SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 4
Descargar para leer sin conexión
A PREPARACIÓN FÍSICA EN IDADES DE FORMACIÓN
A ADECUACIÓN DA ACTIVIDADE FÍSICA COA IDADE EVOLUTIVA DO NENO
A ACTIVIDADE FÍSICA É UN COMPOÑENTE ESENCIAL NO DESENVOLVEMENTO
PSICOMOTRIZ DOS MAIS PEQUENOS. OS/AS NENOS/AS PODEN SER ESTIMULADOS
DENDE IDADES MOI TEMPERÁS PARA QUE EVOLUCIONEN NA REALIZACIÓN E NA
CONSECUCIÓN DOS EXERCICIOS, O CAL FAVORECERÁ O SEU DESENVOLVEMENTO DO
APARELLO MOTOR.
Pero a tendencia a unha cada vez maior precocidade na importancia de adestramentos
específicos para os nenos xerou un notable incremento de alteracións orgánicas que nalgúns
casos chegou a incapacitar totalmente a estes «aspirantes» a deportistas para posibles
prestacións futuras.
A intención que aquí se pretende é a de facer reflexionar a aqueles adestradores/profesores
acerca da situación do noso grupo de traballo e axudar a actuar da mellor maneira posible en
favor da educación deportiva dos máis pequenos, dirixindo os nosos obxectivos a acadar un
amplo desenvolvemento motor que permítalles posteriormente acadar niveis máis altos de
rendemento e non apresurarnos en adquirir determinados xestos técnicos, que, en definitiva, só
farán que o noso ego quede satisfeito.
A iniciación deportiva ten un carácter formativo (desenvolvemento de calidades físicas básicas,
adquisición de hábitos de conduta -quencemento, comprensión do adestramento físico, etc.-),
mentres que a especialización require a aprendizaxe e a capacidade de movemento.
O obxectivo será o de formar ao neno sobre unha secuencia lóxica de traballo que permita ao
mozo deportista chegar á época da súa madurez física nas mellores condicións para conseguir os
logros deportivos. Non se pode esquecer que as prácticas deportivas deben adaptarse ás
condicións fisiolóxicas e de desenvolvemento do deportista.
A eficiencia física e a capacidade para cumprir cunha tarefa motora melloran co crecemento do
mesmo modo que progresa a súa coordinación neuromuscular.
A preparación condicional dos deportistas en idades de formación converteuse durante os últimos
anos nun aspecto determinante no rendemento final do xogo. O baloncesto é unha disciplina
deportiva que polas súas características depende intimamente de accións máximas de carácter
explosivo desenvolvidas a unha alta velocidade de execución con alto grao de precisión.
A resolución de accións individuais á máxima velocidade aplicada á técnica deportiva, determinará
a finalización dos diferentes xestos técnicos que interveñen durante a competición. A maioría
destas capacidades deben ser adestradas en períodos delimitados no tempo en que o organismo
é sensible perante determinados estímulos.
O desenvolvemento dos subcomponentes das cualidades físicas no proceso de formación dun
deportista, teranse en conta aspectos como:
➡ A idade biolóxica do xogador.
➡ As fases sensibles e/ou críticas.
➡ Concepto de multilateralidade orientada.
➡ A especificidade do adestramento.
Estes conceptos permiten o desenvolvemento óptimo ao longo do período de adestramento
dunhxogador de baloncesto dende a iniciación ata o alto rendemento.
Da mesma forma, o coñecemento preciso das modificacións e o impacto interno que xenera a
competición no deportista en categorías inferiores, serán determinantes para realizar un
plantexamento correcto do adestramento.
CUCO RODRÍGUEZ - PREPARADOR FÍSICO BEIRASAR ROSALÍA
INCONVENINTES DUNHA INICIACIÓN DEPORTIVA ESPECIALIZADA:
A especialización deportiva, en idades excesivamente temperás, non nos asegura un alto nivel de
rendemento a longo prazo e pode ser causa, nos mozos xogadores de trastornos relacionados
con:
➡ Perturbacións no proceso de desenvolvemento.
➡ Aumento do risco na aparición de lesións agudas e crónicas do aparello locomotor.
➡ Incremento das posibilidades de padecer trastornos psicolóxicos asociados a unha
práctica deportiva excesivamente esixente e especializada: ansiedade, tensión, fatiga
psíquica, etc.
➡ E finalmente, como consecuencia do anterior, aumento notable do prematuro abandono
da práctica deportiva
FASES SENSIBLES NO DESENVOLVEMENTO DAS CUALIDADES FÍSICAS
Unha fase sensible sería aquela na que é máis fácil desenvolver óptimamente unha determinada
cualidade cun volume de adestramento mínimo. Este desenvolvemento óptimo enténdese co
concepto de que é máis fácil e eficaz estimular unha capacidade de cando está madurando que
cando xa madurou. Cando se está desenvolvendo dita cualidade, a carga de adestramento total
para o seu desenvolvemento non ten por que ser elevada. Cando se rebasa este período, é
necesario máis adestramento para, posiblemente, obter peores desenvolvementos relativos.
FASES SENSIBLES DA FORZA:
Das manifestacións de forza posibles, a potencia e forza resistencia se desenvolven desde os 8
aos 12 anos, con estímulos de baixa sobrecarga e elevada velocidade (para a potencia) ou tempo
de actuación (resistencia).
Doutra banda, o desenvolvemento da forza máxima varía en canto ao sexo se refire. Para as
nenas, a fase sensible do desenvolvemento abarca dende os 11 aos 13-14 anos, sen embargo,
nos rapaces, a fase sensible preséntase a partir dos 12-13 anos, e maniféstase con maior
intensidade debido, principalmente, á produción de hormonas anabolizantes e de maduración
sexual.
O incremento da forza nestas etapas, débese fundamentalmente á mellor coordinación
intramuscular (axeitada coordinación de fibras musculares dun mesmo músculo) e intermuscular
(coordinación entre diferentes grupos musculares)
FASES SENSIBLES DA VELOCIDADE:
No que fai á velocidade de reacción e frecuencia de movementos, a fase sensible preséntase
especialmente extensa, dende os 6 aos 12 anos. Esta prolongación no tempo baséase no proceso
de maduración do SNC que, como é coñecido, é o sistema de menor velocidade madurativa do
ser humano.
Ademais, hemos de ter en conta o proceso madurativo do sistema muscular, se ve afectado no
mesmo tempo, pola transformación de fibras de contracción máis lenta a fibras musculares de
contracción máis rápida. Unha vez finalizadas as fases sensibles, os procesos de adestramento
da velocidade non guindan bos resultados.
