron a legalidade da súa política de contratación laboral (caso do profesorado dos cursos CELGA), actuou e manobrou para seguir conculcando dereitos e burlando a lei en vez de cumprila, como se esperaría de calquera gobernante verdadeiramente democrático. E cando os temporais de inverno bateron nos centros educativos e puxeron en risco a integridade dos escolares, o conselleiro inventou unha maneira curiosa de escamotear a súa propia responsabilidade apelando a unha“autonomía dos centros”que despois, para calquera outra demanda xustificada que veña deles (máis dotación de profesorado, un reforzo extra de PT ou AL, máis recursos materiais, adaptacións de horarios, mellora das liñas de transporte escolar, etc.), deixa en auga de castañas ou mesmo reprime con autoritaria saña. A precipitación e a improvisacióndemostradas pola Consellería de JesúsVázquez ao comezo deste curso 2014-15, por mor da implantación dos novos currículos da Primaria e da nova rede da FPBásica (que significou, a respecto dos antigos PCPIs, un drástico baixón no número de alumnado acollido á modalidade), bateron todos os récords, mais, para compensalas, unha parte do corpo de Inspectores, seguindo consignas súas, dedicouse a facer insoportábel a presión sobre os docentes para que elaborasen as novas programacións ou a improvisar respostas distintas para a probelmática das coordinacións de ciclo, nun exercicio de desvío de responsabilidades e de malabarismo legal realmente tan audaz como patético. Queremos pensar que a marcha deste conselleiro abrirá unha nova fase menos negativa e danina para o ensino público galego e que a persoa que veña ocupar esa mesma responsabilidade terá a suficiente honestidade, sensibilidade e, chegado o caso, valentía política como para modificar, en beneficio de todos, moitos aspectos esenciais da anterior xestión, a comezar por unha necesaria actitude de maior respecto e escoita atenta ás demandas e reivindicacións que lle cheguen dos diversos sectores da comunidade educativa. De non ser así, teranos novamente en fronte, pois nada concibimos máis contrario ao desenvolvemento integral da escola galega que manter as directrices implantadas polo conselleiro agora saínte. En último caso, confiamos en que a lucidez e a madurez cívicas da sociedade ourensá no seu conxunto poñerán fin cunha merecida derrota democrática nas urnas á carreira política de Jesús Vázquez, quen tanto dano imperdoábel leva feito nos últimos anos ao noso sistema educativo público. Secretariado Nacional do STEG 3 de febreiro de 2015 VAISE EMBORA UN CONSELLEIRO NEFASTO: Good bye, adios, adeus Jesús