En canto ás manifestacións de velocidade máxima, capacidade de aceleración, velocidade
acíclica, etc., que demandan un desenvolvemento muscular esquelético superior, presentan unha
fase sensible algo posterior, situándose a as nenas dende os 8 aos 11-12 anos e aos nenos
dende os 8 aos 15, acorde co desenvolvemento muscular máis tardío destes.
FASES SENSIBLES DA RESISTENCIA:
A resistencia aeróbica pódese adestrar dende os 5 aos 18 anos, sendo a capacidade máis neutra.
Os consumos de osíxeno absolutos máis elevados se conseguen entre os 15 e os 18 anos,
dependendo dos sexos (aínda que en suxetos adestrados, este aumento pode manterse e incluso
incrementarse en idades posteriores).
CUCO RODRÍGUEZ - PREPARADOR FÍSICO BEIRASAR ROSALÍA
Os consumos de osíxeno relativos máis altos en idades de desenvolvemento se producen entre
os 11 e os 13 anos.
No que fai á resistencia anaeróbica, é necesario esperar aos procesos madurativos da pubertade
para poder incidir nela, xa que antes desta fase, a intervención do metabolismo anaeróbico é
reducida e principalmente proveniente dos depósitos de fosfocreatina e ATP muscular, é dicir, sen
produción de ácido láctico.
Non obstante, é moi importante non abusar de estímulos de carácter láctico nos mozos, xa que
isto podería limitar as súas funcións de desenvolvemento posterior.
FASES SENSIBLES DA FLEXIBILIDADE:
A flexibilidade é a única capacidade física que involuciona ao longo do desenvolvemento do
individuo. Por iso, en idades temperás e debido á escasa masa muscular e a súa elasticidade, a
flexibilidade pasiva mostra valores moi elevados.
A flexibilidade de tipo activo, ao necesitar un determinado desenvolvemento e coordinación
muscular presenta distintas fases sensibles en nenos e nenas.
Entre os 8 e os 11 anos en nenas e os 8 e 12-13 anos nos nenos.
Como conclusión a este artigo queremos propoñer unha serie de ideas para levar a cabo unha
correcta planificación nas diferentes etapas de formación:
11-13 anos
• É a Idade de Ouro do aprendizaxe motor, e xa que logo hai que mellorar a coordinación e a
técnica.
• Atráelle fundamentalmente o xogo.
• Ten tamén afán competitivo (aumenta aos 13-14 anos).
• A carreira, o chouto e os lanzamentos deben predominar sobre outras actividades.
• Débese basear a actividade (aspecto fundamental) na variedade e orixinalidade.
• Pode empezarse a regrar o adestramento da velocidade e da resistencia aeróbica.
• Resistencia aeróbica:
• Por medio de carreira continua ou fraccionada. Non exceder os 20' ou 30'.
• 1/2 veces por semana. Se existe E. Física Escolar. 10'-12' como quencemento.
• Velocidade: Por medio da velocidade de reacción, desprazamentos,...
• Iniciación á Forza, pero evitando grandes traccións musculares e apoios sobre as
extremidades.
• Os nenos soportan mal as posicións estáticas do corpo e a tensión muscular prolongada.
• O feito de que o neno teña preferencia por actividades de curta duración explícase por
causas fisiolóxicas como unha menor capacidade de atención, a necesidade de estímulos
recreacionais, e unha menor motivación social para deporte de longa duración.
• FCd (frecuencia cardíaca): Débese ensinar a tomarse o pulso.
14-16 anos
• Idade ideal para iniciar a preparación orientada á especialización.
• Debe manterse o traballo de Resistencia Aeróbica, Flexibilidade, Coordinación e Velocidade
(cíclica e acíclica -deportes de equipo-), xa con sistemas de adestramento máis intensivo.
• Debe programarse xa o adestramento progresivo de Forza. O traballo de Forza debe rexerse
polos seguintes principios:
• Formación polivalente e multilateral.
CUCO RODRÍGUEZ - PREPARADOR FÍSICO BEIRASAR ROSALÍA
• Utilizar primeiro o propio peso do corpo (autocarga) - Empurrar, erguer, saltar, escalar,
xogar con balóns medicinais, exercicios con aparellos gimnásticos, caixóns e aparellos
simples, serán algunhas das actividades fundamentais.
• Dito traballo debe ser progresivo e acorde á condición do individuo en relación á súa idade
biolóxica (distinta da cronolóxica).
• Necesidade de fortalecer a rexión do tronco (músculos abdominais e lumbares).
16-18 anos
• É o momento de intensificar os sistemas de adestramento propios da especialidade.
• O adestramento pode xa asemellarse cualitativamente ao do adulto.
• Han de respetarse os principios xerais do adestramento: sobrecarga progresiva, sobrecarga
periódica, variación das cargas, orde correcto das cargas en cada sesión.
CONCLUSIÓNS
Pódense resumir nos Principios Fundamentais sobre a Actividade Física no Neno, principios que
deben ter moi presentes todos aqueles que desenvolvan actividades con este tipo de colectivo.
• O neno non é un adulto en miniatura, senón un ser en evolución.
• A cada etapa de crecemento corresponden unhas características biolóxicas que deben ser
respetadas.
• Hai que adaptar a actividade física ao neno, non ao revés.
• Iniciación multideportiva precoz (a partir dos 6 anos) e especialización tardía (post-puberal).
Procurar exercicios simétricos e compensatorios.
• Preparación aeróbica precoz, anaeróbica tardía. Sobrecarga do aparello locomotor tardía.
• Debe haber un equilibrio actividade física - repouso - estudo.
• Previo a toda práctica deportiva débese realizar un exame médico, así como revisións
posteriores de control.
• «Quen chega a campión antes dos 18 anos, perdeu gran parte das súas posibilidades».
POSIBLEMENTE MOITOS DE NÓS BUSQUEMOS UN RENDEMENTO PREMATURO NOS
NOSOS NENOS CO FIN DE CONSEGUIR UN CAMPIONATO OU UN TORNEO PRETENDENDO
O RECOÑECEMENTO PERSOAL DE PAIS, DIRECTIVOS, AMIGOS, FAMILIARES… PERO
DEBEMOS PARARNOS A PENSAR QUE, A QUEN TEMOS AO NOSO CARGO SON NENOS E
QUE MOITAS VECES PASAMOS POR ALTO DETALLES IMPORTANTES NA EDUCACIÓN
DEPORTIVA DOS MÁIS MOZOS.
BIBLIOGRAFÍA:
AEEB (1989) SEMINARIO DE PREPARACIÓN FÍSICAEN O BALONCESTO
HANN, E (1988) “ADESTRAMENTO CON NENOS” Ed. Martínez Rocha.
NAVARRO, F. (1994) EVOLUCIÓN DAS CAPACIDADES FÍSICAS E SEU ADESTRAMENTO
REFOYO, I. (2003) APUNTAMENTOS ESCOLA NACIONAL DE ADESTRADORES.
ZARZA, T. (2004) APUNTAMENTOS LCCAFD, PONTEVEDRA.
MORAL, L.; SAMPEDRO, J. (1992) EXPERIENCIA PILOTO PARA O COÑECEMENTO E
AXUSTAMENTO DAS CARGAS DE ADESTRAMENTO. AEEB. CLINIC.
CUCO RODRÍGUEZ - PREPARADOR FÍSICO BEIRASAR ROSALÍA

Más contenido relacionado

Destacado

Eibar pretemporada 2008 2009
Eibar pretemporada 2008 2009Eibar pretemporada 2008 2009
Eibar pretemporada 2008 2009WILLY FDEZ
 
Semana 1 septiembre
Semana 1 septiembreSemana 1 septiembre
Semana 1 septiembreWILLY FDEZ
 
MICROCICLO PRETEMPORADA. R.C.D. ESPAÑOL
MICROCICLO PRETEMPORADA. R.C.D. ESPAÑOLMICROCICLO PRETEMPORADA. R.C.D. ESPAÑOL
MICROCICLO PRETEMPORADA. R.C.D. ESPAÑOLWILLY FDEZ
 
Porteros mesociclo competitivo 1
Porteros mesociclo competitivo 1Porteros mesociclo competitivo 1
Porteros mesociclo competitivo 1WILLY FDEZ
 
80 fichas de entrenamiento para benjamines
80 fichas de entrenamiento para benjamines80 fichas de entrenamiento para benjamines
80 fichas de entrenamiento para benjaminesWILLY FDEZ
 
El Cuaderno Del Entrenador De FúTbol
El Cuaderno Del Entrenador De FúTbolEl Cuaderno Del Entrenador De FúTbol
El Cuaderno Del Entrenador De FúTbolHerreramartin10
 
Porteros mesociclo competitivo 2
Porteros mesociclo competitivo 2Porteros mesociclo competitivo 2
Porteros mesociclo competitivo 2WILLY FDEZ
 
Semana 2 agosto
Semana 2 agostoSemana 2 agosto
Semana 2 agostoWILLY FDEZ
 
Manual de entrenamiento tareas condicionales real madrid cf
Manual de entrenamiento tareas condicionales real madrid cf Manual de entrenamiento tareas condicionales real madrid cf
Manual de entrenamiento tareas condicionales real madrid cf Elder Andrade
 
Trabajo para la base
Trabajo para la baseTrabajo para la base
Trabajo para la baseWILLY FDEZ
 
Sesiones f.c. barcelona juvenil 2
Sesiones f.c. barcelona juvenil 2Sesiones f.c. barcelona juvenil 2
Sesiones f.c. barcelona juvenil 2WILLY FDEZ
 
92895183 90-sesiones-de-entrenamiento-de-pep-guardiola-y-tito-vilanova
92895183 90-sesiones-de-entrenamiento-de-pep-guardiola-y-tito-vilanova92895183 90-sesiones-de-entrenamiento-de-pep-guardiola-y-tito-vilanova
92895183 90-sesiones-de-entrenamiento-de-pep-guardiola-y-tito-vilanovanico_crisfa
 
Enttos c. murcia 06 07 [reparado]
Enttos c. murcia  06 07 [reparado]Enttos c. murcia  06 07 [reparado]
Enttos c. murcia 06 07 [reparado]WILLY FDEZ
 
Entrenamientos 2005 2006 levante[1]
Entrenamientos 2005 2006 levante[1]Entrenamientos 2005 2006 levante[1]
Entrenamientos 2005 2006 levante[1]WILLY FDEZ
 
Sessions 0 20
Sessions 0 20Sessions 0 20
Sessions 0 20jorge
 
REAL MADRID JUVENIL. ENTRENAMIENTOS
REAL MADRID JUVENIL. ENTRENAMIENTOSREAL MADRID JUVENIL. ENTRENAMIENTOS
REAL MADRID JUVENIL. ENTRENAMIENTOSWILLY FDEZ
 

Destacado (17)

Eibar pretemporada 2008 2009
Eibar pretemporada 2008 2009Eibar pretemporada 2008 2009
Eibar pretemporada 2008 2009
 
Semana 1 septiembre
Semana 1 septiembreSemana 1 septiembre
Semana 1 septiembre
 
MICROCICLO PRETEMPORADA. R.C.D. ESPAÑOL
MICROCICLO PRETEMPORADA. R.C.D. ESPAÑOLMICROCICLO PRETEMPORADA. R.C.D. ESPAÑOL
MICROCICLO PRETEMPORADA. R.C.D. ESPAÑOL
 
Porteros mesociclo competitivo 1
Porteros mesociclo competitivo 1Porteros mesociclo competitivo 1
Porteros mesociclo competitivo 1
 
80 fichas de entrenamiento para benjamines
80 fichas de entrenamiento para benjamines80 fichas de entrenamiento para benjamines
80 fichas de entrenamiento para benjamines
 
El Cuaderno Del Entrenador De FúTbol
El Cuaderno Del Entrenador De FúTbolEl Cuaderno Del Entrenador De FúTbol
El Cuaderno Del Entrenador De FúTbol
 
Porteros mesociclo competitivo 2
Porteros mesociclo competitivo 2Porteros mesociclo competitivo 2
Porteros mesociclo competitivo 2
 
Semana 2 agosto
Semana 2 agostoSemana 2 agosto
Semana 2 agosto
 
Manual de entrenamiento tareas condicionales real madrid cf
Manual de entrenamiento tareas condicionales real madrid cf Manual de entrenamiento tareas condicionales real madrid cf
Manual de entrenamiento tareas condicionales real madrid cf
 
Trabajo para la base
Trabajo para la baseTrabajo para la base
Trabajo para la base
 
Sesiones f.c. barcelona juvenil 2
Sesiones f.c. barcelona juvenil 2Sesiones f.c. barcelona juvenil 2
Sesiones f.c. barcelona juvenil 2
 
92895183 90-sesiones-de-entrenamiento-de-pep-guardiola-y-tito-vilanova
92895183 90-sesiones-de-entrenamiento-de-pep-guardiola-y-tito-vilanova92895183 90-sesiones-de-entrenamiento-de-pep-guardiola-y-tito-vilanova
92895183 90-sesiones-de-entrenamiento-de-pep-guardiola-y-tito-vilanova
 
Enttos c. murcia 06 07 [reparado]
Enttos c. murcia  06 07 [reparado]Enttos c. murcia  06 07 [reparado]
Enttos c. murcia 06 07 [reparado]
 
Entrenamientos 2005 2006 levante[1]
Entrenamientos 2005 2006 levante[1]Entrenamientos 2005 2006 levante[1]
Entrenamientos 2005 2006 levante[1]
 
Sessions 0 20
Sessions 0 20Sessions 0 20
Sessions 0 20
 
REAL MADRID JUVENIL. ENTRENAMIENTOS
REAL MADRID JUVENIL. ENTRENAMIENTOSREAL MADRID JUVENIL. ENTRENAMIENTOS
REAL MADRID JUVENIL. ENTRENAMIENTOS
 
30 sesiones para la iniciación al fútbol
30 sesiones para la iniciación al fútbol30 sesiones para la iniciación al fútbol
30 sesiones para la iniciación al fútbol
 

Más de Pedro Apuntesbasket

Diez Reglas de Oro Para el Ataque
Diez Reglas de Oro Para el AtaqueDiez Reglas de Oro Para el Ataque
Diez Reglas de Oro Para el AtaquePedro Apuntesbasket
 
El juego de ataque por conceptos por Angel González Zoilo
El juego de ataque por conceptos por Angel González ZoiloEl juego de ataque por conceptos por Angel González Zoilo
El juego de ataque por conceptos por Angel González ZoiloPedro Apuntesbasket
 
El contraataque por JAVIER SÁNCHEZ VÁZQUEZ
El contraataque por JAVIER SÁNCHEZ VÁZQUEZEl contraataque por JAVIER SÁNCHEZ VÁZQUEZ
El contraataque por JAVIER SÁNCHEZ VÁZQUEZPedro Apuntesbasket
 
El contraataque por pablo betancor lorenzo
El contraataque por pablo betancor lorenzoEl contraataque por pablo betancor lorenzo
El contraataque por pablo betancor lorenzoPedro Apuntesbasket
 
Defensa box (iii) por mario pesquera
Defensa box (iii) por mario pesqueraDefensa box (iii) por mario pesquera
Defensa box (iii) por mario pesqueraPedro Apuntesbasket
 
Defensa box (ii) por mario pesquera
Defensa box (ii) por mario pesqueraDefensa box (ii) por mario pesquera
Defensa box (ii) por mario pesqueraPedro Apuntesbasket
 
Defensa box (i) por mario pesquera
Defensa box (i) por mario pesqueraDefensa box (i) por mario pesquera
Defensa box (i) por mario pesqueraPedro Apuntesbasket
 
Direccion de equipos por Angel Navarro
Direccion de equipos por Angel NavarroDireccion de equipos por Angel Navarro
Direccion de equipos por Angel NavarroPedro Apuntesbasket
 
Motivacion en el entrenamiento por Pedro Martinez
Motivacion en el entrenamiento por Pedro MartinezMotivacion en el entrenamiento por Pedro Martinez
Motivacion en el entrenamiento por Pedro MartinezPedro Apuntesbasket
 
Conceptos de ataque a partir del 1x1 por Cholas
Conceptos de ataque a partir del 1x1 por CholasConceptos de ataque a partir del 1x1 por Cholas
Conceptos de ataque a partir del 1x1 por CholasPedro Apuntesbasket
 
Balance Defensivo por Moncho Lopez
Balance Defensivo por Moncho LopezBalance Defensivo por Moncho Lopez
Balance Defensivo por Moncho LopezPedro Apuntesbasket
 
Ejercicios fases de Juego por Moncho López
Ejercicios fases de Juego por Moncho LópezEjercicios fases de Juego por Moncho López
Ejercicios fases de Juego por Moncho LópezPedro Apuntesbasket
 
Psicologia del bloque comun Marga Canaves
Psicologia del bloque comun Marga CanavesPsicologia del bloque comun Marga Canaves
Psicologia del bloque comun Marga CanavesPedro Apuntesbasket
 
Metodologia por Luis Terrasa Roca
Metodologia por Luis Terrasa RocaMetodologia por Luis Terrasa Roca
Metodologia por Luis Terrasa RocaPedro Apuntesbasket
 
La velocidad en formacion (II) por Pablo Sánchez
La velocidad en formacion (II) por Pablo SánchezLa velocidad en formacion (II) por Pablo Sánchez
La velocidad en formacion (II) por Pablo SánchezPedro Apuntesbasket
 
Dimitris Itoudis - Ejercicios previos al entrenamiento PAO
Dimitris Itoudis - Ejercicios previos al entrenamiento PAODimitris Itoudis - Ejercicios previos al entrenamiento PAO
Dimitris Itoudis - Ejercicios previos al entrenamiento PAOPedro Apuntesbasket
 
Rentabilizar a una jugadora interior por Carlos Colinas
Rentabilizar a una jugadora interior por Carlos ColinasRentabilizar a una jugadora interior por Carlos Colinas
Rentabilizar a una jugadora interior por Carlos ColinasPedro Apuntesbasket
 
Psicologia (II) por Marga Canaves
Psicologia (II) por Marga CanavesPsicologia (II) por Marga Canaves
Psicologia (II) por Marga CanavesPedro Apuntesbasket
 
Psicologia (I) por Marga Canaves
Psicologia (I) por Marga CanavesPsicologia (I) por Marga Canaves
Psicologia (I) por Marga CanavesPedro Apuntesbasket
 

Más de Pedro Apuntesbasket (20)

Diez Reglas de Oro Para el Ataque
Diez Reglas de Oro Para el AtaqueDiez Reglas de Oro Para el Ataque
Diez Reglas de Oro Para el Ataque
 
El juego de ataque por conceptos por Angel González Zoilo
El juego de ataque por conceptos por Angel González ZoiloEl juego de ataque por conceptos por Angel González Zoilo
El juego de ataque por conceptos por Angel González Zoilo
 
El contraataque por JAVIER SÁNCHEZ VÁZQUEZ
El contraataque por JAVIER SÁNCHEZ VÁZQUEZEl contraataque por JAVIER SÁNCHEZ VÁZQUEZ
El contraataque por JAVIER SÁNCHEZ VÁZQUEZ
 
El contraataque por pablo betancor lorenzo
El contraataque por pablo betancor lorenzoEl contraataque por pablo betancor lorenzo
El contraataque por pablo betancor lorenzo
 
Defensa box (iii) por mario pesquera
Defensa box (iii) por mario pesqueraDefensa box (iii) por mario pesquera
Defensa box (iii) por mario pesquera
 
Defensa box (ii) por mario pesquera
Defensa box (ii) por mario pesqueraDefensa box (ii) por mario pesquera
Defensa box (ii) por mario pesquera
 
Defensa box (i) por mario pesquera
Defensa box (i) por mario pesqueraDefensa box (i) por mario pesquera
Defensa box (i) por mario pesquera
 
Direccion de equipos por Angel Navarro
Direccion de equipos por Angel NavarroDireccion de equipos por Angel Navarro
Direccion de equipos por Angel Navarro
 
Planificacion por Angel Navarro
Planificacion por Angel NavarroPlanificacion por Angel Navarro
Planificacion por Angel Navarro
 
Motivacion en el entrenamiento por Pedro Martinez
Motivacion en el entrenamiento por Pedro MartinezMotivacion en el entrenamiento por Pedro Martinez
Motivacion en el entrenamiento por Pedro Martinez
 
Conceptos de ataque a partir del 1x1 por Cholas
Conceptos de ataque a partir del 1x1 por CholasConceptos de ataque a partir del 1x1 por Cholas
Conceptos de ataque a partir del 1x1 por Cholas
 
Balance Defensivo por Moncho Lopez
Balance Defensivo por Moncho LopezBalance Defensivo por Moncho Lopez
Balance Defensivo por Moncho Lopez
 
Ejercicios fases de Juego por Moncho López
Ejercicios fases de Juego por Moncho LópezEjercicios fases de Juego por Moncho López
Ejercicios fases de Juego por Moncho López
 
Psicologia del bloque comun Marga Canaves
Psicologia del bloque comun Marga CanavesPsicologia del bloque comun Marga Canaves
Psicologia del bloque comun Marga Canaves
 
Metodologia por Luis Terrasa Roca
Metodologia por Luis Terrasa RocaMetodologia por Luis Terrasa Roca
Metodologia por Luis Terrasa Roca
 
La velocidad en formacion (II) por Pablo Sánchez
La velocidad en formacion (II) por Pablo SánchezLa velocidad en formacion (II) por Pablo Sánchez
La velocidad en formacion (II) por Pablo Sánchez
 
Dimitris Itoudis - Ejercicios previos al entrenamiento PAO
Dimitris Itoudis - Ejercicios previos al entrenamiento PAODimitris Itoudis - Ejercicios previos al entrenamiento PAO
Dimitris Itoudis - Ejercicios previos al entrenamiento PAO
 
Rentabilizar a una jugadora interior por Carlos Colinas
Rentabilizar a una jugadora interior por Carlos ColinasRentabilizar a una jugadora interior por Carlos Colinas
Rentabilizar a una jugadora interior por Carlos Colinas
 
Psicologia (II) por Marga Canaves
Psicologia (II) por Marga CanavesPsicologia (II) por Marga Canaves
Psicologia (II) por Marga Canaves
 
Psicologia (I) por Marga Canaves
Psicologia (I) por Marga CanavesPsicologia (I) por Marga Canaves
Psicologia (I) por Marga Canaves
 

La Preparacion fisica en edades de Formacion por Cuco Rodriguez

  • 1. A PREPARACIÓN FÍSICA EN IDADES DE FORMACIÓN A ADECUACIÓN DA ACTIVIDADE FÍSICA COA IDADE EVOLUTIVA DO NENO A ACTIVIDADE FÍSICA É UN COMPOÑENTE ESENCIAL NO DESENVOLVEMENTO PSICOMOTRIZ DOS MAIS PEQUENOS. OS/AS NENOS/AS PODEN SER ESTIMULADOS DENDE IDADES MOI TEMPERÁS PARA QUE EVOLUCIONEN NA REALIZACIÓN E NA CONSECUCIÓN DOS EXERCICIOS, O CAL FAVORECERÁ O SEU DESENVOLVEMENTO DO APARELLO MOTOR. Pero a tendencia a unha cada vez maior precocidade na importancia de adestramentos específicos para os nenos xerou un notable incremento de alteracións orgánicas que nalgúns casos chegou a incapacitar totalmente a estes «aspirantes» a deportistas para posibles prestacións futuras. A intención que aquí se pretende é a de facer reflexionar a aqueles adestradores/profesores acerca da situación do noso grupo de traballo e axudar a actuar da mellor maneira posible en favor da educación deportiva dos máis pequenos, dirixindo os nosos obxectivos a acadar un amplo desenvolvemento motor que permítalles posteriormente acadar niveis máis altos de rendemento e non apresurarnos en adquirir determinados xestos técnicos, que, en definitiva, só farán que o noso ego quede satisfeito. A iniciación deportiva ten un carácter formativo (desenvolvemento de calidades físicas básicas, adquisición de hábitos de conduta -quencemento, comprensión do adestramento físico, etc.-), mentres que a especialización require a aprendizaxe e a capacidade de movemento. O obxectivo será o de formar ao neno sobre unha secuencia lóxica de traballo que permita ao mozo deportista chegar á época da súa madurez física nas mellores condicións para conseguir os logros deportivos. Non se pode esquecer que as prácticas deportivas deben adaptarse ás condicións fisiolóxicas e de desenvolvemento do deportista. A eficiencia física e a capacidade para cumprir cunha tarefa motora melloran co crecemento do mesmo modo que progresa a súa coordinación neuromuscular. A preparación condicional dos deportistas en idades de formación converteuse durante os últimos anos nun aspecto determinante no rendemento final do xogo. O baloncesto é unha disciplina deportiva que polas súas características depende intimamente de accións máximas de carácter explosivo desenvolvidas a unha alta velocidade de execución con alto grao de precisión. A resolución de accións individuais á máxima velocidade aplicada á técnica deportiva, determinará a finalización dos diferentes xestos técnicos que interveñen durante a competición. A maioría destas capacidades deben ser adestradas en períodos delimitados no tempo en que o organismo é sensible perante determinados estímulos. O desenvolvemento dos subcomponentes das cualidades físicas no proceso de formación dun deportista, teranse en conta aspectos como: ➡ A idade biolóxica do xogador. ➡ As fases sensibles e/ou críticas. ➡ Concepto de multilateralidade orientada. ➡ A especificidade do adestramento. Estes conceptos permiten o desenvolvemento óptimo ao longo do período de adestramento dunhxogador de baloncesto dende a iniciación ata o alto rendemento. Da mesma forma, o coñecemento preciso das modificacións e o impacto interno que xenera a competición no deportista en categorías inferiores, serán determinantes para realizar un plantexamento correcto do adestramento. CUCO RODRÍGUEZ - PREPARADOR FÍSICO BEIRASAR ROSALÍA
  • 2. INCONVENINTES DUNHA INICIACIÓN DEPORTIVA ESPECIALIZADA: A especialización deportiva, en idades excesivamente temperás, non nos asegura un alto nivel de rendemento a longo prazo e pode ser causa, nos mozos xogadores de trastornos relacionados con: ➡ Perturbacións no proceso de desenvolvemento. ➡ Aumento do risco na aparición de lesións agudas e crónicas do aparello locomotor. ➡ Incremento das posibilidades de padecer trastornos psicolóxicos asociados a unha práctica deportiva excesivamente esixente e especializada: ansiedade, tensión, fatiga psíquica, etc. ➡ E finalmente, como consecuencia do anterior, aumento notable do prematuro abandono da práctica deportiva FASES SENSIBLES NO DESENVOLVEMENTO DAS CUALIDADES FÍSICAS Unha fase sensible sería aquela na que é máis fácil desenvolver óptimamente unha determinada cualidade cun volume de adestramento mínimo. Este desenvolvemento óptimo enténdese co concepto de que é máis fácil e eficaz estimular unha capacidade de cando está madurando que cando xa madurou. Cando se está desenvolvendo dita cualidade, a carga de adestramento total para o seu desenvolvemento non ten por que ser elevada. Cando se rebasa este período, é necesario máis adestramento para, posiblemente, obter peores desenvolvementos relativos. FASES SENSIBLES DA FORZA: Das manifestacións de forza posibles, a potencia e forza resistencia se desenvolven desde os 8 aos 12 anos, con estímulos de baixa sobrecarga e elevada velocidade (para a potencia) ou tempo de actuación (resistencia). Doutra banda, o desenvolvemento da forza máxima varía en canto ao sexo se refire. Para as nenas, a fase sensible do desenvolvemento abarca dende os 11 aos 13-14 anos, sen embargo, nos rapaces, a fase sensible preséntase a partir dos 12-13 anos, e maniféstase con maior intensidade debido, principalmente, á produción de hormonas anabolizantes e de maduración sexual. O incremento da forza nestas etapas, débese fundamentalmente á mellor coordinación intramuscular (axeitada coordinación de fibras musculares dun mesmo músculo) e intermuscular (coordinación entre diferentes grupos musculares) FASES SENSIBLES DA VELOCIDADE: No que fai á velocidade de reacción e frecuencia de movementos, a fase sensible preséntase especialmente extensa, dende os 6 aos 12 anos. Esta prolongación no tempo baséase no proceso de maduración do SNC que, como é coñecido, é o sistema de menor velocidade madurativa do ser humano. Ademais, hemos de ter en conta o proceso madurativo do sistema muscular, se ve afectado no mesmo tempo, pola transformación de fibras de contracción máis lenta a fibras musculares de contracción máis rápida. Unha vez finalizadas as fases sensibles, os procesos de adestramento da velocidade non guindan bos resultados. En canto ás manifestacións de velocidade máxima, capacidade de aceleración, velocidade acíclica, etc., que demandan un desenvolvemento muscular esquelético superior, presentan unha fase sensible algo posterior, situándose a as nenas dende os 8 aos 11-12 anos e aos nenos dende os 8 aos 15, acorde co desenvolvemento muscular máis tardío destes. FASES SENSIBLES DA RESISTENCIA: A resistencia aeróbica pódese adestrar dende os 5 aos 18 anos, sendo a capacidade máis neutra. Os consumos de osíxeno absolutos máis elevados se conseguen entre os 15 e os 18 anos, dependendo dos sexos (aínda que en suxetos adestrados, este aumento pode manterse e incluso incrementarse en idades posteriores). CUCO RODRÍGUEZ - PREPARADOR FÍSICO BEIRASAR ROSALÍA
  • 3. Os consumos de osíxeno relativos máis altos en idades de desenvolvemento se producen entre os 11 e os 13 anos. No que fai á resistencia anaeróbica, é necesario esperar aos procesos madurativos da pubertade para poder incidir nela, xa que antes desta fase, a intervención do metabolismo anaeróbico é reducida e principalmente proveniente dos depósitos de fosfocreatina e ATP muscular, é dicir, sen produción de ácido láctico. Non obstante, é moi importante non abusar de estímulos de carácter láctico nos mozos, xa que isto podería limitar as súas funcións de desenvolvemento posterior. FASES SENSIBLES DA FLEXIBILIDADE: A flexibilidade é a única capacidade física que involuciona ao longo do desenvolvemento do individuo. Por iso, en idades temperás e debido á escasa masa muscular e a súa elasticidade, a flexibilidade pasiva mostra valores moi elevados. A flexibilidade de tipo activo, ao necesitar un determinado desenvolvemento e coordinación muscular presenta distintas fases sensibles en nenos e nenas. Entre os 8 e os 11 anos en nenas e os 8 e 12-13 anos nos nenos. Como conclusión a este artigo queremos propoñer unha serie de ideas para levar a cabo unha correcta planificación nas diferentes etapas de formación: 11-13 anos • É a Idade de Ouro do aprendizaxe motor, e xa que logo hai que mellorar a coordinación e a técnica. • Atráelle fundamentalmente o xogo. • Ten tamén afán competitivo (aumenta aos 13-14 anos). • A carreira, o chouto e os lanzamentos deben predominar sobre outras actividades. • Débese basear a actividade (aspecto fundamental) na variedade e orixinalidade. • Pode empezarse a regrar o adestramento da velocidade e da resistencia aeróbica. • Resistencia aeróbica: • Por medio de carreira continua ou fraccionada. Non exceder os 20' ou 30'. • 1/2 veces por semana. Se existe E. Física Escolar. 10'-12' como quencemento. • Velocidade: Por medio da velocidade de reacción, desprazamentos,... • Iniciación á Forza, pero evitando grandes traccións musculares e apoios sobre as extremidades. • Os nenos soportan mal as posicións estáticas do corpo e a tensión muscular prolongada. • O feito de que o neno teña preferencia por actividades de curta duración explícase por causas fisiolóxicas como unha menor capacidade de atención, a necesidade de estímulos recreacionais, e unha menor motivación social para deporte de longa duración. • FCd (frecuencia cardíaca): Débese ensinar a tomarse o pulso. 14-16 anos • Idade ideal para iniciar a preparación orientada á especialización. • Debe manterse o traballo de Resistencia Aeróbica, Flexibilidade, Coordinación e Velocidade (cíclica e acíclica -deportes de equipo-), xa con sistemas de adestramento máis intensivo. • Debe programarse xa o adestramento progresivo de Forza. O traballo de Forza debe rexerse polos seguintes principios: • Formación polivalente e multilateral. CUCO RODRÍGUEZ - PREPARADOR FÍSICO BEIRASAR ROSALÍA
  • 4. • Utilizar primeiro o propio peso do corpo (autocarga) - Empurrar, erguer, saltar, escalar, xogar con balóns medicinais, exercicios con aparellos gimnásticos, caixóns e aparellos simples, serán algunhas das actividades fundamentais. • Dito traballo debe ser progresivo e acorde á condición do individuo en relación á súa idade biolóxica (distinta da cronolóxica). • Necesidade de fortalecer a rexión do tronco (músculos abdominais e lumbares). 16-18 anos • É o momento de intensificar os sistemas de adestramento propios da especialidade. • O adestramento pode xa asemellarse cualitativamente ao do adulto. • Han de respetarse os principios xerais do adestramento: sobrecarga progresiva, sobrecarga periódica, variación das cargas, orde correcto das cargas en cada sesión. CONCLUSIÓNS Pódense resumir nos Principios Fundamentais sobre a Actividade Física no Neno, principios que deben ter moi presentes todos aqueles que desenvolvan actividades con este tipo de colectivo. • O neno non é un adulto en miniatura, senón un ser en evolución. • A cada etapa de crecemento corresponden unhas características biolóxicas que deben ser respetadas. • Hai que adaptar a actividade física ao neno, non ao revés. • Iniciación multideportiva precoz (a partir dos 6 anos) e especialización tardía (post-puberal). Procurar exercicios simétricos e compensatorios. • Preparación aeróbica precoz, anaeróbica tardía. Sobrecarga do aparello locomotor tardía. • Debe haber un equilibrio actividade física - repouso - estudo. • Previo a toda práctica deportiva débese realizar un exame médico, así como revisións posteriores de control. • «Quen chega a campión antes dos 18 anos, perdeu gran parte das súas posibilidades». POSIBLEMENTE MOITOS DE NÓS BUSQUEMOS UN RENDEMENTO PREMATURO NOS NOSOS NENOS CO FIN DE CONSEGUIR UN CAMPIONATO OU UN TORNEO PRETENDENDO O RECOÑECEMENTO PERSOAL DE PAIS, DIRECTIVOS, AMIGOS, FAMILIARES… PERO DEBEMOS PARARNOS A PENSAR QUE, A QUEN TEMOS AO NOSO CARGO SON NENOS E QUE MOITAS VECES PASAMOS POR ALTO DETALLES IMPORTANTES NA EDUCACIÓN DEPORTIVA DOS MÁIS MOZOS. BIBLIOGRAFÍA: AEEB (1989) SEMINARIO DE PREPARACIÓN FÍSICAEN O BALONCESTO HANN, E (1988) “ADESTRAMENTO CON NENOS” Ed. Martínez Rocha. NAVARRO, F. (1994) EVOLUCIÓN DAS CAPACIDADES FÍSICAS E SEU ADESTRAMENTO REFOYO, I. (2003) APUNTAMENTOS ESCOLA NACIONAL DE ADESTRADORES. ZARZA, T. (2004) APUNTAMENTOS LCCAFD, PONTEVEDRA. MORAL, L.; SAMPEDRO, J. (1992) EXPERIENCIA PILOTO PARA O COÑECEMENTO E AXUSTAMENTO DAS CARGAS DE ADESTRAMENTO. AEEB. CLINIC. CUCO RODRÍGUEZ - PREPARADOR FÍSICO BEIRASAR ROSALÍA